Literatura


A Esmorga; Eduardo Blanco Amor


TRABALLO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA:

A- Corrección dun texto a lingua estándar

B- Relación de preguntas

C- Comentario do libro de Blanco Amor “A Esmorga”

A-TRADUCCIÓN DUN TEXTO A LINGUA ESTÁNDAR:

O MAGOSTO

A noite de San Andrés

1crara como unha de 2vran

3c´un bó rebolo na man

e a 4chupa do 5rivés

eu iba 6á paso de can.

Co meu 7pau 6bá cangalleiro

caído á teima o chapeu

8atrujei de tal maneira

que 9tembrou a carballeira

soando 10ó 11atrujo meu.

Aló na beira do río

12oyeuse outro forte atrujo

e 14dimpois un asubío:

era Alberte o Carruxo

que anda de noite ó recío.

1º- Crara por clara; Vulgarismo, sustitución consonántica da -l pola -r

quizais xerado pola influenza da fala.

2º- Vran por verán; Vulgarismo por síncopa. Dialectalismo, variante do

galego oral. Solución (oral) do sufixo -ano en -an e supresión da vocal

-e que forma a primeira sílaba.

3º- C´un por cun; Arcaísmo gráfico, representa unha contracción propia

da lingua falada, pero non escrita.

4º- Chupa; termo que non pertence á lingua galega senón á lingua castelá.

Este uso coñécese por castelanismo.

5º- Rivés por revés; Vulgarismo, vacilación vocálica, sustitución do -e

polo -i , esta úlima vocal pechada.

6º- Á por a; En galego os monosílabos non se acentúan a menos que se

trate dunha contracción ou con finalidade diacrítica, o cal non é o caso.

(igual que caso 6b)

7º- Pau por pao; vulgarismo por vacilación vocálica, sustitución da vocal

aberta -o pola vocal pechada -u.

8º-Atrujei por aturuxei; Castelanismo-vulgarismo,a palabra aturuxo sufre

neste caso unaha variación doble, vulgarismo na síncopa dunha vocal,

a -u pertencente á segunda sílaba; e castelanismo polo uso da -j no

no sitio da -x que é a correcta e propia da lingua galega.

9º- Tembrou por tremeu; Castelanismo-vulgarismo,uso dun termo de raíz

castelá que mediante vulgarismo (sust. consonántica -r por -l ) se

asemella á lingua galega pero que ven sustituíndo ó termo galego.

10º- Ó por o; mesmo caso que no 6º,pero co artigo en 3ª persoa masc.sing.

11º- Atrujo por aturuxo;mesmo caso que no 8º pero no propio sustantivo.

12º- Oyeuse por oíuse; castelanismo, alteración da forma verbal oíuse

incluíndo no sitio da vocal -i a suma de -y mais -e , adquirindo un

ton castelanizado. Tendo en conta que o -y non forma parte do

abecedario galego.

B-RELACIÓN DE PREGUNTAS;

1º- Cite tres nomes de editoriais galegas na actualidade:

Edicións do cumio, Xerais, Galaxia.

2º- ¿En qué ano morreu Blanco Amor?

1979

3º- ¿Onde repousan os restos de Castelao?

No Panteón de galegos ilustres, Santiago de Compostela

4º- ¿Quen fundou a revista Nós?

Antón Losada Diéguez

5º- ¿Quen escribiu “A Esmorga”?

Blanco Amor

6º- ¿Cómo recoñecemos as cantigas de amigo?

Pola representación da palabra “amigo” (referente ó amado), e

por estar postas en boca dunha muller.

7º- ¿Ademáis das cantigas de amigo que outras hai?

Cantigas de amor e de escarnio e maldicir.

8º- ¿Qué dous grandes tipos de cantigas de amor hai?

De mestría e de refrán.

9º - ¿Qué nomes recibían os poetas de lírica galega medieval?

Trobadores, xograres e segreis.

10º- Escribe algún nome de escritores dos Séculos Escuros:

Martín Torrado, Frai Martiño Sarmiento, Frai Benito Feijoo.

11º- ¿Qué nome lle damos a literatura que florece nos Séculos

Escuros?

Ilustración.

12º- ¿Qué dous libros escribiu en galego Rosalía de Castro?

Cantares Gallegos e Follas Novas.

13º- ¿En qué ano se publica Follas Novas?

1880

14º- ¿Cal é a primeira creación en galego de Pondal?

A Campana de Anllóns.

15º- ¿En qué publicación aparece escrita?

En el albúm de la caridad.

16º- Pondal pretende dignificala nósa lingua, ¿cómo?

Fuxe dos vulgarismos e emprega cultismos varios.

17º- Nomes doutros escritores que xunto con Pondal acadan o

máximo nivel de esplendor no Rexurdimento?

Rosalía de Castro e Curros Enríquez.

18º- Nomea escritores Precursores do Rexurdimento:

Xoan Manuel Pintos, Manuel Murguía, Marcial Valladares,

Francisco Añon.

19º- Catro títulos da obra de Otero Pedrayo:

Os camiños da vida, Devalar, Arredor de sí, Fra Vernero.

20º- ¿Qué escritores integran o grupo Nós?

Vicente Risco, Otero Pedrayo, Lopez Cuevillas, Castelao

21º- ¿En qué libro está recollida a obra de Noriega Varela?

Do Ermo.

22º-En 1863 sucede un feito que abre o horizonte de esperanza

para a nosa lingua e cultura:

Aparece en Vigo Cantares Gallegos.

23º- ¿En qué ano e onde naceu Castelao?

En Rianxo en 1886.

24º- Dí da maneira mais breve posible o por qué dos Séculos

Escuros:

Unificación da España dos Reis Católicos. A lingua

convértese no idioma do poder; o castelán de Castilla.

25º- Cita títulos de obras de Ramón Cabanillas:

No desterro, Vento mareiro, O sono do rei Artur,

A espada escalibor, O cabaleiro do Santo Grial.

26º- ¿Quén escribui “De catro a catro”?

Manuel Antonio.

27º- Autores da poesía no exilio:

Emilio Pita, Luís Seoane, Lorenzo Varela.

28º- ¿En qué ano se publica “O divino Sainete”?

1888, Coruña.

29º- Define brevemente Diglosia:

A situación de convivencia desequilibrada entre dúas linguas

en contacto, na que unha se utiliza para os usos de prestixio,

e a outra para usos de pouco rango.

30º- ¿De qué ano data a colección bilingüe de vinteun poemas

con título “Rumores de los pinos”/”Queixumes dos

pinos”?

1877.

C-COMENTARIO DO LIBRO DE BLANCO AMOR “A ESMORGA”

1º- A Esmorga:

O libro publícase no ano 1959; é a primeira obra narrativa de Blanco Amor en galego. Ademais de ter unha importancia significativa na historia da literatura galega, supón a introducción na literatura galega do mundo da marxinación que ata entón recibira un tratamento folclórico ou costumista.

A obra esta fortemente vencellada ó Neoclasicismo pero os críticos sinalan ademáis a influencia da narrativa hispano- americana (sobre todo no tocante á técnica narrativa), da tradición narrativa galega (directa), e incluso algúns da tradición picaresca española.

Trátase dunha novela Neorrealista de postguerra; presenta unha descripción da realidade social, económica e cultural dunha época da historia de Galicia. Atopa paralelismo co realismo social español (La Colmena o Tiempo de silencio).

O realismo queda patente cando menos nos contidos explícitos e, como non, na intención do autor.

2º- Voces narrativas e estructura:

Distínguese dúas voces narrativas:

-narrador~autor

-narrador~protagonista

-Narrador~autor:

O narrador correspondese co autor, narra en primeira persoa e aparece só o comezo e remate da novela.

Abrese paso na “documentación” para presentarnos as fontes de donde se parte, que nos sitúan no marco temporal e espacial:

a-fontes de carácter oral: o alguacil, o seu tío, un xastre...

b-fontes de carácter escrito: papeis procesais, boletíns,...

-Narrador~protagonista:

O protagonista “declara” o acontecido co Bocas e o Milhomes, dende o seu encontro no capítulo 1º ate a detención do prpio Cibrán.

Os feitos preséntanse mediante un recurso coñecido como “técnica telefónica”, deste xeito o lector vai coñecendo a historia a través da narración dun indivíduo.

Esta técnica narrativa pódese atopar en autores como Albert Camus “a Caída”.

Deste podemos estructurar a novela do seguinte modo:

ESTRUCTURA VOCES NARRATIVAS

Documentación Narrador-autor

Relato (cap. I-V) Narrador-protagonista

Nota epilogal Narrador-autor

(final cap. V)

3º- Espacio:

A Esmorga é unha novela itinerante, o cambio contínuo de escenario a causa dos sucesos acontecidos o sábado anterior.

O itinerario a urbano, os proagonistas convértense en heroes individuais e mínimos, non se enfrontan a perigos do medio natural, senón ós perigos derivados da propia organización da sociedade que simboliza a áurea da novela.

O propio sistema obrígalles a defenderse de maneira constante dende que se lles vai das mans a primeira situación, non esperan comprensión, saben que non a hai.

Atópanse nun círculo pechado, mais ben, nunha espiral.

4º- O tempo:

Dous tempos:

-Os dous días: que dura a declaración de cibrán

-As 24 horas: de esmorga

Por outra banda faise referencia a un 3º tempo na Documentación, distante do relato aludindo a uns feitos a 90 anos dos sucesos da novela,... o redor de 1810.

5º- Os personaxes:

Nunca se empregan nomes, senón alcumes (para referirse ós personaxes), isto constitúe en certo modo o ton da novela ademais de, dun xeito indirecto, perfilar as características psicolóxicas dos personaxes (o seu papel dentro da acción da novela).

-Cibrán:

Narrador da historia, imprescindible no relato, contrapónse ó xuiz polo discurso, é unha voz coa que nos chegamos a indentificar-solidarizar, mentres que o xuiz, o mundo sen voz, xa de por sí se alonxa do noso corazón.

Caracterízase de forma indirecta, pobre, fillo de emigrante, sufre unha doenza mental (o pensamento), traballa de peón,

firme mostra da situación do proletariado galego de postguerra.

-Milhomes:

Alcume referente en ton irónico á súa homosexualidade, home de actitude burlesca, orixe de moitas pelexas entre eles.

-O Bocas:

Referncia directa ó seu mal carácter e a súa envergadura, bruto, corpulento. Xefe do grupo de esmorgantes. Teimudo e terco, tendente á depresión. Leva unha estraña relación co Milhomes, de amor-odio, complicidade. Camiñan xuntos cara a morte e iso vainos transformando.

-O xuiz:

Descoñecedor da realidade galega (¿interesado por saber?),

Interlocutor mudo, aplica unhas leis que non poden aportar nada a un tipo como Cibrán.

-Personaxes secundarios:

A mala situación fainos egoístas, individualistas, alí atopan algo de liberdade.

A Esmorga sitúase no ámbito da análise psicolóxica duns personaxes inmersos nunha situación ambiental extrema.

A novela adquire un carácter burlesco de ironía triste polo ambiente carnavalesco e depresivo reinante.

LINGUA E LITERATURA

GALEGA




Descargar
Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar