Agronomía, Recursos Forestales y Montes


Eucaliptos


ÍNDICE:

Introducción

  • Interese industrial e forestal do eucalipto.................................................... 3

  • Aspectos botánicos

  • O mundo dos eucaliptos................................................................................ 5

  • Identificación e características selvícolas..................................................... 6

  • Descripción do xénero Eucalyptus............................................................... 7

  • Descripción das distintas especies............................................................... 7

  • Claves de clasificación para os eucaliptos máis frecuentes........................12

  • Eucaliptos resistentes ó frío comparados co E. globulus........................... 14

  • Planificación do cultivo

  • Normativa e lexislación............................................................................. 16

  • Calidade da planta

  • Selección clonal..........................................................................................17

  • Mellora xenética......................................................................................... 18

  • Áreas de producción de sementes.............................................................. 18

  • Producción de planta.................................................................................. 19

  • Antes da plantación

  • O espacio da plantación............................................................................. 21

  • Infraestrucutras.......................................................................................... 21

  • Accións sobre a vexetación preexistente................................................... 22

  • Preparación do terreo................................................................................ 22

  • Plantación

  • Marco e densidade de plantación............................................................... 23

  • Preparación da plataforma e plantación.................................................... 24

  • O abonado................................................................................................. 26

  • Costes de plantación (en porcentaxes)...................................................... 27

  • Reposición de marras................................................................................ 28

  • Mantenemento e protección da plantación

  • Limpezas da plantación............................................................................. 28

  • Prevención de incendios........................................................................... 29

  • Como recupera-la plantación tras un lume............................................... 29

  • Enfermidades e plagas.............................................................................. 30

  • Aproveitamento e colleita

  • Idade de corta e turno do eucalipto........................................................... 31

  • Aproveitamento ou colleita...................................................................... 32

    • Apeo

    • Desrame e tronzado

    • Descortezado

    • Apilado e desembosque ou carga

    • Xestión dos restos da corta

    • Rentabilidade do eucalipto

    • Invertir nun cultivo forestal....................................................................... 35

    • Custes da plantación.................................................................................. 36

    • Subvencións.............................................................................................. 36

    • Balance económico do cultivo do eucalipto............................................. 37

    • Rentabilidade do cultivo do eucalipto...................................................... 38

    • Comercialización..................................................................................... 38

    • Asociacionismo....................................................................................... 39

    • Bibliografía

      INTRODUCCIÓN

      1. Interese industrial e forestal do eucalipto

       O consumo mundial de madera repartese entre as necesidades enerxéticas, leñas e carbón vexetal (máis do 50%), a madera de aserrío, postes, apeas e construcción (20%), e a adicada á industria da celulosa e o papel (17%). As previsións mundiais para o consumo de madeira no ano 2000 superan os 4.000 millóns de m3, o que supón un déficit de 1.000 millóns. En Europa somos deficitarios tanto de madera como de enerxía, o que convirte á producción forestal nun obxetivo prioritario.

      O xénero Eucalyptus foi e é un dos recursos forestais máis empregado industrialmente no mundo enteiro. Orixinarios de Australia, presentan unha enorme diversidade, con máis de 500 especies diferentes. A súa madeira resulta adecuada para moi diversos usos: consumo doméstico, leñas de alto poder calorífico, producción de carbón vexetal, estructuras de edificios, postes para comunicacións, cháns de parquet, pasta celulósica, apeas de mina, suxeción de taludes, ou para elaboración de taboleiros de fibras.

      Eucaliptos

      Os eucaliptos fan a súa aparición en Europa a mediados do século pasado traído por monxes e naturalistas. En Galicia, as primeiras sementes de eucalipto foron enviadas polo Pai Rosendo Salvado, evanxelizador de terras australianas, á súa familia en Tui. A excelente adaptación do eucalipto ás condicións ecolóxicas da Cornisa Cantábrica e a súa utilización en diversas actividades, como a minería, xerou o interese dos propietarios forestais.

      Na actualidade, a maior parte do consumo vai dirixido á industria celulósica (CEASA en Navia ou ENCE en Pontevedra) e, en menor medida, para a fabricación de parquet e taboleiros de fibras (ECAR en Mondoñedo, FINSA en Santiago, TABLICIA en Lugo ou UNEMSA en Carballo) e outros usos como bateas, apeas de mina ou postes.

      Galicia ten máis de 1.800.000 ha de monte, sendo o 63% propiedade particular, un 33% propiedade veciñal e o resto pertenecente a instituciones públicas. Desta superficie máis de 900.000 ha son de monte raso.


      Eucaliptos

      É moi difícil coñecer a extensión real que ocupaban actualmente os seus cultivos en España, a causa da súa dispersión e do característico dinamismo das súas plantacións e cortas. En números redondos, as plantacións de eucaliptos ocupan hoxe en España unahs 550.000 hectáreas (aproximadamente o 1% do territorio nacional).

      A agroforestación, técnicas agrícolas aplicadas a cultivos forestais, pode complementarse coa obtención de otros productos como a miel. O eucalipto, debido á súa floración temprana, permite a producción dunha mel exclusiva, de grande relevancia económica noutros países.

      Eucaliptos

      Derivados da pasta de celulosa do eucalipto: papeis, laminados, transparencias, fiso, hixiénicos e sanitarios, fotografía, usos especiais, papeis electrónicos.

      A demanda de productos derivados da madera de eucalipto sigue sendo, a nivel internacional, a que mostra un maior crecemento sostido. A partir da celulosa de eucalipto poden fabricarse múltiples productos de uso cotidiano: sanitarios, pañais e hixiénicos; derivados como o celofán ou a cola de empapelar; formica e outros laminados, papeis especiais, filtros, papeis electrónicos; elaboración de fibras textiles como o raión.

      El futuro da súa demanda en toda Europa está asegurado, debido a que os únicos países que poden cultivalo dun xeito xenérico son España e Portugal. As condicións climatolóxicas nos demáis países da Unión Europea impiden crecimiento dos eucaliptos e incluso a súa supervivencia. Non obstante, fixéronse múltiples intentos para o desenrolo do seu cultivo en diferentes zonas, principalmente no sur de Francia.

      Os eucaliptos son, xunto cós chopos, as especies mái productivas - en cantidade de madeira -, entre as que empregamos nos cultivos forestais do noso país actualmente. A súe elevada producción e a súa relativamente curta idade de corta, fa que sexan moi interesantes para o selvicultor privado español.

      A productividade dos eucaliptos atrae hoxe a numerosos propietarios particulares, moi interesados na posible rentabilidade económica deste cultivo forestal. Sen embargo, moitos dos aspectos esenciais do seu cultivo poden resultar extraños ou descoñecidos, especialmente par xente que tradicionalmente se adicou a cultivos agrícolas ou á producción de leite, ou para quenes -tendo cultivado antes eucaliptos- descoñecen as novas posibilidades económicas que cada día se desenrolan en torno a estas especies.

      ASPECTOS BOTÁNICOS

      1. O mundo dos eucaliptos

      Os eucaliptos son especies vexetais procedentes prácticamente das antípodas de España: de Australia, Tasmania e Nova Guinea, principalmente. A súa enorme diversidade facilita o que algúns deles se adapten moi ben a ser cultivados en certas zonas de España. É significativa a enorme talla que chegan a acadar algúns eucaliptos; así, mediuse un Eucaliptus regans con 132 metros de altura; estas tallas, chegan a ser incluso maiores que as dos xigantes californianos dos xéneros Sequoia e Sekoiadendron; tamén mediuse un eucalipto da mesma especie con máis de 10 metros de diámetro. Indudablemente, os eucaliptos son os auténticos xigantes do reino vexetal, ademáis de ser un dos xéneros botánicos máis diversos, ricos e modernos do mesmo. Nos seus paísese de orixe forman masas naturais de espectacular beleza e que manteñen ecosistemas valiosísimos, tanto por albergar unha flora e unha fauna peculiares e con valores ecolóxicos excepcionais en diversos aspectos, como no que concirne á conservación e mellora dos solos.

      Polas súas elevadas produccións potenciais ou polas súas cualidades protectoras, ou polos seus valores estéticos, algunhas das súas especies foron incluidas ou cultivadas en moitos países exteriores á súa área de distribución natural. Pode afirmarse sen temor a equivocarse que se cultiva hoxe o eucalipto en tódolos países que posúen climas adecuados para o seu cultivo.

      O eucalipto chegou a Europa, segundo se cré procedente de Australia, en 1774, tras un dos viaxes do capitán Cook. Actualmente, o eucalipto é unha árbore frecuentemente cultivada nos nosos xardíns, parques e campos, e resulta xa habitual en moitos países españoles.

      2. Identificación e características selvícolas

      As principias especies do xénero Eucalyptus cultivadas actualmente en España son:

      • Eucalyptus globulus (Eucalipto branco), cunhas 325.000 hectáres de extensión total repoboada.

      • Eucalyptus rostrata (Eucalipto vermello), cunhas 175.000 hectáreas de extensión repoboada.

      Ademáis, soen ser os máis frecuentes, entre moitas outras especies de eucaliptos

      tamén cultivadas ou introducidas entre nós, aínda que con representación superficial moi inferior:

      • Eucalyptus cladocalix

      • Eucalyptus dalrympleana

      • Eucalyptus gigantean

      • Eucalyptus gomphocephala

      • Eucalyptus grandis

      • Eucalyptus maidenii

      • Eucalyptus saligna

      • Eucalyptus viminalis

      3. Descripción do xénero Eucalyptus

      Árbores, arbustos ou matas, perennifolios, salvo algunha excepción. Follas adultas dispostas de forma alterna, sentadas ou pecioladas, con frecuencia de consistencia coriácea e cunha nervación secundaria característica da especie. Soen ter nos seus tecidos abundantes cavidades con aceites esenciais, sobre todo o eucaliptol. Os botóns florais son moi característicos, cunha tapadeira orixinada pola fusión das pezas do perianto, multitude de estambres e ovario ínfero ou semiínfero con numerosos rudimentos seminais. Froito en cápsula máis ou menos lignificada. Sementes numerosas.

      Formado por arredor de 500 especies.

      4. Descripción das distintas especies

      Eucalyptus globulus:

      Procede de tasmania oriental e Sur de Australia. A variabilidade interna desta especie é relativamente reducida, o que reduce as posibilidades da súa selección xenética, aínda que todavía resulta o suficientemente ampla como para quese traballe actualmente en determinar as súas mellores procedencias e na selección das súas mellores árbores individuais.

      Parece que non está moi adaptado ás condicións ecolóxicas do sur de España, onde sofre bastantes danos, reducíndose moito o seu rendemento por ataques de plagas, xeadas tardías e sequías extemporáneas.

      As dúas terceiras partes da súa área actual de introducción artificial atópanse na Penínsul Ibérica (España e Portugal), nas que se cumplen as condicións ecolóxicas específicas.

      Árbore magnífica, espectacular e de talla elevada, chega a acadar os 70 metros de altura e os 2 metros de diámetro no noso país. O maior exemplar que se cita en España é o eucalipto de Chavin (Viveiro, Lugo), con 80 metros de altura e máis de 6 metros de circunferencia na base do tronco.

      Caracterízase e recoñécese sinxelamente pola súa corteza, que se desprende en tiras que, tras permanecer colgando da árbore durante certo tempo (o que lle dá a este eucaliptar un aspecto característico de “bosque andraxoso”), rematan por caer ó chan despóis das ventoleiras, deixando ó exterior unha nova corteza de cor branco - plateado ou azulado - pruinoso.

      Unha das súas características máis chamativa é a súa “hetrofilia”, é dicir, o feito de presentar na mesma árbore distintas e diferentes as súas follas novas (opostas, sentadas e acorazonadas) respecto das adultas (alternas, pecioladas, falciformees e acuminadas). As follas que se agrupan agolpadas nos extremos das ramillas, producen unha copa de aspecto pouco frondoso. Conteñen abundantes aceites esenciais (0.75 - 1.25 % do peso da follaxe), empregado na industria química e farmacéutica e en confitería; polo que soen destilarse despóis da corta. Teñen cualidades medicinais, empregándos nas enfermidades das vías respiratorias.

      É moi empregado en xardinería, especialmente porque o seu cultivo é moi sinxelo, rápido o seu crecemento e espectacular a súa follaxe. É unha planta melífera, con flores blanquecinas, que son productoras de abundante mel de elevada calidade e que se transforman finalmente nun froito groso e abotonado, portador de sementes.

      Ten unha raíz poderosa e agresiva, que ancla moi ben á árbore fronte ós axentes atmosféricos. Non obstante, a árbore pode resultar pouco resistente ó vento se non se repicou correctamente no viveiro; polo que sempre deberemos empregar plantas adecuadas.

      É especie intolerante ou de luz , é dicir, que soporta mal a cuberta ou a competencia de outras especies, polo que o seu enraizamento inicial e ois seus rendementos posteriores melloran coa ausencia da seria competencia vexetal. Copa pouco espesa, que deixa pasar abundante luz e que, polo tanto, da pouca sombra.

      Pode vivir ata máis de 100 anos.

      Eucalyptus camaldulensis = Eucalyptus rostrata

      Procede de Australia, onde está ampliamente distribuido, e en especial nas beiras inundadas estacionalmente, formando parte dos bosques ripícolas en galería. Esta amplia distribución lévao a presentar unha enorme variabilidade xenética e , en consecuencia, concédelle un enorme potencial de selección. En España está introducido na zona suroeste. Parece mal adaptado a Extremadura e Ciudad Real, onde non dá bo rendemento económico, debido ó exceso de frío e sequía.

      Árbore de elevada talla, chega a rozar os 50 metros de altura e 1.5 - 2 metros de diámetro no noso país. Recoñécese con facilidade pola súa corteza que se desprende en placas (similares ás dos plátanos), deixando ver debaixo unha nova corteza nacente de cor branca - prateada ou azulada - pruinosa; e tamén poden ser iguis as follas novas e as adultas (ambas alternas, pecioladas, falciformes e acuminadas). O seu contenido en esencias é reducido: 0.27 %. As ramillas novas teñen cor vermello.

      Moi empregado en xardinería, especialmente porque medra rápido y pola súa abundante floración e a espectacularidade e rusticidade dos seus grandes pés illados. Tamén se usou com árbore illada en plantación lineais para cortaventos agrícolas, camiños e cercados.

      Pola súa abundante floración, é unha planta melífera, moi apreciada polos apicultores, e que produce unha mel de grande calidade. Algúns clons seleccionados chegan a producir flores dende os dous anos de idade. Froito pequeño e flor con opérculo en forma de “nariz”.

      Con raíz moi poderos e agresiva que ocupa ata 2.5 veces o diámetro da copa, resulta moi agresivo fronte á auga e as edificacións, polo que debe usarse con prudencia nas proximidades destas. É moi estable fronte o vento, polo que é moi empregado polas aves para aniñar. A mesma agresividade e gran extensión do sistema radicular permítelle atopar auga incluso en lugares bastante secos.

      É intolerable ou de luz, que soporta mal a cuberta ou a competencia de outras especies vexetais. Copa moi pouco espesa, que deixa pasar abundante luz e que dá unha sombra moi suave e matizada. Se rexenera de forma natural por sementes tra-los incendios e tamén nas zonas de inundación erosionada polas avenidas fluviais.

      Chega incluso ós 100 anos.

      Outras especies

      Hoxe, non foron suficientemente investigadas as formidables capacidades productivas e adaptativas das numerosas e diferentes especies do xénero Eucalyptus. Na práctica cabe falar duna simplificación excesiva dentro da grande gama de posibilidades existentes, cun uso masivo e case exclusivo de tan só as dúas especies antes citadas: E. globulus e E. camaldulensis, e en especial, da primeira. Moitas outras especies de eucaliptus superan en ocasións a estas en rendemento e adaptación, pero non se usan.

      Os malos crecementos habidos en moitas zonas, así como os danos das sequías, dos insectos perforadores como a Phoracantha e das xeadas tardías, permiten pensar noutras especies alternativas para moitas das súas amplas zonas de cultivo potencial. Revisaremos agora brevemente as especies clave ou esenciais:

      Eucalyptus cladocalix

      Aínda que o seu crecemento inicial non é moi rápido, revelouse co tempo como moito máis productivo có E. camaldulensis tralo seu primeiro recepe. Ademáis, e moito máis resistente á Phoracantha e á sequía; en cambio, é moito menos resistente ó frio.É un dos poucos eucapiltos capaces de soportar a cal. A súa madeira é de mellor calidade para parrais e serra e resulta similar á do eucalipto vermello para a elaboración de celulosa. Nas plantacións destinadas á producción de mel resulta a súa floración moi complementaria da do Eucalyptus camaldulensis.

      Eucalyptus dalrimpleana

      Foi empregado en Cataluña, procedente de Tasmania, e dende 1970, polo seu crecemento, elevada resistenciaó frío e aptitude para a fabricación da celulosa. Existen 3.000 ha repoboadas con esta especie. Resistiu xeadas de ata -17º C. Son esperables producción da orde de 8 - 15 metros cúbicos por hectárea e ano, según as calidades, e con extremos sitos entre 4 e 30 metros cúbicos por hectárea e ano. A densidade media da súa medeira é de 0.535 e rinde da orde do 48.3% en celulosa.

      Eucalyptus delegatensis = Eucalyptus gigantea Hook

      Bastante esixente en humidade, é máis resistente ó frío nas alturas da Cornisa Cantábrica que o Eucalyptus globulus, o que permite ampliar a área potencial de cultivo dos eucaliptos. Produce pasta de elevada calidad.

      Eucalyptus gomphocephala

      Dá moi boas madeiras de serra. É moi resistente á salinidade marina e á sequía; sen embargo, resulta moi sensible a Phoracantha, se a precipitación é menor de 450 mm ó ano. É dos poucos eucaliptos capaces de soportar a cal. Resulta moi pouco resistente ó frío.

      Eucalyptus grandis

      De magnífico e espectacular porte, moi chamativo e decorativo pola súa corteza, mantén excelentes crecementos a partir dos 600 mm de precipitación anual. Non soporta as xeadas fortes e moi continuadas.

      Eucalyptus maidenii

      Bastante resistente ó frío e á aridez.

      Eucalyptus saligna

      Resulta moi similar a Eucalyptus grandis. Ten fama de soportar algo a salinidade, como o seu propio nome indica.

      Eucalyptus viminalis

      Recomendouse en zonas de cultivo frías.

      Eucaliptos resistentes al frío:

      Eucaliptus nitens

      O emprego de E. globulus vese restrinxido ás zonas libres de xeadas e de frío intenso (polo xeral en altitudes inferiores a 500 m). Existen diferentes especies de eucalipto aptas para zonas frías. Nos últimos anos fixéronse experiencias con varias delas que poden ocupar zonas sitas en condicións climáticas frías.

      Entre as especies ensaiadas E. nitens resulta a máis adecuada para zonas de frío e xeadas na Cornisa Cantábrica. Os seus crecementos son moi superiores a calquer outra alternativa forestal para rexiones de xeadas frecuentes. En ensaios establecidos por CEASA, que inclúen once procedencias australianas, observáronse diferencias de crecemento do 40 % entre a mellor procedencia e a semente comercial empregada como testigo.

      Os ensaios feitos demostran a súa boa adaptación, resistindo xeadas periódicas e incluso neve. Os crecementos observados resultan superiores a 15 m3/ha por ano para zonas de clima riguroso. As árboles móstranse moi resistentes ó vento gracias á fortaleza do seu tallo e á disposición das súas ramas e follas.

      Nas súas zonas de orixe ten unha distribución xeográfica discontinua dende as mesetas do norte de Nueva Gales do Sur ata os bosques do sudeste de Victoria. A zona climática caracterízase por ser temperado fría con veráns suaves e invernos moderados con xeadas frecuentes e con presencia de nevadas.

      O mellor crecemento desta especie dase en solos de margas e especialmente naqueles que presentan pizarra como rocha nai. Citáronse crecementos de ata 25 m3/ha por ano. A capacidade de rebrote é menor que no E. globulus, e está relacionada coa procedencia xenética ou lugar de orixe. As flores e fruitos preséntanse agrupados en inflorescencias e infrutescencias respectivamente en número que oscila entre cinco e sete. Cada un deles con aspecto de pera (piriforme) únese ó grupo directamente sen ningún tipo de pedúnculo.

      A selvicultura idónea para E. nitens non se diferencia excesivamente das recomendacións dadas para E. globulus. Tanto a fertilización inicial coma o control da competencia, resultan imprescindibles para obter os mejores crecementos.

      5. Clave de clasificación para os eucaliptos máis frecuentes

      1

      Froitos-illados
      Froitos-agrupados

      E.globulus
      2

      Eucaliptos

      2

      Froitos-en-grupos-de 3
      Froitos-en-grupos-de-7-ou-máis

      3
      6

      Eucaliptos
      Eucaliptos

      3

      Froitos-grandes-(máis-de-1-cm.-de-ancho) con-aristas
      Froitos-pequenos-(menos-de-1-cm.-de ancho)-sen-aristas

      4
      5

      Eucaliptos
      Eucaliptos

      4

      Froitos-con-pedúnculo-e-sen-pedicelo
      Froitos-sen-pedúnculo-nin-pedicelo

      E.pseudoglobulus
      E. bicostata

      Eucaliptos
      Eucaliptos

      5

      Folla-da-planta-nova-lanceolada
      Folla-da-planta-nova-orbicular

      E.viminalis
      E. dalrympleana

      Eucaliptos
      Eucaliptos

      6

      Froitos-con-forma-de-pera-(piriforme)
      Froitos-con-forma-de-copa-(acopado)

      7
      9

      Eucaliptos
      Eucaliptos

      7

      Froito-pedunculado-e-pedicelado
      Foito-con-pedúnculo-e-sen-pedicelo

      8
      E. nitens

      Eucaliptos
      Eucaliptos

      8

      Folla-xuvenil-redondeada-e-verde-azulada
      Folla-xuvenil-con-forma-de-fouce,-verde brilante-e-nervación-moi-marcada

      E.delagatensis
      E. oblicua

      Eucaliptos
      Eucaliptos

      9

      Froitos-con-pedúnculo-e-sen-pedicelo
      Froitos-con-pedúnculo-e-con-pedicelo

      E.macarthurii
      E. regnans

      Eucaliptos
      Eucaliptos


      Mediante esta clave dicotómica (elexir entre 2 opcións) é posible distinguir entre as especies máis frecuentes de eucalipto. Para clasificar unha determinada especie a partir das follas e/ou os seus froitos, hai que comezar polo punto 1 elexindo a opción que se corresponda coa árbore a clasificar .Continúase no punto ó que nos remite a opción elexida, repetindo o proceso ata chegar ó nome da especie.

       

      6. Eucaliptos resistentes ó frío comparados co E. globulus

      Características climatolóxicas habituais nas súas zonas de orixe

      Especies

      Temp..

      media máxima do més máis cálido

      Temp.

      media mínima do mes máis frío

      Temp. mínima absoluta

      Precipitacións

      Días de xeada

      E. globulus

      18-23

      4

      -4

      500-1.500

      0-5

      E. nitens

      21-24

      -2+2

      -10

      750-1250

      50-150

      E. delegatensis

      21

      0

      -9

      2500-3500

      10-100

      E. obliqua

      27-32

      2

      -9

      2500-3500

      10-100

      E. dalrympleana

      27

      0

      -11

      875-1400

      20-100

      E. regnans

      23

      0-2

      -7

      750-1650

      menos de 60

       

      PLANIFICACIÓN DO CULTIVO

      Cando se pretende plantar con eucalipto unha parcela, é necesario planificar cuidadosamente todo-los aspectos que elo conleva.

      Respecto á planificación, e en términos xerais, deberanse considerar os seguintes puntos:

      • Estudio físico da parcela, establecendo a sua superficie útil (separación de lindes, presencia de líneas eléctricas e telefónicas, conducciones de gas ou auga), e calidade e características do solo (fertilidad, encharcamento). Un plano e a realización de zanjas para o análise de solos pueden ser de grande utilidade.

      • Elección da especie e procedencia de semente máis adecuada. Considerar os factores limitantes. A climatoloxía (frío, xeadas, vento) condicionan a elección.

      • Cálculo financieiro da inversión a realizar e turno de corta esperado. Previo a calquer inversión na implantación dun cultivo é necesario «facer números».

      • Obtención dos permisos correspondientes e solicitude de posibles subvencións. Consulte na oficina da Administración competente que lexislación afecta á parcela.

      • Planificación e execución dos traballos previos no terreo (pistas, desbroce e preparación). Unha preparación defectuosa ou inapropiada pode compromete-la rentabilidade da plantación. A elección do marco e densidade de plantación adecuados inflúe nos crecementos e condiciona as labores de mantenemento e os aproveitamentos.

      • Obtención de planta e realización da plantación. Asegúrese de adquiri-la planta a un proveedor que garanta o seu orixe e calidade, así como manexar a planta cos coidados necesarios.

      • Labores de mantenemento. Son imprescindibles durante os dous primeiros anos, favorecendo os crecimientos e a protección da plantación.

      • Aproveitamento do cultivo. É aconsellable que sexa realizado por especialistas, dados os requerimentos de seguridade e os coñecementos técnicos necesarios.

      • Preparación da siguinte colleita. Después da corta reinviertir parte do beneficio da venda da madeira en preparar a siguinte colleita (tratamento dos restos de corta, selección de brote ou nova plantación).

      1. Normativa e lexislación

       Antes de acometer a plantación deberanse ter en conta as normativas que afectan á actividade forestal en xeral, e á plantación de eucaliptos en particular. Na actualidade contemplaranse na lexislación do Estado, a propia da Comunidade Autónoma, ademáis das disposicións locais que máis recentemente están implantando os municipios.

      En Galicia hai que ter en conta o Decreto 81/1989 de 11 de maio, publicado no DOGA con data 1/6/89, «Medidas da ordenación das novas plantacións do xénero eucaliptus». Únicamente é necesaria a autorización de plantación para superficies superiores a 5 ha en masa continua. Asimesmo, as novas plantacións en masas continuas superiores a 50 ha precisarán dun estudio de impacto ambiental conforme ó Real Decreto 1302/1986 e ó Decreto 442/1990 de «Avaliación do impacto ambiental para Galicia» e o Decreto de «Avaliación de efectos ambientais» (publicados no DOGA con datas 25/9/90 e 15/10/91.

      Así, previamente á toma de decisións sobre a plantación, cada particular deberá de informarse da posibilidade de realizala. Deberá, asimesmo, considera-la superficie afectada, a presencia de conduccións de gas ou agua, cables de alta tensión e teléfono, as marxes a respetar coas fincas colindantes, carreteras, ríos e rías, ou a necesidade de realizar solicitude de cambio de cultivo e incluso de Evaluación de Impacto Ambiental (en determinadas situacións ou para grandes superficies afectadas).

      En caso de dúbida, e dadas as particularidades de cada situación, solicitarase información á Guardería Forestal da zona, axentes forestais, nas Oficinas Comarcais da Consellería de Agricultura, Gandeiría e Montes, ou no Concello.

       

       

      CALIDADE DA PLANTA

        Unha vez que se decide plantar, o primeiro paso é selecciona-la especie adecuada. Esta decisión está condicionada polo uso final da madeira, e moi especialmente, po-las peculiaridades adaptativas de cada unha das especies. Esto quere dicir que se plantarán especies diferentes en función da altitude, xeadas ou tipo de solo. Para o caso do eucalipto, empregarase E. globulus naquelas zonas onde non se presenten xeadas frecuentes ou moi acusadas. En lugares moi batidos polo vento, moi fríos ou con xeadas habituais pode ser preferible plantar E. nitens.

      Existen certas características propias da árbore, debidas ó orixe da planta e que ademáis se trasmiten á súa descendencia. É o que se denomina herencia xenética. Por elo, a cuidadosa selección da semente é tamén un aspecto fundamental para a obtención de bos crecimentos.

      1.  Selección clonal.

      Dentro dunha mesma especie observanse diferencias de comportamento dependendo da súa zona de orixe. A estas zonas de orixe é o que se chama Procedencia Genética. É un concepto semellante ó de «raza» que nos permite seleccionar unha fonte de material xenético adaptado ás nosas condicións.

      O eucalipto chegou a Europa a principios do século pasado de forma accidental. Non se sabía se a procedencia ou raza era a mellor adaptada ás nosas condicións. Establécense parcelas comparativas do comportamento das diferentes procedencias existentes no seu lugar de orixe (Australia).

      Gracias a este tipo de ensaios sabemos que existen diferencias de comportamento entre procedencias deas distintas zonas de Tasmania e Australia. Esto permitiunos seleccionar fontes de semente con incrementos considerables na producción. Se comparamos o comportamento das distintas procedencias ensaiadas na nosa rexión, observáronse diferencias de crecimento de ata un 70 % entre a mellor e a peor, comparando o volume de madeira producido.

      A selección de procedencias xenéticas supuxo o punto de partida de Programas de Mellora Xenética como BIOGENIE, desenrolado por CEASA, ou os levados a cabo polo CIF de Lourizán ou o CIE-ENCE. Ditos programas están encamiñados a incrementar o rendemento das plantacións mediante a selección das zonas de orixe e mellora genética das árbores máis productivas.

      2. Mellora xenética.

      É posible mellorar a semente xenéticamente. Denomínase «mellora xenética» ó conxunto de técnicas científicas e coñecementos biolóxicos que permite o uso da información xenética para obter individuos, variedades ou proxenes con novas características ou mellora na súa productividade.

      A mellora xenética trata de unir en determinados individuos o conxunto de características de interés. Estas características, que proceden de individuos da misma especie ou de outras, confiren ó novo individuo maiores crecementos ou un valor forestal e industrial específico.

      Para facer esta mellora de xeito natural, seleccionaranse individuos sobresalientes capaces de obter unha descendencia superior. Primeiro temos que estar seguros de que o carácter seleccionado (volume, rectitude do tronco, etc) é heredable, é dicir, que se transmite á súa descendencia, á súa semente.

      Canta máis información se teña dos individuos a seleccionar máis eficiente será o proceso de mellora.

      3. Áreas de producción de sementes.

      Para obter semente mellorada podense establecer áreas especiais de producción ou hortas semillero. Consiste nun conxunto de árbores seleccionadas, de calidade superior. Para conseguir esto obteranse «copias» ou clons dos individuos seleccionados que nos permitan incrementa-la producción de semente que doutro xeito sería moi escasa. Para elo utilizanse técnicas de propagación vexetativa coma os inxertos, complementadas con técnicas de cultivo «in vitro» en laboratorio (micropropagación).

      Outro aspecto relevante a considerar é o grado de parentesco o consanguinidade.

      4. Producción de planta.

      Un dos condicionantes para obter unha planta de calidade é o seu orixe xenético. O viverista terá en conta esta condición para sacar todo o potencial desta planta dende o primeiro momento da súa manipulación. O almacenado da semente é un factor importante, tanto para manter as súas cualidades xerminativas como para asegurar un óptimo estado fitosanitario. A semente será almacenada en sitios frescos alexada de fontes de luz, calor e humidade.

      Eucaliptos

      Eucaliptos

      Eucaliptos

      Eucaliptos

      Plantas idóneas

      Plantas no aptas

      A manipulación da planta ó longo do período de producción vai a incidir sobre a súa calidade final, e polo tanto, sobre o seu comportamiento no campo. Para minimizar dita manipulación, debe ser sementada en contenedores con celdas individuales. O número de sementes por alvéolo dependerá da súa capacidade xerminativa mantendo como obxetivo unha planta por envase. No caso de que xermine máis dunha semente hai que deixar unha única plántula, a máis vigorosa e que esté centrada no alvéolo. A selección da planta farase cando empecen a tener o primeiro par de follas.

      Para a identificación dunha planta de calidade deben considerarse o sistema radicular, o seu estado fitosanitario e o tamaño e disposición das follas. Os requisitos dunha boa planta de eucalipto. Descríbense no cadro adxunto:

      Características da planta ideal

      O tamaño da planta debe oscilar entre 15-20 cm. de altura. Non obstante, unha planta pode ser apta se cumple os requisitos mencionados a continuación.

      As raíces non deben presentar enroiamentos nin deformacións, especialmente na base do cepellón. O sistema radicular do cepellón non debe ser excesivamente denso, nin amarelento (indicaría un tempo excesivo de permanencia no contenedor).

      A disposición das follas no talo ou a distancia internós non debe ser menor duns 2 cm. A presencia de moitos pares de follas vermello/marrón e moi xuntos uns doutros, é síntoma de planta moi envellecida e excesivamente dura.

      A planta debe presentar unha soa guía principal non moi tenra, xa que sería máis sensible a danos tanto físicos (en transporte e manipulación) como de tipo fitosanitario.

      El estado fitosanitario de la planta ha de ser controlado de forma rigurosa desechándose toda planta con daños en tallo, raíces o inserciones de las hojas al tallo ben sexa polos fungos ou calquer outro tipo de axente patógeno. En cualquer caso, sairá do viveiro revisada e tratada preventivamente.

      O eucalipto é unha especie con períodos curtos de producción en viveiro se a comparamos con pinos ou robles. A planta non debe saír demasiado «tenra» ou débil nin excesivamente endurecida. O período de producción varía entre 3 e 5 meses dependendo da especie.

      A orixe da semente ou estado da planta, é un dos aspectos máis importantes para obter uns bos crecementos. Por elo, procurarase obter a planta en viveiros cualificados, que ofrezan garantía de orixen genético e unhas boas prácticas de producción.

      ANTES DA PLANTACIÓN

      1. O espacio da plantación

      É preciso ter en conta determinadas circunstancias antes de plantar un espacio concreto.

      A primeira é de condición da extensión. Se o espacio é demasiado pequeño, o cultivador de eucaliptos só poderá poñer á venda, ó final, pouca cantidade de madeira, que probablemente non interese moito a ningún comprador.O asociacionismo, orientado a construír unidades forestais e de aproveitamento suficientemente extensas e mecanizables, resulta en moitos casos imprescindible.

      A segunda é prever o tipo de productos a producir. A dependencia do eucalipto das empresas de celulosa é excesiva. É recomendable diversificar os productos do eucaliptar producindo madeiras de aserrío, minas, parrais...para mellorar as posibilidades do mercado.

      Unha terceira cuestión é a de concentración e distancia a centros de elaboración. A madeira é un producto de escaso prezo en relación ó seu peso, polo que os gastos de transporte repercuten no precio final.Polo tanto, non pode cultivarse o eucalipto demasiado lonxe do centro de transformación.

      Derívase finalmente unha cuarta consideración esencial a ter en conta antes de plantar: o impacto ambiental do eucaliptar. Este impacto pode ser negativo, pero tamén pode resultar positivo. En todo caso, debe ser sempre analizado.

      2. Infraestructuras

      É convinte dotar ós cultivos forestais, no momento adecuado, das infraestructuras de pistas e cortalumes precisas para a mellor defensa de incendios e para un máis económico aproveitamento forestal.

      Os cortalumes non deben ocupar máis do 5% do espacio total do eucaliptar; a densidade de pistas é recomendable que acade ó menos uns dous kilómetros por cada 100 ha de extensión de cultivo.

      3. Accións sobre a vexetación preexistente

      Se é abundante, antes de toda repoboación débese proceder á queima do matorral, ou á roza e posterior trituración ou queima do monte residual. Cando se plantan superficies xa repoboadas anteriormente por eucalipto, soe ser imprescindible a eliminación de restos de corta e o destoconado previo da plantación anterio.

      En ocasións, haberá que recurrir a procedementos manuais tradicionais, máis ou menos artesanais, e especialmente nos montes de pequena dimensión.

      4. Preparación do terreo

      O laboreo intenso e profundo do solo antes da plantación demostrase como moi favorable ó éxito da mesma e ó seu crecemento posterior, especialmente en solos compactos, de rica e agresiva vexetación inicial, ou con capas inferiores endurecidas ou outras irregularidades do perfil edáfico. En solos soltos e arenosos, este laboreo favorece só o éxito da plantación, reducindo o número de marras, pero sen incrementar grande cousa o crecemento posterior do arbolado.

      A preparación do terreo, ahoca e homoxeneíza o chan, facilitando o crecemento posterior da plantación.

      Normalmente, as labores do terreo para repoboar eucalipto non se fan a menos de 40 centímetros de profundidade. En zonas chas usase sobre todo o subsolado, acompañado dun pase de vertedera; a plantación faise sobre a liña de subsolado. En zonas con pendente de maís do 20% úsase a repoboación en terrazas subsoladas profundamente (ata 60-70 cmtros de profuncidade)

      Tra-la preparación do terreo, cando sexa neceasario, hábrense buratos, nos que, tra-lo seu rehenchido, será plantada a planta. En pequenas parcelas faise a plantación simplemente por buratos de 40 x 40 x 40 centímetros. Esta preparación soe ser escasa.

      PLANTACIÓN

      1. Marco e densidade de plantación.

        A elección do marco adecuado de plantación (distancia entre regos entre plantas) ten unha grande importancia económica. A disposición da plantación condiciona o número de plantas por hectárea ou densidade. Esto non só repercute nos costes directos da plantación, senón que inflúe nos coidados necesarios e a protección posterior, o coste dos aproveitamentos e a calidade dos productos fináis.

      Unha densidade de cultivo inicialmente alta tende a producir máis volume total, con individuos menos ramosos, menores diámetros e maior porcentaxe de corteza sobre o volume total. Neste caso téndese ó aproveitamento do sitio, pero con productos que non estean restrinxidos polo diámetro (apeas de mina, leñas ou postes para a construcción de bateas). Ademáis, cando a densidade é excesiva incrementase a proporción de árbores suprimidos ou dominados.

      Pola contra, densidades moi baixas (maior espaciamento) permite un maior desenrolo de cada individuo, pero tamén máis ramas e, por suposto, un menor volume final e menor aproveitamento do terreo. A calidade do producto (madeira para desenrolo) podería chegar a compensa-la perda productiva, se ben o turno ou idade de corta é máis longo que a densidades altas.

      Así, deberá elexirse un marco de plantación que permita optimizar o terreno e a producción final, ademáis de favorecer diversos usos. Como recomendación de carácter xeral para a nosa rexión, considerando o compromiso entre a producción en volume e os diámetros das árbores, a densidade idónea parece ser de 1.600 plantas por hectárea.

      O emprego dun marco regular de plantación favorece a uniformidade das árbores. Para alcada-la densidade de 1.600 plantas, un marco regular de 3 x 2 pode resultar moi adecuado. Xeralmente, a distancia entre liñas ou regos será de 3 metros, separando as plantas entre sí 2 metros. Outros marcos que se empregan son 3,5 x 2 (1.400 plantas/ha) e 3 x 3. En ningún caso deberían plantarse máis de 1.600 nin menos de 1.100 plantas por hectárea.

      2. Preparación da plataforma e plantación

      É moi convinte empregar planta con cepellón e con orixe de semente certificada. O seu custo ven sobradamente compensado polos maiores crecementos por hectárea e mellor calidade xeral da planta ó proceder de árbores seleccionadas. Aínda cando as raíces das plantas con cepellón son fráxiles, resultan máis eficaces para realiza-la súa labor de alimentar á planta. Se se transporta adecuadamente e se manexa con coidado obtéñense mellores resultados que con plantas doutro tipo.

      Eucaliptos

      Pasos para la plantación correcta de la planta

      • Unha vez realizada a plataforma (ou o burato no seu caso) utilizarase un "pincho" para facilita-la posición vertical da planta.

      • Colocarase a planta no centro da plataforma, introducindo con coidado o cepellón completo no hoco realizado previamente.

      • Finalmente, e coas mans, rodearase de terra e presionarase lixeiramente para evitar que quede aire entre as raíces.

      A planta con cepellón podese plantar durante todo o año sempre que se evite o tempo extremadamente frío, ou seco e caluroso, que pode matar as plantas novas. Para plantacións en verán é preciso que o cepellón esté ben empapado en auga para que aporte á poza parte da humidade precisa para o arraigo.

      O lugar de plantación debe estar o mellor acabado posible para facilitar o arraigo da planta. Nunca se plantará no fondo do surco subsolado. Debe realizarse unha plataforma, tapando completamente o surco ata o nivel orixinal do solo coa terra removida. Evitarase deixar pedras grandes ou cortantes no burato ou en contacto coa planta, xa que poden impedir o normal desenrolo das raíces ou daña-la planta.

      A planta colocarase no centro da plataforma. Porase completamente vertical para evitar que as raíces se orienten na dirección equivocada, así como posibles estrangulamentos e doblamentos. Só se enterrará o cepellón evitando tanto, o deixar parte deste ó descuberto, como enterrar follas ou parte do tallo. Para facer esta tarefa bien, usarase un «pincho» que abra no chan un burato vertical duns 15 cm. Non se debe usar unha aixada para plantar pois a planta sempre quedará torta.

      Non se debe pisar a tierra después de plantar para non compactala demasiado e doblar ou rachar raíces. Non obstante hai que ter moita precaución para que non queden hocos en contacto co cepellón e sobre todo debaixo del, o que suporía a mortalidade total ou parcial das raíces. A efectos prácticos, o ideal é unha lixeira compactación da terra coa man, algo máis intensa canto máis seca esté a terra.

      Eucaliptos

      Eucaliptos

      Eucaliptos

      A incorrecta colocación da planta supón a súo pérda

      • Non use aixada no momento da plantación, pois provoca que a planta quede torta (1).

      • Non pise a planta, pois causa danos graves nas raíces (2).

      • Non deixe o cepellón sen cubrir correctamente con terra, nin enterre o tallo (3).

      • Nunca situe a planta no fondo nin nos laterais do surco (4).

      Los hoyos o casillas deben ser de las mayores dimensiones posibles Eucaliptos

       

      3. O abonado


      Eucaliptos

      O abonado debe realizarse inmediatamente despóis da plantación e sobre o terreo limpo.

      A fertilización ou abonado da planta no momento da plantación é esencial para mellorar o seu desenrolo e crecimento dos primeiros anos. Os efectos durante os primeiros meses son moi patentes, e no caso de especies como o eucalipto, este «tirón» inicial tradúcese nun menor tempo de colleita (reducción da idade de corta) ou máis madeira ó final do turno.

      A finalidade principal da fertilización é axudar á planta a desenrolarse rápidamente nos dous primeiros anos, tanto na súa parte aérea como radicular, o que lle permitirá aproveitar a preparación do solo e competir vantaxosamente polos nutrintes do mesmo co matorral que brote ou xermine posteriormente.

      Aínda non sendo unha operación complicada hai que ter coidado co tipo de abono e o modo de obrar. Polo xeral, resulta suficiente engadir un abono sólido granulado de nitróxeno (N), fósforo (P) e potasio (K), como por exemplo, 8:24:16 (N8-P24-K16). Se ben o nitróxeno é fundamental para o crecemento da planta, un exceso pode ser moi perxudicial, polo que hai que evitar os abonos ricos en nitróxeno como o triple 15 (N15-P15-K15). Respecto a outro tipo de fertilizantes, ata o momento non hai estudios suficientemente contrastados que demostren que o emprego de abonos de lenta incorporación ou liberación gradual na plantación de eucaliptos sexan unha alternativa rentable ó uso dos abonos tradicionáis agrícolas, moito máis baratos e sinxelamente asimilables pola planta.

      Debe fertilizarse no momento da plantación. En calquer caso, debe realizarse antes de 30 días tra-la plantación. Non deben empregarse cantidades superiores a 100 gramos por planta, evitando sempre que o abono toque directamente a raíz. Non hai que abonar enribaa da herba ou maleza viva. Por elo é imprescindible manter completamente limpo un círculo duns 70 cm de diámetro aredor da planta

      O abono debe dispoñerse arredor da planta, a partir duns 20 cm. Para elo realízanse uns surcos en sentido perpenticular á pendente. Tras engadir a dose de fertilizante cúbrese con terra axudándose do pé ou da aixada. Esto evitará que a primeira choiva o disolva e poida afectar ó eucalipto ou, se ésta é moi forte, o arrastre.

      4. Costes de plantación (en porcentaxes)


      Eucaliptos

       5. Reposición de marras

      A perda de plantas fai que os nosos esforzos por planifica-los traballos, a densidade de cultivo e os posibles beneficios, poidan verse alterados. Os fallos ou marras da plantación, producidos por moi diversas causas, deben ser repostos o antes posible. Con elo evítase que as novas plantas queden dominadas, ademáis de aproveitar ó máximo o traballo inicial de limpieza e preparación do terreo. Polo xeral non debe ser posterior ó segundo mes despóis de rematada a plantación e non se debera facer máis que unha vez.

      Previamente, débese levar a cabo unha avaliación de supervivencia. Para elo basta con contar, en dous ou tres lugares da plantación, un total de 100 plataformas ou pozas, anotando en cales hai planta viva. Se o número de plantas vivas é superior a 95 por cada 100 plataformas contadas, non resultaría imprescindible realiza-la reposición da planta perdida. Por contra, se o número de plantas é sensiblemente inferior ó 95% (o que indicaría unha porcentaxe de fallos ou marras superior ó 5%) é preciso repoñer marras.

      A reposición debe facerse canto antes, a fin de que a diferencia de crecemento entre as plantas iniciais e as novas non implique un menor crecemento das últimas. As marras hai que abonalas de novo ó igual que a plantación inicial pois é case seguro que os nutrintes do primeiro abonado non estean xa a disposición da nova planta. Do mesmo modo, haberá que ter coidado de que a plataforma de plantación esté libre de maleza.

      MANTENEMENTO E PROTECCIÓN DA PLANTACIÓN

      1. Limpezas da plantación

        Todo-los traballos que conleva a plantación (limpeza previa, preparación, plantación, abonado, reposición de marras) poden resultar infructuosos se non se realizan traballos periódicos de limpieza. Estas tarefas de mantenemento serán planificadas adecuadamente. A plantación será limpiada unha ou varias veces ata que os eucaliptos dominen ó matorral.

      O motivo primordial de efectuar limpiezas de mantenemento é axudar ó eucalipto a competir polo espacio físico do solo que está ocupado polas raíces doutras plantas. As especies como toxos, escobas, gramíneas ou cenizos, están preparadas para aproveitar as condicións que se dan despóis de finalizar los trabajos de plantación.

      A limpeza da plantación é tanto máis eficaz e económica canto antes se realice.

      2. Prevención de incendios

      Un dos riscos que presenta calquer plantación forestal é o dos incendios forestales.

      O eucalipto é unha especie bastante sensible ó lume. A planta nova pode chegar a morrer e as árbores adultas vense moi afectadas no seu desenrolo e porte.

      Para rematar antes co lume deberán coñecerse ben os puntos de auga para informar ós bombeiros e as pistas de acceso deben estar ben coidadas e limpas, Se, pese a todo produciuse un incendio nunha plantación de eucaliptos, débese proceder a recuperar canto antes un cultivo sano de madeira no menor tempo posible. A madeira queimada non ten saída comercial nin industrial.

      3. Como recupera-la plantación tras un lume

      • Plantar de novo se a planta é moi pequea (menos de 1 m.) e o incendio afectou a toda a plantación.

      • Se a planta ten máis dun metro é moi posible que brote, polo que para que non teña problemas de porte, o mellor é cortala á altura do solo.

      • Cando unha árbore adulta non está afectada nas súas ramas e o dano non traspasou a corteza é convinte conservalo.

      • Se as ramas e follas están afectadas polo lume ou pola calor, é preferible cortar a árbore e esperar o rebrote de cepa para facer unha boa selección.

      • Nun eucaliptar adulto podese dar unha xerminación alta de sementes para o que haberá que prever un tratamento con herbicida cando as plantas teñan 30 cm.

       

      4. Enfermidades e plagas

      Unhaa das vantaxas que existen no uso do cultivo do eucalipto é a escasa presencia de enfermidades e plagas que mermen a súa productividade. Non obstante, existen algunhas que convén que sexan coñecidas para atallalas e evitar que, polo seu descoñecemento, se convirtan nun problema. Entre as que afectan no norte de España citanse o goníptero (Gonipterus scutellatus Gyll)e o Julodis onopodi (comedor de raíces) e algunhas enfermidades provocadas por fungos (Botritis cinerea, Phyllosticta eucalypti, Armillaria mellea, Phytophthora cinnamomi, Hypoxylon mediterraneum e a Cytospora sp.)e por bacterias (Agrobacterium tumefaciens). A Phoracanta semipunctata ou perforador do eucalipto non está presente na nosa zona debido ás características climatolóxicas.

      APROVEITAMENTO OU COLLEITA

      1. Idade de corta e turno do eucalipto

      A idade á que se corta a plantación é, en último término, a decisión que inflúe decisivamente no beneficio obtido polo propietario. E trátase dunha decisión que pode plantexarse dende diversos puntos de vista.

      Idade de corta de máxima producción

      Se o noso obxetivo é produci-la máxima cantidade de madeira a longo plazo, esto é, ó longo de varios ciclos de corta e rebrote ¿que idade de corta é a máis convinte?

      Para decidilo, é necesario fixarse en como medra a cantidade de madeira nunha plantación ó longo dos anos. O crecemento pódese representar gráficamente como unha línea ascendente ó longo dos anos, de modo similar á figura adxunta. Esto é un exemplo

      Eucaliptos

      Nesta figura represéntase o volume de crecemento en función da idade dende o momento da plantación. Distinguense as tres fases de crecemento: inicial ou de establecemento, fase de crecemento máximo, e finalmente unha fase de crecemeento moderado.

      Se se pensa, seguindo este exemplo, en obter a máxima cantidade de madeira ó cabo dun periodo longo (por exemplo, 30 anos) e supoñendo que os sucesivos rebrotes produxeran exactamente o mesmo que a plantación inicial, preveamos o que ocurriría cortando a distintas idades durante eses trinta anos. Na seguinte táboa pode verse reflexada esta hipóteses, mediante números sinxelos de interpretar.

      No primeiro e último caso, o propietario perdería producción, nun por cortar a súa plantación demasiado pronto e no otro, por deixar envellecer máis do convinte os seus eucaliptos. Esto equivale a dicir que hai que cortar as plantacións antes de que empece a época en que o crecimento decae.

      ¿Cal é a idade de corta coa que se obtén a máxima producción posible a longo plazo na nosa rexión? Non hai unha única respuesta, pero os estudios existentes sobre o eucalipto indican que o turno oscilaría entre os 12 e os 15 anos.

      Producción final da parcela en función da idade de corte

      Idade de corta (anos)

      Número de recepes

      Producción por recepe (*)

      Producción total (*)

      7,5

      4

      80

      320

      15

      2

      250

      500

      30

      1

      350

      350

      (*) Producción de madeira expresada en toneladas

      Idade de corta de máximo beneficio económico

      Buscando o máximo beneficio económico para os propietarios, debese ter en conta tamén que o valor do diñeiro decrece co tempo. Esta é a razón pola que todo o mundo prefire recibir unha certa cantidade hoxe que dentro duns meses.

      Dende este punto de vista financieiro, as idades óptimas de corta situaríanse entre os 10 e os 13 anos.

      A idade de corta non pode reducirse moito máis, dado que os costes do aproveitamento (corta e saca da madeira) chegan a facerse excesivamente altos se a cantidade de madeira por hectárea descende moito, como sucede nas plantacións demasiado novas (e tambén en plantacións raras ou irregulares).

      2. Aproveitamento ou colleita

      As operacións que se incluén nesta fase son a corta ou apeo da árbore, o desrame, o tronzado, o descortezado, o seu apilado no monte e a saca ou desembosque. Trátase, por tanto, de transforma-la madeira en pé nun producto listo para o seu transporte a fábrica.

      Apeo

        O apeo ou corta é o proceso de derribo das árbores. Faise mediante 3 cortes coa motoserra. Os 2 cortes biselados (ou entalladura) marcan a dirección de caída. O terceiro corte será o que produza o apeado da árbore. O corte de caída dase na contracara da árbore e lixeiramente por riba do nivel do corte da entalladura. Debe avanzarse horizontalmente e rematalo antes de acadar a entalladura. Deste xeito deixase unha bisagra de madeira á árbore que permitirá o seu derribo controlado.

      O corte debe ser limpo, sen danar a corteza do tocón ou cepa. A altura do corte non debe superar os 10 cm dende o chan, tanto para aproveitar eo máximo de madeira como para favorecer o desenrolo e posterior arraigo do rebrote.

      O apeo das árbores debe ser planificado de xeito que uns caian sobre outros facilitando a operación de desramado.

      Pasos para o apeo ou corta dunha árbore

      Eucaliptos

      Determina-la dirección e sentido da caída, e calcular onde deben realizarse os cortes.

      Eucaliptos

      Realizar os dous cortes da entalladura, que marcarán a dirección de caída.

      Eucaliptos

      Efectuar un terceiro corte, lixeiramente por riba do corte de entalladura para abatir a árbore.

      Desrame e tronzado

      As árbores apeadas deben desramarse mantendo a motoserra alexada do corpo por seguridade. Os pés deben estar separados e firmes cando se realice o corte. Cando a operación se realiza coa madera levantada do chan gáñase en rendemento e seguridade, de ahí a importancia de ter feito un apeo planificado. Debe evitarse cortar coa punta da espada da motoserra.

      As árbores apeadas soen convertirse en trozas de 2 ou 2,5 m de longo no mesmo lugar de caída.

      Posteriomente faise o tronzado segundo a posición do eucalipto no chan. A entrada correcta da motoserra evitará que se quede atorada ou que a árbore poida raxarse.

      Descortezado

      As trozas pélanse empregando diversas hachas ou coitelos descortezadores. O máis corrente é facer un corte lonxitudinal coa hacha separando a corteza facendo panca co fío e pisando a propia corteza. Facendo panca coa hacha despégase a corteza da madeira, facéndose o pelado similar ó dunha laranxa.

      Apilado e desembosque ou carga

      As trozas obtidas vanse xuntando para facilita-la súa recollida posterior. Normalmente poñense en cordóns alternando os grupos de madeira cos residuos do descortezado e o desrame. Segundo sexa a pendiente do terreo podese cargar a madeira directamente dos cordóns ou recollela mediante skidder, autocargador, carroceta ou tractor. Se a pendente é pronunciada debe xuntarse a madeira na zoa baixa do monte.

      O último proceso do aproveitamento forestal é a carga. Un camión (preferiblemente con grúa) vai ó lugar onde o tractor apilou a madeira e realiza a súa vez a carga, levando posteriormente a madeira para o seu consumo.

      Xestión dos restos de corta

        A parte que se aproveita da árbore é únicamente a madeira do tronco. Unha vez talado o monte, os restos de corta que quedan no chan supoñen unha grande cantidade de materia vexetal (ramas, follas e corteza). O abandono dos restos sobre as cepas impediría o desenrolo dos brotes ou unha nova plantación. Sen embargo, estes restos, tratados convintemente poden mellora-los rendementos da parcela mellorando a productividade.

      A retirada total dos restos de corta supón unha perda innecesaria dunha porcentaxe moi elevada dos nutrientes. Máis do 70% dos nutrientes da árbore están contidos nas ramas, ramillas e follas, podendo retornar ó cultivo na seguinte rotación ou plantación.

      A queima de follas e ramas non soe ser moi recomendable.

      Fronte á retirada ou a queima, hai outras alternativas, como coloca-los restos entre líneas ou a trituración e a súa incorporación ó terreo.

      Co aproveitamento dos restos de corta poderíanse obter melloras nos crecimientos dos eucaliptos. Os restos, colocados en líña ou triturados, favorecen os crecementos de diversos modos. Por unha parte, fertilizan o monte e reducen o estrés hídrico nas épocas secas (menor evaporación do solo). Por outra, ó estar cuberto o chan de restos impide a aparición de malas herbas causantes da competencia sobre as plantas.

      RENTABILIDADE DO EUCALIPTO

      1. Invertir nun cultivo forestal

      Entre os aspectos diferenciais dunha inversión forestal contanse:

      a) Longa vida do proxecto, cun plazo de recuperación longo. Estas rentas adicionais poden chegar a supoñer máis dun 30% da renta agraria das explotacións agrogandeiras.

      b) Movmentos de diñeiro negativos durante alguns anos, e positivos moi concentrados e altos (momentos das cortas).

      c) Non se considera o coste da terra. Debido principalmente a que soen empregarse terreos que non tiñan outra alternativa de uso e polo tanto de rentabilidade comparativa case inexistente

      d) Recúrrese xeralmente a non financiación allena. «NON» se pode aplicar un tipo de desconto (i) da orde do coste da financiación allea xa que salvo raras excepcions non se soe recurrir a ela

      e) O valor do terreo repoboado aumenta a medida que a plantación se desenrola. As árbores representan máis diñeiro que o terreo previamente á súa plantación.

      2. Custes da plantación

      Costes orientativos de diferentes actividades no cultivo do eucalipto

      Actividade

      Tipo

      Mínimo

      Máximo

      Apertura de pistas (*)

       

      150

      1.000

      Limpezas previas

      Manual
      Mecánica
      Química

      60.000
      45.000
      15.000

      120.000
      85.000
      50.000

      Preparación do terreo

      Manual
      Mecánica

      40.000
      25.000

      100.000
      50.000

      Planta (**)

      E.globulus
      E. nitens

      15
      25

      15
      25

      Plantación

      1.600 pés/ha

      35.000

      70.000

      Abonado

      Man de obra + fertilizante

      5.000

      15.000

      Mantenemento

      Manual
      Mecánico
      Químico

      40.000
      50.000
      20.000

      120.000
      80.000
      40.000

      Selección de brotes

       

      50.000

      80.000

      Os costes son por hectárea excepto: (*) metro lineal de pista e (**) unidade de planta

      Incluiuse na táboa con costes orientativos (comprendidos entre un mínimo e un máximo).

      3. Subvencións

      Un dos factores que colaboran en mellorar a rentabilidad de calquier actividade é a posibilidade de que existan subvenciones para a inversión que se vaia a realizar, polo que convén coñecer as que en cada momento poidan existir consultándoo na oficina da administración local, rexional ou central máis próxima.

      En Galicia, os incentivos para o cultivo do eucalipto en 1997, hallanse contemplados na Orde 13 de maio de 1996 «Axudas a accións de desenrolo e ordenación dos bosques», publicada no DOGA o 24 de maio de 1996, e na Orde 8 de maio de 1996 «Axudas e medidas forestaies na agricultura», publicado no DOGA o 20 de maio de 1996.

      4. Balance económico do cultivo do eucalipto

      Os parámetros que configuran a rentabilidade da plantación son:

    • Turno ou idade de corta. O normal en cultivos de eucalipto é que se den ata catro cortas á mesma planta

    • Rendemento, expresado como o crecemento por hectárea e ano en metros cúbicos.

    • Precios madera en pé.

    • Tipo de interés utilizado, supónse do 5% nominal (sen inflación).

    • Balance económico del cultivo

      Selvicultura recomendable

      Crecimiento

      Precio madera

      VAN (pts)

      PR

      B/I

      TIR(%)

      21

      3.000

      282.590

      12

      131

      10,1

      21

      4.000

      499.316

      12

      231

      12,6

      15

      3.000

      100.540

      24

      46

      7,1

      15

      4.000

      256.583

      12

      119

      9,7

      Selvicultura mínima

      10

      3.000

      22.937

      24

      14

      5,7

      10

      4.000

      126.966

      24

      77

      8,1

      5. Rentabilidade do cultivo do eucalipto

      A rentabilidade final do cultivo do eucalipto depende de tres factores clave: os rendementos, os precios da madeira e do tipo interés.

      a) Os rendementos son a herramienta máis útil para incrementa-la rentabilidade. Debido a que son dependentes da calidade do terreo e, en grande medida, do tipo de actuación que realice o propietario forestal (inversor). Polo tanto, o salto entre a Non rentabilidade e unha Moi boa Rentabilidade depende de realizar unha selvicultura mínima (planta non seleccionada nin mellorada xenéticamente, tratamentos manuais mínimos), ou realizar unha boa selvicultura (uso de planta seleccionada, tratamentos idóneos, realización de mantenementos da plantación).

      b) Os precios da madeira de eucalipto, en especial para pasta de celulosa, dependen en grande medida dos precios internacionais do sector. Non obstante, é aconsellable que a planificación da plantación, si se dispón de terreo suficiente, se faga de tal xeito que unha parte se cultive para madeira de trituración e outra para rolla con corta a turno máis longo, de xeito que se diversifique no futuro a comercialización da madeira colleitada en diferentes anos e optimizando os ingresos económicos.

      c) Tipo de interés. Non se soe acudir á financiación allea e os costes de oportunidade alternativos que se soen usar poderían ser máis baixos do 5%.

      Como resumen podemos asegurar que os avances na mellora xenética e selvícola que se conseguiron dende 1992, permiten rentabiliza-las inversiones realizadas durante a plantación e mantenemento do cultivo. A aplicación correcta do material xenético seleccionado e mellorado, e da selvicultura avanzada e específica a cada terreo, proporcionan a única ferramenta eficaz ó propietario para obter a máxima rentabilidade do seu cultivo.

      6. Comercialización

      A madeira de eucalipto ten dous grandes grupos de comercialización en función do orixe ou tipo de propietario da mesma. O primeiro é da madeira de montes públicos ou que estéan xestionados pola administración, cando se comercializa a través de «subasta» e o segundo que é o da venaa de particulares, sendo este o caso maioritario.

      7. Asociacionismo

      O asociacionismo é debido a que o minifundio que existe no norte de España fai que os lotes de madera sexan moi pequenos e polo tanto de difícil xestión, venda, ou aproveitamento. Existen asociacións forestaiss en Asturias, Galicia y Cantabria.

      O resultado de combinar asociacionismo forestal e a aplicación eficaz dos avances obtidos en Mellora Xenética e Selvícola dos cultivos de eucalipto redundará nun beneficio para esta actividade. Estas accións propiciarán unha ordenación ou agrupación de pequeñas parcelas suficientemente grande para ofertar unha producción sostible (dende o punto de vista cuantitativo) e atractiva para productores e consumidores.

       

      Bibliografia:

      • Árboles y arbustos de la Península Ibérica e Islas Baleares

      Pablo Galán Cela - Roberto Gamarra Gamarra - Juan Ignacio García Viñas

      Ediciones Jaguar

      • El eucalipto

      J.M. Montoya Oliver

      Ediciones Mundi - Prensa

      • Manuais Agrobyte

      29




    Descargar
    Enviado por:Perséfone
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar