Teoría de la Literatura y Literatura Comparada


Teoría de la Literatura


  • Século XVIII

  • Segunda metade do século XVIII

  • Giambattista Vico ( 1668 - 1744)

  • Autor de Sciencia Nova ( 1725) e de Sciencia Nova Seconda, unha revisión da anterior, cómpre destacar del os seguintes aspectos:

    • Concepción historicista:

        • A historia e a verdade son creadas polo home.

        • En Sciencia Nova tenta buscar os principios que posibilitan a creatividade humana.

        • Necesidade de estudar os mitos xa que reflicten a maneira de pensar dunha determinada cultura e pódennos axudar a comprender a súa evolución.

    • Tres épocas da Humanidade:

        • Época dos deuses: é o período prioritario no que dominan a imaxinación e a fantasía para facer intelixíbel o mundo. Está dominada polo pensamento poético, considerase que a poesía non ten porque reflectir o real.

        • Época dos heroes: nesta segunda fase a imaxinación vai perdendo peso en favor de elementos máis prácticos. É entón cando se crean as institucións sociais.

        • Época da racionalidade ou dos homes: nesta época domina o raciocinio ou “ barbarie da reflexión”, é dicir, explícase o mundo en termos conceptuais e lóxicos.

    Este é un ciclo repetitivo que explica a evolución dos xéneros literarios, pois cada unha das épocas correspóndese cun determinado xénero:

    Época

    Xénero

    Época dos deuses

    Poesía lírica

    Época dos heroes

    Poesía épica

    Época dos homes

    Traxedia

    • Prioridade da poesía fronte a traxedia e a filosofía ( contradicindo así a platónicos e aristotélicos)

    • A retórica e o mito como fontes de coñecemento

  • Gotthold Ephraim Lessing ( 1729 - 1781)

  • En Laoconte ( 1766), unha das súas obras máis importantes, reflexiona arredor de:

    • Os límites da poesía respecto da pintura, límites que sitúa nos métodos de traballo, pois a primeira emprega a palabra e a retórica mentres que a segunda as cores.

    • O problema da diferenciación das artes, así a pintura e a escultura son artes espaciais ( simultáneas) e a poesía é unha arte temporal.

    Poesía

    Pintura

    Escultura

    Tipo de arte

    temporal

    espacial

    Método de traballo

    palabra e retórica

    cores

    Outros aspectos a destacar deste autor son os seguintes:

    • Reivindicación de Shakespeare fronte ao teatro francés que respectaba as tres unidades ( espazo, tempo e acción), polo que este Shakespeare é un precursor da ruptura das mesmas que se faría patente co teatro alemán, o cal suporía unha auténtica revolución.

    • Defensa da universalidade da literatura e do “gusto” coma un factor que pode chegar a calquera lugar.

    • Defende a mestura de xéneros, xa que hai obras que se sitúan a medio camiño entre un e outro. Por exemplo, as novelas nas que o diálogo é importante aproxímanse ao teatro e o teatro narrativo de Bertol Breg aproxímase á novela.

    • Dálle maior importancia ao xénero dramático e ao subxénero da traxedia xa que cre, coma Aristóteles, que esta ten unha finalidade moral ( catarse).

  • O Strum und Drang ( 1760 - 1770)

  • Este movemento alemán, integrado por J. G. HAMMANN, H. W. VON GESTENBERG, J. M. REINHOLD LENZ, J. G. VON HERDER, J. G. GOETHE e F. SCHILLER, caracterízase por:

    • Reivindicar os novos modelos do canon occidental, do que Shakespeare fora precursor ao romper as tres unidades e Cervantes inicia a novela contemporánea.

    • Influír no ascenso da novela fronte a outros xéneros.

    • Considerar a poesía coma o produto dun xenio persoal, nacional ou da época, polo que considera a poesía como expresión ( individualidade, estilo) e non como imitación. Deste xeito o concepto de imitatio dominante na Idade Media entra en crise.

  • J. G. Herder ( 1744 - 1803)

    • É o fundador da historiografía e influiría moito nos irmáns SCHLEGEL e en GOETHE.

    • Considera que a crítica non só debe xulgar se unha obra é boa ou mala, senón que debe ser comprensiva, é dicir, entender é explicar a obra ( concepción hermenéutica). Ademais o crítico debe identificarse co autor e realizar un proceso inverso.

    • Atribúelle unha grande importancia ao espírito, polo que se sitúa nunha liña idealista.

    • Considera a poesía coma unha arte privilexiada, como energeia ( proceso) e non coma ergon ( obxecto rematado). Ademais cre que é a poesía popular a que mellor reflicte o espírito do home.

    • Dálle unha grande importancia á linguaxe, chegando a identificala coa poesía. Asóciaa á consciencia e cre que sen ela non hai coñecemento.

  • J. W. Goethe

  • As reflexións deste autor podémolas atopar nas súas novelas, como é o caso de Wihelm Meister ( Discusión sobre Hamlet na que un rapaz inexperto adquire experiencia por mor dos golpes que lle dá a vida), de ensaios soltos ( nos que se aprecia a súa coincidencia con Schiller) ou da súa autobiografía: Poesía e verdade. Estas reflexións teóricas podemos dividilas en tres etapas:

  • Anterior a 1798, na que se aprecia unha grande influencia de Herder.

  • Viaxe a Italia de 1798, con esbozos neoclásicos e naturalistas.

  • Retorno a Frankfurt en 1799, cando desenvolve a súa teoría do nacionalismo alemán.

  • Os trazos máis importantes das reflexións deste autor son:

    • É un autor de transición que posúe características conservadoras do Clasicismo xunto con outras revolucionarias do Romanticismo.

    • Realiza unha importante teoría dos xéneros que considera naturais ( afinidade entre natureza e arte) e realiza ademais unha analoxía coas plantas e as cores. Estes xéneros son:

  • A épica, que considera equivalente á narrativa. Presenta un tempo pasado, actividade e un conflito externo.

  • A lírica, que se dedica á emoción entusiástica e ao sentimento.

  • O drama, identificado co teatro, cuxo tempo é o presente e expresa sufrimento mediante un conflito psicolóxico interno.

    • Rexeita cuestións aristotélicas coma a catarse.

    • Considera que a finalidade da arte está contida en si mesma, no seu propósito de representación das ideas humanas. Este concepto de arte pola arte xorde no século XIX, pois até entón tiña só finalidade didáctica.

    • Explica a diferenza entre símbolo e alegoría, ámbolos dous conceptos aluden á representación dunha idea mediante, xeralmente, unha imaxe. Mais Goethe considera que o símbolo ten maior amplitude de significado cá alegoría.

    • Explica tamén o concepto de literatura universal.

    Cómpre falarmos tamén dunha das súas obras máis importantes, Werther, que conta as vivencias dun personaxe e que, na época, causou un grande impacto social, impacto que hoxe non ten a literatura. A súa importancia fica en ser a primeira obra autobiográfica moderna.

  • Finais do século XVIII

  • Antecedentes: Descartes ( 1596 - 1650) e Rousseau ( 1712 - 1778)

  • Destes dous autores debemos destacar a súa exaltación do eu no plano do discurso, en obras coma as seguintes:

    • Descartes: O discurso do método ( 1778)

    • Rousseau: O contrato social ( 1762); As confesións ( 1760), Julie ( 1761) ou A nova Heloisa ( 1761).

  • Kant ( 1724 - 1804)

  • En obras coma Crítica da razón pura ( 1781), Crítica da razón práctica ( 1788) ou Crítica do xuízo ( 1790) expón as seguintes ideas:

    • Diferenza entre nóumeno e fenómeno ( xiro kantiano). O nóumeno é para Kant o obxecto tal como é, independentemente do noso xeito de coñecelo ( “ a cousa en si”), mentres que o fenómeno é o obxecto tal e como nós o coñecemos, en función das formas a priori da sensibilidade e o entendemento. Deste xeito os conceptos de mímese, ficción e realidade non teñen sentido.

    • Diferenza entre poesía, relacionada coa arte e a estética, e a ciencia xa que mentres a primeira proporciona sensacións a segunda proporciona coñecementos.

    • Considera que o coñecemento é fantasía.

    • É xunto con BAUNGARTEN, un dos primeiros autores en falar do concepto de arte pola arte, defendendo a beleza e autonomía da mesma.

    • Apoia a idea do sublime e do xenio.

  • F. Schiller ( 1759 - 1805)

  • Deste autor, moi influenciado por Kant, destacan obras coma Sobre a educación estética do home ( 1795) ou Sobre a poesía inxenua e sentimental ( 1795 - 1796) nas que desenvolve aspectos teóricos coma os seguintes:

    • Consideración da arte coma un medio para a liberación da Humanidade.

    • Cre que a arte ten a función de reconciliar os contrarios que dividen o ser humano ( a literatura como xogo que nos permite estudar o non literario dentro do literario).

    • O sublime.

    • Diferenza entre poesía inxenua e poesía sentimental.

    • Establecemento dos seguintes xéneros:

  • Sátira.

  • Elexía.

  • Idilio.

  • Finais do século XVIII e comezos do XIX

  • Idealismo

  • F. Schlegel e o Círculo de Iena

  • Xunto con SCHELLING, NOVALIS, SCHLEIERMACHER e TIECK, entre outros, é un dos autores máis importantes do Círculo de Iena. Das súas obras, caracterizadas pola fragmentariedade e a brevidade da expresión, destacan Lucinda ( 1799); Esencia da crítica ( 1804) e Diálogo sobre poesía ( 1800). Está fortemente influído por Revolución Francesa de Fitche e por Wilhelm Meister de Goethe. Ademais é precursor do círculo hermenéutico e cómpre destacar a importancia da ironía na súa escrita.

    En canto ao Círculo de Iena cómpre resaltar

    • Fundación da revista Athenaum.

    • Creación de textos colectivos que serían importantes para a creación do grupo literario francés Oulippo.

    • Presenza de mulleres e das primeiras tendencias feministas.

    • Aplican o concepto de literatura a textos ficcionais e artísticos.

  • G. W. F. Hegel

    • Cómpre destacar a obra Leccións de estética ( 1835), entendendo a estética no sentido de disciplina que estuda a beleza.

    • Idealista.

    • Fala do concepto de intuición coma o coñecemento previo á reflexión ( retomada por correntes actuais como é o caso da estilística).

  • Romanticismo

  • Características do Romanticismo

    • Concepción dunha mente produtiva.

    • Concepto de xenio.

    • Liberdade respecto dos xéneros.

    • Expresividade.

    • Ruptura co clasicismo.

    • Teoría da imaxinación.

    • Consolidación da novela coa aparición de dous subxéneros:

  • Drama romántico.

  • Novela gótica ( hoxe relacionada coa de terror).

  • Edgard Allan Poe ( 1809 - 1849)

  • É un dos autores máis importantes desta corrente, considérase que con el comezou o xénero da novela policíaca. En “ A filosofía da composición” ( 1847), que inclúe o poema “ O corvo”, explica o proceso de creación das súas obras.

  • Outros autores: Shelley, Wordsworth, Keats, Kleist, Coleridge, Emerson.

  • Materialismo

  • Ch. De Sainte - Beuve ( positivista)

  • H. Taine

  • Influíu no Grupo do 98 e no Grupo Nós.

  • Émile Zola

  • Leva de Francia a España a corrente naturalista que despois desenvolvería Emilia Pardo Bazán.

  • Outros: F. Schopenhauer, F. Nietzsche




  • Descargar
    Enviado por:Luzinha
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar