Xeración o Grupo Nós
Literatura española y gallega contemporánea del siglo XX. Cenáculo ourensán. Martínez Risco. Otero Pedrayo. López Cuevillas. Rodríguez Castelao

- Xeración o Grupo Nós
Ficha resumen del documento - Xeración o Grupo Nós
Versión PDF - Xeración o Grupo Nós
Versión para descargar
ÍNDICE
1 ÍINDICE
2 INTRODUCCIÓN
3 OBXETIVOS DA XENERACIÓN NÓS
3 AUTORES QUE PARTICIPARON NA REVISTA NÓS
4 O CENÁCULO OURENSÁN
5 A REVISTA NÓS
6 CONTRIBUCIONS DO GRUPO NÓS
No plano político
No plano científico
No plano literario
No plano narrativo
7 O GRUPO NÓS A PARTIR DA 2ª REPÚBLICA
8 VICENTE MARTINEZ RISCO E AGÜERO
Puntos a ter en conta na súa biografía
Obra narrativa
Producción ensaística
Producción teatral
11 RAMÓN OTERO PEDRAYO
Breves notas biográficas
Obra narrativa
O ensaio
O teatro
14 FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
Datos biográficos
Obra
15 ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO
Datos biográficos
Obra narrativa
O teatro
Ensaio
17 BIBLIOGRAFÍA
18 AUTORES
1
INTRODUCCIÓN
Coñecese co nome de xeración Nós, ó grupo de escritores que en 1920 fundaron a revista do mesmo nome, e que eles mesmos rexeron ata 1936.
O grupo ourensán da xeración do tempo das Irmandades conferiu á cultura galega unha altura intelectual que non tivera ata entón.
O nome Nós foi elixido por Castelao e foi o mesmo Castelao o que ostentou o título de director artístico de Nós e diseñou as tapas da revista. Pero segundo outros autores, dise que foi Risco quen escolleu este título como homenaxe a Castelao.
O nome de Nós xa aparece con anterioridade nun diario da Coruña chamado "El Noroeste" que desde 1918 víñase publicando co nome de Nós. A predela da revista ten uns monstruos do Pórtico da Groria que encabezarán tamén a primeira páxina do Nós ourensán.
Nun primeiro momento, as inquedanzas do Cenáculo Ourensán non tiñan nada que ver cos ideais defendidos polas Irmandades da Fala. Sen embargo, ou pouco despois, os tres membros do grupo, inducidos por Lousada Diéguez, adhírense á causa colectiva defendida polas Irmandades da Fala e entran de cheo no Galeguismo.
Foi tal a importancia da revista no campo das letras galegas que o seu mesmo título serviría para nomear e singularizar a un grupo de homes (Vicente Risco, Otero Pedraio, Cuevillas e Catelao) que colaboraron na súa elaboración e levaron a cabo a transformación da cultura galega das primeiras décadas do século XX.
2
OBXETIVOS DA XERACIÓN NÓS
Os homes da Xeración Nós despois dunha viaxe polo mundo da cultura europea do seu tempo e á busca de temas exóticos descobren abraiados que Galicia e a súa xente constitúen a máis apaixonante aventura intelectual, este descobremento do seu país levara a Risco, Otero e Cuevillas a un traballo en equipo a prol do estudio, desenrolo e dignificación da realidade galega, conectándoa directamente con Europa nun afán de modernización e de superación do aillamento rural da literatura galega. Conxugarán enxebrismo e europeización da cultura galega.
Estes obxetivos poderíanse sintetizar no seguinte:
Sentimento de ter unha tarefa que cumplir, crear para sempre a cultura galega. É a primeira vez na historia da literatura galega que atopamos un grupo que propón colectivamente organiza-la restauración da cultura galega, creando órganos de expresión propia e participando nas loitas pola defensa do idioma.
AUTORES QUE PARTICIPAN NA REVISTA NÓS
Faremos aquí unha distinción entre Grupo Nós e Xeración Nós:
- Atendendo á formación e evolución ideolóxica dos distintos autores, considérase que forman propiamente o Grupo Nós : Otero Pedraio, Vicente Risco e Florentino López Cuevillas, coñecidos coma os homes do Cenáculo Ourensán.
- Atendendo á participación e colaboración dos autores da Revista Nós, consideraríase dentro da Xeración Nós a aqueles homes nados entre 1880 e 1890 que colaboraron na revista; deste xeito, ademáis dos autores xa citados que constitúen o grupo homoxéneo do Cenáculo Ourensán, incluiríanse na xeración, homes como Lousada Diéguez, Cabanillas e Castelao.
No primeiro número da revista Nós dase como director a Vicente Risco, como xerente a Arturo Nopuerol, como redactor xefe a Xabier Prado, como secretario de redacción a Xulio Gallego. Figuran como redactores: Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao, Antón Lousada Diéguez, Ramón Otero Pedraio e Florentino L. Cuevillas.
3
O CENÁCULO OURENSÁN
Coñecese co nome de Cenáculo Ourensán, o grupo formado por Risco, Cuevillas e Otero Pedrayo, que constitúen a célula viva e representativa da Xeneración Nós.
Estes tres autores nados en Ourense, amigos xa desde a infancia e cunha formación intelectual común, teñen unha traxectoria vital e espiritual semellante.
Os homes do Cenáculo Ourensán antes da súa chegada ó Nacionalismo, non sentiron ningunha preocupación polos problemas de Galicia e a súa cultura.
Na cidade natal, na que volven a coincidir na segunda época de século XX, viven os seus anos mozos mergullados no que se podería chamar a "boa sociedade". Así mensmo colaboran na dirección e redacción da revista "La Centuria", fundada por Risco no 1917.
Nestes anos de mocidade a súa inquedanza intelectual era allea por completo á temática da súa terra. Todos eles sentíanse inconformistas, insatisfeitos e cheos de rebeldía.
Como manifestaría Risco no seu ensaio "Nós, os inadaptados" eran partidarios do lonxano, do descoñecido, o medio que os rodeaba non os compracía e trataban de fuxir de todo o que supuxera vulgaridade e cousa común.
Manifestaban a súa rebeldía arredandose espiritualmente da sociedade, das súas tendencias e dos seus problemas. As vivencias da primeira etapa do Cenáculo Ourensán e a traxectoria pregalegista dos escritores que forman o grupo coñecido como Grupo Nós quedaron reflectidas en tres obras significativas para o coñecemento da evolución ideolóxica destes autores:
- Nós, os inadaptados, de Vicente Risco.
- Arredor de sí, de Otero Pedrayo.
- Dos nosos tempos, de Florentino L. Cuevillas.
4
A REVISTA NÓS
A revista empezou imprimíndose nos talleres do diario La Región de Ourense ó mando de Xosé Mª Cid, un experto tipógrafo. Débese a él a concepción dos quince primeiros números, publicados entre os meses de Outubro de 1920 e Xaneiro de 1923.
Os tres seguintes realizáronse en Pontevedra na imprenta de I. Poza Covas. A revista interumpiuse entonces por razóns económicas, facéndose cargo dela o impresor A. Casal que rexía na Coruña na editorial Lar. Despois reanudouse a súa publicación o 25 de Xullo de 1925, data na que apareceu o número 19. Dende entón e hata o número 87, Nós imprimiuse na Coruña.
Cando Casal se trasladou a Santiago en 1931, a revista emigrou tamén con él, quedando establecida definitivamente nesta última cidade onde se publicaron os números restantes, dende o 88 ó 139-144.
Na revista Nós, podemos distinguir duas etapas ben definidas: Unha primeira que comprende os 18 primeiros números e outra que chega ata o final.
A revista Nós ten un marcado caracter literario moi semellante á linea de "A Centuria" que coincide coa etapa na que Vicente Risco ainda exercía de director.
Na segunda etapa empezou a ter un carácter marcadamente científico, con moitos traballos arqueolóxicos e etnográficos.
Dende o principio, a revista Nós que naceu como boletín cultural, propúxose a modernización da cultura galega e despois do período de decadencia que seguiu a plenitude do renacemento romántico, moi apegado o ruralismo. Ó mesmo tempo Nós quixo poñer a Galicia en relación con outras comunidades espiritualmente apegadas como Irlanda ou Portugal.
A literatura e os autores consagrados polo independentismo irlandés tiveron gran importancia nas páxinas da revista Nós, e grandes escritores portugueses estiveron entre os seus colaboradores ou mererceron unha grande atención dos responsables da revista.
5
CONTRIBUCIÓNS DO GRUPO NÓS
Os homes da Xeración Nós fixeron unha aportación moi importante á cultura galega.
No plano político: Vicente Risco fai unha definición teórica do Nacionalismo Galego, no seu ensaio "Teoría do nacionalismo galego", noque exalta o ser de Galicia como nación a través da lingua, da terra e da raza.
Os integrantes da Xeración Nós participarán na formación do Partido Galeguista e defenderán a Galicia nas Cortes Republicanas a través dos deputados Otero Pedrayo e Castelao. Tamén serán protagonistas destacados no desenvolvemento de múltiples accións que levarán á elaboración do Estatuto de Autonomía.
No plano científico: É importante a elavoración de obras ensaísticas en galego, deste xeito quedará de manifesto que a nosa lingua podía se-lo vehículo de expresión non só de obras de creación literaria, senón tamén científicas.
Neste plano podemos destacar os traballos de Risco sobre Etnografía, os ensaios de Otero Pedrayo sobre Historia, Xeografía e paisaxe galega, e os estudios de Cuevillas sobre a Prehistoria Galega e a Arqueoloxía.
No plano literario: Os homes de Nós souberon crear unha prosa que se integra nas correntes da cultura galega universal. A prosa vai a ser un instrumento apto para a difusión científica e para a creación literaria.
No plano narrativo: Hai que ter en conta que ata a publicación da obra narrativa dos homes do grupo Nós, a prosa galega non tivera un cultivo literario importante; vai ser esta xeración a que consolide a prosa, que ata entón soamente dera os seus primeiros pasos. Os homes de Nós, que eran fundamentalmente narradores e ensaístas, escribiron tamén teatro, como mostra do seu polifacetismo. As súas obras teñen un carácter máis literario que escénico, é dicir, están pensadas máis para ser lidas que para ser representadas.
6
O GRUPO NÓS A PARTIR DA 2ª REPÚBLICA
Despois da paréntese da Dictadura na que os homes de Nós seguen a traballar na revista e no Seminario de Estudos Galegos, fúndase no 1931 o Partido Galeguista. Preséntanse ás eleccións Risco e Otero Pedrayo, pero só Otero sairá elixido deputado.
O integrarse o Partido Galeguista no Frente Popular, Risco abandoará o partido e fundará a Dereita Galeguista.
Otero Pedrayo pola contra manifestará a súa oposición á integración no Frente Popular pero seguirá nel por fidelidade ó Galeguismo.
Durante a Guerra Civil, e ata o final da sua vida, Otero Pedrayo seguirá fiel ó Galeguismo Culturalista, fronte ó Franquismo, converténdose nun símbolo para moitos homes de Galicia.
Vicente Risco sométese ó Franquismo, o que provocará a crítica de moitos sectores que non comprendían a súa postura.
Castelao confesará con tristeza a Otero Pedrayo: "Cando volva a Galicia e atope a Risco, doulle unha labazada, e cúspolle nun ollo..., pero despois, recólloo non brazos, érgoo e doulle unha aperta, e póñome a chorar con él ¡debémoslle tanto...!"
7
VICENTE MARTÍNEZ RISCO E AGÜERO
PUNTOS A TER EN CONTA NA SUA BIOGRAFÍA
Naceu en Ourense no ano 1884.
Cursa a carreira de dereito na Universidade de Santiago.
Ingresa na Delegación de Facenda de Ourense.
Viaxa a Madrid e matriculouse na Escola Superior de Maxisterio.
Regresa a Ourense como profesor de Historia da Escolar Normal.
En 1917 funda a revista "La Centuria".
A fin deste ano ingresa nas Irmandades da Fala.
En 1920 funda con outros escritores a revista Nós.
No ano 1930 viaxa a Centroeuropa para estudiar etnografía e folclore. Desta experiencia publicou unha serie de crónicas na revista Nós, que recolleu mais tarde na obra "Mitteleuropa".
No ano 1931 funda con Otero Pedrayo o Partido Nacionalista Republicano que conflue máis tarde no Partido Galegista. Risco abandona o partido ó integrarse no Frente Popular e funda en Ourense a Dereita Galegista.
Morreu en Ourense no ano 1963
OBRA NARRATIVA
A narrativa de Risco ten unha grande carga ideolóxica, polo que o límite entre o ensaio e a novela non está en absoluto definido. A novelas reflecten a inquedanza do ensaísta e os ensaios son boquexos de novelas.
A súa obra narrativa é unha sátira da sociedade ou ben nela faise unha loubanza da cultura en xeral ou de calquera forma desta en particular.
As notas que caracterizan a obra de Risco son a precisión e a xustiza na expresión, a claridade, a síntese, o humanismo e a ironía.
8
Do caso que lle aconteceu ó Doutor Alveiros (1919)
É a sua primeira obra narrativa. O Doutor Alveiros vive unha extraña aventura co mundo dos mortos. Logra liberar á momia de Tutankhamon das súas vendas da Danza Macraba.
É unha narración humorística con outras críticas ás materias ocultistas.
O lobo da xente e A Trabe de ouro e aTrabe de Alquitrán (1925).
Publicadas na colección Lar, son duas narracións breves de caracter popular nas que Risco utiliza os seus profundos coñecementos de etnografía. A primeira trátase dunha invencción sobre a lenda do lovihome. Na segunda mezcla unha serie de motivos como os celtas, os mouros, o cego que é difusor do folclore, ... etc.
A Coutada (1916).
É un diálogo filosófico. O protagonista, que vive miserablemente nunha vila, conversa coa muller para representar á "Coutada", casa herdada, que simboliza a adhesión á terra, na que encontrará a felicidade.
Os europeos en Abrantes (1927)
Da que Risco só publicou uns capitulos en Nós. É unha sátira de lugares e persoas da vida ourensá.
O porco de pé (1928)
A obra amósanos unha visión satírica dos personaxes que fican reducidos a simples caricaturas, é un escarnio das escrituras sociais ourensás. A novela é coma unha síntese do pensamento de Risco.
PRODUCCION ENSAÍSTICA
Nós, os inadaptados (Nós, 1933)
Neste ensaio, Risco estudia a evolución ideolóxica do seu grupo xerneracional. Estas páxinas son de especial importancia xa que poñen de manifesto os gustos literarios e artísticos do grupo ourensán.
9
Teoría do nacionalismo galego
Obra na que pretende ensalta-lo ser de Galicia a través da lingua, da terra e da raza.
Mitteleuropa (1934)
Dános a coñecer ó propio Risco que se retrata caricaturizandose. Nesta obra, xa se percibe o desencanto pola dirección que tomaba o movemento galegista.
Leria (1961)
É unha colección de textos que recollen ensaios como O sentimento da terra na raza galega, Nós, os inadaptados, Dédalos en Compostela, etc...
PRODUCCIÓN TEATRAL
Vicente Risco é o productor dunha soa obra teatral.
O bufón de El Rey (1928)
A acción desenrolase na época medieval, vista a través das ficciós artúricas.
10
RAMÓN OTERO PEDRAYO
BREVES NOTAS BIOGRÁFICAS
Nado en Ourense en 1888.
Cursa o Bacharelato no Instituto desta cidade e pasa despois a Santiago onde estudia Filosofía e Letras, que rematará en Madrid, onde se licencia en Dereito e doutorase en Filosofía.
De volta en Ourense vencellase ó grupo dos "Inadaptados".
Colabora en "La Centuria" e, finalmente chega ó Galegismo en 1918.
Ingresa como profesor de Xeografía e Historia no corpo de catedráticos de Instituto, exercendo a docencia en Burgos, Santander e Ourense.
No seo das Irmandades incorpórase ás actividades do Seminario de Estudos Galegos formando parte do Partido Nacionalista Republicano, conseguindo a acta de deputado pola provincia de Ourense nas cortes constituintes de 1931. Posteriormente integrase no Partido Galegista.
Deposto da súa cátedra ó estoura-la Guerra Civil adxudicaráselle a de Xeografía da Universidade de Santiago.
Morre no Pazo de Trasalba en 1931.
OBRA NARRATIVA
O estilo de Otero Pedrayo é máis oral que literario, é decir, o ritmo expresivo e a sintaxe responden as peculiaridades da expresión oral, o que lle aporta unha grande espontaniedade. Outro rasgo fudamental é o protagonismo da paisaxe que comparte co home e a grande capacidade evocadora, que lle permite infundir vida ó pasado.
Pantelas, home libre (1925)
Marca o inicio da carreira narrativa de Otero Pedrayo. Pantelas, o protagonista, regresa a súa terra despois de doce anos no cárcere tinxidos pola lembranza da paisaxe natal.
11
O purgatorio de Don Ramiro (1926)
Ten como protagonista o esqueleto dun fidalgo e como terra a vida de ultratumba.
Escrito na nevoa (1927)
Esta obra é como un boceto de Arredor de sí.
Os camiños da vida (1928)
É a primeira novela de Otero Pedrayo. Divídese en tres partes: Os señores da terra, A maorazza e O estudante.
Arredor de sí (1930)
Nesta obra Otero Pedrayo retrata a sua xeración ( a conversión dos homes do grupo Nós o Galegismo) e, sobre todo, retrátase a sí mensmo na figura do protagonista.
Fra verneo (1934)
É a única novela que non fai referencia á temática galega
A romaría de Xelmirez (1934)
É unha novela histórica de asunto medieval
Devalar (1935)
O protagonista desta novela é Galicia. A Galicia de preguerra dos tempos do Seminario de Estudos Galegos.
O Mesón dos ermos (1936)
Os seus valores máis destacables son os relatos realistas da vida da aldea e a descripción da paisaxe con unha riqueza expresiva inusitada.
ENSAIO
Otero Pedrayo é un escritor no que non se dá unha delimitación de fronteiras entre os distintos xéneros literarios.
A obra de Otero como ensaista ten como centro a Galicia. Formula unha nova
teoría, unha nova visión espacial e temporal da terra galega.
12
Pelerinaxes (1929)
Ten como base o relato da viaxe que emprendeu con Risco e Fernandez Oxea a San Andrés de Teixido.
Guía de Galicia (1926) e Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939)
O primeiro é unha interpretación cultural e Histórica de Galicia.
O segundo traza unha síntese do desenrolo histórico-cultural de Galicia.
Polo vieiro da saudade (1952)
É unha crónica da primeira viaxe que realizou a América en 1947.
O espello no serán (1966)
É unha recolleita de prosas composteláns, glosas de momentos, vivencias e lugares da cidade xacobea.
O TEATRO
A Lagarada (1929)
Trátase dunha traxedia dionisíaca na que a vendimia e o viño fan agroma-las paixóns mais elementais: a cobiza e a luxuria.
O desempano do pioiro (1952)
É unha peza humorística que ten como asunto a implantación da industria dos cadaleitos no ribeiro.
Noite compostelana (1973)
Trátase dun diálogo ateigado de lirismo e de símbolos e probablemente non pensado para a escena.
13
FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
DATOS BIOGRÁFICOS
Naceu en Ourense no ano 1886
Licenciase en Farmacia pola Universidade de Santiago, pero non chegou a exerce-la súa profesión.
Ingresa como funcionario na Delegación de Facenda de Ourense.
Ingresa nas Irmandades da Fala no ano 1918.
Colabora no Seminario de Estudos Galegos como xefe da sección de Prehistoria.
Morreu en Ourense no ano 1956
OBRA
Toda a súa obra amosa, unha profunda preocupación por Galicia e a súa xente. Cuevillas destaca polo seu traballo de investigador. Ainda que tamén cultivou a prosa e o ensaio literario, onde a personalidade de Cuevillas acada a súa meirande dimensión é na tarefa de investigador.
Dos nosos tempos.
É a historia da evolución intelectual dos homes do grupo Nós.
Prosas Galegas (1962)
É unha escolma de traballos: Estudios (Como nacen na cidade de Ourense, Relacións prehistóricas entre Galicia e as Illas Británicas), ensaios (As raíces fondas de Galicia), creacións literarias (O Trasno na vila, O poema da seca), semblanzas de escritores (Curros, Lamas, Castelao, Otero Pedrayo) e textos arquelóxicos.
14
ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO
DATOS BIOGRÁFICOS
Naceu en Rianxo en 1886, ata que á idade de 10 anos emigra a Arxentina.
De regreso, catro anos mais tarde, estudiará en Santiago o Bacharelato e a carreira de Medicina.
No ano 1916 ocupa unha praza do "Instituto Geográfico y Estadístico" o que lle permitiú adicarse a outras ocupacións que configuran as distintas facetas de Castelao.
Deixa a Medicina ("Fìxenme médico por amor á humanidade").
Castelao achégase ó movemento galeguista e nel participa activamente coas Irmandades da Fala ó tempo que expón debuxos, dá conferencias e colabora na prensa da época.
Asume a dirección artística do Grupo Nós.
Coa proclamación da II República, nas filas do Partido Galeguista, é elexido deputado pola provincia de Pontevedra. participa especialmente a prol da conservación do Estatuto de Autonomía para Galicia.
No ano 1946 é nomeado ministro do goberno da República no exilio.
Morrreu en Buenos Aires en 1950 e foi enterrado no panteón do Centro Galego.
OBRA NARRATIVA
Un ollo de vidrio. Memorias dun esqueleto (1922)
Obra coa que se consagra como literato de humor e como estilista. Nas páxinas de Un ollo de vidrio atopamos xa as preocupacións de Castelao. O asunto macabro desta obra xa fora tratado en anterioridade por Risco.
15
Cousas (1926)
É o conxunto de prosas con ilustracións publicadas con anterioridade na prensa. Cada cousa leva unha ilustración que complementa o texto. Nas cousas pódense identificar lugares, tempos e tipos que o autor combinaba nos relatos. A cousa constitue a fórmula mais orixinal e característica de Castelao.
Retrincos (1934)
Conxunto de cinco contos: O Segredo, O inglés, Peito de lobo, O retrato e Sabela.
Retrincos representa o cume da narativa de Castelao, preséntase como relatos autobiográficos que recollen cinco momentos da vida de Castelao, ordenados cronolóxicamente.
Os dous de sempre
E a única novela de Castelao, cóntanos aventuras dos protagonistas, Pedriño e Rañolas. A novela é unha biografía paralela dos dous personaxes. Cada capítulo leva unha ilustración do propio Castelao.
O TEATRO
Os vellos non deben de namorarse (1941)
E unha farsa estreada en Buenos Aires, segundo Castelao: "E unha obra imaxinada por un pintor, non por un literato". E unha traxicomedia de carácter didáctico. O mesmo Castelao diseñou os figuróns dos seus personaxes, as maquetas, e deu instruccións para a montaxe.
ENSAIO
Sempre en Galiza (1944)
O labor ensaístico de Castelao vén representado principalmente por este libro. A mais do valor como ideario do Galeguismo, ten valor literario. Nela aparece unha interpretación da historia de Galicia e está dotado dunha significación simbólico-patriótica que posibilita unha interpretación sobre a situación de Galicia no momento en que a obra foi escrita.
16
BIBLIOGRAFÍA
Gran Enciclopedia Galega
Varios autores
Silverio Cañada Editor
Santiago 1974
Historia da literatura Galega Contemporánea
Ricardo Carballo Calero
Ed. Galaxia
Vigo 1975
Literatura 3º B.U.P
Xesús Rábade Paredes e outros
Ed. Galaxia
Vigo 1985
17
18
A
XERACIÓN NÓS








