Educación y Pedagogía


Biografías de importantes personajes relacionados con la eduación


Jean-Jacques Rousseau

Vida

Nace en Xinebra (Suíza) en 1712 no seo dunha familia hugonote emigrada. Queda orfo de nai e seu pai confía a súa educación ó pastor Lambercier.

En 1728, Rousseau é recollido pola señora de Warrens en Annency e é bautizado, iniciándose así ó catolicismo.

Nos anos seguintes, Rousseau terá unha vida nómada e exercerá de oficios relacionados coas letras e a música, forxando o seu carácter de “paseante solitario” recorrendo a zona dos alpes a pé.

En 1741 viaxa a París e establecerase alí anos máis tarde definitivamente. Sobresae en campos como a filosofía, a música, a literatura e a educación. Convertiuse no centro dos salóns, contando co apoio de parte da nobreza.

En 1750 é premiado pola Academia de Dijon grazas ó seu “Discurso sobre as Ciencias e as Artes”.

A punto de ser encarcerado, volve a Suíza, e en 1767 volve a Francia, onde contrae matrimonio con Thérèse Levasseur, con quen tivo cinco fillos.

Morre o 2 de xullo de 1778 en Ermenonville (Francia).

A súa obra

Entre as súas numerosas obras, destacan:

  • Discurso sobre as Ciencias e as Artes

  • Discurso sobre a orixe da desigualdade

  • Carta d'Alembert sobre os espectáculos

  • A nova Eloísa

  • O contrato social

Pero entre todas estas obras, destaca “O Emilio”, a súa obra culminante.

A ideoloxía de Rousseau

  • Para Rousseau, “o home é bo por natureza, é a sociedade a que o corrompe”. Esta concepción está ligada ó Individualismo (o home é valorado por riba da sociedade) e ó Naturalismo (o home valora a natureza humana).

  • A súa concepción educativa parte da súa concepción antropolóxica:

    • Se o home é bo por natureza e é a sociedade a que o corrompe, o neno ten que ser apartado da sociedadee porque esta os corrompe.

    • Hai que respetar a natureza humana e a educación debe adaptarse ás etapas do desenvolvemento do educando (paidocentrismo).

    • A diferencia entre o neno e o adulto non é só cuantitativa, tal e como o concebía a educación tradicional, senón que tamén hai diferencias cualitativas. Rousseau é o descubridor da infancia.

    • Defende unha “Educación Negativa”: o profesor non debe influír sobre o educando, só debe poñelo en situación de que observe (teoría da “non intervención”).

    • Defende a liberdade do educando e tamén que o neno aprenda a través da súa actividade.

Célestin Freinet

Vida

Nace en Gars (Francia) en 1896.

En 1913 supera o exame de ingreso na Escola de Niza, obtendo o título de mestre de primeira ensinanza en 1915, a pesar de non ter rematado as prácticas de ensinanza. É nomeado mestre en Bar-Sur-Loup (Alpes marítimos) en 1920 e casa con Élise, tamén mestra, en 1926.

En outubro de 1927, constitúese a Cooperativa de Ensinanza Laica (CEL) en Cannes, apróbanse os seus estatutos e créase o seu boletín mensual “A imprenta na escola”

En 1928 trasládase á escola Saint Paul de Vence, onde consegue construír unha escola en 1934.

En 1939 é detido durante a II Guerra Mundial por comunista perigoso, e a CEL é clausurada en 1944.

En 1943 participa no Comité de Liberación de Gap.

En 1945 reorganízase a CEL, vólvese a editar a revista e reábrese a escola de Vence en 1947.

En 1951 crea o Instituto Cooperativo da Escola Moderna (ICEM) e en 1957, a Federación Internacional de Movementos da Escola Moderna (FIMEM).

Morre no ano 1966 en Vence e é enterrado en Gars, o seu pobo natal.

A súa obra

  • A imprenta na escola

  • A educación polo traballo

  • Ensaio de pedagoxía sensible

O tanteo experimental

  • Considera que as aprendizaxes se realizan a partir das propias experiencias, da manipulación da realidade que realizan os nenos, da organización dun contezto no que os alumnos poidan expresar as súas vivencias.

  • Isto nos leva ó principio da Escola Nova: actuar cos nenos a partir do que son. Isto implica que a organización curricular se subordine ás súas capacidades de aprendizaxe.

  • A partir do neno se teñen que crear institucións nas cales o traballo escolar teña unha utilidade, un sentidu, unha función.

  • Para Freinet, todas as súas técnicas están ó servicio da capacidade de expresión dos nenos, para a solución das súas necesidades inmediatas.

A ideoloxía de Freinet

  • Freinet está influído principalmente polas correntes obreiristas e socialistas, xunto coa súa viaxe á URSS e a súa visita á escola libertaria de Hamburgo, e tamén pola Escola Nova.

  • A súa interpretación do paidocentrismo é que a expresión libre dos nenos é a base mesma do modelo de ensinanza.

  • Estipula como base do seu modelo educativo a idea dop tanteo experimental

  • Unha das súas principais aportacións é o principio de cooperación, algo que quedou patente ó contituírse a Cooperativa de Ensinanza Laica (CEL).

  • O principio de cooperación esixe a creación dun ambiente na aula no cal os alumnos participen da creción dos seus propios coñecementos. A construcción práctica dese ambiente se realiza por medio de institucións internas, aceptadas tanto polo mestre como polos alumnos para levar a cabo un proxecto compartido.

John Dewey

Vida

Naceu en 1859 en Burlington (Vermont).

Ós 16 anos entrou na universidade. Tres anos máis tarde, graduouse e comezou a súa vida laboral como mestre, traballando tres anos como profesor de secundaria.

En 1884 obtivo o doutorado en filosofía e convertiuse en profesor na Universidade de ichigan.

Con 27 anos casou con Alice Chipran, con quen tivo tres fillos.

En 1894 convírtese en profesor dos departamentos de filosofía, psicoloxía e pedagoxía da universidade de Chicago.

En 1896 abre a Escola Laboratorio da Universidade de Chicago.

En 1902 foi nomeado director da Escola de Educación da Universidade de Chicago, mais dimite en 1904 e traballa como profesor da universidade de Columbia ata o seu retiro.

En 1905 é nomeado presidente da “American Philosophical Society”. Participa nas loitas sociais polo avance en dereitos da xente de cor, pola igualdade da muller e polo sufraxio feminino en 1906.

En 1927 morre a súa muller, polo que comeza unha nova etapa de compromiso político en 1929 formando parte da Liga para a acción Política Independente e preside o “People Loby”.

En 1946, con 87 anos, se casa con Roberta L. Grant e é nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Oslo.

Morre en 1952.

A súa obra

As súas dúas obras clave son:

  • Lóxica

  • Experiencia e Educación

A ideoloxía de Dewey

  • Segundo Dewey, a educación debía de ser científica, e a escola, convertirse nun laboratorio social e desenvolver no neno a competencia necesaria para resolver problemas e comprobar os plans de acción futura de acordo cun método experimental.

  • A vida busca a súa razón de ser, que o home se procura mediante a sociedade organizada. A educación permite que o individuo manteña a súa propia continuidade adquirindo técnicas de supervivencia e de desenvolvemento a partir da experiencia acumulada polo seu grupo. A educación transfórmase nalgo formal e dirixido a lograr que o neno acabe aceptando a moralidade da sociedade.

  • O neno debe sumerxirse no ambiente e aprender da experiencia, o que conleva unha disposición de reaccionar sempre ás novas situacións con interese, flexibilidade e curiosidade.

  • A experiencia colectiva dunha sociedade democrática debía de verse como unha fonte para a resolución de problemas futuros.

  • A actividade é a característica humana dominante.

  • A educación debe de ser un proceso democrático de actividade conxunta, guiada pola forma de resolución de problemas.

  • Dewey creía que a investigación científica e todo o que contribúe á solución de problemas é potencialmente liberador, polo que se as actividades nas escolas basean as súas actividades na investigación científica, desaparecen boa cantidade de obrigación e as prácticas de motivación se tornarían innecesarias.

  • A función do mestre é axudar ó neno a aprender os valores da participación democrática inquirindo situacións problemáticas. Na sociedade democrática, a educación debe estar controlada polo Estado e todos deberían acudir á escola.

Francisco Giner de los Ríos

Vida

Nace en Ronda (Málaga) en 1839.

Gradúase como bacharelato en Filosofía en 1852 e comeza a estudiar Dereito en Barcelona para logo continuar en Granada.

En 1863 establécese en Madrid, onde frecuenta o Ateneo e o Círculo filosófico Krausista.

En 1865, consegue o doutorado de Dereito.

Renuncia á súa cátedra en 1868 por solidaridade con Sanz del Río, Fernando Castro e Salmerón, destituidos dos seus cargos por problemas políticos e relixiosos. Debido a ests conflitos chega a ser confinado en Cádiz en 1875.

En 1876 funda o Instituto de Libre Ensinanza (ILE).

En 1881 reponse na súa cátedra, e alterna o seu traballo de catedrático coa súa obra ó frente da ILE.

Nos últimos anos da súa vida viaxa a Inglaterra, Francia, Bélxica, etc., familiraizándose con outros planteamentos pedagóxios e paticipando en congresos.

Morre en Madrid en 1915.

A súa obra

A obra de Giner de los Ríos abarca as materias de Dereito, Filosofía, Socioloxía e Pedagoxía:

  • Boletín da universidade de Madrid: artigos sobre a futura Lei de Instrucción Pública.

  • Boletín da ILE

  • Filosofía e Socioloxía

  • Pedagoxía Universitaria

A ideoloxía de Giner de los Ríos

  • É antiintelectualista e moralista.

  • Considera ó alumno o centro do proceso pedagóxico, pero o mestre segue tendo un papel importante.

  • Giner de los Ríos busca formar individuos útiles, prácticos e activos que dean exemplo a través da súa vida social e profesional.

  • Defende a liberdade na educación (extendido á liberdade de cátedra, do alumno e da súa participación no proceso educativo, á autonomía de xestión e goberno dos centros excolares...).

  • Opina que a escola debe de ser neutra con respecto á educación relixiosa e moral, e considera que a educación é o único capaz de conseguir unha base social para transformar a sociedade.

  • Consideraba que se lle debía dar máis importancia á ensinanza primariae que o bacharelato non debía ser unha preparación para a universidade, senón unha continuación da educación primaria. Consideraba que a institución escolar debía de realizar unha educación integral, non só atender á intelixencia.

  • Considera que a educación física desempeña un papel importante dentro da educación global do ser humano.

  • É partidario da escola activa.

  • Considera a intuición o método de ensinanza por excelencia e o combina con outros métodos de ensinanza como a ensinanza simultánea, a ensinanza individual, a ensinanza mutua, a ensinanza mixta; c método expositivo, coa narración, a descripción, co razoamento, con exercicios escritos e con deberes ou traballos para casa (isto último de forma moderada).

  • Dalle moita importancia ó espacio exterior e ás actividades ó aire libre, como, por exemplo, a ximnasia, a práctica do debuxo, o cultivo do canto, os exercicios manuaise ás excursións.

  • O mestre ten que saber responder en todo momento á demanda de actividade para encauzala cara uns obxectivos educativos determinados. Con respecto a isto, a ILE traballaba en dous sentidos: a curto prazo (impulsa a extensión do método Froebel, organiza conferencias e congresos pedagóxicos, asembleas de mestres...) e a longo prazo (propón que Maxisterio se conciba como estudos de carácter universitario).

Influencias

Giner de los Ríos recibe unha forte influencia de Julián Sanz del Río e do Krausismo. Tamén recibe influencias da filosofía alemana, de Rousseau, da análise psicolóxica de Wundt, da Socioloxía, do Positivismo, de Pestalozzi e Froebel e da educación británica.

Makarenko

Vida

Nace en Ucrania en 1888, sendo fillo dun obreiro ferroviario.

En 1905, con 17 anos, comeza a traballar como mestre na mesma fábrica que seu pai, tendo rematados os estudos secundarios. Durante a I Guerra Mundial rematará a súa formación con medalla de ouro nun Instituto de Maxisterio. En 1920 se lle encomenda a creación e dirección dun cento para menores sen fogar debido ós anos de revolución e guerra, ó que denominou como “Colonia Gorki”.

En 1927 se lle encarga a dirección da “Comuna dzerzhinski”, co mesmo modelo de ensinanza cá “Colonia Gorki”.

A partir de 1935, adícase a divulgar a súa pedagoxía mediante conferencias, artigos xornalísticos e programas radiofónicos.

Fina en 1939 dun ataque cardíaco nun ferrocarril camiño de Moscú.

A súa obra

  • A marcha do ano 30

  • Poema pedagóxico

  • O honor

  • Bandeiras nas torres

  • O libro dos pais

A ideoloxía de Makarenko

  • A influencia comunista é determinante na obra de Makarenko, xa que desenvolverá unha educación comunista baseada nos principios do marxismo. Propón un modelo educativo que vincula a vida do traballo coa escolar, co obxectivo de eliminar a división entre o traballo intelectual e o manual. Oponse ó paidocentrismo e ó principio de individualización a favor do de socialización, considerando a escola como unha comunidade.

  • Para Makarenko, o papel da educación consiste en educar a natureza do home (os mestres son servidores desa natureza), en espontaneidade e en disciplina consciente.

  • Mediante a educación pretende lograr honestidade, dilixencia, eficiencia, puntualidade, capacidade de orientación, subordinación e capacidade de mando nos nenos.

  • A súa pedagoxía é unha pedagoxía comunista na que os coñecementos están nun segundo plano.

  • O sentido da educación activa é fixarse unha meta e poñer os medios para conseguila. Polo tanto, o obxectivo principal da educación é facer dos nenos constructores activos e conscientes do comunismo, manifestándose claramente na personalidade do neno os ideais comunitas: o sentido do deber, a non sumisión, combatir ós inimigos, a colaboración, a personalidade disciplinada e a non explotación.

  • As colonias de Makarenko son colonias nas que se educa para o traballo e que se deben manter a sí mesmas, sendo entón o traballo unha actividade que producise a riqueza necesaria para a colonia, non unha táctica educativa. Na escola de Makarenko tamén se transmitían a cultura e a política.

  • O traballo debe de someterse á disciplina social

  • Os nenos deben habituarse a buscar no traballo a súa utilidade e necesidade social.

  • Makarenko separaba o traballo do estudio pois son dúas facetas incompatibles, polo que os seus colonos adicaban 4 horas ó traballo e 5 ó estudo. A pesar disto, Makarenko non nega o valor educativo do traballo e defendía que tanto o traballo como o estudio tiñan un obxectivo: a formación do traballador social

Francesc Ferrer i Guardia

Vida

Nace en Alella en 1859. Fillo dunha familia de campesiños acomodada, relixiosa e monárquica, emigrou a Barcelona con 14 anos. Adherido ó republicanismo e á masonería, tras o fracaso do alzamento do xeneral Villacampa, vese obrigado a exiliarse a Francia en 1886.

Regresa a España en 1901 e funda en Barcelona a Escola Moderna, á que se asociaron diversos librepensadores e anarquistas. Entre 1901 e 1906 publica o “Boletín da Escola Moderna”patrocina e dirixe “La huelga General”(xornal anarquista) e publica libros de ciencias naturais e de divulgación científica e de formación de militantes obreiros e sindicalistas.

Tras o atentado de 1906 contra Afonso XIII, foi detido e xulgado por complicidade, e se pecha a “Escola Moderna”. Ó ano sguinte foi declarado inocente e se trasladou sucesivamente a Francia e a Bélxica, onde fundou a Liga Internacional para a Educación Racional da Infancia.

De volta en España en 1909, convertiuse na víctima propiciatoria dos sucesos da Semana Tráxica e foi acusado de conspiración. Tras un axitado proceso, foi condenado a morte e fusilado nos fosos do castelo de Montjuic. A súa execución desencadeou unha oleada de protestas en toda Europa e provocou a caída de Maura e o seu goberno.

A súa obra

  • A Escola Moderna (dubídase que sexa o autor único)

A ideoloxía de Ferrer i Guardia

  • Plasma na Escola Moderna as ideas educativas básicas do pensamento librepensador e libertario de principios do século XX.

  • Aposta por unha ensinanza científica e racional baseada na coeducación de clases e sexos para formar seres libres, responsables, solidarios e activos.

  • Pedagoxía anarquista.

  • Educación activa e integral

  • Metodoloxía racionalista.

  • Valor decisivo da coeducación de sexos (a muller e o home completan o ser humano)

  • A educación tomará como guía a ciencia positiva.

  • Defende unha escola laica, obrigatoria e universal.

  • Pensa que a educación axuda ó home nunha soñada sociedade libre e solidaria.

  • Considera a educación popular como un problema político crucial.

  • Dá gran importancia ó xogo, a través do cal se transmite a expresión creativa.

  • Internacionalismo e ideal de lingua única.

  • O seu réxime escolar está caracterizado por un bo ritmo das actividades extraescolares.

  • Clima escolar de confianza e amistade; relacións mestre-alumno individualizadas.

  • Ausencia de verdadeiros exames.

  • Rechazo do paidocentrismo. Acepta o resto dos postulados da Escola Nova.

  • Nin premios nin castigos (forman clases diferentes e son contrarios á cooperación).

Paulo Freire

Vida

Paulo Reglus Neves Freire nace en 1921 en Recife (pernambuco, Brasil), unha das rexións máis pobres do país.

Ata 1964 recibe a súa formación e experimenta as súas primeiras experiencias socioeducativas no lugar onde naceu. Realizará os seus estudos de secundaria e de universidade na Facultade de Dereito.

En 1944 contrae matrimonio con Elza María Cosa de Oliveira, mestra de ensinanza primaria. Será ela quen o introduza no mundo da cultura e da educación, o que influiu na decisión de Paulo de deixar Dereito para adicarse á pedagoxía.

En 1959 doutórase en Filosofía e Historia da Educación coa tese “educación e actualidade brasileira”, tese na que se sentan as bases do seu método, segundo o cal todo proceso educativo debe de partir da realidade que rodea a cada individuo.

A partir de 1950, pertenceu ó primeiro Consello Estatal de Pernambuco.

En 1963 é invitado a desenvolver un programa de alfabetización de adultos a escala nacional e a traballar no Movemento para a Educación Básica.

Despois de exiliarse en Chile entre 1964 e 1969, trasládase a Xinebra en 1970 como consultor do Gabinete de Educación do Cponsello Municipal das Igrexas, para volver en 1980 a Brasil e incorporarse á universidade Católica de Sao Paulo e á de Campinas.

En 1986 morre a súa esposa, e en 1988 casa de novo con Nita Araújo, amiga da infancia e tamén viúva.

En 1989, o Partido dos Traballadores (PT), do que Freire fora fundador, gaña as eleccións municipais en Saou Paulo, e é nomeadosecretario municipal de Educación.ocupará este cargo ata 1991, prestando especial atención á xestión democrática das escolas, a reforma do currículo e a alfabetización de xoves e adultos.

En 1992 regresa á Universidade, o que lle permite adicarse a escribir as súas últimas obras e, ó mesmo tempo, impartir numerosas conferencias. Durante estes anos é nomeado Doctor Honoris Causa por diferentes universidades.

Fallece o 2 de maio de 1997 en Sao Paulo.

A súa obra

  • Educación e actualidade brasileira

  • Educación como práctica da liberdade

  • Pedagoxía do oprimido

  • Extensión ou comunicación

  • Acción cultural para a liberdade e outros escritos

  • Cartas a Guinea-Bissau

  • A importancia do acto de ler

  • Sobre educación

  • Cultura popular, educación popular

  • Aprendendo cunha propia historia

  • Educación na cidade

  • Pedagoxía da esperanza

  • Política e educación

  • Cartas a Cristina

  • A sombra desta mangueira

  • Pedagoxía da autonomía - Saberes necesarios para a práctica educativa

  • Pedagoxía da indignación: cartas pedagóxicas e outros escritos

A ideoloxía de Freire

    • Ninguén é inculto ou analfabeto por elección persoal

    • Os homes teñen un dereito fundamental e básico a dicir a súa palabra

    • A verdadeira educación é diálogo

    • Non debe existir distinción entre educador e educando, e o educando non debe de ser o narrador dos coñecementos adquiridos a rtavés do educador.

    • Débese desenvolver a conciencia crítica,estimular o poder creativo e espoñer a realidade de forma auténtica.

    • Integración do individuo á súa realidade nacional.

    • Concibe a educación como praxis do home sobre o mundo para transformalo (reflexión-acción-reflexión) .

    • O método de alfabetización de adultos pretende lograr a liberación de toda a realidade opresiva e das inxustizas a través da educación.

    • A escola para Freire é un clima de traballo, unha postura, un modo de ser. Considera que debe de ser unha comunidade na que se tome conciencia social e se desenvolva unha educación crítica.

    • Os obxectivos de Freire son ampliar o acceso e a permanencia de sectores populares na escola, a democratización do poder pedagóxico e a calidade da educación

    • O obxectivo da educación é axudar ós homes a insertarse na sociedade.

    • O seu modelo educativo baséase nun método activo, dialogal, crítico e participante, que utiliza técnicas de reducción e codificación

María Montessori

Vida

Nace en 1870 en Chiavaralli (Italia). Pertence a unha familia burguesa, sendo filla dun pai militar moi estricto.

Ós 14 anos estudia enxeñería, e máis tarde, bioloxía, trasladándose con 16 anos a Roma para estudiar medicina. Máis tarde estudia antropoloxía e obtén un doutorado en filosofía. É contemporánea de Freud e desenvolve tamén a súa clasificación de enfermidades mentais.

En 1898 presenta un modelo pedagóxico en Turín, e entr 1899 e 1900 expón as súas teorías pedagóxicas en diversas conferencias e dirixe a Escuela Magistrale Ortofrénica.

En 1901 funda a escola de ensinanza especial e conclúe as súas teorías en 1902. en 1907 fundará a Case dei Bambini en Milán, e publicará as súas novas teorías nun libro en 1909.

En 1912 se realiza o Curso Internacional Montessori. É invitada a América e abren a primeira Casa dos nenos en EEUU; as escolas en EEUU se multiplican e se forma a American Montessori Association.

En 1915 se fai unha Conferencia Internacional en Roma; acude moita xente impresionada pola idade á que os nenos da Case dei Bambini aprenden a lectoescritura. En 1917 funda en California unha obra para os nenos mutilados na guerra.

En 1926 fúndase a Real Escola do Método Montessori co aopio de Mussolini e as escolas e os centros de entrenamento se multiplican en Italia e tamén en países como Alemania. Ela renunciará á axuda de Mussolini xa que el quería adoctrinr ós nenos para os seus fins bélicos, o que era incompatible coa liberdade, tan fundamental na filosofía de María Montessori.Mussolini e Hitler pechan tódalas escolas en Italia e Alemania. En 1934 ela abandoa Italia e viaxa a Barcelona, onde ten que empezar desde o principio.

En 1929 funda a AMI e en 1933 celébrase o XVII Curso Internacional Montessori. En 1935, en Barcelona, desenvolverá métodos para a catequese, pero en 1936 estalla a Guerra Civil española e se instala en Holanda, onde volve a comezar de cero.

En 1939 se abren máis escolas Montessorie se inicia o movemento a nivel mundial. Recibe a Lexión de Honor en Francia, a condecoración Honoris Causa da Universidade de Ámsterdam e é proposta tres veces para o Nobel da Paz.

En 1940 funda unha escola de formación de profesorado na India e é arrestada. En 1946 crea unha escola de mestres cerca de Ámsterdam.

Morre en 1952 en Noordwijk, Holanda.

A súa Obra

    • O método Montessori

    • A autoeducación na Escola Primaria

    • Antropoloxía pedagóxica

    • Método avanzado Montessori

    • O neno na Igrexa

    • A Misa explicda ós nenos

    • Paz e Educación

    • O neno, o segredo da Infancia.

A ideoloxía de Montessori

    • Recibe influencia do Individualismo de Rousseau, da educación sensorial de Petalozzi, da educación das facultades de Herbart, da autoactividade de Froebel e de diversos científicos (Cesare Lambroso, Achille de Giovanni e Giusseppe Sergi).

    • Os seus principios básicos son a psicoloxía positivista e asociacionista, a autoactividade, o liberalismo, o individualismo, o naturalismo e a súa filosofía vitalista.

Alexander Sutherland Neill

Vida

Nace en Kingsmuir, Escocia, en 1883. o seu pai é mestre dunha escola rural e a súa nai adicou toda a súa vida ós seus trece fillos, nove dos cales sobreviviron. Os seus pais eran moi autoritarios e relixiosos.

Tivo unha adolescencia marcada polos seus fracasos laborais e escolares. Ós quince anos entrou de axudante na escola de seu pai e entrou na facultade á idade de 25 anos.

En 1916 e 1917, publicará os seus dous primeiros libros: “Diario dun profesor rural” e “Un profesor acomodado”.

Mantivo contactocon educadores da época como Homer Lane, John Rusell, etc.

En 1920 foi elexido co-director da revista “Educación para unha Nova Era”. Neste período rechazará as ideas de Montessori.

En 1921 funda a escola Summerhill, en Leinston, a 160km de Londres. En 1957 fundaríase a Asociación de pais de alumnos Sociedade Summerhill.

As súas ideas foron moi difundidas e en 1961 se funda un Summerhill en EEUU.

Morre o 22 de setembro de 1973.

A súa obra

    • Diario dun profesor rural

    • Un profesor acomodado

    • O neno problemático

    • O pai problema

    • Summerhill

A ideoloxía de Neill

    • É un socialista utópico, moi crítico co sistema educativo da época.

    • As súas ideas son anarquistas e defende as teorías permisivas.

    • Considera que o neno é bo por natureza.

    • É defensor da coeducación (educación mixta).

    • Dá a liberdade para elexir o traballo que máis apeteza.

    • Permite a creatividade na escola (teatro, música, danza...)

    • Destaca como un dos valores primordiais a liberdade.

    • Destaca o papel decisivo dos pais nos primeiros estadios do neno.

    • O amor saca a parte positiva das persoas, e a falta de amor produce odio, e u odio xera medo.

    • O espírito de destrucción é inconsciente e natural.

    • O neno minte por imitación ou por medo ós pais.

    • A obediencia e a disciplina emana do amor e da unión familiar.

    • Da represión sexual surxen tódalas actitudes negativas. Propugna unha actitude liberal ante o sexo.

    • Non contempla a relixión no seu sistema educativo.

Lawrence Stenhouse

Vida

Nace en Manchester en 1926.

En 1956 obtén o título de Mestría en Educación.

Deixou a ensinanza escolar para convertirse en profesor de educación secundaria da Durham University e, máis tarde, en profesor titular de Jordanhill College of Education, de Glasgow.

En 1966 viaxa a EEUU, onde coñecerá a Joslyn Owen.

En 1967 faise cargo do “Humanities Curriculo Project” (HCP).

Cara o final do proxecto, Stenhouse e varios dos seus colegas se trasladan á University of East Anglia para crear o Centre for Applied Research in Education (CARE), que se labrou unha importante reputación nacional e internacional polas súas investigacións adicadas ós problemas da práctica e polo seu compromiso coa idea do docente como investigador.

Falece en 1982.

A súa obra

    • Cultura e Educación

    • Autoridade, Educación e Emancipación. Unha colección de Papeles por Lawrence Stenhouse.

    • A investigación como base da ensinanza

A ideoloxía de Stenhouse.

    • Considera o proceso educativo como intercambio vital e cultural.

    • Define a ensinanza como investigación.

    • Defende que a aprendizaxe debe de ser colectiva e activa.

    • Deseña o “Modelo de Proceso” do currículo e da pedagoxía. É un modelo contraposto ó “Modelo de Obxectivos” da súa época, que reforzaba a ensinanza de autoridade. Nos modelos de proceso existen dous tipos de docentes: O Experto (o saber está dotado de autoridade propia. O saber é malinterpretado e deformado) e o Aprendiz (xunto cos seus alumnos. A ensinanza realízase mediante métodos de descubrimento ou investigación. É o tipo de docente defendido por Stenhouse).




Descargar
Enviado por:AiKeN
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar