Os vellos non deben namorarse; Alfonso R Castelao

Literatura española contemporánea. Teatro gallego. Argumento

  • Enviado por: Saruka
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad
publicidad

OS VELLOS NON

DEBEN

NAMORARSE

ALFONSO R. CASTELAO.

Resumo:

Lance I:

O Boticario, que se chama Saturio, é un vello moi unido as súas irmás e moi namoradizo, está namorado de Lela, unha moza, e pensa ata en casar con ela se as súas irmás lle deixaran, pero Lela está namorada doutro home, o Carabineiro, e quere casar con el, entón aparece a morte, unha persoaxe peculiar que advirte ó boticario de que tódolos vellos que se namoran de mozas acaban morrendo pouco despois. O Boticario sabe dos planes de Lela co Carabineiro, e a morte visitao para levalo con ela.

O primeiro lance acaba co enterro do Boticario, e as súas catro irmás chorando desconsoladamente

Lance II:

Esta historia trata dun home, D. Ramón, que se namora doutra moza pero ista querelle quitar os seus bens e as súas terras, chamase Micaela, estao enganando, xa que ela ten un amante, o Portugués, e teñen planeado dividir os cartos gañados e logo casar eles, cando D. Ramón acude a unha das súas citas, bébedo cae e morre, neste lance axudao a morrer O Sapo.

Lance III:

Na terceira historia, os pais de Pimpinela, están a convencela de que debe casar con D. Fuco, un vello, pero con moitos cartos, e que se esqueza do mozo, xa que se casara co vello podaría sacar a súa familia da pobreza, D. Fuco pídelle o matrimonio e ela acepta, aínda que non moi convencida, xa que no fondo segue namorada do rapaz novo, pero tamén quere enriquecer a súa familia. O final D. Fuco morre na cama; e Pimpinela chora xa que agora ten riquezas pero non as pode lucir xa que esta enloitada, e segue namorada do mozo.

Epílogo:

Os tres protagonistas: O Boticario, D: Ramón e D. Fuco están no cimenterio e choran xa que morreron antes de tempo por namorarse de mulleres novas, que agora elas están contentas e felices, mentres que eles están mortos; xa que o final: Lela casouse co Carabineiro e teñen catro fillos, Micaela ten un fillo co portugués; e Pimpinela casouse co mozo novo do que aínda estaba namorada.