Sistema foral gallego

Historia gallega. Sistema foral. Desamortizaciones. Agrarismo

  • Enviado por: LuZinHa
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 10 páginas
publicidad

  • A estrutura económica de Galiza: o foro

  • Orixes do foro. Aproximación ao contrato enfitéutico: diversidade das propiedades

  • Até hai pouco en Galiza existía unha estrutura agraria que non permitía o seu desenvolvemento e na que a terra é a base da riqueza económica e do prestixio social. Isto está regulado desde a Idade Media polo foro, un contrato que desde os séculos XII - XIII lles garante aos señores o poder sobre a terra e a submisión do campesiñado:

  • O campesiñado recibe:

    • Casa.

    • Horta.

    • Terreos preto da casa.

    • Terras de labradío.

    • Gando.

    • Medios de produción.

    • Aproveitamento dos montes (comunais) para pasto, leña, froitos... A recollida gratuíta do que caía das árbores fixo dos montes un importante medio de supervivencia.

  • Obrigas dos campesiños:

    • Conservar e coidar os bens.

    • Pagar unha importante renda:

      • En especie, o que supuña un terzo da colleita das terras de labradío e a metade das de viñedo.

      • En metálico, menos frecuente.

    • Impostos engadidos:

      • Loitosa: cesión da mellor cabeza de catro patas á morte do foreiro.

      • Laudemio: se se transfería o foro parte do diñeiro ía para o propietario.

      • Décimo: imposto eclesiástico que garantía a dependencia económica da Igrexa.

      • Duración:

        • Nos séculos XII - XIII duraba tres xeracións, cando remataba este tempo renovábase seguindo as condicións que impoñía o señor.

        • No século XVII duraba:

          • Tres papas se as terras eran da Igrexa.

          • Tres reis se as terras eran da nobreza laica.

          • Herdanza do foro: o foro era indivisíbel, as terras sometidas a este contrato eran xa de por si pequenas e se se dividían non producirían o suficiente para alimentar a ninguén. Por iso, o foro podía ser vendido ou herdado por un dos fillos do campesiño, que debía cumprir as seguintes condicións:

            • Estar casado.

            • Vivir na casa e coidar dos pais.

            • Só podería ser titular do foro á morte do pai e os demais fillos debían entón abandonar as casa e as terras, agás os solteiros (maneiros).

          • Consecuencias: aínda que adoita considerarse o foro como o responsábel do minifundio, isto non é exactamente así. As propiedades foran sempre pequenas (para o que é necesario un tratamento intensivo). Cando as terras non eran suficientes por mor da presión demográfica levábase a cabo un proceso de ruturación (conversión do monte en terreo cultivábel), que duraban un seis anos ou o tempo que determinase o señor.

          • O subforo

          • O subforo supón:

            • O propietario da terra (xeralmente mosteiros) arréndalla a un foreiro pertencente aos estratos superiores da sociedade rural.

            • O foreiro, á súa vez, arréndalle as terras a un campesiño para que as traballe.

            • A relación entre campesiño é propietario vólvese indirecta.

            • O campesiño ten que lle pagar ao propietario e ao intermediario (que poden ser varios).

            • Os intermediarios saen beneficiados e establécense así as bases do que sería a fidalguía do século XVIII.

            Os mosteiros fan isto porque lles compensa recibir unha renda fixa, aínda que sexa menos, ca unha renda variábel.

            Para algúns autores o subforo foi positivo:

          • É un contrato de longa duración que fai que os propietarios se preocupen máis de cobrar as rendas ca de especular sobre as terras.

          • O espolio, ou dereito do propietario para expropiarlle a terra ao campesiño, vólvese máis infrecuente.

          • O sistema de rendas en especie non frea a introdución de novos cultivos (máis produción = máis beneficios para os campesiños.)

          • Redúcense as cargas engadidas: o laudemio pasa de ser a cuarta ou sexta parte á décima e loitosa pasa a ser un pago en metálico realizado entre tódolos membros da comunidade. Dependendo das zonas as cargas son maiores ou menores.

          • Ademais, aínda que en teoría non se podía parcelar o foro, na práctica faise, especialmente en épocas de fame.

          • O desenvolvemento do sistema foral: a Pragmática de 1763

          • Desde mediados do século XV os campesiños, ante a imposibilidade de pagar todas as cargas impositivas, néganse a facelo. Esta situación agrávase no século XVII, o que favorecerá o auxe da fidalguía:

          • Causas:

            • Hai unha importante crise xeral e danse numerosas protestas pola situación que viven os labregos.

            • A Igrexa busca, neste momento, afastarse do control directo das terras para non manchar a súa imaxe, pero mantendo a titularidade da mesma.

            • Así aparece a fidalguía como intermediaria. Os campesiños páganlle aos fidalgos as rendas, polo que a imaxe do poder civil pasa da Igrexa á fidalguía.

            • Desde mediados do século XVII e no século XVIII a Igrexa pretende recuperar o control directo sobre as terras.

            • Intres fundamentais:

              • 1633: dáse a primeira reivindicación por parte de sectores vencellados á Xunta do Reino de Galiza que pretenden a renovación automática do foro e combater os abusos señoriais.

              • 1698: a Xunta, coincidindo co cambio de dinastía (dos Austrias aos Borbóns), denuncia os espolios e será o Marqués de Mós quen defenderá a fidalguía.

              • 1763: as diferenzas entre Igrexa e fidalguía lévanse á Xustiza e a Real Audiencia emite a coñecida como Pragmática Sanción, que determinaba a suspensión dos preitos, quedando a situación como estaba e, por conseguinte, resultando a fidalguía beneficiada (institucionalízase o subforo).

              • Consecuencias:

                • A fidalguía sae beneficiada continuando no seu papel de intermediaria.

                • Os campesiños só notan consecuencias negativas:

                  • A fidalguía mantén as súas prácticas especulativas.

                  • Aparece un incremento impositivo do Estado que debía ser pagado en metálico e moitos campesiños non poden afrontar, para o que teñen dúas opcións:

                          • Emigración cara a Castela para a sega (a mediados do século XVII).

                          • A venda de produtos.

                    Así, no século XVIII a grande maioría da poboación estaba no nivel da subsistencia e vólvese roturar o monte. O espazo cultivado era semellante ao actual e aínda así era insuficiente. O único positivo para os campesiños deste século foron as colleitas, xeralmente boas.

                  • Incidencia dos procesos desamortizadores na situación da propiedade da terra

                  • Causas das desamortización

                  • Consecución de recursos para a Guerra Carlista.

                  • Impedir a quebra do Estado.

                  • Crear unha clase media propietaria, se o Estado Liberal lle daba propiedades aos campesiños estes seríanse fieis.

                  • Tamén se busca facer rendíbeis os terreos a monte.

                  • Os procesos desamortizadores

                  • Trienio Liberal (1820 -1823): primeiras vendas masivas, pero durante pouco tempo.

                  • Desamortización de Mendizábal (desde 1837): afecta aos bens da Igrexa e cobra importancia desde 1842. Búscanse con ela recursos para afrontar a Guerra Carlista.

                  • Desamortización de Radoz (1855 - 1867): afecta aos bens municipais, polo que en Galiza non ten relevancia (os bens da Igrexa supuñan o 93% e os municipais só o 0,8%, moitos terreos eran de propiedade comunitaria.)

                  • A singularidade das desamortizacións en Galiza

                  • Afecta aos bens eclesiásticos.

                  • Intencións do Estado: sectores sociais favorecidos (fidalguía).

                  • Cambio de mentalidade: concienciación sobre a desorganización da estrutura da propiedade.

                  • Venda dos dereitos e non das propiedades, derivada dese sistema particular de tenencia da terra aceptada polo Estado coa Pragmática Sanción. Cando o Estado se apropia destas terras ten dereito ás rendas e aos colonos que a traballan grazas ao contrato foral.

                  • Consecuencias das desamortizacións en Galiza

                  • Xa que o que se pon en venda son os dereitos sobre as terras e non o seu dominio útil, o foro seguirá vixente. Así, desde 1855 a propiedade cambia de mans, pasa da Igrexa aos burgueses e fidalgos, pero o foro persiste.

                  • O campesiñado non se ve beneficiado porque, dada a súa escasa capacidade económica, non pode mercar as terras.

                  • Con todo, desde 1865, debido a un fortalecemento da lexislación sobre a propiedade individual, os campesiños comezarán a mercar as terras xa que teñen os cartos procedentes da emigración, xa que quere entrar no proceso de transformación capitalista. Isto traerá consigo unha consecuencia negativa: a consagración do minifundio.

                  • Os pequenos cambios e intentos de modernización do XIX

                  • A economía galega do século XIX fica bastante limitada:

                  • Permanece o foro.

                  • Prevalecen as pequenas explotacións.

                  • Desenvolvemento técnico reducido.

                  • Así, neste século xorde unha literatura panfletaria que considera o foro coma un dos principais obstáculos para o desenvolvemento da economía, amais de non ver con bos ollos o minifundio. Ademais, as pequenas explotacións non encaixan nese proceso de transferencia capitalista, polo que o campesiño do XIX terá que tomar conciencia das deficiencias da súa explotación, e tamén as elites das súas.

                    Así, xorden propostas coma a de MANUEL COLMEIRO, quen pretende en 1843 modernizar o agro e mercantilizar a produción, para o que propón:

                  • Privatización dos montes e das propiedades municipais.

                  • Extensión dun sistema de grande labranza.

                  • Redención dos foros.

                  • Haberá, ademais, publicacións que demanden unha renovación técnica da agricultura, postura defendida mesmo polas elites conservadoras.

                  • Historia da redención foral

                  • Primeiro proxecto de lei de Redención Foral, presentado polo deputado PELAYO CUESTA en 1864: a favor do dominio útil cunha capitalización de 100 de capital por cada 3 de renda. Paralelamente a Sociedade de Amigos do País de Compostela celebra un congreso consultivo no que están presentes tódalas partes, e todas fican a favor dunha reforma do foro. Con todo, nela os fidalgos defendían o dominio directo e os campesiños o dominio útil.

                  • Segundo proxecto de lei de Redención Foral, presentado polo deputado ourensán PAZ NOVOA e aprobado o 20 de agosto de 1873: favorecía ao campesiñado permitíndolle facerse propietario das terras (6 de renda por cada 100 de capital), pero sería derrogada seis meses despois por lesionar “os intereses sagrados.”

                  • Circunstancias que favorecen a desaparición do foro:

                    • O agrarismo, cada vez máis radicalizado, que chegará a cuestionar o feito de ter que pagar pola terra (“a terra para quen a traballa”).

                    • A crise finisecular agraria: a caída dos prezos dos cereais e o consecuente menor valor da produción fará que ser rendista xa non sexa rendíbel, polo que haberá procesos de redención acordados por ambas partes.

                    • Proxectos de lei fracasados nas dúas primeiras décadas do século XX.

                    • Decreto lei de Redención de Foros de 1926: cando se aproba xa quedan poucos foros por redimir.

                    • De todo isto tiramos varias conclusións:

                    • A fortaleza que presenta o campesiñado.

                    • A identidade galega reflíctese no rural.

                    • O problema do foro, que xa duraba oito séculos, soluciónase grazas a acordos entre as partes, non ás leis.

                    • A resposta da sociedade: o agrarismo

                    • Organización das sociedades agrarias

                    • Marco espacial, a parroquia: adoita darse un só sindicato agrario por parroquia, independentemente da súa orientación política.

                    • Funcións:

                      • Política: hainas de diferentes ideoloxías.

                      • Técnica: contribúen á modernización do agro, actividade que se intensifica nas épocas de maior represión política.

                      • Afiliados: campesiños que queren incorporarse ao capitalismo e proletariado agrario.

                      • Líderes: persoas que conviven cos campesiños pero que non son da súa mesma clase social (avogados, médicos, xente vencellada á Administración, inmigrantes retornados...)

                      • Actividade das sociedades agrarias

                      • A actividade destas sociedades presenta moitos altibaixos, aínda que a será sempre forte (nas épocas de maior represión céntranse na función técnica). Desde mediados do XIX hai moitos escritos referentes á revolución da cuestión foral, algo común en tódalas sociedades agrarias europeas da época.

                        A crise finisecular do XIX provoca unha perda de potencialidade do agro galego: baixan as rendas e a revolución dos transportes fai que sexa máis barata a importación. Pérdese o mercado importador británico, feito que se intenta cubrir co mercado portugués e logo co do resto do Estado. Todo isto fai que se reactiven as protestas agraristas.

                        Danse nesta época dous trazos importantes:

                      • A internacionalización da economía mundial dá lugar á crise agrícola.

                      • Comezo da mercantilización das masas rurais (leis de asociación e introdución, en 1890, do sufraxio universal.)

                      • Principais etapas do agrarismo

                      • 1866 - 1896

                      • Fúndase a primeira sociedade agraria sen 1866 en Caldas de Reis, e desde esta data até 1896 tódalas que se fundan caracterízanse por:

                      • Seren mutuas gandeiras, de socorro á gandería (de forte tradición, chegan ata o Franquismo).

                      • Supor unha modernización: son cooperativas de axuda comunitaria (pseudoseguros).

                      • Teñen só unha vertente técnica, non política.

                      • 1896 - 1907

                      • Danse dous tipos de organizacións agrarias:

                      • Cámaras agrarias:

                        • Xorden nas cidades e vilas.

                        • Intégranse nelas sectores da burguesía: Portela Valladares, Rof Codina, Basilio Álvarez, Rodrigo Sanz... e a Xeración do 98 galega.

                        • A súa ideoloxía segue os seguintes trazos:

                          • Defensa do pequeno produtor.

                          • Anticaciquismo, que case se converte nun movemento retórico.

                          • Desaparición do foro.

                          • Modernización do agro.

                          • Sociedades de agricultores: son o elemento máis característico do asociacionismo galego:

                                • A cidade de Pontevedra é o núcleo desde o que se difunden.

                                • En 1903 créase a primeira Federación Agrícola Provincial en Pontevedra, que será seguida en zonas da Coruña, Betanzos, Chantada e algunhas partes de Ourense.

                                • Están vencelladas a grupos progresistas, pero a súa importancia chega a ser tal que até os partidos dinásticos chegan a xogar algún papel nelas.

                                • CARACTERÍSTICAS COMÚNS

                                  Cámaras agrarias

                                  Sociedades de agricultores

                                  Anticaciquismo

                                  Indefinición relixiosa

                                  Certa radicalización

                                  (maior nas Sociedades de agricultores)

                                • 1907 - 1920

                                • Créanse en 1907 tres importantes organizacións cun programa político claro que intentan atopar a solución aos problemas organizativos da produción e do foro. Estas organizacións son:

                                • SOLIDARIDAD GALLEGA: é o movemento máis institucional e máis ambiguo, xurdido tralo éxito de Solidaritat Catalana:

                                  • Ten o foro como elemento aglutinador.

                                  • Nela militan carlistas (Vázquez de Mella), republicanos (Casares Quiroga) ou rexionalistas (Murguía, Carré, Lugrís). Esta diversidade favorecerá a súa perda de importancia, especialmente desde 1912 (primeiro marchan persoas illadas, coma Murguía, e logo grupos enteiros, coma o de Monforte).

                                  • Conta cun medio de comunicación: A Nosa Terra.

                                  • O seu ambiguo discurso plásmase no Manifesto Solidario e céntrase en:

                                      • Anticaciquismo.

                                      • Autonomía.

                                      • Rexeracionismo.

                                      • Reivindicación agraria pouco definida.

                                  • O seu núcleo principal é A Coruña (onde ten certo éxito nas municipais de 1909), e os seus campos de maior actuación Ferrol e a zona do Eume.

                                  • Está liderada por Rodrigo Sanz.

                                • UNIÓN CAMPESINA: Federación de sociedades agrícolas fundada polo obreiro anarquista retornado de América Martínez Pérez:

                                  • Vencellada á F.L.O.

                                  • De orientación anarquista, ten unha importante actividade política e é a primeira vez que un proxecto agrarista está vencellado a unha ideoloxía política.

                                  • Opera sobre traballadores urbanos que ao mesmo tempo traballan a terra.

                                  • Limítase á Coruña e arredores (créanse 28 asociacións).

                                  • Do seu proxecto e actividade destaca:

                                      • Loita nos arbitrios municipais.

                                      • Controla algunhas explotacións.

                                      • Vontade de modernización científica da agricultura.

                                  • O proxecto desaparece en 1920, non así as sociedades, xa que se percibe coma unha organización violenta.

                                • DIRECTORIO ANTIFORISTA DE TEIS:

                                  • Non ten unha xunta directiva que centralice o poder.

                                  • Primeira organización quen de agrupar varias sociedades nun movemento antiforista.

                                  • Apoios:

                                  • Sectores dinástico - liberais: Montero Ríos, Eduardo Vincendi.

                                  • Solidaridad Gallega.

                                  • Unión Campesina (máis).

                                  • Constitúe o Directorio Antiforista (febreiro de 1908), un comité organizador da propaganda antiforal.

                                  • Organizado polo Comité de Becerreá en Lugo e Ourense, e conta con máis de cen entidades na provincia de Pontevedra.

                                  • Persoeiros importantes: Amado Barra, Basilio Álvarez.

                                  • Conflitividade rural: motíns, mitins... (acción violenta).

                                  Xurdirán nesta etapa proxectos para unificar os diversos sectores do agrarismo:

                                • LIGA AGRARIA REDENCIONISTA: fundada en 1910 por círculos galegos asentados en Madrid:

                                  • Conta cun medio de comunicación propio, Acción Gallega, nome polo que acabará sendo coñecida a organización.

                                  • A súa actividade podémola dividir en dúas etapas:

                                    • Con PORTELA VALLADADES como líder conseguen un escano pola Fonsagrada, non así por Becerreá. Con esta perda de influencia a Liga comeza a baixar.

                                    • Con BASILIO ÁLVAREZ como líder a Liga revitalízase:

                                      • Pon en contacto o grupo madrileño con rapaces galeguistas coma Fernández Mato, Cabanillas, Noriega Varela ou o mesmo Castelao.

                                      • Conta cun discurso forte, difundido no chamado Manifesto de Ourense en agosto de 1910.

                                      • A partir de 1914 intensifica a súa actividade en toda Galiza con mitins multitudinarios.

                                      • Esmorece o seu proxecto polo enfrontamento continuo de Basilio Álvarez coa Igrexa.

                                • ASAMBLEAS AGRARIAS: reunións realizadas en Monforte nos anos 1908, 1910 e 1911:

                                  • Están presentes tódalas tendencias do agrarismo galego.

                                  • Redactan varios textos nos que demandan:

                                    • Desenvolvemento económico.

                                    • Modificación da situación xurídica da propiedade comunal.

                                    • Desaparición do foro.

                                    • Especialización do vacún para carne para un aumento da produtividade.

                                  • Comezan con reivindicacións técnicas e acaban por convertérense en debates ideolóxicos, o que acaba con elas.

                                • 1920 - 1931

                                • Nesta etapa mantéñense dúas liñas fundamentais no movemento agrarista:

                                • SINDICALISMO CATÓLICO: alentado pola Igrexa:

                                  • Representa intereses conservadores:

                                    • Imaxe de apoliticismo.

                                    • Respecto á orde.

                                    • Dirección das elites eclesiásticas.

                                    • Aposta polas fórmulas cooperativas.

                                    • Son á vez intermediarios na inserción do capitalismo e defensores da comunidade.

                                  • Importante extensión territorial, especialmente entre 1918 e 1920.

                                  • Créanse federacións de ámbito territorial a medio camiño entre a comarca e a provincia (Lugo, Tui, A Coruña, Monforte, Mondoñedo, Ourense)

                                  • Despois da ditadura de Primo de Rivera contabilízanse 500 sindicatos con 45.000 socios.

                                • AGRARISMO “NEUTRO”:

                                  • Organizacións non vencelladas á Igrexa nin a organizacións obreiras, aínda que con tendencia á coalición con partidos de esquerda (republicanos e socialistas).

                                  • Son críticos coa Restauración e defenden a democracia parlamentaria.

                                  • Móvense en marcos comarcais.

                                  • No Congreso de Ponteareas de 1919 contan con 175 organizacións e uns 16.000 socios.

                                • ABOLICIONISMO: tendencia máis radical do agrarismo:

                                  • Defínese pola loita de clases, “a terra para quen a traballa”, polo que estará en contra das indemnizacións do tránsito do foro.

                                  • É unha importante fórmula de presión nos convenios de redención do foro.

                                  • Asumido e apoiado por:

                                    • Socialistas

                                    • Republicanos

                                    • Galeguistas

                                    • Sectores liberais dinásticos

                                    • O propio Basilio Álvarez.

                                  • Triúnfa entre 1919 e 1922 en zonas coma as rías de Pontevedra, Arousa, Vigo, o Baixo Miño, arredores de Ourense, o Ribeiro, Monforte, Chantada e as antigas zonas de implantación de Unión Campesina na Coruña.

                                  Existen tamén nesta etapa intentos de unificar o movemento agrarista:

                                • Créanse Federacións Provinciais: Pontevedra e Ourense en 1920, A Coruña en 1922 e Lugo en 1923.

                                • A nivel galego créase a CRAG, que conta cuns 60.000 asociados pero dura uns meses, ata a chega ao poder de Primo de Rivera.

                                • Aínda que o Agrarismo fracasou por non ser quen de formar un partido agrario galego, foi un movemento positivo para arranxar o problema foral.

                                • A ditadura de Primo de Rivera (1923 - )

                                • A chegada da ditadura foi vista de diferentes xeitos polas diferentes tendencias agraristas:

                                • Os católicos vena con bos ollos e teñen unha maior presenza nesta época, pero perden forza por mor da súa institucionalización (son a estrutura oficial agraria da ditadura), aínda así mantéñense en zonas nas que:

                                  • Existe unha especialización gandeira.

                                  • A incidencia do foro é mínima.

                                • O Agrarismo “neutro” tamén ven a ditadura con bos ollos, xa que a consideran un cambio respecto da Restauración, xa fracasada.

                                • En canto ao agrarismo obreiro:

                                  • Os anarquistas, vencellados á CNT, sufrirán unha forte represión.

                                  • Os socialistas apoiarán o novo réxime, que ademais necesita cadros agrarios e sindicais. Así, a UGT vólvese o sindicato oficial do novo réxime e aínda que se escindirá despois non será tan reprimido coma os anarquistas.

                                  • Desde un punto de vista técnico a etapa da ditadura é positiva:

                                  • Primeiras experiencias industriais da agricultura a través do cooperativismo, especialmente no sector leiteiro (Pontedeume e Laíño).

                                  • Creación do Matadoiro do Porriño en 1928, que pretendía ser un matadoiro centralizado para Galiza pero que se atopa con grandes problemas de comunicacións. Desaparecerá na década dos 30.

                                  • A Segunda República (1931 - 1936)

                                  • Na II República o Agrarismo sofre os seguintes cambios:

                                  • O agrarismo católico é o máis prexudicado, manterase convertido en partidos católicos de dereita.

                                  • As organizacións agraristas obreiras perden forza e a súa influencia redúcese a puntos concretos.

                                  • A maioría dos sectores agraristas intégranse nos dous grandes partidos con presenza en Galiza no momento:

                                    • ORGA, fundado e liderado por Casares Quiroga.

                                    • Partido Radical, liderado por Lerroux e no que se integran persoeiros coma o mesmo Basilio Álvarez.

                                    • Créase o Partido Agrario Gallego en Pontevedra, cuns 15.000 asociados e liderado por Alonso Ríos. En 1935 integrase na Frente Popular e conseguirá deputados nas cortes.

                                    • A crise do 29, que chegará a Galiza neste momento, fai que a carne galega sexa cada vez menos competitiva, situación que se agrava ao asinar o goberno un pacto co Uruguay para importar carne conxelada. Así, o Matadoiro do Porriño quebrará e funcionará só en experiencias cooperativas.

                                    • A chegada do Franquismo (1939)

                                    • Destrúense as asociacións agrarias e o Agrarismo desaparecerá. Só ficarán del o agrarismo católico, que se integrará en 1942 no Sindicato Vertical do réxime, e as mutuas gandeiras (son unha necesidade técnica).

                                      O dominio útil (campesiñado) debía pagarlle ao dominio directo (burguesía) para conseguir a propiedade das terras que trallaba.

                                      6. O sistema foral

                                      10

                                      Historia de Galiza

                                      2006/2007

                                      USC

                                      Todo isto recibe o nome de casar.