Ética y Moral


Dereitos humanos


DEREITOS HUMANOS

  • Introducción

  • Os dereitos humanos son aqueles que o home posee polo mero feito de selo. Proclámanse sagrados, imprescriptibles e fora do alcance de calquera poder político.

  • Breve panorámica histórica

  • Os dereitos humanos establecéronse no Dereito internacional a partir da II Guerra Mundial, trala súa conclusión, elaboráronse numerosos documentos destinados a numeralos, popiciar a súa protección, declarar a súa importancia e a necesidade de respectalos. En primeiro lugar, hai que citar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, aprobada polas Nacións Unidas o 10 de decembro de 1.948, que distingue entre os dereitos relativos a existencia mesma da persoa e os relativos a súa protección e seguridade, á vida política, social e xurídica da mesma, e os dereitos de contido económico e social. Son, asimesmo, relevantes: a Declaración de Dereitos do Neno, a Convención sobre os Dereitos Políticos da Muller e o Pacto de Dereitos Civís e Políticos. No ámbito europeo, cabe destacar a Convención Europea para a Protección dos Dereitos Humanos e as Libertades Fundamentais, nacida no seno do Consello de Europa, e que chegado o caso, para proceder ó exame e a resolución de conflictos relacionados ca vulneración dos dereitos e libertades concebidos na Convención.

  • Evolución das declaracións dos dereitos

  • Podense diferenciar tres fases neste proceso. A declaración de dereitos nace, por regra xeral, como un conxunto de teorías filosóficas. Son universais polo que ó contido respecta e porque se refiren a calquera home, son sobre todo moi limitadas no que a eficacia se refire, ó ser propostas para futuras e hipotéticas leis. Máis tarde e en algunhas ocasións, as declaracións de dereitos chegan a plasmarse nalgunhas constitucións, co cal ganan en concreción o que perden en universalidade. Quedando protexidos como verdadeiros dereitos subxextivos, pero so no ámbito do estado que os reconoce de forma efectiva. Non son así en consecuencia, dereitos do home, senon do cidadán, é decir dereitos do home en canto que dereitos do cidadán de un Estado concreto. Ca declaración Universal de Dereitos Humanos de 1.948 comenzou unha terceria fase donde a afirmación dos citados dereitos quérese a un tempo universal e positiva. Universal, porque os destinatarios son todos os homes e mulleres en non so os cidadáns dun ou outro estado. Positiva, porque enténdese que emprende un proceso, concluido o cal os dereitos humanos non so serán proclamados, senón protexidos dun modo material, incluso contra o propio estado que os viole.

    DECLARACIÓN UNIVERSAL DE DEREITOS HUMANOS

    É unha resolución adoptada por unanimidade en decembro de 1.948 pola Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU). O obxectivo desta declaración é promover e potenciar o respeto polos dereitos humanos e as libertades fundamentais. Dita declartación proclama os dereitos persoais, civís, políticos, económicos, sociais e culturais do home, así como os requisitos de moralidade, orden público e benestar xeral. Entre os dereitos citados pola Declaración encóntranse o dereito a vida, a libertade, a seguridade persoal; a non ser víctima dunha detención arbitraria; a un proceso xudicial xusto; a presunción da inocencia hasta que non se demostre o contrario; a non invasión da vida privada e a da correspondencia persoal; a libertade de movemento e residencia; ó asilo político; á nacionalidade; á propiedade; á libertade de pensamento e de conciencia, de relixión, de opinión e de expresión; a asociarse, a formar unha asamblea pacífica e a participación no goberno, a seguridade social, ó traballo, ó descanso e a un nivel de vida adecuado para a saúde e o benestar; á educación e a participación na vida social da súa comunidade.

    En 1.955 a Asamblea Xeral autorizou dous pactos de Dereitos Humanos, un relativo os dereitos civís e políticos e o outro os dereitos económicos, sociais e culturais. Ambos pactos entraron en vigor en xaneiro de 1.966, tras unha larga loita para que foran ratificados.

    TEMAS DOS DEREITOS HUMANOS

    A ONU tratou diversos temas dentro dos dereitos humanos. Dentro das esferas máis notorias podemos mencionar as seguinte.

    Racismo: A ONU eliminou todas as formas de discriminación racial. Esta declaración reafirma que a discriminación entre os seres humanos por motivo de raza, cor ou orixe étnico é unha violación dos dereitos humanos e un obstáculo ás relacións amistosas e pacíficas entre as nacións e os pobos. Tamén se nomeou un relator especial sobre as formas contemporáneas do racismo, discriminación racial, xenofobia e formas conexas de intolerancia, para examinar incidentes en todo o mundo relacionadaos có racismo. A continuación nomeamos sistemas de discriminación:

    Apartheid: Este era un sistema de segregación e discriminación imposto polo Goberno sudafricano. As nacións Unidas empezaron a realizar esforzos a nivel internacional para acabar con este crime. Por medio de diversas presións logrouse a desaparición do sistema apartheid en 1994

    Pobacións indíxenas: Estiveron sometidas a opresión. Reuniuse un Grupo de Traballo para promover os dereitos destas poboacións chegando a facer que a ONU fixese unha declaración sobre os seus dereitos. As organización da ONU dirixen programas destinados a mellorar a saúde e a alfabetización dos indíxenas, así como para evitar o deterioro ambiental das terras nativas destos grupos.

    Persoas con discapacidade: Xeralmente os discapacitados négaselle a posibilidade de educación ou de desarrollo profesional, exclúlleselle da vida cultural e as relacións sociais normais, ingrésaselle innecesariamente en institucións e teñen acceso restrinxido a edificios públicos e o transporte debido as súas limitacións físicas. Os discapacitados encóntranse en desventaxa xurídica, xa que non contan con un documento oficial único que enumere os seus dereitos, se non que están dispersos nunha serie de dictames xudiciais. Debido a que a pesar dos esforzos das Nacións Unidas en pro da igualdade de oportunidades os discapacitados seguían sendo discriminados, A Asamblea adoptou en 1991 os Principios para a Protección dos enfermos mentais e o melloramento da atención da saúde mental.

    Persoas infectadas co VHI SIDA: as Nacións Unidas manteñen a prioridade de que as persoas infectadas con VIH SIDA contén co pleno respeto sobre os dereitos humanos especialmente que se cuiden co non relativo co proceso non equitativo respecto a servicios de saúde, maternidade e planificación familiar.

    Persoas adultas mayores: este sector da población está aumentando considerablemente debido o aumento das expectativas da vida e a disminución das tasas da fecundidade por tanto é necesario que a sociedade esté consciente de dar as persoas adultas maiores asistencia a saúde, nutrición, ingreso...

    Persoas pertencentes a minorías relixosas, étnicas ou lingüísticas: En casi todos os países existen grupo que son distintos a maioría da población xa que teñen as súas propias característas relixosas, étnicas ou lingüisticas. Ambos grupos constantemente teñen relación difíciles marcadas polo odio, a discriminación e pola violencia. Debido a esto a ONU dalle os mesmos dereito as minorías o igual cos outros grupos e reafirma o dereitos de toda as minorías a:

    • Disfrutar da súa propia cultura

    • Profesar e practicar a súa propia relixión

    • Utilizar a súa fala ou idioma

    • Establecer e manter contactos con membros do seu grupo

    • Deixar calquer país incluído o propio e regresar a el

    Muller: A igualdade da muller foi un tema central na labor das nacións unidas desde a súa fundación xa que respeto os dereitos humanos non tera universalidade mentras non se respecten os dereitos da muller que busca aumentar a participación activa e en plan da igualdade da muller no desenrolo.

    Nenos: Este grupo é especialmente vulnerable no maltrato, malnutrición, explotacións e conflictos armados polo que a ONU traballou no tema constantemente. O alto comisionada de dereitos humans nombrou diversos relatores para examinar a cuestión das repercusións dos conflictos armados e a cuestión de venta nos nenos, prostitución infantil e a utilización dos nenos en pornografía e a adopcións con fin comerciais por citar algúns.

    Dereitos dos traballadores: A organización internacional do traballo (OIT) é un dos principias órganos que velan polos dereitos humáns dos traballadores. Establecéronse normas internacionais e recomendación entre os que figuran os relativos ó traballo forzoso a liberdade sindical, a igualdade de remuneración, a discriminación sobre a edade mínima.

    • Traballadores migratorios: Debido o escenso da migración con fins laborais protección dos dereitos de todos os traballadores migratorios e os seus familiares. Esta convención dispón entre outrar cousas que é ilegal expulsar colectivamente os traballadores migratorios ou destruír os seus DNI, pasaportes e permisos de traballo; os traballadores migratorios teñen os mesmos dereitos que os nacionais no relativo a remuneración, beneficios sociais, atención medica, sindicación e a transferir as súas ganancias, aforros e posesión persoais en caso de concluír o seu emprego; os fillos dos traballadores migratorios teñen dereito a incripción de nacemento, de nacionalidade e a escola.

    Escravitude trata de persoas e prácticas similares: No marco da ONU traballouse para reprimir a venta de persoas xa sexa para o traballo ou para utilizalas na prostitución. Así mesmo búscase a ebulición do traballo forzoso que teña condicións similares a escravitude.

    Dereito o desenrolo e a democracia: A ONU considera que a miseria absoluta e o subdesenrolo afectan o disfrute dos dereitos humans. As nacións unidas buscan que todos os individuos podan facer valer os seus dereitos o voto, a educación, a saúde e a liberdade de expresión. Asemesmo búscase mellorar os factores que logran o disfrute total dos dereitos humans tales como o desenrolo económico e social a relación do intercambio equitativio e o alivio da deuda.

    A EDUCACIÓN E A PREVENCIÓN DE VIOLACIÓNS DOS DEREITOS HUMANOS

    A ONU non só se dedica a solucionar problemas dos dereitos humanos, senon que tamén se dedica a previlos por medio da asistencia técnica. Esta asistencia ofréceselle ós gobernos nos seguintes ámbitos:

    • Reforma das leis nacionais

    • Apoio a democratización e asesoramento en relación cos procedementos electorais.

    • Asistencia na redacción das leis nacionais e preparación dos informes nacionais.

    • Fortalecemento das institucións nacionais e rexionais relacionadas directa e indirectamente coa esfera dos dereitos humanos.

    A educación é outro importante medio de prevención dos abusos dos dereitos humanos xa que canto máis coñezan os seus dereitos é máis probable que as persoas loiten por eles e presionen os gobernos para que os respeten. É importante destacar a campaña mundial de información pública das Nacións Unidas para educar tanto as persoas cómo ós gobernos para concienciar as primeiras acerca dos dereitos que poseen e os últimos acerca das súas responsabilidades en relación a eses dereitos e cómo respetalos.

    TRIBUNAL EUROPEO DOS DEREITOS HUMANOS

    É un tribunal constituído en 1.950 polos países signatarios da Convención Europea dos Dereitos Humanos para previr posibles actividades opresivas por parte dos gobernos. Durante o período inmediatamente posterior a II Guerra Mundial, e sobre todo despois das atrocidades cometidas pole réxime da Alemaña nacionalsocialista, a mayoría dos dirixentes europeos acordaron que era necesario crear algún tipo de organismo internacional que supervisara o trato quje os cidadáns recibían nas súas nacións.

    Na actualidade, prácticamente todos os países que firmaron a Convención otorgaron ós seus cicadáns o derito a dirixirse a este tribunal a título persoal, e a mayoría dos casos xuxgados nesta corte derivan de demandes entabladas por cidadáns particulares contra os seus propios gobernos.

    O tribunal está composto por un xuíz de cada un dos países signatarios e reúnese na cidade de Estrasburgo.

    A Convención protexe dereitos básicos tales como a libertade de expresión, de reunión, de culto, a inviolabilidade do fogar e da familia e o dereito o debido proceso penal. Cada dereito está expresade en términos xerais e soe estar suxeito a unha serie de excepcións. Por exemplo: permítese que os gobernos recorten o dereito a liberdade de expesión para protexer a reputación do individuos ou as costumes. O Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos estableceu unha doctrina na virtude da cal cada goberno nacional ten un marxe

    Tribunal Europeo de Dereitos Humanos

    de apreciación a hora de determinar que medidas adoptar para defender os dereitos básicos e que exencións son necesarias. Cada goberno ten a obligación de equilibrar os intereses concurrentes que envolven cada asunto legislativo: novamente, o dereito a libertade de expresión e de non ser difamado por aqueles que exercen de libertade de expresión. Este principio básase no entendemento de que moitas cuestións planteadas en esta corte implican temas morales de gran complexidade e que é preferible deixar este tipo de decisións ós gobernos democráticos; so cando os estados exceden as súas funcións lixítimas ou son incapaces de protexer adecuadamente estos dereitos debe interbir o Tribunal.

    O Tribunal e asesorado pola Comisión Europea des Dereitos Humanos. Este organismo determina se un caso debe chegar ata o Tribunal e intenta alcanzar un acordo amistoso.

    4




    Descargar
    Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar