Un mundo feliz; Aldous Huxley

Literatura universal contemporánea siglo XX. Novela futurista. Narrativa fantástica. Argumento. Temas

  • Enviado por: Bloody Fountain
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 2 páginas
publicidad

“Un Feliz Mundo novo”

Se alguén ten a manía de preguntar cómo definiría eu nunha palabra este libro, nesta ocasión faría unha excepción á miña forma normal de proceder (non contestar a semellantes parvadas, porque polo xeral un libro non se resume en unha nin dúas nin tres palabras: se le e se é para orientar ó lector na súa lectura se fai un breve argumento, sen dar unha opinión subxectiva), e o que lle diría sería isto: IMPACTANTE. non teño que pararme a pensalo dúas veces e cunha palabra me bastaría.

Foi unha ruptura, un fenómeno fóra do normal a pesar dos libros de calidade que lera anteriormente. Non é neste campo mellor, pois non ousaría dicir que Huxley escribe mellor ca Shakespeare; tal aberración non ten cabida na miña cabeza nin dá lugar a dúbida algunha. O que pretendo resaltar é o terrible cambio de temática, altamente chocante, e a minuciosa forma de tratalo con todo detalle cun rigor que se asemella ó dun científico.

A razón pola que este libro me atraeu é polo que meu pai, que sempre soe aceptar e brindarme libros marabillosos, comentárame sobre el e o conseguinte consello de lelo. Aquel dilema humano, aquel posible futuro (cada día máis, polo que este relato é sempiterno e imperecedero, e a un tempo, terriblemente calafriante) e aquela sociedade totalmente inmoral, sen valores e cun destino predeterminado dende o nacemento ata a morte que ten como destino a busca dunha artificial e vitalicia felicidade, unha ledicia tanto para a sociedade como para cada membro individual, atraeume tanto que sen máis dilación dispúxenme a lelo. E foi un gran acerto: a temática resultou ser aínda máis impactante do que nun principio oíra, e a isto contribuíu a forma minuciosa e detallada con que o autor se encarga de transmitírnola.

Hei dicir, por tanto, que se antes non me facía moita ilusión ler literatura de ciencia ficción, co futuro como tema e con complicados procesos de xénese de novas razas (temas tan tratados polos autores deste xénero) entre outras tantas cousas, co tema da evolución científica de por medio (dende hai uns anos sento bastante aversión por todo o relativo á ciencia) e demais, este libro supón ou ben unha rectificación absoluta en torno ós meus prexuízos co relativo a esta clase de libros ou ben sinxelamente considerar este libro como unha clara excepción á regra. Pero isto aínda non o podo dicir, xa que aínda non lin máis libros de ciencia ficción que me fagan absolutamente admitir e reiterar un dos dous puntos.

Tentarei agora de, brevemente, plasmar aquí o argumento desta obra de arte da literatura universal:

Centrémonos nun futuro non moi lonxincuo. Uns estudiantes fan a súa entrada nunha fábrica, precedidos polo director. Ata o de agora todo completamente normal, e tan semellante ó noso tempo que tal vez non nos pareza nada do outro mundo e consideremos a este autor un conservador sen remedio. Falsa aparencia, sen dúbida, pois... eses estudiantes son da casta Alfa- Máis, ó mesmo co director e o que van ver é algo tan espantoso e abraiante como a creación de miles de novas vidas. Non, non me confundín cando dixen que era unha fábrica, e tampouco ó dicir casta querendo que esta palabra significara “asociación”, “secta”, “empresa”... etc.; nesta fábrica o producto final son seres humanos, e o mundo se divide en castas: Alfas, Betas, Gammas, Deltas e Épsilons.

¿Pero cómo se poden crear seres humanos, diríamos agora, nunha fábrica? ¿Non ten acaso que encargarse diso a nai?Non, non no futuro. De feito, hai moito tempo que isto se esqueceu e a súa soa mención provoca un rubor colectivo nesta nova sociedade do futuro. Agora os nenos se decantan e as nais non existen: hai miles de enxeñeiros que se encargan de facer o milagre da vida, tan natural antes pero agora cientificamente, posible mediante un proceso case idéntico a unha producción en serie, coas diferencias como que se conservan xoves hasta que as células morren por engadidos científicos; as mulleres que se encargan de subministrarlle os nenos os coidados dunha nai son agora as enfermeiras e coidadoras, e as leccións para facerse cidadáns modélicos se lles dan polas noites mediante hipnopedia, manténdoas ata xa alcanzada a maioría de idade.

Xa dende o momento da primeira fecundación, os nenos e as nenas sométense a un “condicionamento” polo cal dependendo da casta á que van pertencer se lles prepara fisicamente para soportar as condicións do seu entorno. Xa dende embrións son parte dunha casta.

Os Alfas son os seres máis intelixentes, altos, ben formados e belos; encárganse sempre de facer cousas de alta envergadura e necesidade de capacidade intelectual. A súa cor é gris.

Os Betas son dun rango intelectual un pouco máis baixo, non acadan a perfección dos Alfas e se lles outorgan traballos de bastante prestixio, sen excesos. A súa cor é morada.

Os Gammas son diríamos o termo medio tanto en intelixencia como en aspecto físico, e coma os outros, teñen cadansúa función asignada segundo estas capacidades. A súa cor é verde.

Os Deltas son case os menos agraciados tanto nunha cousa coma na outra, e a súa pouca cabeza raia a estupidez. A súa cor é o caqui.

Os Épsilons son o escalón máis baixo da xerarquía, subnormais case e semiananos, cos postos máis sórdidos e menos dignos de todos. A súa cor é o negro.

Entre eles aprenden a respectarse no que abusos se trata, pero mantendo prexuízos e evitando toda mestura entre as castas; todos teñen claro no lugar que están e se tratan, respectivamente, coma seres superiores ou inferiores. Todo sexa pola felicidade... e se non se pode obter coa mera estabilidade social, recórrese ó soma. O soma é unha droga moi potente que consegue aportarlles artificialmente ledicia e benestar.

Unha vez centrados neste contexto tan radical comparado coa nosa sociedade de agora, Aldous Huxley proponnos a historia desde un punto de vista dun ser diferente (é curioso porque tiñan que ser todos iguais, sen distinción algunha). Este home é Bernard Marx, un psicólogo que reflexiona sobre a sociedade e séntese moi diferente pola súa aparencia física, digna dun Gamma sendo un Alfa- Máis. A raíz de todo o que isto supón, tenta adaptarse a sociedade e consegue unha cousa moi diferente: sufrir.

Namórase de Lenina, unha enfermeira moi popular entre os mozos e non tan mozos, cos que tivo relacións sexuais na súa maioría, e a leva para facer unha velada diferente a unha reserva en Malpaís, un lugar perdido e illado en Sudamérica.

Tras o que Lenina considerou a “parada dos monstros” (vellos, enfermos...) atoparon un achádego non menos sorprendente: unha muller civilizada atópase aí, en Malpaís cun... ¡fillo!A muller, que sufría desmesuradamente doenzas propias dun mundo sen civilizar atópase con dous persoas do seu mundo. E o fillo, un mozo moi belo, cae prendido dos encantos de Lenina.

Bernard atopa unha oportunidade perfecta para recupera-la súa fama, e leva ó salvaxe e á súa nai a Londres. Faise en seguida famoso, e lévase canda o seu lado a todas as mulleres que non conseguira nunca. Pero isto cambiaría: o salvaxe encontra este mundo o máis horrible que puidera soñar, refúxiase no seu querido Shakespeare e négase a participar na exhibición que o seu suposto amigo Bernard fai del. Tras unha decepción tremenda ó archichantre, Bernard e mailo seu amigo Helmholtz acaban destinados a unha illa.

O salvaxe e Lenina namóranse, e ela, acostumada a consumar o seu amor mediante relacións sexuais é rexeitada por el, aínda que a quixese, e acaba sendo para el unha rameira. Finalmente tenta vivir lonxe, e acaba nun faro seguindo como pode a vida que levaba en Malpaís. Os medios de comunicación acaban coa súa paciencia, e... aparece Lenina. El non pode aguantalo, e as continuas flaxelacións que se aplicaba remataron no corpo de Lenina. Algo máis tarde, el se suicida.