Geografía


Carballo


INDICE.

INTRODUCCION.

1.- ¿ONDE ESTAMOS?.UNHA RESEÑA XERAL. Páx.

1.1.- MAPA ESPECIFICO E A SUA EXPLICACION. Páx.

1.2.- DIVISION POR PARROQUIAS. Páx.

1.3.- A POBOACION E A SUA EVOLUCION. Páx.

1.4.- CLIMA. Páx.

1.4.1.- VEXETACION DE BERGANTIÑOS. Páx.

1.4.2.- FAUNA. Páx.

2.- BREVE RESEÑA HISTORICA. Páx.

2.1.- AQUELES PROSPEROS ANOS TRINTA. Páx.

2.2.- TOPONIMIA URBANA DE CARBALLO. Páx.

3.- DEMOGRAFIA.

3.1.- O GRAN DESPOBOAMENTO DAS PARROQUIAS

DO CONCELLO. Páx.

3.2.- CAUSAS QUE CAUSARON O CRECEMENTO DA

POBOACION. Páx.

3.3.- NACEMENTOS, DEFUNCIOS E CRECEMENTO

REXENERATIVO NO CONCELLO DE CARBALLO. Páx.

3.4.- PIRAMIDE DE IDADES ESTRUCTURAIS DA

POBOACION DE CARBALLO. Páx.

4.- ACTIVIDADES ECONOMICAS EN CARBALLO. Páx.

4.1.- SECTOR DE PRODUCCION.¿A QUE NOS

DEDICAMOS?. Páx.

4.2.- O MUNDO LABORAL. Páx.

5.- INFRAESTRUCTURAS. Páx.

5.1.- O ENSINO. Páx.

5.2.- SANIDADE. Páx.

5.2.1.- CONTROL ALIMENTARIO. Páx.

5.2.2.- INSTALACIONS SANITARIAS. Páx.

5.3.- COMUNICACIONS. Páx.

5.3.1.- INFORMACION URBANISTICA. Páx.

5.3.2.- SISTEMA XERAL VIARIO. Páx.

5.3.3.- AS GRANDES INFRAESTRUCTURAS

TERRITORIAIS PREVISTAS E

EXECUTADAS. Páx.

5.3.4.- TIPOS DE TRANSPORTES. Páx.

5.3.5.- TIPOS DE COMUNICACIONS. Páx.

6.- ACTIVIDADES CULTURAIS. Páx.

6.1.- O PROGRAMA DE DEPORTE MUNICIPAL

IDADE ESCOLAR. Páx.

6.2.- CAMPAÑA DE NATACION ESCOLAR. Páx.

6.2.1.- CAMPAÑA DE NATACION ESCOLAR

“APRENDER A NADAR”. Páx.

6.2.2.- ESCOLA DE NATACION E PER-

FECCIONAMENTO. Páx.

6.3.- ESCOLA TALLER DE CARBALLO. Páx.

6.4.- ASOCICIONISMO EN AUXE. Páx.

7.- PATRIMONIO HISTORICO-ARTISTICO E LUGARES

DE INTERES TURISTICA. Páx.

7.1.- A ARTE NAS DIFERENTES PARROQUIAS. Páx.

7.2.- A PONTE LUBIANS. Páx.

7.3.- VINTECINCO ANOS XUNTOS CONSTRUINDO

A IGREXA. Páx.

7.4.- RAZO E BALDAIO.¡O GRAN TURISMO!. Páx.

7.5.- DA COR VERDE. Páx.

7.6.- CREZAS NOS NOSOS ANTEPASADOS. Páx.

7.7.- FESTIVIDADES DO CONCELLO. Páx.

8.- CAMBIOS QUE SE LEVARON A CABO NO CONCELLO. Páx.

CONCLUSION. Páx.

BIBLIOGRAFIA. Páx.


INTRODUCCION.

Con este traballo imos intentar explicar e coñecer un pouco mais o noso concello de Carballo. A súa situación xeográfica, extensión, parroquias, lugares, habitantes, etc.

Intentaremos recoller a variedade, a diversidade -e iso pensamos que sería bo- unha imaxe de conxunto de todo o concello no que habitamos. Variedade, diversidade que, ó noso entender, informan a realidade máis viva e actual do noso concello, tanto no ámbito pasado como no actual. Abiscamos temáticas certamente presentes hoxe en cada unha das parroquias que forma o concello. Un percorrido sequera mínimo por tódalas parroquias, sobretodo na última década.

Sen pretensión de establecer unha panorámica coherente, para o que, en primeiro lugar, carecemos de perspectiva pensamos que os diversos temas realizados son bastante indicativos para coñecer o noso concello polo menos un pouco mellor.

Un feito interesante é o apartado que adicamos ás romarías, lendas e crenzas.

Para rematar, á vista do traballo presentado queremos indicar que globalmente quedamos moi satisfeitos do noso concello.

1.- ¿ONDE ESTAMOS?. UNHA RESEÑA XERAL.

O ámbito xeográfico de concello presenta límites ó Este cos municipios de Laracha e Cerceda, ó Oeste faino con Malpica, Ponteceso e Coristanco, polo Su con Tordoia e as terras de interior, lindando finalmente ó Norte coas costas de Razo e Baldaio. Esta situación indica unha orientación Norte-Sur do concello.

1.1.- MAPA ESPECIFICO E A SUA EXPLICACION.

A parroquia máis extensa en superficie do concello é Rus, con 24,3 Km2, seguida de cerca por Sofán, con 23,7 Km2. Ambalas dúas parroquias ocupan case o 26% do total de superficie do concello, aínda que a nivel poboacional só representan o 12,1%. A moita distancia sitúanse Bértoa, Cances e Oza, por esta orde. As de menos extensión son Aldemunde, Goians e Noicela.

E notable a densidade de poboación de parroquia de Carballo, aínda que por outra banda é lóxico se temos en conta que ocupa nada mais que o 4,01% do territorio e concentra ó 50% da poboación. Sísamo é a segunda parroquia en densidade. O resto que supera a densidade de 100 son Verdillo e Bértoa. Pola contra, as densidades máis baixas rexístranse nas parroquias de Aldemunde, Vilela e Rebordelos.

Podemos ver grandes zoas de protección forestal e paisaxe distribuídas polo concello. Sobre todo nas parroquias de Rus, Sofán, Entrecruces, Oza, Razo e Cances.

No que se refire ao chan urban só existe na parroquia de Carballo e en moi pequenas cantidades. En todo o concello só existe unha zoa de equipamento, ésta está situada na parroquia de Bértoa. Esta mesma parroquia tamén coa maior zoa de chan industrial de todo o concello, donde podemos observar unha grande extensión de terreo adicada a esta faceta. Tamén existe unha pequena zoa de chan industrial na parroquia de Rus e de Carballo, pero nada comparable coa de Bértoa. Podemos ver unha zoa moi pequena na parroquia de Carballo ó lado de casco urbano destinada a chan apto para urbanizar que pilla unha zoa residencial de baixa densidade.

Os cauces fluviais do río están protexidos en todo o concello. Tamén existen unhas paraxes naturais en Baldaio e Razo. Este último é o de maior lonxitude e extensión. Actualmente existen máis de trescentos núcleos rurais repartidos por todo o concello. O máis importante podemos dicir que está situado Artes e Verdillo que vai desde o Campo da Feira de Artes ata Xeixas en Verdillo. A parroquia de Sofán é a que conta con máis núcleos rurais de poboación, esto pode ser debido á súa grande extensión de terreo, seguida de Sofán. Pero o que máis destaca en todo o concello é a grande extensión adicada a cha non utilizable non protexido, o cal é unha gran perda xa que ese terreo podía ser moi beneficiable para o concello de Carballo.

1.2.- DIVISION POR PARROQUIAS.

O concello de Carballo está dividido en 18 parroquias. Estas parroquias son as seguintes:

Aldemunde, Ardaña, Artes, Bértoa, Cances, Carballo, Entrecruces, Goians, Lema, Noicela, Oza, Razo, Rebordelos, Rus, Sísamo, Sofán, Verdillo e Vilela.

Todas estas parroquias están formadas por máis de trescentos núcleos de poboación. Destacando os máis importantes nesta sentido Sofán e Rus, mentres que Aldemunde é a parroquia que menos núcleos de poboación ten.

O concello de Carballo conta cunha superficie de 187,20 Km2.

ALDEMUNDE.

Festas patronais: 22 de xullo.

UNHA OLLADA: (Fonte: libro do concello)

Polas empinadas costas de Gonzalbres chegamos á parroquia de Santa María de Magdalena de Aldemunde, que dista 10 km da cabeza do concello. No límite coas terras de Tordoia, ó surleste, e polo Norte, coas de Laracha. O monte de Pousafoles constitúe unha das maiores alturas de concello, con 477 m, que deriva ata o Rego da Ribeira de Pena, un dos brazos de Anllóns e límite natural con Laracha. E a parroquia de menor extensión de todo o municipio, e a menos poboada. Está formada por dous núcleos importantes: Aldemunde de Arriba e Tares, e outros menores como Gonzalbres, Cadaveira a Lugar de Fonte.

ARDAÑA.

Festas: 15 de Agosto (patronais) e 1 e 2 de outubro na capela de Vivente.

UNHA OLLADA: (Fonte: libro do concello).

Dista 4 km de Carballo, cara ó sur da vila. Cruza a parroquia a estrada de Carballo a Coristanco, polo Río Grande e o Rosende, ambolos dous brazos do Anllóns. E de terreo quebrado e de boa calidade, no que se cultiva gran variedade de cultivos agrícolas, sobre todo na ladeira e no val, derivación do alto da Peniqueira, de 352 m. Os núcleos máis importante son Barreiro, Igrexa, Noví, Vivente, Cesta e Quintáns, e otros de menor importancia, como Carracedo e San Mamede.

ARTES.

Festas: 23 de abril (patronais); 4 e 5 de agosto; 13 de Xuño, en Vilardefrancos, e 13 de setembro e 8 de decembro, na Capela de Santa Lucía.

UNHA OLLADA: (Fonte: libro do concello).

O val de Artes está bañado polo río Rosende, no que conflúe o Calvelo, procedentes das derivacións da serra de Montemaior. Presenta un terreo accidentado e de boa calidade. O alto do Coto do Castro é a maior altura, con 352 metros. No petón de Santa Lucía, de 202 metros, houbo nalgún tempo, unha capela xa desaparecida. Hoxe é explotado como xacemento de cuarzo e caolín, formado por terrazas sedimentarias de grande potencia, nas que abondan cantos rodados. Os núcleos son: Campo de Feira, Os Pinos, Barral, Forno, Cabalos, Aspallas, Vilardefran-cos, Pontenova, Carracedo e outros, como Vilar, Ermeade ou Quintela.

BERTOA.

Festas: 15 de agosto (patronais), 13 de xuño (San Antonio).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

Constitúe a parroquia de entrada a carballo pola estrada de A Coruña. E de terreo pouco accidentado, xa que tan só é de suliñar o Monte de Condesa, nos límites coa parroquia de Oza, de 232 metros. Está bañada polas augas do Anllóns, e outros de menor importancia, como o Rego de Queo, Rego de Abaixo, Rego Maior e Rego de Bértoa. Limita coas parroquias de Verdillo, polo leste; con Oza polo norte, coa vila polo sur, e co concello de Laracha polo noroeste. Os seus núcleos importantes son: Mirón, Leboreo, Queo de Arriba, Queo de Abaixo, Ponte e Pedreira, entre outros.

CANCES.

Festas: 29 de xullo (patronais).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

Sitúase ó oeste da capital municipal, da que a separan 4 km pola estrada en dirección a Malpica, nas derivacións de monte Neme ou Nemio, que fica ó norte. Limita cos concellos de Coristanco, polo oeste, e Malpica, polo noroeste. O terreo é pouco accidentado e está bañado polos regos de Cances e As Torres. Os núcleos máis importantes son Cances Grande e Cances da Vila, así como Campo de San Pedro, Vilariño e Liñeiro.

CARBALLO.

Festas: do 23 ó 27 de xuño (San Xoán); primeiros dee agosto (San Cristovo); primeira fin de semana de setembro (A Milagrosa); primeiro domingo de xullo (do pan, en A Brea).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

A vila de Carballo, cabeceira de concello e capital de Bergantiños, sitúase a 106 m de altitude sobre o nivel do mar. Está delimitada ó sur por Ardaña; polo leste e norleste, Artes e Verdillo; e polo norte e noroeste as de Bértoa e Oza, así como Sísamo e o concello de Coristanco polo oeste. O terreo é en xeral pouco accidentado, e está cruzado polo río Anllón, e outros brazos como o Rosende e o Rego da Balsa, o que lle confire un carácter húmido á vila. Amais do casco urbano, cóntanse os lugares de A Brea, Ponte Rosende, Cernide, A Barreira, Quintáns, Loureireos e outros, que pouco a pouco van sendo absorbidos pola vila.

ENTRECRUCES.

Festas: 24, 25 e 26 de agosto (San Xinés).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

Dez quilómetros ó sur son os que a separan da vila. Atópase situada no límite co concello de Tordoia, ó sur, e co de Coristanco polo oeste, do que o separa o río Taboaca. O terreo, con abondosos cultivos de cereixas, é irregular, con cumios formados por alturas como o monte de Vilela, de 377 m, ou o do Piñeiro da Alta, con 402 m. No fermoso lugar de Ferveda sitúase, como ben dí o topónimo, unha fervenza de 108 metros que forma o xa mentado Taboada. O pé dela situábase a primeira central hidroeléctrica do concello, hoxe en ruina. Destacan os lugares de Souto Grande, Igrexa, Outeiriños, Casais, Granxa, Cótaro e outros.

GOIANS.

Festas: primeiro domingo de setembro (patronais).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

Sitúase ó oeste do concello, distante 3 km da capital de Bergantiños. O monte Bas é unha das maiores alturas, xunto cos cumios de San Estebo, que fan raia seca con Coristanco. O chan é moi irregular, atravesado pola estrada de Malpica, polo norleste, e bañada polos Regos de Piñeiro e de Liñeiro, ámbolos dous brazos do Anllóns. Os núcleos de poboación principais son Piñeiro, Xoane da Estrada, Bas e Vilanova, e outros menores como Vilanova, Goiáns de Arriba e Constenla.

LEMA.

Festas: 10 e 11 de xuño (patronais).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

Estamos no grande Teatro que é Carballo cara ó mar. Os montes de As Eiras, Fragachán e Monte Cambre descenden suavemente ata o grande escenario da marisma de Baldaio, formando o extenso espacio húmido natural do noroeste peninsular e o extenso areal. Dista 8 km da capital, e limita coa parroquia de Razo polo oeste, coa de Oza polo sur, e Vilela, Rebordelos e Noicela polo leste, co océano como límite norte. Os núcleos son Igrexa, Castrillón, Outeiro, Cambre, A Regueira de Arriba, A Regueira de Abaixo, Centeás, Chamunqueira e Agramaior, entre outros. Hoxe, a praia está distinguida coa Bandeira Azul da CE.

NOICELA.

Festas: 8 de decembro (parroquiais).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

Sitúase a 10 km ó norte da cabeza do concello. Está dividida en dúas partes, pola parroquia de Rebordelos, que irrompe no seu territorio en forma de cuña, formando dúas unidades autónomas. O terreo forma parte do chan de Baldaio, e a parte montañosa limita con Laracha no alto de Cepatorta e Alto de Lendo, de 198 e 242 m respectivamente. E terreo moi apto para cultivo pola suavidade so seu microclima, e pola humidade que proporcionan os regatos, como os da Miñoteira pequeno, e o Guerla. Os núcleos principais son Imende, Casadelas, Noicel, Rapadoiro, eo outros.

OZA.

Festas: 16 e 17 de xullo, e 8,9 e 10 de setembro.

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

San Verísimo de Oza atópase ó norte da capital, a uns 4 km do seu núcleo. Os límites son con Malpica e Cances ó leste, Vilela e Lema ó norte, Razo ó noroeste, e Bértoa e Goians ó sur. Atravesa a parroquia o chamado Rego de Oza, que nace no lugar de As Torres. Os lugares poboados atópanse nunha superficie pouco accidentada, ata o Coto de Vernes e os montes de Oza e Canedos. Ese chan é unha completa chaira de cultivos. Os núcleos de pobocación son Encrucilladas, Serantes, Igrexa, Outeiro, Vilar de Carballo, O Rodo, Braña de Uz, entre outros.

RAZO.

Festas: 16 de xuño (patronais)

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

San Martiño de Razo atópase no extremo noroeste do concello, nas derivación do monte Neme e os montes de Oza, O Seixo Branco ergue 361 m, e monte Deira 235 m. O norte, ten o océano, ó oeste o concello de Malpica, Oza polo sur, e Lema polo Leste. Está bañado polo Rego de Oza, que verte por Arnados. O porto de Razo constitúe a única instalación deste tipo do concello. Razo é o inicio do extenso areal que vai ata Baldaio, frecuentemente visitado por numerosos viaxeiros. Os lugares máis importantes son Nétoma, Arnados, Pardiñas, Vilar de Cidre, Santa Mariña, Cambrelle e Nión.

REBORDELOS.

Festas: 6 de agosto (patronais).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

San salvador de Rebordelos iníciase no chamado Chan de Baldaio, e limita polo sur e norde coa parroquia de Noicela, á que divide en dúas. Polo oeste coa de Lema e polo leste co concello de Laracha. Oterreo é chan ata o lugar de Vilar de Peres, que deriva ata o val de Leira, donde decorre o rego de Chanceiras, entre herbales. Dista uns 10 km da capital, e os principais núcleos son Rebordelos, Vilar de Peres, Constenla e Leire. E unha das parroquias de menor extensión do concello.

RUS.

Festas: 15 de agosto (Santa María).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

Santa María de Rus sitúase ó oeste de Carballo, de donde dista uns 6 km. Limita ó oeste co concello de Coristanco, ó sur con Entrecruces, polo leste o concello de Tordoia, polo norte con Sofán e Artes e polo noroeste con Ardaña. Forma o extenso e frondoso val de Rus, regado polo río Taboada, límite natural con Coristanco. E a parrroquia de meirande altitude, co coto da Villariza, de 480 metros, ou Niño Corvoiro, de 476 m, Pena da Champaña, con 431 m e outras alturas. Os seus núcleos son Ramil, Igrexa, Casaldeperros, Nogareda, Canosa, Liñares, Outeiros, Barbalde e Ferrol, entre outros moitos.

SOFAN.

Festas: 6,7,8 e 9 de agosto (patronais).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

San salvador de Sofán é a parroquia máis extensa do concello. Está situada ó leste do mesmo, linda polas alturas de San Adrián de A Piña e o alto de Prearada co termo de Laracha, ademáis das parroquias de Verdillo, polo norte, Artes e Rus polo oeste, e Aldemunde polo surleste. Está bañada polo río de Carral ou Rosende, ó que van parar os regos de Seixiñas e outros pequenos regatos. Os principais núcleos son Lagarteira, Bolón, Vioño, Paradela, Tarambollo, Freixal, Cobas de Arriba e Cobas de Abaixo, Guntián, Ramiscosa, A Piña, Praza, Cotomil, Periscal e outros moitos.

SISAMO.

Festas: 25 de xullo (Santiago).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

Santiago de Sísamo está a 2 km da vila, ó oeste, con quen limita. O suroeste ten o concello de Coristanco, ó norte Goiáns, e, tamén ó oeste, con Bértoa. E de terreo pouco accidentado, somentes destacar o alto da Figueiroa, de 208 m ata as estibacións de monte Bas e o val do Anllóns. Este río, fronteira natural con Coristanco, baña a parroquia, xunto co Rego de Ramil. Os núcleos importantes son: Raíña, Bardanca, Castro, Liñares, Outeiro, O Picho, Ramil e outros menores.

VERDILLO.

Festas: 20 de agosto (San Lourenzo).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

San Lourenzo de Verdillo está situado a 4 km de Carballo cara ó leste, entre o concello de laracha, Sofán ó sur e Artes e Bértoa ó oeste. Bañada polo Anllóns e o Río Carral ou Rosende, con terreo pouco accidentado en xeral, se ben destacamos a altura de 232 m no lugar de O Moucho, que da lugar a unha baixada coara ó lugar do Añón (195 m). A maior parte dos núcleos de Verdillo sitúanse á veira da estrada xeral. Pódense citar Ganduma, Piñeiro, Esmorís, a Igrexa, Prego, Casasnovas, Campo, Seixas, Moucho, Añón e A Regueira, entre outros.

VILELA.

Festas: 29 e 30 de setembro (San Miguel).

UNHA OLLADA. (Fonte: libro do concello).

Dista da capital 8 km. Situada ó noroeste, no límite coas parroquias de Lema, Rebordelos e Noicela polo norte, e o concello de Laracha polo leste e o sur. Destaca a extensa panorámica que ofrece das extensas marismas de Baldaio, co fondo das Illas Sisargas, en terras de Malpica. Está abrigada dos ventos do sur e do leste, agás o lugar de Vilela, que se atopa no cumio do monte do mesmo nome, de 212 m. Os seus núcleos son: Castelo, San Miguel, Vilela e Salto.

1.3.- A POBOACION E A SUA EVOLUCION.

HABITANTES DO CONCELLO.

(Fonte: información facilitada polo concello)

PARROQUIA

1991

1992

1993

1994

1995

1996

CARBALLO

11.898

12.224

13.029

13.670

13.945

12.553

SISAMO

1.060

1.067

1.079

1.102

1.112

883

BERTOA

1.541

1.415

1.430

1.467

1.459

1.422

VERDILLO

1.222

1.064

1.121

1.152

1.158

1069

ARTES

744

691

737

744

742

673

ARDAÑA

860

804

856

860

852

798

GOIANS

1.291

715

717

739

512

475

CANCES

486

506

512

728

688

OZA

855

872

896

886

874

808

SOFAN

2.360

1.890

1.965

1.989

1.989

1.908

ALDEMUNDE

133

141

140

139

113

RUS

1.785

1.564

1.593

1.596

1.558

1.043

ENTRECRUCES

1.090

986

1.026

1.029

1.035

943

RAZO

836

859

884

893

909

887

LEMA

588

589

610

607

601

582

VILELA

258

250

262

258

265

245

NOICELA

581

422

580

570

569

539

REBORDELOS

234

387

237

236

236

235

TOTALES:

27.203

26.418

27.711

28.450

28.683

27.287

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Nesta gráfica podemos observar que o número de habitantes desde o ano 1991 ata o ano 1995 vai aumentando para descender vertixinosamente no ano 1996.

Se miramos a gráfica cos datos disponibles, podemos ver que a vila de carballo no ano 1991 dispoñía de uns 11.898 habitantes, o que quere dicir que se a comparamos con calquer outra parroquia do concello é a que máis número de habitantes ten. Pero os anos posteriores tamén serán moi favorables para Carballo, xa que vai crecendo a súa poboación ata o ano 1995 que chega a ter uns 13.945 habitantes. Esto pode ser dibido a que Carballo é a capital de concello. Nela pódese encontrar máis fácilmente unha vivenda e ademáis traballo. Tamén pode axudar este aumento de poboación a natalidade e sobre todo a que a xente non emigra coma antes, en anos pasados. Pero do ano 1995 ó ano 1996 hai unha gran baixada no número de habitantes de Carballo, dos 13.945 do ano 1995 pasamos ós 12.553 do ano 1996. eSto supón uns 1.392 habitantes menos. Esto pode ser debido a unha gran baixa da natalidade, e unha subida da mortalidade debido principalmente a que na vila de Carballo existe un gran número de persoas maiores, co cal é máis favorable a subida da mortalidade.

Estes penso que poideron ser os principais motivos tanto do ascenso como da gran baixada de habitantes na parroquia de Carballo.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Nesta gráfica podemos observar que o número de habitantes desde o nao 1991 ata o ano 1995 vai aumentando, aínda que moi pouquiño, para caer en picado no ano 1996. O observar a gráfica cos datos que temos podemos ver que en Sísamo no ano 1991 había uns 1.060 habitantes, para chegar ó ano 1995 con 1.112 habitantes. Esto supón un incremento duns 52 habitantes en catro anos,o que da unha media duns 13 habitantes por ano, que é unha porcentaxe moi baixa para calquera parroquia. Este pequeno aumento pódese deber á pequena natalidade que existe nesta parroquia. Pero a comparación do ano 1995 co ano 1996 é ainda moito peor, xa que podemos ver que hai un gran descenso no número de habitantes. Dos 1.112 que existían no ano 1995 pasamos a tan só 883 no ano 1996. Esto supón un descenso duns 229 habitantes que é maior ca subida dende o ano 1991 ata o ano 1995. Este descenso é debido á gran mortalidade existente, xa que Sísamo é unha parroquia moi vella, e tamén debido á pouca natalidade. Aquí tamén podemos dicir que a falta de traballo nesta parroquia influiu moito, e a xente foi para fora, ven para o extranxeiro ou para fora do concello.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Nesta gráfica da parroquia de Bértoa podemos ver que no ano 1991 é donde existen máis habitantes (1.541) ca no resto dos demáis anos con bastante diferencia. No ano seguinte, 1992, é o ano que menos habitantes ten esta parroquia. Esta gran diferencia non é moi fácil de explicar, xa que a diferencia chega ata os 126 habitantes. A única explicación que podo encontrar é unha gran mortalidade e unha moi baixa natalidade, ademáis dunha emigración ó exterior. No ano seguinte, en 1993 o número de habitantes volve a subir chegando ata os 1472. A partir de este ano ata o 1996 o número de habitantes volve a baixar sucesivamente, chegando ó seu número máis baixo no 1996. Esto quere dicir que a mortalidade seguiu constante e a natalidade foi a menos, ademáis dalgunha ca outra persoa que emigrou. Todo esto é debido a que nesta parroquia hai unha gran taxa de persoas maiores, o que é moi favorable para o aumento de mortalidade. Nesta parroquia podemos ver altos e baixos neste período, o que supón unha gran variedade destes cinco anos, de 1991 a 1996.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Na gráfica de parroquia de Verdillo podemos ver que no ano 1991 é donde hai máis habitantes, 1.222. Este é o ano no que hai máis habitantes, con bastante diferencia comparando con outros anos. No ano seguinte, en 1992 é onde hai un número de habitantes baixo, ó seu mínimo, chegando ata 1.064 habitantes. Esta gran diferencia pódese deber como na parroquia de antes, ás mesmas consecuencias, pouca natalidade, moita mortalidade, e a emigración. No ano 1993 o número de habitantes volve a subir chegando ós 1.121. Nos anos seguintes, o número de habitantes nesta parroquia volve a subir, chegando ós 1.158 habitantes, no ano 1995, desde o ano 1993 ata o 1995 o número de habitantes vai subindo sucesivamente, pero no ano 1996 volve a caer en picado, chegando case ó minimo de habitantes. Neste derradeiro ano, hai gran diferencia, e débese a unha gran mortalidade, a unha moi baixa natalidade, tamén inflúe a emigración nesta gran baixada.

Carballo
Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Carballo
Nesta parroquia a gráfica é moi parecida ás dúas parroquias anteriores. Nesta, o número máximo de habitantes é en dous anos, no 1901 e no 1994. Nestes dous anos, chega ó seu máximo a 744 habitantes. Aquí podemos ver unha gran diferencia coas parroquias que vimos anteriormente. Esta gran diferencia pode ser debida a que a parroquia de Artes é mais pequena. Nos dous anos intermedios, 1992 e 1993, podemos ver unha gran baixada (1992) e unha gran subida (1993). Esto débese igual que nas demáis parroquias a unha moita mortalidade e a pouca natalidade ademáis da emigración. Nos dous derraadeiros anos 1995 e 1996 o número de habitantes volve a baixar, chegando ó seu mínimo no 1996 con 673 habitantes.

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Esta parroquia ten a mesma definición ca anterior (Artes). Ten os mesmos altos e baixos, ademáis de coincidir con número máximo de habitantes nos mesmos anos e o mínimo tamén. Polo tanto as causas son as mesmas ca parroquia de Artes.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Esta parroquia, igual cas anteriores, o número máximo de habitantes é tamén no ano 1991, chegando neste a 1.291 persoas. No ano seguinte, en 1992 baixa moi considerablemente. Posiblemente esto é debido a unha gran mortalidade e unha moi baixa natalidade, pero tamén inflúe a emigración. No ano seguinte, en 1993, podemos considerar esa pequena diferencia de dúas persoas á natalidade. Pero no ano 1994 o número de habitantes chega ata os 739, esto pode ser debido ó aumento da natalidade e ó regreso dos emigrantes ou a persoas que tomaron a esta parroquia como nova residencia.

A partir de este ano ata o 1996, o número de habitantes baixa sucesivamente, chegando ó seu mínimo no 1996, con 475 persoas como habitantes da parroquia. Esta cantidade non chega nin a ser a metade no ano 1991, o cal significa unha taxa moi alta de mortalide, unha taxa moi baixa de natalidade, e unha emigración moi excesiva, debido a que non encontraron traballo e teñen que emigrar a outro lado, ou toman coma residencia outra parroquia ou outro lado fora do concello de Carballo.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Nesta gráfica da parroquia de Cances como podemos ver non dispoñemos de datos no 1991, polo tanto imos a empezar a valorala no 1992. Neste ano o número de habitantes na parroquia é de 486, o que significa o porcentaxe máis baixo de tódolos anos. Aquí, ó contrario das outras parroquias, empezamos co porcentaxe máis baixo, para nos anos posteriores ir aumentando. Esto quere dicir que esta parroquia tivo un aumento moi significativo da natalidade, e un porcentaxe moi baixo da mortalidade, tamén influíu algunha que outra xente que decidiu trasladarse a esta parroquia. Ata o ano 1994, o aumento dos habitantes podémolo considerar como normal, xa que a diferencia dun ano para outro é moi pequena, pero no 1995 ésta aumenta de forma vertixinosa, comparándoa cos anos anteriores, chegando ata 728 habitantes. Pero neste derradeiro ano, 1996, que podemos ver na gráfica cae o número de habitantes ata 688, debido ó contrario do acontecido nos anos anteriores: moita mortalidade e pouca natalidade, ademáis das persoas que decidiron emigrar ou residir noutro lugar.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Esta parroquia é unha das poucas que podemos considerar que segue un orde, xa que comenza con un número de habitantes baixo para ir subindo ata mediados dos anos que temos en estudio, para logo volver a baixar. Tanto a subida como a baixada do número de habitantes é contínua, quero dicir que vai aumentando o número de habitantes constantemente, o mesmo que sucede na baixada deles. Comenzamos con 855 habitantes, no 1991, ata chegar no ano 1993 a 896 habitantes. Neste período podemos considerar que a natalidade foi maior ca mortalidade, tamén lle podemos sumar algunha que outra xente que decidiu vivir nesta parroquia. A partir deste ano sucede todo o contrario, os habitanten van a menos, partindo dos 866 que subía no ano 1993 chegamos ós 808 do 1996, con unha baixada sucesiva ano tras ano.

A maior diferencia está entre o ano 1995 e o ano 1996, con uns 66 habitantes menos na parroquia. Esta gran diferencia pudo ser debida a que a natalidade baixou considerablemente, ó contrario ca mortalidade, a cal aumenta. Pero de tódolos modos ésta é unha diferencia moi grande para considerar só este inconvinte, polo tanto podemos buscalo tamén na emigración, ben sexa no extranxeiro, como para outra parroquia.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Esta é a segunda parroquia en canto a número de habitantes, cun máximo de 2360 no ano 1991. Neste ano alcanzou o seu máximo de habitantes calquera dos anos posteriores a cantidade de habitantes é menor.

En 1992 o número de habitantes chega tan só a 1890, o que significa a menor cantidade de habitantes ca que conta a parroquia de Sofán no período comprendido entre o ano 1991 e o ano 1996. Esta gran diferencia pode ser debida a unha gran mortalidade e sobre todo a unha gran emigración para o exterior de dita parroquia. Pero no ano seguinte, en 1993 o número de habitantes volve a subir nunha cantidade que podemos considerar moi alta. Penso que esto é debido á gran cantidade de persoas que volveu da emigración. Nos dous anos seguintes temos a mesma cantidade de habitantes, 1989. Aquí podemos ver un pequeno equilibrio destes anos, pero esto é un pequeno engano, xa que no 1996 o número de habitantes baixa considerablemente chegando ós 1908. Esta gran diferencia é debida a que a xente principalmente volveu a emigrar, e a un alto nivel de mortalidade comparado ca natalidade, o que supón unha disminución de persoas.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Esta é a parroquia de todo o concello que conta con menos habitantes. O seu máximo foi no 1993, chegando ós 141 habitantes, o que significa unha porcentaxe moi baixa, e debido á pequena superficie coa que conta esta parroquia.

No ano 1992 esta parroquia conta con uns 133 habitantes, empezamos neste ano porque no 1991 non dispoñemos de datos. Nos anos posteriores, 1994 e 1995, a cantidade de habitantes é moi similar á do ano 1993, con tan só un habitante de diferencia dun ano para outro, chegando no 1995 con uns 139 habitantes. Estas pequenas diferencias duns anos para outros poden ser debidas á mortalidade, o que significa que a natalidade foi nula. Se comparamos ahora este último ano 1995 co ano 1996 podemos ver unha gran gran diferencia que podemos considerar moi grande se temos en conta o número de habitantes. Neste ano 1996, a parroquia alcanzou o mínimo de habitantes. Puido ser debido a unha alta taxa de mortalidade e unha gran número de persoas que tivo que emigrar.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Esta é a terceira parroquia na lista con máis habitantes do concello, chegando ó seu máximo no ano 1991 con 1785 habitantes. No ano seguinte, 1992, os habitantes descenden ata 1564, posiblemente debido a unha gran emigración ó exterior, e axudado pola mortalidade existente. Pero si miramos no ano 1993 a cantidade de habitantes chega a 1593, o que supón un pequeno incremento; penso que é debido ás persoas que regresaron da emigración e unha pequena taxa de natalidade.

No 1994 os habitantes seguen aumentando con un incremento de tres, chegando asi ós 1596, estos podemos considerar que foron nacementos ou novos inquilinos na parroquia, pero para o ano seguinte, 1995, os habitantes volven a descender, chegando a 1558 habitantes, o que supón un pequeno descenso.

No derradeiro ano da gráfica, 1996, a parroquia de Rus chega ó seu mínimo de habitantes. Esto supón un gran descenso, cunhas 515 persoas si o comparamos co ano anterior. Esta gran diferencia en tan corto tempo é de supoñer que principalmente foi debida á emigración, a unha gran taxa de emigración ó exterior da parroquia, acompañada da mortalidade que puido haber nese ano.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

O gráfico desta parroquia enséñanos co ano que foi máis poboado foi no 1991, con uns 1090 habitantes. No ano seguinte, 1992 a cantidade de habitantes ten un gran descenso chegando a tan só 986 habitantes. Esta gran diferencia dun ano para outro é debido principalmente á emigración ó exterior, onde as persoas buscaban mellores condicións de vida e mesmo traballo, axudada posiblemente por unha mortalidade elevada. Para o ano seguinte, os habitantes volveron a aumentar chegando ós 1206 habitantes. Este aumento tamén é considerable debido principalmente ó regreso dos emigrantes á parroquia e algún que outro nacemento. No ano seguinte, 1994, tan só aumentou en tres habitantes, o que supón uns 1029. Este pequeno aumento posiblemente puido ser debido posiblemente á natalidade. Esn 1995 o número de habitantes chegou a 1035, esto supón un aumento de seis persoas dun ano para outro, o cal non é moi importante. Sen embargo, o gran descenso que acontece no ano 1996 si é importante, neste ano os habitantes tan só chegan a 943, que supón o mínimo da parroquia, posiblemente esta diferencia é debida a unha gran mortalidade e a unha gran emigración ó exterior da parroquia.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Nesta parroquia podemos ver que o gráfico vai nos cinco primeiros anos en sentido ascendente, comenzando no ano 1991 con 836 habitantes, chegando ós 909 do ano 1995, este ano ademáis de ser o derradeiro na subida é o que máis habitantes nos mostra.

Todos estes anos de subida, aínda que non con moita diferencia dun ano para outro, foi debida principalmente ás persoas que viñeron de fora para a parroquia de Razo, ademáis da pequena axuda da natalidade. Podemos ver que nos anos 1991, 1992 e 1993 son os que máis diferencia teñen dun a outro, mentras que os anos 1994 e 1995 xa é menor a diferencia. A partir deste ano empeza unha baixada como se pode ver no gráfico. No ano 1996 o número de persoas habitantes na parroquia descendiu a 887, case o mesmo número que no ano 1993. Esta gran diferencia do ano 1995 ó ano 1996 foi debida a un gran aumento de mortalidade e á xente que tivo que saír fora da parroquia, emigrar a outro lugar.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Na parroquia de Lema sucede algo parecido ca na de Razo, só que nesta a baixada dos habitantes comenza antes. No ano 1991 conta con 588 habitantes, no ano seguinte só hai un máis (589). Posiblemente debido a un nacemento. No ano 1993 a diferencia xa é bastante maior, chegando os habitantes ata os 610. Esta diferencia foi debida á xente de fora que tomou como lugar de residencia a parroquia de Lema e ademáis algún que outro nacemento, todo esto acompañado dunha baixa mortalidade.

Pero esta tamén foi a cifra máis alta que tivo esta parroquia, xa que a partir deste ano o número de habitantes foi descendendo. Dos 610 habitantes pasáronse ós 607, podendo ser debido á mortalidade. No ano seguinte 1995 a diferencia aínda que non moito maior si é algo máis chegando a ter a parroquia 601 habitantes. Esta diferencia é maior ca do ano anterior pero non tanto coma do ano 1996 onde os habitantes baixan ata os 582 habitantes. Esta diferencia foi debida a unha taxa elevada da mortalidade ademáis da emigración a outros lugares.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Esta parroquia é a terceira polo final da lista xa que o máximo de habitantes só ascende a 265 no ano 1995. Posiblemente debido á súa pequena superficie. No ano 1991 tan só conta con 258 habitantes, para baixar no ano seguinte a 250 habitantes. Podemos apreciar unha diferencia pequena debido á mortalidade e á emigración. Pero no ano 1993 o número de habitantes volve a subir chegando ós 262. Podemos ver unha subida bastante considerable, polo tanto non puido ser debido só á natalidade senón tamén ás persoas que decidiron emigrar a esta parroquia.

No ano 1994 o número de habitantes volveu a baixar chegando ós 258 habitantes. Esta pequena baixada puido ser debida á mortalidade, e a unha taxa nula da natalidade.

En 1995 o númerro de habitantes volve a subir chegando ós 265, o máximo desta parroquia. Esta pequena subida foi debida á emigración e ademáis á natalidade, axudadas por unha excesa mortalidade.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

No gráfico desta parroquia podemos ver que no ano 1991 o número de habitantes ascende a 581 o que significa o máximo de habitantes. No ano seguinte 1992 os habitantes tan só chegan ata 422, que tamén é o mínimo da parroquia. Esta gran diferencia foi debida a unha gran mortalidade e a unha gran emigración, axudadas pola escasa natalidade. Volve a subir o número de habitantes no aso seguinte chegando a 580, case a mesma cantidade ca no ano 1991. Esta gran subida é debida a todo o contrario ca baixada anterior, regreso das persoas emigradas, subida da natalidade e baixada da mortalidade.

En 1994 os habitantes volven a baixar, e seguen baixando ata o ano 1996. Esta gran baixada continuada é debida a unha gran emigración.

Entre o ano 1994 e 1995 é tan só dun habitante debido á mortalidade. Pero deste derradeiro ano a 1996 a diferencia é moi importante, chegando a uns 30 habitantes menos. Esta diferencia non puido ser só de mortalidade, polo que sería moi excesiva, así que hai que buscar na emigración a causa da gran diferencia, axudada dunha taxa moi baixa da natalidade.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

Esta parroquia é moi curiosa xa que no ano 1991 tan só ten 234 habitantes, que é o mínimo da parroquia. Pasando en 1992 a 387, o que significa unha gran subida de 153 habitantes. Esta foi debida a unha gran emigración, a unha taxa moi elevada da natalidade e a unha moi baixa mortalidade. Este é tamén o número máis alto que ten a parroquia. A pesar desto é a segunda da lista empezando por abaixo. No seguinte ano, 1993 os habitantes chegan a baixar ata os 237 habitantes. Pódese ver unha baixada moi grande debido a unha gran mortalidade e unha gran taxa de emigración, acompañada por unha moi baixa da natalidade.

No ano 1994 só hai un habitante de diferencia debido á mortalidade, pero no seguinte ano 1995 o número de habitantes é o mismo, polo que podemos considerar que houbo un equilibrio. No derradeiro ano 1996 só hai un habitante menos, o que significa 235. Esta diferencia foi debida á mortalidade.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir da información dos habitantes do concello.

A maior suma prodúcese no ano 1995 cunha cantidade de habitantes de 28.683, mentres que a máis baixa é no ano 1992 cuns 26.418, esto supón en tres anos unha diferencia de 2.265 habitantes. A seguinte na lista é a do ano 1991 con 27.203, seguida do ano 1996 con 27.287, aquí a diferencia é moi pequena, tan só 84 habitantes nun ano. Despois seguiría o ano 1993 con 27.711 habitantes, aquí aínda podemos ver unha diferencia considerada pequena, considerando as 18 parroquias. A seguinte na lista sería a do ano 1994 con 28.450 habitantes, aquí a diferencia xa é bastante considerable, uns 739 habitantes. O derradeiro na lista sería o ano 1995 cuns 28.683 habitantes.

A conclusión á que cheguei foi a que, a nosa poboación ten bastante idade, existe moi pouca natalidade, e moita mortalidade debido precisamente a que a poboación ten moita idade. Existiu moita emigración no noso concello, todo eso influiu negativa ou positivamente no número de habitantes nas parroquias do nosos concello durante estes anos comprendidos entre 1991 e 1996. A emigración foi un factor moi importante nas altas e baixas dos habitantes nas nosas parroquias. Esta emigración puido ser ó exterior do concello, ó exterior da parroquia en estudio nos casos negativos, mentras que nos positivos a emigración puido ser de xente que ven de fóra para o noso concello ou algún do matrimonio, que casará para a parroquia, neste caso él ou ela xa serían da parroquia. Nalgunhas parroquias nótase moito máis ca noutras a falta ou escasez da natalidade, o que supón un perigo para a renumeración da xente do concello, o cal pon en perigo a supervivencia dalgúns pobos onde só existen actualmente persoas maiores, e cando morran ese pobo desaparecerá. De todos modos esto creo que seguirá así porque hoxe en día a natalidade baixou moito comparándoa coa de anos atrás.

1.4.- CLIMA.

O clima que temos no concello de Carballo é Oceánico, é dicir, ten temperaturas suaves, con frecuentes precipitacións, e ademáis hai alto grado de humidade en toda a zona. Dentro deste tipo de clima podemos diferencial dúas zonas moi significativas, a zona do exterior, onde se producen un gran número de xeadas debido á proximidade do mar, e a do interior onde teñen unhas temperaturas máis baixas, e incluso con días de neve, posto que hai moitas máis montañas e nos teñen o mar tan perto.

Na zona do Anllóns, é dicir, no núcleo do concello, o clima é suave.

No inverno as temperaturas nos soen descender dos 8 grados e no verán apenas superan os 25 grados no mes de agosto que é a época máis cálida do ano.

Outro dos rasgos importantes do clima de Carballo é a frecuencia e a intensidade dos ventos como pon de manifesto a vexetación, e as dunas costeiras como as de Razo e Baldaio, aínda que gracias ás grandes montañas que nos rodean, a vexetación desenrólase en mellores concicións en case todo o concello.

Tamén é moi frecuente as inesperadas precipitacións xa que nos encontramos nunha zona moi húmida.

1.4.1.- VEXETACION DE BERGANTIÑOS.

A vexetación de Bergantiños varía dependendo das comarcas e o tipo de só no que se asenta. Así pois, na costa é máis pobre, debida ós fortes ventos que azoutan as prantas, e á erosión das rochas.

As prantas que máis destacan nesta vexetación son o toxo, que o poderíamos calificar como o rei, e as de monte baixo, como son as queirogas. Logo ó carón do mar están as dunas nas que habitan os cardos e xuncos, as súas extremidades teñen puntas desenroladas para que non perdan a humidade, as reíces son longas e poboadas. Tamén a causa de que choiva fíltrase moi rápido pola area e as raíces sérvenlle para abarcar máis terreo.

Se imos cara ó interior, comézase a ver a tupida vexetación de pinos e eucaliptos, árbores da familia das coníferas, e que son foráneas. Dentro dos pinos podemos distinguir dúas clases: o pino do país que ten tres arumes, e o común, que as súas follas son dous arumes. Foron introducidas fai mitos anos e son moi perxudiciais para as nosas terras debido ás follas que ó ser ácidas, cando caen, arrasan e queiman o resto da vexetación que habita ó seu redor. O ideal sería que os nosos montes fosen repoboados de árbores autóctonos coma o Carballo. Na época de incendios arrásanse mitos ferrados de bosque de pino e de eucalipto, cousa que non pasaría co Carballo que conserva o terreo, moi húmido.

Mezclados con estes árbores encontrámonos coas fieitas que son de dous tipos: as comúns e as reais.

Tamén se atopan os fungos nos pinos e balados que nos dan a entender as grandes cantidades de auga que caen ó ano. A comarca tamén é moi rica en setas, reino micetal, que a nosa xente ignora na gastronomía.

1.4.2.- FAUNA.

Aves:

Nesta zona podemos atopar dous tipos de aves: as terrestres e as mariñas.

- Dentro das terrestres atopamos:

1- As diurnas: corvo común, corneja, pega, pombo, e a rula. Os patos e as garzas nas marismas. Gato monteiro, lagarteira, rapiña cincenta, falcón peregrino.

2- As nocturnas: Curuxa, moucho, cárabo.

- Dentro das aves mariñas atopamos:

Gaivota Arxéntea, Gaivota Sombría, Gaivota Tridáctila, Corvo Mariño Cristado, Arao dos Cóns.

Reptís:

Dentro deste apartado atopamos os reptís tan comúns como son:

- O lagarto amal e a lagartixa.

- Culebras: Lisa europea, escaleira, víbora de Seoane, víbora común e outras.

Anfibios:

Os máis comúns son a rá e o sapo, pero tamén atopamos a Píntiga e o tritón.

Mamíferos:

Atopamos nesta zona dúas clases, os carnívoros e os roedores:

- Carnívoros: Raposo, moi abundante na zona do interior; lobo, moi abundante nos montes que pertencen a Carballo e Coristanco; porco teixo, omnívoro, está en perigo de desaparición; porco bravo, omnívoro, tamén en perigo de desaparición.

- Roedores: Rato campestre, coello e lebre en todos os montes da zona.

2.- BREVE RESEÑA HISTORICA.

O nome deste concello procede da árbore o castaño, e que existiu xunto á primitiva igrexa levantada ó pé dun castro onde se atopaba o antigo cemiterio. A igrexa desapareceu ó trasladarse a aldea, no século XVIII, para cambiar o cauce do río e aproveitamento das augas minerais. Tres son os eixos básicos para coñecer a historia carballesa: as augas medicinais redescubertas nos albores do século XVIII, encrucillada moi importante de camiños o que lle confire unha situación estratéxica de almacenamento e distribución de productos, e a gran fertilidade da súa terra cultivable, tamén doutras cuestións de tipo conxuntural como por exemplo a exlotación das inas de wolframio nunha certa época.

Durante un bó número de anos a actividade carballesa xira en torno ó negocio das augas medicinais e á comercialización dos productos agrarios no casco urbano, e á producción agrícola no fértil medio rural. O casco urbano, estaba formado por dous núcleos: un, ó lado dos baños, destinado principalmente á hospedaxe dos bañistas, e outros con máis hospederías e vivendas dos funcionarios.

A primeiros de século un feito negativo condicionou o futuro de Carballo e da comarca: a posibilidade de construcción dunha liña férrea A Coruña-Carballo-Corcubión, cun ramal dende Carballo a Santiago, viuse truncada por unha serie de ciercunstancias.

A instalación eléctrica do alumeado público foi unha fita importante na modernización carballesa cara a 1915. A enerxía eléctrica foi a que posibilitou, anos máis tarde, na década dos 40, a líña de trolebuses Carballo-A Coruña, mal menor da chorada perda do ferrocarril.

Un feito importante a destacar nesta primeira metade do actual século foi a explotació mineira de determinados minerais, especialmente o wolframio, que revitalizou Carballo e a comarca, tanto en fortunas persoais como en número de habitantes. Na posguerra, con tódalas malas consecuencias que nos trouxo, e en anos posteriores hai un certo periodo de inmobilidade que desemboca na década dos 60, ata entrados os anos oitenta. O concello vai asumindo con forza o seu papel de capital comarcal, non só en servicios, senón tamén nun centro industrial de certa importancia, con centros fabrís que superan o ámbito provincial e aínda estatal.

2.1.- AQUELES PROSPEROS ANOS VINTE.

Os anos vinte, voron nos países capitalistas, anos de expansión económica e prosperidade. Esta bonanza econmómica refléxase en todos os aspectos de vida cotiá. As clases acomodadas ocupaban boa parte do seu tempo nas diversións e vida alegre. Son os denominados “felices anos vinte”, nos que o charlestón, importado de América, comeza a bailarse nos salóns europeos.

Carballo, naquela época, era unha pequena vila, de pouco máis dos mil habitantes, menos que as vilas costeiras de Malpica e Laxe con moita máis historia que o moderno Carballo.

A vila carballesa, espallábase, a partir da praza da Liberdade, núcleo central, seguindo a dirección das estradas que atravesaban a pequena urbe. Cara a Coruña, pola rúa Vázquez de Parga, arteria principal, onde se situaban os Baños Vellos. En dirección a Fisterra, a través da rúa Fomento. A saída cara Santiago, pola rúa do Sol e cara Malpica pola rúa da Ponte e do Hospital. Fora deste núcleo, estaban os pequenos grupos de casas da Goubea, Fisterra, Lagoa e a Ponte.

Vai ser mesta década cando se comencen a abrir as novas rúas que circundan a praza do concello, denominadas daquela, rúas do proxectado Mercado.

Será tamén nos anos vinte, cando se contruíron os dous edificios más emblemáticos de Carballo: a igrexa, que despois dun proxecto que agardau trinta ano, inaugurábase nas festas de San Xoán de 1924 e o concello, tamén un vello proxecto, que viña agardando dende comezos de século.

A casa consistorial é moderna e de bellísimo aspecto coa súa torre central. Ela e a igrexa honran a Carballo. Pero os proxectos que cambiarán máis o aspecto da vila van ser os do Mercado e a remodelación da Praza da Liberdade, proxectos que se van executar durante o mandato do alcalde Guillermo Peinador. O primeiro deles apróbase no ano 1927, sendo necesario para a súa realización, a expropiación de tres vivendas que ocupaban o centro da praza. Do segundo, tan só se realizou unha parte del, que xunto coa apertura de varias rúas, os xardíns e o grupo escolar de Desiderio Varela serán inauguradas nas festas de San Xoán de 1929. Como consecuencia destas obras a feira trasladouse a este novo recinto xa que o espacio da praza de Liberdade, onde se celebraba antes, quedaba moi reducido.

Pero dos aspecto urbanístico e comercial os anos vinte foron de grande prosperidade para Carballo, non significaron menos no eido social e cultural. Nesta época estaban en pleno funcionamento os dous balnearios, ós que acodían a tomar os baños xentes de toda a provincia. Había dous balnearios: os baños novos e os vellos. Estos eran os que movían a economía da vila durante a tempada de verán, que ía do 1 de xullo ó 30 de setembro, pero tamén xogaban un importante papel social e cultural, xa que a Carballo acodían importantes personalidades do mundo da cultura e da política, sobre todo procedentes da cidade de A Coruña. Carballeses que viviron naquela época, lembran o animado ambiente que se vivía na vila durante esta tempada.

No ano 1923, fúndase o equipo de fútbol “Bergantiños C.F.” e un ano máis tarde nacerá o Casino, vencellado á dirección do equipo, xa que o presidente común era Luciano Regueiro.

Tamén se constrúen nesta época os dous primeiros edificios adicados ó ensino público: A escola de Arrabales na Milagrosa e as Escolas do Xardín.

Parello a esta vitalidade e progreso da vila, corría o ambiente de diversión. Contaba daquela Carballo ademáis do Casino cun cine e salón de baile. E a época na que está en apoxeo a rondalla formada por coñecidos carballeses como: Gervasio Varela, Paquito Astray... quen coa música aledaban as rúas da vila e amenizaban os bailes de salón. O mesmo que participaban nas comparsas de Entroido, saíndo disfrazados polas rúas a cantar as coplas que eles mesmos compoñían, loubando ou criticando aqueles aspecto da vila que máis lle chamaban a atención durante o ano.

Das festas de San Xoán na época dos anos vinte, coméntase que duraban varios días e que había variados entretenementos, que atraían moito público.

Ademáis de bandas de música, deseguro que non faltaban os grupos de gaiteros os “Calvetes” de Cances, os “Carpios” de Berdillo ou os “Marianos” de Vivente.

2.2.- TOPONIMIA URBANA DE CARBALLO.

Aínda que a toponimia urbana de Carballo é en parte artificial e personaliste, existen nomes de rúas que teñen significado de seu e que fosilizan e eternizan episodios dun pasado hoxe morto, pero bastante vivo. Con antigas e fermosas pontes de pedra, caldas ou augas quentes usadas por doentes ilusionados ou santas desaparecidas. Velaí pois, parte do que morreu pero que algún día foi certo.

A Auga da Caldas foi o antigo nome que se lle deu ós predios hoxe ocupados polos xardíns municipais. Esta auga ou gran espacio aberto debía formar parte ou lindar cos Baños Vellos, xa que o topónimo Caldas de cálidas ou augas quentes debe de facer referencias ás augas medicinais do devandito establecemento terapéutico.

Os Baños Vellos fan referencia ós baños terapéuticos de Carballo, os cales seguen en funcionamento; paradóxi- camente son sucede así con Baños Novos, hoxe desapareci- dos, que aínda ven derramar a súa apreciada auga co seu olor característico na rúa Lérida.

Estes Baños Novos están relacionados con outros topónimos urbanos de Carballo que tamén falan do seu pasado terapéutico e hospitalario, a saber: o barrio do Hospital, o cal fai referencia ó establecemento ou edificio destes baños, e a rúa da Saúde que desembocando nos devanditos baños era transitada por esperanzados doentes na percura da saúde, cando o ruído dos coches en Carballo sería descoñecido.

Volvendo á zona dos Baños Vellos, ó seu carón está a rúa da Estrella, que recibe ese nome da antiga e desaparecida capela deses baños. Esta igresiña estaba acicada á virxe da Estrella, a cal, entre outros aditamentos relixiosos, portaba o luceiro ou estrela.

A outra santa, completamente desaparecida, refírese ó topónimo urbano de A Cristina, que antes foi fonte de Santa Cristina, en alusión a unha santa de pedrea que así se chamaba, que vivía acochada na furna ou cocho, hoxe en día baleiro.

De alí nos trasladamos á populosa rúa do Fomento, alí atopamos a famosa ponte de Isabel II. Como esta ponte construíuna o antigo e desaparecido Ministerio de Fomento, parece moi conveniente que a rúa onde se atopa recibise o nome do devandito ministerio.

Da rúa anterior nos trasladamos á zona da Lagoa, alí hoxe non veremos a lagoa ou charca logo referido no topónimo, pero hai anos, no ano 1845, aínda existía pero logo foi desecado.

Esta antiga “madre” ou cauce do río de Carballo debeu de ser causada pola modificación de primitivo curso do Anllóns, levada a cabo con ocasión da construcción dunha ponte no lugar da lagoa, a cal, destruída por unha riada, foi antecesora da actual ponte.

O primitivo cauce “del río de Carballo”, citado por Madoz, que non é outro que o Anllóns, ó encherse de auga daría lugar a unha lagoa que, aínda que hoxe desecada, debía de estar cercana á rúa Vila de Negreira, onde se albisca parte do citado e primoxénito cauce, poboado por especies vexetais hidrófilas como xuncos e salgueiros.

Outra rúa que cómpre suliñar, é a do Sol, seguramente así bautizada por estar orientada de maneira lineal cara ó leste, o punto cardinal por onde sae o astro rei. Outra das rúas carballesas orientada a levante ou oriente é a do Oriente, case paralela, como ten que ser á do Sol. Na vila asimesmo hai unha rúa chamada Poñente, coa súa boca mirando ó oeste.

A rúa do Lagarto, onde hai unha taberna co mesmo nome, sería antes un camiño ou unha pedra do Lagarto, en alusión a un lagarto, amigo, coma todos toma o sol na pedra.

A actual rúa Valle Inclán chamábase O Camiño da Agra, sen dúbida por conducir a antes citada Agra de ou das Caldas.

Na rúa Hórreo, hoxe en día superpoboada, algúns dos seus principais inquilinos maiores recordan unha soa casa (onde esta A tasca “A pedra”), que tiña unha herdado co seu correspondente hórreo.

Tamén cómpre citar o barrio da Casilla, que conserva o detalle causante do topónimo aínda en pé. Referímonos a unha casiña de legoeiras, singular construcción que acollía ás devanditas comadrillas de obreiros, encargados da reparación de estradas e camiños.

3.- DEMOGRAFIA.

3.1.- GRAN DESPOBOAMENTO DAS PARROQUIAS DO CONCELLO.

En primeiro lugar hai que destacar que Carballo, dentro do consunto de concellos galegos, polo que se refire ó volume de poboación é moi relevante.

Según os datos que podemos ver no padrón do ano 1996, con un volume de habitantes de 27.287 habitantes, desta forma Carballo ocupa o número 11 de tódolos concellos Galegos. Na provincia da Coruña é superado polos concellos de A Coruña, Santiago, Ferrol e Narón, mentres que nas de Lugo e Ourense, excepto as capitais provinciais, non exite ningún concello que o supere.

3.2.- CAMBIOS QUE CAUSARON O CRECEMENTO DA POBOACIÓN

O análise do crecemento da poboación 1981-1996 facerémolo a través da poboación de dereito. O concello de Carballo nos anos 1991-1996 con respecto ó resto dos concellos galegos foi un crecemento moi moderado, foi de 1.254 persoas. Esto significa que con respecto ó conxunto de concellos o aumento é do 9,4% do total de ganancia da provincia.

Este crecemento prodúcese a consecuencia da expulsión dende as grandes cidades cara o seu contorno, esta expulsión prodúcese esencialmente pola procura de prezos do chan (vivendas) máis baratos e tamén a mellora da calidade de vida.

Este fenómeno dase tamén en Carballo aínda que non é unha grande área. Esto ocorre porque hai unha mellora paulatina das vías da comunicación esto pode levar a, aínda que mantendo o posto de traballo no concello, que un volume significativo de persoas escolla súa residencia habitual fóra do mesmo. Pero pódese dar o efecto contrario, que contrarrestaría as saídas: a posta en servicio dunha vía rápico, como é a autoestrada, permite a creación dunha oferta de vivenda habitual dunha certa calidade que poida absorber a parte das saídas da Coruña destinadas a concellos do resto da provincia, que cada ano son máis significativas: 2.554 no ano 1992, 2.843 no 1993 e 3.492 no 1994.

O ritmo constructivo de vivendas en Carballo nas últimas décadas foi moi forte, responde en moitos casos a unha demanda a través de operacións procedentes dos aforros dos emigrantes. Pero chégase a unha situación que non é nada prometedora: según os últimos datos, o concello de Carballo teña 3.771 vivendas valeiras que representa máis do 32% do parque de vivendas familiares.

Carballo dispón dunha oferta importante de vivendas en condicións de instalacións e servicios moi boas, aínda que ten moitas deficiencias, non é nada esperanzador para o tipo de demanda requerida polos potenciais dos novos residentes, hai que dicir que polo xeral, os edificios e vivendas son de boa calidade.

No seguinte cadro podemos observar que a parroquia de Carballo segue crecendo a un ritmo tal que, aínda tendo crecementos negativos tódalas demais parroquias, excepto Sísamo, consegue paa o total do concello incrementos positivos. As perdas das diferentes parroquias son bastante significativas, singularmente para Entrecruces, cunha perda do -16%; Cances, con -13,1%, e Sofán, Verdillo e Rus con perdas superiores ó 10%, un dato importante é que estas perdas prodúcense sen parroquias con un volumen de poboación elevado.

TABOA:

Parroquias

1981

Incremento

1981-91%

1991

Incremento 1991-96%

1996

Incremento 1981-96%

Carballo

10426

13,68

11852

14,88

13616

30,60

Razo

863

-3,94

829

7,00

887

2,78

Rebordelos

240

-2,50

234

2,14

239

-0,42

Noicela

565

-6,02

531

0,75

535

-5,31

Artes

712

-4,21

682

-1,32

673

-5,48

Aldemunde

141

-7,09

131

1,53

133

-5,67

Bértoa

1518

-6,92

1413

0,64

1422

-6,32

Ardaña

853

-5,98

802

-0,50

798

-6,45

Sísamo

954

10,59

1055

-16,30

883

-7,44

Oza

884

-1,36

872

-7,34

808

-8,60

Goiáns

529

-6,62

494

-3,85

475

-10,21

Lema

653

-8,42

598

-2,68

582

-10,87

Verdillo

1200

-10,25

1077

-0,74

1069

-10,92

Vilela

278

-6,83

259

-5,41

245

-11,87

Sofán

2164

-10,30

1941

-2,73

1888

-12,75

Cances

824

-13,11

716

-3,91

688

-16,50

Rus

1738

-10,01

1564

-10,29

1403

-19,28

Entrecruces

1171

-16,05

983

-4,07

943

-19,47

Concello

25713

1,24

26033

4,82

27287

6,12

Fonte: 1981 e 1991: elaboración propia a partir do IGE. Nomenclators de poboación 1981 e 1991.

1996: elaboración propia a partir da explotación do arquivo do Padrón Municipal de Habitantes de 1996 do concello de Carballo.

Carballo
GRÁFICA:

Fonte: Elaboración propia a partir do cadro.

Nos anos 1991-1996 a parroquia de Carballo seguiu crecendo a un ritmo moi rápido. Ten un crecemento vexetativo positivo que nestes anos representa tan só o 17% do total do crecemento, pero cunha inmigración, tanto interna coma de retorno do exterior do Estado español, esta inmigración é elevada. No resto das parroquias prodúcense numerosos cambios excepto en Sísamo, que rompe coa tendencia observada nos últimos anos e ademais cunha forte perda do -16,3% en Oza e Rus, tódalas demais experimentan un crecemento que melloran os anos anteriores.

Razo experimenta unha subida do 7% e tamén se incrementan as parroquias de Rebordelos, Noicela, Aldemunde e Bértoa. Esta nova situación do concello pode ser debida a unha caída da emigración nas parroquias de Bergantiños e outra á recepción de efectivos procedentes da migración de retorno.

3.3.- NACEMENTOS, DEFUNCIONS E CRECEMENTO VEXETATIVO NO CONCELLO DE CARBALLO.

86

87

88

89

90

91

92

93

94

95

96

Taxas‰

86-90

Taxas‰

91-95

Nacementos

261

267

239

250

202

219

229

224

182

195

187

9,35

8,13

Defuncións

212

201

198

226

234

220

222

223

219

217

264

8,22

8,53

Crecemento Vexetativo

49

66

41

24

-32

-1

7

1

-37

-22

-77

1,14

-0,40

Fonte: Elaboración propia a partir da información facilitada polo IGE.

Carballo

Fonte: Elaboración propia a partir do cadro anterior.

No gráfico veñen representadas as evolucións dos nacementos, defuncións e crecemento vexetativo correspondente ó período 1986-1996. Observamos que no ano 1990 dáse o primeiro cambio de tendencia respecto ós dous compoñentes: as defuncións superan ós nacementos, volven a igualarse no 91 que se manterá ata o 93, e a partires deste ano as defuncións serán maioritarias, que é coma falar dun crecemento vexetativo negativo. Se observamos o cadro, dámonos conta da tendencia de baixada continuada da taxa de crecemento vexetativo. Observemos tamén como o comportamento dos dous compoñentes do crecemento é ben distinto ata o ano 1995, mentras que a taxa de natalidade ten unha baixada con respecto ós dous quinquenios de -1,22 puntos, a taxa de mortalidade só ten un aumento do 0,31 puntos, demostrándose unha vez máis que o verdadeiro problema é a fecundidade. De tódolos xeitos hai que esperar a ver como evoluciona a mortalidade nos próximos anos, xa que a cifra que temos para o ano 1996 é moi alta, non sei se producto dun ano malo ou será a liña futura, o que agravaría moito máis o problema, tendo en conta que a tendencia á baixa da natalidade consolídase. A taxa de fecundidade total, a descendencia final que tería unha muller ó longo do seu período fértil, que calculei para o concello, e relativa ó trienio 89-91, sitúase en 1,32 fillos por muller, lonxe das posiblidades de reeemprazamento xeracional, que é de 2,1, mentras que a taxa bruta de reproducción para o mesmo trienio é de 0,64 fillos, moi lonxe da unidade, que é o valor mínimo para asegurar o reemprazamento xeracional.

3.4.- PIRAMIDE DE IDADES ESTRUCTURA DA POBOACION DE CARBALLO.

A representación gráfica da pirámide de poboación correspondente ó ano 1996, infórmanos da gran baixada da natalidade a partir de 1980, adoptando a forma característica da maioría das pirámides correspondentes ós últimos anos. Pola parte superior, a irregular forma que adopta é lóxica despois de observar anteriormente a significativa diferencia a favor das mulleres nos grupos de máis idade.

A amósega que se observa no grupo de idades 55-59 anos é a clara incidencia dos efectos da Guerrra Civil. O “baby boom” dos anos 60 a 80, especialmente na última década, faise noar con claridade na pirámide.

A modo de resume pódese falar dunha pirámide moi semellante á do conxunto comarcal (coa salvidade de que hai cinco anos de diferencia entre unha e outra), lóxico dado o peso do concello no conxunto, coa característica común e máis recente dun estreitamento moi rápido da base, feito preocupante.

Polo que respecta ó indicador de masculinidade obsérvase que o correspondente ó grupo de idade 0-4 (o 97,6%) é máis baixo do que teóricamente debería ser, xa que en principio nacen máis nenos ca nenas, aínda que hai que dicir que esta norma vai en relación directa ó volume de poboación de que se trate, no senso de que canto máis poboación máis se cumpre. Nos grupos seguinte, ata os 19 anos resístranse índices normais de superioridade masculina polos sobrenacementos masculinos, pero dos 20 ós 34 anos invértese a tendencia, posiblemente por unha sobreemigración masculina. A partir dos 35 normalízase outra vez, mesmo que con bastante equilibrio entre homes e mulleres e a partir dos 50 anos comenza a actuar a sobremortalidade masculina, con índices inferiores a 100 e continuamente é baixa, excepto no grupo 55-59, chegando ó último grupo de 85 e máis anos cun indicador de 42,9 o que significa máis do dobre de mulleres que de homes, tal como pode observarse moi ben na representación gráfica da pirámide.

4.- ECONOMIA.

4.1.- SECTORES DE PRODUCCIÓN.¿A QUE NOS ADICAMOS?

Poboación ocupada segundo rama de actividade económica:

HOMES

MULLERES

TOTAL

Agricultura...................

448

348

796

Pesca.........................

132

36

168

Industria.....................

1.211

987

2.198

-Industria extractivas........

54

5

59

-Producción e distribución de enerxía eléctrica, gas e auga.

132

9

141

Construcción..................

1.785

37

1.822

Servicios.....................

1.972

1.235

3.207

-Comercio e reparacións.......

647

398

1.045

-Hostelería...................

184

187

371

-Transporte e actividades anexas;comunicacións..........

446

13

459

-Intermediación financeira, actividades inmobiliarias e de aluqueiro;servicios empresa-

riais.........................

130

70

200

-Admón. Pública, defensa e S.S...........................

202

90

292

-Educación....................

87

145

232

-Actividades Sanitarias e veterinarias, servicios sociais.......................

54

89

143

-Outros servicios.............

222

243

465

Nesta táboa podemos ver que na agricultura traballan máis homes ca mulleres, uns 100 homes máis. Na pesca segue a superioridade do home cuns 96 homes máis ca mulleres. Na industria a superioridade do home elévase á da muller cuns 224. Nos distintos tipos de industria o home destaca sobre todo na industria manufactureira con 1.025 homes traballando, pola contar a muller onde menos destaca con 5 traballadoras é nas industrias extractivas. Na construcción os homes é onde destacan coa súa superioridade chegando ós 1.785 traballadores por tan só 37 mulleres. No apartgado de servicios os homes seguen coa superioridade sobre as mulleres, cuns 737. Aquí os homes destacan en comercio e reparacións cuns 647 homes, mentres que as mulleres no apartado de transportes e actividades anexas; comunicacións tan só teñen a 13 traballadoras. Pola contra as mullers gánanlle ós homes en Educación con 145 traballadoras por tan só 87 homes, cunha diferencia de 58. Tamén gañan en Hostelería, actividades sanitarias e veterinarias, servicios sociais e outros servicios. Nestes últimos a diferencia non é moi grande pero si importante, sobre todo porque as mulleres están loitando coa sociedade para conseguir a igualdade cos homes. Pódese observar que os homes superan ás mulleres nas principais actividades económicas, pero tamén pódese ver cas mulleres están loitando por conseguir a igualdade en tódolos sectores de actividades económicas. Esto é moi importante para que a nosa sociedade poida competir en igualdade de condicións con outros países. O principal sector é o de servicios cun total de 3.208 persoas traballando, seguido da industria con 2.198 persoas, a continuación vai a construcción con 1.822 persoas seguido da agricultura con 796 e en derradeiro lugar a pesca.

Empresas con 10 e máis empregados.

CODIBER,S.L. (fabricación e distribución de gas) 15

LEITOSA,S.A. (extracción e preparación de ferro) 11

ANTONIO BLANCO CASAIS (extracción mat. Construcción) 17

ARENAS Y GRAVAS,S.L. (extracción mat. Construcción) 36

ARENAS CAMBÓN. (extracción mat. Construcción) 23

IGNACIO CABEZA,S.A. (fabricación mat. Construcción) 37

MARMOLES G.REY,S.A. (industria da pedra natural) 33

PLACASA (fabricación de productos químicos) 36

ALUMINIOS BERTOA,S.L. (fab. Productos metálicos) 15

IFECGAS PEREIRA,S.L. (fab. Ferramenta) 23

HERFRAGA,S.A.(constr. Máquinas para ind. Aliment.) 41

LUIS CALVO SANZ.(fab. Consevas de peixe) 700

CARBONICAS MARUXA (augas minerais, gaseosas, etc) 10

BERGANTIÑOS PIEL,S.A. (coiro e similares) 10

RABELO,S.A. (confección) 42

SALVADOR VILA LEMA (confección) 11

LUIS RIVEIRO MARTINEZ (confección) 13

Mª ESTHER SOUTULLO VEIGA (confección) 13

LUIS LAMAS EIRÍS (serra e prep. Ind. da madeira) 12

UNEMSA (prod. Semielaborados da maderira) 113

MANUEL LOUREIRO FUENTES (construcción) 12

MANUEL MUÑIZ PENSADO (construcción) 10

Y.DIÉGUEZ PÉREZ Y OTROS (construcción) 10

JOSÉ ROJO LORENZO (construcción) 10

LUIS BRUÑO BERTOA (construcción) 11

RAMÓN LORENZO FARIÑA (construcción) 12

Mª MANUELA VARELA PENA (construcción) 12

VICTOR VEIRA CORES (construcción) 12

J. FIGUEIRAS RODRIGUEZ (construcción) 14

RAMON VAZQUEZ E HIJOS,S.L. (construcción) 15

G. CASTIÑEIRA MATO (construcción) 15

RAMON SOUTO SERRANO (construcción) 16

CONST. BALDAIO (construcción) 18

5.- INFRAESTRUCTURAS.

5.1.- ENSINO.

Dispoñemos de 8 colexios de educación infantil e primaria, 3 están situados na zoan rural e 5 na zona urbana. Tamén contamos con 3 institutos de Educación Secundaria, e tamén un centro de Educación Especial Ocupacional “Aspaber”.

Realizamos unha serie de enquisas a algúns centros escolares e tamén ós institutos: I.E.S. “Isidro Parga Pondal” e o I.E.S. de Monte Neme, os centros escolares de C.E.I.P. Bergantiños, C.E.I.P. Fogar, xa que as persoas dos centros non son moi colaboradoras e lévalle moit tempo contestar a unhas cantas preguntas, non nos é posible xuntar todas as encostas mandadas ós centros.

Se comparamos os centros Monte Neme e Parga Pondal veremos algunhas coincidencias ou similitudes, tamén teñen as súas diferencias. As similitudes son: Educación Secundaria Obrigatoria e ciclos informativos, mentras que as diferencias son F.P.E. e F.P.II para Monte Neme e Bacharelato para Parga Pondal. Mentras que F.P. ten falta de espacios e de material adecuado, Parga Pondal creouse coma un centro de reforma. O centro de F.P. ten unha boa situación, xa que está bastante separado do centro do pobo e o de Bacharelato tamén está nas aforas pero non tan alonxado do centro, os horarios son moi parecidos, excepto polas tardes. Os alumnos por aula en ámbolos centros supera o número ideal que sería sobre 20.

Os alumnos do Parga Pondal chegan ata os novecentos, mentras que os de Monte Neme son sobre setecentos, e o número de profesores son aproximadamente en ámbolos centros sobre sesenta. No centro de F.P. imparten as materias para as cales están especializados, por el contrario no outro centro non. Ambos centros contan con Biblioteca e laboratorio ademáis das aulas correspondientes ás súas especialidades, tamén contan con transporte gratuído para os alumnos de E.S.O. Estos centros reciben unha pequena axuda do concello a cal no é suficiente. Os dous centros desexan reducir o número de alumnons por aula, e ademáis queren más participación dos pais na educación dos fillos.

Si comparamos os centros escolares de educación infantil eprimaria máis importantes como son “Bergantiños” e “Fogar” podemos observar que o centro escolar “Fogar” conta con bastantes máis alumnos e profesores que o Bergantiños. En ambos impártense as asignaturas básicas para as cales contan coas aulas correspondentes. En ningún centro contan con clases especiais e medios actualizados para discapacitados. Mentras que no Bergantiños os alumnos contan con transporte gratuíto os do Fogar só o teñen os que veñen de fóra.

No relacionado cos deportes ambos centros contan con instalacións deportivas, pero só no Fogar se está construindo lugares cubertos para realizalas. No centro escolar Bergantiños os pais participan bastante na educación dos fillos, pro contra no Fogar participan pouco. E as institucións cumpren regular coas súas obrigas. Ambos centros contan con un número de aprobados alto, como o demostran o 95% do colexio Bergantiños por só o 2% de suspensos.

5.2.- SANIDADE.

5.2.1.- CONTROL ALIMENTARIO.

O concello de Carballo só conta cun matadeiro que foi feito e inaugurado fai moi pouco tempo. O antiguo matadeiro ademáis de eso ser antiguo, sa quedaba moi pequeño para as labores que desempeñaba polo que tiveron que construír un novo. O antiguo estaba situado en Carballo e quedaba moi favorable para tódalas persoas. Mentras que o novo mantadeiro está construio na parrroquia de Cances, coñecido como “Cárnicas Bergantiños”. Este novo matadeiro conta con moitos adiantos e un maior control alimentario co outro matadeiro no tiña. Tamén conta cun veterinario “Xuan Xosé Delgado Abella”. Pero ademáis de todo est existe unha sociedade de Veterinarios, formada por tres persoas que son: Bautista Becerra Lovera, Andrés Peral Salvador e Xosé Garcí Isovedra.

No matadeiro mátanse os animais (vacas, cochos, carneiros, etc.) que logo son distribuidos polas diferentes carnicerías para a súa venta e posterior consumo. Estes animais veñen cunha garantía polo que o seu consumo é menos arrisgado para o consumidor, osexa as persoas que mercan na carnicería.

5.2.2.-INSTALACIÓNS SANITARIAS.

O noso concello de Carballo hoxe en día conta cun centro de saúde, renovado e bastante modernizado. Antiguamente existía outro centro onde prácticamente só servía para consultas médicas, xa que para sacar calquera radiografía, escaiolar, etc, había que desprazarse ó hospital de Coruña, Xuan Canalejo.

O novo centro, a pesar de que está bastante modernizado comparado co antiguo, aínda non conta con especialidades coma as operacións importantes, corazón, pulmón, etc. Este centro de saúde conta con 12 médicos xeneráis, 3 pediatras, 13 A.T.S, en atención primaria, e unha matrona, toda esta xente está para atención dos enfermos. O centro conta cun servicio de chamadas para solicitar cita co médico, ven sexa para recetas ou consulta, esta modalidade sérvenos para non ter que estar esperando no centro de saúde desde que pedimos a cita ata que nos chamas para consulta.

O noso centro é moi importante na nosa zona xa que é o único que existe non só para o nos concello sinon tamén para os cncellos do noso arredor. Os centros máis importantes e ó mesmo tempo os máis cercanos ó noso concello en caso de ter que desplazarnos por unha engermidade ou acidente moi grave son os da Coruña e Santiago. Ademáis son centros moi importantes, sobre todo o da Coruña, xa que nel fanse moitas operacións e algunhas delas moi delicadas. Este centro da Corña queda a unha distancia duns 30 kilómetros do nos concello, mentras que o de Santiago queda a uns 40 kilómetros, para desplazarnos a estes centros existen varias ambulancias a disposicíón dos enfermos, as cales están a disposición as 24 horas do día.

O noso centro de saúde poderíano mellorar máis chegando a afacer nel grandes operacións coma as que fan nos demáis centros sin ter que desplazarse a outro, deste modo os riscos para os enfermos sería moito menos. Tamén dispoñen dunha tarxeta sanitaria onde están tódolos datos de cada un dos pacientes. Esta tarxeta é moi parecida á que usamos nos caixeiros automáticos para sacar os cartos. Esn xeral non nos podemos queixar das asistencias sanitarrias que temos pero sempre se podría mellorar.

5.3..- COMUNICACIÓNS.

5.3.1.- INFORMACIÓN URBANÍSTICA.

O MARCO TERRITORIAL DO AXUNTAMENTO DE CARBALLO.

Situado en posición central respecto á amplia comarca de Bergantiños, o término municipal de Carballo exténdese lonxitudinalmente conforme unha franxa territorial duns 7,5 km de anchura que desde o borde oceánico intérnase ata as terras de Santiago, con unha clara orientación N-S, ó largo dun desarrollo máximo de aproximadamente 18 km.

O carácter da vila comom tradicional núcleo comercial dunha extensa comarca con base económica agrícola e gandeira, todavía relativamente importante, tradúcese na súa configuración como unha encrucillada da red viaria que articula a Terra de Bergantiños, cunha estructura radial vinculada á estrada C-552 da Coruña a Fisterra, na que conflúen as ramificacións ata os núcleos urbáns de maior entidar no seu ámbito territorial (Malpica, Ordes e Santiago).

5.3.2.- SISTEMA XENERAL VIARIO.

Defínese por Sistema Xeneral Viario, o conxunto de elementos e espacios reservados ó uso viario con ordenación establecida no “Plan Xeneral de Ordenación Viaria”.

A efectos da localización das vías e da función e servicio que prestan, establécese a seguinte xerarquía da Rede Viaria:

a) Distribuidores principais, formados pola Rede Viaria Interurbana.

b) Distribuidores de núcleo, formados polas vías urbanas que comunican áreas diferentes do mesmo.

c) Camiños veciñais, camiños de paso a parcelas e incluso vivendas.

Definición das vías:

A efectos do establecemento das limitación de propiedade nas estradas e da definición das condicións do trazado e circulación distínguese entre:

a) Rede Viaria Interurbana, formada por:

- Estradas do Estado,neste caso subencionadas pola xunta de Galicia, e son:

Estrada Carballo-Malpica.

Estrada Laracha-Coristanco.

Estrada Carballo-Santiago.

- Estradas de circunvalación.

- Estradas da Diputación.

C.1901 Carballo a Sísamo.

C.1902 Carballo a Razo.

C.1903 Verdillo a Villardefrancos.

C.1904 Feira de Verdillo a Moucho.

C.1905 Carballo a Feira de Verdillo.

C.1906 Estrada Coruña-Finisterre.

C.1907 Sofán á Piña.

C.1908 Acceso á Igrexa de Cances.

C.1909 Carballo a Caión e acceso á praia.

C.1910 Oca a Cances por Verdes.

C.1911 Coristanco a Rus.

C.1912 Carballo a Portomouro.

b) A rede Viaria Urbana.

Formada polas vías dos núcleos ordenados con afeccións ós terreos inmediatos establecidas polas diferentes alineacións a escala 1/2000.

c) Camiños veciñais.

Ven configurada polo resto das vías incluidas na planimetría do Plan Xeneral.

Dada a variedade de camiños veciñais existentes e a distinta función que desempeñan, ben como camiños dos propios núcleos, ben como acceso a zonas de labradío ou forestales, é difícil establecer unha regulación de distancias ás que deben situarse as obras con carácter definitivo, por elo deberanse ter en conta aspectos como o ancho do camiño según a súa categorái, o espaciado libre de edificacións, etc.

5.3.3.- AS GRANDES INFRAESTRUCTURAS TERRITORIAIS PREVISTAS E EXECUTADAS.

1.- Incorporación do trazado para a Autopista da Coruña a Carballo cos seus correspondientes enlaces con núcleo urbán e o polígono Industrial de Bértoa.

2.- Sustitución do anillo de circunvalación previsto nas anteriores Normas Subsidiarias con dificultades de execución evidentes, confiando á Autopista a canalización de gran parte do tráfico da travesía polo Oeste de Carballo e resolvendo a circunvalación mediante novos trazados de vías urbanas de maior proximidade ó casco.

5.3.4.- TIPO DE TRANSPORTES: PÚBLICO, TAXIS, ETC.

Os tipos de transporte existentes no concello son os seguintes:

Transportes públicos, como poden ser os autobuses. Aquí hai varias compañías, Transportes Finisterre, Queijeiro, Ruta Bus, etc.

Taxis, os cales teñen uns sitios determinados onde están estacionados cando nos están transportando ás persoas. Estas paradas están indicadas cunhas sinais. Os taxis están á disposición as 24 horas do día, desplazándose ata o mesmo lugar de residencia da persoa que solicita os seus servicios.

As saídas dos transportes da Estación de Autobuses de Carballo faise tódolos días desdeas 05:45 horas ata as 21:15 horas, este horario é de Luns a Sábado, mentres que os Domingos e os festivos a saída é ás 07:00 horas ata as 21:15 horas. Desta estaciónd e Autobuses que foi feita fai puco tempo os autobuses saen con destino á Coruña, parando nos distintos lugares onde teñen as paradas determinadas, como Bértoa, Laracha, Arteixo, etc. O mesmo sucede cos demáis lugares. Saen de dita estación para a zona de Vimianzo, Cee, Dumbría, Pindo, Corcubión, etc. Para Ponteceso, As Grelas, Laxe. Para Santa Comba, Pino do Val, Muros. Para Malpica, Buño, Cances, etc. Para vimianzo, Ponte do Porto, Camariñas. Para Baio-Vimianzo sae un furgón de Ruta ás 13:00 horas de luns a Venres.

Estas son as principais saídasd e destinos dos autobuses da estación de Carballo.

5.3.5.- TIPOS DE COMUNICACIÓN.

*TELEFONOS.

Na maioría dos lares existe un teléfono como mínimo, aínda que hai lugares nos que aínda non chegou o teléfono, porque hai moi mala comunicación, porque quedan moi lonxe dos núcleos urbáns e sae moi caro levar o teléfono ata esos sitio, por quedar moi illados.

A comunicación é bastante boa,aínda que eso tamén depende moito do lugar onde se encontren os centros de comunicación. Estos últimos anos saíron ó mercado os chamados teléfonos móviles. Esta con bastante menos cobertura cos teléfonos fixos,pero utilizados moi a miúdo pola gran comodidade que supón poder utilizalo cando desexen.

*CORREOS E TELÉGRAFOS.

Na zona de Bergantiños, na cal atópase o concello de Carballo, aténdese aproximadamente a 70.000 habitantes. A oficina Técnica está situada en Carballo, conta cunhas oficinas auxiliares en Laracha e Malpica. No pobo de Carballo reparten 6 carteiros, no resto deo concello reparten 9 carteiros máis. Na oficina de Carballo admítense e entréganse envíos ordinarios, certificdos, urxentes, paquetes postais, xiros, telegramas, burofax e tamén un sistema bancario asociado ó Deuchebank.

O reparto das cartas alcanza ata vivenda máis alonxada e é o que se chama “reparto universal” que está garantizado pola “Constitución Española”.

En Carballo o horario de atención ó público é de 8,30 horas ata as 14,30 horas, o último horario de recollida é ás 14 horas.

Os carteiros teñen unha zona ou unhas rúas determinadas onde reparten as cartas. Algúns fan o reparto a pé, outros fano en moto ou en coche.

* OUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN: PRENSA, RADIO,ETC.

Existen outros medios de comunicación como son os diarios: La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Ideal Gallego, El Periódico de Bergantiños, de ámbito comarcal e saída mensual, os demási teñen a saída diaria. Tamén existe unha emisora de radio “Radio Voz”, situada no núcleo urbán de Carballo.

6.- ACTIVIDADES CULTURAIS.

6.1.- PROGRAMA DE DEPORTE MUNICIPAL EN IDADE ESCOLAR

Dende o curso 89-90, o Concello de Carballo está a levar a cabo o programa “Deporte Municipal en Idade Escolar” financiado e dirixido polo Patronato Municipal coa colaboración da Asociación Deportiva Muxica, Excma. Deputación de A Coruña e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Neste senso, cabe suliñar que, a nivel autonómico, esta iniciativa foi unha experiencia piloto en canto ó desenvolvemento de actividades deportivas nos centros escolares.

Este programa didáctico ten unha implantación de sete cursos académicos e realízanse de xeito gratuíto acadando así que un ano máis de 3.000 escolares do noso pobo tiveran acceso a unha práctica deportiva, sistemática, recollendo as diferentes ofertas existentes.

Cos nove coordinadores e 54 monitores responsables dos programas deportivos, comideran, que todo o acadado ata agora conta con suficientes argumentos para proseguir con este tipo de actividades, xa implantadas no sistema educativo da nosa vila, xa que ven recompensada a labor e o esforzo realizado polo concello, a través do patronato Deportivo, neste ámbito, a súa pretensión é continuar facilitando ós escolares do municipio un ensino de calidade que vai máis aló do que se programou dentro dun horario lectivo.

DEPORTE NA ESCOLA.

Centros Participantes: C.P. A Cristina, C.P. Bergantiños, C.P. Sarxento Provisional (de Rus), C.P. Leus, C.P. A Gándara (de Sofán), C.P. de Razo e Aspaber.

ESCOLAS DEPORTIVAS.

Ensino-práctica deportiva.

Deporte para todos.

Horario extraescolar e inscripción gratuíta.

71 escolas deportivas, que traballan con 1.830 escolares de 4 a 16 anos.

COMPETICIÓNS E ENCONTROS DEPORTIVOS.

Dúas vías de competición: selectiva e participativa.

Participación en categorías, alevín e infantil.

Potenciación dos valores educativos propios da actividade.

Celebración de actividades: Mércores pola tarde en horario extraescolar.

Inscripción gratuíta.

Hai 121 equipos nas diferentes modalidades.

XORNADAS DEPORTIVAS.

Práctica deportiva informal e de promoción.

Recreación persoal e relación social.

Actividades puntuais: Andar sobre rodas, Carreiras de orientación, Xogar na rúa.

2.975 alumnos están a participar nestas xornadas.

6.2.- CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR.

Centros participantes: Os centros Escolares de Secundaria e Primaria, Centro de Educación Especial (ASPABER), Institutos de Ensino Medio e Formación Profesional.

Oferta:

Ensino- práctica de natación en iniciación e perfeccinamento.

Horario escolar.

Inscripción gratuíta.

Ocupación da oferta:

1.- Plan de natación nos centros escolares.

Escolares de ciclo medio.

20 grupos integrados por 1.103 alumnos.

2.- Plan natación especial.

Alumnos/as de ASPABER e unidades de educación especial.

Un grupo formado por 20 rapaces.

6.2.1. CAMPAÑA DE NATACIÓN “APRENDE A NADAR”.

Oferta:

Ensino- práctica de natación en iniciación.

Horario extraescolar.

Cursiños de carácter bimensual ó longo do ano dirixidos ós rapaces con idades comprendidas entre:

·3-5 anos.

·6-8 anos.

·9-12 anos.

·13-16 anos.

1.300 beneficarios do programa.

6.2.2.- ESCOLA DE NATACIÓN E PERFECCIONAMENTO.

Oferta:

Ensino- practica de natación de perfeccionamento sobre tódalas modalidades.

Horario extraescolar.

Escola estructurada en dous grupos: de 7 a 10 anos e de 11 a 16.

50 alumnos por curso.

Os máis cativos tamén están presentes no programa deportivo.

No curso escolar xa reunido, Patronato Deportivo Municipal en colaboración na Consellería de Cultura, facendo uso das estructuras xa existentes para o programa “Deporte na Escola”, diseña un Plan de Educación Física dirixida ós preto de 300 rapaces que cursan educación infantil e primeiro ciclo de primaria nas dezasete escolas unitarias do Concello de Carballo.

De forma xenérica, poderíamos dicir que a educación física nas primeiras áreas (educación infantil e primaria) debae tentar acadar o enriquecimento do xesto motriz, froito do desenrolo das aptitudes perceptivo-coordinativas dos rapaces. Por tal motivo, est plan foi dotado con material didáctico e cun mestre licenciado en educación física.

Elaborada a valoración final desta iniciativa e consciente de que todo é mellorable, considero que as actividades levadas a cabo acadaron un meirande éxito e moi satisfactorio para todos (mestres, pais e alumnos). A pesares de que un programa tan amplio e complexo con está exento dalgún que outro erro, para nós a resposta é contundente: continuar traballando sen presa pero sen pausa para achegar ós alumnos dos distintos centros escolares unha educación física ó máis alto nivel.

6.3.- ESCOLA TALLER DE CARBALLO.

O día 19 de xuño de 1997 comezou a súa andadura a Escola Taller de Carballo, a E.T.C.

A finalidade primordial da E.T.C. é ofrecer ó colectivo de xóvenes desempregados da comarca unha vía de formación e preparación profesional en determinados oficios que lles permitan a integración no mundo labora.

Con esta filosofía integramos un centro formado por 71 persoas das cales 60 son alumnos-traballadores e as 11 restantes forman o equipo directivo, docente e administrativo.

A E.T.C. comparte as súas instalación co Centro de Formación Ocupacional Municipal do Concello de Carballo, que ten uns obxectivos básicamente iguais que os da Escola Taller. Os cursos impartidos con C.F.O. son de menor duración, aínda que son máis os oficios que se desenvolven. No Centro de Formación Municipal realizáronse reformas para poder ubicar o sector administrativo da E.T.C. así como a construcción dunha nova aula para impartir as clases teóricas.

As catro especialidades que se imparten nesta Escola Taller son as de albanelería, carpintería, cantería en xardinería. A elección destas especialidades realizouse considerando dous aspectos fundamentais: primeiro, as necesidades reais da zona de influencia da E.T.C, de tal maneira que as espectativas de traballo ó término dos dous anos de formación e prácticas sexan reais; e segundo, o proxecto que a travén desta escola se ía a desenvolver.

Hai que sinalar que o obxectivo primordial que se persegue sempre é dar formación e alternativas viables a estos alumnos, educando ó mesmo tempo nunha conciencia de recuperación, defensa e mantemento dos recursos naturais. Por este motivo a obra que leva a cabo a E.T.C. céntrase na recuperación das marxes do Río Anllóns.

Ademáis da formación teórico-práctica específica de cada un dos oficios, os alumnos reciben formación complementaria en aspecto máis xerais aínda que non menos importantes. Esta ensinanza complementaria céntrase no Debuxo Lineal, onde obteñen coñecementos básicos enfocados ó desempeño da profesión que están aprendendo e, na Formación Empresarial, na que se informan dos camiños para obter emprego, ben sexa a través do autoemprego ou mediante a contratación por conta allea. Tamén se imparten clases especiais para os alumnos que non están en posesión do título do Graduado Escolar.

Como ampliación práctica dos coñecementos teóricos adquiridos, a E.T.C. desenvolve e executa o proxecto de Urbanización e Axardinamento das Marxes do Río Anllóns.

Neste proxecto inclúense os elementos necesarios para desempeñar cada un dos oficios de que consta esta escola, como distintos tipos de pavimentos, macetes e bordillo, un palco de música de estructura de madeira sobre muros de cantería, unha construcción adicada a aseos, fontes ornamentais, pérgolas, xogos infantís e mobiliario de madeira, así como unha ampla zona de axardinamento.

O proxecto é ideal no sentido de que ademáis de procurar a información dos alumnos traballadores, a obra execuatada revirte directamento sobre os habitantes de Carballo resultando unha amplia zona de expansión para o núcleo de Carballo, cumpríndose o dobre obsectivo de xerar traballo dentro do ámbito da Comarca e implicar ós alumnos na mellora dos seus lugares de residencia.

Outro punto importante é o seguimento que se fai dos alumnos traballadores aínda despois de rematar os dous anos de duración que ten esta E.T.C., de tal maneira que se crea unha bolsa informativa a disposición, infórmase ós alumnos sobre o mercado laboral proporcionándolles unha relación de empresas e ofertas de emprego; tamén, se facilita a instalación e o acceso a traballos das empresas formadas por alumnos,etc.

Para rematar, destacar que a nivel práctico a calidade de execución é fundamental e que a nivel teórico fórmase e infórmase ós alumnos das últimas técnicas empregadas en cada campo do seu oficio, de tal maneira que en ambos aspectos, teórico e práctico, estén perfectamente capacitados para integrarse no mundo laboral.

6.4.- ASOCIACIONISMO EN AUXE.

Este é un dos momentos en que o asociacionismo está vivo no concello de Carballo, sempre resulta agradable falar ou ler cousas acerca dunha asociación, e moito máis se se trata dun colectivo próximo a nós.

Polo tanto, aínda que o espacio sexa pouco, merece a pena pararse a ler as actividades que con moito esforzo están a realizar día a día as asociacións culturais vixentes no concello.

Unha das asociacións máis relevantes é a “A.C. Lumieira”, que leva loitando xa vinte anos para que a cultura do noso pobo, en toda a súa riqueza, acade o lugar que lle corresponde e que se merece.

O concello de Carballo consta con un número elevado de asociacións, e a maioría delas xuvenís. Este elevado número non é máis que 37 asociacións de toda clase.

Estas asociacións tratan de axudar a non perder a cultura galega, tanto os bailes, cantos, peñas futbolísticas...

Podemos citar as seguintes asociacións:

-Asociación lembranzas do pasado.

-Asociación Xuvenil Arume.

-Asociación Mulleres Rurais.

-Asociación Lumieira.

-Asociación Amigos da Milagrosa.

-Asociación Pais de Familia Católicos.

-Asociación A Xanela Xuvenil.

-Asociación Manuel Pose Veiga.

-Asociación Aires de Bergantiños.

-Asociación Argaro.

-Asociación Lecer.

-Asociación R. Bergantiños (casino).

-Asociación O Salgueiro.

-Asociación Fogar da Xuventude.

-Asociación de Amas de Casa O Hórreo.

-Asociación San Cristovo.

-Comité de Irmanamento con L´ISLE JOURDAN.

-Asociación Telón e Aparte.

-Asociación Santiago Apóstol de Sísamo.

-Asociación Mulleres Queiroa.

-Asociación Aires da Costa.

-Asociación Cultural Arume.

-Asociación San Xoan Bautistaa.

-Asociación Cultural Mestra Carmen Cancela.

-Asociación Cultural Xotaina.

-Asociación de Veciños Santa Eufemia.

-Asociación San Salvador de Sofán.

-Asociación D.C. Recreativa Baldaio.

-Asociación Cultural Alfredo Brañas.

-Asociación San Esteban de Goiáns.

-Asociación Clube Hípico a Milagrosa.

-Asociación Cultural C.P. Canosa-Rus.

-Asociación C. Terceira Idade San Xoan Bautista.

-Asociación Cultural Val do Allo.

-Asociación Cultural Democrática de pensionistas de sofán.

-Asociación Coral de Bergantiños.

7.- PATRIMONIO HISTORICO-ARTÍSTICO E LUGARES DE INTERÉS TURÍSTICO.

7.1.- A ARTE NAS DIFERENTES PARROQUIAS.

ALDEMUNDE.

Apuntes da historia e a arte.

Non se teñen noticias sobre acontecementos históricos importantes, anque sí existen elementos que mostran o seu pasado. Como un dos vestixios máis destacables podemos nomear o Castro de Aldemunde, situado ó Oeste do lugar da Fonte, cuias casas se emplazan ó seu pé. E un castro de ladeira, protexido por un parapeto que na súa zona noroeste convírtese nunha muralla aterraplanada. Foron atopados restos de tallas con marcas, algún muíño, así como abundantes restos de cerámica, e moi recentemente, nos arredores, un machado pulimentado.

Outro elemento histórico importantísimo é o Dolmen de A Pedra Moura, sita nas Brañas do Carrexal, nunha finca a uns 500 metros do lugar de Aldemunde. E unha cámara funeraria lítica Arrilabo, formada por 7 lousas de sostén e unha cuberta, desprazada do seu lugar de orixe.

ARDAÑA.

Apuntes da historia e arte.

Na primitiva distribución a provincia de A Coruña, Ardaña forman parte do Coto de seu nome, composto desta Fegrería e a de Entrecedo, en Coristanco, cuios xuices ordinarios nomeaban ó Conde de Graxal e outras.

Quedan algúns edificios de interese, como a Igrexa parroquial de Santa María, co seu cruceiro do ano 1797, de extraordinaria beleza e no que aínda se poden observar restos de policromanía na compaxe da Virxe de cor Vermella. A escasos metros atópase un orixinal peto de ánimas no muro do cemiterio.

Outro edificio de interese é un pazo localizado no lugar de Gontade, en bo estado de conservación, por estar convertido nunha casa de labranza. Ten no seu escudo as armas cos cinco lises do Aldao, o fino e as lanzas dos Reis, os seis reis do Castro e un castelo, que leva acolada unha Cruz flordelisada alusiva ó Santo Oficio. No recinto do pazo consérvase un fermoso reloxio de sol de tres caras.

En canto ós restos arqueolóxico, son escasos. Tan só unha mámoa localizada no alto da Peniqueira, así como un tramo do antigo Camiño Real, no lugar de Noví.

ARTES.

Apuntes da historia e arte.

Ademáis dalgúns resto castrexos, existen varios edificios blasonardos, o que manifesta unha certa importancia, anque as noticias históricas son escasas. O pazzo de Vilardefrancos é o edificio señorial máis importante do concello, pola súa monumentalidade e beleza. Como Cas Forte, coñécese en 1527, ano no que ese propietario García de Pardiñas, pola súa dona María Ferrádez de Cayón. Como “Casa e Fortaleza”, figura no ano 1669. Pertenece á mesma fisonomía. Ten unha torre que sobrepasa o tellado de dous campos do edificio e unha porta adornadda con motivos renacentistas, sobre o que existe un fermoso escudo coa coroa do marqués, e blasonado; o brazo Pardiñas, as 5 follas de figueira dos Figueira, é o lobo do Mascoso.

Outro edificio existiu senlleiro é o pazo dos Enriquez, do S. XVII, no lugar de Arpallas, dende o que podemos ollar unha fermosa vista do extenso val de Artes. No seu escudo, inscrito por un frontón semicircular, os blasóns do Vilardefrancos, os seis roeis do Castro, a media lúa dos luaces, o xadrez dos Bermúdez, e o Castelo dos Pardiñas. A escasos metros, existe unha capela do S. XXVII en ruinas.

Tamén existe a capela de Santa Lucía, no lugar do Campo da Feira, de construcción barroca, somellante á de Ramil-Rus. Foi derrubada no alno 1969, e sustituída pola actual construcción de certo mal gusto. Sábese que por este mesmo lugar pasaba a antiga “vereda”, que ía de Carballo e A Coruña, amais de se celebraren as antigas feiras dos segundos domingos de cada mes.

BERTOA.

Apuntes da historia e arte.

O principal edificio histórico é, sen nengunha dúbida, a Igrexa parroquial de Santa María, do S XVIII, de feitura sinxela e de pranta de Cruz latina, conserva unha interesante cruz procesional de prata de estilo barroco, así como un fermoso criceiro no adro.

Localízanse algúns castros, como o de Queixeiro, a pouca distancia da Igrexa parroquial, así como dúas mámoas no seu darredor, hoxe desaparecidas. Outros castros son: o de Queo de Arriba, e o da Condesa ou Bico do Castro, no mesmo libeito co termo de Laracha.

No lugar de Leboreo, podemos destacar tamén un interesante hórreo de pés que mostra interesantes aspectos etnográficos da arquitectura popular de Bergantiños.

CANCES.

Apuntes da historia e arte.

Ocupaba de antigo a liña divisoria das provincias A Coruña e a xa inexistente de Santiago. Os abundantes restos arqueolóxicos dan testemuña da súa importancia.

As torres de Cances foron queimadas polo célebre Gómez Pérez das Mariñas, polo que hoxe non as podemos contemplar. Próximos á Igrexa parroquial de San Martiño, atopáronse a primeiros de século varios sepulcros de antiga necropolo, compostos por grandes tellas planas, con señas iguais ás atopadas en Grandimirum misun (Zas), que se supoñen da época romana-cristiana.

Outros verixios importantes son o Castro de Cances, que se ergue no medio dunha finca de labradío no terraplén con tres liñas defensivas. Acrópole recive o nome de Bico de Castro, que se defende cun parapeto e foxo. A máis, cabe mentar outros xacementos como o Castro de Currás ou da Torre, así como a Agra das Mámoas, en Cances Grande.

A beira da igrexa parroquial de San Martiño, existe un cruceiro que ten un peto de Animas no seu pedestral, o único exemplar do contorno. O lugar de Cances Grande ofrece interesantes construccións tradicionais, como un fermoso hórreo de pés, varias fontes. Casa Grande, con pombal e capela, e outras construccións de labranza, o que fai do lugar un conxunto etnográfico de interese.

CARBALLO.

Apuntes da historia e arte.

Prehistoria:

Na vila de Carballo podemos observar un castro, chamado precisamente Castro de Carballo, situado na actual zona escolar, nomesmo lugar que ocupan os depósitos de auga. Apenas se pode distinguir, debido ó alto número de construccións realizadas no seu contorno. Outros castros localízanse nolugar de Cernide, primitivo asentamento vial, e outro en A Brea.

A carón do chamado “Muíño da Pintura” hai unha lousa con gravados inscritos na súa superficie, de cuberta posiblemente procedente dun dolmen.

Idade antiga:

Por terras de Carballo pasaba a ruta denominada “per loca maritima”, que unía a Fisterra e Brigantia, e cruzaba por riba da Ponte Lubiáns, anque nesta, de factura romana, pódense recoñecer diversas adicións e restauracións de séculos posteriores.

As augas sulfuroso-sódicas foron outro dos factores que debeu atraer ós moradores romanos. Unhas augas redescubertas no ano 1716, e localizadas actualmente na confluencia das rúas da Estrela e a dos Baños Vellos.

Idade media:

Nesta época non existían en Carballo núcleos de poboación importantes, polo que a localización de datos non é doada. A influencia monástica sobre a poboación era total, principalmente a do Priorato de Soandres, anexo a San martiño Pinario.

Carballo pertencía á parroquia de Ardaña ata o século XVII. Co decaemento monacal toma impulsa a vida feudal, encabezada en terras de Bergantiños polo conde de Traba, a quen relevarán os Bermúdez de Castro, que terían o seu pazo nas Torres de Nogueira, en Coristanco.

Co decaer do feudalismo xorde a burguesía, cos Pardiñas, os Vilardefrancos, os Aldao, os Leis..

Idade moderna e contemporánea:

O feito histórico máis importante, que da orixa á vila, é o redescubrimento dos Baños Vellos por un grupo de veciños, no ano 1716, á beira do Rego da balsa. Neste lugar construíronse posteriormente albergues para os bañistas, e máis tarde un edificio de maiores proporcións, así como unca capela dedicada á virxe da Estrela. A cidade de Carballo tivo grande auxe nos primeiros anos deste século, coa construcción de edificos senlleiros como a igrexa de San Xoán ou o propio concello vello.

Contaba cun plan urbanístico bastante avanzado para a época, e con moitas edificacións tradicionais, sobre todo derredor da actual praza de Galicia, anque moitos deses edificios foron derrubados na década dos setenta.

Tampouco existe a Casa Balneario, propiedade dos Condes de Torre Penela, un feito que, como os demais, forma parte dun problema que foi acabando cos sinais de identidade local.

ENTRECRUCES.

Apuntes da historia e a arte.

Da época prehistórica hai algúns vestixios importantes, comom son o hachádego dunha punta de lanza aparecida no lugar de Souto Grande, do 800-700 ade, esto é, da época do Bronce final.

Destacan asimesmo, os Castros de Vilachán e, a uns 700 metros, o de Ouxas, que está ó norte.

No lugar de San Paio existe unha famosa capela do S XVII- XVIII, co seu correspondente cruceiro. Sitúase nun outeiro, moi próxima á pervenza. Tamén hai unha romántica fonte, Manada do Santo, á que ían os romeiros nas festas do lugar, tradición aínda extendida en Galicia, xa que manan augas milagreiras.

A igrexa parroquial, cun cruceiro con mesa, varal cilíndrico e capitel con acantos e volutas, e senlleiro adro, constitúa un fermoso e ben cuidado conxunto tradicional. No ano 53 descubriuse un singular pronto da Virxe da Milagrosa, que foi considerado como un milagre, coa conseguinte afluencia de efervoados visitantes.

Outro elemento arquitectónico é a blasonada Casa Grande de Pazos, onde houbo unha capela.

GOIANS.

Apuntes da historia e a arte.

Apenas podemos reflexar aconteceres históricos importantes, somentes decribir algúns elementos artísticos que dan seña da súa importancia, como é a igrexa parroquial de San Estebo, no lugar de Piñeiro, con fachada de felaín e pedra á vista, tanto nas esquinais de xambas. Ten unha hornacina avenerada, coa imaxe de seu patrono, así como unha pedra disposta para reloxio de sol, xa que está orientada ó sur. Fóra do adro atópase un sinxelo cruceiro moi erosionado polo tempo, con tres gradas de sillar e pedestal.

O seu varal é de base cuadrada con chafláns. O sinxelo capitel ten unha inscripción e unha data, que se supoñen do devoto e constructor, sin posibilidade de lectura.

Outro cruceiro é o situado a 200 metros do anterior, moi interesante pola súa momentalidade. No baseamento existe unha inscripción que abrangue as catro caras, así como unha cadaveira esculpida no fronte. Destaca o capitel ó xeito, con folls de acanto alternas con cabezas de anxos. A súa cruz latina ten o Cristo, e un San Francisco axoenllado colléndolle as pernas. No outro lado, a Virxe, o Neno, está a ser coroada por dous anxos. A súa fermosura é evidente.

LEMA.

Apuntes da historia e a arte.

Desde a fermosa vista panorámica que nos ofrece o Castro de Castrillón, donde hoxe se asente a poboación do lugar, existe unha fermosa capela, chamada de Santa Helena, chatada sobre o cumio do Castro. A tradición dí que ésta foi traida en tempo inmemorial pedra a pedra polos veciños desde o fondo da Lagoa de Baldaio, donde a localizaron gracias ás badaladas das súas campás. O castro que alí se asenta, anque alterado nas súas ladeiras debido ó conxunto urbano, ainda podemos recoñecer a súa forma. Atopáronse tamén diferentes miños e restos de cerámica. Outros asentamentos castrexos son os de Os Castriños de Cambre, na parte máis baixa da ladeira do monte, xa moi deteriorados.

A igrexa de San Cristobo de Lema constitue un elemento senlleiro, con facahda de telón, porta adintelada, unha hornacina con santo patrono, e un óculo pétreo -coma toda a igrexa- como elementos salientables. O campanario é de duas campás, sobre tres pilastras. Moi perto existen varias casas de interese arquitectónico, anque visualmente moi perxudicadas polas novas construccións.

NOICELA.

Apuntes da historia e a arte.

No illote de Donalo, na confluencia das parroquias de Noicela e Lema, así como o límite do grande areal, atópanse restos dunha antiga torre de vixiancia. Quedan somente os cimentos e restos de tellas curvas. E moi probable que se tratase dunha torre defensiva, para protexer a costa da piratería que tantas preocupacións debeu causar alá polo S XVI.

A Igrexa de Santa María é un edifio de grande beleza. A variante con outras da zona é o campanario, a xeito de torre, que forma un corpo macizo enmarcado por pilastras e coroado por unha cúpula. Na decoración aparecen dous escudos de tipo relixioso, a hornacina enrriba dunha porta adintelada na que está a virxe, e un reloxio de sol. O adro está cercado por un muro sobre o que se levanta un viacrucis de pedra, hoxe incompleto, e unha morea de lápidas, algunha blasonada.

De antigo, había feiras no lugar do Rapadoiro, de gando vacún e porcino. Podemos ver en Pereira unha casa blasonada, e un cabaza tamén blasonado en Nandufe.

OZA.

Apuntes da historia e a arte.

A prehistoria ofrécenos restos como o Castro de O Rodo, ou Petón do Castro, situado nun outeiro, e presentando unhas fortes defensas con parapetos de grande altura. No interior, outro parapeto protexe o núcleo central do recinto. Outro é o chamado Bico do Castro, entre os lugares de Serantes do Medio e Serantes de Abaixo, rodeado de terras de cultivo e perfectamente definido.

No lugar de As Torres, como o seu nomo indica, existiron unhas construccións das que somentes podemos ver restos da súa capela, que mostra unha fermosa pía de auga bendita avenerada, así como un fermoso reloxio de sol no que fora a fachada. Foi propiedade dos marqueses de Vilardefrancos. Polas inmediacións pasaba o antigo Camiño Real xa mentado por Fray Martín Sarmiento en tempo da Ilustración. Algúns autores apuntan que por alí pasaba un tramo da antiga vía romana Per loca Marítima. Tanto o lugar de As Torres como o de Serantes e o Rodo, mostran un conxunto de edificacións de extraordinario interese etnográfico, polo variado e ben conservado dos moitos elementos que alí se atopan, anque con visión estropeada polas novas edificacións. Elementos destacables son a Cruz ou o maravilloso templete e peto de Animas de San Verísimo. Hai anos desapareceu un cruceiro e un pombal no lugar de O Rodo, de indudable interese.

RAZO.

Apuntes da historia e a arte.

Suponse que pola parroquia pasaba algún tramo do antigo camiño romano procedente de Oza. Outros restos a destacar son os do Castro de Torre Pardiñas, un castro de pequenas dimensións que presenta un forte sistema defensivo, o que fai supoñer que tivese, sobre todo, esta función. O castro de Nión, tamén chamado “os castros”,sitúase perto do lugar de Vilar de Cidre, a uns cen metros do lugar de Nión. Presenta un sistema de parapeto en forma de media lúa, e carece de defensa.

Por outra banda está a Casa señorial do Pardiñas, no lugar de Cambrelle, a máis antiga do concello, que conserva como elemento máis destacable o seu escudo na súa fachada. Este edificio foi noutro tempo torre-fortaleza, e foi convertida no século pasado nun lugar residencial. O linaxe do Pardiñas ten como motivo heráldico unha torre enzarzada moi frecuente nos blasóns bergantiñáns.

REBORDELOS.

Apuntes da historia e a arte.

Como vestixio prehistórico máis importante podemos citar o Castro de Constenla, situado na ladeira sur dun pequeno outeiro do citado lugar. E un castro de ladeira, de forma circular e de mediano tamaño, con parapeto e foxo.

A igrexa de San Salvador de Rebordelos é unha das moitas que responden á tipoloxía da zona, con fachada de telón e campanario de espadaña. No seu redor podemos ver algunha casa con elementos tradicionais, de interese etnográfico e documental.

RUS.

Apuntes da historia e arte.

Os restos prehistóricos a destacar son pouco abundantes, anque cabe citar o Castro da Ribeira, situado no lugar de Vilachán, e os Castriños de Vilares, no mesmo lugar. Os Castriños de Ferrol, os Castros de Calvos, formado por catro pequenos montículos, e os Castriños do Outón, destruido hai 15 anos para a construcción dun edificio. En alborís atópase un sepulcro antropomorfo, que serve de bebedeiro de animais e que procede do antigo cemiterio de Rodís.

A escasos metros da parroquial, a capela de Ramil cunha fermosa fonte e adro.

O pazo de Louride é outro edificio destacable, así como es blasóns nos lugares de Casal de Perros o Outeiro de Arriba.

SISAMO.

Apuntes da historia e a arte.

O Castro de Sísamo, no lugar do Picho, é o único vestixio prehistórico coñecido da parroquia, situado nos terreos do Pazo dos Montenegro.

A escasos metros, sitúase un fermoso pazo do século XVII, en proceso de restauración. Presenta como elementos salientables un fermoso reloxio de sol tallado en tres caras, unha grande chimenea con elementos barrocos, así como o símbolo coa inicial dos Montenegro, coa data de 1833. O escudo está situado no portalón de entrada ó recinto amurado.

Na igrexa parroquial de Santiago do sXVIII, a moi escasa distancia do pazo, nun plano inferior, podemos observar restos da obra romáica no arco triunfal de ingreso ó presbiterio.

SOFAN.

Apuntes da historia e a arte.

En canto ós castros, podemos citar dous: o de Guntián e o Periscal. O primeiro ten un sistema defensivo complexo por estar en terreo pouco accidentado, cun terraplén que dá paso a unha terraza da que sae un parapeto que defende o recinto máis alto da croa, e do segundo só se aprecia o cahmado muro vello, e o resto, invadido polas leiras circundantes.

O edificio máis interesante da parroquia é, sen dúbida, a Igrexa de San Salvador, que leva gravadas dúas datas: na parte posterior a de 1732, e na fachada a de 1861, o que indica duas etapas da súa edificación. Pranta de cruz latina e conserva interesantes retablos e imaxes no seu interior. A fachada ten unha hornacina coa imaxe de patrono e un rosetón.

Nunha finca pertencent é rectoral, atópanse os restos dun pombal en ruinas. A construcción responde á tipoloxía de planta octogonal redondeada.

VERDILLO.

Apuntes da historia e a arte.

Pola parroquia de Verdillo pasaba a antiga vereda que comunicaba A Coruña con Carballo, e que algúns autores apuntan como un brazo dunh antiga vía roman, o que puido dar lugar ó topónimo da parroquia. Conservouse durante algún tempo o que fora cárcere da xurisdicción de Bergantiños, que se erguía a carón da Igrexa parroquial, así como unha fermosa casa blasonada, ocupadas hoxe por vivendas particulares.

A igrexa parroquial de San Lourenzo, deste século, é unha edificación de senlleira beleza arquitectónica. No lugar do Añón existe, enriba dunha rochaa, unha cruz do século pasado cunha inscripción ós seus pés.

VILELA.

Apuntes da historia e a arte.

A testemuña arqueolóxica máis importante é o castro de Vilela, sito no lugar do mesmo nome, arrodeado de terreos de cultivo e monte. Presenta unha forma circular con defensa, formada por un parapeto duns 4 metros de altura, que o rodea, interrompéndose no leste, onde se abre a súa entrada.

A igrexa de San Miguel é de construcción sobria, na que os elementos barrocos desapareceron.

No lugar de Vilela podemos ver algúns hórreos de tipo celeriro e casadeira, así como unha inscultura simbólica no frente dunha casa de labranza, que posiblemente representa un lobo. Descoñecemos se pode ser unha interpretación dun blasón.

7.2.- PONTE LUBIÁNS.

Situación e historia.

A ponte Lubiáns encóntrase sobre o ría Rosende, afluente do Anllóns, o cal serve de límite neste tramo, ós concellos de Carballo e Coristanco.

Por esta ponte pasaba o antigo camiño Real da Coruña a Fisterra, antes de que na segunda metade do S.XIX contrúese a Ponte Nova para o paso da estrada C-552 que une estes dous lugares.

A ponte, tanto polo seu ancho (2,55 metros) como pol sucesión de arcos de medio punto que sosteñen a súa calzada e polo seu perfil alombado, podería en principio ser considerado como medieval.

O pequeño ancho da ponte fixo que esta fose inservible mesmo para o trazado do Camiño Real do século XVIII, aínda que para o paso do de Fisterra se pensou en aproveitala, ata que a nova estrada non dubidou en sustituíla.

Descripción.

A ponte Lubiáns está sobre o río Rosende mediante catro arcos con luces pequens, dous dels no leito principal, de 6,70 metros, e as outras dúas na marxe esquerda de 3,70 e 3,10 metros.

O pilar central de 2,30 metros de ancho está protexido cun tallamar triangular augas arriba e semicircular augas abaixo, o cal aparece perfectamente adosado ás bóvedas, o que nos fai pensar que estas bóvedas son froito dunha reconstrucción posterior.

O pavimento é de pedra, conservando no centro a fileira de pedra central característica das pontes medievais.

Os arredores da ponte, alonxados do paso da estrada actual, e formados polo río, a arboreda que se sitúa nas beiras do mesmo, os camiños que buscan na ponte a continuidade do seu paso, son de grande interese como un lugar para o lecer. Unicamente as construcción que se levantaron na súa proximidade afean unha paisaxe que debería ser respetada.

7.3.- 25 ANOS XUNTOS CONSTRUINDO A IGREXA.

O pobo de Israel celebraba cada sete anos un “ana sabático” e cada cincuenta anos o “ano xubileo”, para dar descanso á terra e loubar ó señor.

Na nosa parroquia de Carballo o ano pasado foi tamén un “ano xubilar”: para celebrar as vodas de prata, os 25 anos de servicio pastoral do equipo sacerdotal, celebrouse o "ano da parroquia”, cun interesante programa de actos, que o Concello Pastoral Parroquial levou a cabo ó longo dos doce meses do ano, e que foi clausurado con toda solemnidade polo Arcebispo de Santiago Mons Xulián Barrio.

Cando o Concello Parroquial programou o Ano da Parroquia marcouse o obxectivo de que debía quedar en lugar dunha planca conmemorativa unha Obra Social permanente: O centro social “San Xoan Bautista”, para recordarnos a todos a necesidade da unión e do compromiso social.

O centro social está integrado polos seguintes grupos que veñen funcionando na Parroquia:

Catecismo, Xotaina, Asociación Xuvenil e Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude, Cofradía do Cristo da Mocedade, Coro Xuvenil, Cofradía da nosa Sª das Dores, Asociación de Pais Católicos, Xuventude Marianas Vicencianas, Grupo Misional, Coral de Bergantiños, Coro Aires de Bergantiños, Asociación Filatélica, Cáritas Parroquial, Asociación da 3ª idade...

O centro social San Xoán Bautista inicia tamén unha andaina editorial, para contribuir a fomentar o estudio e a difusión dos temas de interese histórico, sociolóxico e artístico da nosa comarca.

7.4.- RAZO E BALDAIO ¡O GRAN TURISMO!

Razo unha década con Bandeira Azul

Na praia de Razo,principal enclave turístico e punto de destino para centos de persoas, realizáronse, entre outras melloras, a habilitación de novas zonas de aparcamento, adecentamento da zona verde, rehabilitación da fonte de Arnados, colocación de bancos, alumeado, e asfaltado e ampliación da estrada.

No areal de Baldaio tamén se realizaron trefas de adecentmento así como a instalación dunha caseta de salvamento e a dotación de servicios en beneficio dos usuarios.

A praia de Razo é un dos enclaves turísticos máis importantes da comarca. Punto de destino para miles de veraneantes procedentes doutras comunidades é tamén protagonista indiscutible na práctica de actividades e competencias deportivas acuáticas pola bravura das súas olas.

Dende hai dez anos a Bandeira Azul ondea nesta praia como recoñecemento da Comunidade Europea á calidade das súas augas, a limpeza do areal, a habilitación de aparcamentos, o equipo de salvamento e socorrismo e a dotación de servicios hixiénicos e sanitarios a disposición dos usuarios.

Recentemente, a praia cobrou unha nova imaxe e maior prestixio gracias ás actuacións municipais realizadas no litoral para melloralas condicións de veraneo ós turistas e veciños da localidade.

Baldaio “espacio natural”.

O nome de Baldaio vai ligado ó dun espacio natural que necesita dunha protección especial por reunir as características dunha zona húmida ubicada de forma privilexiada en contacto co mar.

¿Por qué é necesario protexer Baldaio?

Son varios os motivos polos que esta zona do municipio merece unha atención especia. E esixe unha concienciación social sobre as graves consecuencias do progresivo deterioreo se non se toman medidas para a súa conservación.

Os principales obxectivos para conservar e mellorar Baldaio son:

1.- Promover o turismo da zona de forma que sexa compatible coa conservación do entorno. Para esto deben de demarcarse os límites perturbables nas que se restrinxa a entrada de turistas.

2.- prohibir a construcción de vivendas bordeando a estrada que une Baldaio con Razo xa que, do contrario, veríase moi afectada a panorámica da que pode disfrutar calquer turista e mesmo os veciños.

3.- Mellorar as condicións de explotación da lagoa de forma que fosen equitativos os postos de traballo e os beneficios.

7.5.- DA COR VERDE.

Galicia: Viaxe e aventura.

Tempo de verán, de ocio, tempo para coñecer e disfrutar, case sen saír da case, de multitude de currunchos e actividades.

Se vostede dedide viaxar, recoméndolle o turismo verde por Galicia, onde existen unha grande cantidade de establecementos que ofrecen todo tipo de servicios, práctica de deportes, degustacións gastronómicas, etc, dentro dun ambiente tranquilo, en puro contacto coa natureza, ideal para os que vivan algo estresados.

A oferta vai dende o agroturismo, do que Galicia é pioneira, e que se caracteriza pola participación dos hñospedes en actividades agrarias, ata o outro extremo, máis para sitaritos, que é aloxamento en “grandes casas” ou pazos, edificios de gran valor arquitectónico, bo mobiliario, e que dispoñen de grandes espacios, ideais para practicar sendeirismo, pesca e mesmo caza, saídas a cabalo, rutas ecolóxicas, etc. O prezo asimesmo, pode variar moito dependendo do aloxamento polo que se decida e da tempada, dende 2.000 pesetas, ata as 14.000.

Recordo que en Bergantiños hai dous lugares ideais para facer turismo rural; o Pazo de Souto, en Sísamo, e a casa de Laxe, en Buño, que ofrecen bo aloxamento e numerosas actividades.

Se lle gusta practicar os deportes de montaña ou inverno, na zoa de Manzaneda.

Para os amantes das experiencias forte, e sen sair de Galicia, empresas coma Galiciaventura ou Turmagua ofrécenlle parapente, globo aerostático, etc.

Vivir Bergantiños: a ruta verde.

O San Xoán é o preludio das vacacións estivais. Se ten a sorte de poder disfrutar delas, ou simplemente é dos que se teñen que conformar só co fin de semana (recorde que non se consola o que non quere), propóñolle que se olvide desas tediosas tardes “empandangados” no sofá, ou achicharrados en calquera das nosas fermosas praias e faga unha aposta pola aventura (caseira, eso si) disfrutando da natureza ¡déalle marcha ó corpo!.

A oferta é variada: senderismo, bicicleta de montaña, paseos a cabalo, motos trail, enduro, etc., pódense practicar na terra de Bergantiños todas elas teñen algo en común: o respeto ó medio natural.

Co bo consello dalgunhas das persoas que practican estas actividades a cotío, e sen pretender limitalos no espacio, suxírolle unha serie de rutas que “aplacarán” dalgún xeito, a súa sede de aventura e emocións fortes.

Rutas a cabalo.

A lomos dun brioso corcel, ó trote ou a galope tendido (recorde que o freo é do man), e un punto de vista privilixiado, a non ser que o équido diga o contrario, poderá disfrutar dun percorrido ó longo de antiguos camiños.

O picadeiro atópase en Valenza-Coristanco.

Debido ó auxe que está a ter a práctica deste deporte, nun prazo curto, outras entidades, aumentarán a oferta de percorridos para os amantes desta modalidade.

Rutas en bicicleta de montaña.

Moita xente practica ésta especialidade e por ahí hai xa moitas rutas marcadas para non perderse. Se quere disfrutar ó máximo, suxírolle que se deixe aconsellar por un especialista na materia.

Entre outras rutas eliximos estas tres para abrir a boca:

Rutas en 4 x 4, motos trail, enduro.

A información básica que utilizan os ruteros atópase nuns libriños chamados rutómetros, onde se recollen os kilómetros totais e parciais, dibuxo de percorrido, puntos de referencia, etc. se vostede se anima a practicar este deporte ¡fágao xa! Porque unha das rutas máis fermosas é o longo da costa da morte.

Visita obrigada.

Hai centos de currunchos por visitar nesta nosa noble terra de Bergantiós, entre outros recoméndolles que non deixen de ver.

Verdes: Bañada plo río Anllóns, formada por cascadas e multitude de pontes.

Monteneme: Fágase cuns bos prismáticos e poderá contemplar unha preciosa vista panorámica de cáseque todo Bergantiños -mar e terra- e máis. Absterse “Voyeurs”.

Baldaio: Paraíso ecolóxico:marismas,dunas, e se ten sorte, poderá ollar algunha especie no seu medio natural. Dúas pedaladas máis e estará na Pedra do Sal.

Razo: Praia e máis praia. Aproveite para visitala antes de que “aterrice” a marabunta de “guiris” coa chegada do bo tempo.

Buño: Terra de mestres alfareiros. Se leva a mochila, igual volta cun “Souvenir”.

Malpica: Costa arriba, costa abaixo, é un pobo acolledor, típico mariñeiro. Se lle preguntan ¿Qué fas che? Respóndalle: Vou á “pla”- por certo, non se perda o paseo marítimo ó lado da praia-. Aproveite para ir ata Atalaia.

Un pouco máis alá de Malpica está o Cabo San Adrián, en plena Costa Da Morte. Fermosísima coma perigosa.

Torres de Mens: posiblemente nelas non grabarían “la noche de los castillos”, sen embargo, non deixe de visialas e síntase, por uns intres, un cabaleiro ou unha dama na época dos Irmandiños.

Pazo de Vilardefrancos: Ademais de ser un lugar moi “fotoxénico”, poderá ver un Carballo centenario -unha especie en extinción-.

A fervenza: Recarge enerxía na que foi a primeira central hidroeléctrica de todo o concello e sumérxase na frescura da súa beleza -unha cursilada para rematar-.

7.6. AS CRENZAS NOS NOSOS ANTEPASADOS.

Son sabidas as crenzas existentes nas cachelas das romarías, tanto a de San Xoan, como a de San Pedro; consiste en saltalas tres veces -dicindo- “Cachela de San Xoan que non me morda nin cadela nin can” -esto dise para espantar as meigas.

Outro tipo de crenzas é o peligrinar “polos camiños de Deus”. Os carballeses xunto con outros das aforas de Carballo percorren as rúas ata chegar a Caión, Malpica, Vilamaior, hai crentes que o fan de rodillas, outros descalzos, outros mesmo van arrastrados.

É imprescindible escoitar polo menos unha misa enteira. Algúns osiencan os Santos ou as Santas con moitas velas, rosas, amuletos, cartos e mesmo con cheques, e lévanse como reocordo algunha que outra pequena estampiña, e a ledicia de haber feito o camiño e cumprido co seu cometido.

Cabe destacar que os pelegrinos de Santiago non poden disfrutar todos os anos de este acontecemento, xa que non ten que ser celebrado o ano Santo, que é cada catro anos, esta peligrinaxe colliu moita influencia incluso das xentes que veñen de fora de España.

Ademáis hai algunhas crenzas onde os pelegrinos van a fonte a lavar os pes, as mans, e a face, e incluso a beber auga como remedio ós seus males despóis sécanse con un pañuelo o cal deixa preto da fonte como ofrenda ó Santo.

7.7.- FESTIVIDADES DO CONCELLO.

Aldemunde: Festas patronais: 22 de xullo.

Ardaña: 15 de agosto patronais, 1 e 2 de outibro na capela de Vivente.

Artes: 23 de abril patronais, 4 e 5 de agosto e 13 de xuño en Vilardefrancos; 13 de Setembro e 8 de decembro, na Capela de Santa Lucía.

Bértoa: 15 de agosto patronais; 13 de xuño San Antonio.

Cances: 29 de xuño patronais.

Carballo 23 ó 27 de xuño San Xoan; primeiros de agosto San Cristovo, primeiros fin de semana de Setembro A Milagrosa, primeiro domingo de xullo do pan, en A Brea.

Entrecruces: 24, 25 e 26 de agosto San Xinés.

Goians: primeiro domingo de setembro patronais.

Lema: 10 e 11 de xuño patronais.

Noicela: 8 de decembro patronais.

Oza: 16 e 17 de xullo a Virxe do Carme; 8, 9 e 10 de setembro.

Razo: 16 de xuño patronais.

Rebordelos: 6 de agosto patronais.

Rus: 15 de Agosto Santa María.

Sofan: 6, 7, 8 e 9 de agosto patronais.

Sisamos: 25 de xullo Santiago.

Verdillo: 20 de agosto San Lourenzo.

Vilela: 29 e 30 de setembro San Miguel.

As festividades das parroquias están ofrecidas ó patrón de cada parroquia, aínda que despois se lle adique outras festas a algún santo máis.

Nestas festividades xúntase un grupo de persoas e vai recollendo polas casas unha tasa de cartos para traer unha orquesta, para que a xente o sair da misa, vaia bailar un anaco. Esto tamén se fai á noite. Nestas festas a xente xúntase e vaila toda a noite, fala, ata que a orquesta remata de cantar. A misa do santo celebrase á unha da tarde, e cando remata, quitan o santo en procesión dando a volta ó redor do cruceiro e da igrexa.

A FESTA DE SAN XOAN.

San Xoan é un dos Santos máis atípicos do calendario, primeiro por ser o único que se celebra o dia do seu nacemento e non o da súa morte; e, segundo, por coincidir con solsticio de verán. É a noite do 23 ó 24 a máis curta do ciclos solar. Este feito observado polo home desde un remoto pasado fixo que esta festa teña moi pouca entidade para a relixión católica pero sí unha gran aceptación popular.

Tres son os elementos característicos da Noite de San Xoán: a auga e o fogo, dous dos catro elementos de Empédocles; e as plantas. Estes tres elementos, xuntos ou por separado utilízanse baixo dous prismas que se mesturan: un rilixioso e supersiticioso á vez; e outro, quizáis o máis importante, o das súas capacidades hixiénicas e curativas.

Lumeiradas, humaradas, fogarata, castillos ou cachelas, como se denominan na comarca de Bergantiños e no seu arredor, son emprescindibles en toda Noite de San Xoán.

Básicamente quéimanse cousas vellas, como símbolo do comezo dun novo ciclo vital. Algúns indios americanos levan ó extremo esta renovación queimando tódalas súas pertenzas.

Son moitos os mitos relacionados coa auga. A auga é a fonte da vida. Coa auga tod parece crearse e purificarse. Coa auga a fragancia e o frescor aromatizan o ambiente.

Todas as familias galegas, a véspera de San Xoán, deixaban un recipiente cheo de auga na que sumerxían flores e plantas aromáticas. Á maña seguinte, todos se lavan con esta auga á que atribuían propiedades curativas, especialmente para as erupcións cutáneas e enfermidades da vista; máxicas, para curar dos aires lurpios e envexas, e cosméticas.

As hervas e flores que se ponen a remollo dependen das dispoñibilidades de cada zona xeoclimática. As herbas son as seguintes:

- Sanxoáns, crogne, bélitroque, estralote, dedalei-ra, alcroques o abrulas. Por todos estos nomes coñécese en Galicia a herba de San Xoán.

- Fiuncho ou fiollo; en castelán anís.

- Codeso; en castelán piorno.

- Fieito macho; en castelán helechos.

- Trovisca; en castelán torvisco.

- Polas de nogueira.

- Polas de ameneiro ou amieiro.

- Espadana.

- Malvas.

- Herbas da Nosa Señora.

- Rosmaniño.

- Roseiras.

Non só as herbas teñen propiedades curativas durante a noite de San Xoán. Tamén as árbores e arbustos teñen un papel importante durante esta noite.

Sería interminable comentar tódalas diferentes crenzas e mitos que se desenrolan en torno á noite de San Xoán e ás diferentes utilidades de cada un dos elementos que se utilizan en todos e cada un dos ritos, o que si é certo é que esta noite ten tal embruxo que consegue que a noite máis curta do ano sexa finalmente a máis longa e intensa do ano.

Segundo a lumada ía minguando e as brasas perdendo calor o sono vencía a aqueles que traballaran toda a tarde. Algúns deitábanse co son da pandeireta no sentido.

A maña seguinte, unha vez escorrentado o sonon, no faltaba que visitase a morea de borralla que quedaba na Camposa. No medio da que na noite anterior fora cahela, aínda quedaba rescaldo abondo como para asar unhas castañas.

¡Mágoa que non quedase aceso ata o San Xoán vindeiro!

8.- CAMBIOS QUE SE LEVARON A CABO NO CONCELLO.

As novas infraestructuras nas parroquias dispoñen de locais sociais onde desenvolvendo as actividades máis variadas sempre foi un dos obsectivos do concello, preocupandose porque os veciños conten coas infraestructuras adecuadas. Para elo, moitas parroquias dotáronse de centros sociais e culturais, que son auténticos de centros sociais e culturais, que son auténticos foros polos que decorre a actividades cultural diaria.

En canto se refire a cultura Carballo tamén participa dos espectáculos culturais que se organizan en Galicia e no mundo.

Unha das novidades do concello é o parque do anllóns. O parque do Anllóns é a maior ária de recreo do casco urbán dotada con servicios lúdicos e recreativos, zona verde e espacios destinados ós máis cativos.

Un dos asuntos que máis preocupa ó Concello é o respeto e a conservación do Medio Ambiente, de ahí a creación de novas zonas verdes no casco urbano e no rural. Pequenos espacios naturais para que os veciños poidan disfrutar de zonas libres para ocio, o lecer e o encontro.

CONCLUSION.

Intentaremos analizar positiva-negativamente a situación na que se atopa o noso concello despois de facer o traballo que fixemos.

A nosa opinión persoal é que o concello en xeral está moi ben. Temos unha historia antigua da cal conservamos nalgunhas parroquias, igrexas, reloxos de sol, fontes, etc nas que hoxe en día son a envexa e admiración de moitas persoas.

As comunicacións, tanto por rúas, como por teléfonos, prensa ou radio, melloraron moito. Actualmente contamos cun 95% das rúas asfaltadas, contamos con teléfonos en moitas vivendas e nos pobos onde nos teñen teléfono na vivenda contan con algún teléfono público, pero estes casos son poucos.

Tamén contamos cunha emisora de radio e no referido a prensa, actualmente temos varios periódicos no noso concello. Podemos disfrutar de grandes romarías, lends e crenzas ás cales veñen persoas doutros concello, cahmados pola gran tradición existente e pola gran devoción que existe no noso cncello.

No apartado da sanidade tamén melloramos aínda que nos queda moito por facer, quizáis sexa o partado no cal teñamos máis problemas.

Xeográficamente estamos moi ben situado. Dispoñemos de todo o que necesitamos, temos montes, praia ríos, zoas verdes, etc. Un problema para todo esto que acabamos de nombrar é o pouco tempo que temos de sol seguido o ano, porque o noso concello e un gran receptor de turistas na época do verán. Así podemos ver que o noso concello está bastante ben.

Comparado con outros o noso concello ten inconvintes e ventaxas. De todolos xeitos sempre se pode mellorar, sempre hai que buscar o mellor que sexa para quen sexa, e o nos concello como calquera outro debe buscar o mellor para os seus habitantes, os cales deben agradecelo procurando conservalo.

BIBLIOGRAFIA.

- García Pita, Pablo. Comarca de Bergantiños E.D.L. nace A Coruña 1986.

- Administrativo, 23. Recursos naturais. A Coruña 1988-1989, Páx 22-26.

- Nogueira Esmoris, Gelasio. A Comarca de Bergantiños E.D.Deputación Provincial. A Coruña 1998. Páx 109-141.

- Balance da xestión municipal. Carballo 1991-1998.

- Blanco, Alvaro. Pontes históricas de Galicia. E.D. Xunta de Galicia. A Coruña. 1991 Pax 259-262.

- Fariña Jamardo, Xose. Os concello de Galicia E.D. Pedro Barrié de la Mara. A Coruña. 1990. Páx 235-243.

1

89

0

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo

Carballo




Descargar
Enviado por:Pikaso
Idioma: castellano
País: España

Te va a interesar