Literatura


As Rulas de Bakunin; Antón Riveiro Coello


AS RULAS DE BAKUNIN (ANTÓN RIVEIRO COELLO - XINZO DE LIMIA 1964)

INFORMACIÓN SOBRE O LIBRO:
-Autor: Antón Riveiro Coello.
- Ano publicación: 2000.

-Editorial: Galaxia.

- Premio “García Barros”

-Argumento: A partires dun libro:”La muerte de Vargas Llosa” anónimo, pero que Camilo cre escrito polo se avó Estevo Doldán Patiño, o autor percorre o noso século-o agrarismo, a República, a Guerra, a represión, a emigración e a democracia-da man dun vello militente anarquista que nos conta a súa historia, mezclando o tempo actual coa súa niñez, a súa xuventude e a súa madurez e a historia de España nesa época.

-Consta de 41 capítulos e 252 páxinas que van pasando do presente ao pasado

Capítulo I

A novela comeza cunha carta que Camilo, de oitenta anos, lle escribe a súa muller Rosalía (no seu cabodano), que morreu hai cinco anos, desde a aldea de Celas de Peiro, onde Camilo pasa os veráns coa súa filla Branca e o seu marido e o seu neto Lázaro.

Nesta carta cóntalle como pasa os días, sempre recordándoa, como a súa filla arranxou a vella casa onde viviron os dous cando eran novos e que pronto deixarían A Coruña e vivirían no pobo cando puseran a calefacción.

Camilo chama á biblioteca e pregunta por un libro, a bibliotecaria dille que hai uns anos, un tal A.D.B., domiciliado na rúa Vilar en Santiago, comprouno por trinta mil pesetas.

Camilo anota a dirección, leva coarenta anos detrás dese libro e pensa en viaxar a Santiago na mesma semana que van operar a Lázaro en Barcelona.

Capítulo II(Camilo de neno)

Ás nove, as mulleres xúntanse na corte para enfiar o liño arredor do lume; chegou o señor Estevo co seu neto Camilo, traía a guitarra e o libro baixo o brazo. Tiña un aspecto burgués e falaba refinadamente, pero a xente o estimaba; só o cura desconfiaba del polas súas ideas revolucionarias. Tiña un horario escrupuloso, á volta da roza, da sega… sempre se bañaba en auga fría, fose verán ou inverno e ás nove collía o libro e ía ós fiadeiros ou aprendía a ler ós mozos.

Chegaron os homes e esperaron polo vello, todos querían coñecer o final da historia que viña naquel libro americano.

Capítulo III

Lázaro está feliz, van pasar todo o verán na casa de Celas, para ver os Xogos Olímpicos que se celebran en España.

O vello Camilo pensa que non lle ten medo á morte, pero si a deixar só a Lázaro que é cego.Camilo é os ollos de Lázaro.

Lázaro vai cumplir os vinte anos, os mesmos que Camilo tiña cando xogando ó fútbol, suspendeuse o partido polo estalido da Guerra Civil.

Esa noite Camilo fuxiu de Celas ó monte coa súa escopeta, deixando con dor a Rosalía e os seus pais.

Polo día durmía nunha cova e pola noite saía e baixaba ata a eira da súa casa para escoitar voces familiares.

Casárase uns meses antes con Rosalia e añorábaa moito.

Camilo recórdase cargado cunha saca de ladrillos e baixa do monte cara á casa para quedar alí para sempre, despois de cinco meses sen ver a Rosalía. Traballamos os dous levantando un dobre muro, deixando un cadrado para eu poder salir polas noites.

Vinte años tiña eu cando Rosalía e máis eu concibimos á nai de Lázaro naquelas noites. Só Lázaro podería comprender o que pasei emparedado entre ladrillos, sen luz, coa orella pegada á parede para oír os ruidos da casa.

Non lle dixemos nada a ninguén, pero mandamos unha carta a miña nai dicíndolle que estaba ben e que partira nun barco ao extranxeiro.

Dentro do meu escondite, escoitei un día a miña nai decir que asasinaran ó meu pai, houben de tolear e se non collín a escopeta e saín cara ó cuartel foi porque esa noite Rosalía díxome que caera en estado.

Camilo cóntalle a Lázaro que xa atopou o libro, o ten un home de Santiago que pagou trinta mil pesetas por el.

Capítulo IV(Carta a Rosalía)

Lázaro vai cos seus pais a Barcelona a operar a vista, en avión, e eu irei a Santiago a localizar o libro que tanto significou para min, incluso salvoume a vida. Camilo Sabio Doldán. Celas de Peiro, verán do ano 1992.

Capítulo V

Camilo está sentado na sala de estar, onde noutrora estivera a corte e facíanse os fiadeiros. Entra Lázaro e lle pide que lle fale da súa avoa.

Camilo lle conta que a barriga de Rosalía ía crecendo e a xente murmuraba e a Garda Civil levouna ao cuartel para preguntarlle onde estaba o Camilo, pero Rosalía dixo que o neno era do Mauricio, un pobre apalermado do pobo.

Un día, estando a Rosalía de oito meses, díxolle que se botara o monte, que a Garda Civil estaba cacheando tódalas casas. Estiven un mes e nove días no monte, pero un día baixei á aldea e vin a túa nai e acariñeina a nena, ata que veu a Garda Civil.

Capítulo VI (O avó Etevo)

Estevo Doldán Patiño naceu na cuberta dun barco en 1851 que levaba ós seus pais cara á Arxentina.

Criouse en Bos Aires e ali un italiano enseñoulle a tocar a guitarra e faloulle de Bakunin e as súas ideas libertarias,leu a Proudhon e fíxose anarquista.Traballou de tipógrafo nun diario anarquista “La protesta humana”, viviu cunha moza chamada Cristal e tivo unha filla chamada Nora por unha obra de Ibsen.

Comezaron as medidas represivas e Estevo e Cristal tiveron que abandonar o país, xunto coa súa filla de dez anos e co pai de Estevo que morreu os dous días de chegar a Celas.

Cristal Castro e Estevo Roldán traballaron as terras, non comían carne nin bebían alcohol, o seu único vicio era o fumar. O cura non os podía ver porque eran revolucionarios e non ían á igresa e cando Primo de Rivera asaltou o poder, o cura denuncionos no cuartel.

Capítulo VII

O autobús de Castromil recolle o vello anarquista de oitenta anos. Hai sete anos que non vai a Santiago, a última vez fora con Rosalía ao Hospital onde lles dixeron que Rosalía tiña un cancro. Estivo catro meses no Hospital Juan Canalejo coidando de ela, durmiu sempre a carón dela, nun sofá, ata súa morte.

Capítulo VIII (Camilo no cárcere)

Case sempre, ao se deitar, recorda o tempo que pasou na cárcere.

A Camilo méteno na cela nº 36 cun morto vivente, non hai vidros nas fiestras, na parede hai unha punta enferruxada da que pendura un caldeiro para faceren as súas necesidades.

Faise amigo de Andrés, barbeiro, que era de Santiago e casou en Carral; sabe que o van fusilar por ser da FAI, ten os pés sen unllas,arrancáronllas nas torturas.

Andrés dille que o compañeiro de cela de Camilo é Bernardo Figueiras, unha personalidade do anarquismo. Tén condena de morte, pero non o matan porque saben que o está desexando.Os venres, ás catro da mañá, anima á prisión cos seus indecentes relatos libertarios. Chámanlle o Lambeconas.

Camilo fala co Bernardo e cóntanse as súas vidas; Bernardo escondeuse no cemiterio de San Amaro, na tumba dun policía o que sacou da caixa e meteuno na caixa dun anarquista ao que o policía torturara, deixounos os dous xuntiños. Despois foi á casa da viúva do policía,ás cinco da mañá, descerraxou a porta, colleu as pertenzas de valor; despois foi ó dormitorio onde estaba a viúva e lameuna, despois matouna.

Ás catro, todos os presos escoitan a historia de Bernardo: Andou a vixiar a un policía fascista e unha noite entro na súa casa, subiu ó dormitorio e fixo desnudar á muller. Espida, ordenoulle que lle fisexe unha tortilla de patacas, mentres contoulle un conto que era a historia real da súa familia: tiña unha irmá de quince anos, moi fermosa; un día, entraron media ducia de homes que mataron os seus pais e violaron todos á rapaza que acabou nun manicomio. Dille que o seu marido foi o primeiro en violala. A muller pediu clemencia, pero Bernardo díxolle que ía gozar e que quería que llo contase o seu marido. Bernardo faina tumbarse na mesa da cociña, colle un anaco de tortilla e ponllo entra as pernas e comeza o seu traballo…

Capítulo IX (Camilo de neno)

A Camilo gustáballe moito o avó Estevo. Os veciños consultábanlle todo, era xuíz, mestre, albeite(veterinario) e practicante, antes da dictadura de Primo. A avoa dille que non necesita traballar, poden vivir do que lle dan os veciños, pero o avó traballou a terra ata os setenta, nos que se adicou a amenizar os fiadeiros coa lectura do libro e a guitarra.

O avó era para Camilo o centro do mundo.

Camilo ía á escola de don Xesús Mejuto, e o seu mellor amigo era Marcelo Urzal. Camilo non entendía porque o avó que sabía moito máis que don Xesús, traballaba a terra e logo cando chegaba á casa, facía a comida e fregaba a louza.

Unha noite, os gardas civís viñeron ao fiadeiro e detiveron ó avó, Camilo teña dez anos e colleu o libro e a guitarra. O cura Manuel Andión denunciara ó avó.

Uns días despois, o avó morreu no cárcere dunha pulmonía, segundo o médico forense, e fixeron unha ceremonia laica, sen curas, cunha multitude de xente vidos da Coruña.

Ás catro da mañá, Camilo levantouse e foi cara á igrexa, entrou, lavou a cara na pía e amoreou no altar os reclinatorios, evanxeos,libros… e prendeulles lume.

Capítulo X

Camilo va no coche de liña cara á Santiago e pensa en Lázaro que xa debeu chegar a Barcelona.

Apéase do Castromil e prende un cigarro co chisqueiro prateado que pertencera ao seu avó.

Baixa do coche e vai paseando, co enderezo no peto, na procura do libro.

Capítulo XI (Camilo no cárcere)

Os gardas arrebátanlle o libro a Camilo e pásano dun a outro. Camilo ten os días contados porque o Consello de Guerra condenouno á morte. O director, burlándose, promételle a vida se en quince días aprende o libro de memoria. Comeza a memorizar o libro sen parar, Andrés tómalle a lección. Anarquistas, comunistas, republicanos e comúns pasan o libro os uns aos outros para preguntárenlle a Camilo. Crúzanse apostas. Todos entenden o do libro como unha vinganza á represión fascista.

Os gardas, para desconcentralo, levan ó paredón ao seu amigo Lambeconas. O Lambeconas deíxalle unha carta de amor para Palmira, a muller que recollía as cousas robadas por el.

Capítulo XII

A avoa Cristal non resistiu a ausencia do avó Estevo e morreu dúas semanas máis tarde ca el.

A avoa morreu cun cigarro nos beizos.

Capítulo XIII

Camilo está sentado baixo os soportais, nunha mesa da cafetería e vixía a entrada da casa.

É unha casa de tres pisos; no primeiro as contras están pechadas, non debe vivir ninguén; no terceiro hai unha anciá. O home que busca Camilo debe vivir no segundo.

Capítulo XIV (Camilo no cárcere)

Dalmiro Ferreiro, un dos gardas do cárcere, animal ignorante dado á bebida, estaba rabioso pola apuesta de Camilo.

Chegou o día, era venres, o garda Demiro veu buscarme , esperábanme corenta falangistas cheos de alcol.

Comecei a recitar as páxinas do libro, a miña voz independizábase do meu corpo, o director pasaba as páxinas buscando algún erro e na páxina trinta mandoume parar.

Dalmiro levoume de novo á cela e dixo que ían matarme o mesmo; durante dous horas seguín recitando o libro para os meus compañeiros.

Á mañá seguinte deixáronme saír, bañeime na praia e decateime de que deixara o libro na cela.

Capítulo XV (Camilo de neno)

O pai de Camilo dixo que detiveran un home por prender lume á igrexa.

O pai de Camilo traballaba na construcción, levantábase ás cinco da mañá e xa non o vía ata a noite. O pai non era feliz, estaba afiliado á CNT, porque o obrigaron para poder traballar.

Camilo comparaba ao seu pai co o avó Estevo e sentía un fraude xeracional.

A súa nai, Nora, filla de Estevo, herdara algunhas cousas de el.

O avó Estebo tampouco falaba co seu xenro.

Unha tarde de domingo veu don Xesús, amigo do avó, a visitalos. Falou co pai de Camilo, díxolle que Camilo era o rapaz máis inteligente de todos e que debía seguir estudando. Mandaríano a Vilaboa, onde vivía unha irmá solteira do pai.

Capítulo XVI

Camilo leva duas horas e media esperando na cafetería, ata que a porta do portal ábrese e sae un vello que encende unha pipa; ten un bigote cano e leva un mono azul e unha gorra da FAI e anda cun bastón que ten un remate equino en alabastro. Camilo cre recoñecer o seu rostro e vai detrás do home.

Capítulo XVII(Camilo sae do cárcere e volve a casa)

Polo camiño ninguén recoñece a Camilo, perdeu trinta quilos. Cando chegou á casa, Rosalía e Camilo choraron coma nenos. A nena rexeitou os meus brazos. Rosalía bañoume e curou as miñas feridas. Camilo dille a Rosalía que teñen que marchar, a nena queda coa nai de Camilo ata que podan levela; quere pedir diñeiro ao seu amigo Marcelo Urzal, pero Rosalía dille que Marcelo está na guerra no bando dos fascistas.

Capítulo XVIII (Camilo de estudiante)

Camilo chegou a Vilaboa no primeiro verán da Segunda República. Foi en bicicleta e levaba o libro do avó Estevo e a guitarra.

Chegou á casa da súa tía Lola que estaba cosendo con duas mociñas. Lola tiña uns coarenta anos e seguía esperando ao seu noivo que marchara ás Américas e nunca volvera. Unha das mociñas chamábase Rosalía.

Camilo mudouse e baixou á rúa, alí atopou o mestre don Xesús que lle presentou ó seu novo mestre, don Emilio Cordero.

Foron ó Ateneo, onde falaron do seu avó coma exemplo dos campesiños galegos.

Foi á casa de don Emilio, fixéronlle tocar a guitarra e todos quedaron abraiados e aí formouse a rondalla do Ateneo Libertario de Rutis.

Pola tarde colleron a Camilo coma interior dereita no Celta de Rutis.

Capítulo XIX

Camilo segue o vello do mono azul e gorra cuarteleira, está esgotado; o vello sobe a un banco e ponse a recitar “La muerte de Álvaro Vargas” de Estevo Doldán Patiño. Un vello que está coa súa neta, mirao con desprezo e marcha. Camilo va detrás do vello coa neta, entra na cafetería, o vello está contando ao camareiro que o vello do mono azul persígueo por todas partes. Camilo cre recoñecer a súa voz. Camilo lle pregunta ao camareiro quen é o vello que vai coa súa neta, dille que traballaba nos cárceres e que se chama Dalmiro. Era a voz noxenta de Dalmiro Ferreiro.

Capítulo XX (A marcha de Camilo e Rosalía)

Camilo pasou oito horas ao pé do leito da meniña, antes da súa partida con Rosalía cara ao Uruguai. Rosalía non choraba para que eu non me sentise culpable da separación. A meirande parte dos pasaxeiros do barco estaban coma nós, unha tristura colectiva.

Capítulo XXI ( Camilo en Vilaboa)

Camilo espertou en Lola un instinto maternal, coidaba del con agarimo de nai. Camilo lía en alto os libros que lle emprestaban no Ateneo, para a súa tía Lola e para Rosalía e Consuelo, as aprendices, que estaban namoradas del.

Camilo fregaba a louza, varría a casa ou facía as camas coma o seu avó Estevo. Camilo escoitara ao avó que as mulleres labregas traballaban o dobre dos homes e non gozaban dos mesmos dereitos.

Tamén axudaba a don Emilio a dar as clases e ás tardes ía ao Ateneo con Santi Noreste que escribía para o semanario da CNT e que Camilo repartía dacabalo da súa bicicleta.

Dominada a álxebra e a aritmética, Camilo abandonou a escola e don Emilio regaloulle un planisferio e un mapa do antigo reino de Galicia.

Camilo adicou máis tempo ao reparto dos semanarios anarquistas e participou nas manifestacións anarquistas.

Lola secundaba as andanzas revolucionarias do seu sobriño, comezaba a crer nese novo mundo sen Estado, no que os labregos íanse organizar en sindicatos.

Lola seguía a esperar ao seu noivo Ricardo, sen perder a esperanza.

Polo mes de abril, chegou un coche tirado por dous cabalos con dous homes que preguntaban por dona Dolores. Déronlle unha caixa de madeira e un sobre que puña: Ricardo Fandiño- New York- América.

Lola esperou á noite para abrir o sobre, que dicía: “Volverei de contado. De me esperares, gracias”.

A caixa non quixo abrila ata as festas do sacramento, pensando que despois de tantos anos, tres meses non eran nada.

A noticia estendeuse por Vilaboa e chegado o día, unha morea de xente esperaba á porta para ver o que tiña a caixa.

Camilo atrancou a porta e só deixo pasar as dúas aprendices. Camilo abriu a caixa, era unha máquina de coser-SINGER-da que non había máis que dúas ou tres en toda Galicia.

Ao día seguinte, o Celta de Rutis xóga contra o Español de Santiago e entre o público Rosalía non lle quitaba ollo a Camilo.

Fixéronse noivos, pero a Lola non lle gustou, tiña celos da discípula.

A relación con Rosalía non aplacou a súa borracheira anarquista.

Capítulo XXII

Camilo pasea pensando que un asasino coma Dalmiro Ferreiro non podía escorrentar a morte por moito tempo, pero trabucouse porque Dalmiro xa anda camiño dos oitenta e cinco.

Dalmiro, falanxista especializado en torturas ¡vive! e Camilo pensa na tenrura ca que esas mans asasinas tocaban o rostro da súa neta.

Camilo senta nunha das mesas da rúa Vilar, fronte da casa do home misterioso. Ábrense as contras das fiestras do segundo andar e ve ó home que xa non leva o mono azul; Camilo cre recoñecelo, pero non o consegue.

Capítulo XXIII (Carta a Rosalía)

¿Lembras, ruliña, o día que recibimos os cartos, para a pasaxe, daquel matrimonio do Castro?

Dona Fernanda, unha muller comunista de Vilaboa que emigrara no trinta e tres comezara pagando a pasaxe para un matrimonio comunista ao que lle puxo a condición de que cando estivesen alén mar e xuntasen os cartos do empréstito non llos desen a ela, senón que llelos mandasen a outras dúas personas coa necesidade de emigraren.

Vintecinco días durou a viaxe e fixemos amizade cun matrimonio de Sada que tamén tiveran que deixar a unha parelliña de xemelgas cos avós.

Chegamos a Montevideo con contrato de traballo e unha habitación no piso de Consuelo e Alexandre, que déronnlo todo e non nos chegaría a vida para llelo agradecermos.

Capítulo XXIV (Camilo en Vilaboa)

Aquel inverno, Camilo non paraba para axudar ás familias dos presos anarquistas detidos nas folgas da construcción por pediren un subsidio de enfermidade e unha xornada de seis horas para remediar o paro.

Erguíase cedo e ía con Alexandre para petaren polas portas na procura de cartos e mantenza que despois, Rosalía e Consuelo levaban ás mulleres dos detidos e eles repartían propaganda da CNT para abstenerse do voto nas eleccións.

Unha mañá, Camilo sentiu un ruído, baixou e veu un home que fuxía. Uns días despois volveu ver o home, colleu unha forquita e encarouse con el. O home díxolle que quería ver a Lola, pero que non o vise o marido, era Ricardo Fandiño.

Contoulle que as cousas non lle foran coma el quixera e que gastou na máquina de coser os seus últimos aforros.

Ricardo que non tiña máis de coarenta anos, aparentaba unha vellez prematura coa súa calva e cunha tose tuberculosa.

Camilo avisou a Lola que marchaba, e Lola presentiu que algo pasaba.

Para Lola seguía a ser o mesmo galán, abrazáronse e caeron no leito.

Cando chegou Camilo á hora de xantar, Lola díxolle que Ricardo ía vivir con eles, que ían casar, sen lle importar que el non tivese traballo e que padecese unha enfermidade incurable.

Camilo fixo boas migas con Ricardo e presentoulle a Santi Noreste, a Alexandre e máis anarquistas.

Todos escoitaron a súa historia: Ricardo marchara para os Estados Unidos nos anos vinte, ía a casa dun familiar que lle ía dar traballo na súa tenda de sombreiros; pero cando chegou, o familiar morrera e Ricardo pasou os primeiros días en pensións de mala morte,con frío, fame e soidade.

Pasou meses dando tombos pola cidade, remexendo no lixo e durmindo nos parques con cartóns. Un día, nos arredores da embaixada española coñeceu un home de Celanova, Tomás, que convidouno á súa casa e ofreceulle un cuarto do piso.

Para corresponderlle, Ricardo arranxaba a casa e facía o xantar; despois saía a buscar traballo e pola tarde ía ó Centro Galego a recibir clases de don Tomás. Aí conseguiu traballo de camareiro nun restaurante de Central Park.

Como Tomás non lle cobraba nada, comezou a aforrar todo o que gañaba, xa que comía no traballo.

Cos anos don Tomás caeu enfermo e Ricardo pasou un ano indo do restaurante ao hospital ata que don Tomás morreu, deixándolle o piso e algúns aforros.

Ricardo comezou a facer os preparativos para volver e casar con Lola: puxera á venda a casa, deixou o traballo e andara a cambiar as súas accións na bolsa, cando de súpeto produciuse o crash. Os cartos que tiña servíronlle para non morrer de fame durante uns meses. Conseguiu un traballo de xardineiro e cos primeiros cartos comprou a máquina Singer e os seguintes para a pasaxe. A casa deixouna para os seus amigos necesitados.

Capítulo XXV

Camilo entra no portal e sobe ó segundo andar. Chama e preguntan quen é. Camilo contesta coas palabras do libro que o home deixara inconclusas no parque. Abre e dille que é Andrés, Camilo pensa: Andrés Díaz, condenado por pertencer á FAI, o barbeiro que casou en Carral.

Os dous vellos abrázanse e choran, a casa é un bazar anarquista, sentan e cóntanse as súas historias.

Cóntalle que se pon o mono azul para atormentar a Dalmiro Ferreiro, ese fillo de puta.

Cando Camilo marchou do cárcere, veu outro director que lles prometía a liberdade aos presos se xuntaban cartos, Damilo era o encargado de llelo dicir aos coitados, que vendían todo e logo Dalmiro pegáballes o tiro na caluga dicindo que fora para evitar a fuxida.

Andrés pensou en matalo, pero facíalle máis dano ameazándoo coa súa presencia, igual que facía o Lambeconas coas mulleres dos falanxistas, que non as mataba para que lles contasen aos maridos a deshonra na que caeran.

Falaron de Leopoldo, o Pallas que se parecía moito a un escritor andaluz ó que mataron e como houbo moitas protestas colleron a Leopoldo, fixéronlle un xuício coma se fora o escritor e fusilárono.

Camilo dille que busca o libro, Andrés fica pampo e dille que van comer.

Camilo chama ao hospital de Barcelona para saber como saiu a operación, pero aínda deben pasar unhas horas para sabelo.

Capítulo XXVI (Camilo en Uruguai)

Alexandre traballaba de dependente nunha barraca de materiais de construcción e gañaba máis cartos ca min.

Rosalía erguíase ás cinco da mañá e ía á casa Soler, unha importante sastrería, e non volvía ata as sete da tarde.

Eu tiña diferentes quendas no bar Facal e convencín ao encargado para que non me puxesen de noite porque quería estudiar, xa que as escolas no Uruguai eran laicas e gratuítas.

Traballaba dez ou once horas no bar, de pé, sen parar, chegaba á casa, descansaba un chisco, collía os libros e ía á Escola de Adultos. Só durmía tres ou catro horas, era unha maneira de no pensar na miña filla Branca que estaba tan lonxe.

Capítulo XXVII (A voda de Lola e Ricardo en Vilaboa)

Lola e Ricardo casaron polo civil e Rosalía e Camilo foron os padriños. Fora declarada a folga xeral para protestar contra do acceso da CEDA ao poder.

Lola estaba feliz, malia os seus corenta anos, estaba radiante vestida de azul.

Ricardo foi mudarse á casa, Asdrúbal Pereira esperabao no coche e logo recolleron a Santi Noreste, a Camilo e mais a Alexandre.

Foron os cinco á Coruña, a folga comezaba ás dez da noite e Asdrúbal tiña ordes de dinamitar o transformador da costa da Palloza.

Colocaron os explosivos e, ás once, cinco estoupidos deixaban ás escuras á cidade herculina.

O chevrolet abandonou a Coruña e dirixiuse a unha panadería da Corbeira dun empresario chamado Xan García que ameazara aos empregados folguistas. Asdrúbal introduciu uns cantos petardos pola fiestra da panadería e houbo un estrondo de vidros e pedra.

Santi Noreste non quiso participar en máis accións violentas e o deixaron preto do río.

Chegaron á gasolineira ás doce, viron un camión cargado de homes do sindicato; o encargado da gasolineira tivo tempo para facer unha chamada ao Goberno Civil que mandou un tenente, un sarxento e quince gardas de asalto.

Ricardo, Alexandre e Camilo axudaron a encher os bidóns e Asdrúbal cubriulle os ollos ao empregado.

Viron as luces do autobús que traía os gardas de asalto e subiron ó coche e fuxiron pitando; decidiron separase, Camilo foi durmir á casa de Alexandre e pola mañá colleron as bicicletas e foron a Coruña para ver o desenvolvemento da folga.

O luns foron con Santi á estación do Burgo e obrigaron ao gardaagullas a desviar a dirección para que descarrilase o tren, pero o gardaagullas deu en berrar e veu a parella da Garda Civil e espantounos a tiros.

Capítulo XXVIII

Camilo observa a Andrés coma se se tratase dun extraño. Pídelle que lle explique coma se librou do cárcere e porque tanta teima en mercar o libro.

Andrés cóntalle que cando Camilo saiu do cárcere, os falanxistas seguiron co espectáculo do libro, o seguinte foi Servando Nogueira, o zapateiro de Carballo; Andrés tomoulle as leccións coma fixera con Camilo, sabías de corrido, pero en canto puxo o pé no estrado, viuse traizoado polos nervios e perdeu a vida nos comezos do capítulo segundo.

Os falanxistas collían aos que sabían ler, pero aos máis ignorantes.

O segundo foi un rapaz de Ponteceso, que aos tres días, vendo que lle era imposible aprendelo, quitouse a vida cunha gravata.

Mentres Andrés estivo alí, foron sete, case todos caeron, e mesmo un mozo aproveitou o acto para cantar a Internacional e alí mesmo o cribaron a balazos.

Camilo pregunta quen non caeu: un tal Secundino de Ourense e Andrés. Andrés dille que os dez días sobráronlle, xa o sabía todo por tomar as leccións ós demáis, recitouno todo e soltárono.

Logo marchou coa muller para México, de barbeiro, tivo un fillo que morreu antes de vir para Galicia dun cancro no cerebro.

Andrés pensa divertirse con Camilo, fan unha aposta: se Lázaro recupera a vista, vanse divertir.

Capítulo XXIX (Carta a Rosalía)

Lembras, Rosalía, o día que esperabamos o barco que traía a nosa nena; qué nervios, fumabas sen parar. Branca tiña seis aniños e de no ser porque coñeciamos ó parente que viña cando ela, non a tería recoñecido. A pobre deu en chorar e as súas primeiras palabras foron para ti, Rosalía, cando che preguntou se a volveriamos a deixar soa. Consagrácheste a ela para recuperares o tempo perdido.

Cando eu libraba as fins de semana, iamos ao parque .

Eu tiña a teima de vixiar á xente durmida coma o avó Estevo que un día me confesou que á forza de observar ás persoas podes beberlles o soño ou o pesadelo.

A chegadade Branca coincidira co meu ascenso no bar Facal, fixéranme encargado da cafetería, arrendamos un apartamento e só traballaba oito horas e permitiume gozar da nena. Escollín o horario nocturno para que eu puidese levala ao colexio.

Levei a Universidade máis de vagar e axudei a Branca nos estudios, transmitinlle a miña devoción polos seus bisavós, Cristal e Estevo, quixen que aprendera a tocar a guitarra, pero non tiña oído musical.

Non foron malos aqueles anos en Uruguai, o único que rillaba en min era a morriña pola miña nai, a nosa casiña de Celas coa súa dobre parede na que eu me agachara nos meses duros da guerra.

Capítulo XXX (Camilo en Vilaboa)

O mércores, reuníronse ós cinco: Asdrúbal Pereira, Santi Noreste, Alexandre, Camilo e Ricardo xunto con Paco Llerenas, amigo de Asdrúbal. Foron a Cambre, para cortaren a vía férrea do expreso a Madrid. Desmontaron as travesas dos raís en pouco máis de tres minutos.

Á altura de Espíritu Santo, no medio dun grupo de labregos, puideron recoñecer ao Canzogas que un día fixo unha aposta para ver se era quen de engulir un gato escaldado. Meteron o mico nunha pota fervendo e púxollo enriba dun prato. Cando o Canzogas xa case dera cabo do animal, apurou un grolo de viño, mirou á concorrencia e gañou a aposta.

Chegaron a Oleiros e Asdrúbal repartiu caixas de proxectís, cargadores e cadansúa pistola para os seis. Mesmo unha bomba de man e unha bandeira vermella e negra. Santi Noreste, contrario á violencia, negouse a coller as armas.

Ían chegando traballadores e labregos á folga xeral, cando estaban a piques de entrar na praza onde se atopaba a casa cuartel, dentro só estaban catro gardas que se apostaron cos seus maúseres por tras das fiestras.

Santi Noreste rifaba cos dirixentes anarquistas para seren civilizados, pero o Portugués disparou en seco ao aire e alporizou ós ánimos. Comezaron a ir e vir as balas, puxéronse todos a cuberto, Ricardo traía metralla nunha perna.

Santi colleu a Ricardo e levouno ao coche, Alexandre e Camilo seguiron disparando, Asdrúbal deulle ao cabo Bieito Recio no brazo esquerdo. Un vello comezeu a bater cunha pica na porta do cuartel e disparáronlle.

Paco Llerena, que aínda non efectuara ningún disparo, perdeu o medo, cruzou a praza e trouxo ó vello ferido cara á horta.

De súpeto, viñeron outros tres gardas disparando.

Chegaron dous autobuses da Coruña cargados con reforzos e a xente botouse ó monte. Na fuxida, Paco Llerena caeu morto por un balazo de maúser. Camilo correu e puido ver ó lonxe cómo Alexandre e Asdrúbal eran detidos polos gardas.

No camiño encontrou a Consuelo que lle preguntou por Alexandre.

Na casa da tía Lola o médico estaba con Ricardo, o médico saiu e non dixo nada. Ricardo loitaba coa tose que lle dinamitaba o peito.

Capítulo XXXI

Camilo e Andrés soben ó piso deste. Camilo ten medo de coller o teléfono. Chama, Lázaro ve, moi pouco, pero ve, coas lentes verá moito mellor. Camilo chora, Andrés abrázao. Andrés trae unha botella de champaña e dous puros, van celebralo; non tarda en volver con dous monos azuis da Fai e dous gorras, Camilo non quere poñelo, pero Andrés dille que se quere o libro ten que poñelo.

Capítulo XXXII (Carta a Rosalía)

A irmá de Marcelo Urzal escribiume que a miña nai estaba enferma. Branca non quería volver, tiña vinte anos e collera amores cun estudiante.

Os compañeiros do bar Facal fixéronnos unha festa de despedida, bailamos ata ás catro da mañá. A Consuelo e Alexandre deixámoslles todas as cousas que tiñamos no piso, aparellos, mudas, roupa, libros.

En pouco máis dunha semana subimos os tres a aquel vapor; levabamos vinte anos en Montevideo.

Vilaboa medrara moito, había casas novas e unha parada de taxis.

Pasamos polo lavadoiro do río onde as mulleres lavaban a roupa, aquilo si que era unha escravitude: os luns cos baldes enriba da cabeza andando deica á Coruña para recolleren a roupa polas casas, os martes lavala no río, os mércores e os xoves poñela a secar, os venres pasarlle o ferro e os sábados outra volta á cidade para faceren o reparto e cobraren uns cartos.

Entramos na tenda de Melchor e a María Cardo deunos a nova terrible: a miña nai morrera do corazón hai catro días e o meu antigo amigo Marcelo Urzal- e digo antigo porque dende que soubera da súa traizón ao loitar no bando nacional eu retiráralle a palabra- quedara coidando da facenda que ela nos deixaba: unha burra, dous bacoriños (porquiños), sete pitas, un gato vello e tres vacas: a Torina, a Castaña e a Gallarda. A nosa casa vendémoslla aos Pedreira.

¿Quen che ía dicir a ti, Rosalía, que fosemos traballar a terra? Axiña botei man do caderno do avó Estevo no que explicaba as angueiras (faenas) do campo. Branca quería estudiar para mestra, tivémola que internar na Coruña e só a viamos as fins de semana.

Deixei a política e dediqueime á familia. Ai, Rosalía, dábasmo todo e coidabas de min, e eu, covarde, endexamais fun quen de che contar ese meu maldito segredo que me comía a conciencia.

Capítulo XXXIII (Camilo en Vilaboa)

Ricardo morreu aos poucos días da tentativa de asalto ao cuartel de Oleiros, o día de San estevo. Cando lle deron a noticia, Camilo colleu a bicicleta e arreou a unha velocidade suicida; non choraba tanto por Ricardo-era unha morte cantada-como por Lola.

Cando chegou á casa, viña de riba o rumor apagado das ladaíñas (letanías) e dos prantos das carpideiras (choradeiras). Camilo mandou saír a toda aquela xente do cuarto, Lola estaba no seu cuarto, Camilo achegouse ao morto para lle dar un bico na fronte.

Entrou no seu carto e a viu alí, deitada na cama, enredando cunha boneca de trapo e con risos meniños; Camilo botou a chorar e Lola deixou de rir e preguntoulle porque choraba e acariciabao.

Pensaron que Lola entolecera e o día do enterro quedaron Consuelo e Nora, a nai de Camilo, con ela en casa. Acordouse que ninguén lle dese o pésame e non se falase do difunto.

Camilo traballaba na fábrica de Cros, entraba ás oito da mañá e saía ás cinco da tarde. O pai de Rosalía morreu e a nai aceptou a relación da súa filla con Camilo e deixouna volver ao Rueiro a coser canda Lola.

Camilo pediulle a Rosalía que vixiara a Lola, pero Lola seguía a súa vida normal, coma se Ricardo seguise nas Américas.

Unha tarde, despois dun mes da morte de Ricardo, cando Camilo volvía do traballo, Lola colgouse do seu pescozo e comezou a bicalo sen deixar de dicir: Ricardo, Ricardo, por fin, volviches, amor…

Camilo calou, ceou con ela e ás dez foise deitar.

De súpeto, espertou e viu ó seu carón á tía Lola acariciandoo, tocoulle o sexo, quixo falar pero ela tapoulle a boca cun beixo…

Camilo díxolle a Lola que tiña que marchar ao día seguinte, e ela volveu ao seu cuarto, termando do pranto.

Camilo empaqueteu a roupa para volver a Celas. Pero pola mañá, Lola estaba cosendo na fiestra e díxolle que Ricardo tivera que volver ás Américas esa mesma noite.

Quedou en Vilaboa, Lola deu en dicir que Ricardo deixara dentro dela a semente dunha nova vida. Ao pasaren tres meses a barriga confirmou un embarazo sospeitoso e Camilo comezou o reconto dos días coa esperanza de que o parto non excedese dos nove meses a contar dende o pasamento de Ricardo.

Camilo houbo de llo dicir a Rosalía pero non foi quen de confesalo. Foi o único segredo que nunca compartiría con Rosalía e dende aquela noite pechou o cuarto por dentro.

Os sábados pola tarde, Rosalía, Consuelo e Camilo ían ao cárcere da Coruña a visitar a Alexandre e a Santi Noreste.

Asdrúbal Pereira fora posto en liberdade axiña debido ás influencias do seu pai, e Alexandre, ao pouco de saír do cárcere, embarcou cara a Uruguai.

Camilo falaba moito con Santi cando o visitaba no cárcere e tamén recollía os seus escritos e os levaba a revista “Solidaridad Obrera”.

Un día na fábrica alguén fixo un comentario da noiva de Santi, Mercedes, e Camilo quixo comprobalo.

Pola noite, vixiou dous horas a casa da moza e unha bicicleta detívose na porta; era un home con abrigo e sombreiro, era Dionisio Boutureira, un empresario fascista que non traía o coche para que non o recoñeceran.

Días máis tarde,mentres a parella se daba á refrega dos corpos, Camilo cunha lata de gasolina prendeulle lume ao Ford de Dionisio, que estaba aparcado fronte á carteleira do cine onde puñan unha película:”Las llamas del amor”.

Capítulo XXXIV

Camilo e Andrés camiñan Santiago adiante, van cos monos azuis, as correaxes metálicas e as gorras.

Soben a un carrusel de cadeas, a xente concéntrase ao redor do carrusel e encirran (provocan) ao xitano para que os faga xirar máis e máis a présa.

Cando están a piques de marchar, o xitano aparece cunha pistola na man e dilles: - caeulle isto, compañeiro.

Andrés recolle a pistola, é unha mauser 9 mm.

Van tomar algo ao Modus, van cargados de alcohol. Todo o mundo os mira. Piden dous chivas, Camilo non quere máis alcol, pero Andrés convenzeo. Comezan a falar de política, Andrés defende que aos Estados lles interesa que haxa moitos analfabetos, para poder facer o que queiran.

Capítulo XXXV (Camilo en Celas)

Unha noite uns cotenos (golpes dados cos cotelos) petaron na porta, non era costume en Celas chamar nas portas, entrábase directamente.

Era Marcelo Urzal, o seu amigo da infancia, o que de mozo loitara no bando nacional e ao que por ese motivo lle retirara a fala e a amizade. Quería falar con Camilo.

A Marcelo morréralle a muller, e o fillo levaba varios anos en Alemaña. Vivía só.

Marcelo dille que o chamaron a filas e por non deixar á muller e ao fillo e polo medo a que o mataran, foi cos nacionales. Dille que é un covarde, que tivo que disparar a sesenta e oito desgraciados. Camilo deulle unha labazada cariñosa e olvidaron os trinta anos sen se falar. Cóntalle que estivo de garda municipal e cando ían ser as oposicións coñeceu nun bar a dous tipos aos que lles invitou a unhas xarras e sacou o número un nas opsicións. Eses tipos eran dous coroneis do exército.

Despois casou e tivo un fillo que estaba en Alemaña e non lle facía caso ó pai.

Marcelo dilles que eles teñen sorte por ter unha filla con estudos e que anda con alguén de boa familia. Camilo e Rosalía non saben de que familia é o rapaz de Branca e Marcelo dilles que é o fillo de Dionisio Boutureira.

Marcelo non sospeitaba o dano que ese apelido provocou na alma de Camilo.

Capítulo XXXVI (Carta de Santi Nordeste a Camilo dende o cárcere de a Coruña)

Estimado compañeiro Camilo: non te podes imaxinar cómo me rebentou a alma o de Lola. Non hai Deus, porque se o houbese ¿non abondaba xa a perda do Ricardo, senón que por riba tiña que se malograr esa criaturiña que sería a confirmación póstuma dun amor exemplar, que levou á pobre Lola á máis endiañada das locuras?

Tiven noticias de que andas a traballar duramente para a viúva de PacoLlerena.

Moito boto de menos as conversas con Mercedes e contigo, non sei cando me levantarán este castigo de incomunicación; e todo porque intercedín diante do director por un preso enfermo.

Dalmiro Ferreiro, un verdugo que nos vixía, adoita mallar nel porque o coitado se nega a saudalo en castelán.

Na próxima carta fálame de Alexandre, como xa vai para un mes que o soltaron quero saber se cumpriu a promesa de ir ao Urugai; poucos días antes de se despedir de min, confesoume que estaba farto de loitas imposibles.

Menos mal que me permiten ter libros. Polo día doume á lectura e, ao escurecer, percorro o rectángulo da cela un cento de veces.

Sei que ti, herdeiro dunha caste nobre como a de don Estevo Doldán Patiño, non recuarás nos ideais revolucionarios diante do fascismo.

P.d. Por certo, ese libro vello que me emprestaches e que pertencera ao vello Estevo, xa o lin dúas ou tres veces. É boísimo. O que non entendo é por qué se editou sen título e sen nome do autor.

Santi Noreste

Cárcere da Coruña,1934

Capítulo XXXVII

Ás tres da mañá, Andrés e Camilo entran na praza de Cervantes arrastrando as súas borracheiras. Andrés dille:-comeza ti.

Camilo sobe sobe na fonte e comeza a recitar : “ María Cienfuegos recibió la orden paterna de no salir de casa y se dedicó a los bordados, el enamorado merodeaba por los alrededores de la alcoba y le lanzaba versos. A la semana de haber empezado Álvaro Vargas la huelga de hambre, su madre, Clara Asunta de los Ríos, se arrastró por la plaza en busca de la casa de don Dámaso Cienfuegos, el alcalde le dijo que él no era responsable de los disparates de su hijo y le cerró la puerta. Esa misma noche, Clara Asunta de los Ríos, buscó a tientas las orillas del pozo y regaló su vida a las profundidades para humedecer la conciencia del alcalde”

Camilo apéase da fonte, enxuga os ollos cun pano e sobe Andrés, hai luz nas fiestras: “Álvaro Vargas no supo de la muerte de su madre hasta pasados unos días. Álvaro Vargas se culpó de esa muerte y pensó que quizás pudiese ver a su amada en el entierro, pero don Dámaso no la dejó.

Acéndese a luz do portal, sae Dalmiro Ferreiro en bata e avanza cara a Andrés e detense diante del. Andrés sigue coa súa prosa:”La noche de San Lorenzo en la casa del alcalde se encendió una luz y por la ventana salió una sombra que cruzó la plaza. Era María Cienfuegos que regateaba la vigilancia de su padre”.

Dalmiro Ferreiro, vil energúmeno, besta criminal, tira do peto unha pistola e dispara a queimarroupa no peito de Andrés.

Camilo fica pampo detrás dunha columna e cando Dalmiro está a carón del, empúrrao con todas as súas forzas, a pistola cae e Camilo collea.

  • Se te moves, fillo de puta, es home morto.

Andrés séntase dentro da fonte: “non o mates, Camilo. Déixao que sufra”.

  • Está calado, Andrés, non te esforces que xa continúo eu.

“La joven cruzó el umbral e inundó la casa de Álvaro Vargas con un olor a manzana. Cerró la puerta con cuidado y fue a la cocina a preparar una sopa restauradora”.

Dalmiro deféndese das palabras cunha ollada de ira.

Camilo sostén coa súa man a cabeza de Andrés e baña as frases do libro no pranto. Cobiza a morte do carcereiro, aperta os ollos para disparar e non é quen de facelo.

“Álvaro Vargas estaba en las últimas pero la agonía no le impidió reconocer a su amada. Rechazó la comida y se conformó con mirarla a los ojos. María Cienfuegos se desnudó, se metió en la cama con él y estuvo escuchando su respiración enferma toda la noche. A veces, le encendía un cigarrillo y se quedaba observando sus caladas, consciente de que en ellas Álvaro Vargas se jugaba la vida. Nadie durmió esa noche porque querían ver salir a la muchacha. Lo hizo al amanecer, justo después de que la muerte no fuese capaz de arrebatarle a Álvaro Vargas su sonrisa de enamorado.

Muchos juraban haber visto pasear de noche el cuerpo de Álvaro Vargas, don Dámaso Cienfuegos tardó tres meses en dejar salir a la calle a su princesa. Tuvo que casarla a muchas leguas de distancia”.

Chega unha ambulancia e dous coches de policía, soben a Andrés nunha padiola e, case morto, di:

  • Acompañen a este home á miña casa para que colla o seu libro. Está no estante de Bakunin, envolto en papel de regalo.

Camilo sobe ao coche de policía e lévano á casa de Andrés, a recoller o libro, a ambulancia deixa de soar, Andrés morreu.

Capítulo XXXVIII (Carta a Rosalía)

Lembro o día que Branca me dixo que ía casar con Agustín. Foi coma se unha espada me atrevasase o fígado. Era o fillo que Dionisio Boutureira, o empresario fascista, tivera coa pendanga de Mercedes, a que fora moza de Santi Noreste.

Non me quedou máis remedio que aturar a súa compaña o día da voda, a cara traidora de Mercedes e a actitude solvente de Dionisio Boutureira que lles deixaba aos noivos un piso de cento vinte metros no Paseo Marítimo da Coruña. Agustin, meu xenro, veu a ser a boa persoa que non era o seu pai, acadou axiña unha praza fixa no Juan Canalejo.

Consuelo e Alexandre volveran do Uruguai para asistir á voda e ficaren definitivamente en Vilaboa.

Ti, ruliña, deixáchelles a casa dos teus, ben o merecían.

Branca e Agustín foron de lúa de mel a Montevideo e aos nove meses naceu o noso ceguiño bulideiro. Pesara cinco quilos douscentos gramos, e era moi bonito. Lembras, rula, qué cacho neno.

Quedamos sós na casa de Celas, coidamos a horta, criamos pitas e pavos para o nadal.

Capítulo XXXIX (A desaparición de Lola en Vilaboa)

A desaparición de Lola aconteceu un mes antes das eleccións. Ninguén sabía ónde estaba.Dende a perda do neno, consagraba o tempo á costura.

Lola tivera o neno, xusto aos nove meses de morrer Ricardo, e os rumores cesaron. Naceu morto e Lola acaricibao. Non volveu falar.

Buscárona polo monte, as aldeas veciñas, na ría e no mar, e Lola non daba sinais de vida.

Logo dun mes de intensa busca , abandonaron as tarefas e pensaron que marchou de viaxe.

Ao pouco do triunfo da Frente Popolar nas eleccións, Camilo recibiu carta de Santi Noreste: …vannos soltar, compañeiro, a amnistía é para todos. Ti sabes que me condenaron sen probas por mor da miña semellanza co tal Portugués que matou ao cabo Recio. Condenáronme a vinteseis anos. Supoño que Mercedes non me estara a esperar. Ata pronto, compañeiro.

Camilo e Rosalía foron recibir ao seu amigo Santi Noreste, o tren demorouse máis dunha hora. Cando chegou, viñan os vagóns ateigados de compañeiros anarquistas. Camilo veu a Santi, perdera máis de vinte quilos, envellecera moito. Falaron os presos á multitude.

Santi Noreste xantou na Coruña, cos políticos e logo foron a Vilaboa e recibiunos o alcalde.

Santi preguntoulle a Camilo quen era agora o mozo de Mercedes, Camilo díxolle que Dionisio Boutureira.

Capítulo XL

Camilo apéase do coche de liña, trae a imaxe triste do enterro do seu amigo Andrés Díaz, o barbeiro anarquista asasinado.

Devece por chegar á súa casa de Celas para esgazar o envoltorio do paquete e prodigar caricias no libro.

Camilo mima o libro e incorpora ás caricias o retrato de prata de Rosalía.

Camilo atópase mal, dóelle o peito, colle un folio e pluma para escribir a Rosalía, pero cae ao chan unha carta e leela:

Meu querido compañeiro:

Veño de estar coa túa nai e deume o teu enderezo e o aviso de que non che dixese nada pero eu penso que é o meu deber dicircho.

Seica cando saíches do cárcere ninguén se atreveu a contarche o de Santi Noreste.

Ao poco do alzamento fascista, mentres ti te agachabas no monte e a Pepe Villaverde e a moitos máis lle esmagaban o cranio na praia de Sabón coa culata dos maúseres, o alcalde Bermúdez de Castro falaba no Rueiro con Santi e propúñalle ser secretario local da Nacional Sindicalista Obrera que se ía radicar no Ateneo de Rutis. E o moi fillo de puta aceptou para se converter nun falanxista

Pero as contas saíronlle furadas porque Dionisio Boutureta non quería velo preto de Mercedes e moveu os fíos para que o mandasen ó fronte e asasinouno en Sevilla un anarquista chamado Asdrúbal Pereira. Este si que foi un heroe. Infiltrouse nas filas fascistas e deu a súa vida para resarcir semellante traizón.

Ninguén cho quixo dicir porque sabían da amizade que vos unía. E ademáis era o voso padriño de vodas…

Augusto Cordero

Vilaboa,1938

Camilo escribe, Kamikaze, traga cuspe, pasa a man esquerda sobre o peito e esfórzase, sen éxito, por eludir a convocatoria do atardecer que lle ofrece unha morte solitaria.

Capítulo XLI

Lázaro foi o primeiro en entrar na casa e viuno coa cabeza deitada sobre o folio. Tiña a ollada aberta e un cigarro penduraba dos seus beizos. O retrato de Rosalía presidía a mesa e nunha man descansaba a pluma e coa outra medio tapaba o libro anónimo que pertencera a Estevo Doldán Patiño. Lázaro era a primeira vez que o vía, máis non tivo a sensación de observar a un estraño.

Branca entrou na sala e deu en chorar con berros tronadores. Lázaro colleu o libro e o folio e pediulle ao seu pai que llo lera:

Ai, ruliña de ollos azuis, sinto que a vida se me vai. Nunca che dixen o da miña tía Lola e sempre me quedou a sospeita de se ti xa o saberías. Non sabes o que eu sufrín cando o embarazo de Lola estaba a piques de traspasar os nove meses da morte de Ricardo, estou convencido de que o neno morto era o meu fillo. Cando estabamos en Montevideo chegoume unha carta da miña nai que traia outra de Estados Unidos na que se certificaba a morte de Lola. Foi buscando a Ricardo e debeu petar no apartamento que Ricardo lle deixara aos seus amigos. Alí vivían vagabundos e xentes prostituídas e Lola confundiu co seu Ricardo da alma a un deles que pastoreaba putas na Quinta Avenida e que se encargou de póla de puta. Lola exerceu de puta por amor e morreu sifilítica.

Agora, ruliña, comprenderás con qué ser abominable casaches.

Morro, Rosalía, ninguén me precisa…

Lázaro virou o rostro cara á fiestra porque non quería que o seu pai o vise chorar; abriu o libro de cantoneiras de vaca,e, mentres aspiraba o seu recendo combustible, acudiu a cantinela rouca dunha rula.

1




Descargar
Enviado por:M José
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar