Tempo: Na obra non se especifica o tempo pero, polo contexto da historia, podemos deducir que sucede na actualidade.
Personaxes: Marisa, a protagonista; Amalia, a súa mellor amiga; Luís Enrique; os seus pais; Cari, a súa irmá; Fernando; a familia materna; Baltasar; os pais de Amalia; Fuensanta… entre quizais outros menos destacables.
Resumo:
Este libro trata sobre unha rapaciña chamada Marisa que se mira nun espello todos os días para poder coñecerse a ela mesma mellor, comprender como é.
A mellor amiga de Marisa, chamada Amalia, namórase dun rapaz chamado Baltasar, co que comeza unha relación, pero á protagonista non lle gusta moito que isto ocorra, aínda que nin ela mesma sabe o motivo esacto de por que sinte isto.
Marisa tamén ten noivo, un rapaz chamado Luís Enrique. Pero a protagonista tampouco está moi contenta coa súa propia relación e tampouco sabe por que, por incrible que parezca.
Despois de ter a súa primeira relación sexual con Luís Enrique, Marisa comprende por fin todo o que pasara pola súa mente anteriormente. A rapaza séntese moi mal e, falando cunha compañeira, dase conta de que realmente ela está namorada de Amalia e, claro está, é lesbiana.
Marisa, ó principio, non cre nin ela mesma que é lesbiana, pero depois de falalo coa súa compeñeira, quen tamén o é, dase conta de que é certo, e de que non é algo malo selo, de que ten que aceptalo.
Finalmente, a protagonista recoñece a súa condición, aceptándose a sí mesma; polo que llo remata por contar a Amaia, quen a acepta como é e lle agradece a súa valentía e sineceridade ó contarllo. Máis tarde, Marisa tamén se sincera con Luís Enrrique e coa súa propia familia e explícalles tamén a eles a súa condición.
Comentario persoal:
Sobre esta obra teño unha moi boa opinión, xa que trata dende varios puntos de vista diferentes como se vive a homosexualidade. Léndoa podemos atopar unha boa forma de ver que sexa cal sexa a condición dunha persoa non ten nada de malo e debemos aceptar ás persoas tal como son, tamén aceptarnos a nós mesmos e saber como aprender a coñecernos mellor, afrontado as consecuencias do que coñezamos, sen sentirnos mal.
Éste é un bo libro para aprender a ser tolerantes e aceptar a tod@s sexa cal sexa a súa orientación.
Tan só engadir que, na miña opinión, sería productivo que libros como éste, que tratan de problemas da realidade actual, se leran máis a miúdo, especialmente polas persoas dunha idade aproximada á miña, xa que aínda que na teoría a maior parte da xente é moi tolerante, os problemas de homofobia e similares sequen a estar moi presentas na nosa sociedade, desgraciadamente, e estes libros axudan a ver diversos puntos de vista sobre estes espectos.