Romanticismo en la literatura francesa

Literatura francesa. Romanticismo. Alfred de Musset

  • Enviado por: LuZinHa
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 9 páginas
publicidad

  • Características do Romanticismo

  • O Romanticismo non é unha escola estruturada nin un sistema filosófico claro, senón un movemento literario cuxos seguidores comparten consideracións, reivindicacións e temas, sendo isto último o que mellor caracteriza este movemento.

    É un movemento que chega a Francia medio século máis tarde ca no resto de Europa, na década de 1820. Neste momento o teatro é un lugar de enfrontamentos literarios, e así acontece na estrea, 1827, de Herrani de Víctor Hugo, na que hai un enfrontamento físico entre defensores e detractores do Romanticismo. Isto amosa o peso que tiña xa o movemento na opinión pública.

    O Romanticismo supón unha reacción contra a literatura clásica de autores coma Racine, Corneille ou Pascal, unha literatura na que imperaba a razón e a impersoalización dos sentimentos. O Clasicismo estendérase desde o século XVII até finais do XVIII (até que aparece a Ilustración).

  • Temas

  • Reivindicación do moi: a diferenza do que acontecía no Clasicismo o eu é o autor e o tema fundamental, hai un desexo de individualizarse que se reflicte en obras de contido autobiográfico coma as novelas de Chateubriand (René), as memorias de Lamartine ou a autobiografía de Benjamin Constant.

  • Importancia dos sentimentos: a expresión da emoción persoal será o obxecto da obra literaria, neste senso:

  • Rousseau é un precursor do Romanticismo, xa que expresa sentimentos impúdicos.

  • Rompe coa bienséance ou decoro do Clasicismo, caracterizada por:

    • Evitar a expresión de emocións físicas e certos sentimentos persoais, só se expresan sentimentos verosímiles sen saír das convencións sociais.

    • Rexeitar a mestura de xéneros.

    • Rexeitar a representación de batallas ou mortes no teatro.

    Así, os románticos reivindican do dereito do corazón, dos sentimentos, da imaxinación... como guía das súas vidas. Son uns sentimentos exaltados e subxectivos. Deste xeito o corazón é o que determina a moral, danlle importancia ás emocións inmediatas, fronte á importancia que os clasicistas lle daban á razón.

  • O heroe romántico non é dono do seu destino, senón que está dominado polas súas paixóns. Exemplos disto son Le rouge et le noir de Stendhal ou Ruy Blas de Victor Hugo.

  • O Romanticismo é, polo tanto, un movemento fundamental para a moral da humanidade xa que lle outorga maior importancia aos sentimentos cá razón.

  • Importancia da imaxinación: fronte á idea clásica de harmonía entre home e natureza, no Romanticismo dáse unha oposición do individuo co mundo, abandónase a asociación entre espírito e mundo sensíbel. Isto dálle unha grande importancia á fantasía. Neste senso está en relación coas teorías de F. Hegel (Estética) e o heroe romántico toma dúas actitudes:

  • Busca a explicación do mundo nos soños e na fantasía, de aí a importancia da imaxinación e do mundo dos soños. Soña como consecuencia do conflito co mundo e, á súa vez, os soños agudizan ese conflito polo malestar de non poder acadar as aspiracións coas que soña. Isto terá moita influencia en movementos posteriores, coma o superrealismo. Neste senso trátanse catro temas fundamentais:

    • Fuxida no tempo: gusto polas lendas medievais, as ruínas, nostalxia e melancolía do pasado (ubi sunt adaptado ao malestar).

    • Gusto polo misterioso, o satánico, o horríbel, a morte (durante todo o século XIX até o Naturalismo) e o marxinal (isto sería retomado polos realistas, pero para a reivindicación política).

    • Fuxida ao mundo ideal, busca da beleza ideal.

    • Fuxida no espazo: os románticos viaxan e escriben sobre as súas viaxes exaltando o exótico e facendo fabulacións a partir dos lugares que visitan. Hai un especial gusto en Francia polo oriental, o italiano e o español.

    • Desexo de cambiar o mundo: hai unha vontade de implicarse nos acontecementos históricos. Os románticos cren que coa actividade se pode cambiar o mundo (Victor Hugo foi deputado, Chateubriand ministro, Lamartine foi candidato á presidencia da república...), neste senso:

          • Hai unha rebeldía contra a moral convencional, unha afirmación da moral individual do artista que pertence ás elites fronte á moral da masa. Exáltanse as formas de rebelión e hai un interese por figuras marxinais, coma os delincuentes.

          • Dáse unha reivindicación da liberdade moi relacionada coa idea de progreso, a humanidade debe e pode evolucionar. Isto aplícase á política, á relixión, á ciencia e, como é lóxico, á literatura, isto implica diferentes cambios:

      Temas

      Exploración de novos temas.

      Estilo

      Rexeitamento dos códigos do clasicismo. (por exemplo, hai un tratamento das paixóns amorosas sen atender a regras morais)

      Vocabulario

      Arcaísmos, estranxeirismos, palabras de argot, novas palabras para abordar os sentimentos.

      Retórica

      Novas metáforas que van abandonar parcialmente a mitoloxía como fonte, creación de adxectivos que expresen a variedade de sentimentos, hipérboles.

      Métrica

      Abandónase o verso clásico en favor do verso libre, hai moitas innovacións formais.

      Xéneros

      Abandónase a división entre xéneros (traxedia e comedia) e xorde o drama romántico:

            • Comedia + traxedia.

            • Abandona a regra das tres unidades (tempo, lugar e acción) que se seguía no clasicismo. É especialmente importante que se rompa a unidade de acción a prol da acción múltiple.

            • Presenta o conflito do individuo coa sociedade.

    • Outros:

    • Natureza: trátana con frecuencia como espello dos seus sentimentos.

    • O descoñecido, vontade de expresar as contradicións do individuo (tamén na actualidade).

    • Mestura das artes (tamén na actualidade) como explicación da realidade e como proceso artístico.

    • Desexo de expresión da alma, do aspecto espiritual do individuo. De aí que parte dos románticos lle dean importancia á relixión.

    • ***

      En conclusión, o romántico busca mediante a imaxinación e a liberdade creadora unha unidade superior e poética, onde se resolvan nunha harmonía ideal as contradicións do individuo. O medio de busca desa unidade superior é a obra literaria. O Romanticismo é un movemento de grande importancia porque renova as bases da moral e da concepción da vida.

    • Alfred de Musset: Lorenzaccio (1834)

    • De entre as obras de Alfred de Musset (1810 - 1857) destacan On ne badine pas aver amour, Les caprices de Marianne (1883) ou Lorenzaccio (1834). Á pregunta que é o teatro? Dánselle diferentes respostas segundo a época, así imos analizar en que medida Lorenzaccio é un drama romántico, cal é a súa especificidade e os temas literarios que expón.

    • Personaxes (románticos)

    • Lorenzaccio: é un personaxe complexo:

      • Inspirado en:

        • Hamlet de Shakespeare: aspira á xustiza e o único medio para acadala é o crime político. Hamlet adopta o disfrace da loucura para acadar o seu obxectivo e Lorenzaccio o da perversión (vólvese corrupto e vive esa corrupción).

        • Brutus, de Xulio César de Shakespeare, quen asasina ao seu pai por xustiza.

      • É un heroe romántico: solitario, intelixente, fráxil fisicamente, con aspiracións de xustiza que chocan coa sociedade, por esas aspiracións emprende unha tarefa que lle queda grande e que só pode ter un final tráxico para el.

      • É un personaxe contraditorio: busca a xustiza por medios pouco xustos.

      • É unha imaxe romántica da confrontación do desexo individual (xustiza) e a sociedade (comodidade aristócrata), o tema tráxico por excelencia. É unha reflexión sobre a corrupción do poder e do destino individual fronte ao poder.

      • Sitúase a comezos do XIX:

        • Obsérvase o mal du siècle porque é un reflexo da situación política de 1830, cando trala Revolución, o Imperio e a Restauración xa non se confía na política como medio para cambiar a situación vital.

        • Por mor disto hai unha visión pesimista da Historia, e crese que o progreso agravará a situación da maioría (liberalismo).

    • Outros personaxes con valor simbólico que definen actitudes humanas fronte ao destino e a Historia:

      • Philippe: idealista, intelectual, pero tamén improdutivo.

      • Pierre: fillo de Philippe, simboliza o fanatismo político, o activista irresponsábel.

      • Cardinal: poder oculto, encarna o mal.

      • Catherine: símbolo da inocencia.

      • Tebaldeo: pintor que se nega a aceptar o compromiso e usa a arte para superar as contradicións individuo/realidade.

      • Florencia: a cidade de Florencia é un personaxe colectivo, é obxecto de tódalas loitas e desexos e o seu dominio é a finalidade dos heroes. É só unha metáfora da problemática Francia de 1830 (ansia dos románticos de influír na sociedade).

      A complexidade, a multiplicidade de acción e as actitudes dos personaxes están relacionadas cun momento histórico: a Francia de 1830.

      En xeral, os personaxes caracterízanse por:

    • Ser moi complexos, están cheos de contradicións, paixóns extremas e contraditorias, son guiados polas súas emocións.

    • Son moi numerosos, a diferenza dos personaxes do teatro clásico, xa que se busca expresar a complexidade da vida sen excluír nada. Isto é unha influencia de Shakespeare, quen tamén inflúe na mestura de niveis (abstracto/concreto).

    • Esta complexidade non se reflicte na linguaxe, que non determina aos personaxes xa que é sempre semellante (sutil, elegante).

    • Segundo a crítica, non afonda dabondo na psicoloxía dos personaxes (como si facía Shakespeare).

    • Acción (múltiple)

    • Na análise da acción é interesante intentar responder unha serie de preguntas:

    • A acción é sinxela ou múltiple? Se é múltiple as accións secundarias están asociadas á principal?

    • Os episodios que compoñen a acción son sucesivos ou teñen unha relativa autonomía (o máis frecuente na actualidade)?

    • Os episodios teñen unha sucesión cronolóxica (consecución → consecuencia) ou hai saltos no tempo, rupturas temporais e mesmo temporalidade de niveis de ficción diferentes (frecuente no teatro contemporáneo)?

    • A acción en Lorenzaccio é múltiple, complexa e, ademais, ordenada en torno a varios personaxes:

    • Acción principal: ten lugar en torno ao personaxe principal, Lorenzaccio, e a súa vinganza que o levará ao asasinato do tirano, Alexandre.

    • 2ª acción: ocupa 15 das 38 escenas, polo que ten unha grande importancia, e xira arredor de Filipe (prudente, indeciso e desinteresado) e Pedro (ambicioso, decidido, violento) Strozzi (pai e fillo). A exposición da liña de acción é dinámica, moi teatral, xa que se inicia co insulto a un dos membros da familia por parte de Salviati.

    • 3ª acción: ocupa 6 escenas e xira en torno á Marquesa de Cibo, que intenta transformar ao tirano (o duque) mediante o seu amor, pero non o consegue.

    • 4ª acción: ocupa 9 escenas e xira en torno aos habitantes de Florencia, a intriga colectiva que plasma a impotencia de actuación desde a escena 2ª do acto 1º (descontento) até a escena 5ª do acto 5º (conversas intranscendentes). O pobo está movido por ideais, pero non é quen de levar a cabo accións para cambiar o poder.

    • Así, a acción en Lorenzaccio resúmese en dous puntos:

    • Hai unha multiplicidade de accións que se cruzan, sendo isto novidoso.

    • O desenvolvemento destas accións é lineal, trazo que non supón ningunha innovación. A acción desenvólvese en 10 días, polo que rompe a regra das tres unidades. A crítica achácalle á obra a falta de precisión cronolóxica.

    • Espazo

    • Florencia: 32 escenas e multiplicidade de espazos (rómpese coa unidade espacial). Florencia reflicte o gusto dos románticos polo italiano, o seu refinamento artístico e o seu exotismo.

    • 2 escenas nun campo.

    • Venecia: 2 escenas.

    • Montolivet: 1 escena.

    • 1 escena nun albergue.

    • En total, a representación desta peza supón 20 decorados (11 exteriores e 9 interiores). No século XIX hai un gusto polo espectacular, razón pola que se desenvolve moito a maquinaria teatral.

    • Presenza da sociedade e da Historia

    • Alusións directas do autor: Florencia é unha metáfora que reflicte os problemas do momento en Francia, o autor fai numerosas alusións a eles. Exemplo: tralo asasinato de Alexandre hai unha sucesión que en realidade reflicte a impotencia dos republicanos franceses en 1830 xa que as súas divisións non poden impedir que Louis - Philippe (1830 - 1848) suceda a Charles X.

    • Crítica á monarquía: sistema político que considera corrupto e que agudiza as disparidades económicas. Defende un ideal republicano (“liberdade, igualdade e fraternidade”), mais tamén é consciente das loitas internas dos republicanos. Reflíctese unha despreocupación por parte do poder cara o pobo e as contradicións entre aspiracións e realidade.

    • Crítica á relixión: reflicte a tendencia anticatólica existente na Francia da época. É unha crítica moi dura que se materializa, por exemplo, no Cardeal Cibo (hipócrita, sen sentido moral, capaz de usar as confesións para chantaxear - escena 3ª, acto 2º-). Valori é o único sacerdote honrado. Preséntase unha dexeneración da moral católica, unha visión pesimista.

    • Polo que a visión que Musset dá da sociedade e da Historia resúmese nos seguintes trazos (de influencia barroca):

    • Visión pesimista.

    • Mundo en constante mutación e metamorfose (azar, cambio de valores).

    • Importancia dos soños. Exemplos: Macio esperta dun pesadelo; Marie, a nai de Lorenzaccio, soña co seu fillo antes de que sexa corrupto.

    • Omnipresencia da máscara: todos disimulan as súas intencións e o seu carácter.

    • Oposición individuo e arelas vs. normas sociais. Isto é o tema fundamental da traxedia. Segundo Hegel (Estética) na traxedia un personaxe, levado pola súa razón e a súa ética, rompe as normas e mesmo comete crimes. Dinos ademais que na Historia hai movementos opostos cuxa confrontación leva ao cambio, porén no caso romántico non hai unha superación, co cambio o novo poder sigue a ser corrupto.

    • Estilo

    • O estilo, igual có romántico en xeral, caracterízase pola variedade e o rexeitamento do estilo clásico:

    • Variedade de tons: intervencións rápidas exclamativas ou interrogativas, propias da lingua falada, ao carón de intervencións máis longas e estruturadas que tratan, por exemplo, temas filosóficos (tradición clásica).

    • Variedade de rexistros: temas e frases de traxedia, de melodrama (en auxe na época) ou de comedia; momentos de intimidade e momentos colectivos; desenvolvementos líricos ao carón de desenvolvementos vulgares e mesmo crus (imaxe do can, páx. 98).

    • Importancia dada ás metáforas e imaxes: é frecuente o diálogo poético, con figuras retóricas, no que o emisor se dirixe ao público, non ao seu interlocutor. En certas partes amósase un gusto polo estilo de finais do século XVIII (Ilustración): sutil, espiritual, racional e moitas veces irónico.

    • En resumo, hai unha mestura de rexistros para expresar os sentimentos do individuo romántico.

    • Fontes

    • Feito real acontecido en 1577: conspiración dun Medici para derrocar ao seu curmán, recollico na Storia Fiorentina de Varchi. Esta anécdota é recollida por Gerges Sanz (amante de Musset) nunha das súas obras, que inflúe en Musset.

    • Shakespeare.

    • Schiller (triloxía)

    • Temas

    • Le mal du siècle: angustia existencial por mor da aspiración ao absoluto (xustiza e bondade) enfrontada á realidade mediocre e decepcionante.

    • Correspóndese coas características do drama romántico francés descritas por Víctor Hugo no prefacio de Cromwell (1827):

    • Novidoso en termos e formas:

      • Debate alma vs. corpo, xa que a súa última finalidade é metafísica (o individuo fronte ao destino).

      • Mestura de contrarios: elevado/baixo, cómico/tráxico (ananos de Rubens ao carón do monarca), sublime/horríbel (o 2º dálle máis valor ao 1º).

      • Presenza do grotesco como verdadeiro elemento fundamental da poética (sátiros, harpías, parcas). A súa importancia reside en que cuestiona o idealismo. Para o que os románticos consideran “espírito moderno” o horríbel está en tódolos sitios.

      • División esquemática dos personaxes:

        • Sublimes: ideais, puros. Inflúen neste caso personaxes de Shakespeare coma Xulieta.

        • Ridículos, deformes, horríbeis.

        • Outros que están entre os dous anteriores, pero que nunca son personaxes da vida cotiá.

        • Importancia dos temas históricos que reflicten transformacións da sociedade (tamén os movementos de masas, non só os aristocráticos).

        • Abandono da división tradicional de xéneros imperante até 1827 (traxedia vs. comedia), agora mestúrase o grotesco e o sublime. O lirismo é a fonte fundamental do drama romántico.

        • Liberdade da arte, sen regras nin normas.

        • Crítica á regra das tres unidades:

          • Unidade de tempo: accións de máis de 24h, mesmo accións simultáneas (moi importante para a historia do teatro).

          • Unidade de espazo: amosar diferentes espazos para amosar tamén os diferentes niveis sociais. Ademais hai un gusto polas imaxes visuais.

          • Unidade de acción: é máis limitada, Víctor Hugo recomenda unha certa unidade que se manterá.

          • O drama romántico supón unha abertura con respecto aos modelos neoclásicos aínda que, malia proclamar a liberdade da arte, dita unha serie de normas. O seu período de apoxeo dátase:

          • Entre 1827, cando Víctor Hugo describe as súas características no prefacio de Cromwell e 1843, coa obra Les brugraves do mesmo autor.

          • Segundo outros críticos o período sería máis amplo: 1820 - 1848.

          • Amais das citadas de Víctor Hugo e Lorenzaccio, outras obras representativas do drama romántico francés son: La marguise diancre (1831) de Alfred de Vigny ou La tour de Nesle (1832) de Alexandre Dumas.

          • Contexto literario

          • A finais do XVIII e comezos do XIX triunfaban en Francia os seguintes xéneros:

          • Drama burgués: é o antecedente directo do drama romántico e supón unha ruptura radical coa traxedia clásica (personaxes aristocráticos, temática do destino e da morte) desde mediados do século XVIII:

            • Abandona os personaxes de orixe aristocrática coa finalidade de mostrar individuos de diferentes clases sociais (preferentemente de clase media) cunha situación socio - laboral precisa.

            • Reflicte problemas cotiáns coma o matrimonio, o diñeiro, as relacións sociais, a orde social...

            • É, quizais, sentimental en exceso.

            • Diderot (filósofo e director da Enciclopedia) é un dos creadores de drama burgués.

            • Traxedia: é o xénero dominante a comezos do século XIX:

              • O seu estilo non é moi interesante.

              • Toma as súas fábulas de episodios da Antigüidade.

              • É o xénero máis prestixioso (consagración dos autores) pero xa non ten éxito entre o público (esgótase desde 1830).

              • No século XIX lévanse a cabo algunhas renovacións con respecto á traxedia clásica:

                • Alusións á política contemporánea.

                • Introdución de feitos cotiáns.

              • Un exemplo de traxedia é Fredegonte et Brunehaut (1821) de N. Lemercier, que conta a historia de dúas raíñas do século VI que reinaban no norte de Francia e os conflitos entre elas.

              • Teatro histórico: en xeral trata episodios da Historia Francesa recente e caracterízase por unha implicación política con respecto aos acontecementos históricos.

              • Melodrama: xorde a finais do século XVIII e é, en principio, teatro con música. Porén, a música perderá peso a prol das palabras a comezos do XIX. Os seus trazos principais son:

                • Sempre presenta a mesma estrutura: unha familia que sofre una desgraza pola chegada dun personaxe negativo e, tras moitas peripecias, o ben consigue triunfar.

                • Personaxes maniqueos: o traidor (hipócrita, interesado, malévolo), o heroe (desinteresado, sincero, desenmascara ao traidor), o parvo (torpe, é un personaxe popular cómico), os namorados (sinceros e algo sinxelos) e o pai ou a nai mantratad@ polo traidor.

                • Busca provocar emocións fortes.

                • Ten unha finalidade didáctica, criticando todo o que se afaste da orde establecida.

                • Temática: triunfo da virtude sobre a hipocrisía e mecanismos teatrais coma o recoñecemento.

                • O mestre do melodrama francés é Gilbert de Pixerecourt coa súa obra Coelina (1800), que foi representada arredor de 5.000 veces.

                • A finais da década dos 20 e comezos dos 30 do século XIX o melodrama sofre algunhas mutacións:

                  • Introdución de elementos políticos.

                  • Accións máis complexas.

                  • Abandono total ou parcial da finalidade didáctica.

                  • ***

                    Debemos ter en conta a grande importancia do teatro, pois até a aparición do cinema é o medio máis importante para a difusión de ideas, en especial políticas. Ademais, era o xénero que máis prestixio e ganancias económicas lles daba aos autores.

                    Por outra banda, entre 1840 e 1890 o teatro non terá unha grande calidade literaria, haberá intentos realistas e naturalistas fracasados até 1887. É, ademais, un teatro que practicamente só se representan en París.


                    Di Lamartine “je m'exprime moi-même pour moi-même” (“exprésome a min mesmo para min mesmo”).

                    Narra as aventuras de Julien Sorel, rapaz de clase social humilde que se propón ascender. Consigue o seu propósito coa hipocrisía pero un acto de paixón (intenta matar a unha amante que lle fora infiel) fai que acabe executado.

                    Conta a historia dun criado que é amante da raíña, quen o ascende a primeiro ministro, mais a súa vida estará dominada pola fatalidade.

                    Este é o caso de Berenice de Racine, traxedia na que o tempo é simultáneo á representación. Conta a historia de Berenice, princesa oriental, e Titus, que vai ser nomeado emperador e ten que separarse de Berenice. Aparece tamén Antiochus, antigo pretendente de Berenice. Ao final dos 5 actos os protagonistas téñense que separar.

                    É o caso de Antígona, que seguindo a súa ética enterra aos seus irmáns malia a prohibición do seu tío, quen a terá que castigar por incumprir as normas.

                    Símbolo do grotesco para os románticos.

                    1. O Romanticismo; A. Musset

                    9

                    Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa

                    2006/2007

                    USC