Historia
El acorazado Potemkin; Sergei Mikhalovich Eisenstein
Descripción da historia e dos cambios de escenario narrados nos cinco episodios
-
Primeiro episodio: “Homes e gusáns”
A película comeza no acorazado Potemkin, barco ruso onde se atopan os mariñeiros e os seus superiores. Alí son avisados de que a guerra se aproxima, e un mariñeiro anima ós seus compañeiros a unirse á revolución que se extendera por toda Rusia, debido a que traballaban en condicións miserables, e mesmo lles obligaban a comer carne con gusáns.
O doutor Smirnov xustifica esta situación dicíndolles ós mariñeiros que a carne, simplemente lavándoa, é comestible, o que lles enfurece todavía máis. Baixan á cociña do barco e lle din ó cociñeiro que non van comer esa comida. Ante a negativa dos seus superiores de mellorar os alimentos que recibe a tripulación, tódolos mariñeiros sublévanse.
-
Segundo episodio: “Drama no golfo Tendra”
O escenario deste episodio é a cuberta do acoirazado. O capitán fai chamar ós mariñeiros. Recrimínalles o sucedido e ameaza con colgalos do palo se seguen sublevándose, pero xa estaban fartos e apiláronse xunto a torre. O capitán ameaza seriamente con matalos, e manda á garda botarlles unha lona por enriba para cubrilos. Éstes reciben a orde de disparar, pero finalmente comprenden a inxusta situación que viven os mariñeiros e se negan a facelo. Os membros da garda se suman á sublevación e ambos loitan contra os oficiais e o capitán, producíndose o motín.
Os mariñeiros loitan valentemente e acaban vencendo, pero o oficial Guiliaroski mata a Vakulinchuk, o primeiro en sublevarse. Esto apena enormemente ós seus compañeiros, que deciden levar o cadáver ó porto de Odesa, e poñelo nunha tenda de campaña cun cartel que dicía “Por unha cullerada de sopa” para que a xente puidera ver as consecuencias da horrible situacion á que estaban sometidos os traballadores.
-
Tercer episodio: “O morto clama”
Este episodio trascorre no porto de Odesa, onde está exposto o cadáver do mariñeiro asasinado e punto clave no posterior espallamento da rebelión comezada pola tripulación do Potemkin. A xente ve o cadáver e, conmovida, comeza a decatarse da gravedade da situación e da necesidade de rebelión contra a autoridade opresora.
A poboación de Odesa movilízase e comezan a marchar polo porto e a cidade, pedindo xusticia e vinganza. Levaban moito tempo sufrindo unha situación de gran inxustiza e o motín no acoirazado foi a gota que colmara o vaso, polo que cada vez estaban máis enfadados e sen medo de enfretarse á autoridade. Os mariñeiros toman o barco e a multitude marcha sobre a cidade
-
Cuarto episodio: “A escaleira de Odesa”
O escenario continúa sendo o porto. A xente cada vez está máis enfurecida e participando activamente na insurección, e deciden montarse nos barcos do porto e traer comida para alimentar á poboación famenta. Pero cando a poboación está esperando, chegan os cosacos para poñer orde e frear a rebelión, e comezan a disparar sen piedade. Un disparo alcanza a un neno pequeno, deixándoo malferido. A nai do neno ve horrorizada como o seu fillo cae o chan e unha multitude, que baixaba a toda présa polas escaleiras escapando das autoridades, lle pasa por enriba. Desesperada, decide ir a pedirlles que deixen de disparar, pero acaban disparándola a ela tamén. Alcanzan tamén a outra muller que se atopaba co carriño do seu fillo, e ó morrer ésta, o carriño co bebé dentro sae precipitado escaleiras abaixo.
-
Quinto episodio: “Encontro coa escuadra”
Os feitos relatados neste episodio transcorren de novo no acoirazado Potemkin, lugar onde comezara a rebelión, agora tomado polos propios mariñeiros. Éstes ven como as autoridades estaban exercendo a súa brutalidade masacrando a unha poboación que só pedía xustiza, e planean un contrataque.
Diríxense hacia Odesa, e no seu camiño atópanse co torpedero 267. Nun principio parecía que se iba a producir un enfrentamento entre os dous barcos, que se preparaban para atacarse mutuamente. Pero finalmente, os mariñeiros do torpedero únense á causa dos do Potemkin, e os tripulantes de ambos barcos saen a cuberta para saudarse e expresarse a súa vontade de permancer unidos contra o opresor en irmandade.
Personaxes do motín e a súa relación cos estamentos sociais da época
A película non ten personaxes claramente diferenciados e individuais, senón que se centra máis ben en grupos sociais, como os mariñeiros, as autoridades, o pobo descontento, etc. No episodio do motín podemos distinguir tres grupos de personaxes; os mariñeiros, os gardas, e os seus superiores (oficiais e capitán), e tamén a figura da Igrexa representada polo pope ortodoxo. Os mariñeiros son os primeiros en sublevarse, debido ó inxusto trato que recibían. Son reprimidos polos oficiais e o capitán, que ordena á garda disparar contra eles, pero finalmente estos únense ós mariñeiros na súa causa.
Os mariñeiros e os gardas representan á clase baixa traballadora e sumisa, tratada case coma escravos. Estiveran aturando esta situación durante moito tempo pero o descontento crecía en eles, polo que, tanto na película os mariñeiros, como na situación real de Rusia toda a clase social pobre, tiveron que sublevarse contra o poderoso.
Por outra parte, estan o capitán e os oficiais, representantes dos mandatarios e tiranos da época, que exercían a súa autoridade sen piedade, impoñendo as súas normas brutalmente e sen ter en conta as necesidades do pobo. Na película o capitán impoñía as súas condicións ós seus traballadores sen preocuparse de que estiveran pasando fame ou condicións infrahumanas, simplemente víndoos como seres inferiores sumisos á súa autoridade, o mesmo que pasaba en Rusia, onde os campesiños estaban sumisos os propietarios das terras, e os traballadores das fábricas ós propietarios das mesmas, que lles facían traballar un número altísimo de horas en moi malas condicións.
O pope ortodoxo representa á Igrexa, inimiga tamén dos revolucionarios pois apoiaba ós opresores e non defendía a revolución. Nos feitos reales, o pope atopábase no barco pero conseguía escapar, sen embargo na película, Eisenstein o fai morir a mans dos rebeldes.
Relación da película coa Revolución Rusa
“O acoirazado potemkin”, dirixida en 1925 por Sergei M. Eisenstein, é unha película orixinalmente propandística, encargada polo entón presidente da URSS, Stalin, para promover os valores da Revolución Rusa e da mentalidade comunista.
A película está basada nuns feitos reales ocorridos no porto de Odesa (Rusia) en Xuño de 1905, no que uns mariñeiros subleváronse debido ó mal trato o que eran sometidos. Esta verosimilitude do narrado na película expresa o sentimento na poboación da época de desacordo coa anterior situacion política e social vivida en Rusia onde eran marxinados e inxustamente tratados polos poderosos.
A finais do s.XIX e a principios do XX, Rusia vivía unha situación de clara inferioridade e atraso con respecto ós países europeos, onde se producera unha revolución industrial e un crecemento económico. Rusia era un país aínda moi pouco desenvolvido, onde non había clase media, senón enormes diferencias entre uns poucos ricos, e unha enorme maioría pobre de campesiños e obreiros industriais, que vivían nunha situación de inxustiza e opresión. As terras estaban en máns dun poucos propietarios poderosos, e as condicións laborais eran deplorables.
Existía un goberno tsarista, onde o poder estaba en mans do Tsar, impedindo o desenvolvemento democrático e favorecendo a situación de atraso vivida en Rusia. Todos estes factores foron creando un enorme descontento na poboación, que acabou provocando diversas rebelións a principios do s.XX, que remataron na Revolución Rusa en 1917, ano no que subiu o partido bolxevique con Lenin á cabeza ó poder. O sucesor de Lenin sería Stalin, obsesionado coa expansión das ideas revolucionarias, motivo polo cual encargaría a filmación desta película a Sergei M. Eisenstein.
A película narra uns feitos reales, como exemplo da situación inxusta que vivían os traballadores nunha Rusia atrasada e anclada no pasado. Neste caso fala de mariñeiros, pero a idea de revolución pode trasladarse a tódolos campesiños, proletariado, etc, que tiñan que soportar unha opresión enorme por parte dos poderosos e a autoridade. Filmada con fins propagandísticos, “O acoirazado Potemkin” defende os valores de irmandade, de unión entre os oprimidos na loita cos poderosos, da necesidade de cooperación do pobo para loitar contra esta situación de inxustiza vivida en Rusia, ou en calquera lugar onde se estivese abusando da autoridade e oprimindo ós traballadores.
Relación entre o cadáver do mariñeiro e o ideario revolucionario
A morte do mariñeiro Vakulinchuk a mans do oficial Guiliaroski é o suceso clave de toda a película, pois a súa morte representa toda a situación que vivía o pobo ruso, as consecuencias desa opresión á que vivían sometidos, o pouco que valía a vida dun traballador pobre. Tamén é o desencadeante da rebelíon do pobo de Odesa, pois ó ver o cadáver, a xente conmóvese e esa morte e o detonante para que a xente, xa farta, decida sublevarse.
Os compañeiros de Vakulinchuk, o ver o seu cadáver, deciden levalo ó porto de Odesa, para que todo o mundo puidera velo e decatarse da gravidade da situación que se estaba vivindo e do que eran capaces de hacer os poderosos ós traballadores. Cólganlle un cartel que di “Por unha cullerada de sopa”. Esta frase representa moi ben os feitos sucedidos, por algo tan simple e necesario como unha comida decente e quente para os traballadores, os oficiais e o capitán non foran capaces de dársello, e aínda máis, asasinaron a un mariñeiro que so pedía o que era xusto.
Esto é unha xustificación da revolución, de que era por unha causa completamente necesaria, indispensable para arranxar unha situación que non podía ser solucionada de outra forma que no fora rebelarse contra a autoridade. É un chamamento ós obreiros do mundo a unirse en irmandade, pois o ocorrido ó mariñeiro Vakulinchuk podería ocorrerlle a calquera, pois todos tiñan que soportar esas duras condicións de traballo e vida.
Vakulinchuk morrera por unha causa simple e completamente xusta, a igualdade para a clase pobre, que represéntase en algo tan sinxelo como a petición dunha comida en bo estado, e que pode trasladarse a tódolos aspectos da súa vida como o dereito a un traballo digno, a xornadas laborais máis reducidas, mellores condicións hixiénicas, etc.
Comentario persoal
“O acoirazado Potemkin” é unha película moi importante non só na historia do cine, senón no sentimento revolucionario que transmite, a través das vivencias do pobo de Odesa durante a rebelión comezada no acoirazado.
É unha película propagandística, encargada por Stalin a Sergei M. Eisenstein. Stalin caracterizouse por levar os valores revolucionarios ó extremo, infrinxindo un réxime de terror, un estado completamente totalitario, e era un dirixente obsesionado coa expansión destas ideas, razón pola que encargou filmar esta película. Este deseo de expansión foi típico nos réximes totalitarios, pois unha prioridade era a de extensión da revolución por outros países, debido a que vían a súa forma de Estado e política como a única válida.
Creo que a película está moi ben feita para lograr este fin, pois realmente expresa o sufrimento do pobo e a gran opresión á que estaban sometidos. Aínda que Stalin foi un dictador que transformou estas ideas levándoas ó extremo, Eisenstein fixo unha película que transmite moi ben o descontento do pobo e os valores revolucionarios.
Estou de acordo coa forma de contar a historia na película, coa necesidade de rebelión nunha situación tan inxusta onde os traballadores estaban sometidos a uns poucos poderosos que os explotaban. Porque nunha situación tan extrema fai falla xente que se rebele, porque de non haber sido así non se houberan acabado con tantas inxustizas vividas na historia.
En ese sentido creo que a película esta moi ben narrada pois a súa intención e a de facer comprender a necesidade de revolución, e facerlle ver á xente a situacíon que se vivía que fixo que se provocase unha insurrección. Esta intención de conmover ós espectadores vese moi ben por exemplo na escena onde unha nai ve como matan ó seu fillo, ou na que matan a unha muller facendo que o carriño do seu bebé caia escaleiras abaixo.
En resumo, creo que a película consigue moi ben o que pretende transmitir, os valores revolucionarios, ideas tan xustas como as de igualdade e liberdade, aínda que logo estes valores plasmados na película foran utilizados por Stalin, transformándoos e levándoos ó extremo.
Descargar
Enviado por: | Shamone |
Idioma: | gallego |
País: | España |