Xeografía humana

Geodemografía. Demografía. Población. Política democrática. Gobierno. Población rural. Población urbana. Morfología agraria

  • Enviado por: Martiño
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 22 páginas
publicidad

Xeografía humana ( resumo )

Tema 1

Xeografía humana: Estuda a organización do territorio a partir dos grupos humanos ao longo do tempo transformando a natureza.

As raíces da Xeografía moderna están na Alemaña do s. XIX. Destacan os seguintes xeógrafos:

  1. Humbolt era un naturalista con formación de físico e economista. Fai progresar ramas da xeografía como a climatoloxía. “O Cosmos”
  2. Precusor da xeografía física ao igual ca Humbolt. “ Xeografía Xeral Comparada”
  3. Ratzel, fundador da xeografía humana. Propón o determinismo, cre que as accións do home están determinadas polo medio e polas leis xerais da fisica. Isto impide a separación da física e da humana.
  4. Vidal de la Blache formou a Escola Xeógrafa Francesa. Propón o positivismo, o home non está totalmente dependendo das condicións do medio. Xunto con Vidal sentaron as bases da xeografía humana.

Na xeografía actual aséntase sobre 5 teses:

  1. Diferenciación espacial
  2. Paisaxe
  3. Tema xeométrico
  4. Relación home- medio ( positivismo e determinismo )
  5. Distribución espacial dos fenómenos que ocorren na superficie terrestre.

Tema 2

  1. A xeodemografía é unha disciplina dentro da xeografía humana que se constitúe a partir de 1950 e oriéntase cara o estudo específico da poboación. Xorden 2 orientacións: a primeira que recolle as pegadas do pasado e unha segunda que estuda os contrastes entre os lugares.Esta disciplina presenta 3 problemas:
  • O problema da definición de xeodemografía
  • O espazo que ocupa esta dentro da xeografía
  • Un 3º, é a delimitación do campo da xeodemografía.
  1. As fontes demográficas
  1. Fontes demográficas históricas:
  • Recontos xerais de poboación ( censos de poboacións actuais )
  • Listas de veciños ( Padróns municipais )
  • Rexistros parroquiais

Contamos con 2 fontes indirectas e directas, indirectas:

  • A recadación de impostos
  • A dimensión dos exércitos
  • Unha epidemia

Directas:

  • Os recontos xerais, precedentes dos censos actuais.
  • As listas de veciños a escala municipal.
  • Rexistros parroquiais ( bautizos, matrimonios e defuncións )
  1. Fontes contemporáneas
  • Os censos de poboación, aplícanse á toda a poboación dun país nunha data determinada.
  • Os padróns municipais, recontos de poboación por concellos. O censo é secreto sen embargo o padrón é público.
  • Rexistros civís, rexistran a todo o mundo.

Tema 3

Crecemento e evolución da poboación mundial

A poboación mundial cífrase en torno aos 6.500.000.000 habitantes. E preverase que continúe incrementándose. Os responsables deste aumento son e serán os países subdesenrolados.Existen 2 grandes fases no desenrolo deste crecemento:

  1. Ata 1750 (R.I.) Longo período de escaso e lento crecemento.
  1. Primeiro período: Paleolítico; escaso crecemento
  2. Neolítico: agricultura
  3. Entre 1400 ata 1650 crece grazas a novos métodos de cultivo.
  1. Desde 1750 ata 1950, período no que a poboación mundial se triplica e a taxa de crecemento anual se sitúa en cifras altas. Os beneficiarios da mellora económica da R.I. foron os primeiros en experimentar o desenrolo demográfico. En Europa Oriental e do sur este desenrolo é máis tardío. En América do Norte o desenrolo debeuse á gran inmigración e as altas taxas de natalidade.

Manéxanse 2 hipóteses para o futuro (ONU):

  1. Un tope de poboación de 15.000 millóns baseada nunha fecundidade alta, moitas migracións e mortalidade de tipo medio.
  2. Un tope de 7.200 millóns, con baixa fecundidade, migracións escasas e mortalidade de tipo medio.

O 84% da poboación mundial residirá en 2025 en países subdesenrolados. Así:

  1. Asia seguirá sendo o máis poboado.
  2. África situarase como o segundo máis poboado.
  3. América Latina provese que siga reducindo as taxas medias.
  4. Europa tenderá a perder poboación polas baixas taxas de fecundidade.
  5. América do Norte tenderá ao descenso da taxa de crecemento medio anual.
  6. Na URSS reducirase a taxa de crecemento.

A poboación e os recursos

O aumento da poboación provoca un deterioro do medio ambiente. A auga non chega a toda a poboación humana. Ó redor de 1000 millóns de persoas pasan fame. A presión demográfica terá repercusión na educación e na sanidade. Deterioro do solo.

Pobreza e desigualdade

A pobreza é o nivel de vida mínimo ou precario. Connotacións da pobreza:

  1. Insuficiencia na capacitación técnica.
  2. Deficiencias no sistema educativo
  3. Aumento de analfabetismo, enfermidades…

Causas:

  1. O mercado laboral leva a emigracións, trasvases monetarios…
  2. Fortes débedas externas dos países en desenrolo
  3. Trabas á emigración

A solución consiste nun crecemento poboacional planificado (planificación familiar).

Tema 4

Distribución da Poboación Mundial

Hai desigualdades na distribución da poboación arredor do globo. No vello mundo reside un 86% da poboación. Mentres que en América reside o 15.9%. Tamén existen contrastes en continentes. Ou no hemisferio norte (90% do total). A maior parte da poboación sitúase na periferia dos continentes a menos de500 km da costa e por debaixo dos 500 m de altura.

  1. Áreas deshabitadas ou debilmente poboadas.
  • Países fríos
  • Zonas desérticas
  • Áreas de altas temperaturas e escasas precipitacións
  1. Áreas densamente poboadas ( Catro focos )
  • Extremo oriente
  • Asia meridional ( India, Blangladesh…)
  • Foco Americano ( USA e Canadá )
  • Europa
  1. Área intermedia
  • África
  • América do sur

Factores da desigualdade da distribución:

  1. Físicos
  • O frío
  • A combinación calor –humidade
  • A altitude
  1. Socioeconómicos
  2. Históricos
  • Antigüidade do poboamento ( Europa, extremo oriente e Asia Meridional )
  • Os movementos migratorios ( América, Oceanía )
  • Os progresos técnicos e económicos

Tres ciclos demográficos na evolución:

  1. Iníciase en 35.000 a.C.
  2. Un 2º no neolítico, descubrimento da agricultura
  3. Revolución Industrial

Políticas e programas de redistribución da poboación

  • Intento de frear o crecemento das áreas metropolitanas moi poboadas
  • Programas para reter a poboación no rural

Tema 5

Movementos naturais da poboación

Natalidade

  • Taxa bruta de natalidade: Nª de nacementos x 1000 / Poboación total
  • Taxa de fecundidade xeral: Nª de nac. x 1000 / Mulleres entre 15 e 45 anos
  • Taxa de fecundidade: Media de fillos por muller
  • Taxa de reprodución bruta: Media de fillos por muller dunha xeración det.

Principais causas de ascenso e descenso da natalidade:

Descensos

Ascensos

Mala economía

Períodos posbélicos

Malas colleitas

Mellora na economía

Homes

Aumento da inmigración

Sobrenatalidade

Separación de parellas x guerras

Diminución da fecundidade

A natalidade a partir do século XIX evolucionou:

  1. Nos países desenrolados descenso da natalidade ata os anos 3o, logo recuperación trala Guerra e volta ao descenso.
  2. Descenso máis tardío ca nos outros países e taxas de natalidade máis alta.

A mortalidade

  • Taxa bruta de mortalidade: Defuncións ao longo dun ano x 1000/Pob. Total
  • Taxa de mort. Infantil:Defuncións menores dun ano x 1000/Nacidos vivos
  • Esperanza de vida: Media de anos que cabería esperar a vivir de manterse as condicións actuais de mortalidade. ( media mundial 65 anos )

Distribución mundial das taxas de mortalidade

A mortalidade infantil é mais alta en África, Latino América, Sudamérica e Sudeste Asiático. É mais baixa en Europa, Australia, América do norte e Chile.

Os factores que inflúen na mortalidade son:

  1. Biolóxicos
  1. Idade
  2. Estado civil
  3. Adecuación da nutrición
  1. Socioeconómicos

2.1- Condicións hixiénico – sanitarias

2.2- Medio ou tipo de hábitat ( Urbano ou rural )

2.3- Nivel de ingresos

Crecemento vexetativo ou natural: diferenza entre natalidade e mortalidade. Pode ser:

  • Positivo
  • Negativo
  • Nulo ou cero

Considérase:

  • > 20% Alto
  • 20-10% Moderado
  • >5% débil

Réximes demográficos

  1. Réxime demográfico vello: crecemento vexetativo débil, nulo ou negativo. Natalidade baixa e mortalidade baixa con tendencia ascendente. ( Europa, América do Norte, Xapón, Australia e Nova Zelanda. As vantaxes son que os recursos poden medrar máis que a poboación e a poboación activa non ten que soster a unha alta taxa de poboación nova. Os inconvenientes son que descende a poboación activa, tense que manter unha alta taxa de pasivos e recórrese á inmigración.
  2. Réxime demográfico novo: alto crecemento vexetativo. Natalidade alta e mortalidade estable ( América Latina ). As vantaxes son a gran cantidade de poboación nova que permite man de obra abundante e barata. Inconvenientes serían a gran necesidade de alimentos, infravivendas, gran demanda de traballo onde o factor económico é mínimo, válvula de escape na emigración, dependencia da axuda externa.
  3. Existe un réxime demográfico intermedio: Arxentina, China, India, Indonesia, Chile…

Teoría da transición demográfica: teoría que confirma o que habería promulgado Malthus e Darwin. Nesta evolución distinguimos 3 etapas:

  1. Etapa preindustrial ( altas taxas de natalidade e mortalidade, débil acumulación de efectivos e crecemento débil )
  2. Etapa de revolución demográfica – fase transicional ( tres sub etapas, unha primeira con natalidade alta e mortalidade baixa descendente, segunda etapa de explosión demográfica (máximo crecemento da poboación), terceira etapa de desaceleración do crecemento debido á caída da natalidade )
  3. Fase evolucionada, con crecemento vexetativo débil ou incluso negativo e mortalidade con tendencia a elevarse.

Tema 6

As doutrinas e políticas demográficas

Son medidas tomadas polos gobernos para frear ou incentivar o crecemento demográfico. Sóese tomar 2 posturas, unha que ten preocupación a ser poucos individuos e adopta políticas favorables á natalidade e outra que teme a sobrepoboación e adopta posicións contrarias á natalidade.

Evolución das doutrinas

En xeral as civilizacións antigas foron pronatalistas clara excepción de Platón e Aristóteles.

  • Platón na súa obra “la República”propón recorrer a medidas como a emigración forzada ou a naturalización de oficio para acadar un número óptimo de habitantes. É antinatalista.
  • Aristóteles é mais drástico ca Platón, antinatalista tamén, propón medidas como o infanticidio ou o aborto para manter o nº de habitantes equilibrado.
  • Na época romana as doutrinas eran natalistas, polo que aumenta a poboación.
  • Durante a Idade Media as doutrinas cristiás non se centran no número de individuos senón en que o os fillos son un elemento importante na familia.
  • Na época moderna tamén dominan as políticas pronatalistas grazas á expansión do novo mundo e a falta de efectivos para colonizar.
  • A finais do século XVIII Malthus no “ensaio sobre o primeiro da poboación” di que os recursos medran en menor proporción ca a poboación. Un desequilibrio no crecemento da poboación conduce a efectos desastrosos e negativos de non frearse a natalidade. Malthus propón obstáculos de tipo destrutivo e preventivo. Tales como o control voluntario da natalidade, o retraso na idade do matrimonio, a castidade e o aborto. As súas ideas foron moi criticadas polos socialistas e pola igrexa católica. Tamén xurdiron seguidores; o neomalthusianismo, idea máis radical ca doutrina de Malthus. No século XX xorden dúas posturas opostas, a malthusiana e a antimalthusiana.

Medidas concretas adoptadas polo goberno

Novidade do século XX. Existen as políticas malthusianas que pretenden frear a natalidade e as antimalthusianas que a pretenden estimular. As primeiras aplicadas a países en desenrolo e as últimas a países desenrolados.

En España as políticas aplicadas durante o franquismo foron pronatalistas. Durante a guerra civil prohíbese o divorcio, o aborto e os métodos anticonceptivos. En 1981 legalízase o divorcio e en 1995 legalízase o aborto.

As políticas pronatalistas tamén foron adoptadas por Francia, Gran Bretaña, Reino Unido, países de Europa do Leste… O caso de Romanía que pasou de ter unha natalidade baixa en 1965 a restrinxir o aborto en 1966. Esta restrición fixo que a natalidade pasase dun 14% en 1966 a un 27% en 1967. Enseguida descende porque se recorre ao aborto ilegal.

En Europa do Leste empregaron tamén este tipo de medidas pero na actualidade as taxas de natalidade reducíronse.

A China nos anos 50 tiña unha política pronatalistas pero na actualidade teñen unha política natalista restritiva na que só se pode ter un fillo por familia.

A India tamén empregou políticas de freo da natalidade como vasectomias masivas, esterilizacións voluntarias… pero non se conseguiu os mesmos obxectivos ca China pois houbo numerosos erros.

O Xapón era neomalthusiano ata que nos anos 30 se establecen medidas contrarias.

En países do 3º mundo aplicáronse numerosas políticas antinatalistas pero para entender o fracaso destas hai que recorrer ás diferentes conferencias de poboación, Bucarest 1974, México 1984, O Cairo 1994.

Tema 7

Movementos migratorios internacionais

Para coñecer o alcance dos movementos migratorios internacionais temos que recorrer ás fontes dos países demográficas dos países de acollida porque son máis fiables.

O saldo migratorio é igual ao número de nacementos menos o número defuncións máis os que inmigran menos os que emigran.

Tipos de migracións:

  1. A distancia entre o país de orixe e de destino
  2. Criterios de duración da inmigración:
  1. Definitiva
  2. Temporal
  3. Carácter estacional ( ex. Vacacións )
  4. Desprazamentos de fin e semana
  5. Cotiáns ( movementos pendulares )
  1. Cambio ou non de modo de vida

Tamén se pode clasificar segundo o carácter:

  1. Voluntario
  2. Forzados ( Iugoslavia )

Relación entre movemento migratorio e movemento natural

Hai claros efectos da emigración sobre a estrutura da poboación e o movemento natural. Nos países de partida hai un envellecemento na poboación porque emigran os novos. Redúcese a natalidade. Emigran máis homes e desequilíbranse os sexos. Nos países de acollida rexuvenécese a poboación. Aumenta a natalidade.

Migracións internacionais

Poden ser voluntarios ou forzados. Os voluntarios destacan os transvasess de poboación europea a países novos ou forzados como o tráfico de escravos de África a América.

O tráfico de escravos tiña como obxectivo a dispoñibilidade de man de obra. Ten lugar no século XIX aínda que fora abolido en 1807. Interviñeron Europa, África e América. Consistía en levar a África cousas baratas a cambio de man de obra negra escrava que era levada a América para traballar nas explotacións agrícolas para os europeos. Saíron de África entre 30 e 40 millóns de escravos.

Grandes migracións de Europa a Países Novos

Teñen lugar en América, Nova Zelanda, Australia, República Sudafricana, durante todo o século XIX e principios do XX. O crecemento da poboación debido á baixada da mortalidade e o mantemento da natalidade provocou un exceso de poboación que se trasvasou a países novos onde se asentaron novas industrias e unha agricultura desenrolada. Calcúlanse uns 60 millóns de persoas. Participaban todos os países de Europa menos Francia. Un caso importante foi o de Irlanda que pasou de 8 millóns de persoas a 4 millóns trala crise da pataca por causa da sobremortalidade e a emigración.

As migracións voluntarias contemporáneas

Entre as 2 Guerras Mundiais as migracións transoceánicas perden importancia. Despois da II Guerra Mundial recupérana pero non dura moito debido á Crise do Petróleo, os países de Europa Occidental inician os 30 anos gloriosos de desenrolo e trala guerra fai falla man de obra para reconstruír Europa. De Europa do sur ( España, Italia, Portugal, Grecia ) emigran cara o norte. Pouco despois os países do Magreb tamén. Esta emigración logra rexuvenecer á poboación e aumentar a natalidade.

Outro fluxo importante é o transvases de poboación de países do 3º Mundo cara países desenrolados. En canto aos países de orixe supón unha válvula de escape para a sobrepoboación e un ingreso de divisas que case nunca é ben xestionado.

Transferencias de poboación

Actualmente son os movementos máis importantes. Trala II Guerra Mundial entre Grecia e Turquía. En 1948 trala creación do estado de Israel que levou ao traslado de máis de 2 millóns de persoas xudías e ao abandono de un gran número de palestinos das súas terras. Transvases de Alemaña do Leste ao Oeste. A reacomodación das fronteiras alemá e polaca transvasou a 2 millóns de alemáns e 1.5 millóns de polacos. Trala descolonización houbo:

  • Repatriación de xaponeses de Asia Oriental e do Sudeste.
  • Holandeses de Indonesia
  • Británicos da India
  • Franceses de África do Norte.
  • Máis recentemente de Iugoslavia, Ruanda, Burundi, Nixeria ou Indochina.

Migracións interiores definidas ( dentro do mesmo país )

  • Frontes pioneiras, tales como transvases de poboación ao oeste de USA e Canadá apoiados polo goberno.
  • Fronte rusa de Siberia
  • Fronte pioneira China, primeiro en Manchuria e logo no Tíbet.
  • Fronte pioneira brasileira para ocupar a meseta central do país.

Éxodo rural

O máis característico e importante dos fluxos migratorios. Afecta primeiro aos países europeos que experimentaron a Revolución Industrial. Actualmente afecta a países en desenrolo. O éxodo rural implica unha selección demográfica no que respecta ao sexo. Primeiro emigran as mulleres novas. Tamén existe unha selección por idade, o 80% dos emigrantes teñen entre 15 e 30 anos. E por último selección profesional que vai dende as capas máis baixas ( asalariados agrarios ) ata os grandes propietarios. A gran consecuencia é o despoboamento do campo.

Consecuencias económico – sociais

  1. Consecuencias negativas. Xorden cando o medio queda reducido a unha escasa poboación.
  2. Positivas. Ocorren cando os emigrantes desvían diñeiro para favorecer o medio do que saíron. Ao haber máis terras hai menos presión e aumentan os medios de subsistencia.

Retornos ata éxodos rurais

  1. Reinstalación do medio rural. En Francia prodúcese na rexión de Aquitania.
  2. Proceso de rururbanización. Consiste na urbanización do medio rural de xente que busca mellores condicións ambientais.
  3. Retorno de xubilados ao medio rural.

Pero todo isto non axuda pois aínda hoxe o medio rural se segue deshabitando.

Migración temporais

  1. En xeral o traslado realízase porque se precisa man de obra na agricultura, non só teñen fin agrario senón que tamén pode ter fin no sector terciario.
  2. As emigracións temporais por motivo de ocio ou cultural que poden ser de:
  1. Fin de semana
  2. Vacacionais
  1. Finalmente as emigracións temporais cotiás ou pendulares. Do lugar de residencia ao lugar de traballo.

Tema 8

Estrutura demográfica por sexo e idade

Estrutura por sexo

No século XVIII un investigador inglés chegou á conclusión de que nacían máis nenos que nenas. Para medir a distribución entre sexos hai unhas fórmulas:

  1. Taxa de masculinidade (número de homes x 100 / poboación total )
  2. Taxa de feminidade ( número de mulleres x 100 / poboación total )
  3. Relación de masculinidade ( número de homes x 100 / número de mulleres x 100 )
  4. Relación de feminidade ( número de mulleres x 100 / número de homes x 100 )

Factores que contribúen a equilibrar ou desequilibrar a poboación

  1. Desigualdade entre nacementos
  2. Maior mortalidade no xénero masculino en todos os grupos de idades
  3. Esta distribución tamén se modifica debido aos movementos migratorios nos que participa máis o home.
  4. O cuarto factor é a estrutura de poboación por idades. Nunha estrutura demográfica nova hai preponderancia de varóns. En países do terceiro mundo o equilibrio entre homes e mulleres prodúcese antes dos 16 anos. Sen embargo nos países desenrolados ten lugar entre os 35-40 anos.
  5. Respecto ás desigualdades rexionais hai 3 grandes niveis de disparidade en canto desequilibrios de sexo:
  1. A escala nacional existen diferenzas entre países do primeiro e terceiro mundo, tamén entre zonas rurais e urbanas, entre a periferia e o centro.
  2. A nivel internacional nos países desenrolados a o nivel de feminidade é máis alto co de masculinidade.
  3. As desigualdades entre sexos tamén existen entre o medio rural e urbano. As cidades desenroladas teñen máis mulleres mentres que na periferia hai máis homes. Isto débese a que no centro hai máis envellecemento.

Estrutura por idade

Un dos métodos máis sinxelos para analizar a poboación por idades é a distinción de 3 grupos de idades:

  • Novos (0-19 /0-14)
  • Adultos (20-59 / 15-64)
  • Vellos (60- + / 65- +)

O índice de envellecemento pon en relación a proporción de vellos cos novos. Ie = + de 60 anos (vellos) / - de 20 anos (novos).

A idade media da poboación cando pasa dos 30 anos estamos ante unha estrutura demográfica envellecida. Cando os novos representan máis do 35% trátase dunha estrutura nova. Entre o 30-35% trátase dunha estrutura con claros síntomas de envellecemento. Cando a porcentaxe de menores de 40 anos supera máis do 65% da poboación falamos dunha EDN, entre 60-65% falamos de transición. Menos do 60% envellecida.

As estruturas demográficas novas reflíctense en pirámides en forma de pagoda. Alta fecundidade. Ten aspectos positivos e negativos:

  1. Potencial man de obra importante

n) gran necesidade de alimentos, demanda de vivenda, falta de recursos…

As estruturas demográficas envellecidas tradúcense en pirámides de urnas ou bulbos ou en pirámides invertidas. Taxas de fecundidade baixas ou saldos migratorios negativos.

As pirámides

Son o método de estudo máis exaustivo de un país porque reflicten a historia dun estado. Reflicten tamén as estruturas demográficas dun país. O medio que mellor reflicte a estrutura por idade e sexo. Nas abscisas van os distintos efectivos de idades. Á dereita homes e a esquerda mulleres. Á hora de comentar unha pirámide de idades débese comezar pola parte superior.

  1. Pirámide expansiva ou progresiva: altas taxas de natalidade e mortalidade. Base ancha e cume estreita. Alto porcentaxe de novos, reducido número de vellos.
  2. Pirámide regresiva: natalidade baixa, mortalidade baixa. Base con tendencia a estreitarse. Moitos adultos, porcentaxe de vellos importante.
  3. Pirámide estacionaria: maior igualdade entre novos e adultos, porcentaxe de vellos reducido en relación á anterior.

Estrutura socioprofesional da poboación

  1. Poboación activa: ten emprego ou está á espectativa dun emprego. Os que teñen emprego son poboación activa ocupada. Mentres que os que non o teñen son activa desocupada.
  2. Poboación non activa. Aquela poboación ao marxe da actividade por diferentes razóns:
  1. Estudantes
  2. Xubilados
  3. Incapacidade permanente

A taxa de actividade é o número de activos con respecto á poboación total. Pódese achar por sexos ou por idade. A taxa de paro é o total de parados respecto á poboación activa. Factores dos que depende a taxa de actividade:

  1. Unha estrutura demográfica por idades.
  2. Estrutura socioeconómica e cultural
  3. Grao da participación da muller
  4. Estado civil da muller.

Grandes sectores de actividade económica

  1. Sector primario
  2. Sector secundario
  3. Sector terciario

Tema 9

Poboación rural e poboación urbana

Problemas de distribución da poboación rural e urbana

Un posible elemento diferenciador da poboación urbana e rural é recorrer ás actividades que desempeña a poboación ( agricultura, gandería …) actividades propias do rural e actividades urbanas como a industria. Pero xorden inconvenientes:

  1. Nos países desenrolados existen persoas no rural non vinculadas co sector primario.
  2. Outro problema son o tamaño dos concellos.

Entre o rural e o urbano hai niveis intermedios:

  • Concello urbano: + de 10.000 hab.
  • Concello semiurbano: entre 2.000 e 10.000 hab.
  • Concello rural: menos de 2.000 hab.

A aglomeración urbana son os concellos ( circunscricións ) adscritos próximas ás cidades. A zona urbana comprende un territorio máis extenso ca aglomeración que depende da cidade. A densidade residencial é o número de habitantes por superficie.

Desigualdades espaciais da urbanización

A taxa de urbanización é a taxa de poboación urbana sobre a poboación total. ( 1989 > 41% / 2000 > 47% ). Dentro dos países desenrolados é máis alta ( 1989 > 70%) mentres que nos subdesenrolados era dun 32%. Dentro dos países subdesenrolados hai disparidades dende o 10% de África Oriental ao 85% de Chile. Por iso a taxa de urbanización non é un bo indicador do desenrolo económico.

Evolución da urbanización no mundo

Foi bastante rápida. Iníciase trala Revolución Industrial con antecedentes ao Neolítico. Antes da R.I. as cidades eran moi pequenas debido a que apenas existía a excedencia agrícola e un sistema de comunicación precario. Trala revolución agrícola vanse desenrolar o sector secundario e terciario pola liberalización de man de abra do campo que emigra á cidade e permite o avance de todo. É por isto que a evolución das cidades corre paralela ó desenrolo dos sectores secundario e terciario. A partir da 2ª Guerra Mundial difúndese o proceso urbanizador.

os distintos países están en diferentes fases de urbanización. Hai países en fase inicial como en África con menos do 10-20%. Fronte a outros co 75-80%; neste tipo de países apréciase un proceso de ralentización no proceso urbanizador, incluso se dá un proceso de rururbanización.

En países desenrolados as taxas de incremento da poboación urbana fóronse reducindo:

Ano

Taxa media de incremento

1920- 1960

2%

1970- 1975

1.5%

1990- 2000

0.8%

2010- 2025

0.5%

Producíronse cambios en canto ao tamaño das cidades. As grandes cidades desenroladas crecen lentamente cás dos países subdesenrolados. Isto débese ás condicións tanto ambientais como outras que se dan nas grandes cidades desenroladas. Nas cidades desenroladas hai un desexo da poboación de abandonar o centro da cidade e asentarse no campo pero mantendo actividades urbanas. Ao igual que ocorre nos países desenrolados nos países do 3º Mundo as grandes cidades tamén deixarán de medrar.

Tema 10

Xeografía Rural

O medio rural é un espazo diverso nas súas funcións non só é un espazo agrario. Aínda así estas últimas seguen sendo moi importantes. O medio rural nas sociedades industriais perdeu peso. Todo espazo rural é agrario. Os campos deben ter pegada agrícola. Actualmente o medio rural ten moitas máis actividades ( industrias, servizos…)

Importancia en cada país:

  1. Países subdesenrolados, as actividades sen relación agraria no rural teñen moi pouca importancia.
  1. Países desenrolados, gran importancia destas actividades. Os agricultores son cada vez menos. Xorden:
  1. Urbanización del campo: xorde nos países desenrolados. É unha poboación cun modo de vida urbano á marxe das actividades agrarias.
  2. Ruralización de lo urbano: en países en vía de desenrolo. Son barrios que viven máis de actividades agrarias que de actividades urbanas.
  3. Continium campo- cidade

Características do medio rural:

  1. Débil densidade de poboación
  2. Débil densidade de construción
  3. Colectividades de tamaño reducido
  4. Identidade específica moi connotada pola cultura labrega

Nos países desenrolados: menos do 5% da poboación activa e mínima importancia no PIB.

Tema 11

Factores transformadores do espazo Rural

Factores:

  1. Cambios demográficos
  2. Cambios tecnolóxicos
  3. Cambios económicos
  1. Mundialización da economía
  2. Integración de actividades produtivas
  3. Despegue da civilización do ocio
  1. Cambios sociais
  1. Usos
  2. Intervención do poder público

Demográficos

Éxodo rural terminado ou moi debilitado e procesos de rururbanización, poboación envellecida. Isto ocorre no 1º Mundo. Mentres que no 3º Mundo unha transición demográfica favoreceu o aumento da poboación. Existe éxodo rural. Graves problemas alimenticios. A solución é a emigración.

Técnicos

O progreso técnico chegou a todas as áreas rurais. Máis desenrolado no primeiro Mundo.

Económicos

  1. Mundalización da economía: este fenómeno provoca conflitos froito da gran competencia que xorde.
  2. Integración das actividades económicas: téndese a crear unha forma de produción que inclúa todos os procesos de obtención.
  3. Civilización do ocio: a pesar de ter as bases no urbano téndese a estender ao rural.

Sociais

Tendencia a imitar o modo de vida urbano. Pérdida das tradicións e cultura rural. Ocorre sobre todo nos países desenrolados. Procesos de volta ás tradicións.

  1. Cambios nos usos e nas paisaxes rurais
  2. Cambios nos usos agrícolas. O policultivo case desapareceu do primeiro mundo. Tanto hoxe coma no pasado a finalidade agraria é a obtención de alimento e de materias primas, salvo que hoxe produtor e consumidor apenas se coñecen. Isto produce cambios como a concentración parcelaria que cambia a paisaxe agraria. Nas zonas cerca da cidade é onde o rural sofre máis modificacións. Cambios no confort das casas rurais.
  3. Cambios nos usos non agrícolas. Retroceso da agricultura. Expansión de lugares de ocio.
  4. Intervención dos poderes públicos. Subvencións, créditos, PaC…

Tema 12

Propiedade e explotación da terra ( Morfoloxía agraria )

A propiedade

Orixinariamente a propiedade da terra era de carácter colectivo. Hoxe en día existen 2 grandes tipos:

  1. Pública ou colectiva ( estado )
  2. Privada ou individual
  3. Cooperativas

Latifundios ou minifundios

  • Grande propiedade ou latifundio ó primoxénito.
  • Pequena propiedade ou minifundio: herdanza a todos os fillos ( Galicia ) contribúe a unha propiedade moi fragmentada.

Propiedade colectiva: Máis usual en países da África Negra ou socialistas. URSS: propiedade do Estado (colectiva) mediante cooperativas (holjozes) ou intervención do estado ( Sovjozes)

Explotacións agrarias

Todo terreo que se aproveita total ou parcialmente para a produción agropecuaria, explotado por un ou varios asalariados. Pode ser de carácter:

  • individual
  • colectivo
  • empresariais
  • cooperativo

punto de vista xurídico:

  • explotación agraria en réxime directo da terra: mesma persoa dona da propiedade e da explotación
  • Réxime de tenencia indirecta da terra:
  • Arrendamento
  • Aparcería
  • Mediería ( aparcería cando van a medias )

Sistemas de cultivo

  • Extensivos: sistema de agricultura itinerante ou de rozas. Descanso da terra:
  • Barbeito: entre 3 e 10 anos de descanso da terra. Sistema de cultivo trienal (trigo, cebada e barbeito), bienal.
  • Intensivos
  • Invernadoiros
  • Cultivos de arroz

Morfoloxía agraria

Parcela: división elemental do espazo agrario.

Parcelario: forma na que se organizan esas parcelas dentro dun espazo agrario; tres variables:

  • Dende o punto de vista da propiedade
  • Dende o punto de vista da explotación
  • Dende o punto de vista de cultivos

Reformas agrarias

  • O espírito da reforma agrario é beneficiar ao campesiñado previo pago do valor da terra.
  • O estado é o que leva a cabo o reparto
  • O futuro propietario ten unhas limitacións como non poder vender o terreo…
  • Toda reforma débese acompañar dunha serie de aspectos que melloren a explotación e a produción.
  • Principios diferentes segundo o país
  • Máis importantes a mexicana e a soviética

Reforma agraria mexicana

  • Unha das máis importantes de América
  • Principios do s. XX e aínda non concluíu
  • Causa moita terra en poucos propietarios
  • Os gobernos do século XIX beneficiaron aos grandes terratenentes
  • Repartíronse grandes cantidades de terra

Reforma agraria URSS

  • En 1917 coa lei de reforma agraria anula o dereito de propiedade privada
  • Suprímese o arrendamento
  • Autorízase aos campesiños ocupar as terras dos grandes propietarios
  • Ruptura co sistema anterior
  • 1924 Stalin leva a cabo outra dura reforma agraria ( Sovjozes e Koljozes )
  • Existían pequenas propiedades privadas
  • Socialmente xusto pero ineficaz
  • Sistema que se mantivo ata 1990 con Gorvachov (Glasnot e Perestroika )
  • En 1990 os agricultores podían establecerse libremente, pola súa conta. Podían posuír terras de por vida, transmitila…
  • 1996 Yeltsin permite a propiedade da terra

Reforma agraria española

  • O intento máis serio levouse a cabo durante a II República
  • As desamortizacións foron contrarreformas posto que aumentaron as desigualdades
  • En 1932 apróbase a Lei de Bases de reforma agraria cuxo obxectivo era lograr unha estrutura da propiedade máis equilibrada.
  • Creouse o IRA para levar a cabo a reforma
  • Expropiáronse terras incultas e mal explotadas, señoríos xurisdicionais.
  • Lenta e custosa
  • Na Guerra Civil na España nacional detense a lei na republicana acelérase pero nada.
  • Recente intento de aplicación Reforma agraria andaluza 1984.

Sistemas agrarios tradicionais

Un sistema agrario é o conxunto de prácticas agrónomas que teñen como obxectivo a produción agrícola ou gandeira. Un criterio de clasificación máis usado é o zonal (grandes zonas climáticas)

A profesora da U. de Sevilla, Márquez fai a clasificación:

  1. Tradicionais
  • extensivos (agric. Itinerante, gandería nómada, secaño )
  • intensivos ( ricicultura asiática, regadío mediterráneo =
  1. evolucionados
  • extensivos ( ranchos ), sistemas cerealistas nos países novos
  • sistemas gandeiros intensivos

Sistemas agrarios tradicionais

Diversidade con trazos comúns:

  • atraso técnico
  • produción de subsistencia

Agricultura de subsistencia: aquela que adica máis das dúas terceiras partes do traballo e de solo a producir para sobrevivir.

Revolución verde (1960-1970): aproveitáronse países de Asia, África e Iberoamérica. Millóns de familias introduciron o uso de abono, sementes seleccionadas e un pouco de mecanización…

Sistemas agrarios tradicionais pouco evolucionados

  1. pobos preagrarios ( viven de recolección e caza )
  2. gandeiros nómadas: pobos que viven da cría e coidado de animais. Sometidos ao acoso da civilización moderna. Esquimós, pigmeos…
  3. agricultura itinerante: pode ter un dobre modalidade, itinerante propiamente dita ou de carácter cíclico. Gran importancia en África. Instrumentos moi rudimentarios e técnicas de cultivo que apenas coñecen o gando como tracción e abono. Paisaxe agrario moi peculiar (desordenado). Explotación de pequeno tamaño.
  • Orixes: inexistencia de métodos para manter a fertilidade do solo. Isto levaría á expansión por Europa e Asia buscando zonas fértiles. Tarda moito en desaparecer de Europa. En retroceso en África.

Sistemas agrarios modernizados

A agricultura de mercado crece en Europa ao mesmo tempo que o fan as cidades. Unha característica importante é a especialización produtiva do agro e a concentración espacial. Obxectivo é obter a competitividade nun mercado cada vez máis global.

Artifiliciación dos medios e os modos de produción

  • Perda de dependencia entre os sistemas de produción modernos e o medio natural
  • Aceleración dos ciclos produtivos extensa en grandes rexións
  • Economización de recursos como a auga
  • Ganar terreos ao mar e marismas (polders)
  • Industria química e biolóxica a disposición da agricultura

Mecanización e motorización agraria

  • Estreita relación entre motorización e desenrolo da agricultura moderna
  • Arranca no século XIX
  • Fixeron posible a liberalización de man de obra
  • A motorización multiplicou a produción agraria

Tema 16 Organización do rural

Hábitat: forma de ubicación da poboación no medio rural. Porción de espazo habitado ocupado por vivendas e polas dependencias das mesmas.Dificultades:

  • As formas de hábitat difiren moito
  • O hábitat é moi cambiante en relativamente pouco tempo
  • Menos homoxéneo que o urbano

Tipos de poboamento rural

  1. Concentrado: casas e dependencias contiguas dentro dunha aldea no medio do campo,dúas modalidades:
  • Compacto: ou en orde cerrado
  • En orde aberto: casas separadas por hortas ou patios
  1. Disperso: con casas separadas ou ailladas unhas das outras, con forma anárquica, sen orde ou de forma organizada coma nos polders holandeses.

Coeficiente de dispersión de Demangeon:

K= E x N/ T ( E= poboación total do pobo central, N número de núcleos da parroquia, T poboación total da parroquia)

Outros tipos de hábitat

  1. Hábitat primario ou orixinario: onde as formas actuais coinciden coas antigas das que gai testemuña.
  2. Hábitat secundario ou derivado: houbo evolución a partir do hábitat antigo.

Actualmente os factores que máis inflúen nos cambios do poboamento rural son: rururbanización e multifuncionalidade dos espazos rurais.

Formas dos pobos

  1. Disperso ( sen planificación ou coma nos polders )
  2. Concentrado ( nuclear, lineal, lugar central )
  3. Pobo nebulosa ( a cabalo entre a concentración e a dispersión )

A orixe da forma dos pobos

Factores de orde físico:

  1. Relación hábitat – auga: en hábitat de rochas permeables tendencia a concentrarse ao redor dos manantiais. En zonas de impermeables tenderíase á dispersión. Hai moitas excepcións.
  2. Carácter da superficie do solo: tampouco é determinante en hábitats húmidos tendencia á dispersión. Viceversa nos secos. Moitas excepcións.
  3. Configuración do relevo: o hábitat é máis disperso nas montañas que nas terras chás.

Factores de orde humana:

  1. Influencia das tradicións étnicas