Teoría de la Literatura

Comunicación literaria. Conformación histórica. Concepto # Linguaxe

  • Enviado por: Luzinha
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 7 páginas
publicidad

  • Percorrido histórico polo termo literatura

  • Introdución

  • O termo literatura ten a súa orixe nas verbas gregas γρðððððððð e γρðððð ( letra). A tradución ao latín destas dúas verbas sería litteratura e litera ( letra). Mais debemos destacar que en latín diferenciábase entre litteratura e scriptura, xa que o primeiro concepto alude aos “ saberes e ciencias profanas consagrados mediante letra escrita” ( definición de Quintiliano) e o segundo aos textos sagrados.

    • Na Época Clásica o termo literatura abarcaba, en xeral, os escritos de todos os saberes ( agás a excepción da scriptura en Roma).

    • Nos séculos XV e XVI, durante o Humanismo, aparecen unha serie de regras para a retórica: concesión, precisión e fermosura, de xeito que en Italia xa non é considerado literatura, por exemplo, un tratado de matemáticas. Polo que se entende por literatura nesta época aquel escrito fermoso e sen erros. En castelán e galego-portugués aparece a voz patrimonial letradura.

    • Na primeira metade do século XVIII o termo vaise restrinxindo máis atinxindo só á comunicación artística bela e sen finalidade didáctica. Durante a Ilustración aparece, da man de Kant, a Estética, que sería creada como disciplina por Baum Garrem. Neste momento só se consideran literatura os textos con finalidade estética.

    • Na segunda metade do século XVIII e comezos do XIX os medios de comunicación comezan a masificarse, así coma o número de persoas alfabetizadas e, polo tanto, de lectores habituais dos mesmos. Deste xeito dáse un auxe da prosa e o termo poesía restrínxese a escritos con configuración rítmica e formal, cando antes se aplicaba este termo tamén para o que hoxe coñecemos como prosa. A poesía fai referencia ao natural ou verdadeiro, mentres que a literatura ao artificial.

  • Implicacións etimolóxicas: literatura e oralidade

    • Primeiras manifestacións na Grecia Clásica: as primeiras manifestacións literarias foron de carácter oral o cal é, en principio, unha contradición xa que o termo literatura provén de letra. Así, a Odisea e a Ilíada foron cantos épicos orais que Homero recompilou. Destes cantos orais sabemos que eran cantados polos rapsodos, que adaptaban as historias ao tipo de público, mais descoñecemos ritmos, musicalidade...

    • Primeiras manifestacións protoliterarias están ligadas aos ritos comunitarios ( nacementos, mortes, vodas...) que na Grecia Clásica deron lugar a diferentes xéneros: laios, odas, cantos, himnos conmemorativos, epitalamios...

    • Textos compostos para o pobo:

      • Literatura popular: literatura creada polo pobo e para o pobo ( refráns: literatura parabiolóxica estudada pola Parabioloxía).

      • Literatura masiva: literatura creada polas clases altas para o pobo ( quizais para manipulalo).

    Debemos diferenciar tamén entre:

    • Transmisión oral: obras cuxo soporte orixinal era o escrito pero que chegan a nós oralmente (A Rianxeira).

    • Tradición oral: obras sen autor ou autores ( cando os autores son moitos falamos de autor lexión) que van mudando por mor da incomprensión ou pola adaptación.

    • Paso do soporte oral ao escrito: o primeiro gran paso neste sentido prodúcese na última época do Imperio Romano e isto crea unha serie de problemas e cambios:

      • Ampliación das temáticas, pois a literatura oral xa non se centra só nos ritos coma a oral.

      • Eliminación da comunicación non verbal ( xestos, música...)

      • Perde importancia a improvisación, a imaxe do emisor e a súa voz.

      • As obras non van dirixidas a un auditorio concreto, senón que a uns lectores múltiples, descoñecidos e non simultáneos.

      • Hai menos repeticións e trócase a estrutura lineal pola espiral.

    Até o Romanticismo a literatura máis valorada e a da elite intelectual, mentres que a partir desta época comeza un grande interese polo popular e polo clásico, antes desprezado.

    • Diferenzas entre escritura e oralidade:

      • Na escrita a existencia de autor implica a invariabilidade.

      • Na oralidade prodúcese unha grande variabilidade, pois danse cambios segundo o público, simplificacións, existen diferentes versións...

  • Cara unha caracterización da literatura. Concepto de literatura ( Artigo de Fernando Lázaro Carreter)

  • Fernando Lázaro Carreter aplica o sistema de emisor mensaxe receptor creado por Jakobson e desenvolto por Bühler:

    • Emisor = autor:

      • Emisor cualificado e con prestixio que, polo tanto, merece máis atención.

      • Emisor distante co que os receptores raras veces establecen comunicación, xa que os papeis de autor e lector non son intercambiábeis.

      • Dedica moito tempo a pensar en cómo será o posíbel receptor e concibe o texto para unha mestura de lectores, con trazos sintácticos e morfolóxicos que nos permiten reconstruír o autor.

      • Impón os prazos de emisión ( cando e en que ritmo).

      • Non quere que a mensaxe sexa modificada.

      • Rompe o silencio dun xeito estraño, pois non coñece os receptores e emite a mensaxe , sen necesidade comunicativa e sen agardar resposta, mais si acollida. Este acto comunicativo iniciado polo autor é pluridireccional ( calquera lugar ou época).

    • Receptor = lector:

      • Le por pracer ou por desexo de saber máis, non por obriga ( necesidade de arte defendida polos antropólogos).

      • Non pode prolongar o acto comunicativo.

      • Pode asentir ou disentir esteticamente ou co contido, dando lugar á Crítica Literaria. O autor pode mudar a súa escrita por mor das críticas recibidas.

    • Mensaxe = obra literaria:

      • Deseñada e revisada moitas veces.

      • Utópica e ucrónica, mesmo as baseadas en feitos con data concreta poden seguir sendo válidas despois de moito tempo.

      • Non pode ser modificada polo receptor, agás a literatura na rede en formato hipertextual na que o lector elixe o que le. Cómpre falarmos do concepto de copyleft ou copiceibe, que se contrapón ao copyright permitindo a difusión da obra sempre que non se modifique e indicando a súa procedencia.

      • Non ten finalidade práctica.

    • Código:

      • Maior complexidade: pois nesta comunicación in absentia desaparecen elementos proxémicos ( posición, movemento) e quinésicos ( xestos, expresión facial) e, para compensar isto, o código é máis elaborado. Ademais a linguaxe verbal compleméntase con outro tipo de códigos coma o métrico, o rítmico, o código de época ( amor cortés) que establecen unha serie de regras para a codificación e descodificación dos textos literarios. Así, no código literario empréganse recursos coma as sinestesias, metáforas... pódense inventar novas palabras ( Cevantes, Cunqueiro) ou mesmo novos idiomas ( Cortázar).

      • Tipos de códigos:

        • Restritivos, coma o do amor cortés.

        • Amplos, coma o da novela.

      • Actitude dos autores perante os códigos:

        • Epigonal ou de adhesión total.

        • Ruptura mesmo até a parodia, para o que é preciso coñecer ben o código que se está a parodiar.

        • Termo medio entre a tradición e a innovación, a postura máis frecuente.

      • Desautomatización: consiste en volver a mensaxe sorprendente e escura de xeito que o lector teña que prestarlle forzosamente máis atención ( conto de Cortázar: “ por escrito gallina una”).

    • Canle: adoita ser física e visual e está condicionada pola época ( papiro, papel, coiro, pantalla), agás no teatro que é un soporte acústico. A canle é o obxecto de estudo da Crítica Textual, que se encarga de revisar o texto e corrixir as erratas.

    • Contexto: as circunstancias que rodean unha obra son históricas e sociais. Para a comunicación precisamos un contexto compartido que é creado pola obra, de feito, cada obra crea o seu propio contexto. O lector, pola súa banda, enche os ocos da obra creando imaxes mentais que dan lugar a diferentes interpretacións, xa que a obra cala moito máis do que di.

    ~ Peculiaridades da comunicación literaria

    • Comunicación disxuntiva:

      • É afastada, pois o emisor e o receptor non comparten o mesmo contexto.

      • É diferida, pois non é instantánea.

      • É unha comunicación in absentia, ao contrario cá comunicación oral que é in praesentia, xa que o emisor e o receptor non están xuntos.

    • É intransitiva, xa que é unidireccional porque o receptor non interactúa co autor aínda que pode influír nel ( aplausos no teatro, crítica literaria). De feito, Cesare Segre afirma que na comunicación literaria se dan dous procesos comunicativos:

    Jakobson

    Cesare Segre

    emisor mensaxe receptor

    emisor mensaxe

    mensaxe receptor

    O emisor e o receptor non comparten contexto temporal nin espacial.

    • As mensaxes posúen un maior interese xa que é unha mensaxe elaborada na que todo ten un significado polo que se agarda unha actitude de análise por parte do lector, de cooperación, coma en tódalas artes en xeral.

  • A literatura coma acto comunicativo

  • Concepcións esencialistas da literatura

  • Moitos autores intentaron buscar a esencia do literario nun denominador común de tódolos textos literarios, é a denominada concepción esencialista ou obxectivista. Son moitos os criterios empregados polos esencialistas, mais destacan tres: a literatura como ficción, a literatura coma linguaxe específica e o criterio xenolóxico ou poético.

  • A literatura como ficción

  • Este criterio remóntase a Aristóteles que xa na súa Poética, o primeiro manual de Teoría da Literatura que coñecemos, apuntaba que a literatura ou poesía ( termos sinónimos entón) se baseaba na mímese, isto é, na imitación. Isto diferénciaa doutras expresións escritas coma a filosofía ( abstracción), a hitoriografía ( realidade) ou a ciencia ( teoría probada). Polo que a literatura, segundo este pensador grego, non reproduce fielmente a realidade, senón que a imita creando historias cribles, coherentes e convincentes ou, o que é o mesmo, verosímiles. Polo que se rexe polas leis da coherencia e non da correspondencia.

    Seguindo estritamente este criterio toda a literatura sería ficción, pois a verdade literaria non se corresponde coa real.

    PAUL RICOEUR, pola súa banda, defende que a mímese non é copia, senón representación, é dicir, a creación, selección e ordenación estruturada de accións ou, o que é o mesmo, a creación de mundos posíbeis, polo que coincide coa ficción ou ficcionalidade.

    Para conseguir a verosimilitude a ficción debe reflectir aquilo que é habitual e convencional. Mais isto leva consigo unha serie de problemas:

    • Reduce o concepto de literatura á narrativa e ao teatro, sen ter en conta a lírica e o ensaio.

    • Parte dunha noción descontextualizada e ahistórica para captar a esencia da literatura, pois as ideas de realidade, verdade e verosimilitude non son as mesmas en tódolos momentos nin en tódolos lugares. Así por exemplo, a que denominamos literatura realista foi considerada na súa época unha fiel reprodución da realidade, mais isto non é así. Detalla o menos importante empregando técnicas grotescas e obvia o máis esencial, é un simple artificio que intenta que os signos lingüísticos, artificiais por definición, parezan naturais. Polo que a literatura realista non o é máis cá surrealista. Esta postura é a defendida polos FORMALISTAS RUSOS, entre os que destaca BORIS EIKHMBAUM.

    • Outros estudosos, coma S. SCHMIST, defenden que na comunicación literaria tódolos elementos están fictivizados ( a mensaxe, o suxeito que emite a mensaxe e o ti ao que se dirixe, o que está máis claro en teatro e narrativa ca no ensaio), polo que non podemos xulgar a obra literaria dende criterios de verdade ou falsidade. Para Schmist a ficcionalidade é un conxunto de regras pragmáticas dependentes da época e o espazo que preescriben como relacionar o mundo ficticio do texto co mundo real. Un bo exemplo é a estrutura de A Esmorga:

  • A literatura como linguaxe específica

  • Criterio xenolóxico ou poético

  • Prólogo: enunciatario intermedio ( nin Cibrán nin Eduardo Blanco Amor)

    Mentres na linguaxe cotiá hai un compromiso entre o emisor e o que di, o principio de sinceridade, segundo o cal o que di correspóndese coa verdade. O mesmo pasa no caso do receptor, que admite a veracidade do que oe, é o chamado principio de confianza. Sen embargo, na linguaxe literaria existen unha serie de convencións:

    • A significatividade, pois na linguaxe literaria todos os datos son moi significativos para a mensaxe.

    • O soliloquio do teatro, é a forma na que os espectadores podemos coñecer os personaxes.

    • A exposición, na que se lle dá a coñecer ao espectador ou lector unha información que descoñecía.

    A ficción é unha cuestión moi complexa e está aceptada dende o século XX. HAYDEN WHITE publicou unha serie de volumes nos que afirma que:

    • Mesmo a escrita historiográfica é unha invención, pois non se pode constatar toda a información. Ademais até o século XIX os historiadores só empregaban unha perspectiva, polo que non eran obxectivos.

    • Nos tratados das ciencias experimentais pode existir subxectividade, xa que poden conter elementos da narrativa ficcional.

  • A literatura como linguaxe específica

  • O uso dos tropos ou figuras literarias é un dos principais argumentos deste criterio, que leva vixente vintecinco séculos e, en xeral, é pouco considerado.

    Segundo QUINTILIANO, baseándose nos PITAGÓRICOS, existen dúas modalidades da fala:

    • Modalidade de expresión núa: Ars recte dicendi ( gramática)

    • Modalidade con sabio uso dos tropos: Ars bene dicendi ( retórica)

    Segundo a retórica clásica existían máis tropos na linguaxe literaria ca na linguaxe cotiá, mais nunca identificou a linguaxe poética con linguaxe figurada porque, malia existir figuras, non as identificaban como tales. DU MARSAIS explica isto aludindo a figuras que na actualidade, debido a un uso prolongado, xa non son consideradas como tales ( pata da mesa, cola de cabalo...) Algo era ou non literario nesta época atendendo á súa finalidade estética.

    Os FORMALISTAS RUSOS ( anos 20-30 do século XX) dicían que a literariedade se organizaba a partir da perceptividade da forma, é dicir, a orixinalidade da mensaxe. SLOVSKI denominou isto desautomatización ou estrañamento ( función poética). Noutras palabras, o que se pretende é facer que a mensaxe resulte estraña e escura expondo, por exemplo, elementos cotiáns dende unha perspectiva orixinal. Deste xeito conséguese que o lector se sorprenda e non acepte a información mecanicamente.

    Cómpre diferenciar entre desautomatización e desviación da norma:

    Desautomatización

    Desvío da norma

    É máis complexa, pois actúa respecto a tres tipos de normas:

  • normas da linguaxe estándar

  • normas da tradición literaria

  • normas culturais vixentes no momento

  • É máis sinxelo

    Non leva consigo unha rixidez extrema, xa que se busca o estrañamento non o afastamento de ningunha norma.

    Evítanse os trazos da norma da que nos desviamos de xeito riguroso.

    O principal problema deste criterio é que hai numerosas obras literarias que non empregan a desautomatización, polo que é un criterio insatisfactorio.

  • Criterio xenolóxico ou poético

  • É un criterio recente na súa definición, acuñado polo búlgaro Tzvetan Todorov que, ao examinar os dous criterios anteriores, chegou á conclusión de que non servían para achar a esencia de toda a literatura, só dalgúns xéneros. Así, o criterio da ficción sería aplicábel á novela e o da linguaxe específica á poesía. Ademais cómpre ter en conta que hai xéneros que poden parecerse máis a outros non literarios, como é o caso da novela epistolar ( máis semellante a un conxunto de cartas ca a unha traxedia grega).

    Malia todo, os primeiros estudos sobre os xéneros xa os atopamos na Poética de Aristóteles, que clasificaba a literatura en traxedia, comedia e epopea, considerando extraliterario todo o que non entrase nos esquemas das mesmas. Aristóteles adaptou os criterios aos xéneros da súa época, mais este segue vixente malia mudaren os xéneros. Por exemplo, no Renacemento italiano ( Dante, Petrarca) dáselle moito valor á poesía lírica e moi pouco á comedia, xa que esta só serve para facer rir. Na actualidade contamos con catro xéneros: a narrativa, a poesía, o teatro e o ensaio, sendo o máis recente o ensaio que xorde no sécullo XVIII e consolídase no XIX. Por iso a introdución do ensaio como xénero sempre é xustificada en tódolos manuais, non así a dos demais xéneros porque xa se obvia.

    O que sacamos como conclusión é que a literatura como tal non existe, senón que é unha globalidade e o que realmente existe son os xéneros e, fóra deles, non habería literatura.

    Este criterio é moi empregado na actualidade por razóns de organización en manuais, coleccións, premios literarios...

    O maior problema que presenta é que debido á grande diversidade actual non sempre podemos encaixar unha obra literaria dentro dun xénero concreto.

  • Concepcións antiesencialistas da literatura

  • Se para os esencialistas a literatura é un fenómeno autónomo, para os antiesencialistas é unha institución independente dos textos, en certa medida, na que inflúen outros factores condicionados polas circunstancias ( cultura, sociedade, momento histórico...). É dicir, está sometida a variábeis extrínsecas porque hai unha parte tanxíbel ( os textos) e outra non visíbel ( as circunstancias) que cómpre ter en conta.

    Enuciatario2: Enunciatario2:

    Cibrán Xuíz

    Enunciatario1:

    Eduardo

    Blanco Amor

    Receptor