Lenguaje, Gramática y Filologías


Crónica General y de Castilla


ÍNDICE:

1.INTRODUCCIÓN ----------------------------------------------- 2

1.1 OBXECTIVOS, MÉTODO E DESENVOLVEMENTO

DA ACTIVIDADE REALIZADA ---------------------------------------- 2

1.2 MARCO HISTÓRICO E LITERARIO DA OBRA ----------------------- 3

1.3 TÁBOA DOS SÍMBOLOS FONÉTICOS EMPREGADOS -------------- 4

1.4 TÁBOA DAS ABREVIATURAS EMPREGADAS ------------------------ 6

2.O TEXTO ------------------------------------------------------------------- 7

2.1 TRANSCRIPCIÓN GRÁFICA DO TEXTO ------------------------------ 7

2.2 TRANSCRIPCIÓN FONOLÓXICA DO TEXTO ------------------------ 7

3.ESTUDIO DA ETIMOLOXÍA E EVOLUCIÓN

FONÉTICAS DAS PALABRAS DO TEXTO ------------------------- 8

4.ESTUDIO GRAFEMÁTICO --------------------------------------------- 26

4.1 REPRESENTACIÓN DA VOCAL /i/ -------------------------------------- 26

4.2 PRESENCIA DE -U-,-V- e -B- -------------------------------------------- 26

4.3 REPRESENTACIÓN DAS CONSOANTES FRICATIVAS

E AFRICADAS ------------------------------------------------------------ 27

4.4 REPRESENTACIÓN DAS CONSOANTES LATERAIS ----------------- 27

4.5 REPRESENTACIÓN DAS CONSOANTES VIBRANTES --------------- 28

4.6 O TIL DE NASALIDADE ------------------------------------------------ 28

5. ÍNDICES ------------------------------------------------------------------- 29

5.1 ÍNDICE DE VOCES DO TEXTO POR ORDE ALFABÉTICA ------------- 29

5.2 ÍNDICE ONOMÁSTICO ------------------------------------------------- 29

5.3 ÍNDICE ETIMOLÓXICO DAS VOCES DO TEXTO -------------------- 30

6. BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA -------------------------------------- 31

1.INTRODUCCIÓN:

1.1 OBXECTIVOS, MÉTODO E DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE REALIZADA:

O meu obxectivo fundamental é tratar de facer o traballo da mellor maneira posible e con isto, adquirir uns coñecementos que me permitan entender mellor a fonética histórica e que me faciliten futuros traballos deste tipo.

Para elaborar este traballo empreguei todo o material citado na bibliografía, aínda que os volumes que máis me axudaron foron, sen dúbida, a Gramática Histórica de Ferreiro e o Glosario da Traducción da Crónica de Ramón Lorenzo.

Ó comezo estaba bastante perdida, porque non sabía facer as cadeas evolutivas, nin transcripcións fonolóxicas, etc. nin sequera sabía por onde comezar a buscar información acerca da escrita medieval e da latina.

Decidín comezar buscando os étimos das palabras, para despois meterme de cheo nas cadeas e pouco a pouco funme familiarizando cos diferentes manuais e libros empregados, e a cousa comezou a ter mellor cara, pero aínda había unha parte que se me resistía, e que creo que se me seguirá resistindo un pouco: os verbos latinos. As declinacións aínda se repasan facilmente, pero para alguén coma min, que estudiou latín hai ó menos sete anos, era imposible lembrar nada dos tempos verbais, só botando man de novo ós libros do bacharelato, logrei poñerme un pouco ó día e tentar resolver as moitas dúbidas que se me presentaban.

Fun facendo as cadeas das diferentes palabras, deixando aquelas nas que tiña máis dúbidas para o final.Unha vez rematadas as cadeas, púxenme co estudio das grafías medievais e decateime de que podía explicar moitas dos procesos que tiveran lugar na I. Media sen ter que mirar nos manuais.

Ó final, supoño que me gustou facer o traballo, porque a pesar de que me levou unha eternidade rematalo e que sei que moitas das cousas estarán mal, tamén sei que aprendín outras moitas que me han valer para o futuro.

1.2 MARCO HISTÓRICO E LITERARIO DA OBRA:

A Crónica Xeral e Crónica de Castela é unha obra fundamental para a nosa historia literaria e para coñecer aspectos tan importantes coma os que nos ocupan neste traballo: ver a evolución lingüística que sufriu o idioma dende o latín á I.Media, e dende a etapa medieval ata a catualidade.

Esta obra foi transmitida e conservada a través de dous manuscritos ,o 8.817 da Biblioteca Nacional de Madrid (1225-1312), que está completo, e o 2.497 da Biblioteca Universitaria de Salamanca. Ámbolos dous se remontan a principios do s. XIV, aínda que o segundo é máis moderno (finais do s.XIV), ó ser só unha copia da primeira parte do anterior.

O primeiro manuscrito estaba composto por dous códices que orixinariamente eran independentes, pero que xa estaban unificados no século XV. A primeira das partes é unha traducción da “Versión amplificada” da Crónica general de Afonso X o Sabio (nome dado por Diego Catalán) e a segunda, é a traducción da Crónica de Castilla e da Crónica particular de San Fernando.

Nun primeiro momento traduciuse a Crónica de Castela, que comeza co rei Fernando I (1037) (unión de León a Castela), e que chegaba, nun primeiro momento ata o retorno de Fernando III de Xaén ó comunicarlle a morte de Afonso IX de León (1230) (unión dos reinos de León e Castela). A continuación, o traductor introduciu un capítulo máis para comentar os últimos anos do reinado de Fernando III e os reinados de Afonso X e Sancho IV, e así chegar a Fernando IV, pero posteriormente, este capítulo riscouse e aumentouse con datos acerca do resto do reinado de Fernando III ata a morte do mesmo, coa traducción da Crónica Particular de San Fernando. Despois virían unha follas a modo de resumo, que tamén serían riscadas, polo que vemos que se rematou a traducción no reinado de Fernando IV.

A modo de interpolación para unir as dúas partes aparece unha traducción do Líber Regnum que vén en letra diferente, e fai referencia ós acontecementos anteriores e á época en que comeza a Crónica de Castela.

Despois disto, comezouse coa traducción da primeira parte, centrándose na traducción xa feita da segunda, e nela atopamos o acontecido dende o reinado de Ramiro I de Asturias ata a morte de Vermudo II de León (842-1037), e onde se conta con todo detalle a historia dos reis de Castela e León, engadindo datos e referencias sobre os reis godos, a invasión árabe, a restauración da monarquía visigoda e os condes de Castela.

Esta Crónica representa un dos textos máis importantes no referente ó seu contido, xa que non é un relato frío, é un texto que nos ofrece unha lectura entretida, onde se mesturan fantasía e realidade, temas da vida diaria da época, diálogos, aventuras cabaleirescas, fábulas, lendas, etc. aparte de elementos relixiosos e de grandes feitos de armas. Pero é sen dúbida importante porque é un dos textos en prosa máis arcaicos e o máis antigo feito en lingua galego-portuguesa.

1.3 TÁBOA DOS SÍMBOLOS FONÉTICOS EMPREGADOS:

Vocálicos:

[a] vocal central aberta.

[e] vocal anterior media pechada.

[] vocal anterior media aberta.

[i] vocal anterior pechada.

[o] vocal posterior media pechada.

[] vocal posterior media aberta.

[u] vocal posterior pechada.

*Todas estas vocais podían aparecer nasalizadas co símbolo <> por enriba.

Vocais longas latinas: , , , , .

Vocais breves latinas: , , , , .

Consonánticos:

[p] cons. oclusiva bilabial xorda.

[t] cons. oclusiva dental xorda.

[k] cons. oclusiva velar xorda.

[b] cons. oclusiva bilabial sonora.

[d] cons. oclusiva dental sonora.

[g] cons. oclusiva velar sonora.

[ß] cons. fricativa bilabial sonora.

[ð] cons. fricativa dental sonora.

[] cons. fricativa velar sonora.

[f] cons. fricativa labiodental xorda.

[v] cons. fricativa labiodental sonora.

[t] cons. africada prepalatal xorda.

[t] cons. africada prepalatal sonora.

[ts] cons. africada dentoalveolar xorda.

[dz] cons. africada dentoalveolar sonora.

[] cons. africada predorso-alveolar xorda.

[z] cons. africada predorso-alveolar sonora.

[s] cons. fricativa ápico-alveolar xorda.

[] cons. fricativa ápico-alveolar sonora.

[  ] cons. fricativa prepalatal xorda.

[] cons. fricativa prepalatal sonora.

[ ] cons. fricativa interdental xorda.

[x] cons. frivativa velar xorda.

[h] cons. fricativa faringal xorda.

[m] cons. nasal bilabial sonora.

[n] cons. nasal alveolar sonora.

[] cons. nasal velar sonora.

[] cons. nasal palatal sonora.

[l] cons. líquida lateral alveolar sonora.

[  ] cons. líquida velarizada sonora.

[] cons. lateral palatal sonora.

[] cons. líquida vibrante simple alveolar sonora.

[r] cons. líquida vibrante múltiple alveolar sonora.

[j] semiconsoante/semivocal palatal.

[w] semiconsoante/semivocal velar.

> evolúe a.

< vén de.

< > representación grafía.

/ / representación fonolóxica.

[ ] representación fonética.

1.4 TÁBOA DAS ABREVIATURAS EMPREGADAS:

adv. ---------- adverbio.

arc. ---------- arcaico.

art. ---------- artigo.

Acusat. ------ acusativo.

conx. --------- conxunción.

cons. --------- consoante.

dial. ---------- dialectal.

ex. ----------- exemplo.

fem. --------- feminino.

indef. -------- indefinido.

Indicat. ------ Indicativo.

Imperat. ----- Imperativo.

I.M. ---------- Idade Media.

l. -------------- liña.

ls. ------------- liñas.

lat. ------------ latín.

masc. --------- masculino.

med. ---------- medieval.

pl. ------------- plural.

prep. ---------- preposición.

Pres. ---------- Presente.

Pret. ---------- Pretérito.

pron. ---------- pronome.

px. ------------ páxina.

s. -------------- século.

sg. ------------- singular.

subst. --------- substantivo.

ss. ------------- séculos.

VVAA --------- varios autores.

vbo. ----------- verbo.

vid. ------------ ver.

vs. ------------- versus.

1P,2P,3P ------ 1ª,2ª,3ª persoa.

CI,CII,CIII --- 1ª,2ª,3ª conxugación.

2. O TEXTO:

Este texto comprende as liñas da 4 á 8 pertencentes ó capítulo 178 de “La Traducción gallega de la Crónica General y la Crónica de Castilla” de R.Lorenzo, titulado Capitolo que fala do linag onde uen Rroderigo de Biuar (px.308).

2.1-TRANSCRIPCIÓN GRÁFICA:

b a defender a terra dos cristãos dos mouros que a conqueriã. Et por ende 4

queremos que sabades de qual linag vem ou de quaes omes deçende, por que 5

teemos d´ir pela sua estoria adeante.Sabede que, quando finou el rrey dõ 6

Pelayo, o Mõtesino, ficou o rreyno de Castella sen rey.Et fezerõ y II alcalles: o hu 7

ouue nume Nuno Resuera et o outro Layn Caluo.Et de Nuno Resuera 8

2.2- TRANSCRIPCIÓN FONOLÓXICA:

/b a defendé a tra dos kistános dos mówos ke a kokeía /  po énde keémos ke sabádes de kwá lináde v ow de kwáes mes detsnde po ke

témos d´i péla súa estója adeánte / sabéde ke kwándo finów el rej d

peláo o montesíno fików o réjno de kastla se réj /  fedzo í dóws akáes o u ówve núme núno reswa  o ówto láj kálvo /  de núno reswa

3. ESTUDIO DA ETIMOLOXÍA E EVOLUCIÓN FONÉTICA DAS PALABRAS DO TEXTO:

1.b: adv. de modo derivado do latino BNE.

BNE > BNE > bne > b.

Prodúcense os típicos cambios do vocalismo cuantitativo latino ó timbre romance ( > >  ).

Prodúcese o apócope da vocal final -E despois de certas consoantes como é aquí o -N-.

2.a: prep. que provén da forma latina D.

D > (D) > a

A nosa vocal central aberta /a/ vén da confluencia dos  breve e  longo latinos, despois de que a cantidade vocálica deixase de ter valor opositivo (proceso iniciado probablemente no s.I d.C. e xeralizado so s.III).

As consoantes oclusivas latinas, como lle ocorre aquí á dental sonora (-D), desaparecen en posición final de palabra.

3.defender: vbo. en Infinitivo que provén do latino DEFENDRE.

DEFENDRE > DEFENDR(E) > defendé.

Prodúcense cambios no paso do vocalismo cuantitativo do latín ó timbre romance.

Por evolución do vocalismo, a vocal final -E pérdese despois de certas consoantes como é aquí o "r".

* No latín clásico, o uso de "ff" intervocálico por "f" (“deffender” por “defender”) púidose adoptar para indicar o son da fricativa, xa que o "f" simple intervocálico latino se convertera en "v" e era pronunciado como tal.

4.a: artigo determinado fem.sg. que vén do latín LLA(M) (ILLE,-A,-UM), que é un pron. demostrativo fem.sg. en Acusat. latino.

LLA(M) > LLA >élla > éla > la > a > a.

Produciuse o cambio da cantidade vocálica ó timbre no paso do latín ó romance:

- O  tónico evoluciona a [e] en romance.

Perda da consoante nasal bilabial final -M provinte do caso Acusativo, que xa desaparece foneticamente en época moi temperá (dende o s.I a.C.).

Simplificación da consoante xeminada lateral.

A primeira vocal da forma romance desaparece por eférese debido á súa atonicidade.

A perda do -l- seculdario prodúcese por fonética sintáctica, nos numerosos contextos en que queda intervocálico.

* O uso de ILLE con función anafórica xa comeza no latín tardío.

* Esta forma tamén soía aparecer coas grafías "ha" e "aa".

* O alomorfo "a", pronome Acusativo átono, 3P. fem. sg. ten o mesmo étimo e evolución fonética có artigo.

5.terra: subst. fem. sg. que vén da palabra latina TRRA.

TRRA > TRRA > tra

O único cambio salientable é a perda da cantidade vocálica latina ó pasar ó timbre romance ( > >  ).

* Esta palabra aparece en textos romances dende o s.XIII, pero xa aparecía en documentos latinos dende o s.IX.

6.dos: contracción formada pola unión da prep. latina D e o artigo masc. pl. LLS.

D LLS > D LLS > de éllos > déllos > dlos > déos > dóos > dos.

Cambios do vocalismo cuantitativo do latín ó timbre romance (no período tardolatino ábrese a vocal breve latina).

Despois, a secuencia de dúas vocais en contacto sufre crase.

A consoante xeminada lateral simplifica por fonética sintáctica debido ós numerosos contextos en que queda intervocálica; unha vez simplificada desaparece por síncope.

A secuencia resultante /eo/ sofre unha asimilación que vai derivar nunha crase (eo > oo > o) dos elementos vocálicos posteriores.

* O -s final latino mantense no galego como marca de plural.

* Este tipo de contracción era o normal dende o s.XIII.

7.cristãos: subst. masc. pl. que provén da palabra latina CHRISTNS É un cultismo xa que o resultado patrimonial é "Krist"áns".

CHRISTNS > CRISTNS > kistjános > kistjãnos > kistjãos > kistjãas > kistjãs > kistjáns.

Cambios no vocalismo latino cuantitativo ó timbre romance.

Síncope da nasal intervocálica -n- polo seu debilitamento,coa previa nasalización das vocais anterior e posterior a ela. Despois, só nasaliza a vocal anterior.

A vocal [o] sufre unha asimilación por influencia da vocal anterior [a],e posteriormente dáse unha crase da secuencia "aa" resultante.

A vocal tónica desnasaliza e dá lugar a unha consoante nasal velar.

* Tra-la caída do -n- intervocálico, o sufixo latino -ANU,-A,-OS,-AS dá lugar a catro resultados diferentes, sendo un deses, o que temos aquí (ãos).

* Cando o grupo -TJ- vai precedido de [s], o seu resultado inicial é [st"], pero a africada prepalatal xorda, a partir do derradeiro período medieval, acaba absorbendo á fricativa [s] (>[t"]).

8.dos: (Vid.6).

9.mouros: subst. masc. pl. que deriva do adxectivo latino MAURUS,-A,

-UM (habitantes de Mauritania, mouros, mahometanos).

MURUS > MURUS > máwos > mówos.

Paso da cantidade vocálica ó timbre romance (na etapa tardolatina ábrese a vocal breve latina  > ).

O  breve latino evoluciona a "o" en romance.

O ditongo "AU" mantívose como na forma latina , pero evolucionou a /ow/ por un proceso de asimilación regresiva (au >u > ou), en palabras patrimoniais coma esta.

O -s final latino mantense en galego-portugués como marca de plural nos nomes.

* Este substantivo aparece documentado en textos galego-portugueses xa dende o s.X.

10.que: relativo que ten a mesma orixe cá conxunción, xa que os dous proceden do pronome interrogativo Acusat. sg. neutro QU, QUAE, QUID ~ QUOD.

QUD > QUD > kwíd > kwé(d) > kwé > ke.

Prodúcense cambios no vocalismo da cantidade ó timbre:

- O  breve latino evoluciona a [e] regularmente.

A consoante oclusiva dental sonora final (-D) pérdese en galego.

A secuencia bifonemática < kw >, ó ir antes de vocal palatal, perde o wau, pero mantense a consoante oclusiva velar sen palatalizar (o [u] mantén a grafía pero xa non ten valor).

* A orixe da nosa conxunción subordinada “que” está no interrogativo neutro QUID, que en latín vulgar herdou as funcións da forma clásica QUOD.

* Para Ferreiro, a orixe de “que” non está clara e di que tamén pode vir do Acusat. QUEM, con perda da nasal final, e onde o -E- deriva en galego a [e] polo carácter átono da partícula.

11.a: pron. persoal que provén do Acusat. átono, 3P, fem., sg. e que sufriu a mesma evolución có seu alomorfo "a" artigo fem. sg. (vid.4).

12. conqueriã: vbo. 3P, pl. Copret. de Indic. do verbo latino CONQUARRE (formado por influencia de QUARRE sobre CONQURRE).

CONQUARBANT > CONQUARBAN(T) > konkwaeé(b)an > konkeeéan > konkeéã > konkeíã > konkeía.

Prodúcense os típicos cambios vocálicos da cantidade ó timbre ( >  > e).

Desaparece a consoante oclusiva dental en final de palabra (-T).

Perda da consoante oclusiva bilabial intervocálica -B- polo contexto fónico e pola influencia da disimilación que se deu en formas verbais como DBBAM ou HABBAM, que fai que terminacións como -BAM,- BAM do Copret. de verbos da CII e CIII evolucionen regularmente a -ía.

A vocal [a] sufre unha asimilación por influencia da vocal posterior [e] producíndose unha secuencia <-ee-> que acaba nunha crase (ae > e >  ).

A consoante nasal final provoca a nasalización da vocal anterior e desaparece.Esa vocal nasalizada, desnasalizará moi posteriormente dando lugar á actual consoante nasal velar.

13.Et: conx. copulativa derivada da latina T (“tamén”,”aínda”,”e”).

T >  (T) >  .

Na adaptación ó sistema romance prodúcense reaxustes no vocalismo da palabra como é o cambio da cantidade ó timbre (abertura da vocal).

Despois, a consonante oclusiva dental xorda do final apocopa;esta desaparición do -T final nesta palabra foi moi temperá en tódolos romances pero quedan algunhas pegadas da mesma nos casos en que a palabra seguinte comezaba por vocal.

14.por: prep. que provén da latina PR pero que cambia cedo en POR.

PR > PR > po > po.

A única modificación que sofre esta forma é unha metátese entre a vocal posterior e a consonante vibrante.

Durante o período medieval convive coas formas “par” e “per”, pero será “por” a forma que se acaba por impoñer.

15.ende: adverbio pronominal que procede do latín ND (de aí,de iso, de onde, a partir de entón, etc).

 ND > ND > éde.

Prodúcense cambios no vocalismo ó pasar da cantidade latina ó timbre romance ( >  > e).

*É unha palabra de grande uso ata o s.XV.

16.queremos: vbo. 1P, pl. Pres. de Indicativo do verbo latino QUAERRE.

QUAERMS > QUAERMS > keémos.

Prodúcense os reaxustes propios do paso da cantidade latina ó timbre romance (AE> >  //  >  > o //  >  > e ).

*Este verbo sufriu unha innovación semántica, xa que en latín significaba "procurar".

17.que: conx. completiva (vid.10).

18.sabades: vbo. 2P, pl., Pres. Subxuntivo do vbo. latino SAPRE.

SAPTS > SAPTS > sajbádis > sajbádes (*sabades).

Dáse o paso da cantidade latina ó timbre romance:

- O  breve latino postónico orixina un [e] pechado.

Prodúcese a sonorización da consoante oclusiva bilabial xorda (/p/ > /b/) e da oclusiva dental xorda (/t/ > /d/) intervocálicas.

A alveolar xorda -S consérvase xeralmente no paso do latín ó romance.

Produciuse unha metátese de iode (bj >jb) xa no latín vulgar cando o verbo, que era da CIII pasou á CII, por analoxía cos demais verbos.

*Hai que sinalar a existencia dun paradigma dialectal tanto para o verbo "saber" como para o "caber" onde estarían incluídas formas como esta (saba,sabas,...).

19.de: prep. que procede da latina D (que rexía Ablativo).

D > D > de.

Consévase a consonante oclusiva sonora en posición inicial.

Prodúcese un cambio de acento de  > // (paso da cantidade ó timbre, do vocalismo latino ó romance).

* Esta preposición foi a máis vizosa do latín e equivalía a “que”. Xa no latín tardío invadiu o ámbito das preposicións EX e AB, o que orixinou confusións entre as tres formas e explica o grande número de acepcións que ten hoxe en día en galego.

*En ocasións, a vocal final -e sufriu unha elisión ó contraer coa palabra seguinte, se esta comezaba por vocal (vid. 30).

20.qual: pronome relativo sg.,que provén do pronome interrogativo-exclamativo QULIS ("de que clase,condición,natureza") na súa forma acusativa QUALEM.

QUALE(M) > kwále > kwál > kal (dial.kwal).

Primeiro prodúcese a caída da consoante nasal bilabial final -M.

Desaparece a vocal final -E ó ir en contacto coa consoante lateral.

A secuencia bifonemática KW-, cando vai seguida de [á] tónico, en xeral, simplifica, perdéndose a vocal labiovelar, aínda que no conservador bloque oriental se conserva o resultado "cua-".

* Nos monosílabos acabados en -l, actualmente en galego, téndese a repoñer a consoante no plural por analoxía coa forma singular e por influencia doutras formas como fol-foles, val-vales, etc.,en que modernamente perderon o -e final etimolóxico do singular.

21.linag: subst. masc./fem., sg. que provén do provenzal “linhatge” ou do francés “lignage”, derivado de LNA (= liña).

LNA > LNA > línea > línja > lía ! liát > lináe.

Prodúcense os pertinentes cambios no vocalismo ó paso da cantidade latina ó timbre romance.

Dada a tendencia que había a crear ditongos, a vocal fraca do hiato -ea- pecha, e fórmase o ditongo crecente -ia-. A acción do iode sobre a consoante nasal alveolar, fai que o grupo -NJ- desemboque habitualmente na consoante nasal palatal [].

* Documéntase dende o s.XI coa grafía "linaien".

* Na I.M. alternaba o xénero, aínda que hoxe é feminina.

* O < n > é unha simple grafía no canto de < ñ >.

22.vem: vbo.3P,sg. Pres.de Indicativo do verbo latino VNRE (med. vir,viir).

VNT > VN(T) > véne >vn > v/b > vé.

Prodúcense os típicos cambios do vocalismo cuantitativo latino ó timbre romance

( > >  //  > > e ).

A consoante oclusiva dental (-T) desaparece en posición final.

A semiconsoante labiovelar [w] do latín culto consonantizou no latín vulgar e confluíu en -B- latino na súa evolución (como é o caso desta palabra). No galego mantense unha das grafías latinas < v >.

A consoante nasal bilabial final latina (-M) soe desaparecer no propio latín, dende o s.I a.C., pero en palabras monosílabas coma esta, tendeuse á conservación da nasal, transformada hoxe na nasal velar /- /.

23.ou: conxunción disxuntiva que provén da latina AUT.

AUT > AU(T) > ou.

Prodúcese a desaparición da consonante oclusiva xorda final (-T).

