Historia
España no reinado de Fernando VII
ESPAÑA NO REINADO DE FERNANDO VII
O RETORNO DO REI “DESEXADO”: A REACCIÓN.
E
n 1814 o rei Fernando VII puido regresar á Península, protagonizando un retorno triunfal. O monarca, en Valencia, rodeado de aristócratas e do exército, anulou mediante un decreto toda a obra lexislativa das Cortes gaditanas: ordenou o desterro dos liberais máis destacados, restableceu o tribunal da Inquisición, suprimiu a liberdae de prensa e imprenta e restableceu tyódolos antigos privilexios da nobreza. Os liberais, tivéronse que ocultar. Agrupados en sociedades secretas, conspiraron para derruba-lo rei e facerse de novo co poder. Pero estes intentos fracasaron.
O TRIENIO LIBERAL (1820-1823)
D
espois de varios intentos fracasados, triunfou en Cádiz un pronunciamento militar (1820). Alí rebelouse Riego, para sufoca-la rebelión das colonias contra a metrópole. Obrigaron ó rei a acepta-la Constitución de 1812, que xurou respectar. Formouse un goberno liberal que volveu poñer en funcionamento toda a lexislación das Cortes de Cádiz..
A “DÉCADA OMINOSA” (1823-1833)
F
ernando VII aceptou de mala gana ser rei constitucional e conspirou para volver ser un monarca absoluto. O monarca conseguiu que as potencias europeas enviasen un exército formado principalmente por soldados franceses, que penetrou polos Pirineos e ocupou todo o país coa finalidade de restablece-lo absolutismo. Nesta 2ª invasión, os franceses non atoparon a mesma resistencia que durante a guerra de Independencia e esmagaron a fráxil revolución liberal española. Riego e os principias políticos liberais foron executados. Desde aquela e ata 1833, Fernando VII gobernou de forma despótica, sen aterse a ninguna lei constitucional. O país convertérase nunha inmensa polvoreira de odios, que moi pronto volvería a estalar.
A ESPAÑA DE ISABEL II
UNHA FAMILIA REAL DIVIDIDA
C
ando en 1833 morreu Fernando VII, deixou como sucesora á súa filla Isabel, que só tiña tres anos. Na espera da súa mayoría de idade, a súa nai, María Cristina, fíxose cargo da rexencia. Don Carlos, o irmán do defunto rei, reivindicou a coroa para si. O conflicto dinástico, converteuse nunha cruel guerra civil que se prolongou, ata case o derradeiro tercio do século XIX.
LIBERAIS E ABSOLUTISTAS
O
s liberais, apoiaron a María Cristina a cambio de que a rexente aplicase o seu programa político. Os absolutistas, apoiaron a don Carlos, e por iso foron denominados “carlistas”. A primeira guerra carlista prolongouse desde 1833 ata 1839.
ORGANIZACIÓN DO ESTADO LIBERAL
M
aría Cristina, apoiada polos políticos liberais, iniciou a súa rexencia acosada polo carlismo. O primeiro que fixo fou promulga-lo Estatuto Real (1834), unha carta outorgada ou Constitución non aprobada polo pobo. Isto non satisfizo á maioría da xente, que desexaba unha auténtica Constitución. Convocáronse eleccións pero había un sufraxio censitario, que só deixaba votar os máis ricos. Os liberais dividíronse en dous partidos políticos: os moderados e os progresistas. Uns e outros ocuparon varias veces o poder. Sen embargo, a longa guerra carlista e a escasa implantación dos partidos políticos entre o pobo fixo que os militares se convertesen nos auténticos árbitros das loitas políticas. Foi o apoio do exército o que fixo oscila-la política española cara un lado ou cara o outro. Fíxose unha nova división provincial do Estado, promulgouse un código civil.
INDUSTRIALIZACIÓN E DESAMORTIZACIÓN
CARA A UNHA ECONOMÍA LIBERAL. A INDUSTRIALIZACIÓN
U
n dos primeiros decretos que aprobaron os liberais foi o que regulaba a liberdade de industria e comercio (1834). Este decreto autorizaba a instalar industrias en calquera punto do reino; calquera persoa podía ter unha ou máis industrias e consagraba definitivamente a liberdade de fabricación de bens, prohibindo toda ordenanza gremial. Este decreto supuso o inicio da industrialización en España. Ó longo do século XIX, a industrialización foi desenvolvéndose, sobre todo en Cataluña (téxtil) e no País Vasco (siderurxia), aínda que de forma moi lenta por falta de mercados xa que a maior parte da poboación non tiña medios económicos para merca-los productos industriais. A industrialización foi acompañada da construcción do ferrocarril e da creación das primeiras compañías de seguros e sociedades anónimas.
A VENDA DE BENS ECLESIÁSTICOS E ESTATAIS: A DESAMORTIZACIÓN
O
Estado iniciou no segundo tercio do século XIX o proceso de desamortización. Coñécese con este nome o conxunto de leis e decretos mediante os que o Estado declaraba en venda gran parte dos bens que o propio Estado, a Igrexa e os concellos tiñan por doazón. Estes bens estaban en “mans mortas”, é dicir, non se podían vender nin comprar xamais. O Estado liberal pretendía dúas cousas: crear unha nova clase media de propietarios, campesiños e burgueses, que agradecidos ó Estado se convertesen no firme sostén do réxime liberal á vez que traballaban e facían produci-las terras. En segundo lugar, pretendíase enche-las arruinadas arcas do Estado cos cartos obtidos pola poxa destes bens. A desamortización era necesaria para consolida-lo Estado liberal. A maior parte das poxas de terra foron parar ás mans duna burguesía que as transformou en grandes latifundios improductivos. A burguesía apoiou o réxime liberal, pero o campesiñado sen terras e sen a penas cartos, non se sentiu moi atraído polo liberalismo.
A REVOLUCIÓN DE 1868
O PRELUDIO DA REVOLUCIÓN: CRISE DO FERROCARRIL + DE SUBSISTENCIA
A
segunda metade do século XIX en España iniciouse cunha certa prosperidade económica. As clases altas ganaran moitos cartos coa desamortización. Os primeiros bancos que canalizaron o aforro cara a investimentos rendibles. Moitos cartos investíronse na instalación da rede de ferrocarril e todos crían que sería un negocio fabuloso. Sen embargo, o mercado e a industria eran moi pequenos e a penas se transportaron mercadorías. En 1866, os investimentos do ferrocarril caeron na bolsa. Era a primeira vez que ocorría unha crise coma aquela e tivo efectos devastadores: arruináronse moitos accionistas da burguesía e varios bancos tiveron que pechar. Esta crise coincidiu con outro problema: a crise de subsistencia de 1866-1868. Unhas colleitas catastróficas causaron o aumento dos prezos agrícolas, en especial do trigo. A fame e o encarecemento da vida e a inestabilidade política e ineficacia dos gobernos de Isabel II, acabou por estalar un movemento revolucionario en setembro de 1868.
A REVOLUCIÓN DE 1868 E O SEXENIO REVOLUCIONARIO
A
revolución iniciouse en Cádiz. O exército foi o que se levantou dirixido polo xeneral Prim. O levantamento tivo unha grande acollida popular. Uníronse a el a burguesía progresista, os campesiños famentos e os traballadores. Isabel II tivo que abandona-lo país. A etapa que se iniciou coñécese como “Sexenio Revolucionario” (1868-1874), e estivo marcada por unha grande inestabilidade política e social. Houbo unha rexencia, unha monarquía democrática e houbo unha dictadura que concluíu cun golpe de Estado. A Constitución de 1869 estableceu o sufraxio universal, os campesinos e obreiros afastáronse da burguesía e fundaron asociacións de seu baixo a influencia do anarquismo e do socialismo.
CARA Á RESTAURACIÓN BORBÓNICA.
A
revolución foi perdendo forza envolta en múltiples enfrontamentos. Cánovas del Castillo e a complicidade dalgúns xenerais abriuse a posibilidade de que volvesen os Borbóns. A restauración da monarquía produciuse finalmente en 1875, na figura de Afonso XII, fillo de Isabel II.
A RESTAURACIÓN
A ESTABILIDADE POLÍTICA
I
níciase en 1875 a Restauración, porque o trono español foi de novo ocupado por un membro da casa de Borbón, Afonso XII. Á súa morte, a súa esposa María Cristina (non a nai de Isabel II) quedou como rexente ata a maioría de idade do seu fillo, Afonso XIII. O sistema político que se implantou coa Restauración foi obra de Canovas del Castillo. Basouse na Constitución de 1876, qe abandonaba os principios democráticos e volvía ó liberalismo. Basábase na fraude electoral (moitas veces apoiada no caciquismo). Foi unha época de grande estabilidade que se prolongou ata principios do século XX. A estabilidade política permitiu un notable desenvolvemento económico e o afianzamento da burguesía financiera e industrial.
A CUESTIÓN OBREIRA
H
abía moitos problemas sen resolver. O máis importante foi o querer ignora-la existencia dunha crecente masa proletaria. A isto contribuíu a penetración de ideoloxías revolucionarias, coma o socialismo e o anarquismo. O socialismo español organizouse como partido político en 1879, ano no que se fundou o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE).
O DESENVOLVEMENTO DOS NACIONALISMOS
D
urante os anos da Restauración renaceron os sentimentos nacionalistas en determinadas zonas da Península. No País Vasco, o desenvolvemento do nacionalismo foi tamén consecuencia do crecemento económico e da existencia duna próspera burguesía. Foi fundamental o labor de Sabino Arana, que fundou o Partido Nacionalista Vasco (PNV) e estudiou as orixesa da lingua e da historia dos vascos. Noutras rexións tamén se desenvolveron importantes movementos de carácter nacionalista. En Galicia, un conxunto de intelectuais comprometidos coa causa nacionalista reivindicou o uso da lingua galega na literatura e na prensa e comezou un labor de difusión e normalización lingüística que culminou coa creación da Real Academia Galega (1906).
Descargar
Enviado por: | Karlitox |
Idioma: | gallego |
País: | España |