Literatura


Álvaro Cunqueiro


ÁLVARO CUNQUEIRO

INTRODUCCIÓN

Na praza da Catedral de Mondoñedo hai unha estatua en metal dun home sentado, en actitude relaxada, observando o monumento medieval. É Álvaro Cunqueiro, un dos máis coñecidos autores da literatura galega e clave para comprender a súa evolución neste século. Poeta, narrador, xornalista e mesmo ensaísta, Cunqueiro é coñecido por unha filosofía vital de home conversador, de verba e rísa fácil, contador de historias e fantasía desbordante.

ÁLVARO CUNQUEIRO

VIDA

Álvaro Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo o 22 de Decembro do ano 1911. O seu pai tiña unha botica en que con frecuencia se formaba unha tertulia onde se contaban historias de cazadores, menciñeiros...

Destas conversas e dos contos que lle narraban familiares seus parece ser que tomou Cunqueiro un especial gusto por escoitar e contar historias de tradición popular, que completou con moitísimas lecturas de mitos de literaturas moi diversas. Entre a galería de peculiares personaxes da cidade e as sotanas dos vellos cregos da cidade luguesa, Cunqueiro comenzaría a súa vocación literaria .

Nos anos trinta estudiou en Santiago de Compostela Filosofía e letras e colaborou coas actividades do Grupo Nós e do seminario de Estudos Galegos. O comezo da guerra provocoulle a interrupción da carreira, a demáis, esta non semellou interesarlle moito, porque pronto mudaríase ós cuarteis do xornalísmo, primeiro en Madrid e, a partir de 1974, en Galicia. Comezou como colaborador dun dos principais xórnales galegos da época, El pueblo Gallego, para pasar logo a ABC, do que sería subdirector, La Noche e Faro de Vigo, do que sería director.

Morreu en Vigo no ano 1981.

OBRA

A POESÍA COMO INICIO

Os seus inicios na literatura viñeron dados pola poesía. Antes da Guerra Civil, o creador de Mondoñedo xa tiña publicados tres libros de poemas en galego, obras intensas como Mar ao Norde (Santiago, 1932), Poemas do sí e do non (Lugo, 1933) e Cantiga nova que se chama ribeira (Santiago, 1933), inspirado este último no estilo, nas formas e nos temas dos trobadores da Galicia medieval, dentro dun estilo que se chamou neotrobadorismo.

Despois da Guerra Civil, coma sempre, a vida dos autores galegos vai dar un cambio fundamental. Cunqueiro comeza a empregar o castelán xunto co galego como vehículo de literatura. Co castelán como arma gaña o premio Nadal en 1968 con Un hombre que se parecía a Orestes, unha das súas obras máis coñecidas a nivel español, ou Viajes y fugas de Fanto Fantíni della Gherardesca.

Como pode observarse, antes da Guerra Cunqueiro escribiu só poesía e só en galego. Despois da Guerra o xénero máis cultivado foi a narrativa, usando tamén o español. Sen embargo, el considerábase, antes que nada, escritor galego:

“Eu vinme obrigado a facer periodismo e a escribir libros de narración en castelán (...) Eu non creo no bilingüismo. Sempre hai unha lingua de fondo e a miña é a galega”.

(Declaracións de 1980)

A NARRATIVA

Iniciouse na narrativa no noso idioma con Merlín e familia (Vigo, 1955) á que seguirán As crónicas do Sochantre (Vigo, 1956) ou a exótica Se o vello Simbad volvese ás illas (Vigo, 1961). Moitas das súas obras en galego provéñen do seu contacto con personaxes populares nos que se plasma a tradición oral galega, iso sí, tamizada polo peculiar estilo narrativo do autor e pola súa prodixiosa imaxinación.

A narrativa galega de Cunqueiro podemos dividila en dous grupos:

  • As novelas: Merlín e familia, Crónicas do Sochantre e Se o vello Simbad volvese ás illas. Son obras en que existe un débil fío argumental arredor do cal se van inserindo unha serie de historias fantásticas.

  • Non son novelas en que exista un argumento que sexa o centro de toda a narración. Nestas obras, o interese está máis nas historias que contan os personaxes que crea (ou recrea, ou parodia) o propio Cunqueiro.

  • Os libros de relatos: Escola de menciñeiros, xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes. Son retratos ou semblanzas de personaxes, maioritariamente, que Cunqueiro nos presenta, cunha deliberada confusión, como froito da súa imaxinación ou tomados da realidade. Son personaxes apegados á realidade, inseparábeis do seu marco espacial e temporal (a Galicia rural de mediados de século). Sen embargo, a capacidade de ensoñación, tanto do narrador como dos personaxes creados, transpórtanos simultáneamente a un mundo de misterio e de ensoñación, cheo de historias fantásticas en que podemos encontrarnos mesmo con animais que falan ou cunha muller que pon ovos.

  • O narrador sitúase ao mesmo nivel que os seus personaxes e chega a pór en cuestión a súa propia existencia.

    Cunqueiro pretende inserir estes relatos como unha continuación da tradición oral que el coñecía tan ben. Os personaxes son todos galegos e só abandonan o país cando marchan á emigración ou ao servicio militar. De ambos lugares traen un grande tesouro: historias que logo contan aos seus veciños.

    O TEATRO

    Na producción dramática de Cunqueiro podemos destacar dúas obras:

    • O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca. Foi escrita por Cunqueiro seguindo a tendencia europea do teatro de mitos (recrear mitos históricos que encarnaban algunha idea abstracta, facendo que a interpretación deses mitos se adaptase á sociedade actual). Cunqueiro toma o mito de Hamlet (príncipe histórico-lendario da Dinamarca do século I, que sería inmortalizado por Shakespeare) e fai del unha reinterpretación influido por Freud. Cunqueiro mestura o mito nórdico de Hamlet co clásico de Edipo e introduce substanciais variacións: Hamlet non é fillo do seu pai lexítimo, senón do seu tío, o asasino e usurpador do trono.

    Os personaxes están postos en situacións límite, sometidos a profundas dúbidas entre sentimentos enfrontados: o amor,ambición, a vinganza...

    • A noite vai como un río preséntanos un teatro claramente poético, lírico. O tema é o amor platónico duna dama en tempo de guerra, en espera dun amante inexistente non sendo na súa imaxinación.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS DA OBRA DE CUNQUEIRO

    • Fusión do mundo mítico co mundo cotián nun continuo proceso de

    mitificación e desmitificación e humanización do mito.

    • Parodia irónica de grandes obras da literatura universal.

    • Fondo sustrato humano, antropolóxico e etnográfico.

    • Confusión permanente de realidade e fantasía.

    • Uso duna lingua culta e coidada, xunto con influencias da lingua oral.

    • Coincidencia tráxica do paso do tempo.

    CONCLUSIÓN:

    Álvaro Cunqueiro é un escritor de mitos; continuamente a súa obra remite ós vellos libros de cabaleirías da época medieval, ás lendas artúricas e do Santo Graal de tanta raizame na nosa literatura da Idade Media. Pero Cunqueiro reinvéntaos; non fala do pasado, senón dun mundo e tempo que só é propio do seu traballo de creación. E isto tamizado por un profundo coñecemento da etnografía e gastronomía galega. Segue a ser empregado o seu libro A cociña galega (Vigo, 1973), paradóxicamente, un dos seus máis coñecidos a nivel popular.

    OBRAS

    POESÍA

    1932 Mar ao norte

    1933 Cantiga nova que se chama ribeira

    1933 Poemas do sí e do non

    1940 Elegías y canciones (en español)

    1950 Dona do corpo delgado

    1980 Herba aquí ou acolá

    NARRACIÓN EN GALEGO

    1955 Merlín e familia

    1956 Crónicas do Sochantre

    1960 Escola de menciñeiros

    1961 Se o vello Sinbad volvese ás illas

    1971 Xente de aquí e de acolá

    1979 Os outros feirantes

    TEATRO

    1956 Función de Romeo e Xulieta

    1958 O incerto señor don Hamlet

    1965 A noite vai como un río

    1974 Palabras de víspera

    NARRACIÓN EN ESPAÑOL

    1960 Las mocedades de Ulises

    1969 Un hombre que se parecía a Orestes

    1972 Vida y fugas de Fanto Fantini

    1974 El año del cometa con la batalla de los cuatro reyes

    1




    Descargar
    Enviado por:Carmela
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar