Literatura
El violín de Auschwitz; Maria Àngels Anglada
1.Tema
O tema principal trata dunha narración da vida dun xudeu nun campo de concentración alemán.
Os temas secundarios son como chega a mans de Regina o violín de seu tío e tamén dá información dos campos de concentración alemán.
2.Argumento
A obra comeza falando dun grupo que toca nun concerto, cando acaban un home do grupo chamado Clemente fíxase nunha violinista dunha orquesta, ó acabar, Clemente fala coa muller, chamada Regina, e pregúntalle polo seu violín e ela di que o fabricara seu tío. Entón, el interésase pola historia do violín e logo de cear aquela noite con el e mediante unha compoñente do grupo Regina dálle a historia do violín a Clemente e é ésta:
Daniel era un home que estaba no campo de concentración de Auschwitz. As condicións de vida del son infrahumanas. El e outros carpinteiros traballaban na construcción dun invernadoiro, cando acabaron , mandáronos a traballar a unha fábrica. A vida naquel campo transcurría igual ca sempre, habendo fusilados , revisións etc. Un día había uns violinistas tocando na casa do xefe e un violinista estaba tocando mal a causa do seu violín. O xefe cabreouse e quería mandar ó violinista fusilar pero nese momento entro Daniel con valentía e díxolle ó xefe que non era culpa do violinista. Entón, o xefe mandoullo arranxar e Daniel arranxou o violín como puido naquel momento. O xefe descubriu que Daniel era violeiro e en lugar de castigalo mandou facerlle un violín para el. Uns días máis tarde soupo que de aquel violín dependería a súa vida. Fíxoo con materiais que eles lle deron, polas mañás dedicábase á construcción do violín e polas tardes iba á fábrica. Cando acabou de facelo tocaron con el nun concerto. Soou ben e Daniel non foi fusilado. En cambio, el sobreviviu á estancia naquel campo de concentración pero morreu novo. Aforcaron ó xefe do campo e puxéronse a subasta os seus obxectos, incluído o violín. Un amigo de Regina cómpralle o violín para Regina. Regina era en realidade a filla de Daniel e non a sobriña.
3.Estructura
Presentación.-Clemente coñece a Regina e Regina cóntalle a historia do violín que tiña.
Nó.-Historia de Daniel*
Desenlace.-Descúbrese como chega o violín a mans de Regina.
*Historia de Daniel
Presentación.-El e algúns compañeiros estaban no campo de concentración de Auschwitz xa que eran xudeus.
Nó.-Daniel cóntalle ó xefe que o fallo dun violinista que estaba tocando na súa casa é por causa do violín. Entón, o xefe mándalle arranxalo e despois ordénalle facer un violín para el.
Desenlace.-Fai o violín e sálvase, morre fóra do campo.
4.Tempo
O tempo interno é dende o principio ó final pero hai tamén analepse ó principio e ó final. O tempo externo é ó principio e final hoxe en día e no medio é na época do holocausto.
5.Espacio
O espacio físico é Cracovia ó principio e Auschwitz na historia de Daniel e hai o espacio psicolóxico como é un campo de concentración.
6.Exemplos de narracion, dialogo e descricion
NARRACIÓN
“O amigo tiña información de boa fonte, porque traballaba no obradoiro de reparación do parque móbil; no medio do traballo, oía moitas novas e o chofer dun dos Oberstumführers contáralle a outro polo dereito os proxectos de Rascher.” Páxina 59
“Aínda menos mal que a palabra cortante non veu acompañada dunha zoscada. Só o brazo estendido sinalou a porta da carpintería, e abofé que non precisou nin tres segundos. Disporía dunha parte do obradoiro para el.” Páxina 69
DIÁLOGO
“-O núm... 389 pide respectuosamente permiso para facer unha pregunta, señor-pronunciou estas palabras logo de saudar e en posición de firmes.
-Denegado” Páxina 69
“-Onte nin te decataches de que faltaba un.
-¿E que lles han facer?” Páxina 59
DESCRICIÓN
“Cando volvín ao cuarto dos meus compañeiros, reparei en que Regina se mudara: levaba un dos vestidos de concerto de Gerda, un de cor azul, con puntillas, que lle acaía moi ben.” Páxina 20
“O tempo ía moi frío e iso case nos impedira pasear pola cidade, tan chea de obras de arte.” Páxina 15
7.Personaxes
PRINCIPAIS
Clemente.-É un home que forma un trío, é interesado polo violín de Regina.
Daniel.-É un home de profesión violeiro, é xudeu está nun campo de concentración, ten un gran valor da amizade ó axudar ó violinista cando tivo o fallo e ten un gran entendemento de violíns.
SECUNDARIOS
Son Freund,Tisch, Eva, Regina, Gerda, Virxilio, Sauckel, Bronislaw, Rascher e Ingrid.
Tódolos personaxes da historia son planos xa que non evolucionan ó longo da obra excepto Clemente que cambia as súas ideas ó oír aquela historia. Todos son reais.
8.Analise da voz narradora
Ó principio hai unha voz narradora en 1ª persoa e ten un punto de vista obxectivo.
Na historia de Daniel hai unha voz narradora en 3º persoa e ten un punto de vista omnisciente xa que fala do que pensa os personaxes.
9.Vocabulario
Luthier-Violeiro
N. da A.- Nota da autora
Paulonio-Tipo de madeira
Sicómoro-Tipo de madeira
Angueira-
Luír- Pulir a madeira
Gubia- Ferramenta de carpintería
Stradivarius- Forma de chamarlles ós violíns que fixo Stradivarius.
Flamexa- Fluír
Voluta- Remate na madeira decorativo
Prea- Insulto
Celada- Enfermidade
Lufadas- Golparadas, ráfagas
Abeiro-Lugar de seguridade
10.Campo semantico de ferramentas de carpinteria
NOME PÁXINA
Cepillo----75
Cola-------36
Granulados—73
Escuadra----78
Regra---78
Martelo---76
Gubia----76
Pinzas de madeira---90
Verniz---36
Serra de contornear----66
Coitelas---69
11.Campo semantico de partes do violin
NOME PÁXINA
Mango---77
Bóveda—79
Cordas—72
Contornos—76
Tapa—90
Barra harmónica—90
Alma---73
Arcos---73
Dipasón---107
Peitos---108
Luxas---108
12.Palabras que encontres en aleman
Lager, goim, reichführer, führer, Dreiflüsselager, bledehunde, Raus, schweight, still, schnell, smörgasbord, ja, Sturmbannführer, taled, progroms, kaser, sciolet, wermach, kapo, waffen-ss, apellplaz.
13.Palabras que non entendiches
Máis ou menos saquei ródalas oalabras polo seu contexto xa que non tiven que buscar ningunha no diccionario.
14.O libro esta escrito en:
1º persoa ó principio e en 3º persoa na historia de Daniel.
15.Tratase de:
Unha novela
16,Valoracion do libro
Gustóume este libro porque mostra información sobre as penurias que tiñan que pasar os xudeus nos campos de concentración. O feito que máis me impresionou foi cando facían a revisión médica e os que non estaban en condicións levábanos en camións para morrer. Este libro mostra moita crueldade.
Descargar
Enviado por: | Ixman99 |
Idioma: | gallego |
País: | Guatemala |