Filosofía

Crítica da cultura occidental: Nietzsche

  • Vitalismo e Historicismo

  • Crítica á cultura occidental

  • Crítica á Moral e á Relixión

  • Crítica á ciencia positiva

  • Crítica á metafísica Tradicional

  • A Nova Ontoloxía

  • A Nova Epistemoloxía

  • O Nihilismo e a Morte de Deus

  • O eterno retorno

  • Nova Antropoloxía: O Superhome

  • 1. Vitalismo e Historicismo

    Baixo o nome de “Vitalismo” agrúpanse unha serie de filosofías que xorden, sobre todo, no século XIX (despois da segunda metade) en oposición á filosofía positivista que tiña unha interpretación da realidade baseada exclusivamente na razón positiva e no ideal científico físico-experimental e sobre todo en oposición ó ideal de Racionalidade Absoluta da Ilustración que culminara con Hegel.

    Estas filosofías consideran como elemento fundamental, non a realidade físico-matematizable, senón a vida, aínda que con distintas maneiras de entender esas categorías de vida.

    Así, para uns, Dilthei ou Ortega, a vida interprétase nun sentido biográfico como existencia humana vivida; neste aspecto poden considerarse tamén historicistas posto que a existencia humana é esencialmente histórica (“O home non ten natureza, senón historia”. Ortega).

    Pola súa parte, Bergson considera a vida nun sentido biolóxico e biográfico como impulso vital (elán vital).

    Nietzsche, pode considerarse un representante do vitalismo con Dilthei, Ortega ou Bergson, por considera-la vida como realidade fundamental, nun sentido, sobre todo biolóxico en certa semellanza ó concepto biolóxico que aparecera naquel momento e que tivo grandes repercusións posteriores como era o Evolucionismo Biolóxico de Darwin.

    A pesar disto a filosofía de Nietzsche, que pode situarse neste marco amplo do vitalismo, presenta certa ambigüidade, tanto polo propio contido das súas interpretacións da realidade, como pola forma de presentalas, por medio de aforismos, e metáforas, e cargada dunha grande riqueza literaria. Mesmo contribúen a esta ambigüidade as distintas interpretacións ou utilizacións partidistas da súa obra. Neste sentido a filosofía de Nietzsche tamén foi considerada como un perspectivismo, irracionalismo, nihilismo, e nacismo.

    OBRAS

    As obras de Nietzsche acostuman a dividirse en catro períodos en función do desenvolvemento e evolución do propio pensamento.

    -Primeiro período: Romántico ou Xuvenil, está determinado pola influencia de Schopenhauer e Wagner, onde escribe “A orixe da traxedia” e presenta por primeira vez o Mito e a Oposición entre Dionisios e Apolo.

    -Segundo período: De crítica e ruptura co anterior, onde escribe “Humano, demasiado Humano”.

    -Terceiro período: De madurez, determinado pola aparición da súa obra máis representativa “Así falaba Zarathustra”, onde presenta o mito Zarathustra, un profeta persa que empezou segundo Nietzsche o dualismo irreductible entre o ben e o mal. O novo Zarathustra vai a representar unha superación deses dous principios, sendo por outra banda unha representación de Dionisios.

    -Cuarto período: Período crítico, onde escribe a maioría des súa obras como son: “A xenealoxía da moral”, “O Anticristo”, “Máis alá do ben e do mal”, “O crepúsculo dos ídolos”, etc.

    2. Crítica á cultura occidental.

    Pode considerarse o aspecto negativo no sentido da negación crítica na obra de Nietzsche, este aspecto critica e oponse a toda tradición e cultura occidental, que ó seu xuízo empezouse pola influencia de Sócrates e de Platón na civilización posterior. Esta crítica vaise concretar en tres aspectos:

    2.1.- Crítica á moral e á relixión.

    2.2.- Crítica á Metafísica nos seus aspectos ontolóxico e epistemolóxico.

    2.3.- Crítica ás Ciencias Positivas, sobre todo á ciencia Físico-Matemática.

    2.1. Crítica á Moral e á Relixión:

    A crítica á moral e á relixión é un dos aspectos máis significativos da obra de Nietzsche, onde se manifesta dun xeito claro o seu método de análise como unha especie de dúbida ou sospeita de todo canto aparece como verdadeiro, tratando de busca-los mecanismos internos psicolóxicos ou fisiolóxicos, que determinaron a aparición da relixión e da moral.

    No aspecto da relixión considera a esta como unha forma de alienación, de forma semellante a Feuerbach: é unha concreción da conciencia humana nunha realidade distinta que vai ser Deus.

    Pero a crítica refírese sobre todo á moral tradicional, que representaba a negación dos verdadeiros instintos da vida e baseábase precisamente na incapacidade ou no resentimento dos “febles” (os escravos) para defenderse dos”nobres e poderosos” (os señores). Este tipo de moral representaba unha negación da vida e tiña como fundamento, na propia filosofía platónica, o proceso que vai dende Eurípides a Platón, e sobre todo con Sócrates que é presentado como o gran negador da vida en favor da razón. Con Platón instaurase ese tipo de moral, que se basea no “Ben en si” (a Idea do Ben) que é algo que non pertence a esta realidade, senón a outra, fundamentando a conducta nunha realidade ilusoria e inventada.

    A idea Ética de Platón volve a desenvolverse, sobre todo, co cristianismo que considera como virtudes (humildade, benevolencia, caridade, resignación,...) aquelas características que pertencen máis o febles e enfermizos que non ós nobres e señores. O cristianismo cambiou a relación liberdade-responsabilidade facendo culpable ó home primeiramente (a culpa orixinal) e despois facéndoo libre.

    Neste sentido considera ó cristianismo como “ A Metafísica do Verdugo” e á relixión e ó concepto de Deus como causante desta moral falseada:”a vida remata onde comeza o reino de Deus”.

    En oposición a esta moral, propón unha moral que defenda exclusivamente os instintos da vida na mesma relación que había entre Dionisios e Apolo na mitoloxía grega: Apolo representaba o ideal da racionalidade, do equilibrio, da harmonía e a perfección; mentres que Dionisios representaba ó irracionalismo, ó inconsciente, ós instintos e todo o que representaba a vida.

    O culto a Apolo foi a orixe, en parte, da decadencia occidental, polo que debe volverse a un culto ós instintos vitais.

    Na “Xenealoxía da moral” fai unha análise dos conceptos de bo e malo, e relacionando o primeiro con “Aristós” (mellor) e o segundo con “Kakós” (malo). O primeiro significaba, na primitiva sociedade grega, aquelas características dos nobres e poderosos que vivían sen prexuízos e daban “o ben polo ben e o mal polo mal”. O segundo concepto referíase a aqueles individuos que podían considerarse servís, febles, dependentes dos demais, sen autonomía propia, que eran os que chamaba escravos.

    Da primitiva superioridade da moral dos señores pasouse ó triunfo da moral dos escravos onde xa os conceptos de bo e malo foron substituídos polos de “bo e malvado”, pero aplicados inversamente: para os escravos “bo”era o seu concepto e “malvados” eran os señores. Esta “transmutación dos valores” producíase precisamente pola influencia, sobre todo, do cristianismo.

    Neste sentido Nietzsche, aínda considerándose inmoralista como crítico da moral tradicional, propón unha nova transmutación dos valores para voltar ós ideais dos nobres da primitiva sociedade helénica, que son os mesmos que representan o mito de Dionisios como manifestación dos instintos da vida en tódalas súas dimensións.

    2.2.-Crítica á ciencia positiva:

    Nietzsche critica tamén a ciencia positiva, que representa un aspecto de entende-la ciencia, sobre todo, polo seu mecanismo e polo seu intento que supón reduci-la cualidade á cantidade.

    Para a ciencia da época, de carácter positivo e mecanicista , soamente ten importancia aquelo que se pode cuantificar. Sen embargo para Nietzsche a realidade non pode ser reducida simplemente á cantidade da mesma maneira que nunha sinfonía musical o seu valor non depende do que se pode contar, medir ou pesar, senón do propio conxunto da harmonía.

    2.3.-Crítica á Metafísica tradicional:

  • Crítica á Ontoloxía tradicional:

  • Nietzsche critica toda a filosofía tradicional considerándoa como “ A historia dos erros humanos tratados como se foran verdades humanas”. A ontoloxía tradicional que se refire ó estudio do “ser” trata a este como algo Estático e inamovible nunha pretensión de dete-la realidade verdadeira cambiante. Neste aspecto representa un intento de “modifica-la realidade”.

    A Ontoloxía tradicional é tamén dualista posto que considera a realidade escindida en dúas: unha realidade que se considera verdadeira e unha realidade que se considera falsa.

    Este dualismo da realidade que se inicia con Sócrates e Platón (Mundo das Ideas e Mundo das cousas) segue co cristianismo (o Ceo e a Terra) e maniféstase mesmo na filosofía kantiana (Noumeno-Fenómeno). Representa a consideración de algo verdadeiro e algo aparente.

    Esta división entre o verdadeiro e o aparente, considerado sempre como verdadeiro o que non é inmediato ou sensible, responde segundo nietzsche a unha actitude de “recelo e resentimento” ante a vida. Neste aspecto, como fixera no problema moral, Nietzsche pretende averiguar os mecanismos psicolóxicos e mesmo fisiolóxicos que o determinan. Ó seu xuízo, hai algo común en tódolos filósofos por nega-la vida ou a inmediatez en función de outra realidade, que é o resentimento ante esta vida.

    b) Crítica á Epistemoloxía tradicional

    En relación coa crítica da ontoloxía, critica tamén a teoría do coñecemento tradicional que se inicia sobre todo con Sócrates como pon de manifesto na obra “ O crepúsculo dos ídolos”. Sócrates iniciou a ecuación razón=virtude=felicidade tomando a razón como a facultade de coñece-la verdadeira realidade. Pero esta verdadeira realidade é un invento da propia razón que trata de xustificarse a si mesma negando os outros aspectos da vida. Neste aspecto a razón representa a claridade, a conceptualización ou a harmonía, as mesmas características que representaba o Mito de Apolo relegando a un segundo termo os instintos e as restantes potencias da vida, o que representaba o Mito de Dionisios.

    A propia ironía de Sócrates e a súa dialéctica representan a negación do instintivo e vital, en función da claridade que representa a falsedade. No aspecto do coñecemento critica tamén a fundamentación deste nos conceptos que pretenden se-la representación da esencia das cousas.

  • Os conceptos son unha especie de dexeneración da primitiva relación imaxinativa e metafórica do home coas cousas; a partir das primitivas metáforas fóronse formando conceptos como síntese de características comúns pero non representan para nada a realidade porque son puras abstraccións baleiras.

  • Os conceptos tamén pretenden dete-la realidade, é dicir, “momificala”, que representa unha negación do devir e da mesma realidade cambiante.

  • A noción tradicional da verdade como “adecuación” entre o entendemento e a cousa non é válida porque non existe unha equiparación entre o suxeito e o obxecto posto que pertencen a ámbitos distintos e contrapostos.

  • Os conceptos tampouco son válidos para comprende-la pluralidade da realidade xa que prescinden do individual por seren xeneralizacións baleiras.

  • 3. A Nova Ontoloxía

  • En oposición á filosofía tradicional que consideraba á realidade fixa e estable, Nietzsche, na mesma liña de Heráclito considera que a realidade é un proceso, ou sexa, un constante devir: “Todo está transformándose constantemente”.

  • En oposición tamén á concepción clásica da unidade do ser, Nietzsche opón a pluralidade, é dicir, as múltiples manifestacións da realidade que por si mesmas son reais e verdadeiras representan tamén unha concepción perspectivista: “a realidade é perspectiva”. En relación con isto, o coñecemento tamén é perspectivo en canto que manifesta distintos puntos de vista dos que se compón a mesma realidade.

  • Nietzsche identifica o ser coa vontade de poder, é dicir, vontade de afirmación e de superación constante, do que, a vida como expansión e unha manifestación máis.Este concepto da vontade de poder tivo distintas formulacións no pensamento de Nietzsche e ten antecedentes inmediatos na idea de vontade como representación de Schopenhauer, pero vai máis alá deste concepto por considerar que este era unha vontade de aniquilación ou da nada (Nirvana) e incluso non se identifica tampouco co concepto darwiniano da lei do máis forte, senón que representa esa aspiración de todo ser a manifestarse e transcenderse constantemente, en definitiva, é unha vontade creadora-transformadora da realidade e de si mesma (A Ontoloxía de Nietzsche complétase co Nihilismo e co concepto do Eterno Retorno).

  • 4. A Nova Epistemoloxía

  • Dado que a realidade é plural e cambiante, os conceptos non serven para expresar esa realidade; Nietzsche propón como medio de coñecemento máis apropiado para a captación da realidade a “Metáfora”, porque representa unha relación máis inmediata e directa coa propia realidade. Pero onde se consegue un coñecemento máis válido e por medio da arte e da creación artística posto que representa a mesma manifestación da vontade de poder coma vontade de crear

  • Dada a pluralidade da realidade, non existe verdade absoluta nin definitiva, senón que todas son válidas en función das perspectivas e tamén manifestación da vontade de poder

  • Existe tamén unha relación entre as concepcións da realidade e a linguaxe (semellante a Humboldt) de maneira que as mesmas estructuras lingüísticas determinan como formas a priori as distintas concepcións da realidade, porque a linguaxe condiciona as ideas (“non nos desembarazaremos da idea de Deus mentres sigamos crendo na gramática”)

  • Tamén propón o novo criterio de verdade, en oposición á “adecuación tradicional”, e tamén relacionado coa vida,coas súas manifestacións e coa vontade de poder. Neste sentido e dado que non hai verdade absoluta considera a verdade “coma esa especie de erro sen o que unha determinada especie de seres vivos non podería vivir. O valor para a vida é o que decide en último termo”.

  • En definitiva, un xuízo é verdadeiro non pola súa representación conceptual senón pola utilidade para a vida: “Algo é verdadeiro se favorece á vida”.

    5. En síntese, a Epistemoloxía de Nietzsche oponse sobre todo á utilización da razón como medio de coñecemento da verdade e propón como alternativa a testemuña dos sentidos e do conxunto da sensibilidade, que á súa vez é manifestación da realidade do home e da vontade de poder. Neste punto, mesmo se opón a Heráclito, o seu filósofo máis admirado por considerar o ser como devir, pois tamén Heráclito consideraba que os sentidos ofrecían unha testemuña falsa que debía ser substituída pola razón. Para Nietzsche os sentidos non enganan nunca e son o único medio de acceso á verdade.

    5. O Nihilismo e a morte de Deus

    En relación coa nova ontoloxía está o concepto de nihilismo, tamén relacionado co problema da morte de Deus e o ateísmo.

    Etimoloxicamente “nihilismo” provén de nihil (nada) e pode considerarse como:

  • A teoría que reduce o ser á nada (Nihilismo Ontolóxico) .

  • A teoría do coñecemento que se funda no escepticismo e que considera que o coñecemento non é posible (Nihilismo Epistemolóxico).

  • A teoría ética que considera que non existe ningún valor positivo no que xustificar a conducta (Nihilismo Moral).

  • Para Nietzsche, o concepto de Nihilismo non é propiamente unha teoría senón que representa unha situación que é a situación de toda a tradición e a cultura occidental que chega á perda dos valores tradicionais pola perda ou eliminación do seu fundamento que era Deus, poñendo de manifesto o seu ateísmo, e dado que este Deus era o fundamento da moral, da relixión e do conxunto da tradición occidental, toda a cultura se atopa sen sentido e tendente á nada.

    A morte de Deus iníciase, segundo Nietzsche, coa mesma afirmación monoteísta, pois para el a divinidade se é algo, é politeísta, en definitiva, o que representa a pluralidade de principios ou de deuses. “Deus morreu” e con el o fundamento da cultura occidental. “Os deuses morreron de risa ó oír dicir a un deles que el era o único Deus”. Así pois, o Nihilismo ten, segundo Nietzsche os seguintes sentidos:

  • A situación á que chega a cultura occidental que perdeu o seu fundamento; é o momento da “dúbida” onde se plantexa a situación de aniquilación absoluta do horizonte cultural.

  • Como a toma de conciencia desa mesma situación asumindo a perda dos valores tradicionais e de toda a cultura tradicional; é o momento da “reflexión” que toma conciencia de si mesma e trata de buscar un novo camiño.

  • Como superación da cultura anterior e a creación de novos valores que van estar fundamentados no ateísmo e na afirmación do ser como devir e de vontade de poder.

  • 6. O Eterno Retorno (Ontoloxía)

    Este concepto é, segundo Nietzsche, un dos pensamentos máis profundos pero menos elaborados e está en relación coa vontade de poder, é dicir, coa vontade forte de autotranscenderse constantemente. O concepto de Eterno Retorno ten como fundamento, a nivel físico, dous presupostos:

    >Materia e enerxía son finitas.

    >O tempo é infinito.

    Partindo destes presupostos chégase á conclusión de que as distintas combinacións de enerxía a materia, por moi numerosas que sexan, son limitadas e, polo tanto, nun tempo infinito han de repetirse nun momento determinado da mesma maneira infinidade de veces.

    A vontade de poder vai a ser a afirmación da vida ata tal punto de querer que se repita (os éxitos e os fracasos) indefinidamente.

    7. Nova Antropoloxía: O Superhome

    Nietzsche propón un novo concepto do home que se opón:

  • Á propia relixión cristiana que trata de aniquilar a diferencia individual, agrupando os individuos nunha masa indiferente semellante ó rebaño.

  • Ás teorías políticas que fomentan ese igualitarismo indiferenciado que se manifesta, sobre todo, nas democracias (e socialismos)

  • Ó subxectivismo da filosofía clásica que considera ó suxeito como algo subxectivo e particular, posto de manifesto naquela máxima grega: “coñécete a ti mesmo”.

  • Así pois o concepto de superhome representa ó home do futuro, pois aínda o home actual ocupa un lugar intermedio entre o animal e o superhome. Con todo, non representa ningunha finalidade prefixada na historia senón que é a consecuencia inevitable do desenvolvemento da vontade de poder.

    O superhome é o sentido da terra que representa a vontade forte fronte á feble: representa ademais a moral dos señores fronte á dos escravos e ó xenio tráxico e dionisíaco que fai a transmutación de tódolos valores coa afirmación de tódolos instintos da vida. Representa tamén a superación do xenio e do espírito libre, pois estes son individualidades concretas que se dan nalgún momento da historia, pero o superhome é o último sentido da historia.

    Este concepto represéntao Nietzsche de diferentes formas, sobre todo en “Zarathustra” e compárao coa dobre metamorfose con que se transforma o camelo en león e este en neno. O camelo representa o espírito dos escravos e a súa moral de humildade e resignación (que se agacha para que o carguen). O león representa a negación desa situación e a rebeldía ante ela; pero o león debe transformarse en neno que pon de manifesto os instintos vitais e a inxenuidade da súa fortaleza. Neste sentido o home superior representa a alegría e o baile: “Homes superiores aprendede a rir”.

    Contextualización

    Como conclusión a filosofía de Nietzsche que ten unha clara tendencia antisocialista e nalgúns aspectos racista, debido á súa ambigüidade, foi interpretada como xerme de distintas tendencias desde o nacismo ó vitalismo, anarquismo ou existencialismo.

    Terceiras preguntas

    1. A crítica da cultura en Nietzsche

    Crítica á cultura occidental.

    Pode considerarse o aspecto negativo no sentido da negación crítica na obra de Nietzsche, este aspecto critica e oponse a toda tradición e cultura occidental, que ó seu xuízo empezouse pola influencia de Sócrates e de Platón na civilización posterior. Esta crítica vaise concretar en tres aspectos:

    1.- Crítica á moral e á relixión.

    2.- Crítica á Metafísica nos seus aspectos ontolóxico e epistemolóxico.

    3.- Crítica ás Ciencias Positivas, sobre todo á ciencia Físico-Matemática.

    1. Crítica á Moral e á Relixión:

    A crítica á moral e á relixión é un dos aspectos máis significativos da obra de Nietzsche, onde se manifesta dun xeito claro o seu método de análise como unha especie de dúbida ou sospeita de todo canto aparece como verdadeiro, tratando de busca-los mecanismos internos psicolóxicos ou fisiolóxicos, que determinaron a aparición da relixión e da moral.

    No aspecto da relixión considera a esta como unha forma de alienación, de forma semellante a Feuerbach: é unha concreción da conciencia humana nunha realidade distinta que vai ser Deus.

    Pero a crítica refírese sobre todo á moral tradicional, que representaba a negación dos verdadeiros instintos da vida e baseábase precisamente na incapacidade ou no resentimento dos “febles” (os escravos) para defenderse dos”nobres e poderosos” (os señores). Este tipo de moral representaba unha negación da vida e tiña como fundamento, na propia filosofía platónica, o proceso que vai dende Eurípides a Platón, e sobre todo con Sócrates que é presentado como o gran negador da vida en favor da razón. Con Platón instaurase ese tipo de moral, que se basea no “Ben en si” (a Idea do Ben) que é algo que non pertence a esta realidade, senón a outra, fundamentando a conducta nunha realidade ilusoria e inventada.

    A idea Ética de Platón volve a desenvolverse, sobre todo, co cristianismo que considera como virtudes (humildade, benevolencia, caridade, resignación,...) aquelas características que pertencen máis o febles e enfermizos que non ós nobres e señores. O cristianismo cambiou a relación liberdade-responsabilidade facendo culpable ó home primeiramente (a culpa orixinal) e despois facéndoo libre.

    Neste sentido considera ó cristianismo como “ A Metafísica do Verdugo” e á relixión e ó concepto de Deus como causante desta moral falseada:”a vida remata onde comeza o reino de Deus”.

    En oposición a esta moral, propón unha moral que defenda exclusivamente os instintos da vida na mesma relación que había entre Dionisios e Apolo na mitoloxía grega: Apolo representaba o ideal da racionalidade, do equilibrio, da harmonía e a perfección; mentres que Dionisios representaba ó irracionalismo, ó inconsciente, ós instintos e todo o que representaba a vida.

    O culto a Apolo foi a orixe, en parte, da decadencia occidental, polo que debe volverse a un culto ós instintos vitais.

    Na “Xenealoxía da moral” fai unha análise dos conceptos de bo e malo, e relacionando o primeiro con “Aristós” (mellor) e o segundo con “Kakós” (malo). O primeiro significaba, na primitiva sociedade grega, aquelas características dos nobres e poderosos que vivían sen prexuízos e daban “o ben polo ben e o mal polo mal”. O segundo concepto referíase a aqueles individuos que podían considerarse servís, febles, dependentes dos demais, sen autonomía propia, que eran os que chamaba escravos.

    Da primitiva superioridade da moral dos señores pasouse ó triunfo da moral dos escravos onde xa os conceptos de bo e malo foron substituídos polos de “bo e malvado”, pero aplicados inversamente: para os escravos “bo”era o seu concepto e “malvados” eran os señores. Esta “transmutación dos valores” producíase precisamente pola influencia, sobre todo, do cristianismo.

    Neste sentido Nietzsche, aínda considerándose inmoralista como crítico da moral tradicional, propón unha nova transmutación dos valores para voltar ós ideais dos nobres da primitiva sociedade helénica, que son os mesmos que representan o mito de Dionisios como manifestación dos instintos da vida en tódalas súas dimensións.

    2.-Crítica á ciencia positiva:

    Nietzsche critica tamén a ciencia positiva, que representa un aspecto de entende-la ciencia, sobre todo, polo seu mecanismo e polo seu intento que supón reduci-la cualidade á cantidade.

    Para a ciencia da época, de carácter positivo e mecanicista , soamente ten importancia aquelo que se pode cuantificar. Sen embargo para Nietzsche a realidade non pode ser reducida simplemente á cantidade da mesma maneira que nunha sinfonía musical o seu valor non depende do que se pode contar, medir ou pesar, senón do propio conxunto da harmonía.

    3.-Crítica á Metafísica tradicional:

  • Crítica á Ontoloxía tradicional:

  • Nietzsche critica toda a filosofía tradicional considerándoa como “ A historia dos erros humanos tratados como se foran verdades humanas”. A ontoloxía tradicional que se refire ó estudio do “ser” trata a este como algo Estático e inamovible nunha pretensión de dete-la realidade verdadeira cambiante. Neste aspecto representa un intento de “modifica-la realidade”.

    A Ontoloxía tradicional é tamén dualista posto que considera a realidade escindida en dúas: unha realidade que se considera verdadeira e unha realidade que se considera falsa.

    Este dualismo da realidade que se inicia con Sócrates e Platón (Mundo das Ideas e Mundo das cousas) segue co cristianismo (o Ceo e a Terra) e maniféstase mesmo na filosofía kantiana (Noumeno-Fenómeno). Representa a consideración de algo verdadeiro e algo aparente.

    Esta división entre o verdadeiro e o aparente, considerado sempre como verdadeiro o que non é inmediato ou sensible, responde segundo nietzsche a unha actitude de “recelo e resentimento” ante a vida. Neste aspecto, como fixera no problema moral, Nietzsche pretende averiguar os mecanismos psicolóxicos e mesmo fisiolóxicos que o determinan. Ó seu xuízo, hai algo común en tódolos filósofos por nega-la vida ou a inmediatez en función de outra realidade, que é o resentimento ante esta vida.

    b) Crítica á Epistemoloxía tradicional

    En relación coa crítica da ontoloxía, critica tamén a teoría do coñecemento tradicional que se inicia sobre todo con Sócrates como pon de manifesto na obra “ O crepúsculo dos ídolos”. Sócrates iniciou a ecuación razón=virtude=felicidade tomando a razón como a facultade de coñece-la verdadeira realidade. Pero esta verdadeira realidade é un invento da propia razón que trata de xustificarse a si mesma negando os outros aspectos da vida. Neste aspecto a razón representa a claridade, a conceptualización ou a harmonía, as mesmas características que representaba o Mito de Apolo relegando a un segundo termo os instintos e as restantes potencias da vida, o que representaba o Mito de Dionisios.

    A propia ironía de Sócrates e a súa dialéctica representan a negación do instintivo e vital, en función da claridade que representa a falsedade. No aspecto do coñecemento critica tamén a fundamentación deste nos conceptos que pretenden se-la representación da esencia das cousas.

  • Os conceptos son unha especie de dexeneración da primitiva relación imaxinativa e metafórica do home coas cousas; a partir das primitivas metáforas fóronse formando conceptos como síntese de características comúns pero non representan para nada a realidade porque son puras abstraccións baleiras.

  • Os conceptos tamén pretenden dete-la realidade, é dicir, “momificala”, que representa unha negación do devir e da mesma realidade cambiante.

  • A noción tradicional da verdade como “adecuación” entre o entendemento e a cousa non é válida porque non existe unha equiparación entre o suxeito e o obxecto posto que pertencen a ámbitos distintos e contrapostos.

  • Os conceptos tampouco son válidos para comprende-la pluralidade da realidade xa que prescinden do individual por seren xeneralizacións baleiras.

  • En relación coa nova ontoloxía está o concepto de nihilismo, tamén relacionado co problema da morte de Deus e o ateísmo.

    Etimoloxicamente “nihilismo” provén de nihil (nada) e pode considerarse como:

  • A teoría que reduce o ser á nada (Nihilismo Ontolóxico) .

  • A teoría do coñecemento que se funda no escepticismo e que considera que o coñecemento non é posible (Nihilismo Epistemolóxico).

  • A teoría ética que considera que non existe ningún valor positivo no que xustificar a conducta (Nihilismo Moral).

  • Para Nietzsche, o concepto de Nihilismo non é propiamente unha teoría senón que representa unha situación que é a situación de toda a tradición e a cultura occidental que chega á perda dos valores tradicionais pola perda ou eliminación do seu fundamento que era Deus, poñendo de manifesto o seu ateísmo, e dado que este Deus era o fundamento da moral, da relixión e do conxunto da tradición occidental, toda a cultura se atopa sen sentido e tendente á nada.

    A morte de Deus iníciase, segundo Nietzsche, coa mesma afirmación monoteísta, pois para el a divinidade se é algo, é politeísta, en definitiva, o que representa a pluralidade de principios ou de deuses. “Deus morreu” e con el o fundamento da cultura occidental. “Os deuses morreron de risa ó oír dicir a un deles que el era o único Deus”. Así pois, o Nihilismo ten, segundo Nietzsche os seguintes sentidos:

  • A situación á que chega a cultura occidental que perdeu o seu fundamento; é o momento da “dúbida” onde se plantexa a situación de aniquilación absoluta do horizonte cultural.

  • Como a toma de conciencia desa mesma situación asumindo a perda dos valores tradicionais e de toda a cultura tradicional; é o momento da “reflexión” que toma conciencia de si mesma e trata de buscar un novo camiño.

  • Como superación da cultura anterior e a creación de novos valores que van estar fundamentados no ateísmo e na afirmación do ser como devir e de vontade de poder.

  • 2.Niezstche e o vitalismo

    Baixo o nome de “Vitalismo” agrúpanse unha serie de filosofías que xorden, sobre todo, no século XIX (despois da segunda metade) en oposición á filosofía positivista que tiña unha interpretación da realidade baseada exclusivamente na razón positiva e no ideal científico físico-experimental e sobre todo en oposición ó ideal de Racionalidade Absoluta da Ilustración que culminara con Hegel.

    Estas filosofías consideran como elemento fundamental, non a realidade físico-matematizable, senón a vida, aínda que con distintas maneiras de entender esas categorías de vida.

    Así, para uns, Dilthei ou Ortega, a vida interprétase nun sentido biográfico como existencia humana vivida; neste aspecto poden considerarse tamén historicistas posto que a existencia humana é esencialmente histórica (“O home non ten natureza, senón historia”. Ortega).

    Pola súa parte, Bergson considera a vida nun sentido biolóxico e biográfico como impulso vital (elán vital).

    Nietzsche, pode considerarse un representante do vitalismo con Dilthei, Ortega ou Bergson, por considera-la vida como realidade fundamental, nun sentido, sobre todo biolóxico en certa semellanza ó concepto biolóxico que aparecera naquel momento e que tivo grandes repercusións posteriores como era o Evolucionismo Biolóxico de Darwin.

    A pesar disto a filosofía de Nietzsche, que pode situarse neste marco amplo do vitalismo, presenta certa ambigüidade, tanto polo propio contido das súas interpretacións da realidade, como pola forma de presentalas, por medio de aforismos, e metáforas, e cargada dunha grande riqueza literaria. Mesmo contribúen a esta ambigüidade as distintas interpretacións ou utilizacións partidistas da súa obra. Neste sentido a filosofía de Nietzsche tamén foi considerada como un perspectivismo, irracionalismo, nihilismo, e nacismo.

  • En oposición á filosofía tradicional que consideraba á realidade fixa e estable, Nietzsche, na mesma liña de Heráclito considera que a realidade é un proceso, ou sexa, un constante devir: “Todo está transformándose constantemente”.

  • En oposición tamén á concepción clásica da unidade do ser, Nietzsche opón a pluralidade, é dicir, as múltiples manifestacións da realidade que por si mesmas son reais e verdadeiras representan tamén unha concepción perspectivista: “a realidade é perspectiva”. En relación con isto, o coñecemento tamén é perspectivo en canto que manifesta distintos puntos de vista dos que se compón a mesma realidade.

  • Nietzsche identifica o ser coa vontade de poder, é dicir, vontade de afirmación e de superación constante, do que, a vida como expansión e unha manifestación máis.Este concepto da vontade de poder tivo distintas formulacións no pensamento de Nietzsche e ten antecedentes inmediatos na idea de vontade como representación de Schopenhauer, pero vai máis alá deste concepto por considerar que este era unha vontade de aniquilación ou da nada (Nirvana) e incluso non se identifica tampouco co concepto darwiniano da lei do máis forte, senón que representa esa aspiración de todo ser a manifestarse e transcenderse constantemente, en definitiva, é unha vontade creadora-transformadora da realidade e de si mesma (A Ontoloxía de Nietzsche complétase co Nihilismo e co concepto do Eterno Retorno).

  • Dado que a realidade é plural e cambiante, os conceptos non serven para expresar esa realidade; Nietzsche propón como medio de coñecemento máis apropiado para a captación da realidade a “Metáfora”, porque representa unha relación máis inmediata e directa coa propia realidade. Pero onde se consegue un coñecemento máis válido e por medio da arte e da creación artística posto que representa a mesma manifestación da vontade de poder coma vontade de crear

  • Dada a pluralidade da realidade, non existe verdade absoluta nin definitiva, senón que todas son válidas en función das perspectivas e tamén manifestación da vontade de poder

  • Existe tamén unha relación entre as concepcións da realidade e a linguaxe (semellante a Humboldt) de maneira que as mesmas estructuras lingüísticas determinan como formas a priori as distintas concepcións da realidade, porque a linguaxe condiciona as ideas (“non nos desembarazaremos da idea de Deus mentres sigamos crendo na gramática”)

  • Tamén propón o novo criterio de verdade, en oposición á “adecuación tradicional”, e tamén relacionado coa vida,coas súas manifestacións e coa vontade de poder. Neste sentido e dado que non hai verdade absoluta considera a verdade “coma esa especie de erro sen o que unha determinada especie de seres vivos non podería vivir. O valor para a vida é o que decide en último termo”.

  • En definitiva, un xuízo é verdadeiro non pola súa representación conceptual senón pola utilidade para a vida: “Algo é verdadeiro se favorece á vida”.

    5. En síntese, a Epistemoloxía de Nietzsche oponse sobre todo á utilización da razón como medio de coñecemento da verdade e propón como alternativa a testemuña dos sentidos e do conxunto da sensibilidade, que á súa vez é manifestación da realidade do home e da vontade de poder. Neste punto, mesmo se opón a Heráclito, o seu filósofo máis admirado por considerar o ser como devir, pois tamén Heráclito consideraba que os sentidos ofrecían unha testemuña falsa que debía ser substituída pola razón. Para Nietzsche os sentidos non enganan nunca e son o único medio de acceso á verdade.

    3.O problema dos valores en Nietzsche

    A crítica á moral e á relixión é un dos aspectos máis significativos da obra de Nietzsche, onde se manifesta dun xeito claro o seu método de análise como unha especie de dúbida ou sospeita de todo canto aparece como verdadeiro, tratando de busca-los mecanismos internos psicolóxicos ou fisiolóxicos, que determinaron a aparición da relixión e da moral.

    No aspecto da relixión considera a esta como unha forma de alienación, de forma semellante a Feuerbach: é unha concreción da conciencia humana nunha realidade distinta que vai ser Deus.

    Pero a crítica refírese sobre todo á moral tradicional, que representaba a negación dos verdadeiros instintos da vida e baseábase precisamente na incapacidade ou no resentimento dos “febles” (os escravos) para defenderse dos”nobres e poderosos” (os señores). Este tipo de moral representaba unha negación da vida e tiña como fundamento, na propia filosofía platónica, o proceso que vai dende Eurípides a Platón, e sobre todo con Sócrates que é presentado como o gran negador da vida en favor da razón. Con Platón instaurase ese tipo de moral, que se basea no “Ben en si” (a Idea do Ben) que é algo que non pertence a esta realidade, senón a outra, fundamentando a conducta nunha realidade ilusoria e inventada.

    A idea Ética de Platón volve a desenvolverse, sobre todo, co cristianismo que considera como virtudes (humildade, benevolencia, caridade, resignación,...) aquelas características que pertencen máis o febles e enfermizos que non ós nobres e señores. O cristianismo cambiou a relación liberdade-responsabilidade facendo culpable ó home primeiramente (a culpa orixinal) e despois facéndoo libre.

    Neste sentido considera ó cristianismo como “ A Metafísica do Verdugo” e á relixión e ó concepto de Deus como causante desta moral falseada:”a vida remata onde comeza o reino de Deus”.

    En oposición a esta moral, propón unha moral que defenda exclusivamente os instintos da vida na mesma relación que había entre Dionisios e Apolo na mitoloxía grega: Apolo representaba o ideal da racionalidade, do equilibrio, da harmonía e a perfección; mentres que Dionisios representaba ó irracionalismo, ó inconsciente, ós instintos e todo o que representaba a vida.

    O culto a Apolo foi a orixe, en parte, da decadencia occidental, polo que debe volverse a un culto ós instintos vitais.

    Na “Xenealoxía da moral” fai unha análise dos conceptos de bo e malo, e relacionando o primeiro con “Aristós” (mellor) e o segundo con “Kakós” (malo). O primeiro significaba, na primitiva sociedade grega, aquelas características dos nobres e poderosos que vivían sen prexuízos e daban “o ben polo ben e o mal polo mal”. O segundo concepto referíase a aqueles individuos que podían considerarse servís, febles, dependentes dos demais, sen autonomía propia, que eran os que chamaba escravos.

    Da primitiva superioridade da moral dos señores pasouse ó triunfo da moral dos escravos onde xa os conceptos de bo e malo foron substituídos polos de “bo e malvado”, pero aplicados inversamente: para os escravos “bo”era o seu concepto e “malvados” eran os señores. Esta “transmutación dos valores” producíase precisamente pola influencia, sobre todo, do cristianismo.

    Neste sentido Nietzsche, aínda considerándose inmoralista como crítico da moral tradicional, propón unha nova transmutación dos valores para voltar ós ideais dos nobres da primitiva sociedade helénica, que son os mesmos que representan o mito de Dionisios como manifestación dos instintos da vida en tódalas súas dimensións.

    1

    Descargar
    Enviado por:Antonio
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar