Literatura


Anagnórise; María Victoria Moreno


Argumento

Trata sobre un neno chamabdo Nicolau que intenta fuxir dos problemas e fai autostop para ir a Madrid. O colle unha muller e lle axuda a descubir a clave da súa vida durante todo o camino, mediante enfados e intereses do neno. Finalmente, a muller morre revelando a súa identidade e o neno reencóntrase coa súa noiva, filla da muller. Unha historia de amor cun final triste, pero feliz.

Espazo

A historia sucede no camiño entre Abra e Madrid, o trayecto percorrido no coche de Xulia Andrade.

Tempo

A maior parte da novela sucede durante un día enteiro, mentres Nicolau viaxa da súa vila a Madrid. Logo, pasan varios días e o final sucede todo nun só día.

Capítulo I

Nicolau, un neno de 17 anos fai autostop. Mentres espera, pensa quen o pode recoller; un home, seguramente camioneiro. Nunca pensaría que o recollese unha muller xa que as mulleres só fan viaxes cortas ó supermercado.

Pero, para o seu asombro, o recolleu unha muller. Nicolau subiuse no cohe e comezaron a falar. A muller era moi entrometida. Mentres iban detrás dun coche, ela quixo facer un adiantamento pero polo carril contrario viña un autobús, polo que casi chocan. O neno comeza a criticar ás mulleres, diciendo que conducen moi mal, e non só o fan mal para conducir. Ela o debate dicíndolle que as cousas non son así, que todos somos persoas do mesmo rango.

Capítulo II

O neno vai reflexionando sobre os seus amigos, a súa cidade…lembranzas que quedan moi lonxe. No medio das súas reflexións, a muller interrómpelle e lle ofrece un cigarro. El iba a collelo do seu abrigo, pero ela llo ofrece do seu bolso. Fuman tabaco negro, moi forte para o rapaz. Entón ela pregúntalle se non lle acolle a lembranza do mar cando o sente lonxe. De desposta, a Nicolau saliulle dous endecasílabos perfectos. Ela pegúntalle se escribe e el responde que si, pero en follas soltas que logo vai gardando. Ela di que el escribe para saír da sociedade e que vivía nunha continua loita co mundo e que foxe do campo de batalla.

Capítulo III

Nicolau enfadouse moito coa muller e comezaron a discutir. A muller meteu a terceira e o coche iba moi lento, coma se estivese queixándose. O neno díxolle que por qué non metia unha marcha máis longa. Logo, atopáronse cunha feira e baixaron a tomar algo. Para atopar aparcamento, viraron ó lado contrario do que viraba o resto da xente. Logo, ela o colleu con intención de disculparse e dixo que pasara miles de veces por alí, pero nunca son alguén e que debía ser tan listo para atopar as polbeiras como para atopar aparcamento.

Capítulo IV

Volveron ó coche moi enfadados. A muller non deixou a Nicolau beber e iso non lle gustou. Reanudaron o camiño e tocoulle detrás dun camión que iba moi lento e aínda por riba iba botando bafaradas de humo. O rapaz meteuse nos seus pensamentos e a vos do seu amigo Marcos volvíalle ós oídos. Mentres recordaba a primeria vez que bebera, quedouse durmido. Despertou de súpeto. Xa non había camión e a caravana era no sentido contrario.

Capítulo V

O neno cae nun sono que se repite moitas veces. Todo cheo de auga, húmido, e de repente esta nun coche cunha muller nunha carreteira de moitas curvas e un piñeiro vas caer encima deles. ¡Coidado, coidado!, exclamou o rapaz. Nisto, despertou. A muller preguntoulle qé lle pasaba e el díxolle que se non se decatara de que un piñeiro case se caera encima deles. Ela díxolle que fora un sono. Os coches comezaron a facer luces indicando que por alí cerca estaba a policía. O rapaz mirou o reloxo e a muller preguntoulle se quería parar a comer, pero el respondeulle que non tiña fame. Entón, para animalo, ela quixo parar nun mosteiro para ver un pouco de arte.

Capítulo en VI

Entraron no mosteiro e unha monxa acercouse a eles e comezou a explicarles a historia do mosteiro. A muller preguntoulle á moxa que por qué poñía mosteiro de San Cibrán e en realidade se chamaba mosteiro de Santa María e o restaurante San Cibrán. Ela contoulle que fai tempo un home trouxera a unha muller ó mosteiro e ela foi unha monxa ejemplar. Cando morreu, a muller seguía aparecendo nunha cadeira ata que un día apareceu un viaxeiro e se foi con ela e desapareceron. De recordo, poñían dous cadeiras cunhas mesas enfrente cun xarrón ecima con flores. Os homes poñíanlle unha flor a Santa María pedíndolle algo e as mulleres á cadeira de San Cibrán. A moxa colleu unha rosa e deulla á muller. Mentres saían, Nicolau pensou que unha nena que iba cós seus pais era Natalia, pero era só a súa imaxinación. Antes de irse, a muller colleu a rosa e preguntoulle á monxa se podía poñer a rosa outra vez no seu sitio para pedirlle a Santa María algo por un amigo seu.

Capítulo VII

Chegaron ó restaurante e el quedou na mesa mentres a mulle ría lavar as mans. El levantouse, deixou a mesa e foi a lava-las súas mans. Cando volveu, a el mirou a carta pero non sabía que pedir. Ela pediu polos dous. Comezaron a falar e el contoulle a súa situación familiar, que eran catro irmáns, por qué fuxira e quen era a súa moza. Logo, comezou a chorar. Ela acompañoullo ó baño e alí el lavouse a cara. Logo voltaron á mesa e comeron.

Capítulo VIII

Ó rematar de xantar, ela pregúntalle se quere ir a dar unha volta ou ir ó coche. El respóndelle que ir a dar unha volta. Mentres pasean, falan sobre Platón e sobre o mito da creación do home e da muller. El di que non cree nada e pregunta que como naceron os homosexuais logo. Ela di que alí estaba a clave de todas as súas preguntas. Logo chegaron ata un carreiro nunha pequena clareira e mirou para abaixo. Sentiuse como se non tivese corpo, como se puidese voar.

Capítulo IX

O neno e a muller volven ó coche. Pensa todo no que quedou lonxe: a súa familia, o cine da Xunqueira, Natalia… Pregúntase por qué a muller non quixo saber seu nome nin ela dixo o seu. Ela suxeriu que todos os camiños son moi diferentes de ida e de volta, como os da vida. O rapaz asentiu. Ela díxolle que a novela que escribiría o neno sería sobre a viaxe que estaban facendo e que todos os protagonistas das novelas no seu final sempre atopaban algo moi importante para eles. El preguntoulle que qué era o que el precisaba e ela dixo que atopar a súa identidade, o amor e a clave para valorar os acontecementos da vida. Logo, o neno comezou a contarle todos os seus problemas con Natalia e Marcos e o que este lle chamara.

Capítulo X

O rapaz se pregunta porque ás veces sucede como se estiveras noutro lado e non na realidade. Logo, volve a rpeguntarlle o seu nome a muller a cambio de deixarlle que lle explicara por que non axustaban as pezas da historia que lle contou. Ela dálle a elixir entre sabe-lo seu nome ou analiza-la historia. El respondeu enfadado o da historia. Ela explicoulle deducira que Natalia non roubara no supermercado, nin roubara o boli de Sabela nin lle puxera os cornos con Marcos, que todo fora invención do Marcos para que ela e Nicolau non se rebelaran contra el. Cando terminou, púxose a adiantar e case teñen un accidente cun camión. Logo, o neno pensa que lle diría á muller “¿Queres un café, Xaneira?” para ver se acertaba cun parecido ó seu nome. Nisto, a muller invitou ó rapaz a parar e a tomar un café xa que con medo non se podía conducir.

Capítulo XI

Cando chegaron á cafetería, os gardas civís foron a xunto deles e lles dixeron que o camión iba 140 kilómetros e que fora unha sorte que se salvaran. Un dos gardas era andaluz e outro era de Vilalonga, moi preto de onde era a muller e comezaron a falar. Logo, sentaron e tomamos un café todos xuntos. Ó rematar, todos quedaron invitados a ir a Vilalonga nas festas de San Pedro. Volveron ó coche e o rapaz comezou a cantar polo baixo unha canción de David Bowie. Comezaron a falar dos cantantes, das súas letras e música.

Capítulo XII

Chegaron a Madrid e pasaron por onde estaban todas as universidades. Ela contoulle que estudiara alí e o significado dun monumento. Logo, aparcaron e foron ata onde Marcos agardaba ó rapaz. Aínda non chegara. Sentáronse nun bar, ó lado da ventá e pediron de beber. El díxolle que tiña un paquete para Marcos de onde o Coxo e ela propúxolle decirlle os seu nome e súa idade se lle daba o paquete, proposta á que rechazou. Cango chegou Marcos, despedíronse e ela deulle unha nota e un bolígrafo e díxolle o neno que se escribía unha novela lle chamara “Anagnórise”. Logo, Nicolau acercouse a Marcos e deulle os paquetes. Marcos levouno á súa casa. Cando chegaron lles abriu a porta unha muller loira. Alí habia varios amigos de Marcos, e o rapaz presentoullos. Marcos dixo que chegara o custo da Abra, referíndose ó paquete que lle dera. Logo, o conduciron a unha habitación con catro liteiras desfeitas e el tumbouse nunha e intentou durmir. Recosntruíu a viaxe e lembrouse do bolígrafo e do papel. No bolígrafo había as incrición X.A. ¡Xaneira!; no papel poñía “Hotel Suevia, cuarto 226, Gerald Brenan, 15”

Na outra cara da folla, o rapaz escribiu Anagnórise.

Capítulo XIII

Naquel lugar, a cada un chamábanlle polo seu alcume. A el chamábanlle Miltalegos. A un loiro, Patrón; ó fraco das barbas, Tucídides; a Marcos, Fuxido e á muller loira Mileidi. Á muller a trouxera o Patrón desde a Coruña. Facía todas as tarefas da casa e liaba os porros pola mañá para que os homes os fumaran pola noite. A Nicolau a fumada lle sentaba ben, pero logo sentíase fatal e non lle facía gracia. Tiñan que durmir nunha liteira diferente cada día e iso ó rapaz non lle gustaba, polo que colleu por costume dar unha volta polos arredores antes de deitarse. Un día, comezou a camiñar e decidiu ir ó Hotel Suevia. Vagou durante horas ata que preguntou a un home onde estaba a rúa Gerald Brenan e chegou ata alí sen problemas. Cango entrou, o recepcionista preguntolle se el era Nicolau Arís. O rapaz asentiu. O recepcionista díxolle que tiña malas noticias e que ela nunca voltaría, que a muller tiña un accidente de tráfico cando volvía de Granada e morrera. Logo, deulle unha carta e díxolle que ela deixara un cuarto reservado para el. A carta dicía que se fora para Granada e que ela xa sabía quen era cando el lle contara na feira o do traballo de historia, que ela coñecía a alguén que tamén o fixera e estaba firmada co nome de Xulia. Tamén lle dixo que lle explicaría todo cando volvese de Granada e que lle dexara un billete de tren con dirección ás Rías Baixas reservado: O rapaz comezou a chorar. Logo foi para a cama có periódico. Na portada dicía que hoguera un accidente no que morrera Xulia Andrade contra un autobús de xubilados. Soou o teléfono e lle preguntaron se quería estar na estación as dez da noite. El respondeu “gracias” e pensou en Mileidi, que nese momento era o mesmo que Natalia.

Capítulo XIV

Nicolau atópase no enterrro de Xulia, con moita xente de escuro traxeada. Apareceu a carroza fúnebre e todo o mundo agardou silencio. Un home choraba desconsolado. Cando el se achegou a xunto do home díxolle que agardara por eles que Xulia non querría que dexasen así ó seu amigo. Preguntouse por que non levara flores, como todo o mundo. De súpeto, o neno oíu detrás súa o seu nome. Deuse a volta e atopouse con Natalia. Non

Sabía qué facer. El bicouna e foron collidos da man ata á campa a deixa-las flores e choraron. Nese momento estaban os dous no mesmo mundo. Recordou a canción de David Bowie. Era só un señor guapo que cantaba moi ben, pero esa canción no morrería ó longo do tempo.

'Anagnórise; María Victoria Moreno'
MªVictoria Moreno (1941 - 2005)

María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941) estudou Filoloxía Románica en Madrid. En 1963 conseguiu unha praza de profesora interina no instituto Valle-Inclán, descubriu a súa vocación pola docencia, gañou as primeiras oposicións que se convocaron e estableceuse definitivamente en Galicia. Actualmente, xubilada como Catedrática de Literatura Española no Instituto Torrente Ballester de Pontevedra e casada co tamén escritor Pedro Ferriol, adícase a escribir e pescudar facetas da vida que en etapas anteriores lle estiveron vedadas polas obrigas familiares e laborais.
     A identificación de M.V. co noso país, coa súa cultura e coa súa fala foi tan intensa que de seguida aprendeu o galego e converteuno na súa lingua. A súa obra literaria goza dunha consideración que sobardou o ámbito galego, como o demostran as traduccións dos seus libros a outras linguas. Unha parte dela son contos e novelas dedicadas ao público infantil e xuvenil. Entre os seus títulos máis coñecidos figuran: Mar adiante, Novísimos da poesía galega, Leonardo e os fontaneiros, Festa no faiado, O cataventos, A brétema, Literatura século XX, Anagnórise —na lista de honra do IBBY de 1990—, Prosa e verso, As linguas de España, Eu non teño medo, Guedellas de seda e liño —White Raven, do Centro Internacional de Lectura de Munich, 2002—, Amigos de mil colores ou Diario da luz e a sombra, onde fai unha aposta pola esperanza dende a súa experiencia como enferma de cancro de mama. Como os pioneiros —Carlos Casares, Paco Martín— tivo un primeiro premio de "O Facho", en 1975.
     Os seus libros singularizan a María Victoria Moreno como unha das máis prestixiosas escritoras galegas, tanto en Galicia como no resto do país.




Descargar
Enviado por:Veronika Fernandez
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar