Valentín Lamas Carvajal

Literatura española y gallega contemporánea. Romanticismo. Siglo XIX # Gramática galega. Xornalismo. Poesía. Catecismo do labrego

  • Enviado por: Rial Filho Da Galiza
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 7 páginas
publicidad
publicidad

PERFIL BIOGRÁFICO:

Valentín Lamas Carvajal nace en Ourense o 1 de novembro de 1849, no seo duna familia humilde. Valentín Lamas Carvajal puido estudiar gracias á protección dun tío materno xa que Valentín perdeu o seu pai prematuramente. Estudio o Bacharelato na súa cidade natal (Ourense) e matriculouse en Medicina, carreira que nunca acabaría en Santiago de Compostela. Valentín padeceu sempre una grave doenza na vista que o conduciu na súa xuventude á cegueira (ós 25 anos aproximadamente).

Valentín é discípulo do filósofo Xosé Antonio Saco e Arce, o autor da primeira Gramática galega importante. En Compostela Valentín comprométese a adicarse á literatura, a súa verdadeira vocación.

É en Santiago, en 1871 onde Lamas estréase no xornalismo dirixindo a revista La Aurora de Galicia e publica os seus dous primeiros libros de poesía en castelán.

A fins de 1874 Valentín queda cego de xeito irreversible pero non interrompe a súa fecundísima actividade xornalística por este percance. A única diferencia do Lamas de antes é o de agora é que quen pasa a man ou a máquina os textos e a súa muller Amalia Rosina Sánchez

Neste mesmo ano Lamas dirixe o semanario El Heraldo Gallego. A pesares da súa actividade literaria, Valentín atravesa serias dificultades económicas polo que lle é adxudicada unha pensión anual para escritores pobres.

En 1875 publica Espiñas, follas e frores, o seu primeiro libro poético en galego, que rompe co silencio editorial que se producira dende a publicación de Cantares gallegos de Rosalía. A recepción polo público desta obra é excelente posto que poucos meses despois da súa publicación imprímese a segunda edición.

A verdadeira popularidade chegaralle a Lamas coa aparición de O Tío Marcos da Potela en 1876. O Tío Marcos da Portela Marca un antes e un despois nas letras galegas posto que é a primeira publicación periódica escrita integramente na lingua galega. Este xornal foi creado, dirixido e sostido por Lamas Carvajal ata 1889. A consecuencia disto, Ouerense convértese na capital do periodismo galego e Lamas no seu principal artífice.

O ano seguinte, o 1878, pode ser considerado o episodio máis amargo da súa traxectoria literaria xa que Manuel Murguía ,e toda a influencia que este tiña, fai unha recensión da obra, acusando a Lamas de plaxio a Rosalía na publicación de Cantos de un loco e negándolle todo mérito intelectual. A polémica divide á prensa pero lamas Carvajal conta co apoio desta.

A súa paixón editora non mingua e en 1880 sae do prelo Saudades gallegas que xunto con Follas novas de Rosalía e Aires da miña terra de Curros Enríquez consolidan o renacer poético no noso país. Tamén neste ano Lamas comeza a colaborar en El Eco de Orense e é ahí onde fai unha crítica social contra o caciquismo e a súa política. Por culpa destas críticas, Lamas é obxecto de multas, amonestacións e prohibicións, chegando ó punto de que en 1884 Lamas é condenado a tres meses e un día de arresto por supostas inxurias verquidas contr o alcalde de Carballiño no Tío Marcos da Portela. O xuíz que o condenou xa tiña certos prexuicios contra o galeguismo posto que foi este quen condenou a Curros Enríquez por certos poemas do libro Aires da miña terra, considerados ofensivos para a relixión católica.

Despois de moitos anos de silencio, Lamas publica dous volumes de prosa, Gallegada en 1887 e O catecismo do labrego en 1889. Este último libro revélase dende o momento da súa aparición como o maior éxito editorial das letras galegas.

Nos últimos anos, Lamas segue traballando no xornalismo e participando activamente nos asunts públicos, fustigando a política e a sociedade da Restauración. Na pequena Ouerense de principios de século, Lamas Carvajal é a figura de maior brillantez intelectual. Lamas suscita admiración nos máis e odio nos menos.

Un dato anecdótico é o feito de que Lamas sufrise un atentado no obradoiro de “El Eco”, sen consecuencias graves para el.

Valentín Lamas Carvajal morre en Ourense na mañanciña do 4 de setembro de 1906, día no que se constitúe, na Coruña, a Academia Galega, da que era membro fundador.

LAMAS CARVAJAL NO SEU TEMPO:

Valentín Lamas Carvajal sitúase no contexto do Rexurdimento cultural e político que se desenvolve en Galicia no século XIX.

Sabemos que a decadencia política e económica que se iniciou no país no século XV trouxo consigo a desaparición do galego como a lingua de cultivo literario. A lingua galega morre, para a literatura, durante catrocentos anos. O Rexurdimento ten como obxectivo primordial a recuperación do galego como lingua literaria e persegue a rehabitalización de Galicia en tódolos aspectos.

-O REXURDIMENTO GALEGO-

O movemento ten a súa orixe remota no pensamento ilustrado do século XVIII, no que eruditos galegos como Feijoo, Sarmiento e Sobreira, que promoveron o interese científico pola nosa lingua e sentaron as bases para o seu renacer literario. E é xa a principios do XIX, durante a Guerra de Independencia contra os franceses, onde comeza a espertat a conciencia da identidade galega. Conciencia que esmorecerá coa desaparición do invasor.

Será durante o reinado de Isable II (1843 - 1868), a gran era moderada do XIX español, cando renaza este impulso. En España a liquidación do antigo réxime abre paso aó liberalismo., Son anos de expansión económica e de consolidación da burguesía, con crises que condicionan o estalido de procesos revolucionarios.

Na década dos cuarenta, na que nacce o noso poeta, xorde a primeira promoción de intelectuais galeguistas e progresistas. Unha data clave é 1846, ano no que se produce o levantamento militar de Solís contra o goberno moderado Narváez, co apoio dos provicialistas e con Antolín Faraldo á cabeza. O fracaso da revolta e o fusilamento dos reveldes en Carral (másrtires de Carral) acaba co pronunciamento pero a súa influencia deixarase sentir na xeración posterior.

A revolución estética e vital que significou o Romantismo, creará o clima favorable para os proxectos de afirmación nacional, que, coa lingua en primeiro plano, agroman en toda Europa.

A partir de entonces, os esforzos centraranse no campo literario. Os primeiros xogos florais de Galicia, celebrados en 1861, dan lugar á publicación de la Caridad en 1862, onde xa se recolle unha nómina de corenta poetasw en galego.

Malia contando coa presencia valiosísima de Añón, Camiño e Pintos coa súa obra A gaita gallega de 1853, a xeración dos precursores carece aínda de madurez. Pero en 1863 aparece Cantares gallegos de Rosalía de Castro recoñecido como libro fundacional do noso Rexurdimento. Xunto a Rosalía, Manuel Murguía comeza a publicar a Historia de Galicia en 1865.

-A GALICIA REAL-

Galicia, mergullada nun proceso de despersonalización, vive ben lonxe destes acontecementos. O noso país, que padece as consecuencias da división provincial e do centralismo, presenta tódalas características duna sociedade agraria na que impera o caciquismo político. Cunha agricultura ruinosa, unha industri artesanal. Unha Galicia sen modernas vías de comunicación loita por superar o seu atraso e integrarse nunha España máis adiantada industrial e económicamente.

Aínda que xa se producira a liquidación formal do antigo Réxime, en Galicia subsiste a organización feudal da propiedade da terra que ten na vixencia do foro o aspecto máis sobresaínte. As clases populares soportan as esixencias da antiga organización señorial e as do aparato administrativo do Estado Moderno. O campesiñado constitúe o 90% da poboación, e non se atopa outra saída que a emigración (temporal a Castela ou permanente a América).

Lamas Carvajal, consciente da necesidade de implicar a todos no rexurdir galego, será permanentemente solicitado polo compromiso ético coa Galicia labrega.

A creise política, aberta pola Revolución de 1868, culmina coa proclamación da I República Española de 1863, á que asiste Lamas Carvajal. A I República durou escasamente un ano xa que os seus dirixentes foron incapaces de estructurar un grupo social que estructurase o novo réxime.

-REXIONALISMO VERSUS RESTAURACIÓN-

A etapa de madurez do noso poeta transcorre na España da Restauración. Periodo que se inicia co restablecemento da monarquía borbónica na persoa de Afonso XII (1902). O novo sistema cimentase nunha monarquía hereditaria e nas Cortes, xunto a unha Constitución e a uns partidos políticos. Dous son os grandes partidos que se turnarán no poder: Conservadores, liderados por Canovas del Castillo e liberais liderados por Sagasta. O réxime non se basea na vontade popular pois marxina a unha grande mayoría da poboación e o mecanismo electoral está controlado pola total manipulación do caciquismo.

En Galicia consolídase o proxecto político formulado no rexionalismo. Os seus teóricos son Manuel Murguía de carácter liberal e Alfredo Brañas de carácter tradicionalista. A necesidade duna organización que encauce as actividades materialízanse na cración, en 1892, da “Asociación Rexionalista Gallega”, presidida por Murguía. Metres, Lamas Carvajal refuxiado en posición máis conservadoras.

Despois de 1900, o ano da morte de Gras, os rexionalistas adicarán os seus esforzos á fundación da “Academia Galega”en 1906.

En España inaugúrase a rexencia de María Cristina na que o acontecemento decisivo é a guerra colonial e o desatre de 1898, coa derrota ante EE.UU. e a conseguinte perda de Cuba, Pueto Rico e Filipinas. Este feito conmove a todo o país e revela a debilidade do sistema da Restauración.

-O PANORAMA LITERARIO ESPAÑOL-

As grandes correntes literarias do seculo XIX español terán reflexo e expresión na obra de Lamas Carvajal.

Valentín Lamas Carvajal formase na herencia do Romanticismo europeo, movemento serodio en España. O truinfo romántico coincide co regreso dos intelecutais emigrados da tiranía de Fernando VII, sinalándose como data simbólica a da estrés de Don Álvaro o la fuerza del sino en 1835 por parte do duque de Rivas.

No teatro destaca Zorrilla, Garcí Gutiérrez e Hartzenbusch;na poesía ,Espronceda. Pero seran dous románticos serodios Bécquer e Rosalía de Castro , os que intensifiquen as mellores notas do Romantismo español.

O costumismo, pintura da vida cotiá e dos tipos humanos característicos, e xa unha moda arraigada. Os máximos representantes son Mariano Jose de Larra , Mesonero Romanos e Estébanez Calderón. Fernán caballero tamén inicia en España a novela de costumes.

A partir de 1850 impónse o realismo, sistema estético que aspira a describir a realidade sen idealización. A moderna novela española nace á par da burguesía triunfante coa Revolución de 1868. Lembremos sobre todos eles a Benito Pérez Galdós.

A novela realista desemboca no Naturalismo, que ten a Emilia Pardo Bazán como a súa gran defensora. No teatro obtén popularidade José de Echegaray; na poesía Ramón Campoamor e Núñez de Arce.

O século cérrase con dous movementos paralelos: modernismo e Xeración do 98, a partir dos cales arrinca a literatura comtemporánea.

-APUNTAMENTO DO CATECISMO DO LABREGO-

O catecismo do labrego foi publicado no semanario O tío Marcos da Portela, en seis entregas, desde o 21 de outubro ó 2 de decembro de 1888. Sinalemos que nas dúas primeiras entregas levaba o título de O catecismo do gallego, Meses despois aparece a primeira edición en volume (Ourense, 1889), co título de Catecismo da doutrina labrega composta polo R.P.M Fr. Marcos da Portela, doutor en titoloxía campestre.

BIBLIOGRAFÍA:

RUIZ DE OJEDA, Victoria A.: Prólogo e edición de O catecismo do labrego. Ed. Xerais.

MURGUÍA, Manuel.: Prólogo de Recuerdos. Ed. Galaxia.

INTERNET: www.xerais.com