Legislación
Constituciones españolas
Neste comentario de texto temos como tema central as distintas elaboracions das distintas constitucións dende a de 1837 ata a de 1876. Poderemos ver os diferentes trazos que as caracterizan e por que tendencias están principalmente influeciadas. Vendo a diferencia de ideoloxia que existe entre cada constitución podemos ver a complicación que houbo en España para a consolidación do parlamentarismo en España.
En 1836, o triunfo dos motíns populares e o pronunciamento das tropas liberais ( Motín dos sarxentos da granxa) permitiron o acceso ao Goberno dos progesistas, quen restauraron a vixencia da constitución de 1812 e das leis do Trienio liberal e convocaron Cortes constituintes co obxectivo de establecer as novas bases do sistema político. Nesas Cortes, os progresistas, de acordo cunha parte dos moderados, elaboraron una constitución que foi promulgada en 1837;con ela gobernaron tanto os moderados baixo a rexencia constitucional de María Cristina como os progresistas na rexencia de Espartero. Esta constitución mostra un certo equilibrio entre principios progresistas e moderados. Desta forma establecia soberanía nacional que en realidade era compartida entre a coroa e a nación, así como a colaboración entre o monarca e as Cortes ( cun claro predominio da coroa) no funcionamento do sistema político. O poder executivo o exerce o rei, nomea e separa libremente os seus ministros, comparte coas Cortes o poder lexislativo, sanciona ou veta as leis convoca, suspende e disolve as Cortes, aínda que neste caso tiña que obrigatoriamente convocalas de novo ao pasar tres meses. As cortes eran de tipo bicameral formadas por congreso e senado, que posúen a iniciativa legal e son colexisladores; os deputados son elixidos por sufraxio censatario directo ,mentres os senadores eran nomeados polo rei entre unha lista tripla por cada provincia. Así o poder do Rei era moito maior do que era na constitución de 1812, coa cal se ve unha gran diferenza. Esta ultima creando una ferrea separación de poderes existindo una preeminencia das Cortes sobre o Rei. Esta é una das grandes diferenzas entre a constitución que se nos presenta no documento 1 e a do 1812. Na primeira o poder do rei sobre as demais institucións e fácilmente visible, como podemos ver que este posúe o poder executivo, nomea os seus ministros e ,ademais, posúe o poder lexislativo compartido coas Cortes que lonxe de estas poder pór travas o poder do rei, este podía disolvelas ( tendo aun así unha mera trava que como é a de ter que convocalas os tres meses. Sendo así, e vendo as convulsión que hai neste periodo de goberno, como logo se ve coa promulgación da constitución de 1845, as circunstancias podían cambiar tanto que o monarca poderia sair coa súa). Así delimitar o poder absoluto do rei era complicado polas amplas competencias que esta constitución lle brindaba.
A pesar das liberdades que esta constitución lle outorgaba o monarca estes que a constitución era moi popular e nunca estiveron de acordo. Dentro dos progresistas, pese a ser eles os que a elaboraran, tamén existían descontentos por considerar excesivos os poderes outorgados o rei e escasos a participación popular.
A finais do 1343, os progresistas son desprazados do poder. O apoio real deus o goberno aos moderados, dirixidos por Narváez. Aproveitando o seu dominio, os moderados convocaron Cortes, nas que lograron reformar as bases do sistema e promulgar unha nova Constitución de 1845. Esta era moito mais conservadora que a súa precursora e establecia una soberanía compartida entre o Rei e as Cortes, supremacía política da coroa que ten o podre executivo, comparte a soberanía e o poder lexislativo coas Cortes, nomea libremente o gobernó, designa os senadores e ten o poder de suspender, disolver e convocar a cortes sen case ningunha limitación. Desta forma e vendo o contraste existente entre as dúas constiticións comentadas podemos ver unha discrepancia entre os ideais dos redactores das dúas constitucións. Así podemos dividir o pensamento liberal en doutrinario e democrático. Desta forma vemos que as diferentes ramas dos liberais veñen dadas por estas diferenzas ideoloxicas.
O liberalismo doutrinario surxiu como reacción ante os excesos revolucionarios e o temor das clases altas a perder a súa posición hexemónica na sociedade ante as demandas populares. Como trazos definitorios tería a constitución do estado como monarquía constitucional e así que todas as insituticións do estado, incluída a coroa, exercen os seus poderes de acordo coa constitución; o poder executivo e a dirección política é exercida polo rei, quen nomea libremente o seu Goberno; a coroa comparte o poder lexislativo coas Cortes, de modo que as leis xorden da vontade conxunta de ambas institucións; o rei posúe o poder moderador entre o poder executivo e o lexislativo e manter controladas as Cortes ( xa que o rei era o poder executivo do estado este podía disolver as Cortes se estas non aprobaban o que el propuña); soberanía nacional, aínda que exercida polo rei e as cortes xa que esta se identifica coas súas institucións políticas históricas: a coroa e as Cortes.
O liberalismo democrático ten a súa formulación anterior o doutrinario, foi a corrente minoritaria. Este ten como trazos definitorios a soberanía nacional (esta non vista como nacional pero exercida polas Cortes e o rei senón como a vontade popular de todos os seus habitantes); sufraxio universal masculino; a existencia de xurados nos xuicios para a participación na xustiza dos habitantes.
Así, e apoiandose en estos principios ideolóxicos, creanronse tres grandes familias políticas liberais: os moderados, os progresistas e os demócratas. Estos últimos non terian participación política real ata chegar a 1868. Os moderados asumiron planamente a defensa dos principios do liberalismo doutrinario. En cambio os progresistas seguiron unha liña ambigua. Procedentes dos exaltados nas Cortes de Cádiz e do trienio liberal, na segunda metade da década de 1830 moderaron as súas reivindicacións. Aceptaron unha gran parte dos principios do liberalismo doutrinario, pero convinados cos de defensa da primacía das cortes sobre o rei, a descentralización municipal e unha interpretación ampla das liberdades. Esta forma a rama mais rexeitada dos monarcas para gobernar.
Desta forma as constiticións que se nos presentan nos documentos 1 e 2 son a conxugación en maior ou menor medida destas duas ideoloxías. A constitución do 37 é algo mais progresista que moderada por que existe( aínda que menor que na de 1812) unha certa separación de poderes, e aínda que a coroa tiña bastantes liberdades para exercer o seu poder tiña certas limitacións. Este non e o caso da constitución do 45 posto que nesta xa podemos ver un gran predominio do pensamento moderado sobre o progresista. Nesta época progresistas preferirían a constitución do 37 e os moderados a do 45. Así os problemas para gobernar eran notables, posto que os que querían unha non querían a outra e viceversa.
Nun contexto de malestar social crecente, provocado polas malas colleitas e as dificultades económicas da industria e das finanzas e do descontento de case todos os grupos políticos do goberno de Isabel II, produciuse en septembro de 1868 o intento de cambiar pola forza as bases dun sistema que só beneficiaba os moderados e as clases máis acomodadas da sociedade e que tiñan na raíña a súa principal e fundamental valedora. A revolución iniciouse en Cádiz cun pronunciamento das tropas da mariña. Pouco despois, os sublevados vencen as tropas leais a raíña. Nas cidades xorden numerosas xuntas revolucionarias que xunto as reclamacións democráticas do sufraxio universal e da liberdade de prensa, ensino e asociación,esixen reivindicacions de orixe social, como a abolición dos consumos e a supresión do sistema de quintas.
O triunfo revolucionario obrigou a Isabel II a abandonar España cara o exilio en París, fomándose un goberno provisional integrado polos unionistas e progresistas presidido por Serrano. Desta forma convoca Cortes constituíntes elixidas por sufraxio universal, co obexectivo de concretar o modelo político e de goberno que debía establecerse en España. Estas Cortes elaboraron unha nova constitución que foi promulgada en 1869, inspirada nos principios do liberalismo democrático. Establecía soberanía nacional, o rei como xefe de estado que podía disolver Cortes unha vez por lixislatura, Cortes formadas por dúas cámaras: congreso e senado, unha clara separación de poderes, o rei co poder executivo, as cortes posúen o poder lexistativo e o poder lexislativo están en mans de xuices e elixidos a través dun sistema de oposicións e xurados con participación popular.
A constitución que aparece no documento 3 é a anteriormente exposta e vese claramente a natureza democrática desta. É a primeira sin duda algunha que posúe libremente os ideais democráticos, sen intervención dos moderados. Polos descontentos que había no país esta constitución tan progresista non durou moito e se sustituiu por outra moito mais parecida a do 45. Esta foi a constitución do 76 xa promulgada na restauración borbónica.
Nesta podemos ver que a coroa se lle outorgan os anteriores poderes que tiña coas anteriores constitucions.
Cánovas, nomeado presidente do Goberno por Alfonso XIIao seu regreso a España, convocou eleccións constituíntes para asentar as bases políticas da monarquía. Comforme á lei electoral vixente de 1868, estas realizáronse mediante sufraxio universal masculino e, grazas á abstención das forzas opositoras e á fraude, doron amplamente gañadas polo partido do Goberno. As novas Cortes, seguindo os principios canovistas, aprobaron a constitución de 1876 na que se establece o modelo correspondente a unha monarquía constitucional doutrinaria convervadora: a coroa comparte a sobreranía cooas Cortes, sanciona e promulga leis, posúe iniciativa legal, ten dereito de veto, pode suspender e disolver Cortes, exerce o mando supremo das forzas armadas…; as Cortes constituidas polo congreso e o senado, teñen iniciativa legal compartida co rei e non se especificaban as función que podían exercer para o control do goberno. Así o poder do rei outorgado pola constitución era moito maior que o que outorgaban no resto das constitucións. Esto tamén foi feito posto que baixo esta constitución terian que gobernar tanto conservadores como liberais.
Desta forma podemos ver que a tendencia do século XIX é a preminencia dos moderados e a súa ideoloxía fronte ós progresistas e todas elas contrastan bastante coa primeira constitución existente en España, a constitución de 1812, por ser esta moito máis avanzada do que o serían posteriormente as seguintes.
Este século tamén se caracteriza pola alternancia no poder dos progresistas e dos moderados, con clara preeminencia destos últimos sobre os primeiros. Así podemos ver a convulsión política do momento en España.
Descargar
Enviado por: | Kisa |
Idioma: | gallego |
País: | España |