Materiais: repartidos unha aula de 20 alumnos en grupos de 4, polo que resultarían 5 grupos:
Cada grupo engargarase de traer un kg de marmelos para que cada un dos alumnos do grupo poida levarse un pouco do doce a casa e que o probe toda a fammilia.
Traerá tamén cada grupo un kg de azucre, porque por cada kg de froita, corresponde máis ou menos un kg de azucre.
É necesario que cada alumno traia un bote, ou un recipiente estilo fiambreira de plástico, para levarse o marmelo, ou no seu defecto, cando xa estivese solidificado o doce, serviría un plato.
Con todos os alimentos pesados xa da casa, aforramos que cada grupo empregue unha balanza e aforramos material, polo que haberá só unha balanza na clase que traerá a mestra.
Unha persoa de cada grupo traerá tamén unha culler para remexer
Do mesmo xeito, unha soa persoa tamén de cada grupo encargarse de levar unha pota.
A auga seá dispensada polo propio centro, no laboratorio onde se realixe esta actividade ou no mesmo baño do centro escolar.
Os forniños para cocer o marmelo estarán no laboratorio do colexio.
Sería convinte tamén un coitelo por grupo, para cortar en trozos o marmelo.
Posta en práctica da actividade
Como dixemos, os 20 alumnos de 5º de primaria dun colexio de ámbito rural de Galiza, serán os encargados de facer esta actividade, repartidos en grupos de catro persoas, polo que serían 5 grupos. A razón pola que elexín facer grupos de 4 é que menos membros por grupo, seráin moitos grupos, e unha mestra soa non podería atender soa a todos os grupos, e máis nunha actividade na que se emprega o lume. Máis de 4 persoas por grupo paréceme un caos, no que o propio grupo non se poría dacordo en como facer a actividade, porque son moitas opinións e moita xente para un só grupo.
Esta actividade, levarase a cabo no comezo de curso, é dicir, entre finais de setembro e comezos de outubro. O motivo é que non se pode facer un doce dunha froita de verán cando non é o tempo, porque é moito máis difícil atopala e se se atopa, é nunhas condicións pouco sás: ou doutro país, ou conservadas en cámaras. Polo tanto, tendo a posibilidade, é mellor facelo a comezo de curso e aprobeitar os marmelos naturais de temporada.
Pelaremos no lugar onde imos desenvolcer esta actividade, é dicir, o laboratorio do contro escolar, o kg de marmelos que cada grupo trouxo coa axuda do coitelo que cada grupo tamén terá. Trocearemos a froita e porémola na pota que conterá auga previamente quentda no forniño. Deixarase cocer ata que vexamos que o marmelo está desfeito, convertido nunha especie de masa paracida á compota, que será remexida coa axuda da culler. Unha vez cocido o marmelo, sacarase da pota con coidado de que non se queimen os nenos e repartirase o contido nos catro recicpientes que cada alumno troixo da casa, ata rematar o contido da pota, procurando repatir en porcións iguais en ditos recipientes. Unha vez pasado o tempo necesario para a solidoficación e enfriado do producto, variable en cada grupo dependendo da cantidade de auga botada na pota, xa estará listo para ser tomado, non fai falla esperar máis tempo. Entre o tempo de espera á solidificación, limpiarase e recollerase o laboratorio para deixalo tal como o vimos antes de comezar a actividade, inculcándolles aos nenos valores éticos de orde, limpeza e solidariedade.
A degustación e consumo do doce de marmelo farase tamén nas casa por todos os membros da familia que queiran probalo. Ao día seguinte, farase unha posta en común sobre como saíu a conserva e que impresións causou na casa de cada quen.