Séculos Escuros

Idioma galego. Séculos XIV, XVII e XVIII. Lengua oral. Presión do castelán. Producción literaria: popular e culta. Contos e lendas. Romances galegos

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 2 páginas
publicidad
publicidad

Seculos escuros

A expresión Séculos E scuros se refire á situación que viviu a lengua galega durante

os séculos XIV, XVII e XVIII, en que o idioma galego quedou reducido case exlusivamente á lingua oral e perdeu boa parte dos usos escritos.

A presión do castelán afoga ó galego en todos os niveis comunicativos de certa formalidade, e este proceso non foi algo natural, senón que unha serie de motivos políticos, fundamentalmente, provocou esta situación. A causa principal foi a introducción do uso do castelán cando no século XIII Galicia quedou integrada na coroa de Castela.

A penetración de nobres casteláns foi intensa, e o cambio de lengua pasou a ser un requisito indispensable. A desgaleguización produciuse nun principio nos ámbitos máis formalizados, e inmediatamente tamén a nivel familiar. Os cargos civís e eclesiásticos máis importantes tamén foron concedidos a persoas non galegas.

É decir, dunha sociedade desenvolvida en galego na Idade Media, pásase agora a unha situación en que a maior parte das clases poderosas veñen de fora e exprésanse en castelán, o mesmo idioma que se impón na administración, no ensino e na igrexa, o que relega e marxina o galego á condición de lengua oral e popular, coa conseguinte perda de prestixio ós ollos dos falantes.

Ademáis, nun período en que o castelán, o italiano, o francés,… se desenvolven como lengua de cultura coa aparición das súas primeiras gramáticas e a dos seus primeoiros libros impresos o galego fica reducido a un ámbito oral y coloquial. A cultura galega terá que esperar até o s.XIX para ter a primeira gramática (`Saco e arce' - 1868), o seu primeiro libro impreso (`A gaita gallega' de Xoán Manuel Pintos - 1853), o seu primer diccionario (1884) e o seu primer estudo sobre a lengua ( de Antonio de la Iglesia - 1886).

A producción literaria galega deste período foi moi escasa; as obras que se conservan pódense clasificar en dous grupos: literatura popular e literatura culta.

Literatura popular:

  • Poesía popular: Transmitida oralmente de xeración en xeración, trata os seguintes temas: o histórico ou de circunstancias; o do mariscal Pardo de Cela,; e o tradiciona - entroidos, cantigas de traballo, cantigas de cego,…-.

  • Narrativa: Destacan os contos e as lendas. Os contos poden ser maravillosos, ejemplares e humorísticos. As lendas poden ser etiológicas, haxiográficas e históricas.

  • Teatro: Abundan as representacións religiosas en datas sinaladas e tamén as profanas.

Literatura culta:

  • Nos sécalos XVI e XVII atópanse distintas manifestacións literarias: Destacan, o `Soneto de Monterrei'; os dous sonetos compostos na onrra de dona Margarita de Austria (de Gómez Tonel e Vázquez de Neira) e o soneto renacentista de Isabel de Castro e Andrade. Tamén se coñecen unhas Décimas ó apóstolo Santiago (de Martín Torrado) e 9 romances Galegos. Na prosa consérvase o texto histórico `Relazón da carta executora'. E do teatro se coñecen O `Entremés famoso sobre a pesca no río Miño' e o `Diálogo de Alberte e Bieito'

  • O século XVIII é a etapa dos ilustrados: xente preparada en todos os ámbitos do saber e que traballaba pola recuperación cultural do galego.

Os ilustrados foron:

Frei Martín Sarmiento: Defendeu a utilidade e a necesidade da aprendisaxe do galego e demandou -no ensino, na Igrexa e na xustiza- moitos prexuízos lingÜísticos.

Diego Antonio de Cernadas: Foi cura de Fuime e autor de algúns poemas en galego

Xosé Andrés Gornide Saavedra: Escribiu libros sobre viaxes, historia natural, xeografía e lengua. É o autor do soneto `A Filida'

Padre Saavedra: Escribiu sobre o léxico e a dialectoloxía galega

Irei Benito Jerónimo: Redactó unha reflexión sobre o galego-portugués

Vídeos relacionados