Biografía


Eladio Rodríguez González


ELADIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

Naceu en San Clodio, Leiro (Ourense) o 26-07-1864 e morreu en A Coruña o 14-04-1949.

Foi funcionario municipal entre 1888 e 1937 no que se xubilou como oficial mallor honorario.

Colaborou en numerosos periódicos e revistas (revista gallega,...) e diriweu os sornáis “La mañana e El Noroeste”.

Foi escritor, poeta e foi autor do Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano e foi presidente del.

Foi un dos 40 membros fundadores da Academia Galega en 1905.

Pertenceu a Liga e a Solidariedade Galega.

Fixo varios libros entre os que destacan “Folerpas en 1894”, “Oracións campesinas” e “Raza e terra en 1922”.

Na súa poesía destacaban os temas costumistas, temático paisaxístico... e pertenceu o coro “Cantigas da terra”.

Bo coñecedor do léxico galego, traballou durante moitos anos na redacción dun “Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano”, que se editou en 3 tomos en tempos moi posteriores á súa morte. Non obstante o aporte que fixo á Literatura galega, centrouse na súa poesía. Tamén exercera como xornalista e como empregado municipal en A Coruña. Figurou entre os membros numerarios fundadores da Real Academia Galega.

Moi novo estabelecéuse na Coruña, onde foi empregado municipal e xornalista. Foi numerario fundador da Academia Galega, e segredario durante sete anos baixo as presidencias de Murguía, Martínez Salazar e Ponte Blanco. Eleito pre­sidente da Academia o 20 de novembro de 1926, como sucesor do derra­deiro dos citados, renuncióu a ise posto por motivos de saúde en 1934. Morreu na Cruíia o 14 de abril de 1949. Excelente coñecedor do léxico galego, traballou moitos anos no seu Diccionario gallego-castellano, de carácter enciclopédico, e que se acha agora (1961) en curso de póstu­ma publicación. Corno poeta, deixou dous libros, Folerpas e Oraciós campesiñas. Algúns poemas dista derradeira colección foran xa re­unidos con anterioridade nun folleto.

Nos versos de Rodríguez González achamos sempre métrica correi­ta, lingua esmerada. En Folerpas, a carón disas características, pode­rnos rexistar realismo para os detalles materiais, idealismo na represen­tación da mentalidade campesiña. A expresión abonda en tópicos. Hai variedade de temas. Moitos alegados rexionalistas, que son prosa ver­sificada. Cadros de costumes que non engaden cousa aos prototipos co­ñecidos. Rasgos picarescos. Atopamos tamén ensaios narrativos, como Os orfos da emigración5 e máis outros. O puzo do barco titúlase “len­da”, pero o elemento épico está cáxeque afogado polas consideracións ou refresións didácticas. O puzo do lago desenrola un motivo tradi­cional moi coñecído. Aínda que a fábula é ben distinta da de A Virxe do Cristal, trátase dunha lenda executada con arregro a unha tectó­nica inspirada no poema de Curros, coa correspondente aparición da Nosa Señora. A métrica segue tamén moi fielmente o modelo, con oita­vas, romances, rimas internas e os aleixandrinos finas. O mesmo ocu­rre coa linguaxe, tanto polo que se refire ao vocabulario como polo que respeita á fraseoloxia. Falta inspiración persoal. Curros é o autor máis seguido en Folerpas, no que mira aos procedimentos estilísticos, ben que se trata do Curros costumísta ou épico. Na sátira política, que é abondante, Rodríguez está lonxe da enérxica locución de Curros, e, ao se laiar dos males que sofren os labregos, achégase máis ao enfoque tí­pico de Lamas Carvajal. Non hai lirismo.

Oraciós campesiñas comprende poemas de inspiración sentimental e descriptiva, así como cantos de reivindicación agraria. Os enlevos do campo, coas dores dos seus habitantes, ofrécensenos en versos moles e opacos. Os remates dos poemas soen ser prosaicos, e o autor, non acertando a erguer o tono nun acorde final, recurre a medios tipográ­ficos, como puntos suspensivos ou signos de admiración, para dar unha sensación de elocuencia ou cambio de rexisto no coroamento da can­ción. O léxico e a sintase son excelentes, e a versificación boa. Rodrí­guez González beneficiase niste libro como poucos poetas galegos

—Barcia, Pondal—, das ínnovacións métricas de `Rosalía. Usa o oitosí­labo en combinación co endecasílabo e o decasílabo, e aínda con outros tipos de versos curtos: de catro, cinco, seis e sete sílabas.

  • Como poeta publicou en 1894 o libro Folerpas.

  • En 1927 sacou o libro Oracións Campesinas.

O primeiro deste volumes caracterízase pola súa variedade temática. Hai nela alegatos rexionalistas, cadros de costumes, rasgos picarescos, e mesmo algúns ensaios narrativos. O segundo recolle, en especial, poemas de inspiración sentimental e descriptiva, pero, xunto a eles, figuran cantos de revindicación agraria.

Os diccionarios da Gran Enciclopedia Galega conteñen todo o material nos diccionarios que o precederon. Numerosas definicións acompañadas de ditos, modismos, refrans, noticias de carácter etnográfico. Toda esa riqueza vese non poucas veces entorpecida pola admisión de castelanismos, americanismos, latinismos, helenismos e outras veces aduenodizas tomadas directamente do diccionario castelán e non do expolio de obras científicas ou literarias galegas.

O terceiro e último tomo desta obra complétase cun apéndice dos editores, no que se engaden unhas cinco mil voces tomadas principalmente dos materiales publicados por Aníbal Otero en “Cuadernos de Estudios Gallegos” (1948 e ss.) e “Archivum” (Oviedo, 1953 e ss.). Contén tamén este tomo unha reedición do “Vocabulario castellano-gallego das Irmandades da Fala”, todo revisado.

  • Francisco Javier Rodríguez (A Coruña, 1863) Diccionario gallego-castellano.

  • Juan Cuveiro Piñol (Barcelona, 1876) Diccionario gallego.

  • Marcial Valladares Núñez (Santiago, 1884) Diccionario gallego-castellano.

  • Real Academia Gallega (A Coruña, 1913-1928) Diccionario gallego-castellano.

  • Filgueira Valverde, Tobío Fernández, Magariño Negreira e Cordal Carús (1926) Vocabulario popular galego-castelán.

  • Leandro Carré Alvarellos (A Coruña, 1928-1931) Diccionario galego-castelán.

  • Eladio Rodríguez González (Vigo, 1958-1961) Diccionario galego-castelán.

  • Xosé Luis Franco Grande (Vigo, 1968) Diccionario galego-castelán.

  • José Ibáñez Fernández (Madrid, 1950) Diccionario galego da rima e galego-castelán.

  • Aníbal Otero (Vigo, 1967) Contribución ó diccionario gallego.

A Real Academia Galega é unha institución que foi creada na Habana en 1905 á iniciativa de patriotas galegos residentes en aquela capital. É unha das corporacións que máis traballa en España pola difusión da cultura literaria, histórica e artística. O seu obxectivo é cultivar as belas artes e a contribuír ó coñecemento da historia, antigüedades, literatura e lengua de Galicia.

Adícase a investigacións, adquisicións e conservación dos libros, manuscritos e demáis monumentos que estén relacionados cos fins do seu instituto. Adxudica premios en metálico e retribucións por traballos literarios e históricos de verdadeira importancia. A súa sede está en A Coruña.

Ata 1984 tiveran 8 secretarios, 8 tesoureiros e 3 archiveiros-bibliotecarios.

Os presidentes foron M.Murguía, A. Martínez Salazar, F.Ponte e Blanco, Eladio Rodríguez González, M.Lugris Treire, M.Casás Fernández, S.Martinez Risco e Macías, e o actual D.García Sabell; secretario: M.Dónega, tesoureiros: Rozas, A.Mejide Pardo, archiveiro-bibliotecario: J.Naya Pérez.

A Academia ofrece diversos servicios, dos que sólo apuntaremos os máis significativos:

  • 1.-Biblioteca: Custódianse cerca de 40000 volúmenes. Destacan: Luis Seoane, Angel Hermosilla e o Ministerio de Cultura.

  • 2.-Investigación: Acuden moitos estudiosos nacionais e extranxeiros para investigar sobre temas deste país.

  • 3.-Hemeroteca: As coleccións de periódicos e revistas que se refiren a Galicia son interesantísimas e numerosas.

  • 4.-Archivo: O archivo da Real Academia Galega está sumamente nutrido e contén pezas únicas e interesantes para a historia de Galicia.

  • 5.-Museo Académico: Gárdanse pezas referentes todas a relixión galaica.

  • 6.-Museo “Emilia Pardo Bazán”: É o máis completo dos museos monográficos de España. Figura todo o interesante que foi legado a Academia para a súa formación.

  • 7.-Publicacións: A Real Academia Galega deu a estampa numerosos estudios contidos en libros e folletos.

  • 8.-Asambleas: A Academia promoveu diversas asambleas de carácter literario é científico. Importantes: “Primeira e segunda asambleas lusitano-galegas” en Braga (Portugal) en 1955.

O periódico “El Noroeste” foi un xornal coruñés que ó longo da súa existencia levou varios subtítulos, ó tempo que ía pasando por diferentes épocas. Nace en 1880, e no mes de decembro de 1896 era director Eladio Rodríguez, que antes pertencera ó equipo redactor. Nesta época tiña por subtítulo “Diario católico regionalista”.

Contou cun suplemente titulado “Nós”. Páxinas gallegas do diario da Coruña “El Noroeste”. Considerando o inmediato antecedente do Nós. Boletín mensual da cultura galega. O seu creador foi Eladio Rogríguez 36, e empezou o 17 de setembro de 1918 sendo o seu primeiro artigo “Na xuntanza está a forza e na forza o triunfo”.

E nos seguintes números publicáronse poemas.

Contou con varios colaboradores como o poeta: Manuel Antonio, Vicente Risco, Luis Villadefrancos Calé, Xosé Iglesias Rouca, etc.

Raza e terra foi un libro de Eladio que saíu do prelo en Ferrol en 1922 e é o número 9 da colección “Céltiga” que dirixía o médico é escritor Xaime Quintanilla Martínez. A temática é a mesma cá de Folerpas aínda que xa os separaran 28 anos. A rexeneración de Galicia, os seus mitos e a súa historia, en “As novas rutas”. A Galicia asoballada polo centralismo, polo caciquismo... “Vía Crucis” é “O Camiño”.

Oracións Campesinas “O 3º libro”

Francisco Fernández del Riego afirma que Eladio era un bo coñecedor da lingua.

En Oracións campesinas descóbrense mellores calidades poéticas: no descrivismo e no sentimentalismo.

Oracións Campesinas sae do prelo na Coruña en 1927. Figuran 81 poemas que a maioría xa foran publicados nos periódicos ou revistas.

A Nosa Terra

O 4 de Outubro de 1907 reproduce o 1º poema de “Folerpas”.

Non volven a aparecer colaboracións suas ata que “A Nosa Terra” se constitúe en voceiro das “Irmandades da Fala” en 1916. E nos anos seguintes publica varios poemas seus. A continuación da a coñecer unha serie que leva por título “Pinturas de almas” dedicada a algúns artistas galegos. O 1º é dedicado ó pintor Sotomayor seguíndolle Llorens, Castelao, Sobrino, Asorey...

Diccionario Enciclopédico Gallego-castellano

Foi un traballo de toda a vida e o autor non chegou a velo publicado. O diccionario xa o tiña listo para publicar en 1927 como consta na última garda de Oracións Campesinas.

Foi o diccionario no que está recollido canto se conoce de costumes, estilos consuetudinarios, supersticións, herencias, folklore, mitolixía popular e outros aspectos da vida galega. Contén ademáis as frases, modismos e locucións adverbiales que se usan máis a cotío en Galicia, as variantes que moitas palabras teñen nas diferentes comarcas das 4 provincias, os milleiros de refráns que na nosa terra son un tesouro de experiencia campesina.

Na revista Nós o comentarista láiase de que fique inédita a obra de Eladio Rodríguez, malía que o concello coruñés acordase da súa publicación. Os anos que seugen non son propicios.

- A Guerra Civil, a persecución dos máis sobranceiros galeguistas e intelectuais, a dura e inquisitorial posguerra, a pouca saúde do autor e o seu pasamento en 1947. Oito anos despois se faga por fin realidade o soño do poeta e lexicógrafo ribeiran, saíndo o 1º volume, o que seguirán o 2º (1960) e o 3º (1961). Recolleu o material publicado nos diccionarios que o precederon formando unha voluminosa obra que saíu en 3 volumes. Recóllense milleiros de palabras duna lingua que nin estaba normativizada nin tampouco normalizada, nalgúns casos acolle termos espurios, como sucede con varios castelanismos, latinismos, helenismos e americanismos.

A nenez de Eladio transcorreu como calquera outro do Ribeiro, onde tódalas familias se adicaban ó cultivo das cepas e a elaboración do viño, pero xa se empezaban a senti-los funestos das pragas, que habían ocasiona-la ruina económica dos máis dos labregos. A maioría da xente que quería gañar cartos ía para América.

Aprende as primeiras letras en San Clodio, nunha escola que estaba nas dependencias da entón ruinosa casa conventual e despois vaise vivir co seu tío. Pero despois volveu a San Clodio e viviu 24 anos.

Acadou no certame brigantino 4 premios: o de honra “Os orfos da emigración”, o primeiro accésit “Arrenégote moda”, o carnaval de prata “O puzo do Barco”, e a liga de prata “As festas da miña terra”. A revista “Galicia” axiña acolle as súas poesías, a primeira foi “ O puzo do Lago” que saíu no suplemento literario en 1887, e despois publicaríanse moitos máis.

Ábrenselle as portas do xornal “La Mañana” e despois o do coruñés “El Noroeste”. Pero despois volveu traballar no “La Mañana” do que era director.

Colaborou en “A Monteira” de Lugo inserindo 3 poemas:

“O puzo do barco”, “¡Canté!” é “¡Demo non digas!”. Na “Revista Gallega” saíron algunhas poesías e algúns textos en castelán.

No mes de Agosto de 1900 sae en “Follas Novas” o poema xa coñecido “No muiño” que saíra en varias revistas e periódicos.




Descargar
Enviado por:Suleto
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar