Relación de Matrix con los filósofos

Historia de la filosofía. Filósofos antiguos. Platón. Descartes. Sastre. Morfeo. Neo. Teoría de las ideas. Dualismo cartesiano. Existencialismo. Biografía

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 7 páginas
publicidad
publicidad

  • Platón

  • 1.1 Platón e a súa vida

    (ca. 427adC./478 adC.-347 adC.)

    Filósofo grego. El e o seu alumno Aristóteles son os dous filósofos máis influintes da Historia da Filosofía Occidental. Fillo de Aristón e de Perictione. Consta que súa nai descendía de Solón. Inicialmente, foi discípulo do filósofo Crátilo, que seguía o pensamento de Heráclito de Éfeso. Xa na súa xuventude, no 407 a.C. Platón entrou no grupo de Sócrates e a influencia dese filósofo foi determinante para o conxunto do pensamento platónico. Despois da morte do mestre, Platón refúxiase en Mégara e máis tarde ao sur da Italia, onde coñece o filósofo pitagórico Arquitas de Tarento. Vai tamén a Siracusa, na Sicilia e ao norte da África. Nesta época comeza a escribir os seus primeiros diálogos. No 388 a.C. viaxa a Sicilia e intentou influír na política de Dionisio I, que o desterra e mesmo chega a ser vendido como escravo, aínda que o ser recoñecido pola súa compradora déixao en liberdade de contado. En 387 a.C., funda en Atenas a primeira escola filosófica: a Academia. Adícase ao ensino por un longo período ata que, en 367 a.C., Platón parte para Siracusa coa esperanza de implantar aló os seus ideais políticos. Dionisio I, o tirano local morrera e coa sucesión de Dionisio II, había oportunidade para mudanzas na política local. A viaxe de Platón, con todo, foi inútil. Ningunha mudanza fora posible. Decepcionado, o filósofo retorna para Atenas. Nos seus últimos anos, Platón continua a filosofar. Reconsidera e reelabora posicións anteriores e ocúpase tamén de novos problemas. A súa última obra, as Leis, trata da preocupación fundamental de toda a súa vida: a política. O seu discípulo máis famoso foi Aristóteles.

    1.2 Platón e a “Teoría das Ideas”

    A súa teoría máis coñecida é a das Ideas ou Formas. Nela sostén que todos os entes dos mundo sensible son imperfectos e deficiente, e participan de outros entes, perfectos e autónomos (Ideas) de carácter ontolóxico moi superior e dos cales son pálida copia, que non son perceptibles mediante os sentidos. Cada Idea é única e inmutable, mentres que, as cousas do mundo sensible son múltiples e cambiantes. A contraposición entre a realidade e o coñecemento é descrita por Platón no célebre Mito da Caverna, en La República. Para Platón, a única forma de acceder á realidade intelixible era mediante a razón e o entendemento; o papel dos sentidos queda relegado e considérase enganoso.

    1.3 Platón e a importancia da educación na súa filosofía.

    O papel da educación xoga un papel moi importante na filosofía de Platón.

    Según Platón, o coñecemento é un camiño da liberación do corpo, dos sentidos, da materia. E este camiño non é outro que a realización do fin último do home.

    O home que alcanzou este grado superior da educación é o único capaz de organizar a vida social de modo tal que sexa a cidade xusta e o seus membros ditosos. A educación non se refuxia nas academias, ten vocación e fin politícos. A educación é a chave que permite aportar a unha sociedade nas que as virtudes caractericen aos homes e ao Estado.

    1.4 Paralelismo entre o mito da caverna e Matrix.

    Entre Matrix e o mito da caverna de Platón hai un paralelismo moi grande. No mito da caverna narra como uns escravos viven nunha caverna crendo que o que ven (unhas sombras proxectadas nunha parede) é unha realidade cando o certo é que viven enganados. Ó escapar un deles e ó ver a luz do sol, entonces volverá para rescatar ós outros, pese a que corra o risco de que o maten por non crerlle.

    Como na película, Neo é un escravo igual que os demais, pero este é o escravo que salirá da caverna e rescatará aos seus compañeiros. Morfeo advírtelle do peligro que lle supón, porque tiña que entender que a maioría non estaban preparados para ser desenchufados de Matrix.

    En canto a pregunta sobre si coincide todo ou se hai algo que non m cadra; creo que cadra perfectamente todo, xa que o paralelismo entre ambos é moi grande, e está perfectamente plasmado o mito da caverna con Matrix.

