Filosofía


Platón

FILOSOFÍA: PLATÓN

I.MARCO HISTÓRICO, FILOSÓFICO E CULTURAL.

O autor deste texto é Platón, que desenvolve a súa labor intelectual durante a época clásica (século IV a.C.) en Atenas. A sociedade da época, así como a filosofía, tiña o seu piar naspólis. Neste momento Atenas estaba sufrindo unha grave crise debido ao resultado desfavorable na guerra contra Esparta. Esta crise reflectíase no mundo cultural no paso do arte clásico ao helenístico, que expresa movementos violentos e a dor humana.. En canto á filosofía este é un momento de gran plenitude e é a etapa na que se desenvolve a filosofía de Platón influída polos poucos filósofos anteriores: os presocráticos, os sofistas e Sócrates.

1.A FORMACIÓN DA PÓLIS GREGA

As pólis son un piar fundamental da filosofía e do ideal grego. Ad pólis son cidades Estado que xorden no século VI a. C. E que son varias aldeas próximas entre si que manteñen relacións comerciais e que se agrupas nunha sólida organización social e política aínda que teñen independencia relixiosa e económica. O seu período de maior esplendor e tras a vitoria nas Guerras Médicas no século V a.C. pero no século seguinte (V a.C.) Atenas, que é onde vivía Platón, sofre unha época de decadencia tras a derrota a mans de Esparta. É pois unha crise do ideal grego e da pólisque se produce á vez que os problemas causados por a restauración da democracia tras a tiranía imposta polo goberno inimigo. Para Platón a democracia é unha das peores formas de goberno xa que foi a que condenou a morte a Sócrates, o máis sabio dos homes na opinión de Platón.

2.ANTECEDENTES PRESOCRÁTICOS:HERÁCLITO, PARMÉNIDES E ANAXÁGORAS.

Os filósofos que desenvolveron a súa labor filosófica antes de Sócrates foron os presocráticos. Estes filósofos preguntáronse polo arjéou orixe de todas as cousas, que era distinto para cada filósofo; pola natureza(physis),pola orde e como se mantén,pola multiplicidade dos seres e a unidade da natureza a pesar disto. Os presocráticos que máis inflúen a Sócrates son Heráclito de Éfeso, Parménides de Elea e Anaxágoras.

Para Heráclito o lume é o elemento que mostra o principio e fondo inestable da realidade, é un lume eterno e intelixente, causa do orixe das cousas.Heráclito afirma que a realidade ten un carácter dinámico e contraditorio (existe a través da harmonía dos contrarios) no que todo flúe e nada permanece. Nesta realidade o logos é a razón universal que unifica e ordena todo e que fai posible a harmonía dos contrarios, tendente ao ben (teleoloxía). Esta tendencia ao ben é tamén defendida por Platón.

Parménides inflúe en Platón coa súa idea do ben como obxecto fundamental do pensamento. Para el este ser é o arjée as súas características son as mesmas das que serán as das ideas de Platón: inxerado e imperecedeiro, homoxéneo e indivisible, inmutable e perfecto, non ten duración, é un e único. Para este autor existen dúas vías posibles para coñecer a verdade: a vía da opinión (obxectos da opinión) e a vía da verdade (obxectos da mente) o que leva á súa filosofía a moverse entre dous sendeiros, o da realidade e o da mente, como tamén fará Platón.

Para Anaxágoras a physis é un principio material (homeomerías) e un principio de movemento (noûs). O principio de todo son as homeomerías, sementes que constitúen todos os seres. Así todas as cousas maniféstanse diferentes entre si e reciben nomes distintos segundo a natureza da semente que numericamente predomine. Neste mundo formado por homeomeríaso principio ordenador é o chamado noûs.

3.OS SOFISTAS E SÓCRATES

Os sofistas e Sócrates foron cercanos a Platón no tempo e influírono aínda que tiñas ideas moi diferentes. Estes filósofos abandonan a liña presocrática de preguntarse polo arjé para dar é filosofía un xiro antropolóxico e convertela nun saber práctico considerando ao o home un ser cultural confiando na razón humana e na bondade natural do home. Pero estas son todas as similitudes entre os sofistas e Sócrates.

Os sofistas son os primeiros filósofos en distinguir entre lei natural e lei universal. Son relativistas e escepticistas.Unha das súas accións foi a de educar aos máis importantes políticos da época e cóbranlles por elo, o que lles valeu as críticas de Sócrates e posteriormente as de Platón, sobre todo na súa segunda etapa que foi negativa e decadente na que defenden a lei do máis forte (Trasímaco) e que a natureza fai aos homes desiguais (Calicles); fronte á primeira, positivista e creadora e que busca o coñecemento verdadeiro.

Sócrates foi o mestre de Platón polo que influíu nel enormemente e pese a non deixar nada escrito coñecémolo a través dos Diálogos do seu discípulo, dos que é protagonista.

O método socrático baseábase na maiéutica-dialéctica, xa que el consideraba que o saber xa estaba nas persoas e que el só axudaba a que saíra á luz mediante o diálogo e a ironía, que axudaban ao alumeamento da verdade e ao recoñecemento da propia ignorancia. A súa ética defendía o intelectualismo moral no que o saber proporcionaba a virtude e a felicidade; e que todo o mundo era sabio e tendía a actuar ben debido á súa sabedoría. Así o que actuaba mal facíao por ignorancia.




Descargar
Enviado por:Lahornadetuzapato
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar