Relixión

Religión. Creencias. Familia. Iglesia. Mensaje universal

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 10 páginas
publicidad
publicidad

Tema 1. Somos historia.

1. A historia familiar. Páx. 3

2. O trábalo do historiador. Páx. 3

3. A miña historia familiar. Páx. 3

4. Nós tamén somos historia. Páx. 4

5. A historia da familia dos cristiáns. Páx. 4

Tema 2. O cristianismo, unha mensaxe universal.

1. Paulo e a súa época. Páx. 5

2. Unha Igrexa universal. Páx. 5

3. O choque co Imperio. Páx. 5-6

4. A arte dos primeiros cristiáns. Páx. 6

5. Outros momentos de forte expansión. Páx. 6

6. O cristianismo, universal ou local. Páx. 7

Tema 3. A Igrexa, poderosa ou servidora.

1. Agostiño e a súa época. Páx. 8

2. De Igrexa perseguida a Igrexa oficial. Páx. 8

3. Concilios fronte a herexías. Páx. 8

4. Os Padres da Igrexa fronte ao poder. Páx. 9

5. A arte paleocristiá e bizantina. Páx. 9

6. Igrexa e poder temporal. Páx. 10

7. Unha comunidade de irmáns. Páx. 10

TEMA 1: SOMOS HISTORIA

1. A historia familiar.

- Un pasado a miúdo descoñecido:

Cando imos medrando descubrimos máis a realidade da nosa propia familia. O mesmo tempo descubrimos que toda esa historia da nosa familia pode ter máis influencia en nós do que imaxinamos.

Todos nacemos dentro de determinadas tradicións que, dun xeito ou doutro están presentes na nosa vida persoal.

- Tomar conciencia da tradición familiar:

A tradición familiar está nas persoas que forman a nosa familia, en como pensan, como viven, en que cren.

É interesante coñecer o pasado das persoas da nosa familia, xa que nos serve para coñecer a historia de quen somos e, sobre todo, axúdanos a comprender moito máis a vida das persoas da nosa familia.

2. O traballo do historiador.

- Un traballo sistemático:

Hai que facer como os historiadores para saber a nosa historia. Primeiro o que fan é seleccionar o obxecto do seu estudo, algo que lles atrae ou lles interesa. A partir de ese momento van reunindo de modo sistemático todas as pezas sobre ese acontecemento do pasado e así van formulando unha hipóteses sobre o que aconteceu.

- As pezas claves:

Testemuños escritos; sobre a época e sobre os personaxes: cartas, diarios persoais, prensa, etc.

Testemuños orais; se quedan superviventes de época que se estuda é moi importante recoller o seu testemuño dos acontecementos.

Testemuños visuais; como pinturas, fotografías, filmacións, etc.

Testemuños arqueolóxicos; restos materiais, utensilios, edificacións, nomes dos lugares, ferramentas diversas, etc.

Unha análise obxectiva e sistemática permítelle ao historiador elaborar unha hipótese fundamentada sobre o obxecto do seu estudo. O historiador explica algún elemento do presente que está a vivir con base no que descubriu sobre o que aconteceu no pasado.

- Historiadores da nosa familia:

Se quixésemos actuar como historiadores da nosa familia non nos resultaría difícil aplicar esta maneira de traballar propia do historiador.

Todos estes testemuños poderán servir non só para explicar que pasou, senón, e sobre todo, para explicar por que hoxe a familia é o que é.

3. A miña historia familiar.

4. Nós tamén somos historia.

- A importancia do pasado:

Cando nacemos, estámonos a incorporar a un mundo que ten a súa propia evolución e dinámica: é un mundo que está en marcha.

Todo o que atopamos nel costumes, formas de vida, crenzas, ideais, leis, etc. é froito da evolución no tempo. O presente non está así por casualidade ou por azar. Todo o que atopamos hoxe na realidade do noso planeta tivo unha xénese histórica.

- Na nosa vida persoal:

A nosa dotación xenética é herdanza dos nosos pais e foron o ámbito familiar e a educación que recibimos os que nos transmitiron todo aquilo con que construímos a nosa personalidade. Nos somos o resultado matemático de todo o que recibimos, pero si que construímos o noso ser persoal e único a partir da herdanza. Non seriamos os mesmos se nacésemos noutro país ou noutro contexto familiar.

- Para construír o futuro:

O obxectivo da vida das persoas non consiste en repetir o pasado ou en se integrar dun xeito pasivo nas tradicións, senón en afrontar o futuro. Desde o punto de vista persoal, significa “construír a propia personalidade” e desde o punto social, “supón pensar ben que futuro queremos para o noso mundo”.

O estudo da historia non se leva a cabo simplemente para saber máis, senón que ten que axudar a construír un mundo mellor para todos.

Un bo coñecemento da historia persoal e social ábrenos as portas a un mundo mellor.

5. A historia da familia dos cristiáns.

- Coñecer a historia da Igrexa:

Nos temas seguintes imos coñecer a historia da familia dos cristiáns, a historia da Igrexa. Pero non só para coñecer os feitos importantes da súa vida, senón para comprender que é a Igrexa e o significado que ten para os cristiáns.

- As fontes da historia da Igrexa:

• Pola súa forma: fontes orais, escritas, arqueolóxicas, artísticas.

• Polo tempo: contemporáneas, próximas ou remotas.

• Polo autor: auténticas, apócrifas e anónimas.

• Polo seu carácter social: públicas ou privadas.

• Pola súa proximidade cos feitos: primarias ou secundarias.

• Pola súa orixe: divinas ou humanas

• Pola súa tipoloxía: litúrxicas, apoloxéticas, documentais eclesiásticas.

TEMA 2: O CRISTIANIMO, UNHA MENSAXE UNIVERSAL

1. Paulo e a súa época

2. Unha Igrexa universal

- Que dicían os primeiros cristiáns sobre a Igrexa:

• A Igrexa é comuñón: xa non hai nin xudeu nin grego, todos somos chamados á comuñón universal.

• A Igrexa de Deus é a chamada a todos os homes e mulleres: é o xerme da humanidade que Deus quere.

• A igrexa é corpo de cristo porque fai a Cristo presente de novo no mundo con toda a súa forza salvadora.

- Como o viviron:

A experiencia dos primeiros cristiáns, narrada no libro dos Feitos dos Apóstolos, é unha proba desa fe na Igrexa como lugar a que somos universalmente convocados.

O sistema era sempre o mesmo cando chegaban a unha cidade dirixíanse en primeiro lugar á colonia de xudeus, á sinagoga.

Neste período aparece o fenómeno das persecucións.

- Como se organizaron:

Neste primeiro século a vida de Igrexa estaba moi ligada aínda aos propios apóstolos entre os que Pedro exercía unha primacía recoñecida por todos.

Na segunda metade do século todas as ensinanzas dos apóstolos transmitidas oralmente van tomando corpo nos escritos do Novo Testamento.

A vida da Igrexa tiña lugar nas casas dos cristiáns. O centro da vida cristiá era a celebración da eucaristía.

3. O choque co Imperio.

- Dificultades coa sociedade:

O cristianismo estaba xa presente, de xeito minoritario, fíxose notar e provocou diferentes reaccións.

• En primeiro lugar; estaban as sospeitas do poder político.

• Eran rexeitados polos intelectuais da época.

• os cristiáns procedían das clases máis populares, eran traballadores manuais sobre todo, o que poñía tamén en cuestión a supremacía das clases máis poderosas.

- A reacción dos cristiáns:

Fronte a estas acusacións e incomprensións, os cristiáns iniciaron unha reflexión para explicarlle á sociedade quen eran e por que facían o que facían. Así naceu a reflexión teolóxica.

Os primeiros que destacan son os chamados “padres apostólicos”, pouco máis tarde “apoloxetas”.

- A vida interna da Igrexa:

No proceso de razoar sobre a fe apareceron pronto algunhas herexías, o que obrigaban a un proceso de reflexión serio sobre o contido da fe.

Así nace a construción do dogma, é decir, a definición do contido da fe cristiá. A reflexión céntrase en catro grandes núcleos: Antioquía, Alexandría, Cartago e Roma.

4. A arte dos primeiros cristiáns.

- Dúas dificultades iniciais:

A primeira delas é de orde interna. Na tradición xudía estaban rigorosamente prohibidas as imaxes de deus e ao principio os cristiáns mantiveron esa sensibilidade tamén por contraste coa exuberancia das artes grega e romana, que representaban a todos os seus deuses.

A segunda refírese á súa falta de aceptación. Os cristiáns tardaron en ser aceptados e recoñecidos, e iso impedía que puidesen desenvolver publicamente as súas manifestacións artísticas.

- Unha arte clandestina nunha Igrexa nacente:

Esas circunstancias provocaron que as primeiras manifestacións da arte cristiá tivesen dúas características: estaban en lugares ocultos como as catacumbas ou casas privadas e, ademais, tiñan un forte carácter simbólico.

As catacumbas xurdiron como cemiterios dos cristiáns.

No século III, cun cristianismo máis implantado comezan a aparecer xa os sarcófagos con baixorrelevos de tema cristiáns.

5. Outros momentos de forte expansión.

- Grandes descubrimentos e expansión misioneira:

Os misioneiros viaxaban cos conquistadores a España e Portugal, so co único obxectivo de converter á relixión cristiá a todas as xentes desas terras.

O feito de que os misioneiros fosen acompañando os conquistadores facía que tamén fosen percibidos como conquistadores máis ca como transmisores dunha boa nova.

Hoxe en día en toda América Latina e o Caribe a presenza da Igrexa Católica é moi significativa e o cristianismo pertence á tradición propia de cada un desde pobos.

- Un novo espertar misioneiro no século XIX:

O ambiente romántico que se vivía desde a primeiros do século XIX sentíase atraído polos relatos de terras exóticas.

Conforme avanzaba o século, a aplicación da máquina de vapor ao transporte, incluído o marítimo, acurtaba significativamente as distancias.

Na Igrexa xorde un novo impulso misioneiro animado sobre todo polo papa Gregorio XVI. Este condena a escravitude e esixe que se constitúan igrexas locais e que se traballe por facer promoción do clero indíxena.

6. O cristianismo, universal ou local.

- O mandato de Xesús:

O cristianismo que naceu nun contexto xudeu, optou por ser unha relixión universal e non estar ligada a ningún pobo nin limitada a ningunha xeografía.

Xesús era xudeu, aínda que a súa vida e a súa mensaxe non estaban destinados só ao pobo xudeu. Ao longo da súa actividade deixou ben claro en reiteradas ocasións que a súa mensaxe era tamén para os “xentís”, e así llelo dixo aos seus discípulos na súa despedida.

- Unha historia ambivalente:

A Igrexa foi transformando a visión que ten da súa universalidade e hoxe, especialmente a partir do Concilio Vaticano II, asumiu:

• O cristianismo naceu nunha cultura, mais non está ligado a ningunha.

• O mensaxe de Xesús lle chegaba a unha cultura atopa elementos cos cales se sente en sintonía e poténciaos.

• Tamén atopa outros elementos que son contrarios á fe en Xesús e intenta facelos evolucionar.

• Cando alguén, sexa da cultura que for, vive a fe en Cristo, as súas manifestacións culturais evolucionan e mudan.

- Unha, santa, católica e apostólica:

A Igrexa é unha; na unidade do Espírito que Xesús pediu aos seus discípulos.

A Igrexa é santa: non porque os seus membros non teñan fallos ou non teñan pecados, senón porque por medio dela se accede á mensaxe de Xesús e á súa forza salvadora.

A Igrexa é católica; porque Cristo está presente nela.

A Igrexa é apostólica; está fundada sobre os apóstolos e está unida á mesma tradición dos apóstolos.

TEMA 3: A IGREXA PODEROSA OU SERVIDORA

1. Agostiño e a súa época.

2. De Igrexa perseguida a Igrexa oficial.

- De Igrexa perseguida a Igrexa permitida:

Cara ao o ano 300 o cristianismo está practicamente estendido polas zonas máis presenza cristiá atópanse en Oriente. En Occidente a evanxelización é máis lenta.

- De Igrexa permitida a Igrexa oficial:

Os emperadores que sucederon a Constantino, agás Xuliano o Apóstata, foron restrinxindo pouco e pouco a culto pagán que existía no Imperio.

Este completouse no ano 380, cando o Edicto de Tesalónica o emperador Teodosio converteu o cristianismo na relixión oficial do Imperio.

- A nova situación da Igrexa:

• O calendario faise cristián: o domingo convertese no dia de descanso oficial e celébranse importantes do cristianismo.

• Modifícanse as leis contrarias á moral cristiá: prohibíndose as loitas de gladiadores e o infanticidio, suprímese a pena de morte mediante crucifixión, liberalizase a condición de escravos, favorécese a vida familiar, etc.

3. Concilios fronte a herexías.

- A Igrexa fiel á tradición apostólica:

As herexías supoñían un maior perigo ca as persecucións porque dividían e confundían a comunidade cristiá.

Concilio de Nicea; condenou a doutrina de Ario, que afirmaba que Xesús non era igual ao Pai, senón inferior, e que por tanto Cristo non era Deus, senón alguén creado por deus.

Concilio de Efeso; saíu ao paso de Nestorio, que afirmaba que en Cristo non estaba a natureza divina e que, xa logo, María non era Nai de deus senón apenas nai de Xesús.

Concilio de Calcedonia; condena a teoría de Eutiques, que afirmaba que a natureza divina de Cristo anulou a súa natureza humana.

- A formulación da fe cristiá:

A rápida expansión do cristianismo e as herexías ocasionaron que a Igrexa vise a necesidade de:

• Definir os dogmas ou formulacións da fe para evitar falsas interpretacións.

• Manter un maxisterio ou autoridade que garantise ao longo da historia a autenticidade da fe cristiá.

4. Os Padres da Igrexa fronte ao poder.

- Contra a intromisión dos poderes civís:

A igrexa atopou nos primeiros séculos crentes que, pola súa santidade de vida, o seu prestixio intelectual e a rectitude da súa doutrina foron considerados Padres da Igrexa. Eran case todos eles bispos.

Nos cinco primeiros séculos foron achegando as súas reflexións sobre a fe cristiá, esta reflexión teolóxica desenvolveuse tanto en Oriente como en Occidente, coñeces como teoloxía patrística.

- A idade de ouro dos Padres da Igrexa:

En Oriente destacan;

-Santo Atanasio, en Alexandría, gran defensor das teses do Concilio de Nicea. -San Basilio, en Cesarea, autor das primeiras regras monásticas e defensor dunha Igrexa pobre.

-San Xoán Crisóstomo, en Antioquía, gran predicador que reformou os costumes dos clérigos e criticou duramente os excesos da corte.

En Occidente destacan:

-San Xerónimo, estudoso da Biblia. Autor da Vulgata, primeira edición da Biblia en latín.

-Santo Ambrosio de Milán, excelente orador, poeta e músico, que defendeu a independencia da Igrexa fronte ao emperador.

-Santo Agostiño, un dos piares fundamentais da reflexión teolóxica cristiá.

5. A arte paleocristiá e bizantina.

- A basílica:

Os edictos de Milán e Tesalónica, permítenselles practicar publicamente a súa relixión aos cristiáns. Coa posibilidade de edificar un espazo para realizar o seu culto. A basílica, sede dos tribunais tiña as dimensións necesarias para albergar moitas persoas.

Consta de tres ou cinco naves lonxitudinais separadas por columnas. A central é máis alta ca as laterais, sobre os muros das cales se abren ventas para abovedada que alberga o altar. Ao edificio basilical accedese desde un adro ou patio rectangular cunha fronte no centro, o cal conduce ao nártice ou cunha fonte no centro, o cal conduce ao nártice ou nave transversal, desde onde seguían a liturxia os catecúmenos.

- O mosaico:

Os mosaicos son obras artísticas feitas con pezas de diversos materiais ou de diversas cores, encaixadas ou pegadas a unha superficie para formar un debuxo.

Os mosaicos dos séculos IV e V servían para decorar as paredes e o chan das grandes basílicas.

O mosaico bizantino tia como finalidade principal exaltar por medio dunha suntuosa e custosísima ornamentación o poder e a grandeza de emperador e da Igrexa.

6. Igrexa e poder temporal.

- Poder e autoridade na Igrexa:

Igrexa primitiva: existían diversos ministerios que foron evolucionando e adaptándose as circunstancias históricas do momento.

Estaban representados polo bispos, presbíteros e diáconos

Durante o século IV: exerceron os poderes do Imperio romano sobre as estruturas de goberno da Igrexa. Aos seus responsables concedéronselles honras semellantes as que se lles trituraban aos dignitarios do poder político. O Estado outorgoulles á Igrexa múltiples beneficios e privilexios. A Igrexa aceptou as estruturas do Imperio e apoiou a autoridade dos seus gobernantes.

Carlos Magno; o papa e o emperador tratan de gobernar dividindo os poderes, pero as inxerencias dun poder no campo do outro foron múltiples.

Gregorio VII; esforzouse en liberar a Igrexa da dependencia de poder temporal. Iso trouxo como consecuencia a concentración do poder na persoa do papa e un marcado centralismo dentro da propia Igrexa.

Vaticano II; iniciouse unha certa descentralización no goberno da Igrexa coas conferencias episcopais, a participación de laicos en tarefas de goberno.

- Estar no mundo como o que serve:

• Desde a vida retirada dos monxes nos mosteiros á actividade das ordes mendicantes, que dedican a súa vida a predicar de palabra e de obra o reino de Deus.

• Desde as ordes relixiosas que se dedican ao ideal de entregar a súa vida aos demais ata a multitude de laicos que viven o Evanxeo no servizo á sociedade, especialmente os máis necesitados.

7. Unha comunidade de irmáns.

- A Igrexa, comunidade de imáns:

Xesús non só reuniu un grupo de discípulos, senón que lles falou insistentemente de que debían considerarse como irmáns e polo tanto vivir unidos e en harmonía.

As recomendacións dos apóstolos non fan máis ca lembrar a motivación profunda desta fraternidade: o elemento central da comunidade é Xesús “Un só Señor, unha fe, un bautismo, un Deus que é Pai de todos, que está sobre todos, actúa en todos e habita en todos.”

- De estrutura xerárquica:

Xesús elixiu os seus discípulos un grupo de doce, aos que enviou anunciar o evanxeo e aos que investiu de autoridade.

Pedro (Simón), ten que coidar e animar os discípulos para que non decaian na fe. Comparte cos apóstolos o poder de “atar e desatar”, e dicir, tomar as decisións necesarias para o ben da Igrexa.O Papa posúe os mesmos poderes ca Pedro, é o responsable máximo da Igrexa e preside o colexio dos bispos.

O sacerdote actúa por delegación do seu bispo e desenvolve no ámbito da comunidade cristiá as mesmas funcións que o bispo representa en toda a diocese.