Lenguaje, Gramática y Filologías


Bala perdida; Manuel Rivas


Capitulo 1: HERR DOKTOR

O Zaratrusta desprazábase polo mar capitaneado por Herr Doktor cando apareceu no seu radar dous barcos pequenos de pescadores. O Zaratrusta non cambiou de dirección e os barcos tampouco e como eses barcos comezaron a lanzar bengalas Herr Doktor espertou aos seus mariñeiros para defenderse deles.

LUGARES ONDE SE DESENVOLVE O TEXTO: O mar e o barco Zaratrusta.

PERSONAXES: Herr Doktor e os mariñeiros.

IMAXES.

Páxina 7:

Aparece unha imaxe pequena dun barco bastante grande no medio do mar na noite.

Páxina 9:

Aparece un home que debe de ser Herr Doktor na cuberta do barco mirando para outro barco que está no mar.

TEMPO: Unha tarde.

Capítulo 2: ABORDAXE NA NOITE

Herr Doktor decatouse de que os atacantes do outro barco habían abandonado o seu barco e se habían abordado o “Zaratrusa”.

De repente un espírito con aparencia de morcego empezou a dar voltas polo barco ata que Herr Doktor foise e os do outro barco dominaron o “Zaratrusta”.

LUGARES ONDE SE DESENVOLVE O TEXTO: O “Zaratrusta” e outro barco de Herr Doktor.

PERSONAXES: Os mariñeiros do outro barco e o espírito.

TEMPO: Unha noite.

Capítulo 3: O SEGREDO DO “ZARATRUSTA”

Os asaltantes foron a ver que levaba o `'Zaratrusta''. Cando abriron todas as portas desilusionáronse moito porque só había madeira. Chamaron ao polisón e déronse conta de que dentro dos troncos había lingotes de ouro.

LUGARES: O `' Zaratrusta''

PERSONAXES: Bala Perdida, o espírito , o Polisón e Teixo.

TEMPO: Unha tarde.

Capítulo 4: O `' CELTIC NEWS''

Había unha periodista que se chamaba Rosa Ribeiro O'Flaherty que escribía sobre animais e sobre xardinería, anque ás veces tamén escribía poemas firmando cos nomes dos seus pais.

O seu pai tiña un xornal chamado `'Celtic News'' no que só escribíase sobre as cousas boas dea vida, xa que como o seu pai perdera un ollo quería conservar o outro para ver cousas boas.

Os pais de Rosa coñecéronse nunha obra de teatro e despois de 127 palabras fixéronse noivos. Rosa quería que cando encontrara noivo fose tan bonito coma cando se coñeceran os seus pais.

LUGARES: Vietnam, Irlanda e Nicaragua.

PERSONAXES. Rosa e os seus pais.

TEMPO: Un día.

Capitulo 5: UNHA EXTRAÑA VISITA

Cando a súa nai morreu o seu pai púxose tan triste que morreu pouco despois e a Rosa so lle quedou de herdanza o `'Celtic News''.

Pouca xente mercaba o `'Celtic News'', que se fabricaba nun baixo o que antes había unha panadería. Un día Pit e Pat deron a voz de alarma de que uns homes entraran no baixo no que se fabricaba o xornal. Rosa pensaba pensaba que eran os homes de Don, o gobernador . o peor inimigo do seu pai pero resultou non ser así porque sacaron un peculiar articulo do `'Celtic News''.

LUGARES: A redacción do xornal, no baixo da rúa `' Panadeiras'' na cidade de Atlán.

PERSONAXES. Pit e Pat, os homes que entraran na redacción do xornal e Don

TEMPO: Unha tarde.

Capítulo 6: EN MANS DE PIRATAS

O asaltantes buscaban a alguén que se chamaba `'Ganso Salvaxe'' . Rosa acabou recoñecendo que era ela entón os home lle pediron que os acompañase.

LUGARES: O baixo no que se escribía o xornal.

PERSONAXES: non hai ningún personaxe novo.

TEMPO: Unha tarde.

Capítulo 7: O DERRADEIRO PIRATA

Os asaltantes comezaron a contarlle a Rosa que porque Bala Perdida tiña unha pata de pao. Un día Bala Perdida estaba moi borracho e como tiña moita fame comeu a súa perna. Os asaltantes e Rosa foron ao lugar onde estaba Bala Perdida.

LUGARES: A rúa.

PERSONAXES: Non hai ningún personaxe novo.

TEMPO: Unha noite.

Capítulo 8: CO MOZO DO CORAZÓN

Esa noite Rosa e os asaltantes foron ao porto no que había unha feira. Ela iba cun deles que se chamaba Rai e que tiña un tatuaxe que poñía `' AMOR ETERNO''. El lle contou que antes fora un musico e que tocaba a trompeta nunha orquestra. El namorarase da noiva do xefe da orquestra e por iso déronlle unha paliza e obrigáronlle a deixar a musica. Tamén lle contou que tiña 12 aros na orella, un por cada abordaxe do barco de Bala Perdida, o barco `'Liberdade''.

LUGARES: A feira do porto.

PERSONAXES: a noiva e o xefe da orquestra.

TEMPO: unha noite.

Capítulo 9: ¡A VANTE TODA¡

Indo no barco os sorprenderon os policías pero conseguiron escaparse deles.

LUGARES: O barco.

PERSONAXES: os piratas e os policías.

TEMPO: unha tarde.

Capítulo 10: A BORDO DO `'LIBERTADE''

Cando chegaron ao `'Liberdade'' os asaltantes levaron a Rosa a xunto de Bala Perdida.

Bala Perdida pensaba que o `'Ganso salvaxe'' era un home e por iso sorprendeuse moito ao ver que era unha muller.

LUGARES: Un barquiño e o `'Liberdade''

PERSONAXES: Rosa, os asaltantes, os piratas e Bala Perdida.

TEMPO: Unha noite.

Capítulo 11: `'CALAMIDÁ'' LADRA Á LÚA

Bala Perdida tiña un corvo que se chamaba calamidá que falaba coma un home e ladraba como un fero can e que anoxouse porque había unha moza no barco. Bala Perdida organizou unha festa porque por fin encontraron ao `Ganso Salvaxe''.

LUGARES: O barco liberdade

PERSONAXES: a moza, Bala Perdida, Calamidá e os piratas.

TEMPO: unha noite.

Capitulo 12 : O MAR DA NÉBOA

Rosa estaba moi estrañada porque pasou en poucas horas de estar na redacción do seu xornal a estar nunha festa de piratas. Ela non entendía nada e se foi a falar con Rai que lle dixo que estaban no Mar da Néboa e que ninguen podía atopalos porque nos radares aparecían coma un penedo xa que estaban inmóbiles.

LUGARES: O barco ``Liberdade''.

PERSONAXES: Rai e Rosa.

TEMPO: Unha noite.

Capitulo 13: A CANCIÓN DOS PIRATAS

Chegou a hora de comer e Bala Perdida (despois de rematar) falou para os piratas e dixo que a invitada que tiñan chamábase Rosa e que en verdade era `' O ganso salvaxe'' e que por iso había que tratala ben. Despois de dicir isto todos os piratas empezaron a cantar.

LUGARES: O barco `'Liberdade''.

PERSONAXES: Rosa, Bala Perdida e todos os piratas.

TEMPO: unha noite.

Capitulo 14: A SOAS CO TERRIBLE

Cando remataron de comer Rosa quedouse mirando cara unhas fotos que había nas paredes e cavilando de onde viría a canción que estaban cantando antes os piratas. Isto se llo preguntou a Bala Perdida que lle dixo que se llo diría mañá.

LUGARES: O camarote de Bala Perdida

PERSONAXES: Rosa e Bala Perdida

TEMPO: pola noite

Capitulo 15: O TRASNO DAS FURNAS

Desembarcaron nunha cova. Nesa cova había unha criatura cun crucifixo que raptou a Rosa e era moi rara. Despois de pelexar conseguiron rescatala pero a criatura tiroulles o crucifixo.

LUGARES: A cova e o pasadizo.

PERSONAXES: os piratas , Rosa e a criatura.

TEMPO: unha mañá.

Capitulo 16: O MISTERIO DA CRIPTA

Seguiron camiñando e chegaron a unha igrexa cunha cripta. Na cripta Rosa atopou lingotes de ouro pero como eran nazis Bala Perdida díxolle que non os collera porque viñan do inferno.

LUGARES: A cripta e a igrexa.

PERSONAXES: Bala Perdida , Rosa e os piratas

TEMPO: unha tarde.

Capítulo 17: O OURO MALDITO

Para que Rosa vira os desastres que habían causado os nazis, Bala Perdida deixoulle un libro e cando rematou de léelo púxose moi triste porque decatouse de que habían morto moitas persoas por culpa dos nazis. Como aquel ouro contiña unha maldición pensou en botalo ao fondo do mar pero decatouse de que entón a maldición seguiría no fondo do mar. Despois dixo que a única capaz de desfacer a maldición seria Rosa.

LUGARES: O camarote

PERSONAXES: Rosa e Bala Perdida.

TEMPO: Unha tarde.

Capitulo 18: O CONGRESO MUNDIAL

Bala Perdida díxolle a Rosa que para atraer ao congreso mundial tiña que publicar no seu xornal a noticia de que seu atopou ouro pero contándoo como se fora un conto.

Despois ela escribirá unha clave no xornal para os piratas.

LUGARES: O camarote

PERSONAXES: Bala Perdida e Rosa

TEMPO: Unha tarde.

Capitulo 19: UN DEFUNTO NO BARCO

Rosa lle preguntou a Bala Perdida cal era a cripta desa igrexa el lle dixo que era a de SAN ANDRES DE TEIXIDO. Alí os que ían confesarse despois de mortos convertíanse en animais e por iso lle preguntou ao corvo de Bala Perdida que había sido el antes de converterse nun corvo e díxolle que había sido un bispo.

LUGARES: O camarote

PERSONAXES: Rosa, Bala Perdida e Calamidá

TEMPO: Unha tarde.

Capitulo 20: A TIA ADELAIDA E O TIO ISAAC

Ese mesmo día publicouse a noticia do ouro no xornal. Rosa foi ver a súa tía Adelaida que lle ensinou algunhas fotos. Nunha delas aparecía o seu tío Isaac que supostamente morrera na guerra anque Rosa cría que non era así.

LUGARES: A casa da tía Adelaida

PERSONAXES: Rosa e a tía Adelaida

TEMPO: unha tarde

Capitulo 21: O VISITANTE INDESEXABLE

Un día Rosa estaba no baixo do seu xornal cando chamaron á porta. Foi a abrir e apareceu un home que parecía un medico xa que levaba posta unha bata branca e tiña un maletín. Ese home botoulle un spray na cara que a adormeceu. Cando se espertou decatouse de que ese home e outra moza a había secuestrado e que non lle darían de comer ata que non lle dixera onde estaba o ouro da maldición.

LUGARES: no baixo do xornal e nun cuarto.

PERSONAXES: o doutor, a moza e Rosa

TEMPO: Unha mañá

Capitulo 22: A ENFERMEIRA CALVA

Rosa intentou sacarlle algún tema a Mistress Zacha pero ela non dicía nada así que ocurriselle dicir que tiña un remedio para a súa calvicie e escribiulle nun papel unha dirección , que era un clave, para que Pit e Pat a rescataran. Mistress Zacha deulle unha labazada cando Rosa lle chamara nazi.

LUGARES: O cuarto

PERSONAXES: A enfermeira, Rosa e Herr Docktor

TEMPO: Desde pola noite ata pola mañá.

Capitulo 23: O DOUTOR MERLIN

A doutora calva chegou toda contenta porque se lle ía curar a súa calvicie así que lle deu a Rosa unha Magdalena. Despois entrou Herr Docktor a interrogala pero ela resistiu. Ao rato chegou un suposto medico chamado doutor Merlín que resultou ser Rai.

LUGARES: O cuarto

PERSONAXES: Herr Docktor, a enfermeira calva, Rai e Rosa.

TEMPO: Unha tarde.

Capitulo 24: A REVELION DOS TOLOS

Rai colleu a Rosa ás costas e a levou polo pasillo pero atopáronse con Herr Docktor e aos seus matóns. Saíron ao patio, onde tamén estaba Bala Perdida e entre eles e os tolos conseguiron reducilos.

LUGARES: O cuarto, o pasillo , a cela de casos incurables e o patio

PERSONAXES: Rai, Bala Perdida, Rosa, Herr Docktor , os matóns e os tolos.

TEMPO: A tarde.

Capitulo 25: O BICO

Cando saíron da clínica era un día soleado e Rosa tiña ganas de preguntarlle a Bala Perdida se era en verdade o seu tío Isaac. Despediulle cun simple adeus en vez de darlle un bico e estivo pensando en que cambiaran moitas cousas na súa mente dende que os piratas a levaran con eles.

LUGARES: A clínica e os seus alrededores.

PERSONAXES: Rosa, Bala Perdida , Rai e os piratas.

TEMPO: Unha tarde

Capitulo 26: A MAZÁ VERMELLA

Un día chegou ao baixo un home chamado Walter Benjamin que era ornitólogo e que pertencía ao congreso mundial. El entendera a mensaxe á perfección o que alegrou moito a Rosa.

LUGARES: O baixo

PERSONAXES: Walter Benjamin e Rosa

TEMPO: unha mañá.

VALORACIÓN

A min o libro gustoume porque a parte de que empregaba un vocabulario que entendía moi ben esta moi ben redactado. O libro tiña intriga e eso a min gustoume igual que que os capítulos foran curtos porque así se podían entender mellor. O que menos me gustou foi que os nomes dos personaxes eran pouco comúns.




Descargar
Enviado por:Elena
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar