Tempo

Filosofía. Percepción humana. Tipos de tempo: psicolóxico, cosmolóxico, histórico

  • Enviado por: María
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 1 páginas
publicidad

1. O tempo como dimensión humana:

Ó falarmos de dinamismo do coñecemento, dos seus cambios, avances e posible progreso, estamos a facer referencia sempre a unha dimensión fundamental na vida humana: o tempo. Sen el non seriamos quen de entendérmo-la nosa vida nin o propio coñecemento. Posto que somos limitados no tempo, temos interese en aproveitalo. Posto que o tempo vai marcando o devir da humanidade, dicimos que existe a historia.

Sen embargo, definir qué é o tempo é unha das tarefas máis complexas coas que podemos enfrontarnos, porque parece ser un elemento que escapa a unha conceptualización precisa. O tempo é o que marcan os reloxos, o que fai que a nosa pel vaia engurrándose, o que produce pouco a pouco cambios no mundo…

1.1 Tipos de tempo:

Podemos distinguir tres modos de entende-lo tempo:

- O tempo psicolóxico: é o tempo da miña vida, tal e como eu o percibo subxectivamente. A sensación que teño de que transcorre á présa ou de vagar. A valoración que fago de se o aproveito ou de se o deixo pasar. Trátase dunha apreciación persoal.

- O tempo cosmolóxico: é o tempo do mundo, o que intentamos medir e calcular, o que nos permite falar da idade das estrelas ou do mesmo universo. É o tempo real en canto obxectivo.

- O tempo histórico: é un “terceiro tempo”, que queda a medio camiño entre o meu tempo persoal e o tempo obxectivo. É o tempo dos acontecementos da humanidade. O que nos permite entender que hai épocas diferentes, que todo vai cambiando. En certo modo, é o intento de integra-lo tempo persoal no tempo universal, é o que facemos cos calendarios: a nosa propia vida inscrita no tempo do mundo.