Economía


Dimensión empresarial


Tema 7: Dimensión empresarial

I.Dimensión: concepto e criterios de medición

II.Crecemento empresarial: estratexias

III.A PEME: vantaxes e desvantaxes

-Formas de acceso á actividade empresarial nas PEMES

-Creación dunha empresa innovación

franquía

comercio asociado

-Participación nunca empresa xa existente

-Herdanza

IV.Integración empresarial:

-Causas

-Tipos de agrupacións: asociación e integración

V.Cooperación entre empresas (financeira/comercial/tecnolóxica)

VI.As multinacionais: características e factores de desenvolvemento

VII.A dimensión empresarial en Galicia

II Crecemento empresarial: estratexias (especializarse e diversificarse)

Especialización, intensificar o esforzo non productos tradicionais por medio de:

-Penetración no mercado: incrementar vendas e busca de novos clientes

-Desenvolvemento do mercado: novas áreas xeográficas, novos segmentos

-Desenvolvemento de productos complementarios dos tradicionais

Diversificación, engadir á vez novos productos e novos mercados (maior risco)

-Diversificación relacionada, se existe algunha conexión entre os productos antigos e os novos (ecs de gama)

-Diversificación non relacionada, trata só de explotar oportunidades rendibles. Ex > tabacalera investía en alimentos

Crecemento interno ou externo

-Interno: a partir dos propios recursos (autosuficiente)

-Externo: unir os recursos propios cos doutras empresas para aumentar a dimensión

Internacionalizarse ou limitarse ao mercado nacional

III As PEMES: vantaxes e desvantaxes

Vantaxes

-Maior cercanía ao cliente, trato máis personalizado en relación máis directa, mellor posición nos mercados locais

-Maior flexibilidade de adaptación aos cambios conxunturais

-Maior adaptabilidade para satisfacer demandas de mercado moi específicas (dun determinado producto nun determinado tempo)

-Autonomía

-Son máis adecuadas para algunhas actividades

Desvantaxes

-Dificultades de acceso aos recursos financeiros do mercado de valores (accións, obrigacións)

-Maiores dificultades para aproveitar as ecs de escala (reducir custos e aumentar a producción)

-Escaso poder de negociación con clientes e provedores

-Menor nivel de cualificación e de competencia técnica dos seus traballadores

Formas de acceso á actividade empresarial nas PEMES

-Creación dunha empresa: innovación, franquía (libro páxina 188), comercio asociado

-Participación nunca empresa xa existente

-Herdar unha empresa (familiar)

IV A integración empresarial (o crecemento externo)

Concepto: estratexia de crecemento da empresa pola cal se unen empresas que realizan unha mesma etapa do proceso de transformación (integración vertical) ou que fabrican o mesmo producto e prestan o mesmo producto (integración horizontal)

Causas

-A preocupación por garantir os abastecementos de materias primas

-Reducir custos de transacción (custos de negociacións das provisións)

-O interese por controlar a distribución do producto

-Reducir os custos tratando de obter economías de escala

-Incrementar o producto de negociación fonte provedores e clientes

-Aumentar a cota de mercado: eliminar riscos da competencia

-Necesidade de unir os esforzos financeiros

Tipo de agrupacións empresariais

  • Fórmulas de integración:

  • -Integración da sociedade (perda de personalidade xurídica para un dos participantes): a fusión

    · fusión pura: dúas ou máis desaparecen para formar unha nova

    · fusión por absorción: adquisición dunha empresa (que desaparece) por outra

    -Segundo a natureza das actividades a integración pode ser vertical (trust: agrupación de empresas que realizan fases sucesivas) ou horizontal (se realizan unha mesma etapa da transformación)

    b) Fórmulas de asociación:

    -UTE asociación para un proxecto de duración limitada

    -AIE pode ter carácter indefinido e obxecto social máis amplo

    -Outras cartel: acordo entre empresas dun mesmo sector co obxectivo de eliminar competencia fixando prezos ou repartíndose o mercado (prohibidos ou regulados)

    c) Fórmulas de participación:

    Cando unha empresa adquire parte das accións doutra (sen que perdan personalidade) Holding: empresa “matriz” (que non produce) adquire máis do 50% das “filiais” co fin de controlar decisións

    -A cooperación entre as empresas

    · acordos tendentes a obter reduccións de custos, aproveitando as complementariedades de realizar un esforzo conxunto e das economías de escala

    · pode ser:

    • cooperación productiva: en actividades de producción para obter economías de escala, ou compartir riscos ou recursos; fórmula máis habitual, a subcontratación

    • financeira: compartir recursos (e riscos), empresa conxunta (joint venture)

    • comercial: penetrar nun novo mercado, lanzar un novo producto, mellorar a distribución

    • tecnolóxica: cesión dunha patente, dereito a cambio do pagamento do royalty, acordos de asistencia técnica

    · un caso crecente de cooperación: a franquía

      • acordo segundo o cal a empresa franquiciadora cede á empresa franquiciada o dereito de usar unha marca ou fórmula comercial de recoñecido prestixio a cambio dos pagamentos periódicos

      • funcionar baixo franquía permite obter simultaneamente as vantaxes do tamaño pequeno e grande

    V A internacionalización da empresa

    Vese favorecida polo proceso de globalización, pola creación de áreas de libre comercio e a reducción de barreiras proteccionistas, isto leva a unha proliferación de empresas multinacionais que operan e mercados cada vez máis competitivos, con fortes economías de escala e producen para un consumo masivo.

    Características das empresas multinacionais (EM)

    -Formadas por unha empresa matriz (empresa orixinaria do Estado onde iniciou a actividade) que conta cunha serie de filiais que operan en diferentes países do mundo e comparte obxectivos

    -A matriz exerce o control sobre as filiais a través da súa participación (total ou parcial) no capital

    -Dirección e planificación concentrados na matriz

    -Empresas de grandes dimensións, custos reducidos, fortes investimentos en I+D

    -Gozan de posición competitiva a escala global (liderado en custos e maior capacidade financeira)

    -As perdas compénsanse cos beneficios doutras

    -Causas da súa existencia

    · estreitez dos mercados nacionais

    · desexo de controlar a distribución dos productos (vender sobre o terreo)

    · superar as barreiras proteccionistas

    · reducir custos de producción (fabrican onde os factores son menos custosos e reflicten beneficios onde os impostos son máis baixos)

    -Estratexias de entrada noutros países das EM

    · estratexia de exportación: producción no país de orixe desde onde se abastece ao resto a través de empresas dos receptores

    · sistemas de asociación: prodúcese ou véndese noutro país por medio de acordos de cooperación con empresas locais

    · investimento directo:

    • creación de filiais propias da EM

    • creación de sociedades de risco compartido (joint venture): dúas ou máis empresas achegan capital para construír unha nova sociedade para operar nun novo mercado

    -Estratexias unha vez consolidada a EM:

    . concerta a fabricación nuns poucos lugares (enxeñería, deseño e producción) desde onde se exporta

    · fragmenta a súa localización onde obtén vantaxes tecnolóxicas de organización ou de imaxe de marca

    -Responsabilidade social das EM

    · aspectos positivos: creación de emprego, achega de tecnoloxía avanzada, aínda que ás veces obsoleta, investimento de capital

    ·aspectos negativos: desaparición de PEMES locais, dependencia tecnolóxica, sobreexplotación de recursos naturais e danos ambientais, dificultades nos avances da protección laboral e social…




    Descargar
    Enviado por:Mrbakunin
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar