Segunda República Española

Historia de España. Partidos políticos # Fronte popular. Gerra civil

  • Enviado por: Ouren
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 22 páginas
publicidad
publicidad

NOME: Nº : 5 Curso: 1º Bacharelato-A

ÍNDICE

  • PANORAMA ANTERIOR Á REPÚBLICA

  • PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA

  • A SEGUNDA REPÚBLICA

  • 3.1. ETAPA REFORMISTA

    3.2. ETAPA DE CENTRO-DEREITA.

    3.3. A FRONTE POPULAR.

  • A FIN DA REPÚBLICA E A GERRA CIVIL.

  • PARTIDOS DA REPÚBLICA.

  • PERSONALIDADES FUNDAMENTAIS NO PERÍODO REPUBLICANO.

  • PANORAMA ANTERIOR Á REPÚBLICA.

  • A época anterior á república está marcada pola dictadura do xeneral Primo de Rivera. Este réxime dictatorial resultou ser un fracaso a nivel político. Aínda que se conseguira rematar coa guerra de Marrocos, no victorioso desembarco de Alhucemas (1925), e se chegara a calma-la guerra social que se vivía naqueles tempos entre patróns e obreiros, Primo de Rivera foi incapaz de resolve-los graves problemas que envolvían ao país e desorganizou totalmente as vellas bases políticas da Restauración sen acertar a crear unha base de continuidade e progreso cara o futuro. O atraso importante da agricultura, o escaso desenvolvemento industrial, os altos niveis de analfabetismo que afectaban á poboación ou a falta dunhas verdadeiras liberdades políticas foron algunhas das causas principais do fracaso do réxime dictatorial de Primo de Rivera, que se iniciara co apoio do rei Alfonso XIII en 1923, e que, polo tanto, arrastraría na súa caída á institución monárquica.

    Despois de sete anos de dictadura volveuse ao antigo sistema político da Restauración. En 1930, pese aos intentos do xeneral Berenguer de recuperar a normalidade e salvar á monarquía, amplos sectores conservadores perderon a confianza no réxime monárquico coma dique eficaz dunha revolución social. Os gobernos do xa citado Berenguer e de Aznar, posteriormente, non lograron espertar novos entusiasmos nin crear confianza na sociedade. O fracaso de ámbalas dúas políticas económicas faise notoria cando non se logra frea-lo forte impacto da crise de 1929 co crack de Wall Street, que levaría consigo consecuencias moi negativas a nivel internacional para o mundo enteiro. Neste panorama de axitacións caracterizado por unha importante precariedade tanto política como económica e mesmo social producíuse o colapso do réxime monárquico da Restauración, caracterizado pola herdanza da dictadura nos seus últimos anos, que, en abril do ano 1931, convocará unhas eleccións municipais para tentar rematar cos problemas e as axitacións e mailo descontento que rodeaba ao país.

  • PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA.

  • Mentres a monarquía facía todo o posible por sobrevivir nos seus últimos días de

    existencia, distintas personalidades republicanas, nacionalistas e antigos membros da monarquía asinaban o chamado “Pacto de San Sebastián” en agosto de 1930 co apoio dos sindicatos U.X.T (Unión Xeral de Traballadores) e C.N.T ( Comisión Nacional de Traballadores).

    O 15 de Decembro dese mesmo ano e co apoio dalgúns militares fracasaba o primeiro alzamento ou insurrección republicana en Xaca que levaría consigo o encarceramento do comité revolucionario e o fusilamento dos xa primeiros heroes populares da República, os capitáns Galán e García Hernández; todo isto pese á sublevación de “Cuatro Vientos”, ao non producirse a efectiva participación das organizacións obreiras.

    Sen embargo, os acontecementos precipitáronse tralas eleccións municipais do 12 ao 14 de abril de 1931 que, sen querelo os políticos monárquicos, se transformaron nun referendo sobre o réxime político que desexaban os españois. En case tódalas capitais de provincia (41 das 50), onde se supuña que o voto non estaba mediatizado polos caciques, deuse o triunfo do bloque republicano-socialista e ese mesmo día 14 proclamábase a República primeiro en Eibar e Madrid e despois pouco a pouco nos demais puntos do territorio nacional. Alfonso XIII, ao ser acatada por Sanjurjo a autoridade do comité revolucionario, víuse obrigado a saír do país partindo cara o exilio (Marsella). Producíase así a transmisión de poderes sen derramamento de sangue.

    O novo goberno estaba integrado por un agrupamento heteroxéneo de forzas políticas. Estaba presidido por Niceto Alcalá Zamora, que formaba xunto a Miguel Maura, republicano de última hora, a parte conservadora, como se se quixese minimiza-la ruptura co réxime derrocado. Estaba composto por representantes do chamado republicanismo histórico. Aquí estaban os radicais como Lerroux e Martínez Barrios e radicalsocialistas como Marcelino Domingo e Álvaro Albornoz. Todos eles participaran na vida política do período monárquico. As novidades estaban nos socialistas como Prieto, Largo Caballero e Fernando de los Ríos, e un debutante en política, Manuel Azaña. A presencia dos socialistas no goberno sinalaba un cambio importante na línea política seguida ata agora no partido e van colaborar por primeira vez nun goberno que non está totalmente dominado por un partido obreiro, senón por unha maioría burguesa. O catalanista Nicalau d´Olwer e o galeguista Casares Quiroga completaban o equipo ministerial. Todas estas personalidades representaban ás clases medias e aos traballadores, e entre eles abundaban os intelectuais de boas intencións pero escasa experiencia no mundo da política.

    Estableceuse desta maneira o estatuto provisional da República no 15 de abril, polo cal se cumplimentaban os acordos de San Sebastián resumidos nunha serie de principios básicos: recoñecemento da personalidade sindical e corporativa, cuestións de responsabilidades, ampliación do cadro de liberdades e dereitos individuais, liberdade de cultos e crenzas, recoñecemento da propiedade privada, etc. E no que o seu obxectivo desde un primeiro momento era convocaren unhas eleccións para formaren unhas “Cortes Constituíntes” das que debería saír unha nova constitución que dirixira os destinos do novo país.

    Mentres tanto as forzas conservadoras ou monárquicas están á espera confiando nunha posíbel reorganización, igual cas forzas sindicais, U.X.T e C.N.T, que confían no novo réxime esperando que mellore a súa situación económica e social.

  • A SEGUNDA REPÚBLICA.

  • A II República española coñeceu, desde 1931 ata a guerra civil de 1936, tres situacións ou etapas: Etapa reformista ou Bienio socialazañista, Etapa de centro-dereita ou Bienio radicalcedista e a Etapa de Fronte Popular.

    3.1. ETAPA REFORMISTA.

    Esta é a etapa inicial do réxime republicano e comprende entre os anos 1931 e 1933 e caracterízase por poseer un goberno socialazañista. O fundimento da monarquía había deixado ao descuberto os principais problemas dunha inexistente revolución burguesa; a caída de Alfonso XIII pareceu sancionar o fracaso dunha burguesía industrial que, sen lograr conseguir un novo estado nin a súa reforma agraria, pactara coa monarquía e enlazado coa gran propiedade. As eleccións para formar as “Cortes Constituíntes” tiveron lugar o 28 de Xuño e deron un triunfo extraordinario á coalición republicano-socialista. As forzas elixidas o 14 de Xullo foron os republicanos de esquerda e radicais, tanto de esquerda coma de dereita dunha ampla pequena burguesía, e os socialistas, en representación dun gran sector da clase obreira. En liñas xerais, a súa actividade encamiñouse á liquidación dos obstáculos institucionais que impedían o desenvolvemento dunha sociedade progresiva e democrática, xunto á resolución dos problemas catalán e vasco e a limitación do poder da Igrexia, do exército, da nobleza e do latifundismo.

    Aprobouse unha nova constitución, o 9 de Decembro, que era un dos principais obxectivos do novo goberno. Esta constitución republicana definía un novo modelo de España como Estado: unha república democrática, igualitaria, laica, cunha soa cámara lexislativa, que respeta a propiedade privada se ben podía ser obxecto de expropiación por razóns de utilidade social, e que cambia a estructura centralista do Estado permitindo a constitución de territorios autónomos no seu seo. Definía a España no seu artigo 1º como “unha república democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de liberdade e xustiza, e onde o poder de tódolos seus órganos emanan do pobo” e establecía o sufraxio universal. Mantiña, no artigo 4º, ao castelán como lingua oficial da república, pero recoñecía as linguas das provincias ou rexións. No artigo 3º define a España como un estado sen relixión oficial. Como esta nova constitución establecía a non-confesionalidade do Estado e atacaba duramente á Igrexa e ao presuposto do clero no artigo 26, o presidente da república Alcalá Zamora e tamén Maura, católicos conservadores os dous, dimitiron, co que Azaña pasou a presidir o goberno en Outubro de 1931. A obra reformista intentouse completar cunha serie de decretos gubernamentais e leis complementarias.

    O goberno socialazañista caracterizouse por efectuar, da man do seu presidente e gran político Manuel Azaña, unha serie de reformas que resultarían incompletas, pero que terían gran trascendencia e consideración, e por desplegar un amplo programa lexislativo. Tratábase de desplegar tódolos esforzos para modifica-las estructuras do país nunha auténtica revolución política.

    • Reforma do exército: Con esta reforma tratouse de converter ao exército nun corpo eficaz e moderno reducindo o número de oficiais e xefes e o tempo de servicio en filas. E así pechouse a Academia Xeral de Zaragoza e suprimíronse os ascensos por méritos de guerra con carácter retroactivo, polo que moitos mandos que loitaron en Marrocos descenderon en escala. Pretendíase fixa-las normas de reclutamento e instrucción da oficialidade e da tropa, así como a selección do Estado maior Xeneral. Entre os proxectos de Azaña para esta reforma estaban a aprobación dunha lei de cadros para establecer as plantillas segundo as necesidades que a técnica profesional determina, e unha lei de efectivos que sustraia a importancia e cuantía de cada unidade táctica ás arbitrariedades administrativas dos licenciamentos anticipados, rebaixa do servicio e outras combinacións reprobables axenas, cando non contrarias, á boa preparación da tropa para a guerra. O goberno retirou, coa paga íntegra, aos oficiais que se negaron a xurar fidelidade ao novo réxime para asegurar a lealtade do Exército. Tratábase de dotar a España dunha capacidade defensiva propia dun estado libre e pacífico e infundir á clase militar seguridade de xustiza e bo goberno na súa carreira, que tería que estar estreitamente ligada ao respeto dos dereitos propios da ciudadanía. Separar ao Exército da política e convertelo nun organismo funcional ao servicio das necesidades propias do país remataría por enfrontalo co réxime. Esta serie de medidas que formaban a reforma técnica do exército tiveron lugar entre os anos 1931 e 1932.

    • Reforma agraria: Pretendía rematar co atraso agrícola e aumenta-lo número de terras cultivadas e a súa producción. Producíuse a expropiación das propiedades da nobreza e a súa repartición entre os campesiños. Propúñase a supresión dos latifundios mediante a fixación dun límite á extensión máxima das propiedades. Cos excedentes que sobrepasaran estos límites debían crearse novas explotacións rurais para dotar a xornaleiros e colonos. A necesidade de indemnizar aos propietarios limitaba fortemente o alcance destas medidas. Esta lei propuña unhas melloras que se aplicaron de forma lenta e incompleta (nun só ano instaláronse 4500 colonos dos 60000 que prevía a lei) e os campesiños mostraron o seu descontento por sentírense enganados e defraudados. A reforma agraria era fundamental para a República por motivos de orde político, económico e social. No terreo político significaba un reforzo para o réxime ao vincular aos beneficiados pola reforma, aínda que significaba gañar enimigos ao diminuí-lo poder dos terratenentes. Pero os compromisos do goberno coa burguesía obrigaban ao goberno a compaxinar esta reforma co respeto á propiedade privada, isto é, a indemnización das expropiacións das terras. Isto supuña limita-lo ritmo da reforma ás posibilidades financieiras do Estado. Por iso a reforma progresaba a un ritmo lentísimo. Esta lei aprobouse entre Xullo e o 9 de Setembro de 1932 e era un exemplo claro da distribución xusta do poder económico, que pretendía o novo goberno, entre as clases sociais.

    • Reforma educativa: Levouse a cabo un amplo programa de instrucción pública e a comenzos de 1933 estaban en pé unhas 10000 novas escolas. Aumentouse o número de mestres e intentouse mellora-la súa formación. Con todo isto pretendíase eleva-lo nivel cultural da poboación e acabar co analfabetismo.

    • Estatutos de autonomía: Coa constitución republicana e a posibilidade autonómica permitíase a aprobación do Estatuto dunha rexión autonómica se se cumprían unha serie de condicións que nela estaban plasmadas, como que o propoñan a maioría dos concellos da determinada rexión, que o acepten as dúas terceiras partes dos electores inscritos no censo desta rexión e que por último o aproben as Cortes. A pesar disto as aspiracións autonómicas dalgunhas rexións como Cataluña, País Vasco ou Galicia, devían moverse entre límites estreitos, pois por unha parte teríase que satisfacer o movemento rexionalista e por outra non rompe-la unidade do Estado e produci-los ataques do nacionalismo español. A situación precipitouse coa rápida actuación dos catalanistas en Barcelona, onde, horas máis tardes de proclamarse a república, Francisco Maciá declaraba constituído o Estat Catalá. Esta decisión unilateral case provoca unha crise se non chega a ser porque o goberno de Cataluña se entregaba de forma provisional á Generilat que se encargaba de elaborar un Estatuto de Autonomía, que foi aprobado polas cortes o 9 de setembro de 1932. En novembro tiveron lugar as primeiras eleccións que deron o triunfo a Maciá e ao seu partido Esquerra Republicana. O problema do rexionalismo catalán solucionouse delimitando as competencias da Generalitat (administración, cultura e obras públicas) e do Poder central (relacións exteriores, o Exército e orde público). En canto ao nacionalismo vasco tamén se chegou a unha solución semellante, aprazando calquera decisión ata a convocatoria das cortes. En Galicia, dous eran os grandes partidos que querían a autonomía para Galicia: O Partido Galeguista, no que militaba Castelao, e a O.R.G.A (Organización Republicana Galega Autónoma), que encabezado por Casares Quiroga, foi o partido máis votado nas eleccións do ano 1931. O proxecto para o Estatuto galego foi aprobado en 1932 por unha asemblea de municipios. Sen embargo, o posterior triunfo nas eleccións de 1933 do centro-dereita paralizou a transmisión do texto legal. Máis tarde, en 1936, remataríase o proceso autonómico coa volta das forzas de esquerda. O 28 de Xuño dese mesmo ano o pobo galego aprobaba o Proxecto por unha maioría total, pero a súa aplicación non se levou a cabo debido ao estalido da guerra civil.

    • Reforma relixiosa: Pretendía rematar coa influencia que a Igrexia Católica facía sobre a sociedade. Estableceuse a liberdade de cultos, securalizáronse os cemiterios, disolveuse, o 24 de xaneiro de 1932, a Compañía de Xesús e aprobouse a Lei de Congregacións Relixiosas, en Maio de 1933, que pretendía a substitución do ensino relixioso por un ensino laico. Isto último levaría ao réxime a un choque directo e inevitable coa Igrexa.

    Este conxunto de reformas levadas a cabo chocaron coa forte oposición dos sectores máis influíntes da sociedade. Estamos falando dos sectores dereitistas do país: o Exército, a Igrexa e os grandes terratenentes. Así comezouse a conspirar contra o réxime e pronto comezarían os enfrontamentos. O primeiro producíuse en agosto de 1932 e tratouse dunha rebelión, en Madrid e Sevilla, encabezado polo xeneral Sanjurjo e protagonizado por civís próximos á monarquía, pero o goberno controlou a situación detendo aos principais implicados. Sanjurjo non puido manterse en Sevilla onde momentaneamente triunfara. Foi feito prisioneiro e xulgado por un tribunal que o condenou a pena de morte sendo ao final conmutada pola de prisión perpetua. As outras 138 persoas implicadas foron deportadas a Río de Oro.

    A igrexa tamén conspirou contra o réxime, ao ver recortado o seu poder en ámbitos como a educaión, en especial determinadas xerarquías desta. Así o 7 de Maio o arzobispo de Toledo, o Cardenal Segura, puña en garda contra a República aos fieis católicos. Os seis meses que durou o goberno provisional estiveron caracterizados pola axitación anticlerical que no 10 e 11 de Marzo culminaría coa queima de conventos e igrexas e a ruptura co anarcosindicalismo que en abril facilitara a instauración do novo réxime mediante o compromiso chamado intelixencia republicana. Finalmente o 14 de Xuño o cardenal Segura é expulsado de España.

    A pesar da moderación da Reforma Agraria e da solución do problema rexional de Cataluña, producíuse a forte oposición da dereita que vían á autonomía de Cataluña como un ataque á unidade da patria e consideraban á Reforma Agraria como o comenzo da implantación do comunismo.

    Pero os enfrontamentos non so viñan dos sectores conservadores do estado, senón tamén do campesiñado e da clase obreira que consideraban as reformas coma lentas e insuficientes. A pesar dos esforzos de Largo Caballero, desde o ministerio de Traballo, en pro dunha lexislación social (seguros de enfermidade, vacacións pagadas, xornada de oito horas, salarios mínimos, etc), o novo réxime non logrou atraerse á maioría da clase obreira, que seguían máis posicións anarquistas e sindicalistas. A pesares do evidente éxito da política de Azaña e do socialismo e de que, Azaña se soubo aproveitar da derrota da sublevación de Sanjurjo para aproba-lo proxecto do Estatuto Catalán (9 de setembro) e a Reforma Agraria (15 de setembro) coa expropiación das terras dos Grandes de España, considerados traidores, e que significaban un gran lote de terras para mellora-la Reforma Agraria, non se conseguiu acabar co peligro que supuña para o goberno o anarco-sindicalismo. A clase obreira ao romper coa República creou un ambiente de axitación que se manifestou na folga da Telefónica e nos sucesos de Sevilla (xullo de 1931) e no levantamento do Alto de Llobregat (Xaneiro de 1932), e que o goberno reprimíu gracias á garda de asalto (maio-outubro de 1931) e ás leis de defensa da República (outubro de 1931) e de orden público (xullo de 1932).

    O campesiñado tamén iniciou a súa particular revolta polo fracaso da Reforma Agraria, e comezaron os enfrontamentos entre a garda civil e os campesiños manifestándose de forma grave en Castiblanco e Arnedo (xaneiro de 1932) e Casas Viejas (xaneiro de 1933). Os sucesos acontecidos nesta localidade andaluza foron seguidos dunha brutal represión levada a cabo polas forzas do goberno. Desta maneira comezaba o ciclo de alteración do orde público e represión que acabaría por facilita-la posición das dereitas que acusaban ao goberno de non mante-la orde nin sequera coa violencia. Atacábase á figura de Marcelino Domingo, ministro de Instrucción Pública. Os sectores da CNT e da UXT lanzábanse a ocupar terras e fábricas protagonizando os xa citados enfrontamentos. Estaban descontentos coa política económica que non soubera frea-lo paro e o aumento da inflación.

    Todo isto levou á dimisión de Azaña en setembro de 1933 e Alcalá Zamora encargou a Martínez Barrio a formación do novo goberno, en Outubro de 1933, que disolveu as cortes e convocou eleccións. A grave situación económica e social e a perda do apoio popular acabou co goberno socialazañista que chegaba ao seu fin.

    3.2. ETAPA DE CENTRO-DEREITA.

    As eleccións lexislativas do 19 de novembro ao 3 de decembro deron o triunfo ás candidaturas de centro-dereita que representaban á dereita da pequena burguesía e ás clases conservadoras. Os partidos elixidos como os máis votados foron o Partido Radical de Lerroux e a C.E.D.A (Confederación Española de Dereitas Autónomas) dirixida por Gil Robles. A C.E.D.A era o producto da fusión da Dereita Rexional Valenciana e a Acción Popular do xa nomeado Gil Robles e formou coalición cos agrarios, os monárquicos alfonsinos (Renovaión Española) e os tradicionalistas, e en algúns distritos electorais uníuse cos radicais e republicanos conservadores. Na esquerda o P.S.O.E mantiña a súa forza e poder pero os pequenos partidos como o de Azaña afundíanse pouco a pouco. Os resultado foron de 217 escanos para a C.E.D.A e os seus aliados, 163 para os radicais e 93 para as esquerdas dos que 53 escanos eran dos socialistas. A ruptura da coalición republicano-socialista e a abstención nas eleccións dos anarcosindicalistas implicaron esta débil posición das esquerdas nas cortes sendo os radicais, aproveitándose do descontento da clase media urbana, os máis beneficiados cos gobernos de lerroux, o 16 de decembro de 1933, e de Samper, o 28 de Abril 1934, apoiados sempre condicionalmente pola C.E.D.A. Por iso se lle chamou a esta etapa que comprende os anos 1933-1935 o bienio radicalcedista, caracterizado por un goberno de centro-dereita. Gil Robles non pensaba pasar da anarquía á dictadura, senón centrar a política, aínda que desde o socialismo foi visto como un dictador.

    Nesta etapa paralizouse a obra reformista anterior e derogouse a lexislación social levada a cabo polo goberno de Azaña. Vexamos as medidas que se tomaron e en que aspectos se paralizaron estas reformas:

    - En primeiro lugar producíuse, en abril, a amnistía para os sublevados do 10 de agosto de 1932 e os promotores da dictadura (Calvo Sotelo).

    - Aspecto relixioso: Restauración parcial das posesións do clero e devolución das propiedades relixiosas confiscadasás ordes relixiosas. Mellorouse a posición da Igrexa que na etapa anterior vira recortados os seus poderes.

    - Aspecto agrícola: Restitución dos bens expropiados á aristrocacia e interrupción da Reforma Agraria (Contrarreforma Agraria). Na Lei de rectificación da Reforma Agraria espúñase, no art 2º, que se derogaba a base octava da Reforma Agraria en canto a expropiacións.

    - Administración provincial e municipal: Substitución dos funcionarios republicanos de esquerda por novas persoas relacionadas coa nova política, que provocou un cambio nos xurados mixtos, pois os novos presidentes favorecían aos patronos e provocaron a reducción de salarios, elevación das rentas da terra e derogación da lei de termos municipais.

    - Aspecto autonómico e rexional: A posición do goberno cambiou en canto ao problema autonómico das rexións. En Cataluña suscitouse o conflicto coa Lei de contratos de cultivo aprobada pola Generalitat (coa que triunfou a Esquerra nas eleccións de Xaneiro de 1934) e declarada anticonstitucional polo tribunal de garantías constitucionais. No País Vasco prohibíronse as eleccións de representantes municipais, coa finalidade de establecer o concerto económico co goberno.

    Nos radicais supuxo a escisión encabezada por Martínez Barrio e a formación de Unión Republicana, ao non estar deacordo coa política do seu propio partido, pero toda ista política levada a cabo polo goberno radicalcedista tivo dúas importantes reaccións.

    • Por unha banda, producíuse a reacción dos campesiños e obreiros. Producíronse varios movementos reivindicativos como a folga convocada pola Federación nacional de traballadores da terra na primavera de 1934 e as folgas da C.N.T e dos metalúrxicos en Madrid.

    • Por outra banda, producíuse a radicalización das centrais sindicais e de diversos partidos. O seno do Partido Socialista sufríu unha separación entre moderados de Prieto e Francisco Largo Caballero que apoiaba unha postura máis radical e chegou a ser a figura máis significativa do marxismo español. En Cataluña, o “Bloc Obrer i Camperol” defendía a Alianza obreira ou unión de sindicatos e partidos obreiros que se fixo realidade nalgunhas rexións co apoio de Largo Caballero, dalgunhas organizacións do P.S.O.E, da maioría da U.X.T e dos sindicatos de oposición da C.N.T.

    Esta etapa da República coincide coa aparición do totalitarismo en Europa, manifestada na subida ao poder de Hitler en Alemaña e na represión austríaca de Dollfuss, que ía ter as súas implicacións no noso país coas actitudes fascistas das xuventudes de Acción popular e a creación da Falanxe, partido pequeño de ideoloxía fascista creado o 28 de Outubro de 1933 por Xosé Antonio Primo de Rivera, fillo do anterior dictador , que posteriormente se uniría coas X.O.N.S.

    En Outubro de 1934 iniciouse unha folga obreira en Asturias, declarada pola Alianza proletaria (U.H.P: U.X.T + C.N.T), como resposta á formación dun goberno radicalcedista que Lerroux activou ao deixar entrar a tres ministros da C.E.D.A. Este primeiro levantamento do proletariado en Asturias tería gran éxito e progresaría enormemente. Rematou por transformarse nunha revolución social que se fixo co poder na rexión a través dos “comités obreiros”. A folga pronto se estendeu polo País Vasco, Aragón e posteriormente ao todo o estado. En Barcelona, mentres tanto, o gorberno autónomo rebelouse contra Madrid, pero foi vencido rapidamente polo exército. Companys proclamara a República Catalana dentro da Federación Española e provocara a detención do Goberno Catalán e a suspensión do Estatuto de Cataluña. A represión do alzamento asturiano por parte do goberno foi desproporcionado. Fíxose intervir á Lexión e houbo máis de 1300 mortos e 30000 detidos. O 20 de Outubro rendíase o comité revolucionario asturiano ante o xeneral López de Ochoa. A parte do xa comentado sobre Cataluña, tamén se bloquearon os proxectos autonómicos vascos, galegos e valencianos.

    En 1935, o goberno seguíu coa súa política revisionista, facilitada pola liquidación dos movementos insurreccionais; a pesares do intento de Reforma Agraria (2ª lei de Reforma agraria, moito máis restrinxida ca primeira) de Giménez Fernández o goberno aprobou a contrarreforma agraria e planteouse a reforma da constitución; por outra banda o ministro de Facenda (Chapaprieta) fracasou nas súas medidas propostas ante a oposición da grandeza dos intentos tímidos da reforma tributaria, e seu plan de estabilización afectou especialmente ao presuposto de instrucción pública e á reducción de soldos a funcionarios.

    En Outubro de 1935 fracasaba o Partido Radical de Lerroux e con el a coalición radicalcedista cos escándolos do Estraperlo e o asunto Nombela. A partir de abril de 1935 os republicanos de esquerda, sobre todo os azañistas, propuñan unha reorganización da esquerda (liberais e obreiristas) e dos movementos sindicais para voltar ao poder, mentres os sectores militares e de extrema dereita (Falanxe Española e Unión Militar Española) pactaban con Mussolini. O Partido comunista español (P.C.E) propuña a formación dun frente común antifascista, según o programa previsto pola III internacional (xullo-agosto 1935). O presidente da República Alcalá Zamora, despois dos gobernos de Joaquín Chapaprieta Torregrosa e Manuel Portela Valladares, que vía a solución na república moderada de centro, encargou a Portela Valladares a formación do novo goberno disolvendo as cortes e convocando eleccións. O desprestixio moral do goberno de Lerroux, a brutal represión da revolución de Asturias e a corrupción que implicou ao seu fillo e membros do seu partido produciron o afundimento do Partido Radical e a caída da etapa radicalcedista.

    3.3. FRONTE POPULAR

    O 16 de Febreiro de 1936 producíronse unhas elccións para determinar o novo goberno que gañou a denominada Fronte Pouplar, que era unha coalición ou pacto electoral de republicanos de esquerda, socialista e comunistas, partidos obreiros e sindicatos, nos que non entraba a C.N.T ( pero contou co seu apoio). Na Fronte Popular estaban I.R, P.S.O.E, U.X.T, P.C.E, P.O.UM, P.Sindicalista, Esquerra Republicana, Acción Republicana, Partit Nacionalista, República Catalá e Unión Socialista. Producíuse a dimisión de Portela Valladares (19 de febreiro) e a destitución de Alcalá Zamora, co que se formaba un novo goberno, que elevaba a Azaña á presidencia, composto por republicanos de Esquerra Republicana e Unión Republicana que intentaron poñer inmediatamente en práctica o programa da Fronte Popular.

    As eleccións demostraban o fracaso dos partidos centristas e a radicalización das posición acentuábanse en tres situacións:

    • A nivel xeral: Polarización en dereitas, que tentaban impedir unha revolución social, e esquerdas, que tentaban impedir unha dictadura fascista.

    • A nivel de partidos e sindicatos: Prodúcense tendencias extremistas. A C.E.D.A perde partidarios a favor da Falanxe e no P.S.O.E e U.X.T apoiase maioritariamnete a Largo Caballero.

    • A nivel de líderes políticos: Os líderes moderados substitúense polos máis radicais. Por exemplo, a substitución de Gil Robles por Calvo Sotelo, nas dereitas, ou a substitución de Besteiro e Prieto por Largo Caballero, nas esquerdas socialistas.

    Nas rúas das cidades comezaron a aparecer unha serie enfrontamentos e actos extremista. A pugna estableceuse entre as organizacións defensoras do Frente Popular e as organizacións dereitistas. Producíronse así os choques entre milicias obreiras e grupos falanxistas parlamentarios e diversos actos extremistas e radicais que mostraban a axitación social que se vivía. As novas cortes foron reflexo desta situación, exaxerada por algúns deputados como Calvo Sotelo (Bloque Nacional) ou Gil Robles. Azaña, elevado ao poder da república na presidencia, cría poder evitar un golpe fascista e a posible formación dun goberno exclusivamente socialista. Intentou lograr a participación dos socialistas pero estes seguían unha revolución socialista. O país estaba inmerso nunha situación anárquica estimulada desde a esqerda polo socialismo de Largo Caballero, que non se comprometeu co goberno e se situaba na oposición revolucionaria con comunistas e anarquistas, e estimulada desde a dereita pola Falanxe Española. Azaña tiña que dimitir e pasaba o pode a Casares Quiroga.

    Con esta nova presidencia puxéronse en marcha outra vez as reformas do primeiro bienio, estancadas na posterior etapa. Así proclamouse unha amnistía dos detidos pola revolución de Asturias, restableceuse o estatuto catalán, comezaron a prepararse o vasco e o galego e acelerouse a Reforma Agraria. Pero nas rúas seguía aumentando a violencia e os choques extremistas. Desplazada a convivencia parlamentaria pola loita aberta en campos e cidades, manifestándose en feitos como o asasinato de Calvo Sotelo, xefe da oposición monárquica, ou o asesinato do tenente Castillo da Garda de Asalto por fascistas armados, chegouse en Xullo ao alzamento do mandos militares. Un importante sector do exército preparaba un golpe de estado contra o goberno desde fai tempo, no que se articularon requetés, falanxistas e sectores de clase media. O levantamento de Mola, previsto para abril, aprazábase para Xullo e o día 17 rebelábase o exército en África e o día seguinte iniciábase o levantamento na península. Era o comezo da chamada Guerra Civil (1936-1939).

  • A FIN DA REPÚBLICA E A GUERRA CIVIL.

  • O golpe militar de xullo de 1936 triunfou pronto en Navarra, Canarias e Marrocos e en moitos lugares do territorio estatal, pero o seu avance foi freado en moitas cidades como Madrid, Valencia, Bilbao, Barcelona polas forzas sindicais, U.X.T e C.N.T, que planeaban unha revolución social á marxe do goberno republicano, e ao mesmo tempo esmagar aos rebeldes. Así nacía unha guerra ou contenda, a guerra civil, que ía durar tres anos e onde se ían enfrontar dous bandos: A zona Nacional e a Zona Republicana.

    Na zona Nacional o xeneral Franco converteuse no xefe do Estado nestes territorios e abolíronse as leis republicanas establecéndose un réxime fascista apoiado polo Exército, a Igrexa, a Falanxe e polos réximes de Italia, con Mussolini, e Alemaña, con Hitler. A unidade de mando foi fundamental para o seu triunfo.

    A zona Republicana caracterizouse pola dispersión de poder entre comités, milicias e gobernos rexionais, o que rematou por levalos ata a derrota. As forzas republicanas estaban separadas en anarquistas e social-comunistas. Aínda que se producíu unha importante axuda soviética estes desacordos levaron á derrota final da República. Durante a guerra civil a parte republicana tivo os seus últimos gobernos: O de Diego Martínez Barrio, 19 de Xullo do 36 ( goberno de conciliación), o de Xosé Xiral Pereira, ata o 5 de setembro do 36, o de Francisco Largo Caballero, desde o 5 de setembro ata 18 de maio do 37, e o de Xoán Negrín López, desde o 18 de maio ata o 1 de febreiro de 1939.

    A guerra civil durou desde o 18 de Xullo de 1936 ata abril de 1939 e tería diferentes fases:

    Agosto 1936-Marzo 1937: Producíuse a defensa de Madrid, sede do goberno e obxectivo dos sublevados. O ataque fracasou e sairía mal parado tamén nas batallas do Xarama e Guadalaxara, en febreiro e marzo. A defensa de Madrid foi encarnizada e nela participaron brigadas anarquistas chegadas de Cataluña (a columna Durruti) e os voluntarios das Brigadas Internacionais.

    Marzo 1937-Xuño 1938: Prodúcese unha sanguenta campaña na fronte norte. Bilbao rendeuse en Xuño e Franco suprimíu o estatuto de autonomía vasco, aprobado ao comezo da guerra. Santander era ocupado en agosto e Asturias en outubro. Os rebeldes contaron coa axuda da Lexión Cóndor alemana que bombardeou Guernica, un obxectivo puramente civil. Producíuse tamén unha campaña no Mediterráneo. A comenzos de 1938 os sublevados penetraban en Levante para cortaren en dúas á parte republicana. En abril chegaban ao Mediterráneo e illaban Cataluña.

    Xullo 1938-abril 1939: A derradeira batalla da guerra foi a do Ebro. Os republicanos intentaron reunificar as dúas zonas divididas do seu territorio, pero fracasaron. Despois ocupouse Cataluña e en abril os nacionais entraban en Madrid. A guerra rematara.

    Coa fin da guerra acabábase xa totalmente coa Republica ao alzarse o bando nacional sobre os últimos réximes republicanos nos territorios de bando roxo. Era o comezo da dictadura do xeneral Franco.

    Parte oficial de guerra correspondente ao día de hoxe, 1 de abril de 1.939.

    No día de hoxe, cautivo e desarmado o exército roxo , alcanzaban as tropas nacionais os seus últimos obxetivos militares. A guerra ramatou.

    Burgos , 1 de Abril de 1.939. Ano da Victoria. O xeneralísimo Franco

  • PRINCIPAIS PARTIDOS DA REPÚBLICA.

  • ACCIÓN NACIONAL: Fundado por Ángel Herrera Oria para reunir os esforzos da dereita contrarrevolucionaria. Presentouse ás primeras eleccións baixo o eslogan de "Relixión, Patria, Orde, Familia e Propiedade", evitando declararse expresamente monárquicos. Tras verse comprometidos algúns dos seus membros na sanjurjada, terminaría por dar paso a Acción Popular.

    DEREITA REXIONAL VALENCIANA. Partido fundado por Luis Lucía, de ideoloxía católica e antimarxista, nominalmente republicano pero con ánimo renovador.

    C.E.D.A. Siglas de Confederación Española de Dereitas Autónomas, lideradas por Xosé María Gil-Robles, que aglutinaba en torno de Acción Popular a movementos dereitistas tales como a Dereita Rexional Valenciana, a Lliga catalana e algúns membros do nacionalismo vasco moderado, aínda que o seu bastión principal estivo no interior peninsular. Sen oporse abertamente á República, xoguetearon con certos tics fascistoides, como as grandes movilizacións de masas nas que Gil-Robles se facía aclamar como Xefe, ou a organización das xuventudes cedistas, de certo regusto paramilitar.

    RENOVACIÓN ESPAÑOLA. Grupo liderado por Calvo Sotelo, asasinado en vésperas do estalido da Guerra Civil, no que se daban cita elementos dereitistas e monárquicos abertamente opostos á República.

    P.C.E. Partido Comunista Español, escindido da parte máis esquerdista do PSOE, tivo escaso peso na vida republicana, e só durante la Guerra Civil tería verdadeira importancia como organización política. Entre os seus dirixentes máis destacados cabe sinalar a Xosé Díaz e a Dolores Ibárruri Gómez, Pasionaria.

    P.S.O.E. Partido Socialista Obrero Español, fundado por Pablo Iglesias nos últimos anos do siglo XIX, (por aqueles tempos) de ideoloxía marxista, e de enorme peso na vida republicana. O sindicato ligado ao PSOE, a Unión Xeral de Traballadores, liderada por Largo Caballero, foi, xunto coa ácrata CNT, o máis importante da República. Dirixentes seus foron primeiras figuras da vida política, tales como Julián Besteiro, Fernando de los Ríos e Indalecio Prieto.

    ACCIÓN REPUBLICANA. Fundada durante a dictadura de Primo de Rivera por Manuel Azaña como un punto de encontro das diversas tendencias republicanas. Simpatizaron con ela numerosos intelectuais prestixiosos tales como Unamuno, A. Machado, Gregorio Marañón ou Blasco Ibáñez. En 1929 sufríu unha escisión, da que aparecería o Partido Republicano Radical Socialista, de miras máis esquerdistas, con Marcelino Domingo e Álvaro de Albornoz.

    DEREITA LIBERAL REPUBLICANA. Partido no que se deron cita algúns elementos do caciquismo monárquico, e abogaba por unha República moi moderada, apartada de calquer intento seriamente renovador. Os seus principaies dirixentes eran Niceto Alcalá Zamora, antigo ministro alfonsino, e Miguel Maura. Trala súa disolución, aparecería o Partido Progresista, tamén baixo o liderazgo de Alcalá Zamora.

    FALANXE ESPAÑOLA. Fundada por Xosé Antonio Primo de Rivera, grupo políticamente moi minoritario (nas últimas eleccións nin sequera lograron ter un só diputado nas Cortes), aínda que de máis presencia nas rúas. O seu prestixio provén máis do uso que de ela fixo o franquismo que do que significou na II República, pois o seu programa político era claramente revolucionario, moi alonxado do que posteriormente serían a Falanxe Tradicionalista de Franco. Fusionados coas Xuntas Ofensivas Nacional Sindicalistas de Onésimo Redondo, constituiríanse as FE das X.O.N.S, finalmente ilegalizadas pola súa hostilidade hacia á República. Primo de Rivera acabaría sendo encarcerado e, co estalido da Guerra, fusilado.

    UNIÓN REPUBLICANA. Partido escindido do lerrouxismo, baixo o liderazgo de Martínez Barrio, tralas aproximacións do Partido Republicano Radical coa CEDA de Gil-Robles.

    PARTIDO REPUBLICANO RADICAL. Fundado en 1908 por Alejandro Lerroux, célebre pola súa violencia dialéctica, tan atemperada cos anos que xa nos comenzos d a República era unha opción moderada e burguesa, tanto que foi este partido quen abreu o goberno á opción máis dereitista de Gil-Robles, o que lle fixo sufrir a escisión da súa parte máis esquerdista, de Martínez Barrio. Tralo desgaste do paso polo poder e o escándalo do estraperlo, rematou moi desacreditado.

  • IMPORTANTES PERSONALIDADES DA REPÚBLICA.

  • Alcalá Zamora, Niceto: (1877 - 1949). Ministro de Alfonso XIII en dous ocasións, participou no Pacto de San Sebatián en favor da República, embrión do que sería o goberno provisional republicano. Foi Xefe de Estado desde decembro de 1931, sendo destituído por un voto de censura en 1936, tras unha maniobra política de Azaña. Morreu exiliado en Arxentina.

    Azaña, Manuel.(1880-1940). Home clave da República española. Escritor de discreto éxito, durante a dictadura de Primo de Rivera fundou a Acción Republicana. Xa presente no Pacto de San Sebastián, ocupou a xefatura de goberno e a carteira de Guerra, onde intentou realizar unha profunda renovación do Exército, o que lle producíu a antipatía de boa parte do estamento militar. O seu goberno caía despois da represión do levantamento de Casas Viejas. Nas eleccións de 1936 presentouse coa Esquerda Republicana, parte do Frente Popular, accedendo á xefatura de estado tralo voto de censura a Alcalá Zamora. Dimitíu xa coa Guerra Civil próxima a seu fin. Morreu exiliado en Francia

    Calvo Sotelo, Xosé: (1893-1936). Político destacado coa monarquía, fuxíu a Portugal ao proclamarse a República. Despois do seu regreso, liderou a Renovación Española e o Bloque Nacional, frente de partidos dereitistas formado en contraposición ao Frente Popular. Foi asasinado pola policía en xullo do 36, días antes do levantamento militar.

    Companys, Lluis: (1833-1940). Cofundador de Esquerra Republicana de Cataluña, presidíu a Generalitat desde 1933. En 1934, durante os sucesos de outubro, proclamou o Estado Catalán independente, polo que foi encarcerado xunto ao seu goberno. Co triunfo do Frente Popular foi reposto no cargo. Coa derrota republicana fuxíu a Francia, onde sería detido pola Gestapo, deportado a España e, finalmente, fusilado no castelo de Montjuïc.

    Chapaprieta, Xoaquín: (1871-1951). Ocupou cargo de ministro durante o reinado de Alfonso XIII, durante a república foi famoso polo seu traballo no ministerio de Facenda, no que intentou facer frente ás turbulencias provocadas polo crack del 29. Coa caída de Lerroux polo estraperlo, Alcalá Zamora encargoulle formar goberno. Morreu en Madrid.

    Gil-Robles, Xosé María:(1931-1980). Dirixíu a Acción Popular e, posteriormente, a C.E.D.A. O seu acceso á carteira de guerra foi un dos motivos que fixeron detonar a Revolución de outubro. Aínda que foi a máxima figura da dereita republicana, os militares golpistas o marxinaron políticamente. Remataría sendo partidario da renovación democrática durante o franquismo.

    Largo Caballero, Francisco:(1869-1946). Considerábaselle como"o Lenin español" pola súa ideoloxía revolucionaria. Secretario xeral da U.X.T e presidente do P.S.O.E desde 1932, era o máximo representante da parte máis esquerdista do seu partido. Foi Xefe de Goberno durante parte da Guerra Civil. Morreu exiliado en París.

    Lerroux, Alexandro:(1864-1949). Político da larga carreira, deuse a coñecer como radical exaltado, máis demagogo que verdadeiro home de estado. Recórdaselle polo doble xogo que fixo en Cataluña en contra do nacionalismo catalán, e o seu nome pasou a ser sinónimo de inhonestidade e amarelismo político. Foi ministro en numerosas ocasións durante a república, e incluso Xefe de Goberno, pero tivo que dimitir co escándalo do estraperlo, arrastrando consigo ao seu partido, o que contribuíu a polarizar as opcións políticas nas eleccións do 36. Exiliouse en Portugal, pero remataría regresando a España.

    Martínez Barrio, Diego. (1883-1962). Segunda figura do P.R.R de Lerroux, ocupou cargo ministerial no goberno radical. Remataría deixando o seu partido para formar a Unión Republicana, partido que sería parte da Fronte Popular. Presidíu as Cortes en 1936, tralas eleccións de febreiro, e ocupou a xefatura de estado coa dimisión de Azaña. Morreu exiliado en París.

    Prieto, Indalecio.(1883-1962). Un dos dirixentes políticos de maior valía do P.S.O.E, ocupou a carteira de Facenda e Obras Públicas durante o bienio azañista. Exiliuse na Revolución de Outubro, regresando no 36, tralo triunfo frontepopulista. Morreu en México.

    Primo de Rivera, Xosé Antonio. (1903-1936). Fillo de Miguel Primo de Rivera, fundou a Falanxe Española xunto a Ruíz de Alda, partido minoritario de carácter marcadamente revolucionario; conseguíu acta de diputado por Cádiz nas eleccións do 34, escano que non puído renovar nas siguientes. Sen inmunidade parlamentaria, foi detido e encarcerado acusado de subversión e conspiración contra a República. O golpe de estado do 36 sorprendeuno no cárcere de Alicante, onde sería fusilado o 20 de novembro dese mesmo ano.


    .

    BIBLIOGRAFÍA

    • GRAN ENCICLOPEDIA LAROUSSE: “República” e “España”.

    • HISTORIA DE ESPAÑA ( colección biblioteca Hispania Ilustrada): Capítulos: “A dictadura de Miguel Primo de Rivera e a caída da Monarquía”, “Cinco anos de República” e “Tres anos de Guerra Civil”

    • LIBRO DE HISTORIA DE 4º DE ESO ( editorial S.M): TEMA 11-

    España: “A II República e a Gerra Civil (1931-1939).

    • ENCICLOPEDIA ESPASA: “República” e “España”.

    • HISTORIA DE GALICIA: A época Contemporánea (Tomo 4) (ed. Faro de Vigo)

    Capítulo: A Segunda República en Galicia. (Estatuto Galego)

    • INTERNET:

    http://www.geocities.com/Athens/Agora/1357/iirep.htm

    http://perso.wanadoo.es/vaquerizas/textos/decharepublica.htm

    http://www.docuweb.ca/Sispain/spanish/history/index.html

    22

    Vídeos relacionados