    2. Descartes

    2.1 Descartes e a súa vida

    René Descartes naceu no ano 1596 na Haye, Francia. Fillo dun membro da baixa nobreza, é enviado aos 8 anos a unha escola xesuíta na Fléche, onde permanece 8 anos. É aí, onde xunto aos típicos estudos clásicos, Descartes recibe os ensinos de matemáticas e escolasticismo, co afán de orientar a razón humana para comprender a doutrina cristiá. O catolicismo exerce unha gran influencia nel ao longo de toda a súa vida. Ao concluír os seus estudos na escola, cursou dereito na Universidade de Poitiers, e licenciouse en 1616. Con todo, nunca exerceu a profesión xurídica. Tamén, en 1618, entra ao servizo do Príncipe Mauricio I, coa intención de seguir unha carreira militar. Descartes serviu a moitos exércitos, pero o seu real interese estaba nos problemas matemáticos e filosóficos, aos que dedicou o resto da súa vida.
    A súa fama valeralle a atención da raíña Cristina de Suecia. É invitado por ela en febreiro de 1649 para que lle introduza na súa filosofía. Descartes, reticente, parte con todo en setembro para Suecia. O alexamento, o rigor do inverno, a envexa dos doctos, contraría a súa estancia. A raíña cítalle no palacio cada mañá ás cinco da madrugada para recibir as súas leccións. Descartes, de saúde fráxil e afeito permanecer escribindo na cama ata media mañá, colle frío e morre dunha neumonía en Estocolmo o 11 de febreiro de 1650 á idade de 53 anos.

    2.2 Dualismo Cartesiano

    Descartes adoita opoñer a corpo a palabra âme (alma) ou a palabra esprit (alma ou mente). É, xa que logo, unha mente con tentes relixiosos a que Descartes intenta relacionar co corpo.

    O autor afirma que a alma é totalmente independente do corpo, e é a alma quen dá identidade ao suxeito pensante e non o corpo. Segundo Descartes, o corpo é corrompible e o alma non, pois defende a tese da inmortalidade do alma, pois onde di "..e aínda que o corpo non fose, a alma non deixaría de ser canto é ". Pois aínda que corpo e alma están unidos, esta unión é meramente accidental e trala morte do corpo, o alma seguirá existindo.

    Así, mente e corpo dependen o un do outro.

    - Neste punto, non estou de acordo. Creo que cando morramos, vai morrer tanto o corpo como a alma, según o meu punto de vista, xa que isto non se demostrou aínda.

    2.3 A miña teoría sobre a relación mente-corpo

    A miña teoría sobre relación mente-corpo, basease en que ambos están relacionados, a mente é como unha máquina que nos ordena según como queiramos nós para manexar o noso corpo. Ahora ben, cando chegue o día en que o corpo morra, tamén morrera a alma.

    2.4 ¿ Cómo podemos saber se os datos que proveñen dos nosos sentidos coinciden coa realidade externa?

    Non poderemos saber nunca se os datos que proveñen dos nosos sentidos coinciden coa realidade externa, iso si, o que vemos, o que escoitamos (etc.) para nos cremos que esa é a nosa realidade. Pero cando soñamos tamén parece que eses datos proveñen dos nosos sentidos, e polo tanto outra realidade.

    Como na película Neo, pensaba que o que percibía polos seus sentidos era esa a súa realidade,pero cando estaba en Matrix estaba en outra.

    2.5 ¿ En que consiste a verdade?

    Consiste na conformidade das cousas co concepto que delas forma a mente.

    3. J.P. Sartre

  • J.P. Sartre e a súa vida.

  • Nace en Paris o 21-6-1905 e morre no mesmo lugar o 15-4-1980
    Edúcase en París e ingresa na Universidade de Friburgo e máis tarde no Instituto Francés de Berlín. Unha vez que finaliza os seus estudos dedícase durante algún tempo ao ensino ata que comeza a Segunda Guerra Mundial. Mentres se desenvolveu o conflito estivo prisioneiro e unha vez que logrou saír do seu encarceramento uniuse á resistencia francesa. En 1945 abandona o seu labor como educador e crea con Simone de Beauvoir "Lles temps modernes", unha publicación sobre política e literatura. Sartre relacionouse coa élite intelectual de París. O seu pensamento político inclínase cara ao socialismo. En 1964 foi galardoado co Premio Nobel pero non quixo aceptar esta mención ao alegar que atentaba contra a súa integridade. Como filósofo é autor dunha das obras máis completas e orixinais. Considéraselle o pai do existencialismo, movemento que tivo unha enorme repercusión en todo o mundo e en todas as artes. Das súas primeiras publicacións destaca "O ser e a nada". No seu faceta como literato tamén eleva ao individuo por encima da relixión ou a propia sociedade. En 1960 publica o seu último ensaio sobre filosofía "Crítica da razón dialéctica". Nesta obra manifesta a nulidade do individuo fronte á sociedade moderna. A revolución é para Sartre o único camiño para recuperar a liberdade, como demostrará mostrando o seu acordo cos sucesos de maio do 68 en Francia.. É autor ademais doutras obras como "A Naúsea", "San Genet, comediante e martir", "As palabras", etc..

    Existencialismo

    O existencialismo é un movemento filósofico que trata de fundar o coñecemento de toda realidade sobre a experiencia inmediata da existencia propia, da liberdade e da elección individual.

  • ¿Qué significa que o home sexa un “proxecto”?

  • O home en si é un proxecto porque continuamente se está proxectando e transformando.

    O home empeza por existir, encóntrase, xurde no mundo e despois defínese.

  • ¿Por qué a cuestión da liberdade é unha cuestión metafísica e tamén unha cuestión ética?

  • É unha cuestión metafísica porque trata do ser en canto tal, e das súas propiedades, principios e causas primeiras: facultade natural que ten o home de obrar dunha maneira ou outra e de non obrar, polo que é responsable dos seus actos.

    É tamén é unha unha cuestión ética porque trata da moral do home: unha condición das persoas non obrigadas polo seu estado ao cumplimento de certos deberes.

  • ¿Qué é o destino?

  • O destino é a consignación, sinalamento ou aplicación dunha cousa ou dun lugar para determinado fin.

    ¿Qué papel xoga na película?

    -En Matrix o destino está case sempre presente, Neo ten que someterse a varias decisión que o destino lle fai, por exemplo, ir a festa na que coñece a Trinity ou non; saltar o andamio do edificio ou ser atrapado; cooperar co axente Smith ou non, estando detido; salir de noite con Trinity e Switch; tomar a pastilla vermella ou a pastilla azul; salvar a Morfeo ou non; correr ou enfrentarse ao axente Smith, creer no que lle di o Oráculo; salvar a Trinity ou a Zion; etc....

    ¿E na túa existencia?

    -Desde o meu punto de vista, o destino existe, creo que as cousas que suceden pasan porque teñen que suceder. Iso si, cada un ten que loitar polo que quere conseguir.

  • Reflexión sobre o concepto “decisión”.

  • -Todos nós, temos que tomar decisións continuamente, unhas máis importantes e outras con menos importancia, pero estas sempre están presentes cada día.

    Nos temos que decidir cal é o mellor camiño que debemos seguir para que a nosa decisión sexa a acertada.

    ¿Quen decide a miña vida?

    -A miña vida non a decide ninguén, iso si, desde pequenos estamos orientados a recibir unha educación... a partir dos dezaseis anos, é cando temos que decidir que facer ca nosa vida, neste caso, decidín eu seguir estudiando. Quen decide a miña vida tamén está presenta o destino, que é o que fai que eu tome as miñas decisións.

    4.Unhas cantas preguntas:

    ¿Hai realmente unha saída da caverna platónica?

    • Dende o meu punto de vista, non hai unha saída da caverna platónica, porque os que están sometidos a esas visións, creo que xa non queren ver outra cousa que non sexan esas visións. Pode haber unha saída para ese que non quere quedar na ignorancia.

    ¿Hai realmente unha saída de Matrix?

    • É o mismo caso que na caverna platónica. Haber, hai unha saída, pero a persoa ten que decidir o seu destino.

    ¿Quen é o liberador do prisioneiro? ¿un educador? ¿un humano libre?

    • O liberador do prisioneiro pode ser calquera persoa, un educador, un humano libre....pero ten que a capacidade de facer crer ao prisioneiro de que está a decir a verdade.

    ¿É a liberación unha ilusión ou non? ¿Por qué?

    • É unha ilusión porque a persoa liberada vivía enganada e a liberación suponlle unha realidade nova.

    ¿Saber, coñecer, ver, sentir, é unha liberación ou unha condea?

    • É unha liberación porque estás coñecendo unha realidade, e non vives nunha ignorancia.

    ¿Qué pastilla escollerías? ¿por qué?

    - Escollería a vermella, porque se escollo a azul quedaríame cas gañas de saber o que me pasaría. A vermella sería a acertada porque coñecería unha nova realidade por vivir e non me quedaría na ignorancia.