publicidad

Os maios # Los mayos

Fiesta primitiva gallega # Festa antropolóxica galega. Superstición popular. Rituais galegos





opciones del documento





Orixe

Para facer propicios os espíritos que a superstición popular supoñía na Natureza (montañas, ríos, prantas, clima, etc.), certos pobos recurriron a unha serie de actos e cerimonias relixiosas e máxicas, creando un verdadeiro ritual propiciatorio que constitúe un dos capítulos máis interesantes da historia das crenzas populares. Especialmente as agrupacións agrícolas e sedentarias, nas que a vida dependía por completo das boas colleitas e da ordenada reprodución dos fenómenos naturais, estableceron nos momentos críticos da vida vexetal (semente, floración e recolleita) un ritual máis ou menos complicado coa finalidade primordial de festexar a morte do inverno e a chegada da primavera, así como de propiciar as boas colleitas, alonxando das terras todo tipo de axentes que puideran danalas, tales coma fenómenos meteorolóxicos adversos, pragas de animais, seres maléficos (meigas), etc...

A orixe destes rituais non está moi clara, mentres algúns antropólogos e historiadores intentan buscar as primeiras raíces no Paleolítico ou no Neolítico, outros sosteñen que proceden do culto que o mundo greco-romano ofrecía a divinidades como Deméter e Ceres (19 de abril), Pales (21 de abril), Robigo (25 de abril), Flora (28 de abril), Maia (1 de maio), etc. Todas elas divinidades campestres.

De calquer xeito a antigüidade de algunha destas cerimonias queda patente polo feito de que xa foron prohibidas nos primeiros anos do cristianismo.

1

Prohibicións

No Concilio de Elvira celebrado ó redor do ano 300 condenouse o feito de solicitar ós sacerdotes xaculatorias a finais do mes de abril co afín de alonxar das colleitas os raios, o granizo, etc. No Concilio de Braga do ano 570 prohibiuse colocar ramos nas portas das casas. O Concilio de Lugo, celebrado no século VIII, prohibiu todo este tipo de manifestacións populares consideradas como contrarias o cristianismo. No século XVIII o cabildo compostelán acorda prohibi-la entrada á catedral ós maios co pretexto de que as súas cancións e danzas eran indecentes. En épocas posteriores a maioría dos gobernantes mantiveron e reforzaron estas prohibicións, provocando que os habituais maios viñeran a menos e se converteran nun xogo de nenos, que xa pouco tiñan que ver cos antigos rituais; pero nunca conseguiron erradicalos completamente.

2

Manifestacións

A continuación describo as principais manifestacións que se fan ou fixeron en Galicia, encamiñadas na súa maioría a conseguir abundantes froitos e a festexar a chegada do bo tempo, a pesar de que hoxe en día moitas delas xa non teñan o seu primitivo significado.

Alumea-lo pan: Non se dá en toda Galicia, se ben noutros tempos a súa área de dispersión debeu de ser moito máis grande. Actualmente mantense nas ribeiras próximas a desembocadura do Ulla, rías de Noia e Muros, comarcas de Amaía e Barbanza, e algúns lugares dos municipios de Cuntis, Caldas de Reis e Vilanova de Arousa.

A medianoite do 30 de abril (noite de Walpurgis), mulleres, homes e nenos saían das súas casas e adicábanse a percorrer os campos encendendo fogueiras neles, á vez que lanzaban conxuros referidos á colleita que esperaban.

Bendeci-los campos: En moitas comarcas galegas, en particular as próximas a Santiago de Compostela é costume cravar nos campos sementados un ramo de laurel ou olivo bendito o Domingo de Ramos.

Nalgunhas zonas en vez de crava-los ramos benditos o que fan é bendeci-la semente antes de plantala.

3

Poñer ramos: O colocar ramos o primeiro de maio nas portas das casas, cortes, carros, e agora nos coches, ven de moi antigo, pois como xa se dixo foi prohibido polo Concilio de Braga no ano 570.

Actualmente, no que se refire a Galicia e norte de Portugal, soen facerse con xesta marela (toxo) que florece nesta época, recibindo o ramo o nome de maio.

A árbore: Ainda que non é tan abundante coma noutras partes da Península Ibérica, en Galicia tamén se rexistran algúns casos onde a árbore é a principal protagonista. En todos eles sempre de trata dun bo exemplar roubado, feito que é coñecido polos veciños, xa que participan tódolos xóvenes do pobo. Esta tradición conservase nos pobos de Laza e Entrimo, ámbolos dous na provincia de Ourense.

Os Maios: Sen lugar a dúbidas é a manifestación máis vistosa 0de cantas se celebran nos primeiros días de Maio, e tamén a que goza de máis popularidade. Ata mediados do século XII estendíase ó longo e ancho de toda Galicia, ainda que actualmente a súa área é moito máis reducida. Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios, aqueles nos que é representado por un neno que a grandes rasgos coincide co norte de Galicia, e aqueles nos que o maio e representado por unha figura de follas e flores, típico da zona sur de Galicia.

Maios do Norte de Galicia: De maio fai un neno, que recibe o nome de rei do maio, desfilando coas roupas totalmente recubertas con flores, edras, fiuncho, etc. Nos cantos fai de solista, mentras o seus acompañantes fan de coro, repetindo a estrofa que él canta. Despois piden golosinas e cartos.

4

Maios do Sur de Galicia: Son os máis coñecidos. Son famosos os de Pontevedra e os de Ourense, pero tamén saen en Marín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allaríz, Valdeorras e Verín.

Pontevedra: A estructura, de forma cónica, está feita con varas e mimbre, recuberta con fiuncho, edras, espadañas, etc... e adornándose con flores, naranxas, bandeirolas de papel, cáscara de ovo, etc... O cerimonial incluía o roubo, máis ou menos encuberto, dos elementos necesarios para a construción do maio. O neno que fai as veces de solista acóchase dentro do maio, mentres os demais compoñentes do grupo dan voltas calados o seu redor. Cando o solista cala os que están xirando repiten a misma estrofa dando golpes no chan con fungueiros. As letras das coplas maioritariamente soen ser de tono crítico, burlón ou satírico

Ourense: Os maios de Ourense diferéncianse dos de Pontevedra principalmente polos materiais e pola forma, pois ainda que se dá algún piramidal ou cónico, os mais abundantes son os de forma caprichosa: potes, horreos, cruceiros, cruces, etc... Outra característica que os diferencia e que os nenos que fan de coro non dan voltas golpeando con paus, sinon collidos da man.

5

Bibliografía

Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo - Americana

Espasa - Calpe

Madrid, 1917

Tomo 33

Gran Enciclopedia Gallega

Silverio Cañada

Gijón, 1974

Centeno, E

Grandes Enigmas de las Civilizaciones

Editions Ferni

Genéve, 1976

Tomos 2 y 3

6

Os Maios

unha festa antopolóxica

Galega








El Rincón del Vago, en Salamanca desde 1998 - Condiciones de Uso - Contacto