Educación y Pedagogía


Charlie y la fábrica de chocolates; Roald Dahl


CHALIE E A FABRICA DE CHOCOLATE

  • Antes da obra: sobre o autor e a súa obra:

  • Roald Dahl naceu en LLandaff, País de Gales, o 13 de septembro de 1916. Seus pais, Harald e Sofie, eran noruegueses. Cando Roald tiña tres anos de idade a súa irmá Astri morreu de apendicitis; ao mes seu pai enfermou de pulmonía e tamén morreu. Sofie debeu criar seis nenos, catro de eles propios (Alfhild, Roald, Else e Asta) e dous dos da primeira esposa do seu marido. Roald era o único fillo varón de Sofie.

    Dos sete aos nove anos Roald asistiu á Escola da Catedral de Llandaff; esta sería a súa primeira experiencia cun ríxido sistema educativo que reflejaría logo nalgúns dos seus libros. En septembro de 1925, aos nove anos, foi internado nun colexio ingles: St. Peter`s.

    Ós trece anos concluiu a escola preparatoria e foi enviado tamén como interno a Repton, unha escola “publica” inglesa cuio director serio o futuro arzobispo de Canterbury.

    Ó terminar o Bachalerato, coa idade de dezaoito anos, en 1934, rechazou a oferta da sua nai de continuar seus estudios na Universidade e comenzou a traballar no Departamento Oriental da Shell Oil Company, a compañía multinacional petrolífera. Seu deseo era viaxar ó extranxeiro, coñecer terras lonxanas. Tres anos máis tarde a compañía enviouno a África Oriental.

    Dahl tiña 23 anos cando estalou a Segunda Guerra Mundial en 1939, e enrolouse como piloto de aviación da “Royal Air Force” (RAF) en Nairobi. Sufriu graves lesións como consecuencia dun aterrezaxe forzoso no deserto de Libia, e debeu pasar seis meses hospitalizado en Alexandría cunha fractura de craneo. Seu primer relato: “Pan comido” (“A piece of Cake”), describe como Dahl, atrapado na cabina do seu avión “Gladiador” en chamas, logrou salvar milagrosamente a sua vida.

    Despois da sua recuperación, Dahl volveu a voar uníndose á 80ª escuadrilla en Grecia, onde ésta combatiá contra os italianos e posteriormente tamén intentaría obstaculizar a invasión alemana a aquel país. A situación en Grecia non era nada sinxela para os británicos que contaban cuns quince avións para combatir contra centos de cazas alemáns. Tampouco era sinxelo para o propio Roald, quen apenas sabía tripular o avión que lle destinaran, e non tiña aún ningunha experiencia en combate. En maio de 1941 os alemáns finalmente apoderáronse de Grecia, e o pequeno grupo de pilotos sobrevivintes da RAF foi enviado a Haifa, norte de Palestina.

    Debido ás graves feridas recibidas cando se estrelou co seu avión no deserto, Dahl comenzou a sentir fortes dores de cabeza mentres voaba, foi examinado e finalmente enviado de volta a Inglaterra.

    En 1942 foi destinado a Washington na calidade de agregado aéreo adxunto. Alí encontrouse có escritor C.S. Forester, quen pediulle que lle narrara algunha experiencia como piloto de guerra. A idea de Forester era escribir a partir do que Dalh lle contara, un artigo para o Saturday Evening Post. Sen embargo éste prefiriu relatar a historia por escrito e enviarlla ó escritor. Deste texto surxiu o seu primer relato: “A piece of Cake”, que foi publicado en 1941 polo Saturday Evening Post sin que Forester modificara nel unha soa coma.

    En Boy, libro onde Dahl relata historias da infancia e adolescencia do autor define desta maneira a vida dun escritor:

    “A vida dun escritor é un verdadeiro inferno comparada coa dun empregado. O escritor ten que obrigarse a traballar. Ten que establecer seus propios horarios e se non acude a sentarse na sua mesa de traballo non hai ninguén que lle moleste. Se é autor de obras de ficcion, vive nun mundo de tremores. Cada novo día esixe ideas novas, e xamás pode estar seguro de que vaianselle ocurrir. Dúas horas de traballo deixan ó autor de ficción absolutamente exhausto. Durante esas dúas horas foi outra persoa, nun lugar distinto, con xente totalmente distinta, e o esforzo de voltar ó entorno habitual é moi grande. É case unha conmoción. O escritor sae do seu carto de traballo como aturdido. Apetecelle un trago. O necesita. É un feito que casi todos os autores de ficción beben máis whiskie do que lles convén para a súa saúde. O fan para darse fe, esperanza e animo. É un insensato o que empéñase en ser escritor. Súa única compensación é a libertade absoluta. Non ten quen lle mande, salvo seu propio espírito, e eso, estou seguro, é o que tenta”

    En 1943 publicou “Los gremlims”, seu primeiro libro infantil, cuios dereitos para o cine foron comprados por Walt Disney, ainda que a película nunca chegou a realizarse. Sen embargo durante os primeiros quince anos como escritor, Dahl dedicouse a publicar libros para adultos. Seu interés pola literatura para nenos comenzou cos contos que narraba ós seus fillos antes de ir durmir. Así naceu James e o melocotón xigante (James and the Giant Peach), publicado en Estados Unidos en 1961 e en Gran Bretaña en 1967. A segunda novela para nenos, Charlie e a frabrica de chocolate, publicada en 1964, foi un best-seller mundial. Foi traducida a 17 idiomas. A partir do 1978 Quentin Blake, elegido persoalmente por Dahl, ilustrou seus libros.

    En 1984 publicou dous libros autobiográficos: Boy (Relatos de infancia) e Voando so. No primeiro, Dahl relata experiencias da niñez e adolescencia; no segundos, seus anos como piloto da RAF durante a Segunda Guerra Mundial.

    En Matilda, Dahl deixa deslizar en voz do seu personaxe (unha pequena de cinco anos brillante, que devora clásicos na biblioteca mentres súa nai xoga ó Bingo) algunhas opinións persoais sobre a literatura infantil e os seus autores preferidos.

    As lecturas de Matilda incluen a Charles Dickens, Charlotte Brontë, Jane Austin,… Os mesmos clásicos que Dahl admite ter lido na súa infancia.

    En 1955 Dahl comenzou a sua relación co cine coa versión realizada por Alfred Hitchcock de Cordero asado (Lamb to the slaughter), historia que narra como un home é asesinado por unha muller a golpes coa pata de cordero que logo ésta obsequia asada ós policias. En 1968 participou no guión do film musical Chitty Chitty Bang Bang, de Ken Hughes, e tamén, en 1967, escribiu o guión de Só se vive dúas veces (You Only Live Twice) da serie “James Bond”.

    Levaron ó cine e a televisión moitos dos seus libros, entre eles: Relatos do inesperado (1979), Charlie e a fabrica de chocolate (primeira versión, 1971), As bruxas (1990), Danny, campeon do mundo (1989), James e o melocotón (1996), Matilda (1996), O Gran Xigante Bonachón (1989); A marabillosa historia de Henry Sugar (1989).

    Dahl casouse dúas veces. Súa primeira esposa foi a actriz Patricia Neal; con ela tivo cinco fillos: Olivia, Theo, Tessa, Ophelia e Lucy. En 1962 faleceu a sua filla Olivia de sete anos. Roald e Patricia divorciaronse no 1973.

    Roald Dahl vivíu os últimos anos da sua vida na sua granxa de Bucking Hamshire, xunto a sua segunda esposa, Felicity Ann Crosland. Morreu en Oxford, Inglaterra, o 23 de novembro de 1990, ós 74 anos de idade.

  • Análise da obra a estudar:

  • Paratexto: esta obra pertence a colección Merlin, da editorial Xerais de Galicia. As pastas do libro son blandas, o debuxo da portada fai un reflexo do ultimo capitulo cando Charlie gaña a fabrica de chocolate, xa na contraportada aparece un pequeno resumo da obra. A presentación do libro é en 219 páxinas, divididas en 30 capítulos. Cada un consta dos seus debuxos correspondentes. Nas primerias páxinas o autor presenta os personaxes máis importantes cun debuxo deles: os cinco afortunados que atoparon os cinco billetes dourados (Charlie, Veruca, Augustus Gloop, Mike e Violet), o Mr. Willy Wonka e os Oomaloompas. Tamén podemos ver a quen vai dedicado o libro, o seu fillo Theo.

  • Contido: Charlie e un pequeno raparigo que vive cos seus catro avós e os seus pais nunha casiña en condicións case infrahumáns, van saindo do paso como poden. O señor Willy Wonka, propietario da fabrica de chocolate, agachou nos envoltorios das suas chocolatinas cinco billetes dourados. Os nenos que as atopen poderán visitar, xunto cun familiar, a marabillosa fabrica de lambonadas durante todo un día. Todos os afortunados conseguiran un camión cheo de lambonadas para toda a súa vida, pero só un dos cinco conseguirá o gran premio, ser o dono da fabrica, e o gran afortunado foi Charlie Bucket.

  • Análise do texto: “Charlie e a fábrica de chocolate” é a novela máis famosa de Roald Dahl, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor e a tenrura caracterizan unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís. Singularizan esta obra como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. Traducida a múltiples linguas, a súa adaptación cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp foi estreada no verán 2005. A presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.

  • A novela ten unha parte realista que seria a caracterización dos personaxes, xente rica mimada, nenos adictos ó televisor, persoas de clase baixa,… pero tamén goza dunha increíble parte fantástica que fai que os nenos viaxen ata o mundo das lambetadas e imaxínense como serian os xeados que nunca se derreten, un río de chocolate, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor,…

    A narración é en terceira persoa omnisciente, o autor sabe o que senten os personaxes, atopamos numerosos diálogos entre os protagonistas. Hai claramente un personaxe protagonista: Charlie Bucket; personaxes secundarios: os avós e pais de Charlie, os catro afortunados, o señor Willy Wonka e poderiamos incluir neste grupo ós Oomaloompas; tamén hai personaxes que non teñen moita importancia como o vendedor da lambonada premiada de Charlie, os meios de comunicación, os pais dos nenos afortunados,…

    A obra esta destinada a nenos e nenas de 11 anos en diante polo que os debuxos non son tan frecuentes como en obras de nenos máis pequenos, a linguaxe e o estilo son os apropiados para estas idades.

  • Proposta de actividades para conseguir crear interese literario, cultural, situacional, etc. e hábitos de lectura.

  • Poderíase facer grupos de alumnos, cada grupo debería interpretar un capitulo da obra cos recursos que tivesen. Tamén se podería facer unha lectura na clase dándolle énfasis a aquelo que o merezca. Outra opción seria cada mes (ou outro intervalo de tempo) cada neno lee un libro, o que queira, e fará unha pequena ficha para que os nenos que teñan interés pola obra podan saber de que vai antes de comezar a le-la, xa que se un neno ten que ler un libro que non lle gusta acabará odiando a lectura. Xa por ultimo poderíase facer nos dez primeiros minutos da clase un comentario en común dun capitulo do libro, explicando o que non se entende e salientando as cousas máis fantásticas ou de maior gusto para os nenos.

  • Valoración persoal:

  • Cando era nena, os profesores xa me mandaran ler esta obra tan fantástica. Como era pequena non me percaten de moitos detalles de gran interese, xa me gustara daquela, pero teño que dicir que con esta segunda lectura quedei abraiada. A obra é moi inxeniosa, xa que mezcla ámbitos reais con imaginarios. Todos coñecemos a alguén como Veruca ou como Augustus, como Charlie é máis difícil xa que a maioría atopámonos nunha clase media, pero sabemos que hai xente que vive nesas condicións e incluso en situacións aínda peores; a tódolos nenos gústalles o chocolate, os chicles, os xeados,… todas as lambonadas e cando eres pequeno chegaste a creer que existe unha fabrica tan peculiar como a do libro, darías o que fose por poder ser un dos nenos visitantes ou que no teu pobo houbese unha fabrica como aquela.

    Os nenos chegan a viaxar á fabrica de chocolate a través da lectura, imaxínanse no barco de chocolate, o río de chocolate quente, ós Oompaloompas… a sua imaxinación avanza a medida que avanza o libro.

    Os debuxos axudan moito a situar ós nenos onde se atopan os personaxes, a ver o medo que pasan no ascensor, a imaginarse como caen os pais de Veruca polo furado das noces malas, como pasa Mike Tele pola televisión,…

    Eu penso que a imaxinación nun neno é algo moi importante, xa que cando sexa maior poderá ter maiores destrezas, por exemplo, á hora de redactar. A imaxinación é algo que non lle podemos roubar a ninguén.

    Hai un gran detalle do que non me din conta cando era pequena e é que as boas persoas son premiadas, Charlie xa era gañador cando entrou, se nos fixamos ben, o señor Wonka tivo mostras de afecto con Charlie desde que entrou; deulle unha cunca de chocolate cando ía polo río, preguntoulle nada máis entrar se non tiña frío sen cazadora, etc. Todos os nenos tiveron que someterse a unha proba como non beber chocolate do río, non mascar o chicle de tres comidas,… que non superaron; todos agás Charlie, aínda que xa se sabía de antemán que se el a tivese ía superala xa que era un neno moi educado e sabia como tiña que comportarse en cada lugar.

    A pesar de que a obra encantoume teño que facer unha pequena critica que é a seguinte: no billete dourado poñía que os nenos afortunados só poderían levar a un adulto, e o único que o cumpliu foi Charlie, o resto dos rapaces levaron os dous pais; outra cousa da que m percatei é que no capitulo 25 no ascensor ían o señor Wonka, Charlie e o avó Joe, Mike Tele e os seus país, sen embargo no debuxo correspondente da Páxina 178 non aparece o señor Tele, tal vez un neno de 11 anos de idade non se percate, pero chamoume moito a atención a sua ausencia, xa que no texto mencionan que ía no ascensor.

    A miña puntuación é dun 8,5 xa que ten todo o necesario para que un neno e incluso un adulto disfruten.

    4




    Descargar
    Enviado por:Lias9
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar