Tránsito dos gramáticos; Marilar Alexandre

Literatura Gallega. Siglo XX. Novela. Resumen

  • Enviado por: Ana
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 9 páginas
publicidad

O tránsito dos

gramáticos.

Marilar Aleixandre.

Este libro relátanos historias moi diversas. Unha situada na Idade Media e outra moito máis actual, pero con algo en común, e é que, a que está basada nuns anos mais próximos a nós, ten un insitente interese sobre a lírica medieval. Na historia que se centra máis na Idade Media é onde se aprecia a sociedade, a cultura, a política, a relixíon… da época.

Contexto histórico:

Sociedade:Nesta obra a sociedade era claramente feudal, nos que podemos distinguir claramente os tres estamentos: a nobreza, o clero e o campesiñado.Nesta sociedade, o rei dispoñía moito poder, (era o cumio da pirámide).

No capítulo 3, a partir da páxina 40 en adiante, é onde percibimos ese primer contacto coa sociedade feudal, falándonos dun rei, da nobreza e do pobo.

En moitos momentos faise referencia tamén a relación señor-vasalo,nesta época unha relación fundamental.

Na teoría: O señorcédialle un feudo a un vasalo e ofrecíalle protección militar, e podía ser, á vez, vasalo doutra persona de rango superior. E o vasalo era un home libre que se convertía ens ervidor ou vasalodo señor a partir do momento en que recibía o feudo. Traballaba a terra, pagáballe unha parte dos seus ingresos ao señor e, ademáis, debía acudir na súa axuda cando este llo solicitaba.

A esta relación faise moi boa referencia na páxina 66 nun diálogo no que se di: “Non teño eu por baixo servir a dona, antes ben non quero outro señor neste mundo”. Pero a pesar disto, na páxina 88 podemos observar como se crea unha revolucion entre os Señores e a Irmandade.

“Neste lances pasaron toda a noite, e outras que seguiron, e de tal forma non asombraba que Francisco desexase ás veces que as revoltas contra os Señores durasen tantos anos como din que levaron as guerras de Francia.

E daquela parecíaque os conxurados nas Irmandades tiñan a Deus e á Fortuna do seu lado, porque conquistaron as fortalezas dos Señores en gran número, e levaron á picota a tantos financieiros que inzaban os cambios do Reino de Galicia. Así puido escribi-lo cronista que tomaron os ladróns tan grande medo das Irmandades, que un camiñante cargado de diñeiro ben podía marchar descoidado polas máis solitarias sendas.

Pero a Fortuna é mudable, e os Señores preparaban a súa vinganza. Advertido por un mensaxeiro, Mestre Francisco dispoñíase a tornar onde a súa presencia podía ser máis necesaria, pero non quixo emprende-la viaxe sen antes advertir os monxes de Moraime da súa partida”

As Irmandadeseran asociacións de campesiños autorizadas pola coroa e destinadas á defesa de intereses comúns.

Na páxina 90 fai referencia a esa guerra dicindo: “sei que os Señores gañarán a guerra, e tomarán vinganza como xa sucedeu hai trinta anos”, e na páxina 91 di que “a gran guerra irmandiña estendíase por todo o Reino de Galicia”

Ao fin e ao cabo, na páxina 135 fala tamén sobre esta relación e os impostos que os Vasalos lle tiñan que pagar ao Señor.

Tamén afectou á sociedade a Peste Negra, na que se fai referencia na páxina 60: “Era de mil e CCCC e LXVI anos, vinte días andados do mes de decembro, abateuse a Morte Negra sobre o Reino de Galicia e durou un ano continuo”. Esto afecta a sociedada pola cantidade de xente que morreu a causa dela e porque moita xente, como tamén se fai referencia na páxina 61, comezou a irse de Santiago, Pontevedra, Toi e Betanzos.

O seu punto máximo foi entre 1347 e 1353, e provocou a morte de 25 millóns de personas (apróximadamente, un tercio da poboación de Europa naquel entón)

Con respecto ao ámbito político, no libro non se fai a penas referencia, aínda que sí podemos dicir que era unha sociedade na que a Igrexa influía constantemente e tiña moito poder

Sabemos que esta era unha época de monarquía absoluta, e dicir, no había división de poderes.

Noméase tamén a política exterior do gobernó de América na historia de Helena e Anxo que é a que realmente lle dá o título ao libro. Isto ocorre nas páxinas 142 e 143 e compáraas coa xente que vive alí, que nada ten que ver unha cousa coa a outra e que poden ser mentalidades totalmente diferentes.

A economíaera básicamente agrícola. Os labregos estaban obrigados a pagarles tributos ao señor (indicado xa anteriormente), xa fose da nobreza ou do clero: unha parte da colleita, días de traballo, diñeiro…

Na economía tamén influiu a Peste Negra, e é necesario mencionar a crisis como consecuencia. Faise referencia a isto na páxina 110, mencionando o mal que o estaban a pasar e a falta de alimento: “Para as xentes da cidade cada día deses anos durou meses, e cada mes durou anos, e non houbo desgracia que nese tempo no se abatese sobre Compostelam nin peste, nin fame negra, nin lume de pez e alcatrán. E escaseando o centeo para facer pan, disque cocían un que amasaban raendo codias das árbores, e tamén comían raíces e herbas do campo que, mesmo sendo aamrgas e ásperas, engañaban a fame, sequera por unas horas.” “Cada día que pasa escasea máis a comida, e non falemos de galiñas ou porcos, que ninguén- fóra algún coengo- lembra xa o sabor da súa carne”

Isto propiciou a subida de precios dun día para o outro como tamén se comenta na páxina 111.

Con respecto á cultura, no libro estase a falar constantemente sobre o Camiño de Santiago e o sepulcro do Apóstolo. Fala sobre a peregrinaxe xa desde o principio do libro. Nas páxinas 42 e 43 fala da Confraría, que se fundou para defender aos peregrinos xa que todos eran atacados durante o camiño.

Na páxina 62 fai referencia aos peregrinos tamén diciendo que había xente que facía o camiño como sentenza dos seus delitos cometidos: “Non tódolos peregrinos que percorren o camiño entre Compostela e a vella Igrexa de Santa María de Iria van en dirección a esta última. Moitos peregrinos, ós que en confesión ou mesmo a xustiza civil ompuxeron como pena polos seus delitos a viaxe ó sepulcro do Apóstolo…”

Tamén di que, se pasaban por Francia, moitas veces atopábanse coa Guerra dos 100 Anos.

A lingüística é un aspecto bastante importante neste libro, pois vese como ás veces utilízase un galego máis antigo. Tamén a min recordáronme as páxinas 86 e 87 a unha mestura de cantiga de amor e pastorela pero en prosa, pois é un diálogo entre os dous e él estalle demostrando o seu amor, e ao final é correspondido. Utiliza a palabra dona e a voz poética é un home. Ademáis cumple moitos dos campos sémicos principais das cantigas de amor.

Opinión persoal:

Pareceume un libro complicado e un pouco pesado, pero á vez interesante, pois danos moita información a cerca de como era a Idade Media e nas condicións nas que vivían.

Con respecto a historia de Helena, pareceume a parte máis entretida do libro, pois considero que tiña máis movemento e emoción, e a vez un pouco de intriga. Gustoume moito a personalidade de Helena, a súa forma de actuar nun momento como o que ela vivía e, sobre todo, a súa madurez e actitude fronte a Anxo pois, a pesar de que entre eles dous houbese algo nun pasado, ela tiña claro a vida que lle correspondía a cada un. Impactoume tamén a súa forza de loitar polo que ela quería, que era facer algo co Xogo, unha folga polos cambios que querían facer, e ela estaba moi entregada a facelo polo accidente que ocurrira, e no que falecera a persoa a que quería e coa que tiña pensado vivir nun futuro non moi lonxano. Tamén me chamou a atención a concepto de amor que Anxo nomea ao principio do libro na páxina: “Namorarse é cousa doutros tempos. Agora non diría ninguén <<Amosádema, Deus, ou se non dádeme a morte>> . Él dicía eso porque, a pesar de ter a súa familia completamente formada, él estaba namorado de Helena.

Hai unha parte do libro que me pareceu verdadeiramente bonito o que dicía, e era unha das cartas que Helena atopara no piso do seu falecido amante que dicía o seguinte:

“Dixeches <<non é tan fermosa coma ti”. Eu vexo o meu reflexo, no espello e nos ollos dos outros. Xa sei que son fermosa, divina, din. De que me val, podes decirme? De que o meu cabelo rubio se ti prefires enterrarte nun castaño? De que a pel de nata e seda se ti non vés tanxela? Por que non pode discorre-la nosa relación como ó principio? Dicías que a amabas, pero que era un amor distinto do noso; que era como querer á nai, á noiva, á filla, sen que un lle quitase ó outro. Eu sabía –pensaba que sabía, aínda me resisto a crer que non é así- que no podias prescindir do meu amor, do meu corpo. Para a miña desgracia teño a certeza de que eu non podo prescindir de ti. Como podería? Ti fuches sempre o meu refuxio fronte ós outros, fronte ó outro, como eu fun o teu.

Desde que te lembro souben que eras fermoso, e que eras meu. Ti menos; ti víasme cos ollos dos outros, e se viñeches aquela primeira noite dos meus quince anos -sei que non a podes esquecer, igual que non a esquezo eu- foi porque Alexandre estaba alí; porque Alexandre dixera (escoiteino) "nunca vin nada igual". Despois viñeches e bicáche-lo meu cabelo e o meu colo, e era igual que as outras veces, pero era distinto. Colliche-las miñas mans entre as túas e preguntaches, mirándome ós ollos: sabes acariciarte? Non, dixen. E, como ía saber? As miñas amigas tampouco sabían, ninguén me podía ensinar. Ensinareiche eu, dixeches, pero non porque queira que sexas miña, senón porque primeiro quero que sexas túa. E fun miña, son túa.
Dis que todo acabou, que todo ten que ser distinto. Propós ideas que me parecen tolice -pero todo o que non sexa estar contigo é tolice para min-. Que non nos vexamos nin falemos por un tempo, como é posible? Dis que así esquecerei, verei as cousas doutra forma. Eu dígoche nunca, nunca, nunca”

En conclusión, pensó que, a pesar da dificulade do libro, merece a pena lelo para ver e contrastar a vida da Idade Media coa de agora en todos os aspectos.

Bibliografía:

Libro de texto.

es.wikipedia.org

Índice:

Páxinas 1 e 2: Sociedade.

Páxina 3: Politica, economía e cultura.

Páxina 4: Cultura e lingüística.

Páxinas 5 e 6: Opinión persoal.

Páxina 7: Bibliografía.