Lenguaje, Gramática y Filologías


Anagnorise; María Victoria Moreno

Anagnórise cóntanos a historia de Nicolao, un rapaz de 17 anos que fai autoestop para ir a Madrid. Despois de esperar e esperar páralle unha muller. O rapaz monta, pero prefería que o recollese un home, xa que pensa que as mulleres no saben conducir.

Polo camiño, Nicolao pensa en todo o que deixa atrás, pero a muller interrompe constantemente os seus pensamentos, pois é moi faladeira e entrometida para o seu gusto. O rapaz contéstalle brevemente, pero nunha destas, contéstalle con dous endecasílabos que deixan abraiada á muller e ela pregúntalle se escribe. El contéstalle que si, pero en follas soltas que garda, e ela contradío dicindolle que él escribe para sentirse mellor e para sair do mundo do que fuxe e que podería escribir unha novela. A Nicolao pareceulle mal e comezaron a discutir.

Despois de horas de camiño atopáronse cunha feira e pararo a tomar algo. Segurin a súa viaxe enfadados e como non falaban, Nicolao volveo aos seus pensamentos e quedou durmido. Soña moitas veces que está cunha muller nun coche, nun lugar húmido, e de repente cáelles unha árbore por riba deles. Nicolao berraba, “coidado!”, e espertou. Pouco despois pararon nun mosteiro para distraerse. Cando estaban no mosteiro a muller preguntoulle a unha monxa por que poñía mosteiro de San Cibrán se era de Santa María. A monxa comezou a contarlles unha historia, na cal unha vez, un home levou a unha muller ao mosteiro e foi monxa, pero cando morreu, a monxa seguía aparecendo ata que un día un viaxeiro a levou con el e desapareceron. Desde ese día déixanlle flores nunhas cadeiras para recordalos, e por iso a monxa deulle unha rosa á muller para que a deixara na cadeira se San Cibrán pedíndolle algo, pero antes de irse preferiu coller a rosa e pedirle algo a Santa María por un amigo seu.

Cando saían, Nicolao viu a unha rapaza cos seus país e pensó que era Natalia, a moza da que estaba namorada, pero era a súa imaxinación.

Cando foron ao restaurante Nicolao contoulle a súa situación á muller e comezou a chorar. Ao rematar de comer foron dar unha volta, e ao chegar ó coche Nicolao sentíase impotente e contoulle á muller a situación coa súa moza e co seu amigo Marcos, e ela opina que as pezas do que lle está a contar non encaixan. O rapaz quere saber o nome da muller, pero esta non llo quede dar, así que segue opinando e dille que a culpa era de Marcos, que Natalia non fixera nada e que todo fora un plan de Marcos para que non se puxeran en contra del.

Pola estrada case teñen un accidente cun camión, o cal ía a 140km/h segundo lles dixo a policía cando pararon tomar un café.

Cando chegaron a Madrid cada un foise polo seu lado, pero antes de despedirse a muller deulle un papel co nome dun hotel e unha habitación anotado, e un boli e díxolle que a súa novela se chamaría “Anagnórise”.

Nicolao foi á casa de Marcos onde tiñan que durmir con moita xente e cada día nunha cama diferente, por iso Nicolao sempre vai dar unha volta antes de irse a durmir.

Un día Nicolao decidiu ir ao hotel da súa compañeira de viaxe. Cando chegou o recepcionista deulle unha carta e lle dixo que á muller que morrera nun accidente. Cando leu a carta, estaba firmada co nome de Xulia.

Nicolau foi ao enterro de Xulia e atopouse con Natalia. Non sabían que facer, e choraron e bicáronse. Xulia era a nai de Natalia, e Nicolao comezou a entender todo.

Personaxes:

Nicolao: É un rapaz de 17 anos que fuxe da súa casa confuso coa súa vida. Durante a viaxe madura notablemente grazas ás reflexións que fai coa axuda da muller que o acompaña. Ao principio era un rapaz inseguro, e tiña un concepto das mulleres moi distinto ao que acaba tendo. Está namorado de Natalia, pero fuxe pensando que lle foi infiel. En Madrid vaise con Marcos e cos seus amigos, pero non lle gusta en absoluto esa vida. Coa morte da muller dase de conta de que foi unha persoa que marcou a súa vida e que todo o que se entrometía na súa vida facíao polo seu ben.

Xulia: É unha boa muller, agradable, solidaria e está pendente de Nicolao en todo momento. Xulia fai madurar a Nicolao e ver as cousas dende outro punto de vista máis amplo. Sempre trata de axudalo e durante a viaxe se preocupa por Nicolao constantemente.

Martin: É o “amigo” de Nicolao, co que se atopa en Madrid. Fuma porros e leva unha mala vida alí É un rapaz problemático, mentiroso e falso, pois todos os problemas de Nicolao sorxen por culpa del.

Natalia: É a moza de Nicolao e a filla de Xulia. A pesar de que non aparece apenas na novela, Nicolao fainos pensar que é unha boa rapaza, agradable e con moitos sentimentos.

Anagnórise.

Índice:

Páxinas 1: Índice.

Páxinas 2 e 3: Resumo.

Páxina 4: Personaxes.




Descargar
Enviado por:Ana
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar