Transformacións agrarias e expansión industrial no século XIX

Reforma Agraria. Revolución Demografica. Principio de la Industrialización. Ferrocarril y Mercado. Desindustrialización y Emigración en Galicia

  • Enviado por: Enma
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 9 páginas
publicidad

Tema 7: Transformacións agrarias e expansión industrial no século XIX

Introdución:

A economía dalgúns países de Europa transformouse no século XIX. A industria desprazou a agricultura e a mecanización e o uso de enerxía inanimada cambiaron de xeito radical as formas de produción.

Todo iso transformou radicalmente a estrutura económica e a organización da sociedade, inaugurando a era do capitalismo.

España coñeceu importantes transformacións na súa economía.

A finais do século XIX, España tiña unha economía agraria, cun sector industrial limitado e pouco capaz de competir no mercado exterior.

A sociedade española presentaba os trazos característicos dunha sociedade capitalista (nivel de riqueza por habitante inferior ó dos países industrializados).

  • As transformacións da agricultura:

  • A consolidación da propiedade privada da terra:

  • Os gobernos liberais do século XIX (sobre todo progresistas), partían dunha nova concepción xurídica dos dereitos da propiedade que implicaban a liquidación das formas propias do Antigo Réxime e a consolidación da propiedade privada da terra. Nas súas decisións influíron: os graves problemas agrarios, a resistencia dos campesiños a continuar pagando os vellos dereitos feudais e a necesidade de que sectores novos accedesen á propiedade.

    Emprenderon unha reforma agraria liberal, cuxo obxectivo era liberar a terra das trabas que lle impuña o Antigo Réxime ó desenvolvemento da propiedade privada e da economía de mercado. As principais medidas foron: a abolición dos señoríos xurisdicionais, a desvinculación da propiedade e a desamortización das terras. Logo das reformas, a terra pasou a ser vendida e mercada libremente.

    Este marco foise completando con outra serie de medidas como as leis de cercado, o fin do privilexio do gando, a liberdade de arrendamentos,…

  • Os efectos da reforma agraria:

  • A abolición dos señoríos non significou a perda dos dereitos sobre a terra dos antigos señores (a maioría puideron transformar os seus señoríos en propiedade privada). Os campesiños preitearon aspirando poderen acceder á propiedade das terras pero os tribunais resolveron a prol da nobreza, no caso de que os campesiños posuísen documentos (contratos), éralle adxudicada a propiedade. Logo da reforma, convertéronse en arrendatarios ou asalariados, e xorde o problema do xornalerismo.

    A desvinculación da terra e as desamortizacións (de Mendizabal en 1836 e Madoz en 1855) permitiron que permitiron que as propiedades saísen ao mercado e implicaron a modificación da propiedade territorial. Como resultado cambiarán de dono milleiros de edificios e parcelas agrarias, incrementaranse e diversificaranse os posuidores.

    A esperanza do liberalismo progresista non se conseguiu, xa que, mercaron terras os que xa as tiñan e os que contaban con recursos. Os novos propietarios estaban máis interesados en conseguiren beneficios rápidos que investir na terra. O feito de que a maioría dos compradores non fosen cultivadores, levou a considerar a desamortización como unha oportunidade perdida.

    Que a desamortización non cumprise as grandes esperanzas non debe considerarse un fracaso, xa que cumpriu con algúns obxectivos: financiar a guerra contra o carlismo, paliar a grave situación da Facenda Pública e fomentar a construción do ferrocarril.

  • Os límites do crecemento agrario:

  • A consecuencia máis importante foi o aumento da cavadura das terras hasta daquela incultas, conseguindo prescindir das importacións de cereais, e permitindo un crecemento sostido da poboación.

    A meirande expansión produciuse nos cereais, outros protagonistas foron a vide, o millo e a pataca. A gandería ovina e a da sufriron un notable retroceso. Aumentou a cabana porcina.

    O aumento da poboación foi grazas ó incremento da superficie cultivada, non como resultado da modernización das técnicas de cultivo.

    O lento aumento da produtividade, pódeselle atribuír a un marco natural pouco favorable, pero sobre todo a unha estrutura da propiedade que non fomentaba a mellora técnica. É o caso dos minifundios que non abondaban para alimentar unha familia, sen posibilidades de vender no mercado. E os latifundios tampouco axudaban a mellorar a produtividade, a maioría destes grandes propietarios non estaba interesada en investir para cultivar mellor, só na obtención de fáciles beneficios, o que sumiu ós campesiños na subsistencia. Estas grandes diferenzas de renda provocaron conflitividade campesiña ao longo do século XIX.

  • A revolución demográfica

  • O crecemento da poboación:

  • Ó longo do século XIX, a poboación española aumentou. As causas foron a desaparición de determinadas epidemias, a mellora da dieta e a expansión dalgúns cultivos.

    A sociedade tiña os trazos típicos da demografía tradicional: alta mortalidade e alta natalidade. Había mortalidade infantil e a esperanza de vida era baixa, o que explican o limitado crecemento da poboación española, que non experimentou a transición cara unha demografía moderna.

    O mantemento dunha elevada mortalidade foi debido ás malas condicións sanitarias e o impacto das epidemias e da desnutrición. As epidemias estaban moi relacionadas coa falta de hixiene.

  • Éxodo rural e crecemento urbano:

  • No século XIX o proceso de urbanización foi limitado pola modesta transformación industrial e do atraso agrario, que lle obrigaba a parte da poboación a producir alimentos e a quedar no campo. Pero o crecemento das cidades foi constante.

    Iniciouse un lento éxodo rural que implicou o aumento da poboación urbana.

    O aumento de tamaño dalgunhas cidades obrigou a programar plans de reforma urbana (apertura de avenidas e rúas, construción de estacións de ferrocarrís, iluminación pública e rede de sumidoiros), que deu lugar a novos estilos de construción (edificios máis altos e distribuídos en vivendas e diferentes categorías).

  • As migracións transoceánicas:

  • A tensión entre o aumento de poboación e as escasas oportunidades de emprego obrigou a moitos a emigrar a outros continentes.

    Os principais focos foron Galicia, Asturias, Cantabria e Canarias. Tamén Cataluña. O destino era Arxentina, México, Cuba e Brasil.

    Esa emigración provocou que a poboación se botara a “facer as Américas” co propósito de facer fortuna no novo continente.

  • Os inicios da industrialización

  • A industria téxtil catalá:

  • En Cataluña iniciárase unha incipiente manufactura téxtil, as fábricas de indianas, pero a Guerra da Independencia detivo a súa expansión. Despois do conflito o aumento da produción retomouse, o seu principal mercado era o interior de España.

    As medidas de liberalización e a supresión dos privilexios gremiais, aseguraron o libre exercicio da actividade industrial, e permitiron unha rápida mecanización.

    O proceso de mecanización

    Iniciouse cando se instalaron as primeiras máquinas de vapor, a mecanización foi máis rápida no fiado que no tecido. As causas foron a escaseza relativa da man de obra. A falta de traballadores fixo aumentar os salarios nun momento de abundancia de capitais.

    O proceso de mecanización, supuxo unha notable diminución dos custos e dos prezos de venta. Os prezos baixos estimularon unha maior demanda, que se viu aumentada polas prendas de lá polas de algodón. O aumento de demanda favoreceu o de produción.

    Consolidación e límites da industria téxtil

    O desenvolvemento da industria téxtil tivo que facerlle fronte a dúas limitacións moi importantes:

    • A escaseza de carbón e as dificultades do transporte, que estimularon a proliferación das colonias industriais.

    • A debilidade do mercado composto por un campesiñado con pouca capacidade adquisitiva. Deste xeito as industrias téxtiles (vapores) esixíanlle de maneira constante ao goberno a promulgación de medidas proteccionistas.

  • A industria siderúrxica:

  • A siderurxia foi o sector que acompañou ao téxtil no desenvolvemento da industria moderna. Estivo moi ligado ao desenvolvemento da minaría do ferro e do carbón (as elevadas temperaturas requiridas nos altos fornos para a obtención de ferro laminado precisaban deste combustible en grandes cantidades).

    As primeiras siderurxias

    Os primeiros intentos de crear unha siderurxia moderna desenvolvéronse en Málaga. A produción siderúrxica andaluza foi hexemónica na Península. Esta tentativa fracasou polo uso de carbóns vexetais en vez de carbón de coque. A siderurxia malagueña entrou nunha definitiva decadencia.

    A hexemonía de Biscaia

    Biscaia posuía extensas minas de ferro, pero foi coa chegada de carbón de coque galés cando se consolidou a industria siderúrxica no País Vasco. O maior poder calorífico e seu prezo máis reducido significaron a perda de competitividade das empresas asturianas. A consolidación do eixe comercial entre Bilbao e Cardiff e a importación de carbón galés, desempeñaron un papel de primeira orde na industrialización do País Vasco.

    Nas dúas derradeiras décadas do século constituíronse as grandes empresas siderúrxicas vascas: a empresa Vizcaya e creouse a Sociedad Anónima Altos Hornos de Hierro y Acero de Bilbao. Instalouse o primeiro convertedor Bessemer, que fabricaba aceiro en serie a partir dun lingote de ferro.

  • A lenta expansión industrial:

  • Cataluña e o País Vasco desenvolveron unha estrutura industrial moderna asentada sobre a produción téxtil e siderúrxica. Isto non significa que no resto de España non existisen obradoiros ou talleres, que se modernizaron e comezaron a crear unha trama industrial.

    O predominio agrícola propiciou que a industria agroalimentaria tivese un papel relevante. En Valencia os beneficios orixinados polos cítricos estimularon a creación de industrias (calzado, madeira, química,…). En Aragón o declive do téxtil tradicional dálle paso á creación da industria fariñeira. Na maioría dos casos tratábase de industrias locais con escasa repercusión a nivel nacional. Madrid tamén iniciou un certo dinamismo coa industria tipográfico e editorial.

    Os novos sectores: o metalúrxico, químico, industria do gas e a industria química.

  • A produción mineira

  • Entre 1874 e 1914 tivo lugar a explotación masiva dos depósitos mineiros do subsolo español, que contaba con abundantes reservas. As dúas actividades extractivas máis importantes foron o carbón e o mineral de ferro.

    Ferro e Carbón

    O aumento da demanda de carbón veu propiciado pola máquina de vapor e o desenvolvemento da siderurxia. Foi en Asturias onde a minería do carón alcanzou o maior desenvolvemento.

    A minería do ferro foi un sector que tivo unha importante expansión sobre todo a partir da difusión do convertedor Bessemer.

    O mineral biscaíno contaba coa vantaxe da proximidade do mar, o que abarataba o seu transporte.

    O auxe das exportacións converteu a España no principal fornecedor de mineral de ferro de Europa.

    A desamortización do subsolo

    A Lei de Minas de 1868 supuxo o final dunha ríxida regulamentación das concesións mineiras e a liberalización do sector, que iniciou a explotación masiva dos depósitos españois. A expansión da produción mineira pódese explicar por tres factores:

    • O aumento da demanda internacional.

    • Os avances nas técnicas de explotación.

    • O crónico endebedamento da Facenda española.

    Foron importantes os depósitos de chumbo, cobre, mercurio e cinc.

    A maior parte da cantidade extraída era explotada.

  • Ferrocarril e Mercado

  • O tendido da rede ferroviaria en España iniciouse coa aprobación da Lei Xeral de Ferrocarrís (1855).

    Etapas da construción do trazado

    • A primeira grande expansión do trazado realizouse entre 1855 e 1866 e supuxo unha mobilización de capitais moi superior a calquera outra iniciativa económica do século XIX.

    • A crise financeira do ano 1866 supuxo un período de paralización da construción ante a evidencia da escasa rentabilidade que tiñan os investimentos ferroviarios.

    • Unha nova etapa construtiva iniciouse a partir de 1873, completándose o trazado da rede que quedara paralizado.

    Os efectos do ferrocarril sobre a economía:

    Consolidou unha estrutura radial de rede con centro en Madrid, dificultando as comunicacións entre as zonas máis industriais e dinámicas.

    Fixou un ancho entre carrís maior que a da maiorías das liñas europeas, obstaculizando así os intercambios co resto de Europa.

    A lei autorizou ás compañías construtoras a importaren libres de aranceis aduaneiros todos os materiais necesarios para a construción da rede ferroviaria. Esta franquía arancelaria foi considerada como outra oportunidade perdida.

    4.2 As dificultades do mercado interior:

    Os pasos lexislativos necesarios para suprimir os obstáculos á circulación de mercadorías é construín un mercado nacional, déronse na primeira metade do século XIX. Como consecuencia, derrogáronse os gremios, suprimíronse os impostos de paso e elimináronse as taxas, impostos indirectos.

    Outro elemento imprescindible foi a creación dun sistema de transportes que permitise trasladar as mercadorías das zonas produtoras ás consumidoras cunha rapidez e un custo razoable.

    O ferrocarril resultou un instrumento indispensable para dotar a España dun sistema de transporte masivo, barato e rápido que puidese favorecer o intercambio e aumentar o comercio interior. A enerxía do vapor tamén se lles aplicou ás embarcacións e a navegación converteuse nun elemento dinamizador do comercio a longa distancia.

    Pero o principal problema foi o escaso desenvolvemento industrial. Como consecuencia a escasa capacidade adquisitiva dunha boa parte do campesiñado español dificultou o crecemento da produción por falta de demanda.

    4.3 O aumento do comercio exterior:

    As exportacións medraron a un ritmo semellante ó do conxunto de Europa, mentres que as importacións o fixeron a unha taxa algo menor. Pódense diferenciar dúas grandes etapas: (a primeira 1815-1850) foi de crecemento modesto pero sostido, e a segunda (1850-1900), de maior aumento por influencia da maior expansión do comercio internacional.

    Nos inicios, as exportacións máis salientables eran o aceite e o viño, e as importacións os tecidos de algodón e de liño. A finais do século o algodón en rama e o carbón pasaron a ser as dúas principais importacións. Nas exportacións os minerais, produtos agrarios e os tecidos de algodón.

    As relacións comerciais co exterior víronse alteradas como consecuencia da perda das colonias americanas, os mercados coloniais foron substituídos por Francia e Gran Bretaña.

    4.4 Librecambio e proteccionismo:

    A crecente vinculación ao resto de Europa foi inseparable do gran debate económico entre proteccionista e librecambistas. A política arancelaria evolucionou dende unha primeira etapa de avance do librecambio, ata outra dominada polo proteccionismo. Defendeuse que esta política proteccionista obstaculizou a vinculación co mercado internacional , e freou a especialización da produción.

    Malia a estabilidade da situación política e económica, España realizou un esforzo de liberalización do mercado exterior.

  • Foros, desindustrialización e emigración en Galicia

  • O mantemento do sistema foral:

  • A desamortización de Mendizábal, tivo en Galicia unhas peculiaridades decisivas para o seu futuro. A venda das terras fíxose coa condición de respetar o dominio útil. Deste modo o único que adquirían era o dereito a cobrar a renta foral.

    A posterior desamortización de Madoz afectou ás terras vinculadas ás institucións civís.

    Para moitos este mantemento do sistema foral era un dos maiores bloqueos ao desenvolvemento económico do país.

    Os minoritarios sectores teimaban na necesidade á creación dunha verdadeira propiedade privada da terra, eliminando a duplicidade de dominios. Para discutir a reforma tivo lugar o Congreso Agrícola Galego (1864) onde os redencionistas saíron derrotados e todo continuou coma sempre.

  • Desindustrialización e atraso:

  • A maioría das poucas fábricas que había antes da guerra foron destruídas por franceses ou ingleses.

    A de Sargadelos foi unha das poucas que sobreviviu. Outra excepción foron os estaleiros ferroláns e a Fábrica de Tabacos da Coruña.

    A competencia dos procutos da industria moderna doutras rexións atrofiou a industria rural. Isto cegou a fonte de ingresos complementarios do campesiño, agravando a precariedade económica desta maioría social.

    Só había unha excepción positiva: a da industria da salgadura iniciada polos cataláns no século anterior.

    Esta actividade, desenvolveuse moito e introduciu unhas novas técnicas de conserva. O rápido crecemento da industria conserveira tivo un efecto de arrastre sobre outras actividades como a construción de barcos de pesca, aparellos,… Xurdiu o único complexo industrial autóctono de Galicia.

    O contexto xeral era de atraso industrial, e a inexistencia de ferrocarrís bloqueaba a exportación dos produtos galegos.

  • A emigración:

  • O crecemento demográfico, bateu co estancamento económico que vivía Galicia e, como non lle puido facer fronte, a emigración comezou a adquirir dimensións masivas. O desenvolvemento económico de Cuba, a política populacionista de países como Arxentina e a aparición dos grandes barcos de vapor abriron as comportas da gran riada humana a partir de 1880.

  • Facenda, Banca e Diñeiro

  • Facenda e débeda pública:

  • O goberno liberal impulsou unha reforma fiscal (reforma Mon-Santillán) para eliminar as exaccións fiscais dos privilexiados e aumentar a recadación sobre a base da igualdade ante os impostos. A reforma tivo as súas limitacións, que constituíron un dos maiores ingresos das facendas públicas. O Estado non conseguiu aumentar a recadación e a insuficiencia dos ingresos continuou a ser un trazo constante da Facenda española no século XIX.

    Como consecuencia, as finanzas do Estado perpetuaron de novo o déficit da Facenda Pública, apelando a constante emisión de débeda pública. A espiral devoradora alcanzou tal magnitude que en diversas ocasións o Estado tivo que declararse en creba ante a imposibilidade de cumprir as obrigas contraídas, (o pagamento de xuros e amortizacións). Iso xerou unha escasa confianza dos prestamistas polo que os empréstitos se prestaban cada vez en peores condicións para o Estado.

  • O sistema financeiro:

  • A promulgación da lei de Bancos e Sociedades de Crédito (1856) considérase o punto de arranque da modernización do sistema bancario español.

    O maior banco español era o Banco Español de San Fernando (1829). En 1844 creáronse o Banco de Isabel II e o Banco de Barcelona. En 1831 fórmase a Bolsa de Madrid. En 1856 o Banco de España. Aparecen numerosas sociedades de crédito e o Banco Hipotecario.

    Finalmente a industrialización vasca propiciou o xurdimento dun sector bancario que apoiase o seu financiamento industrial. Así naceron o Banco Bilbao (1856) e o Banco Vizcaya (1902).