Teoría de la Literatura y Literatura Comparada


Teoría de la Literatura


  • Os estudos literarios. A cuestión do método e do obxecto

  • O problema da cienticifidade nas ciencias humanísticas e sociais. A Ciencia da Literatura. A expresión e a súa variabilidade histórica

  • Estudos Literarios e Ciencia da Literatura son sinónimos, mais a segunda nomenclatura presenta certa dificultade. Para falar de Ciencia da Literatura debemos diferenciar entre o obxecto e o método de estudo. Este concepto foi acuñado en 1887 por ERNEST ELSTER en Prinzipien der Literaturwisseischaft ( Principios de Ciencia da Literatura). O concepto de Ciencia da Literatura xurde neste século porque hai aparecen tamén diferentes elementos que fan que as ciencias non sexan tan exactas e as Humanidades poidan ser tamén ciencia.

  • Teoría da relatividade de EINSTEIN, que desbota a teoría de NEWTON e supón unha crise para a idea, até entón fechada, de ciencia.

  • HEISENBERG expón que o resultado científico pode variar dependendo da perspectiva do científico.

  • POPPER reflexiona no século XIX sobre a posibilidade de resolver cuestións científicas empregando o método hipotético-dedutivo ( chegar a verdade partindo da falsidade).

  • KUHN, o primeiro en falar do paradigma, explica que a evolución da ciencia se dá grazas ás crises, é dicir, hai un momento de normalidade, prodúcese unha crise e logo unha revolución científica.

  • De todo isto acaba por deducirse que a ciencia non é tal polo obxecto que estude senón polo método que emprega, un método rigoroso e apropiado, de xeito que pode existir a Ciencia da Literatura.

    Dentro dos Estudos Literarios encádranse:

  • A Crítica Literaria, a primeira disciplina que xurde dentro dos Estudos Literarios na época dos Presocráticos que a denominaron crisis poliematon. Mais o termo como tal sería incluído dentro dos Estudos Literarios por RENÉ WELLEK. Esta subdisciplina encárgase de analizar e xulgar os textos.

  • Teoría da Literatura, concepto que xurde coa Poética de ARISTÓTELES. A Teoría da Literatura establece normas e constantes sobre a Literatura. Por exemplo, na Grecia Clásica era normal que os escritores se referisen ás bágoas como perlas, de aí Aristóteles desenvolve a teoría da metáfora.

  • Historia Literaria, que se comeza a elaborar dende o século XVIII ( durante o Romanticismo, cando os nacionalismos cobran máis forza) e se desenvolve plenamente no XIX.

  • Avanzado o século XIX xurde a Literatura Comparada, engadida aos Estudos Literarios por DARÍO VILLANUEVA.

  • Subdisciplina dos Estudos Literarios

    Data aproximada na que xurde

    Inclusión dentro dos Estudos Literarios

    Contido

    Crítica Literaria

    Antiga Grecia ( Presocráticos)

    No século XX da man de René Wellek

    Estudo sincrónico da obra. nun tempo e espazo concretos

    Teoría da Literatura

    Grecia Clásica: Poética de Aristóteles

    Formulacións de constantes e valoracións sobre Literatura ( diacrónica)

    Historia Literaria

    Século XVIII ( Romanticismo)

    Percorrido diacrónico pola Literatura ( periodización...)

    Literatura Comparada

    Século XIX

    No século XX por Darío Villanueva

    Comparación entre literaturas e entre Literatura e outras artes ( sincrónica)

  • A interrelación entre as subdisciplinas dos Estudos Literarios

  • Teoría da Literatura

  • A Fenomenoloxía, fundada por Edmund Husserl e desenvolvida por Heidegger e Ortega y Gasset nos inicios da súa filosofía foi aplicada á Literatura por ROMAN INGARDEN, dando lugar á Teoría da Literatura. Ingarden publica en 1931 A obra de arte literaria onde analiza a esencia da literatura, é dicir, a súa ontoloxía. Máis tarde publicaría Epistemoloxía da obra de arte literaria, obra na que reflexiona sobre a comprensión e interpretación da literatura ou, o que é o mesmo, sobre a súa epistemoloxía como xa se indica no título da obra, polo que se centra moito no lector. A ontoloxía e a epistemoloxía son os dous elementos principais da Teoría da Literatura, aínda que podemos falar dun terceiro: a hermenéutica. A hermenéutica está moi relacionada coa epistemoloxía, pois tamén se centra na comprensión dos textos ( hermeneus: facer comprender). GADAMER engade que ao interpretarmos un texto plasmamos nesa interpretación os nosos prexuízos, polo que pode haber interpretacións moi diferentes. Este elemento tamén se centra no lector.

  • Crítica Literaria

  • A Crítica Literaria encárgase da análise da obra en si mesma dende unha perspectiva sincrónica.

    É moi importante a relación entre a Teoría da Literatura e a Crítica Literaria, pois o estudo dos textos realizado pola crítica pode levar á aparición dunha nova teoría. Por exemplo, despois de analizar obras coma o Ulises de Joyce, As ondas de V. Woulf ou Cen anos de soidade de García Márquez chégase á conclusión de que en todas elas se transmite a interioridade da personaxe dun xeito precipitado e desordenado. Está técnica foi denominada por DUJARDIN “stream of conciousnes”, é dicir, monólogo interior.

    Pódese facer crítica literaria de tódolos xéneros, mais esta será diferente en cada un. Así por exemplo, o teatro consta, a diferenza doutros xéneros, de dous textos: un primario ( a posta en escena ou as acotacións) e outro secundario ( o texto en si). Baseándonos na posta en escena só poderiamos facer unha crítica impresionista, mais se imos alén diso poderíamos entrar noutro nivel de crítica.

    Por outra banda, tamén podemos facer crítica literaria de tódolos elementos da que interveñen na comunicación literaria ( autor, mensaxe e lector):

    • Autor: crítica biográfica:

      • Sociolóxica: analiza a orixe social do autor e a súa formación, é dicir, as condicións nas que produce a obra.

      • Psicolóxica: ocúpase da ideoloxía do autor ( meirande parte da crítica tradicional) e de se os datos da obras son un reflexo da personalidade do autor ( psicocrítica).

    • Mensaxe, esta crítica foi a seguida polos FORMALISTAS RUSOS, xa que se centra no texto esquecendo o autor, mais emprega o mesmo método que se pode usar tamén tanto no autor coma no lector ( sociolóxico ou psicolóxico):

      • Sociolóxica: clase social dos personaxes, se a obra é ou non un reflexo da sociedade ( ESTRUTURALISMO XENÉTICO).

      • Psicolóxica: ideoloxía dos personaxes, comportamento, evolución...

    • Lector:

      • Sociolóxica: ocuparíase dos índices de lectura, de quén, cándo e por qué se le a obra ( corrente seguida por ESCARPIT)

      • Psicolóxica: identificación ou distanciamento dos personaxes, influencia dos prexuízos ou o que NORMAN HOLLAND denomina “pantasmas particulares”.

    Até hai pouco facíase un único tipo de crítica ( MONISMO), mais no momento actual ( POSTMODERNISMO e POSTESTRUTURALISMO) o mundo e tan complexo e existe tal fragmentarismo que sería imposible facer un único tipo de crítica. Deste xeito, realízase unha diversidade de críticas que T. S. ELIOT denominou a técnica do limón exprimido, isto é, aprovéitase ao máximo o xugo dos diferentes elementos e mestúranse.

  • Niveis da crítica

  • O teórico, crítico e ensaísta mexicano Alfonso Reyes explica os tres niveis da crítica no artigo “ Aristarco ou a autonomía da crítica” pertencente á obra A experiencia literaria. Estes niveis son:

    • Impresión: é o nivel máis básico da crítica no que domina a subxectividade, é unha crítica rápida que xeralmente está baseada no gusto. Tamén se denomina crítica militante ou crítica pública e é a que empregan os medios de comunicación de masas. Malia a súa subxectividade, é fundamental para a existencia dos outros dous niveis.

    • Exéxese ( interpretación, hermenéutica): é a crítica literaria propiamente dita, pois é a que se ocupa da análise das obras tendo en conta elementos coma o espazo, o tempo, os personaxes, o narrador, o estilo, o argumento etc. Este nivel supera a subxectividade inicial do nivel da impresión.

    • Xuízo: é, en verbas de Alfonso Reyes, “ aquela crítica de última instancia que sitúa a obra no saldo das adquisicións humanas”, é dicir, unha crítica que ten unha forte repercusión no lector ( ética, social...)

  • Tipos de crítica literaria

  • Está en función dos niveis anteriores, Alfonso Reyes emprega a imaxe da pirámide para explicala, da base ao cumio:

    • Crítica pública, que se corresponde co nivel impresionistas e é a usada polos medios de comunicación de masas e as adaptacións cinematográficas.

    • Críticas con maior distancia temporal, nas que lle dá tempo ao crítico a reflexionar. Este crítico é un profesional e elabora, a diferenza da crítica pública, unha crítica específica. Estas críticas son publicadas en revistas literarias ( Grial, Citania, Espéculo...) Sitúase no nivel da exéxese.

    • Monografías: son estudos extensos e rigorosos sobre un tema determinado ( autor, xénero...) que se publican nos ensaios e, ao igual cás críticas con maior distancia temporal, sitúase no nivel da exéxese, aínda que en maior medida.

    • Sínteses histórico-críticas: a crítica faise en relación coa historia, ese é o caso de Historia sobre a literatura española de Menéndez Pelayo ou Historia da crítica literaria de David Viñas Piquer.

    O subxectivismo é moi recorrente en tódalas críticas, mais débese intentar buscar obxectivismo e eclecticismo (coñecemento filolóxico do texto) sen caer no relativismo.

  • Literatura Comparada ( artigo de Darío Villanueva)

  • No século XIX xurde a anatomía comparada e sería Mathew Arnold o primeiro en falar de Literatura Comparada ( Literature Comparée en francés e Vergleichende literaturwissensdraft en alemán). Os inicios desta subdisciplina dos Estudos Literarios están moi vencellados ao POSITIVISMO. A Literatura Comparada ten dous momentos de auxe: o período de entreguerras en Francia, e despois da II Guerra Mundial nos EUA.

    HENRI PEMAK, expón en 1979 durante o IX Congreso da Asociación de Literatura Comparada que esta ten que estudar as literaturas alén das fronteiras dun país concreto e o estudo das relacións entre a literatura e outras áreas de coñecemento ou crenzas.

    Cómpre non confundir Literatura Universal con Literatura Comparada, pois o primeiro termo foi acuñado por GOETHE nun intento de recompilar as obras máis importantes de tódalas literaturas.

    2.3.1. Principais escolas de Literatura Comparada

    • Francia ( Hora francesa da literatura comparada, R. Etiemble):

      • compara literaturas, polo que é un paradigma reducido ao primixenio.

      • Erasmo en España só estuda o éxito, a influencia etc.

      • Comparación monocausal.

    • Estados Unidos: é máis comparativa, rigorosa e suprarracionalista ( Entre o un e o diverso, Claudio Guillén) xa que analiza os límites e tensións entre diferentes literaturas, a loita entre o universal e o individual e a comparación vai alén das fronteiras dun país. Fanse dous tipos de estudos:

      • Conxuntos suprarracionais.

      • Polixénese ( Polen de ideas, WILLIAM FAULKNER): trata de comparar obras literarias de diferentes autores que non tiveran contacto entre eles mais que teñen similitudes notábeis na súa escrita. Por exemplo, FAULKNER (Finnegans wake), JOYCE ( Ulises) e VALLE-INCLÁN ( Luces de bohemia) tratan a mesma historia.

    As liñas de investigación desta escola son:

  • Tematoloxía: temas históricos, mitos.

  • Morfoloxía: comparación de formas literarias.

  • Xenealoxía: comparación de xéneros literarios.

  • Adaptación.

    • Novo paradigma da Literatura Comparada ( EARL MINER, D. FOKEMMA, ADRIAN MARINO): para facer Literatura Comparada cómpre ter en conta outras literaturas diferentes ás europeas, débese estudar a literatura na sociedade, na historia e na cultura, ademais de analizar o código literario xa que pode variar segundo a cultura. Realmente o que fai o novo paradigma é reunir as características da escola francesa e da estadounidense empregando unha metodoloxía novidosa: inclúe a literatura oriental, marxinal, periférica ( rusa, infantil, ciencia ficción...) e atende ás relacións existentes entre literatura e sociedade.

    • Conceptos de intertextualidade, paratextualidade, hipertextualidade e architextualidade:

      • Intertextualidade, termo acuñado por JULIA KRISTEVA que o toma de Mijail Bajtín e diversifícao xa que estuda a relación que hai entre varios textos diferentes, o similar e o distinto. As relacións entre textos poden ser:

      • Cita: un texto B cita fragmentos de A explicitando quen é o autor deses fragmentos.

      • Plaxio: un texto B toma fragmentos ou a totalidade de A sen o recoñecer.

      • Alusión: B menciona algo de A sen recoñecelo, mais de xeito que sexa doado identificar que pertence a A.

          • Paratextualidade ( GENETTE): é a relación que un texto ten con tódolos seus adxacentes ( título, dedicatorias, notas a pé de páxina, ilustracións, portada, contraportada...)

          • Architextualidade ( GENETTE): é a relación entre un texto literario e o xénero ao que pertence ( o architexto dun libro de poemas é o xénero lírico).

          • Hipertextualidade: no sentido tradicional é a relación que un texto B pode ter co seu predecesor A ( a Eneida de Virxilio e o Ulises de Joyce son hipertextos que se remiten á Odisea de Homero). Mais na actualidade o concepto de hipertexto tórnase máis amplo grazas ás novas tecnoloxías e á linguaxe HTML (Hypertextual Markup Language). O HTML establece unha estrutura de saltos na que a lectura é múltiple, non lineal, ou rizomática.

          • Outros conceptos:

          • Talentos dobres ou talentos múltiples: persoas que se dedican a máis dunha arte ( Rafael Alberti).

          • vt pictura poesis ( LESSING): é un concepto que se refire a que arte e poesía se poden reflectir unha na outra. Xurde tralo debate en torno á cara de Laoconte e o que quería expresar.

          • Historia Literaria

          • A Historia Literaria ou Historia da Literatura xurde no século XVIII, mais é no XIX cando acada unha maior importancia, aínda que xa no século XVII FRANCIS BACON falara de Historia Literaria ( The advancement of learning). Caracterízase por:

            • A busca de contrarrestar o subxectivismo existente sobre a literatura, ao mesmo tempo que achegala á sociedade ( literatura como feito social vencellado aos nacionalismos).

            • A súa proximidade á narrativa, xa que segundo DAVID PERKINS se centra nun personaxe principal e omite acontecementos para non resaltalos ou censuralos, ao igual cá narrativa.

            • Agrupa cronoloxicamente as obras, establecendo diferentes formas de periodización. Isto é un tanto aleatorio, xa que moitas veces os períodos cronolóxicos que se establecen non teñen porque coincidir cos literarios. Os criterios que emprega a Historia Literaria son:

              • Cronolóxico ( século, medio século...)

              • Criterios alleos á literatura: políticos, sociais, económico... ( por exemplo: literatura isabelina).

              • Criterio xeracional, establecido por PETERSEN e popularizado en España por ORTEGA Y GASSET. Segundo este criterio os membros dunha xeración literaria teñen que compartir as seguintes características:

              • Que non haxa unha diferenza maior de 10-15 entre o membro máis novo e o máis maior da xeración.

              • Que compartan un estilo xeracional na súa escrita.

              • Que manteñan relacións persoais e intercambios culturais entre eles.

              • Que existe un/unha guía xeracional.

              • Un feito histórico que os una.

              • Educación similar.

              • A mesma herdanza literaria.

              • Rachar coa tradición anterior.

              • Malia todo, estes características non serven sempre para determinar os membros dunha xeración xa que aplicándoas, por exemplo, á Xeración do 98 non poderiamos afirmar que Valle-Inclán se puidese incluír ou non na mesma.

                Por outra banda existen outros criterios, moi admitidos, para periodizar a literatura. Son os que nos propón CHEVREL:

                • Época: fragmento temporal extenso que pode dividirse noutros períodos máis pequenos.

                • Movemento: conxunto de prácticas literarias desenvolvidas por distintos escritores que teñen referencias comúns de xeito inconsciente.

                • Escola: prácticas de escritura desenvolvidas conscientemente.

                • Corrente ( entra en conflito co concepto de movemento): orientación xeral de tipo transhistórico, é dicir, que está fóra do seu marco cronolóxico e pasa a través de varios movementos.

                Cómpre falarmos tamén do francés GUSTAVE LANSON, unha figura fundamental na Historia Literaria francesa, que propón o seguinte método para controlar a subxectividade, aínda que non para eliminala:

                • Coñecemento dos textos: débese verificar que o texto sexa verdadeiro e non un apócrifo ( atribuído a un autor que non o escribiu), que estea ben conservado ( no caso de non estalo deberíanse analizar as variantes textuais: fontes, antecedentes...), chegar ás raíces filosóficas, morais e relixiosas do mesmo, a tradición á que pertence, o éxito e a influencia posterior...

                • Comparación dos textos para ver o que teñen de orixinal e de copia, de individual e de colectivo. Por exemplo, na Idade Media valorábase a copia de textos ( imitatio), pois o concepto de plaxio é un concepto actual.

                • Agrupar os textos en escolas, movementos ou xéneros.

                • Relación do texto coa vida social, moral e intelectual do país. Neste apartado inclúese a repercusión social, que hoxe non é importante, mais si que o foi anteriormente. Por exemplo, cando GOETHE escribiu Werther todos os mozos querían ser coma o protagonista da obra.

                Este método, moi perfecto e innovador, chegou a ser considerado sinónimo de erudición.

                Nos anos 60 do século XX a Historia Literaria entraría en crise por mor da forza da corrente formal-estruturalista ( Formalismo ruso), mais revitalizaríase nos anos 70 e 80 grazas á Escola de Constanza ( JAUSS e ISER). Esta escola elaboraría Historia Literaria fixándose principalmente no lector, xurdindo así conceptos coma o horizonte de expectativas ( o que agardamos da obra antes de lela) ou distancia estética. Por outra banda, a Historia Literaria renovouse ao se mesturar con outras correntes literarias:

                • Semiótica da cultura: iniciada por LOTMAN, intenta pór en relación os signos dun texto coa sociedade.

                • Polisistemas: consisten en entender a literatura tendo en conta o mercado, o marketing... Foron creados por Itamar Even-Zohar e tiveron unha grande importancia nos anos 80 do século XX.

                • Novo historicismo ( Greenblatt): propón que a Historia Literaria sexa tamén unha historia da cultura, para facer unha boa historia literaria é preciso facer unha historia comparada das literaturas ( tendencia actual).

              • Da crise da Literatura á crise dos Estudos Literarios. Contra a teoría? A ensinanza actual da Teoría da Literatura e da Literatura Comparada. Problemas e perspectivas.

              • A idea de crise da literatura vén dada polas novas tecnoloxías, que fan que os textos tradicionais perdan peso na actualidade. Mais esta crise non é tal, sinxelamente cambian as ideas de texto, autor e lector e os xéneros debido ás posibilidades que nos ofrece a tecnoloxía.




    Descargar
    Enviado por:Luzinha
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar