Transición democrática española

Constitucionalismo español. Consenso político. Papel PSOE (Partido Socialista Obrero Español). Congreso Suresnes

  • Enviado por: Teo
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 9 páginas
publicidad

  • INTRODUCCIÓN

  • O presente traballo analizará a relevancia do papel dun dos actores fundamentais da transición: o Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Un partido que tanto no tardofranquismo como na transición atravesou un camiño que moitos autores definen coma a “transición dentro da transición” e que se define pola busca do liderazgo da esquerda, da unión desta baixo as súas siglas e, de forma máis chamativa, polo cambio de discurso político xa que camiñou dende o anticomunismo e a moderación do PSOE liderado por Rodolfo Llopis ata a socialdemocracia europea defendida por Felipe González e pasando polo reformismo revolucionario característico dunha etapa onde a busca dese liderazgo da esquerda obrigaba a manter unha distancia idelóxica recoñecida e recoñecible tanto da moderación anterior como da postura do PCE (principal rival e recoñecido lider da oposición antifranquista).

    A isto debemos sumarlle a súa escisión, sementada xa no Congreso de 1970 e confirmada dous anos despois nun novo Congreso, ambos celebrados en Toulousse. E a posterior busca do liderazgo da esquerda dende a competencia co PCE e a procura da absorción (nunca se aceptou unha refundación) dos outros partidos da esquerda.

    Por tanto, escolle-lo PSOE é unha decisión fundada no seu interese, na súa importancia e, por suposto, na súa intercontextualidade. Xa que dende a súa historia nesta etapa podemos observar acontecementos colaterais nos que o PSOE ten influido e/ou influenciado. Aínda así, o noso obxectivo principal é observa-la evolución ideolóxica do PSOE nestes anos e a qué factores podemos asigna-la explicación desta rápida conversión ideolóxica.

  • O PSOE NO TARDOFRANQUISMO

  • A década dos '60 e o comezo da renovación.

  • A posguerra mostrou a implacable persecución do réxime cara á oposición política caracterizados pola represión, os apresamentos, os procesamentos, os encarceramentos e, no peor dos casos, os fusilamentos. O punto de partida para a posta en orde do partido e a volta á “normalidade” é o 1944: ano no que se reuniu o primeiro Congreso trala guerra.

    Pero esta posta en orde ocorre baixo a inexistencia do PSOE no interior do Estado xa que a represión fixera exiliarse a un número importante de dirixentes e militantes. Deste xeito, o PSOE carecía de calquera estructura no interior. Deste xeito, só podemos falar do PSOE no exilio, onde se atopaban os dirixentes moderados Indalecio Prieto e Rodolfo Llopis.

    O PSOE non tivo oportunidade nin capacidade de renovación ata entrada a década dos sesenta. Aínda que xa no 1956 dera algúns golpes de cego neste sentido coa fundación da Agrupación Socialista Universitaria (ASU) máis tarde unida ás Juventudes Socialistas de España (JSE) e canteira do PSOE da España democrática.

    O que podemos considera-lo primeiro intento serio de renovación do PSOE no interior prodúcese no 1965 en Andalucía. Deste proceso hoxe aínda tan escuro sairían un grupo de mozos e mozas dispostos a cumprir un dobre propósito: a colleita de información dos vellos militantes por unha banda e o relanzamento da Unión General de Trabajadores (UGT) pola outra. Proba da eficacia desta renovación témola en 1969, ano no que o xoven avogado Felipe González Márquez -coñecido co alcume de Isidoro-, se incorpora ó Comité Nacional do PSOE en Toulousse. Esta incorporación permite o contacto entre os grupos que operaban en Andalucía, Asturias e País Basco. Desta importante conexión verémo-las súas consecuencias máis adiante.

    Por tanto, a década dos '60 podemos considerala como o inicio do proceso de reestructuración do PSOE no interior do Estado Español despois dunha etapa caracterizada pola falta de oportunidade para reconstrui-lo derrubo do partido provocado pola forte represión e persecución da posguerra.

  • Crise interna e creba do PSOE.

  • Unha primeira consecuencia do contacto entre andaluces, asturianos e bascos foi a consolidación dunha inconcreta autonomía do partido no uinterior con respecto á estructura asentada no exilio liderada por Rodolfo Llopis. Unha inconcrección que se foi convertindo día a día nunha esixencia máis concreta.

    O proceso de crise interna entre o PSOE no interior e no exterior tivo o seu primeiro capítulo no 24 Congreso Federal celebrado en 1970 na localidade francesa de Toulousse. Neste Congreso non só se aprobou por un 80% dos votos emitidos a consecución dunha considerable autonomía para o PSOE do interior senón que ademais, pro primeira ver, unha Comisión Executiva tiña máis membros do interior que do exterior. O criterio de Rodolfo Llopis viuse, entón, fortemente desautorizado. Nun Congreso onde a presencia do interior xa era notable (Norte, Noroeste, Pirineos, Centro, Levante e Sur).

    Este proceso viuse refrendado cando a UGT no seu 11 Congreso elixiu un Comité Executivo paralelo ó do PSOE é estaren comporto por membros do interior.

    Pero o capítulo decisivo viviríase no 1972 con motivo da celebración do 25 Congreso tamén en Toulousse. Neste Congreso o desacordo entre os renovadores e os partidarios de Llopis foi total de forma que podemos falar dunha escisión. Unha división entre PSOE Histórico (R. Llopis) e PSOE renovado. As baixas desta escisión para o PSOE renovado supuxeron a perda da metade da organización no exilio e unha quinta parte -aproximadamente- da militancia clandestina. Ademais, inauguraba unha penosa travesía de varios anos nos que cada sección buscaría o seu recoñecemento internacional e, con el, a súa lexitimación.

    Porque o peso do PSOE tanto nos anos do tardofranquismo coma da transición nunca se mediron polo seu número de militantes ou a súa extensión xeográfica polo territorio do Estado Español. Senón que o criterio foi o recoñecemento e o apoio internacional recibido por este. Un factor este co que sempre xogaron os renovadores e que nesta etapa, máis ca nunca, ía ser definitiva.

    A súa importancia débese a que a Internacional Socialista (IS), ante o desconcerto presente no PSOE trala escisión, decide en outubro de 1972 crear unha Comisión dirixida por Bruno Pitterman a efectos de recoñecer a unha ou outra das seccións escindida (ademais de coñece-lo Partido Socialista do Interior -PSI- fundado polo profesor Tierno Galván en 1968 e que solicitara a súa entrada na IS). Ámbalas partes sabían que a decisión que tirase a IS ía ser definitiva para o seu futuro. Por iso, inmediatamente despois da resolución favorable (coa abstención do PSI Italiano relacionado co PSOE-Histórico) da IS ó PSOE-Renovado Rodolfo Llopis plantexou ante esta un recurso. Pero este foi inútil, de xeito que a IS confirmou o recoñecemento do PSOE-Renovado como o auténtico Partido Socialista Obrero Español en marzo de 1974.

    A partir de aquí Llopis mantén distintas relacións tanto co Partido Socialista Italiano (PSI) coma co Partido Socialista do Interior do profesor Tierno Galván. Con este último existiu un intento de fusión que finalmente non chegou a callar. Algo que non deixa de resultar chamativo en canto as diferencias do PSI eran máis acetuadas con respecto ó sector encabezado por Llopis co dos renovadores.

    Pola súa banda o aínda PSOE-Renovado tamén intentou a absorción de distintos partidos de ámbito rexional así como a posible fusión entre UGT e a USO na Conferencia Socialista Ibérica. Unha iniciativa esta que tamén fracasou.

    Deste xeito, ámbalas seccións tiñan o anhelo común de unir baixo as súas siglas á esquerda pero este proceso non callaría ata varios anos despois; culminando a comezos nos anos '80. Ademais, e como punto final a este apartado, debemos dicir que en maio de 1975 o PSOE e o sector escindido do partido iniciaron conversas serias para a reincorporación destes. Un proceso de conversas que culminou coa incorporación en maio de 1976 do sector maioritario dos escindidos e constituiase un comité de enlace cos socialistas cataláns de Raventós.

  • O Congreso de Suresnes. O comezo dunha nova etapa.

  • No ano 1974 e trala confirmación en marzo deste ano por parte da IS do PSOE-Renovado como o auténtico PSOE ten lugar o que é considerado un motor de cambio para o partido. En outubro celébrase o 26 Congreso do PSOE: o Congreso de Suresnes.

    Pero aínda que o Congreso de Suresnes ten lugar en outubro do '74 para poder entender o que ali aconteceu debemos ir máis atrás, en concreto ata setembro dese mesmo ano. Data na que sae a luz ó que sería o documento base dese Congreso: a “Declaración de Septiembre”. Ademais, tamén se redacta o informe político que supón a Resolución do Congreso de Suresnes. Ámbolos documentos foron redactados por Felipe González. O máis relevante da Declaración e do Informe é que establecían a ruptura democrática como única saída para España.

    Outro punto de inmportancia deste Congreso era a asunción do liderazgo do PSOE. Un aspecto este que causou daquela grande controversía e que, aínda hoxe, non coñece unha resolución clara. Por este motivo o que se diga a partir de aquí entrará hno terreo da especulación sendo o único feito probado a confirmación do liderazgo de Felipe González.

    Comecemos dicindo que o que, parece ser, soaba como próximo Sº Xeral era Nicolás Redondo. O consenso sobre este aspecto parecía maioritario xa que era fillo de militante, loitador do movemento obreito, da federación siderometalúrxica e con carácter tranquilo. Pero N. Redondo non aceptou o nomeamento. Luís Yañez propúxollo entón a Felipe González, proposta que atopou forte oposición: Enrique Múgica e Pablo Castellano posicionáronse en contra.

    A partir de aquí entramos no terreo máis escuro porque, mentres algúns falan dunha asunción maioritaria do liderazgo de González e dunha espontaneidade deste nomeamento. Outros, entre os que atopamos a Pablo Castellano, falan da existencia do denominado por este Pacto del Betis para a designación de González, existindo unha campaña en favor deste moito antes da renuncia de Nicolás Redondo.

    O único resultado certo é que no Congreso se elixiu a Felipe González como Secretario Xeral do PSOE, a pesar das solicitudes de aplazamento da decisión solicitada pola Federación Socialista Madrileña (FSM) á que pertencía Pablo Castellano, obtendo 3259 votos sobre un total de 3586 -segundo máis votado tralo Secretario de Formación e Documentación Francisco Bustelo que obtivo 3382 votos-.

    A partir de aquí o PSOE entra nunha nova etapa caracterizada pola busca dun papel para o PSOE de principal partido da oposición antifranquista e da esquerda. Etapa que supuxo un certo grao de ambigüidade xa que combinaba o reformismo revolucionario aceptado como ideoloxía do partido cunha praxe baseada na prudencia e, en moitos casos, na moderación. Papel este último encabezado por Felipe González. Este camiño de ambigüidade, que durará ata 1978, será o que centre o seguinte punto.

  • O PSOE NA TRANSICIÓN.

  • PSOE-PCE. Historia dun desencontro necesario.

  • Dende o 26 Congreso Federal celebrado en Suresnes xa se viña anunciando a disposición do PSOE de lidera-la transición política española: “Toda construcción de una alternativa democrática trata de contar con el PSOE, no sólo por su peso actual sino por su fuerza potencial”. Pero o principal obstáculo para a consecución deste obxectivo era a presencia dun PCE que era coñecido e recoñecido pola sociedade española como lider da oposición antifranquista e líder da esquerda.

    Por iso, se o PSOE quería cumpri-los seus obxectivos debería distanciarse do PCE e tomar un novo rumbo. A nova liña era, por tanto, a de tomar un camiño que os distanciase do PCE á vez que fixese esquecer a imaxe de moderación que a sociedade tiña dende o PSOE liderado por Rodolfo Llopis. Santiago Carrillo, pola outra banda, debía reforza-lo papel do PCE na sociedade polo que o aglutinamento da oposición baixo as súas siglas tamén era un obxectivo.

    O primeiro episodio deste desencontro vivese en xullo de 1974 cando se funda a Junta Democrática coa pretensión de ser un movemento popular antifranquista. Esta Junta, auspiciada polo PCE, conta coa adhesión de partidos neosocialistas como o PSI do profesor Tierno Galván e de grupos marxista-leninistas como o Partido del Trabajo (PT) entre outros.

    A oposición do PSOE é virulenta xa que saben que un apoio a esta ou a súa incorporación á mesma suporía unha actitude de seguidismo. Algo que situaría ó PSOE nun segundo plano e suporía o punto e final cara a consegui-lo tan buscado liderazgo da oposición e da esquerda. Por iso, en 1975, e a pesar da mala situación pola que estaba a atravesa-lo partido co número máis baixo de afiliados durante toda a dictadura, a escisión do partido, o fracaso da Conferencia Socialista Ibérica, a proliferación de novos grupos rexionais socialistas, etc. crean a Plataforma de Converxencia Democrática, onde tiñan cabida democristianos, socialdemócratas, nacionalistas e con algunhas formacións Carlistas e Maoístas.

    Esta separación remata en marzo de 1976 onde xorde a Coordinación Democrática (tamén coñecida como Platajunta) como unión da Junta dominada polo PCE e a plataforma encabezada polo PSOE. As propostas máis salientables da Platajunta son a apertura dun proceso constituínte que conducise á decisión sobre a forma do Estado a través dunha consulta popular baseada no sufraxio universal ou a formación de órganos de poder executivo de amplia coalición; sendo esta última unha proposta tan ambigüa no seu plantexamento como heteroxénea na súa posibñe concreción.

    Pero esta unión, en ningún caso supuxo unha reconciliación. Entre PSOE e PCE sempre existiron medor e recelos. No caso do PCE o seu temor residía en que o PSOE, cun maior grao de permisividade e tolerancia por parte do réxime nos seus últimos anos, decidise esperar para legalizar ó PCE ó paso das primeiras eleccións democráticas de 1977. Pola súa parte, o PSOE tiña certo temos a que a posición social do PCE acabase co seu paso a un segundo plano e a súa definitiva perda de relevancia no plano político estatal.

    Nembargantes estes temores disipáronse rápido. A situación de alegalidade do PSOE en comparación á do PCE. O apoio dos medios de comunicación ó PSOE en detrimento do PCE. As consecuencias do virulento proceso de socialización do réxime cunha España temerosa ante a chegada da “amenaza comunista”. A maior permisividade do goberno de Arias Navarro primeiro e de Suárez, etc. Axudaron a colocar ó PSOE por diante do PCE nos inquéritos de intención de voto. Unha situación que se viu refrendada nas eleccións de 1977 con máis rotundidade se cabe xa que, mentres as sondaxes daban unha proporción de dous a un do PSOE sobre o PCE, os resultados (en número de escaños) acabaron situando ó PSOE (118 escaños) nunha proporción de seis a un con respecto ó PCE (20 escaños). O obxectivo estaba cumprido.

  • O PSOE cara á unidade socialista.

  • Pero outro factor que tamén contribuiu a este sorpasso do PSOE sobre o PCE foi o proceso de unidade que os socislistas retomaron en 1975 tralo fracaso da Conferencia Socialista Ibérica de 1973. Neste mesmo ano inaugúrase unha fase de serias conversas entre a sección escindida en 1972 e o PSOE que ramataron, como dixemos anteriormente (vid. 2.2.) coa incorporación en maio de 1976 do sector maioritario dos escindidos e coa constitución dun comité de enlace cos socialistas cataláns de Raventós.

    Ademais, a constitución da Platajunta (vid. 3.1.) serviu para deixar ós partidos e grupos que non fosen PSOE e PCE nun segundo plano ademais de situar ós socialistas nun papel de igualdade con respecto ós comunistas.

    A partir do 27 Congreso Federal celebrado en decembro do 1976 e, por primeira vez dende a Guerra Civil, en territorio do Estado Español, produciiuse un xiro no proceso de unidade socialista. Das cinco ofertas socialistas existentes no momento da morte de Franco só restan dúas: o PSOE e o Partido Socialista Popular (PSP) do profesor Tierno Galván, que é o PSI con novas siglas tralo fracaso da súa colaboración con escindidos primeiros (fracasado intento de fusión entre ambos) e comunistas despois (colaboración na Platajunta). O PSOE conseguira a absorción do sector maioritario dos escindidos, o Partit dels Socialistès Cataláns (PSC) de Raventós e a Converxencia Socialista Madrileña (CSM), formacións que representaban a metade dos afiliados da Federación de Partidos Socialistas (FPS).

    Por outra banda algunhas formacións sociademócratas aliáronse cos restos (trala absorción polo PSOE) do PSOE-Histórico nunha Alianza Socialista Democrática mentres outros grupos remataron por integra-la Unión de Centro Democrática (UCD) ou o Pacto Democrático de Cataluña.

    A estratexia de Felipe González durante o ano 1976 foi a de desdebuxa-las diferencias cos partidos socialdemócratas por unha banda mentres, pola outra, remarcaba as diverxencias co PCE.

    As eleccións de 1977 marcaron as definitivas distancias co PCE e significaron o paso ó limbo parlamentario dos partidos socialdemócratas e da esquerda radical (presentou candidaturas a pesar de non estar legalizada). Esta panorama significaba a cuasi desaparición da esquerda radical. O PSP, nembargantes, endebedado, rematou o seu periplo coa súa absorción por parte do PSOE en marzo de 1978. No PCE comezaron as loitas internas e as división trala nova situación coa que se tiñan que enfrontar. O PSOE, pola contra, saiu reforzado de todo este proceso conseguindo nonn só o liderazgo da esquerda e da oposición senón tamén unha posición inmellorable de cara a ó futuro.

  • A travesía ideolóxica do PSOE.

  • Como xa dixen na introducción o PSOE atravesa nestas datas por un proceso de transición ideolóxica que o leva dende o anticomunismo e a moderación de forma e de fondo característica do PSOE de Rodolfo Llopis ata o neosocialismo e a socialdemocracia presente no 1979 pasando polo reformismo revolucionario da etapa de 1974-1979. Agora imos ver esta travesía e a evolución do PSOE nestes anos.

    Xa dixemos en repetidas ocasións o anticomunismo e a posición de moderación que imprimía ó PSOE a dirección no exilio de indalecio Prieto primeiro e de Rodolfo Llopis despois. Este panorama ía seguir así ata o Congreso de Suresnes onde xa se facía referencia a unha organización federal do Estado das nacionalidades que o compuñan así como o dereito destes á súa autodeterminación.

    A partir de aquí e a medida que avancemos na nosa análise outros elementos irán dando forma ó discurso ideolóxico, que non as formas nin a praxe política do PSOE. Entre estoutros elementos están o socialismo autoxestionario e o neutralismo antiimperialista. Elementos estes que non só supuñan unha ruptura coa dictadura, senón tamén coa totalidade dunha orde social que tiña como principais elementos a monarquía, a economía de mercado e a apertura a Occidente. Este discurso é definido como consecuencia dunha especie de “enfermidade infantil esquerdista” xa que o rápido paso deste discurso a outro máis cercano á socialdemocracia europea amosa unha feble consistencia deste reformismo revolucionario. Consistencia esta máis asentada en motivos de estratexia política que de fondo ideolóxico xa que, como tamén dixemos anteriormente, esta radicalidade do discurso convivía cunha notable moderación na praxe política.

    Pero o cenit do discurso reformista revolucionario acádao no 27 Congreso Federal celebrado en Madrid no 1976, primeiro congreso celebrado en España. Este supón un maior achegamento á líña sindical e o mantemento de obxectivos coxunturais. Aínda non se consideran acadadas as mínimas condicións para o desenvolvemento das liberdades democráticas, polo que este segue a se-lo obxectivo prioritario do Partido. Deste xeito, o PSOE segue a reivindica-la necesidade dunha ruptura democrática co réxime anterior así como a existencia dun proceso constituínte que decida a forma do Estado (reivindicación esta da Platajunta). Tamén recolle a identificación de socialismo con marxismo, a autodeterminación dos pobos, república federal, anticapitalismo autoxestionario e antiimperialismo. Unha base ideolóxica que rompe coa imaxe dun PSOE flanqueado por importantes líderes do socialismo europeo (Olof Palme, François Mitterand, etc.) moi distantes ideolóxicamente dos seus anfitrións españois.

    Dende aquí ata o 28 Congreso a celebrar en maio 1979 ocorrerían importantes cambios xa que, a raíz dos resultados das eleccións de 1977, o paso do PSOE de espectador a actor e en primeira liña (era o principal partido da oposición) significaban un necesario reaxuste. Pero este axuste sería moi duro xa que se este Congreso non supuña grandes cambios na liña ideolóxica aprobada no 27, os resultados das eleccións de 1979 provocarían un novo xiro neste discurso.

    O cambio definitivo comezaría a callar no Congreso Extraordinario celebrado en setembro do mesmo ano para cristalizar, definitivamente, no 29 Congreso celebrado en 1981. Xa que, se o Congreso Extraordinario supuxo a confirmación do liderazgo de Felipe González, a perda de importancia dos clans e das familias socialistas mediante a súa substitución por uhnha maioría monolítica e a pechazón dunha época de competencia co PCE de máis de dez anos para abrir outra de hexemonía da esquerda. O 29 Congreso, celebrado en 1981, significou a eliminación a calquera alusión ó marxismo, e a unanimidade máis que o pluralismo alonxaron calquera posible alusión a unha imaxe de división e debate internos.

  • CONCLUSIÓN.

  • A conclusión que tiramos é que a travesía ideolóxica atravesada polo PSOE tivo unha motivación maiormente circunstancial: o distanciamento do PCE, a absorción das organizacións socialistas, etc. Unha evolución que se caracteriza pola súa volatilidade (cambios moi profundos e moi rápidos) e, en consecuencia, por unha escasa profundidade nas distintas conversións sufridas polo PSOE.

    Por tantoQue quedan moitas cousas por analizar é algo incuestionable: o papel do PSOE na legalización do PCE, no proceso constituínte, na estabilización da democracia... Pero este traballo en ningún caso pretendeu nin plantexou entrar neles. O meu único obxectivo é analiza-la transición ideolóxica do PSOE e como esta é motivada polas circunstancia da trnsición política española. Doutro xeito, o meu obxectivo era establecer unha relación de causalidade entre a “transición dentro da transición” do PSOE e as circunstancias políticas da propia transición española. Unhas circunstancias e uns acontecementos que se limitan ó espectro ideolóxico da esquerda, xa que nas épocas de profundo cambio político, o predominio dunha maior fragmentación intrabloques (dereita vs esquerda) provoca axustes coma os producidos neste caso. Así, de forma indirecta, podemos observa-lo cambio producido no sistema de partidos e como este evolue.

    En