Mantense o ditongo latino AU pero evoluciona a < ou > por asimilación regresiva (au > u > ou), sobre todo nas palabras patrimoniais.

*Esta forma documéntase dende o s.XI.

*Na época medieval tamén podía aparecer a forma “vel” (< VL) coa mesma función de conxunción disxuntiva ademais de outros valores.

24.de: Vid.19.

25.quaes: pronome relativo pl. (Vid.20).

QUALES > kwáes > káes > káis/káles. (cais = forma continuadora da medieval "quaes" que temos aquí).

26.omes: subst. masc. pl., derivado da forma latina HOMNES.

HOMNES > (H)OMNES > ómenes > ómns > óms > ómees > ómes.

Prodúcese o cambio vocálico da cantidade latina ó timbre romance.

Desaparece o fonema aspirado laringal /h/, que xa debeu ocorrer no s.I a.C. sen deixar máis rasgos que os puramente ortográficos.

Nasalización das vocais anterior e posterior á consoante nasal intervocálica, que sofre síncope polo seu debilitamento.

Na secuencia vocálica <ee>, formada polo encontro das dúas vocais iguais, prodúcese unha crase que orixina un só < e >.

O -s final latino manterase en galego-portugués e ata o galego actual como marca de plural nos substantivos.

* A forma "ome" está documentada en textos galego-portugueses dende o s.XIII. A variante escrita "omée" aparece dende o s.XIII ó XV.

27.deçende: vbo., 3P., sg.do Pres. de Indicativo do latino DSCNDRE.

DESCENDT > DESCEND(T) > deskénde > detsénde > desénde > deénde! desende.

Prodúcense cambios no vocalismo ó pasar da pertinente cantidade latina ó timbre vocálico romance (  >  > e ).

A consoante oclusiva dental final (-T) desaparece por regra xeral.

O grupo latino -sc-, en posición media e seguido da vocal palatal <E>,asimila o -s- á consoante palatal que se xera en K + E ( -sc + E- > [ts] > [s] ~ [] ). Esta é a solución xeral para os verbos incoativos,producíndose unha africada dentoalveolar xorda [ts] que, ou ben enxordece [] ou ben se converte na apicoalveolar [s] en zonas de seseo.

* A solución actual (-sc-) probablemente se deba a un latinismo gráfico, a unha copia de formas semellantes aparecidas en textos antigos, sobre todo a partir do s. XIX, que é cando se comeza a coñecer a literatura medieval.

* Documéntase dende o s.XIII, aínda que nesa época se confunde con "decer". No s.XIV xa se atopa a grafía moderna "descender".

28.por que: conxución causal formada pola prep. latina PR + a conxunción QUD.

(Vid. 14 e 17).

29.teemos: vbo. 1P, pl. Pres. Indicat. do Infinitivo latino TNRE (med.ter, teer).

TNMS > TNMS > tenémos > témos > teémos > témos.

Prodúcense cambios no vocalismo cuantitativo latino ó pasar ó timbre romance (o  breve latino dá lugar a [o]).

Tamén se dá a caída do -n- intevocálico coa conseguinte nasalización e posterior desnasalamento (é a solución maioritaria en galego, perdéndose toda a nasalidade vocálica fonolóxica na época moderna).En Galicia, só perviven as antigas vocais nasais na zona ancaresa.

Prodúcese unha crase con resultado aberto da secuencia -ee-, pola intervención da vocal aberta .

30.d´: (Vid.19) Neste caso a vocal final -e sofre unha elisión ó ir en contacto cunha palabra que comeza por vocal.

31.ir: vbo. en infinitivo, do latín RE.

RE > R(E) > i.

O único cambio salientable que sufriu este verbo dende o latín ó romance foi a perda da vocal final -E, que se dá por evolución do vocalismo despois de certas consoantes como é aquí a vibrante -R-.

32.pela: contracción formada pola unión da preposición latina PR + a 2ª forma do artigo determinado fem. sg. “LA” provinte de LLA(M) (en Acusat. latino).

PR LLA(M) > PR LLA > per-élla > per-éla > per-la > pel-la > pela/pola.

O artigo perde a consoante nasal final -M xa dende moi cedo.

Prodúcense os cambios no vocalismo propios do paso do latín ás linguas romances:

- O  breve latino evoluciona ata orixinar <  >.

- O  breve evoluciona a < e >.

A consoante xeminada lateral simplifica ( -LL->-L-).

En fonética sintáctica o -r final da preposición “per” aglutínase co l- do primitivo artigo (lo,la,los,las) pola asimilación regresiva e posterior simplificación que se produce no seu encontro co artigo ( r-l > l-l > l).

* Esta preposición ten a súa orixe no latín PR, convive durante a I.M. coa forma “por” e tamén coa forma “par” ( seguramente un galicismo).

* Estes alomorfos das forma normais do artigo son moi usados na lingua oral e popular e aparecen por fonética sintáctica despois de palabras rematadas en -r ou -s dende os primeiros tempos do galego-portugués.

* Podían aparecer as formas sen contraer (ex.”perla”), pero as contraccións impuxéronse dende o s. XII ata o galego moderno.

33.sua: adxectivo posesivo fem.,sg., do latín SS,SA.

SA(M) > SA > súa.

Prodúcense os cambios do vocalismo cuantitativo d latín ó seu paso ó timbre vocálico romance:

- O  tónico evoluciona a [ó], vocal que pecha e se converte en [ ú], en diferentes contextos; o que se dá aquí é o encontro vocálico -óa-, procedente desa secuencia latina -A-, onde o  breve latino desemboca por disimilación en [ ú ].

* No galego-portugués medieval tamén aparecía a antiga forma átona “sa”, sobre todo na lírica trobadoresca e na prosa notarial.

34.estoria: subst. fem.,sg. do latín HSTRIAM (semiculto).

HSTRIA(M) > (H)STRIA > estóea > estója > istója > histója.

Desaparición do fonema aspirado laringal /h/, que se debeu dar xa no s.I a.C. sen deixar máis pegadas que as puramente ortográficas.

Cambios no paso do vocalismo cuantitativo latino ó timbre romance:

- A pretónica inicial<  > dá lugar a un [e] átono inicial,que é moi inestable e sofre moitos cambios, como pode ser a pechazón en <i>, neste caso, por unha reacción culta relatinizadora.

- O I postónico evoluciona cara [e] , que en contacto co “a” forma ditongo pechando un grao.

- O < o > tónico evoluciona regularmente a [], vocal posterior media aberta.

* Como xa indiquei, a solución medieval viuse finalmente sunstituída por “historia”, palabra máis próxima ó étimo, por un afán relatinizador dende as esferas da cultura.

* Non podemos considerar esta voz plenamente patrimonial, xa que de ser así esperaríamos un resultado con metátese de iode (“hestoira”) como p.ex. ocorre en “primeiro” (< PRIMARIU(M)).

35.adeante: adv. temporal con significado de “máis adiante”; derivado de “denante”, como resultado fonosintáctico da unión de catro preposicións:

D + D +  N + ANTE > adenánte > adánte > adeánte > adjánte.

Prodúcense cambios no vocalismo ó pasar da pertinente cantidade vocálica ó timbre:

- O  longo de D evoluíu cara < e > pechado.

- Do  breve de N sae resultante un < e > pechado, que ó confluír co outro <e> pechado forma un grupo -ee-.

- En xeral, a vocal < a > mantense en sílaba inicial dende o latín ó galego.

O grupo -ee- sufrirá unha crase converténdose nun /e/ ( ee > e). Estariamos agora nun hipotético *adenante.

Finalmente, prodúcese a caída do -n- intervocálico.

Hai que sinalar tamén que cando na lingua hai un hiato do tipo -ea-, tende a producirse unha inflexión da vocal -e-, convertento o hiato no ditongo -ia-.

* Esta forma aparece xa no s.XIII , domina nos ss. XIII e XIV ata que chega ó XV, que é cando se impón a forma actual “adiante”, aínda que xa aparecía esporadicamente no s.XIII.

36.Sabede: vbo. en Pres. de Imperat.,2P,pl. do vbo. latino SPRE.

SAPTE > SAPTE > sabéde.

Prodúcense cambios vocálicos como consecuencia do paso da cantidade vocálica latina ó timbre romance ( > > e).

Ten lugar a sonorización das consoantes oclusivas xordas intervocálicas ( p>b // t>d).

37.que: (vid. 10).

38.quando: adv. de tempo procedente do QUAND latino.

QUAND > QUAND > kwádo > kádo (~ kwándo).

Paso da cantidade ó timbre romance:

- O  longo do latín clásico dá lugar a un  tónico no latín vulgar, que desemboca en [o] e que normalmente se mantén ata hoxe.

Nesta forma, simplifícase a secuencia < kw > por síncope do segundo elemento ó ir seguido de -á- tónico.

* A forma “cuando” mantense no galego actual da zona sur e occidental de Galicia.

* Este adverbio, ó igual ca “como”, tamén tiña en latín a función de conx. subordinativa, sen perder o seu valor de tempo. Estas dúas son das poucas conxs. Subordinativas que perviven en galego-portugués.

39.finou: vbo. 3P, sg. do Pretérito de FINRE, derivado de FIN.

FINV()T > FINV(T) > fináw > finów.

Prodúcense os típicos cambios no vocalismo ó pasar do latín ó romance (>>a).

Desaparece a consoante oclusiva xorda final (-T).

O ditongo latino “AU” mantense como tal, dando lugar ó ditongo “ou” por un proceso de asimilación regresiva (aw > w > ow).

A consoante fricativa labiodental xorda F- mantense sen excepcións.

* As actuais desinencias da CI e da CIII débense ós cambios fonéticos que se produciron no latín vulgar.

40.el: pron. persoal, 3P, masc.,sg., do latín LLUM (“aquel”), Acusat. sg. masc. e neutro do pronome demostrativo LLE,-A,-UM do que tamén resultan as formas átonas do pronome persoal e mais as do artigo determinante.

LLE(M) > LLE < ílle > íle > éle > él.

Prodúcense cambios no vocalismo cuantitativo latino ó pasar ó timbre romance ( >  > e).

Dáse unha simplificación da consoante xeminada lateral ( LL > L).

A voacal final -E apocopa despois da consoante lateral -l.

* A hipótese da súa evolución non está moi clara, xa que soe aparecer unicamente diante do substantivo “rei”. Co substantivo “rei”, a documentación máis antiga remítenos ó s. XII, sendo este o seu uso exclusivo a partir do s. XV.

* Úsase para o tratamento de cortesía, sobre todo na literatura medieval, pero incluso penetrou no galego común.

41.rrey: subst. masc. sg. que vén do termo latino RGE(M) e que se emprega normalmente en documentos galego-portugueses dende o s.XIII.

RGE(M) > R  GE > rége > rée > rée > réj.

Xa no latín tardío debeu perder a nasal bilabial final M- e substituíuse o acento de cantidade polo de intensidade:

- A evolución de  longo latino orixina < e > pechado en galego.

Prodúcese a síncope da oclusiva velar sonora (-g-) ó ir en posición intervocálica (desaparece nas palabras patrimoniais máis antigas aínda que vaia detrás dunha vocal palatal), quedando como resultado un hiato; este hiato convértese nun ditongo decrecente (“ei”) por contacto entre dúas vocais iguais, e pode aparecer con “y”, como é o noso caso, nalgunhas variantes.

A consoante vibrante múltiple pode manter ou non a forma ortográfica simple ou representarse xeminada (vid. 52), o que amosa a vacilación na representación dun son que non é latino.

42.dõ: subst., masc.,sg. Termo de cortesía que acompaña a nomes de persoa mascs. e que provén da forma latina DOMNM, pero é probable que a palabra partise da forma apocopada *DOMNUM.

DOMNM > DOM()N(M) > dómno > dónno > dóno > dõno > dõo > dõ > do.

A perda da consoante nasal final -M xa se produce no latín vulgar.

Tamén ten lugar unha síncope do -i- postónico.

Prodúcense os cambios no vocalismo da pertinencia cuantitativa ó timbre:

- O  latino pasa a [ó] e o  pasa a [o].

A nasal bilabial trabante do grupo -mn- sofre unha asimilación regresiva (-mn->-nn->-n-), que tamén contribúe á pechazón de [o].

A nasal intervocálica resultante (-n-) debilítase e desaparece, transferindo a súa nasalidade á vocal tónica. Como resultado temos o grupo < õo >, que acabará simplificando, quedando só a vocal nasalizada. Esta vocal desnasaliza, aparecendo unha consoante nasal velar final.

* Esta palabra xa posuía no latín o mesmo significado ca na actualidade: señor,cabaleiro, xefe, etc.

* Dende o s. IX, xa aparecen formas apocopadas da palabra latina como “donnus”, “domnus” ou “don”.

43.Pelayo: subst. masc. sg. propio. Antropónimo que procede do latín PELAGUS, e este do grego “Pelagios” (mariño, home de mar), derivado de “pélagos” ( mar).

Neste nome puido confluír tamén o antigo “Paladio”, vinculado á deusa Palas Atenea.

PELAGUS > PELAGU(S) > pelágjo > pelájo > paájo > pájo.

Paso da cantidade vocálica latina ó timbre romance:

- O  breve latino en posición final orixina < o >.

- O  breve orixinaría xeralmente [], pero aquí o timbre de [é] altérase no latín vulgar pechando un grao e converténdose en [í].

A consoante velar sonora -G-, desaparece en palabras patrimoniais xa en épocas moi antigas aínda que vai seguida de --.

A consoante lateral -l- en posición intervocálica, desaparece probablemente por un proceso de fricativización semellante ó acontecido coas consoantes oclusivas sonoras intervocálicas.

* Esta forma aparece apocopada xa no medievo en “Pai”, perdendo o -o final ( PELAGU > med. Pelayo/Paio/Pai).

* Deste étimo proceden apelidos galegos comúns como Páez, Pais ou Paz.

44.o: artigo masc.sg. procedente de LLU(M).

LL(M) > LL > éllo >élo > lo > o >o.

Prodúcense cambios no vocalismo cuantitativo do latín ó timbre romance (o  tónico evoluciona a /e/ en romance).

A consonante nasal final latina (-M) provinte do caso Acusat. pérdese cedo, xa no s.Ia.C..

Tamén se dá unha simplificación da consonante xeminada lateral.

O carácter de atonicidade da primeira vocal en romance galego (“e”) provoca a súa aférese.

A perda do l- secundario prodúcese por fonética sintáctica, nos numerosos contextos en que quedaría intervocálico.

* O alomorfo “o” do pronome acusativo átono de 3P masc.sg. ten o mesmo étimo e evolución fonética có artigo.

45.Mõtesino: antropónimo. Probablemente este nome derive da palabra árabe “al-abalayyin”, que significa < os Montesinos >, entendendo este plural como un antropónimo sacado dun singular “abali” (montesino).

Quizáis sexa unha asociación etimolóxica popular.

46.ficou: vbo., 3P,sg. Do Pret. fraco da forma latino-vulgar *FGCRE, de FGRE (cravar; aquí ten significado de “permanecer”,”quedar”).

FIGICV()T > FIGICVT > figikáw > fiikáw > fików.

Restructúrase o vocalismo ó pasar ó timbre romance ( >  > a ).O /u/ é máis pechado porque é unha semivocal/semiconsoante que non funciona como núcleo silábico.

Desaparece a consoante oclusiva sonora intervocálica -G-, que deixa dúas vocais iguais en contacto, que acaban simplificando por crase.

Prodúcese unha asimilación regresiva do ditongo latino -AU- (aw > w > ow).

* Actualmente, emprégase a vocal -o como marca da 3P dos Perfectos por influxo da solución da CI.

47.o:(Vid.44).

48.rreyno: subst. masc.sg. Provén da forma latina RGNU(M).

RGNU(M) > RGNU > régno > réjno/réyno.

A consoante nasal bilabial final -M, típica do caso Acusat. do que proveñen os nomes galegos, desaparece foneticamente no propio latín xa dende o s. I a.C..

Danse cambios no vocalismo latino ó paso ó timbre romance ( > >e //  > > o).

Prodúcese a vocalización do primeiro elemento do grupo consonántico -GN- ( a oclusiva velar sonora) en < i >, creándose o ditongo < ei>.; Ferreiro opina que nesta evolución puido influír “rei”.

* Na lingua medieval, o fonema vocálico palatal /i/, aparece representado polos grafemas < i>, < y> e < j >, que eran equivalentes e alternaban no interior dun mesmo texto, como vemos aquí, o que indica a grande vacilación que había ante o uso dun ou doutro fonema ( sobre todo no caso de < i> e de < y >, xa que < j > era menos usado).

49.de: (Vid.19).

50.Castella: subst. propio. Topónimo derivado de CASTLL, do subst. neutro CASTELLUM (< os castelos >).

CASTLL > CASTLL > kastla.

Prodúcense reaxustes vocálicos ó pasar ó timbre romance:

- O  breve latino en posición tónica evoluciona normalmente a galego como [], pero neste caso, a vocal pecha ó ir seguida dunha consoante palatal.

En xeral, a consoante oclusiva velar xorda K + A consérvase.

A consoante xeminada lateral simplifica ( -LL- > -L-).

O grupo consonántico -ST- mantense inalterado dende o latín, igual que o -A final.

* É destacable a pervivencia dun plural neutro na toponimia, cando o usual foi a substitución da forma neutra por unha masculina (“castelos”).

* A presencia dunha grafía xeminada -ll-, non é froito dunha palatalización, senón que é unha mostra de grafía latinizante.

51.sen: preposición derivada da latina SNE.

SNE > SNE > séne > se.

Paso da cantidade latina ó timbre vocálico romance ( >  > e).

Prodúcese síncope da vocal final -e, polo que se impide a caída da consoante nasal alveolar sonora (hoxe velar en galego), ó non quedar en posición intervocálica.

En xeral, en posición inicial sóese conservar a alveolar xorda S-.

* O E foi a vocal que máis apocopou no paso do latín ó galego.

52.rey: (Vid.41).

53.Et: (Vid.13).

54.fezerõ: vbo., 3P., pl., do Pretérito, derivado do vbo. latino FACRE ( med.fazer).

FCRNT > FCRN(T) > feko > fedzo > fezo > feso > feo fio.

Paso común da cantidade latina ó timbre romance ( > >e //  > > //  > >o).

Desaparece a consoante oclusiva dental final (-T) e a consoante nasal final que queda consérvase ata hoxe, aínda que no medievo aparecese manifesta nunha vocal nasalizada ( õ ).

A velar xorda -K- seguida da vocal palatal -E-, palataliza, converténdose nunha africada dentoalveolar sonora [dz], para posteriormente pasar á fricativa [z] nunha simplificación do fonema. A solución moderna “fixeron” débese a que na 1P sg. dos Pretéritos fortes, o  longo final influíu metafonicamente na vocal tónica, pechándoa en < í > ou en < ú > ( FC > med.fiz ~ fige > fixen), proceso que se estendeu para as demais persoas e tempos afíns, o que explica por un lado, a aparición desa vocal pechada, e por outro, que dende a época medieval se presente xa unha fricativa prepelatal sonora [] que posteriormente enxordecerá [  ].

Produciuse unha regularización acentual, xa que este vbo., correspondente ós pretéritos fortes latinos, tiña o acento na raíz, acento que se deslocou para a penúltima sílaba por analoxía coa 3P, pl. dos pretéritos fracos ( FÉCERUNT - FECÉRUNT).

55.y: adv. pronominal de lugar que provén do lat. B (“alí”,”nese lugar”).

B > B > ébi > éi > éi > íi > í > aí.

Prodúcense os típicos reaxustes no vocalismo (paso da cantidade ó timbre), pero aquí o resultado de I tónico debería ser [e] , pero este viuse inflexionado un grao polo influxo metafónico da vocal  final.

Tamén se perde a consoante oclusiva bilabial sonora intervocálica , que xa debeu desaparecer no latín vulgar (á súa fricativización seguiulle a definitiva síncope).

Posteriormente ten lugar o encontro das dúas vocais iguais que se resolve en crase (-ii > -i/neste caso, y).

* Este adverbio latino B contribuíu á formación de “hai ”(vbo.haber) ó aglutinarse coa forma verval “ha” xa na lingua antiga (como consecuencia das numerosas veces en que estas dúas partículas aparecían sucesivas).

* O resultado galego-portugués deste adverbio (i ~ y), pasou á actual “aí” mediante a engádega dun /a/ protético. A modernidade desta forma exclúe a posibilidade dun étimo “AD IBI”.

56.II: numeral cardinal representado graficamente en números romanos que procede do latín DS/ DAS.

DS > DS > *dóos > dóws/dial.dójs.

Prodúcense cambios no vocalismo ó pasar da pertinente cantidade latina ó timbre en romance:

- O  breve latino dá lugar a [o].

No latín clásico, normalmente prodúcese a crase da secuencia -oo- en -o-, pero cando esta secuencia se forma en latín vulgar e non no clásico, aparece un ditongo -ou- ( *doos> dous), xa que o -o final ó entrar en contacto cunha vocal anterior, convértese en marxe silábica dun ditongo e pecha en -u.

* A evolución desta palabra é extraña, xa que en “dúas”, conservouse o “u” en hiato, pero isto non ocorreu en “dous”. Debemos supoñer a forma “doos” e anormalmente ”dous” en vez da que sería normal “dos”.

* Esta forma documéntase dende o s. XIII ata hoxe en galego.

* Actualmente danse alternancias dialectais coas terminacións -ou/-oi, sobre todo no bloque oriental ( dous/dois).

57.alcalles: subst. masc. pl. (que conduce,que guía).

É unha palabra procedente do termo árabe AL-Q´ID, que soe aparecer grafada como “alcayde” (aquí temos unha variante).

En Portugal, a forma “alcalde” desaparece moi pronto ó ser usada a palabra “alcaide”. En Galicia séguese usando co mesmo sentido ca en castelán e xa aparece documentada dende o s.XI, impoñéndose dende o s.XII.

A variante “alcalle” que aparece neste texto é do s.XIII.

58.o: (Vid. 44).

59.hu: pronome indef. masc. sg. que procede de NUM, Ac. masc. sg. do pronome numeral NUS,-A,-UM.

N(M) > N > úno > nõ >  >  > u.

Prodúcese o apócope da nasal final -M xa en época moi temperá.

Teñen lugar cambios no vocalismo ó pasar do latín ó romance:

- O  longo do latín clásico pasa a U tónico en latín vulgar e mantense sistematicamente en galego-portugués.

- O  breve latino orixina < o >.

A nasal intervocálica sufre síncope e nasaliza ás vocais contiguas.

Tra-la caída da consoante nasal, dáse unha asimilación das dúas vocais que ten como resultado a secuencia -  -, que rachará por crase ó quedaren en contacto dúas vocais fracas.

A vocal resultante desnasaliza debido á aparición dunha consoante nasal velar final ( é moderna, no medievo non existía).

A fricativa velar apirada (h-) xa desaparece antes da época clásica e só pervive nalgunhas palabras coma un vestixio gráfico.

60.ouue: vbo., 3P, sg., Pretérito do vbo. latino HABRE ( existir/haber).

(H)ABU(T) > ABU > ábwe > áwe > áwe (~áwve) > ówe ówo (~ówvo) > ówbo.

Produciuse a desaparición da consoante oclusiva dental (-T) ó ir en posición final e a fricativa velar aspirada (H-) xa desapareceu en época moi temperá.

O vocalismo tamén cambia, da pertinecia da cantidade latina pasa ó timbre en romances:

- O  breve latino orixina a vocal final < -e >.

Hai metátese regular de wau ( HAB > houve > houben), que contribúe a que apareza o ditongo -aw- na sílaba tónica.

* Por evolución fonética das terminacións latinas, os pretéritos fortes do período trobadoresco tiñan a mesma desinencia para a 1P e a 3P, polo que nalgúns verbos coma neste, coincidían as dúas formas verbais (HAB > houve / HABT > houve). Isto soluciónase ó aparecer a terminación -o para a 3P por analoxía cos pretéritos fracos ( ouve ouvo > houbo).

61.nume: subst. masc. sg. que provén da forma latina NMNEM.

NMNE(M) > NMNE > nómene > nómne > nóme > nóm > nóme/núme (arc. e dial.)

Esta forma perde a consonante nasal final (-M) xa no período tardolatino.

O <  > abre para pasar finalmente a /e/, e o  longo latino evoluciona a [ó].

A continuación a nasal intervocálica sofre síncope, polo que se nasalizan as vocais que a rodean.

Despois a vocal final perde a nasalidade e desaparece. A vocal final resultante tamén perde a nasalidade.

A nasalidade final que aparece tra-la desaparición de -N-, pérdese modernamente en galego, aínda que na I.M. si que se documenta.

* A solución dialectal “nume” vén dada pola metafonía que o -e final crea sobre [ó], aínda hoxe, en certas falas de Ourense e do sur De Lugo.

62.Nuno: subst. masc. propio. Antropónimo de orixe incerta:

- é probable que veña do latín NNS ( monxe).

NNS > NN(S) > núno.

Cambios no vocalismo ó pasar do latín ó romance ( > >u //  >  >o).

A consoante xeminada nasal en posición intervocálica simplifica (-NN->-N-).

- tamén puido ser unha voz da linguaxe infantil para designar ó marido da ama de cría.

Destas posibles definicións chegaría co tempo a ser unha forma empregada polos frades novos para designar respectuosamente ós vellos.

- Hai quen opina que provén do nome persoal xermánico Nunno, xa que nos textos medievais galegos aparece o xentilicio Nunius, que por evolución daría a forma castelá Nuño, e que explica a frecuencia con que aparece no galego actual o apelido Núñez.

63.Resuera: << non atopei información relativa a este antropónimo>>.

64.Et: (Vid.13).

65.o:(Vid.44).

66.outro: pron. indefinido masc.,sg. do Acusat. latino ALTRUM, procedente de ALTER, -A,-UM (“o outro entre outros”).

ALTRU(M) > ALTRU > álto > álto > áwto > ówto.

Desaparece a consoante nasal final -M xa moi cedo.

Hai unha alteración do vocalismo no seu paso ó romance:

- O U latino en posición átona pasa en galego a [o].

- O  breve latino evoluciona ata dar <>.

Prodúcese a síncope da vocal postónica ( vocal palatal media < e >).

O -l- implosivo vocaliza en -u- cando o grupo -LT- vai precedido da vocal A-, formándose o ditongo < au >, que evolucionará ata < ou > por asimilación regresiva (aw > w > ow).

* Como froito dun estadio anterior, podemos destacar certas alternancias e vacilacións “ou-“ ~ “au-“ (“outro” vs. arc. e dial. “autro”).

* Esta forma substituíu á do latín clásico ALTUS (“outro”) xa no latín vulgar, pasando así a tódolos romances.

67.Layn: subst. masc. propio. Antropónimo que aparece grafado noutros escritos e documentos como “Laym” ou “Laim”. É a forma resumida de Lainho.

68.Caluo: subst. masc. propio que provén do latín CALVS.

CALV(S) > CALV> kálvo.

O único salientable que ocorre na evolución desta palabra do latín ó romance foi o cambio vocálico, xa que o  breve latino evoluciona xeralmente a < o >.

A consoante oclusiva velar K- consérvase nesa posición inicial.

* De orixe etrusca, é un alcume, apelido ou topónimo usado xa en textos latinos do s.X e que deixou descendentes toponímicos no seu paso ós romances.

En textos romances aparece dende o s. XIII.

69.Et: (Vid.13).

70.de: (Vid. 19).

71.Nuno: (Vid. 62).

72.Resuera: (Vid. 63).

4.ESTUDIO GRAFEMÁTICO:

Se atendemos a tódolos trazos e grafías que aparecen no texto estudiado, observamos que hai unha certa irregularidade no sistema de representación escrita da época medieval.

4.1 REPRESENTACIÓN DA VOCAL / i /:

No galego-portugués medieval, o fonema vocálico palatal /i/ podía aparecer representado polos grafemas < i >,< y > e < j >. Os tres grafemas son equivalentes, podían formar ditongos e alternar no interior dun mesmo texto, como podemos ver aquí, polo que estamos ante unha situación de poligrafía.

A grafía maioritaria é a de < i >, que aparece sobre todo nos ditongos crecentes (ex.”estoria”l.6,6), pero ás veces hai unha certa vacilación con

< y >, que pola súa parte, é o predominante nos ditongos decrecentes (ex.”rey”l.7,10).

O grafema < j > non aparece neste fragmento e xa era considerado por Maia Azevedo, como o menos empregado.

4.2 PRESENCIA DE -U-,-V- E -B-:

Tanto -u- coma -v- podían representar o fonema /v/ ou o asilábico “u”, formando ditongos.

- Como fonemas vocálicos: a grafía < u > é a máis común, tanto en ditongos crecentes (ex.”qual”l.5,5) coma en decrecentes (ex.”ficou”l.7,4), aínda que tamén pode ser un grafema baleiro, sen equivalencia fonolóxica, cando vai precedido de consoante velar e seguido de vocal (ex.”queremos”l.5,1).

- Como fonemas consonánticos: tanto < u > coma < v > poden representar o valor consonántico do fonema fricativo bilabial sonoro // (ex.”ouue”l.8,2). Este fonema confundíase co oclusivo bilabial /b/, representado polo grafema < b>, pero estas vacilacións do galego-portugués do s. XIII aínda eran maiores se engadimos un terceiro fonema labiodental sonoro /v/, representado por

< f>, que acabou sendo adquirido por //. Deste xeito, palabras derivadas do latín que debían comezar por < v >, aparecían con < b >.

As vacilacións fixéronse máis frecuentes nos escribas do s.XV, que ó dubidar, comezaron a empregar < b > como unificación dos fonemas /b/,// e /v/ nun só fonema oclusivo e fricativo /b/.

Hoxe en día as palabras restructuráronse ortográficamente atendendo á procedencia etimolóxica.

4.3 REPRESENTACIÓN DAS CONSOANTES FRICATIVAS E AFRICADAS:

No galego-portugués medieval había tres pares diferenciados de sibilantes:

  • 2 africadas predorso-alveolares xorda e sonora // e /z/ (pronunciadas como “ts” e “dz”).

  • 2 fricativas ápico-alveolares xorda e sonora /s/ e //.

  • 2 fricativas prepalatais xorda e sonora / / e // (provintes dos fonemas africados /d/ e /d/ respectivamente).

No texto podemos ver varios exemplos:

A africada predorso-alveolar xorda // aparece representada pola grafía

< ç > na palabra “deçende” (l. 5,12).

A africada predeorso-alveolar sonora /z/ aparece na palabra “fezerõ”

(l. 7,12), coa grafía < z >.

As fricativas ápico- alveolares aparecen representadas pola grafía < s >, tanto para a xorda (ex. “sabades”l. 5,3) como para a sonora (ex. “Mõtesino” l. 7,3).

A fricativa prepalatal sonora, ou mellor dito, o fonema africado do que procede (/d/), que despois fricativizaría en //, aparece na palabra “linag” (l. 5,6) (máis tarde enxordece).

Este sistema medieval simplificou moito: os fonemas africados (/ts/ e /dz/) perderon a oclusiva inicial, transformándose en fonemas fricativos (/s/ e /z/) que se opoñían ós xa existentes fricativos ápico-alveolares (/s/ e//).

Durante o período postrobadoresco, estes dous grupos volveron simplificar a favor das xordas; os primeiros confluíron nun único fonema predorsodento-alveolar xordo /s/ que despois evoluiría cara // (fricativo interdental xordo) e os segundos evoluíron cara un fonema /s/ (ápico-alveolar xordo).As fricativas prepeletais tamén confluíron no fonema xordo [  ].

A neutralización xorda-sonora puido comezar no s.XIII, pero é difícil de saber debido á vacilación que se deu na grafía destes fonemas. Ademais, en pequenas zonas da Limia Baixa ou de Zamora non se deu esta neutralización e aínda existen sibilantes sonoras na actualidade.

4.4 REPRESENTACIÓN DAS CONSOANTES LATERAIS:

A consoante lateral simple -l- consérvase sempre en posición inicial ata o s.XV nesta zona galego-portuguesa (ex. “linag”l.5,6), fronte á palatalización que ocorre no territorio astur-leonés; en posición intervocálica fricativiza ata desaparecer e en posición final é o resultado da desaparición dun -E latino anterior (ex.”qual”< QUALE l.5,4).

A consoante lateral palatal // aparece representada polo grafema < ll >, grafía latinizante que se corresponde coa evolución da xeminada latina -LL-. Esta xeminada só aparece en posición inicial como froito dunha palatalización dialectal,e en posición intervocálica simplifica (-LL->-L-) (ex.”Castella” > “Castela” l- 7,8) agás nas áreas en que se dá aquela palatalización.

Un caso especial é o dos artigos e pronome persoal de 3P, onde a xeminada simplifica e despois desaparece por fonética sintáctica ó quedar como l- primario ( ex. LLA > éla >a > a l.4,4).

4.5 REPRESENTACIÓN DAS CONSOANTES VIBRANTES:

A consoante vibrante latina en posición inicial de palabra, convértese nunha vibrante múltiple, aínda que ortograficamente se represente coa forma simple < r > (ex.”rey” ! l.7,10) ; pero neste texto temos unha excepción: as palabras “rrey” (l.6,13) e “rreyno” (l.7,6), que como vemos, comezan coa grafía < rr >, seguramente coa intención de indicar que estamos ante unha vibrante múltiple e non ante unha simple.

En posición intervocálica, a xeminada latina -RR- simplifica, converténdose nunha vibrante múltiple [r] (ex.”terra”<TRRA! l.4,5), mentres que a vibrante simple latina -R- se conserva como [](ex.”mouros”< MURUS! l.4,9) .

Por último,en posición final de palabra, sempre aparece a vibrante simple, sufrindo na maioría dos casos, metátese ( moi frecuente tamén en posición intervocálica).

4.6 O TIL DE NASALIDADE:

Na época medieval, para representar a consoante nasal implosiva podían aparecer tres grafías diferentes: < n >,< m > ou < ~ > (til de nasalidade).

Neste texto hai palabras que teñen tiles de nasalidade adoptados por diferentes procesos, e polo tanto, que teñen diferentes valores:

- como substitución dunha consoante nasal implosiva: “b” (l. 4,1) / “fezerõ” (l.7,12). Estariamos, polo tanto, ante vocal oral + conoante nasal.

- con valor de resonancia nasal; como marca da nasalidade que permanece nunha vocal despois da caída dunha consoante nasal intervocálica,a cal se debilita e pasa o seu trazo ás vocais anterior e posterior: “cristãos” (l. 4,7) / “hu” (l. 8,2). Desta maneira pérdese a nasal pero co tempo recupérase na amaior parte dos casos.

Na lingua medieval, a nasalidade destas vocais era un trazo pertinente dende o punto de vista fonolóxico, xa que permitía diferenciar palabras.

5. ÍNDICES.

5.1- ÍNDICE DE VOCES DO TEXTO POR ORDE ALFABÉTICA:

  • a! art.px.308,l.4., - nume! px.308,l.8.

  • a! prep.px.308,l.4. - o! px.308,ls.7,8.

  • a! pron.px.308,l.4. - omes! px.308,l.5.

  • adeante! px.308,l.6. - ou!px.308,l.5.

  • alcalles! px.308,l.7. - outro! px.308,l.8.

  • b! px.308,l.4. - ouue! px.308,l.8.

  • conqueriã! px.308,l.4. - por! px.308,l.4.

  • cristãos! px.308,l.4. - por que! px.308,l.5.

  • ! px.308,l.6. - pela! px.308,l.6.

  • de!px.308,ls.5,8. - quaes! px.308,l.5.

  • deçende! px.308,l.5. - qual! px.308,l.5.

  • defender! px.308,l.4. - quando! px.308,l.6

  • !px.308,l.6. - que!relat.px.308,l.4.

  • dos! px.308,l.4. - que! conx.px.308,ls.5,6.

  • ende! px.308,l.4. - queremos! px.308,l.5.

  • el! px.308,l.6. - rey! px.308,l.7.

  • estoria! px.308,l.6. - rrey! px.308,l.6.

  • et! px.308,ls.4,7,8. - rreyno! px.308,l.7.

  • fezerõ!px.308,l.7. - sabades! px.308,l.5.

  • ficou!px.308,l.7. - sabede! px.308,l.6.

  • finou!px.308,l.6. - sen! px.308,l.7.

  • hu!px.308,l.8. - sua! px.308,l.6.

  • II!px.308,l.7. - teemos! px.308,l.6.

  • ir!px.308,l.6. - terra! px.308,l.4.

  • linag!px.308,l.5. - vem! px.308,l.5.

  • mouros!px.308,l.4. - y! px.308,l.7.

5.2-ÍNDICE ONOMÁSTICO:

TOPÓNIMOS

- Castella! px.308,l.7.

ANTROPÓNIMOS

- Caluo! px.308,l.8.

- Layn! px.308,l.8.

- Mõtesino! px.308,l.7.

- Nuno! px.308,l.8.

- Pelayo! px.308,l.7.

- Resuera! px.308,l.8.

5.3 ÍNDICE ETIMOLÓXICO:

a) Latino:

nume

NMNE(M)

a (art.)

LLA

Nuno

NNS

a (prep.)

(D)

o

LL

adeante

D+D+N+ANTE

omes

HOMNES

b

BNE

ou

AUT

Caluo

CALVS

outro

ALTRU(M)

Castella

CASTLL

ouue

(H)ABU(T)

conqueriã

CONQUARBANT

pela

PR + LLA

cristaõs

CHISTNS

Pelayo

PELAGUS

d´/de

D

por

PR

deçende

DESCENDT

por que

PR + QUD

defender

DEFENDRE

quaes

QUALES

DOMNM

qual

QUALE(M)

dos

D+LLS

quando

QUAND

el

LLE(M)

que

QUD

ende

ND

queremos

QUAERMS

estoria

HSTRIA(M)

rey

RGE(M)

et

T

rreyno

RGNU(M)

fezerõ

FCRNT

sabades

SAPTS

ficou

FIGICV()T

Sabede

SAPTE

finou

FINV()T

sen

SNE

hu

N(M)

sua

SA(M)

II

DS

teemos

TNMS

ir

RE

terra

TRRA

linag

" LNA

vem

VN(T)

mouros

MURUS

y

B

b) Árabe:

  alcalles

AL-Q´ID

  Mõtesino

AL-ABALAYYIN

c) Outras procedencias:

 Layn

< orixe descoñecida >

 Resuera

< orixe descoñecida >

* Non está clara a procedencia de “Nuno”, xa que tamén pode vir do xermánico “Nunno”(vid. 62)

6.BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA:

GRAMÁTICAS:

  • FERREIRO, M. (1999): “Gramática histórica galega. I. Fonética e Morfosintaxe”. Santiago de Compostela. Laiovento.

  • FERREIRO,M. (1997): “Gramática histórica galega. II. Lexicoloxía”. Santiago de Compostela. Laiovento.

ESTUDIOS DE TEXTOS MEDIEVAIS:

  • AZEVEDO MAIA, C. (1986): “História do Galego-Português.Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XIII ao século XVI (com referência à situação do galego moderno)”. Coímbra. J.N.I.C.

  • LORENZO, R. (1975/1977): “La traducción gallega da le Crónica General y de la Crónica de Castilla”. II Vols. Ourense. Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”.

DICCIONARIOS ETIMOLÓXICOS E ONOMÁSTICOS:

  • COROMINAS, J. / PASCUAL, J.A. (1980/91): “Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico”. Madrid. Gredos.

  • CUNHA, A. GERARDO DA (1989): “Dicionário etimológico Nova Fronteira da língua portuguesa”. Rio de Janeiro. Nova Fronteira.

  • FERRO RUIBAL, X. (1992): “Diccionario dos nomes galegos”. Vigo. Ir Indo.

  • MACHADO, J.PEDRO (1977): “Dicionário Etimológico da Língua Portuguesa”. Lisboa. Livros do Norte.

  • MACHADO, J. PEDRO (1994): “Dicionário Onomástico-Etimológico da Língua Portuguesa”. Lisboa. Horizonte / Confluência.

  • NIETO BALLESTER,EMILIO (1997): “Breve diccionario de topónimos españoles”. Madrid. Alianza.

OUTROS DICCIONARIOS E LIBROS:

  • GARCÍA, C. E M. GONZÁLEZ GONZÁLEZ (2000): “Diccionario da Real Academia Galega”. Vigo. RAG/Xerais/Galaxia.

  • LANCIANI, G. / G. TAVANI (1993): “Dicionário da literatura medieval galega”. Lisboa. Ed. Caminho.

  • VVAA (2002): “Latín I”. A Coruña. Rodeira/Grupo Edebé.

VVAA (2003): “Latín II”. A Coruña. Rodeira/Grupo Edebé.

31




Descargar
Enviado por:Zeltia
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar