Literatura


Carlos Drummond de Andrade


1. Biografía, 2

2. A Poesía de Carlos Drummond de Andrade,5

2.2. Dúas actitudes estilísticas,5

2.2. Etapas, 6

2.3. Constantes temáticas, 10

3. Bibliografía, 16

3.1. Fontes primarias, 16

3.2. Fontes secundarias, 13

3.3. Recursos web, 16

Carlos Drummond de Andrade naceu en Itabira do Mato Dentro, Estado de Minas Gerais, Brasil, no ano 1902. Fillo de Carlos de Paula Andrade, facendeiro, e de dona Julieta Augusta Drummond. Ata o 1919 vivui na súa cidade natal; pasou logo a Belo Horizonte, capital do Estado, onde iniciou os seus estudios secundarios. Por motivos de saúde víuse obrigao, sen embargo, a interrumpilos pouco despois e , tras unha convalecencia bastante prolongada, retomounos no 1918, pero agora na cidade de Friburgo.

No ano 1920 voltou a establecerse, esta vez con toda a súa familia, en Belo Horizonte. Datan de esta época os seus primeiros traballos periodísticos, aparecidos no Diario de Minas así como os seus contactos iniciais cos intelectuais mineiros, voceiros dos ideais modernistas: Milton Campos, Emilio Moura, Aníbal Machado, Pedro Nava e moitos outros. Daquela defendeu algúns dos seus textos en Río de Janeiro, a través da revistas Para Todos e Ilustração Brasileira.

En Belo Horizonte coñeceu a Mário de Andrade e a Tarsila do Amaral, líderes do Modernismo e figuras centrais da vida artística de São Paulo. Co primeiro, Drummond de Andrade trabou unha amizade intensa e duradeira, e a partir do 1924 iniciou un sostido intercambio epistolar Manuel Bandeira, a quen habería de considerar a voz de máis fondura e máis alta da poesía do Brasil.

No 1925 regresou da Facultade de Farmacia, pero non chegou nunca a exerce-la súa profesión. Ese mesmo ano casou con Dolores Morais, con quen habería de ter unha única filla: María Julieta. Pero antes da paternidade, no ano 1925, Carlos Drummond de Andrade coñeceu as alternativas da dirección dun órgano periodístico. Titulouse A Revista, e o seu lado, no timón dese voceiro do Modernismo, estiveron os seus amigos Martins de Almeida, Emilio Moura e Gregoriano Canedo.

No 1928, tras exerce-lo cargo como profesor de xeografía e portugués en Itabira, e como redactor no Diario de Minas, pasou a traballar na Secretaría de Educación do seu Estado natal. No ano 1934 trasladouse definitivamente a Río de Janeiro, pasando a ocupa-lo cargo de xefe de gabinete de Gustavo Capanema, novo Ministro de Educación e Saúde Pública. Catro anos antes, no ano 1930, publicou o seu primeiro libro, Alguma Poesía, nunha edición de 500 exemplares. No 1934, apareceu Brejo das Almas, no 1940, Sentimento do Mundo, en edicións de 200 e 150 exemplares respectivamente. As súas Poesías reunidas editáronse no 1942, cando o escritor contaba con corenta anos, e moi pouco despois publicou José, e axiña A Rosa do Povo (1945).

Cando rematou a guerra e caeu a dictadura de Vargas, foi codirector, durante un corto período, do diario Tribuna Popular. Voltou logo ó Ministerio de Educación e ata o ano 1962 traballou, a invitación do seu amigo Rodrigo de Andrade, na Dirección do Patrimonio Histórico e Artístico Nacional. Ós sesenta anos, Carlos Drummond de Andrade xubilouse, co cargo de Xefe de Sección da citada entidade. Mentras, a súa proxección literaria no Brasil creceu paralelemente ó seu afianzamento expresivo. No 1946 recibira o “Prêmio ao Conjunto da Obra” da Sociedade Felipe D'Oliveira. En 1948 agrupou novamente a súa producción poética nun tomo titulado Poesía até Agora. Con menos de cincuenta anos de idade, Carlos Drummond de Andrade xa era considerado pola crítica como un dos máis importantes poetas do Modernismo xunto con Manuel Bandeira e Mario de Andrade.

Moi poucas veces saiu Drummond de Andrade do seu país. A súa primeira viaxe ó exterior tivo lugar no ano 1950, cando foi a Bos Aires, por mor do nacemento do seu primeiro neto, Luis Mauricio. De feito, a súa filla María Julieta residía nesa cidade, casada daquela co avogado e traductor Manuel Graña Etcheverry.

É a partir desta década, a dos anos cincuenta, cando a súa obra comeza a ser coñecida e recoñecida no extranxeiro: poemas seus aparecen en Arxentina, Alemaña, Estados Unidos. Seguiron logo as traduccións ó sueco, ó checo, ó francés e unha considerable difusión continental latinoamericana. O seu prestixio nacente en tan distintas latitudes veríase ensanchado polos libros que deu a coñecer neses mesmos anos 50: Claro enigma (1951), Viola do Bôlso (1952); Fazendeiro do Ar (1954) e Poemas (1959). Paralelamente, dende o ano 1954, o poeta foi desenvolvendo unha sostida labor no periodismo carioca, especialmente ata o 1968 e no Correio Manhã; No 1968 fíxose cargo dunha sección de crónicas no suplemento cultural do Jornal do Brasil coa que o seu prestixio deuse en transformar en franca popularidade. Mentras tanto, nos 60, Drummond de Andrade sacou á luz catro obras de poesía: Lição de Coisas (1962); Versiprosa (1969), Boitempo (1968) e Reunião (1969).

En 1963, o escritor contaba xa con setenta anos. A súa productividade, sen embargo, non decreceu: As Impurezas do Branco (1973); Menino Antigo (1973); Amor, Amores (1975) e Discursos de Primavera (1977) son os catro libros que preceden ó tan suxestivamente titulado Esquecer para Lembrar (1979).

Admirado e valorado tanto pola súa obra como polo seu comportamento como escritor, Carlos Drummond de Andrade morreu en Rio de Janeiro, no día 17 de agosto de 1987, poucos días despois da morte de súa única filla, a cronista Maria Julieta Drummond de Andrade. Aproximábase o poeta nese momento ós oitenta e cinco anos de idade. Na primeira metade desa década publicara os seus tres derradeiros libros de poesía: A Paixão Medida (1980); Corpo (1984) e Amar se Aprende Amando (1985).

2. OBRA

2.1. Introducción

Os principais historiadores do Modernismo no Brasil adoitan incluir a poesía de Carlos Drummond de Andrade na segunda fase do movemento, iniciada por volta de 1930. Respecto disto, di Gilberto Mendoça Telles que hai muitas verdades e algun erro, xa que sería máis axeitado inscribi-las súas primeiras obras tales como Alguma Poesía ou Brejo das almas nesa etapa do Modernismo, sobre todo por mor da data de publicación, no lugar do conxunto da poesía drummoniana.

Dende entón publicou numerosos libros de poemas, cada un deles instaurou case sempre un novo proceso poético e unha nova perspectiva da linguaxe, polo que afirma Gilberto Mendoça: “há por certo erro quando se tenta subordinartoda a poesia desse autor às características da segunda fase modernista, como se toda a sua obra poetica houvesse ficado presa às limitações expressionais da época”, sendo ademáis un dos trazos principias da obra deste autor a ampliación de tendencias poéticas, timidamente enunciadas nos primeiros libros.

2.2. Dúas Actitudes Estilísticas

Segundo Gilberto Mendoça Telles1, podemos falar de dúas actitudes que son, ademáis, complementarias:

Un primeiro estadio, que poderiamos nomear de obxectividade e preocupación social; o poeta é realmente obxectivo, mais no sentido de que se atopa máis próximo ás cousas, ós homes e ós acontecementos; de aí os temas sociais e populares. O poeta é solidario, como tamén o é a súa linguaxe respecto das innovacións modernistas. A medida que se aproxima ó ano 1945 comeza a predominar a contención expresiva e a experiencia técnica, case descoñecida nos primeiros libros (Alguma Poesía, 1930, Brejo das Almas, 1934).

É con Sentimento do Mundo e especialmente A Rosa do Povo cando os grandes temas sociais acadan as máis altas acometidas da poesía social no Brasil, dende Castro Alves. Estes poemarios transmiten o sentimento de solidariedade xunto coa outra dimensión temática de grande peso nestes textos: a preocupación pola palabra e o poema, pola linguaxe poética.

O segundo estadio o confoman as obras Novos Poemas (1948), Claro Enigma (1951), Viola de Bolso (1952), Fazendeiro do ar (1954), Lição de coisas (1962), Boitempo (1968), etc. Drummond sae das das inclinacións estilísticas do primeiro para adentrarse “na vertente luminosa de sua obra poética, prevalecendo aquí toda a inquietação expresiva do poeta”, lanzada á construcción dun universalismo estético. Xa se prenta máis subxectivo, a solidariedade transfórmase en soidade.

O ton coloquial que dominou no primeiro momento da súa poesía vai diminuindo en canto que as imaxes van gañando maior densidade. Estamos, pois, na dirección dun formalismo estético, que non se esgota por causa do proceso experimental ó que se entrega o poeta escrupulosamente.

2.2. Etapas

A súa obra creceu por acumulación: cada colección remata unha fase e introduce outra. O seu primeiro libro opúsose ós clixés, á dicción estilizada e ás convencións literarias. Como os modernistas, sen embargo, no seu traballo unía o universal co íntimo e persoal, sen permitirse nada rítmico, na crenza de que, a menos que as palabras concurran cunha asociación de ideas, a rima é inútil. Ainda así, Podemos trazar varias etapas que agrupen estes poemarios:

% Poesía irónica. 1925-1940

É a fase da poesía coa marca do modernismo de 1922, nunha versión mineira . Nace a través de Alguma Poesia e Brejo das almas o Drummond dos versos anecdóticos e irónicos.

Alguma Poesía (1930), anunciou a segunda fase do Modernismo. A aparente inxenuidade destes versos é enganosa, a súa simplicidade enmascara a medias unha profunda e sofisticada ironía que ofrece ó lector un inquietante sentido do absurdo do vivir. O libro inclúe “No meio do caminho”, un poema que causou violentas reaccións de parte dos puristas. É un resumo dun dos aspectos da vida moderna: tódolos nosos camiños están bloqueados, debemos ir dun sitio ó outro coa permanente obsesión de que existe o obstáculo.

Para Drummond de Andrade, a vida mesma é unha idea “imposible”. A súa preocupación polos procedementos da escritura poética e a súa “imposibilidade”, leváronlle, en contraste coas puntillosas investigacións metafísicas y fenomenolóxicas, a unha linguaxe tinxida de humor e ironía onde descre incluso das súas propias capacidades. Alguma Poesía está composto dende a timidez, humildade e precaucións dun poeta en comunión cos sentimientos do mundo.

% Poesía social. 1941-1945.

O poeta déixase envolver pola realidade e canta a impotencia e soidade nun mundo mecánico, o sofrimento e a solidariedade do ser humano. Temas aborados en tons ora esperanzados, ora desesperanzados, coa mesma ironía e humor están presentes nos libros Sentimento do Mundo, José, A Rosa do Povo.

Sentimento do mundo (1940) foi publicado en plena Segunda Guerra Mundial e marca un cambio de rumbo no su estilo e temática. Os xogos da infancia e os xardíns de provincia dos seus primeiros poemas aparecen irrelevantes ante a catástrofe que se estaba a vivir; os seus poemas foron entón un amargo rencontro da estupidez e a desorde do mundo, a indiferente debilidade dos políticos e industriais, atopando tan só esperanza para o ser humano nos ideales de solidariedade da clase obreira.

José (1942), é un dos máis populares poemas contemporáneos. José é símbolo humano de Brasil e do seus dolorosos problemas

A Rosa do Povo (1945) é o máis destacado dentro dos seus poemas de cometido político, é o mellor exemplo porque expresa a dor colectiva e a miseria do mundo moderno, o seu mecanicismo e materialismo. Revela o conflicto dun rebelde que, desexando permanecer ó carón do pobo, identificándose cos problemas da xente, non abandona a súa personalidade aristocrática de artista. Os sentimientos revolucionarios da súa poesía non se confunden coa masa para axudala a coñece-las súas propias debilidades e necesidades, senón que transfigura a inconformidade e a rebeldía para que a elite poida compartilos. A diferencia da poesía de Castro Alves, na que a inspiración nacía directamente do pobo, para regresar ata el en formas e asuntos populares, na de Drummond de Andrade a inspiración xorde de si mesmo, sen facer concesións ó gusto ou a moda ideolóxica de entón, xestando un estremecemento como resultado do encontro, no poema, das actitudes refinadas do artista e o seu esforzo para comprender ós Outros.

O que vino despois foi a poesía “pura”, nun intento por reconcilia-las formas tradicionais coas libertades introducidas polo Modernismo. Pero xa dende o ano 1945 mostrara a súa fondura e a perfección do seu instrumento poético.

% Poesía metafísica. 1946-1958.

Coa publicación de Poesía Até Agora (1948) e Claro Enigma (1951) alcanzou a mestría absoluta dos seus recursos técnicos e estilo persoal. Nestas coleccións (e nos poemarios que seguiron durante a década dos cincuenta) as angustias derivadas da guerra cederon perante unha nova serenidade do seu espírito, dando a impresión de que o poeta chegara a un momento onde se atopába a gusto consigo mesmo e co mundo. As conviccións sociais aparecen todavía en Fazendeiro do Ar (1954), mais o ton é menos enfático, o socialista de antes desapareu e descre que as inxustizas e o sufrir do ser humano poidan ser redimidos mediante os activismos políticos.

En Claro Enigma o poeta busca o real través de interrogacións e negacións que lle revelan o vacío, a nada e o desencanto que sempre acompañan ó home.

% Poesía objectual. 1962-1968

Ó estilo anecdótico debe Drummond de Andrade boa parte da fama, así o termo non sexa hoxe axeitado para describir ese a cotío torto, seco e nada sentimental humor, que permanece ben reconocible na súa obra. Un humor feito de inesperadas combinacións de palabras, imaxes cómicas, usadas para presentar un pensamento tráxico estados de saudade. Aínda cando non hai un gran gozo de vivir na súa obra, tampouco hai desesperación; o poeta mira filosóficamente a vida, sen esperanza de felicidade, pero ó mesmo tempo atopa nela grande interese e valor. A súa natal Itabira acada un papel mítico na súa poesía, procurando nas suas paisaxes, xentes y ancestros, cun amplo sentimento de fraternidade, os traballos do mundo, a angustia do seu tempo, raíces do home contemporáneo.

Na poesía de Lição de Coisas (1962) enfatiza a linguaxe nominal e os aspectos visuais e sonoros, valoriza obxetos e cousas, violando e desintegrando a palabra. De feito, Drummond radicalizou procesos estructurais que sempre marcaran o seu modo de escribir. A atención ó nome en sí remóntase ós poemas de 1942 (vid. “O Lutador”) e de 1943 (vid. “Procura da Poesía”) e as afirmacións críticas en boca do propio Drummond no libro de prosa Confissões de Minas (1944):

À medida que envelheço, vou me desfazendo dos adjetivos. Chego a ver que tudo se pode dizer sem eles, melhor que com eles. Por que “noite gélida”, “noite solitaria”, “profunda noite”? Basta “a noite”. O frio, a solidão, a profundidade da noite, estão latentes no leitor, prestes a envolvê-lo, à simples provocação dessa palabra “noite”.

% Últimas obras. 1968-1987.

Poemarios como Boitempo (1968); As Impurezas do Branco (1973); A Paixão Medida (1980); Corpo (1984) e Amar se Aprende Amando (1985) son obras nas que a temática do amor vai adquirindo grande peso progresivamente (ó tempo que o eclecticismo que amosan), caracterizándose as últimas polo seu erotismo.

3. Constantes temáticas

! Temas universais.

Carlos Drummond de Andrade, ó longo da súa traxectoria poética, mantivo unha serie de constantes temáticas, unha serie de inquietudes que podemos rastrexar nos seus poemarios, e percibir tamén como foi modificando o punto de vista sobre estas cuestións co transcurrir do tempo.

Un destes motivos é a visión que de si mesmo ten o poeta. O primeiro poema de Alguma Poesía é o coñecido “Poema de Sete Faces”, no que lemos como primeira estrofa:

Quando nasci, um anjo torto

desses que vivem na sombra

disse: Vai, Carlos! ser gauche na vida.

A palabra gauche, de orixe francesa, corresponde a “esquerdo” en portugués, que, en sentido figurado, ven a significar “torpe”: é así como o poeta se ve. Na superación deste conflicto, entra a poesía, un vehículo posible de comunicación entre a realidade interior do poeta e a exterior. Variantes da palabra gauche (como esquerdo, torto, canhestro) aparecen por toda a súa obra, revelando sempre a oposición eu lírico versus mundo, que se resolverá de diferentes maneiras.

Esta visión humilde ó tempo que irónica aparece en calquera dos seus libros, así, por exemplo, lemos no poema “América” de A Rosa do Povo:

Sou apenas um homem.

Um homem pequenino à beira de um rio.

O tempo é un dos aspectos que concede unidade á poesía de Drummond: o tempo pasado, o presente e o futuro como tema.

Toda a traxectoria do poeta, calquera que sexa o asunto tratado) caracterízase por unha tentativa de coñecerse a si mesmo e ós outros homes, a través da volta ó pasado, da adhesión ó presente e da proxección nun futuro posible.

O pasado rexurde moitas veces na poesía de Drummond, e sempre como contraste, sempre como oposición á realidade presente. A terra natal (ltabira) transfórmase entón no símbolo do ambiente cultural e afectivo vivido polo poeta. Nos primeiros libros, a ironía predominaba na observación dese pasado; máis tarde, o que predomina son as impresións gravadas na memoria. Transformar esas impresións en poemas significa reinterpretar o pasado con novos ollos. O ton agora é afectuoso, xa non irónico. (P.ex. “Infância” ou “Confidencia do Itabirano”).

Da análise da súa experiencia individual, da convivencia con outros homes e do momento histórico, resulta a constatación de que o ser humano loita sempre para sair do illamento, da soidade. Neste contexto cuestiónase a

existencia de Deus.

O pasado renace nas reminiscencias da infancia, da adolescencia e da terra natal. A adhesión ó presente concretízase cando o poeta se compromete coa súa realidade histórica (poesía social). O tempo futuro aparece na expectativa dun mundo mellor, resultante da cooperación entre tódolos homes.

Nos primeiros libros de Drumond, o amor merece tratamento irónico. Máis tarde, o poeta procura aprehender a esencia dese sentimento, e só atopa as contradiccións que se revelan no antagonismo entre o definitivo e o pasaxeiro, o pracer e a dor. Aínda así, esas contradiccións non destitúen ó amor da súa condición de sentimento maior: a ausencia de amor é a negación da propia vida. O amor-desexo, paixón, vai aparecer con máis frecuencia nos seus últimos libros, nos que o erotismo transformarase en linguaxe da mellor calidade poética. (P.ex. “Corporal” ou “A Paixão Medida”).

!O compromiso social.

Moitos poemas de Drummond son denuncia da opresión que marcou o período da Segunda Guerra Mundial. A temática social, resultante duna visión dolorosa e penetrante da realidade, predomina en Sentimento do Mundo e A Rosa do Povo, obras que non escapan a unha tendencia observable en todo o mundo, na época: a literatura comprometida coa denuncia da ascensión do fascismo nazi.

A conciencia do tenso momento histórico produce a indagación filosófica sobre o sentido da vida, pregunta para a cal o poeta só atopa unha resposta pesimista, aínda que deposita certas esperanzas na solidariedade humana.

Imos rastraxar estes supostos nos seus poemas, con especial atención a A Rosa do Povo:

“O Medo” é un dos textos máis opresivos da obra de Drumond. Trátase dunha cadencia formada pola repetición exhaustiva da palabra medo, que ven a representa-lo sentimento predominante da época das dictaduras, da represión, das guerras e das masacres. O medo vai tecendo unha rede sobre os seres, impedíndolles pensar e protestar. Toda acción humana semella programada para evidencia-lo imperio do pánico. Parce que chega a apuntar unha posibilidade de rebelión en certo punto do poema, mais esa ansia libertaia non se torna consistente, esmagada polo terror frío e insidioso que se inroduce nas persoas ata tal punto que ata os fillos herdarán a falta de coraxe dos pais, e nada quedará á humanidade senón o baile do medo.

Un significativo grupo de poemas reflexan a transición dun clima opresivo, no que o individuo en crise e un sistema desolador se identifican, cara unha atmosfera esperanzadora e de afirmación do novo. “A Flor e a Náusea” é un dos poemas máis representativos desta liña que toma a poesía comprometida drummoniana. O poema amosa un mundo alienado a través duna cidade asfixiante onde todo está absolutamente mecanizado: os homes son autómatas. O poeta vaga por esta cidade, cheo de angustia, de angusia existencial, e anda a pensar en vomita-la súa náusea (sartreana, por suposto). O final do poema sucede algo sorprendente: o nacemento duna flor no asfalto desa cidade gris, unha flor fea e raquítica, pero que representa a emerxencia de algo novo, e de algo que xorde para rompe-la cosificación e a náusea, algo que traspasou o odio.

“Nosso Tempo” retrata a vida cosificada das masas urbanas e a alineación contemporánea. A traés de imaxes surrealistas, mostra a homes masacrados pola rutina, indiferentes ós horrores da sociedade industrial-capitalista. Unha declaración panfletaria pecha o poema, onde o poeta comprométese con esta sociedade oprimida polo capitalismo, dicindo que promete ajudar a destruí-lo.

Inmerso nunha era onde a barbarie ameazaba á civilización, o poeta entende que a solidariedade humana non bastaría: sería necesario que o individuose suxeitase a un sistema de ideas en que a organización e os intereses colectivos prevalecesen.

O marxismo, na súa formulación soviética, xorde entón como a posibilidade redentora do home. A actuación da URRS na Segunda Guerra Mundial é o combustible nesta expansión ideolóxica. Hai en todo o Occidente unha expresiva fraternidade co pobo ruso e o seu réxime: Drummond non escapa da seducción comunista, que se traduce a algúns poemas como, por expemplo “Carta a Estalingrado”, onde Drummond traspasa a exaltación dos feito militares da cidade rusa, vislumbrando na resistencia os sinais dunha orde histórica.

!O sentido da vida

Entre os múltiples temas de Drummond, un dos máis importantes é o cuestionamento do sentido da vida: soidade, angustia e incomunicación son os vértices deste tema que percorre toda a súa producción. Dende o famoso “No Meio do Caminho”, no que resume a vida moderna como un ir e vir para só topar co obstáculo (tódolos camiños están bloqueados) ó coñecido poema José. “José” é símbolo humano do Brasil e dos seus dolorosos problemas.

É recurrente tamén, fronte a este sentimento de soidade e desesperanza, atopar un certo sentimento de resistencia ó tempo que de aceptación da vida como é irremediablemente conflictiva e contradictoria. Son poemas escritos dende unha perspectiva estoica, dunha resignación tráxica. Por exemplos “Os hombros suportam o mundo” ou “Consolo na Praia”.

! A conciencia creadora.

A reflexión sobre a creación poética foi un tema que preocupou a Drummond de Andrade ó longo de toda a súa producción, “Mãos Dadas”, de 1940 é un dos numerosos poemas- manifesto, no que revela a perplexidade ante os acontecementos da Segunda Guerra Mundial. A única é a do presente, e por iso o presente é a materia do poeta, que debe estar comprometido co seu tempo.

Os poemas “Consideração do Poema” e “Procura da Poesia” abren o poemario A Rosa do Povo: iso xa revela a importancia que Drummond confire ó problema do facer literario, porque en ambos establece a tentativa de fixación dunha poética.

En “Considerção do Poema” o escritor quere romper coa poética tradicional, comezando por destruir o convencionalismo das vellas rimas. Tamén quere romper coa idea de que non tódalas palabras son aptas para a poesía: todas poden servir ó seu desexos de expresión. É unha expresión nova a que o poeta defende: o seu proxecto inscríbese nas coordenadas duna modernidade radical.

En “Procura da Poesia” , a poesía suprime a subxectividade e o modo obxectivo, é un obxecto válido en si mesmo.

Houbo sectores da crítica que atoparon unha contradicción entre estes dous poemas, porque ven neles a afirmación de realidades antagónicas: un, o dominio do compromiso social, outro, o imperio da linguaxe. Outros críticos, atopan, sen embargo, que “Considerção do Poema” corresponde ó proxecto ideóloxico do autor, mentras que “Procura da Poesia” traduce o seu proxecto estético, existindo entre eles unha variación de enfoque. Os dous poemas forman un conxunto coherente, por estaren construidos sobre unha concepción dialéctica da poesía.

3.1 Fontes Primarias

Drummond de Andrade, Carlos: Obra poética, 2º volume, Mem Martins, Publicações Europa-América,1989.

Drummond de Andrade, Carlos, Seleta em prosa e verso, Rio de Janeiro, José Olympio, 1976.

3.2 Fontes Secundarias

Bosi, Alfrado, História Concisa da Literatura brasileira, São Paulo, Cultrix, 1999, pp. 386-388, 440-446.

Kovadloff, Santiago: “Drummond de Andrade: el salto hacia la luz”, Cuadernos Hispanoamericanos, 469-70, jul.-ago. 1989, Madrid, pp. 111-131.

Saraiva, Arnaldo:”Nota Introdutória. Um poeta Universal”, en Carlos Drummond de Andrade: Obra poética, 2º volume, Mem Martins, Publicações Europa-América,1989, pp. 9-24.

Siebenman, Gustav, Poesía y poéticas del siglo XX en la América Hispana y el Brasil, Madrid, Gredos, 1997, pp.386-390.

Telles, Gilberto Mendoça, Estudos de Poesía Brasileira, Coimbra, Almedina, 1985, pp. 93-98, 189-209.

--------“A Liguagem Criadora de Drummond”, en Drummond de Andrade, Carlos, Seleta em prosa e verso, Rio de Janeiro, José Olympio, 1976, pp..205-223.

3.3. Recursos web

http://www.carlosdrummond.com.br/index.html

http://www.releituras.com/drummond

Gilberto Mendoça Telles, 1976.

Gilberto Mendoça Telles, 1985.

Alfredo Bosi, 1999.

ÍNDICE

1. BREVE BIOGRAFÍA

2. A POESÍA DE CARLOS DRUMMOND DE ANDRADE

3. BIBLIOGRAFÍA




Descargar
Enviado por:Carmela
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar