Literatura
As rulas de Bakunin; Anton Rivero Coello
As Rulas de Bakunin |
Autor: Antón Riveiro Coello
AntónRiveiroCoello, naceu en Xinzo de Limia en 1964, é un escritor enlinguagalega. Cursou estudios de Dereito en Santiago, que abandonou no quinto ano, tocou a guitarra nun grupo de rock , foi funcionario do Estado, da Xunta e rematou dedicándose á escrita na que ten sido galardoado nuns cantos certames dos que cabe salientar o Álvaro Cunqueiro, o García Barros, Café Dublín, Torrente Ballester (finalista), Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro, Manuel Murguía, Camilo José Cela, Breogán de Contos, Castelao de Narrativa, Casa Galicia en León, Meigas e Trasgos, Vila das Neves ou o Ourense de Contos, entre outros.É presidente da Asociación Cultural Barbantia, Fillo predilecto do Concello de Baltar, así como Xuíz Honario do Couto Mixto.Publicou os seguintes libros: Valquiria (Premio Camilo Xosé Cela 1993, Ed. Novo Século), Parque Central e outros relatos (Ed. Espiral Maior 1996), A historia de Chicho Antela (Premio Manuel García Barros de novela, accésit-1997, Ed. Espiral Maior), A quinta de Saler (finalista en el X Premio de narrativa Torrente Ballester, 1998, Ed. Galaxia), Animalia (Premio Café Dublín de Narrativa, 1999, Ed. Galaxia), As rulas de Bakunin (Premio García Barros de Novela 2000, finalista do Premio Blanco Amor de Novela, del premio de la Crítica Española y del Obispo San Clemente, Ed. Galaxia), Homónima (Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 2000, Ed. Galaxia) y libros colectivos como Airadas de Palabras (que recolle os premios galardoados no certame Manuel Murguía de narrativa corta, Ed. Laiovento, 1997), Premios Pedrón de Ouro de diversos anos, Ed. Edicións do Castro, Homenaxe a Blanco Amor (Espiral Maior, 1998), Historia da pusilanimidade e catro contos (Asociación de Libreros, 1995), A recortada e catro contos (Asociación de Libreros, 1994), Minirelatos (Cartabón), O camiño de Santiago (Movistar, La Voz de Galicia, 1999) e multitude de relatos publicados en revistas e periódicos. Está a punto de saír da imprenta o libro Cartafol do Barbanza e ten inédito o seu poemario Anatomía da dor, accésit do Premio Avelina Valladares.
narrador: Terceira e Primeira persoa (Camilo)
O narrador alternase. Desta maneira mentres que en ocasión é un narrador alleo quen nos relata a vida de Camilo, o protagonista, noutras ocasión é el mesmo quen a través das cartas a súa muller difunta lembra escenas da súa vida. Ás veces aparecen cartas tamén de outros persoaxes secundarios que nos relatan fragmentos da historia (Santi Noreste, Augusto Cordero…)
Cronoloxía e situación
Durante todo o libro o autor realiza saltos no tempo que se identifican con cambios de capítulos. Distinguimos tres períodos temporais:
-
Presente: No ano 1992, cando Camilo ten setenta e seis anos. Vive coa súa filla, Branca, o seu xenro e o seu neto, Lázaro, en A Coruña. Tamén noméase Celas de Peiro, onde ten unha casa que Branca restaurou. Viaxará tamén a Santiago de Compostela na procura do libro, mentres o seu neto e o resto da familia atópase en Barcelona na operación de Lázaro
-
Pasado:
-
Máis inmediato: Camilo agóchase no bosque, pasa polo cárcere, emigra a Montevideo e, finalmente, volve a Celas.
-
Máis lonxano: Camilo está co seu avó Estevo (tiña máis ou menos seis anos)en Celas, cando viaxa a Vilaboa para vivir coa súa tia Lola e cando casa con Rosalía e volve a Celas.
O tema
O autor sérvese da vida de Camilo Sabio Doldán, un vello anarquista casi centenario que viviu a guerra, o cárcere e o exilio para relatar as penurias vividas durante a guerra e o drama do exilio.
A través de diversos personaxes o autor reflicte a sociedade da época. A dor provocada pola emigración, a persecución padecida polos galegos perdedores da guerra civil, as humillacións sufridas durante a guerra…
Personaxes
- Camilo Sabio Doldán Neto de anarquistas, o seu avó Estevo Doldán Patiño era moi querido por todos os habitantes de Celas caracterizado pola súa amabilidade e corrección, e as súas ideas revolucionarias, que o levaran a morte. O final do libro descúbrese que escribiu un libro herdado por Camilo sobre as súas ideas revolucionarias, libro que máis tarde será pasado o seu neto Lázaro. Camilo ten moitas similudes co seu avo o que admiraba enormemente. O libro céntrase na súa vida e nas consecuencias derivadas da súa ideoloxía no contexto da Guerra Civil Española.
- Rosalía: Coñece a Camilo durante a estadía deste na casa da súa tía en Vilaboa. Rosalía ía coa súa amiga Consuelo a coser a casa da tía de Camilo, quen o hospedaba para que fora quen de seguir cos seus estudos. Namoranse ata que uns anos despois da morte do pai dela a nai acepta a relación e casan. Cando Camilo está agochado no interior da súa casa ela queda embarazada da súa filla Branca. Rosalía morre dun cancro cinco anos antes do tempo no que se desenrola a historia.
- A tía Lola: Camilo vive na súa casa para poder proseguir os seus estudos. Era unha muller que levaba toda a vida agardando polo seu mozo(Ricardo) que marchara a América. Ela xa tiña corenta anos cando el regresa. Casan pero o pouco el morre por mor da tuberculose. A partir de entonces Lola perde o xuízo, incapaz de superar a norte do seu marido.
- Andrés: Un dos seus compañeiros do cárcere, que atopara anos despois cando Camilo intentaba atopar o libro que o liberara do cárcere. Este cando o protagonista o atopou, adicábase a perseguir a un dos seus carceleiros, Dalmiro Ferreiro, recitándolle fragmentos do libro de Bakunin. Este fascista matouno na presenza de Camilo.
- Santi Noreste: Amigo de Camilo encarcelado tras unha revolta coa garda civil. Durante todo o libro atopamos diversas cartas deste home ó protagonista dende o cárcere. A súa moza na súa ausencia casou cun home do bando contrario a ideoloxía do seu anterior mozo. O fillo deste matrimonio será o futuro xenro de Camilo. Ó final do libro descubrimos a traizón que Santi Noreste protagonizará o darlle a espalda os seus ideais anarquistas e converténdose nun falanxista. Morre asesinado por un dos seus ex-compañeiros de loita.
Argumento
Camilo Sabio Doldán, un ancián de setenta e seis anos fai un percorrido pola súa vida e, en certa maneira, tamén pola de súa nai e seus avós.
Camilo admiraba e quería, o igual que outra xente ao seu avó Estevo. Foi o seu avo quen lle acompañou durante a infancia e lle transmitia os seus coñecementos. Estevo foi arrestado por sedicioso debido a acusación do cura do pobo. Días máis tarde o seu avó morre dunha supuesta pulmonía durante o arrestro. Camilo decide pasar uns anos en Vilaboa para continuar cos seus estudos. Alí vivirá na casa da súa tía Lola. Ela leva dende fai vinte anos agardando polo seu mozo Ricardo Fandiño, emigrado en América en busca de fortuna. En Vilaboa Camilo coñecerá a Rosalía, a súa futura muller, e outras persoas importantes na súa vida como Alexandre, Consuelo ou Santi Noroeste. Camilo ira formando a súa ideoloxía política e participará activamente en diversos actos para defender os seus ideais anarquistas, sendo estes movementos nalgúns casos armados. Nun deles vivirá a morte de persoas ás que el admiraba, o home da súa tía, pouco antes retornado,será ferido na loita, morrendo na casa da súa tía..
Isto sumirá a Lola nunha depresión na que daralle por negar a morte de Ricardo alegando que todavía non volveu de América. Unha noite acóstase co seu sobriño Camilo creendo que este é Ricardo. Ela queda embarazada pero o neno morre no parto e ela marcha a Nova York en busca de Ricardo, onde finalmente morre de sífilis.
Camilo casará con Rosalía e marcharán para Celas, terra natal do mozo. Camilo será perseguido pola súa ideoloxía anarquista. Agochase no monte unha temporada ata que decide ir ata a súa casa e esconderse nela. Cando entérase da morte do seu pai decide vingarsde pero Rosalía cóntalle que quedou embarazada. Camilo temendo pola seguridade de Rosalia e da súa futura filla volve o monte. Finalmente volve para asistir o parto de Rosalia e demostrar que Rosalía foille fiel, o atrapan e o meten no cárcere.
Alí grazas o libro do seu avo líberano. De novo coa súa familia Camilo e Rosalía optan por marchar a Montevideo, onde máis tarde vivirán felizmente coa súa filla. Despois dalgún tempo alí, terán que volver porque reciben aviso da grave enfermidade da nai de Camilo. Cando chegan xa é demasiado tarde para a súa nai, levaba catro días morta. Instálanse en Celas, na súa antiga casa e dedícanse o campo seguindo os consellos do seu avó Estevo. A súa filla Branca vai a universidade e cásase con Agustín, boa persoa a pesar de ser o fillo de Mercedes e de Dionisio Boutureira.
Anos máis tarde Rosalía morrerá dun cancro, dende ese intre Camilo comeza a escribirlle cartas contándolle o que pasou na súa ausencia e o que el sinte. Entre outras cousas cóntalle que van a operar a Lázaro, o seu sobriño, para intentar eliminar a súa cegueira.
No presente Camilo atopa o libro do seu avó que tanto buscou en máns de Andrés, un antigo compañeiro do cárcere que dedícase a recitarllo a un dos antigos gardas que os torturaba. O reencontró dos compañeiros veráse, non obstante, truncado cando Dalmiro, o ex-garda, mata a Andrés en presencia de Camilo.
Xa na súa casa, co libro do seu avó, Camilo morre escribíndolle a derradeira carta a Rosalía.
Conclusión
Este libro gustoume moito porque é un excelente relato da Guerra Civil no cal, sen deixarse nada no tinteiro, relátanse una serie de historias que ben puideron ser verdade. A través de diversas historias de amor, con dosis de política e historia, facémonos una idea dos feitos máis resaltables da nosa historia como a II República, a emigración galega ou a situación rural na Galicia da pre-guerra e da post-guerra. Máis o verdadeiro poder do libro recae na sensibilidade que demostra o autor o facer que o protagonista se dirixa a súa muller xa falecida. En definitiva, un excelente retrato dunha sociedade dende una perspectiva novedosa .
Descargar
Enviado por: | PTR |
Idioma: | gallego |
País: | España |