Un ollo de vidro; Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Literatura española contemporánea, siglo XX. Narrativa gallega # Escritores galegos. Argumento. Personaxes. Galeguismo

  • Enviado por: Lau
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 6 páginas
publicidad
publicidad

Un Ollo de Vidro

Ficha Bibliográfica:

1.-Datos do libro:

a) Nome do autor:

Alfonso Rodríguez Castelao.

b) Título da obra:

Un Ollo de Vidro.

c) Nome da editorial:

Galaxia.

d) Data de publicación e número de edición:

2º edición ano 2002.

2.-Breve resumo do argumento:

O protagonista da historia é un esquelete que contanos a súa vida de morto,as historias dos seus compañeiros os esqueletes e o que lle pasou o seu pai.

Corpo do traballo:

1.Autor.Bibliografía e obra:

Alfonso Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, naceu en Rianxo no ano 1886, e morreu no exilio -en Bos Aires- en 1950. Foi emigrante nos primeiros anos da súa vida. Pai do nacionalismo galego, Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Estudiou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor a meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade". Polifacético novelista, debuxante, caricaturista, pintor, teórico da arte, político, sempre reflexou na súa obra o seu compromiso co galeguismo e co mundo. Durante o exilio franquista, e no 1944 publica "Sempre en Galiza", e convértese en primeiro presidente do Consello de Galiza, o goberno do país no exilio.

Os seus debuxos, complementados con agudos textos, amosan a Galicia rural, o caciquismo, os pobres, os cegos, os desamparados, o pobo que sofre... E nos últimos álbumes, os horrores da Guerra Civil. Como narrador, comeza con 'Un ollo de vidro' en 1922 e con Cousas, Retrincos e Os dous de sempre, establece un conxunto único na narrativa galega que culmina con Sempre en Galiza, conectando literatura e política e teoría do galeguismo, o que o fai e un dos principais impulsores do Estatuto Galego de 1936. Castelao é sen dúbida o galego máis destacado do século XX. En 1964 adicanrolle o Día das Letras Galegas

2.Temas principais e secundarios da obra:

O tema principal da obra é a vida do esquelete o que lle pasou co seu ollo de vidro,e os temas secundarios son as breves historias que conta das vidas dos seus compañeiros os esqueletes.

3. Argumento:

O protagonista cóntanos que un día enfermoulle un ollo e foi o médico, non lle fixeron nada pero quitáronlle unha chea de cartos. Un día estaba agachado dándolle de comer da man o seu galo Tenorio; acercouse e picoulle no ollo deixandolle o seu ollo torto. Volveu o médico e despois de quitarlle outra chea de cartos puxéronlle un ollo de vidro.

Morreu entre cobertores como morren os bos homes, afeitado, peiteado e co seu traxe de festa. Enterráronno sen quitarlle o seu ollo de vidro. Despois de que os vermes deixáronno sen nada ata que quedouse sen a pouca febra que levaba.

Unha noite de luar foi cando erguiuse e saiu por primeira vez da súa cova. Estaba sorprendido aquel ollo que non lle servía para nada de vivo servíalle para ver de morto. Estaba tolo de contento e foi cara ó rueiro dos esqueletes.Fixouse nun esquelete que tiña a calivera ladeada,axiña decatouse que era un esquelete de muller e preguntoulle porque razón había morto.A muller díxolle que morrera de tristura,morrera namorada do home que descansaba debaixo da pedra que estaba sentada.Non quixo saber nada máis daquela muller e foise.

Para matar o tempo acercouse o cementerio civil,alí todos son máis serios.Acercouse a un grupo de esqueletes pero ningún de eles falaba galego.

Un esquelete varudo e forte afastouno do grupo. ¡Era un inglés que falaba galego!

É moi amigo do inglés, xuntos paseaban moitas veces.Explica que hai moitos esqueletes que aprobeitanse de outros,como por exemplo un esquelete que era poeta pedíalle a outro a calivera para poder recitar o poema de Hamlet.Agora entendía porque o inglés tíñalle tanto aprecio,pedíalle o ollo para poder ver pero el dixéralle que non.

Empezou a contarlle a unha moza a historia da sua vida.Lembraba que cando era pequeno o seu pai viñera da América pero non trouxera nada máis que uns borceguíns vellos e un tarro de bicarbonato;o seu pai viña enfermo e morreu axiña.Mais el dicía que era digno de voltar millonario e san.

Un día estaban no rueiro falando das súas vidas e tocoulle o turno de contar a súa.Aínda non rematara de contar a súa cando un esquelete ergueuse e deulle unha forte aperta. ¡Era o seu pai!

Despois duns días o seu pai cun lagarto nas masn díxolle que tiña que ir a San Andrés de Teixido para cumprir unha ofrenta que non cumpliu en vivo.

Contoulle que a súa alma tíñase que encarnar en aquel lagarto e que iba tardar bastante en voltar; así que encargouno de cuidar a súa cova.

Desde facía uns días ía reparando a un home de carne e óso que saía dunha cova e ía cara á cidade. Unha noite foi detrás del. O principio cría que era un pantasma pero non,era un vampiro.Como non estaba tranquilo foi a informarse e preguntar sobre os vampiros…O seu amigo,cheo de ciencia oficial cría que os vampiros eran os mortos que morreron cos ollos abertos,o coiro sonrsado,a boca e a nariz chea de sangre fresca ....

Despois de acabara de decir todo iso...preguntou como se lle podía dar morte a un vampiro e o seu amigo respondeulle que queimando o cadávere.

Non quixo saber máis e foise pensando que debían queimar a tódolos cacíques.

4. Personaxes:

Os persoaxes principais son dous:

- O Esquelete: conta que lle tiveron que sacar un ollo e de vivo non vía con el e de morto ese ollo servíalle para ver.

-O Inglés: é o seu mellor amigo e a pesar de ser inglés fala galego.

5.Tempo:

-Situase:

No cementerio e na cidade.

-Dura:

6.Xustificación do título:

O título do libro é Un Ollo de Vidro e chamáse así porque o protagonista do libro puséronlle un Ollo de Vidro e contanos o que lle sucedeu co seu ollo.

7.Comentario persoal:

É unha obra moi curta pero moi entretida.É de lectura fácil e unha compresión fácil anque non é galego normativo pero entendese ben.