Organización territorial española

Comercio Internacional. España. Organización territorial. Unión Europea. Unión Monetaria

  • Enviado por: Martín
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 8 páginas
publicidad

A organización territorial española

A orixe e formación do Estado autonómico arranca no ano 1978 coa Constitución de 1978. Esta inclúe condicións como permitir constituír en comunidade autónoma a provincias con realidades semellantes...

Para acceder á autonomía establecéronse vías como favorecer as autonomías en rexións de tradición autonómica ( Catalunya, Galicia...)

O Estado autonómico organízase do seguinte xeito:

  • Cada autonomía posúe un Estatuto

  • As comunidades fanse cargo de diversas competencias como poden ser infraestructuras autonómicas, cultura...

As institucións dentro da autonomía son:

    • O Parlamento, elixido por sufraxio

    • O Goberno autonómico, con poderes executivos.

    • O Tribunal Superior de Xustiza

    • O Presidente da Comunidade

O financiamento é para todas as comunidades do mesmo xeito excepto Navarra; os ingresos proveñen de:

  • Tributos do Estado central

  • Ingresos achegados polo Estado; para a sanidade, servizos sociais...

  • Ingresos propios.

Á mesma vez as CC.AA divídense en provincias municipios.

O municipio é unha entidade básica de organización territorial rexido por un concello.

A provincia é unha entidade local formada por unha agrupación de municipios.

Existen desequilibrios territoriais que poden ser económicos, xeográficos, sociais...

A orixe deles pódese remontar á industrialización. Existen desequilibrios demográficos, acentuados nos anos 60, cando os piares do desenvolvemento español se asentaron no turismo e no sector secundario.

Os desequilibrios demográficos débense principalmente á emigración que provocou un baleiro no interior de España.

Trala crise económica de 1975 naceu un novo modelo de desequilibrio; no que xa o desenvolvemento non parte da industria e se avanza cara unha economía postindustrial.

Especializámonos no sector terciario. Os eixes de desenvolvemento son:

  • Madrid

  • O litoral mediterráneo

  • O val do Ebro

  • País Vasco

  • As Illas Baleares e Canarias.

  • O eixe en declive é a cornixa cantábrica principalmente.

  • Escasamente desenvolvidos son as dúas Castelas, Estremadura, Andalucía e Galicia.

As políticas territoriais

A política rexional iníciase nos 60 para fomentar a industria nas zonas atrasadas. En 1986 iníciase unha nova etapa que pretendía acadar a adhesión a UE, desenvolver as autonomías...

Os obxectivos principais pretendían acadar un desenvolvemento rexional equilibrado. As estratexias foron a detención do declive da cornixa, impulsar o despegue do eixe mediterráneo, apoio ó resto das rexións...

Os instrumentos empregados son os fondos procedentes da política rexional da UE:

  • Fondos estructurais para desenvolver as economías atrasadas

  • Os fondos de cohesión

  • As iniciativas comunitarias

Estas axudas colaboraron na diminución dos desequilibrios.

Tamén se empregou unha Política de incentivos rexionais e un fondo de compensación Interterritorial.

A ordenación do territorio

Características:

É unha disciplina moi nova e defínese como a expresión da política económica, social, cultural e ecolóxica de toda sociedade.

Os obxectivos son o desenvolvemento socioeconómico equilibrado de todas as rexións, a organización integral do espazo.

O instrumento básico é a elaboración dun plan que comprende os seguintes aspectos básicos:

  • Análise da situación actual

  • Planificación territorial

En España esta política iníciase nos anos 80, o principal problema que ten é a coordinación entre as diversas administracións con competencia na ordenación do territorio.

ESPAÑA E A UNIÓN EUROPEA
A UNIÓN EUROPEA NO MUNDO E ESPAÑA EN EUROPA.
A actual Unión Europea está formada na actualidade por vintesete estados:



· Alemaña.
· Francia.
· Reino unido.
· Italia.
· España.
· Países Baixos.
· Grecia.
· Bélxica.
· Portugal.
· Suecia.

· Romanía
· Austria.
· Dinamarca.
· Finlandia.
· Irlanda.
· Luxemburgo

· Malta

· Chipre

· Bulgaria

· Estonia

· Letonia

· Lituania

· Rep. Checa

· Eslovenia

· Hungría

· Eslovaquia

· Polonia


. Na actualidade, a Unión Europea pode presentarse como a principal potencia mundial, posto que o valor do seu produto interior bruto (PIB) é superior ao das grandes potencias mundiais.
O territorio da Unión europea (3.236.198 km2) representa algo menos da cuarta parte da superficie mundial. Destaca pola súa elevada densidade de poboación (aprox. 115 hab/por km cadrado). O sector terciario predomina fronte a outros sectores económicos.

CARACTERÍSTICAS.
O medio natural de todo o territorio comunitario, e en concreto o seu clima, atópase dentro do dominio dos climas tépedos, con predominio dos climas oceánico e mediterráneo (nalgunhas rexións con matices continentais), tamén se pode dicir que temos un clima ártico en Finlandia e Suecia, pero é un ámbito moi reducido.
.
A poboación está desigualmente distribuída nos países da Unión Europea: os 4 máis poboados son Alemaña, Italia, Reino Unido e Francia; e os catro menos poboados son Luxemburgo, Malta, Chipre e
Irlanda. España, actualmente cuns 45 millóns de habitantes, ocupa a quinta posición por volume de poboación.

Para a economía da Unión a agricultura é un sector estratéxico. Europa é unha potencia agrícola mundial.
No sector secundario (Industrial), a Unión aparece xunto con EEUU, Canadá e Xapón como unha das grandes potencias mundiais. A industria foi o factor esencial do desenvolvemento económico europeo e traduciuse nunha mellora do nivel de vida da poboación; modificou a organización territorial provocando desequilibrios espaciais. Tamén é a actividade que xera maiores problemas ambientais.

A siderurxia foi un dos elementos que impulsou desde os seus comezos o proxecto de construcción europea. Con todo, este sector sufriu paulatinamente procesos de reconversión (a baixa produtividade polas antigas tecnoloxías), un proceso de reconversión industrial a aqueles sectores menos competitivos (siderurxia, naval, téxtil..), que supuxo elevados custos sociais.
A actividade industrial perde importancia no contexto económico comunitaria fronte ao incremento das actividades de servizos.
Unha das características da estrutura industrial da Unión Europea é o seu alto nivel de diversificación industrial (abarca moitas ramas): a industria alimentaria é a que presenta maior importancia en valores de produción, seguida da industria química, a fabricación de vehículos de motor e a enxeñería eléctrica; desenvolvemento máis notable en Alemaña.
A Unión é unha potencia comercial no mundo, tanto polos seus intercambios comerciais internos como polo seu comercio exterior.

O PROCESO DE CONSTRUCIÓN EUROPEA.
Idea de Europa: co Imperio Romano aparece a primeira situación dunha cidadanía única no territorio europeo; Carlomagno constituíu unha unión monetaria (libra de prata); en 1814, Napoleón puxo de manifesto a súa aspiración europeísta; Tras a Segunda Guerra Mundial, Europa é un espazo en estado de ruína económica (xorde o desexo de reconstrución).

Cara a 1950 (coa Guerra Fría), exponse a integración europea como unha terceiro vía fronte a EEUU e a Unión Soviética. O nacemento da Comunidade Económica Europea (CEE) apóiase en: o acordo aduaneiro do Benelux (entre bélgica, holanda e Luxemburgo) e a Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA). o nacemento da CECA. A Europa dos seis: Alemaña, Italia, Francia, Bélxica, Holanda e
Luxemburgo, que será en diante o núcleo a partir do cal iranse adherindo sucesivamente os demais países democráticos europeos.
·
O seguinte paso foi a proposta de crear un mercado común entre os seis. Esta proposta materializouse en 1957 en dous tratados: o da CEE (máis coñecido como o Tratado de Roma, que prevía eliminar continxentes e aranceis entre os seis e instaurase políticas comúns) e o da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM).
· A Europa dos nove: Reino Unido, Dinamarca e Irlanda (1973).
· A incorporación de Grecia: 1981.
A incorporación de España e Portugal: 1986. Destaca neste período o Acta Única Europea e o Tratado de Maastricht.
· A Europa dos Quince: Austria, Finlandia e Suecia (1995). Destaca o Tratado de Ámsterdam.


ESPAÑA EN EUROPA
O réxime político do xeneral Franco, unha ditadura na segunda metade do s. XX, imposibilitou a incorporación de España nas institucións europeas. Supuxo un longo proceso:
O plan de Estabilización (1959) establece os primeiros pasos de aproximación cara a Europa:
apertura do comercio exterior e o abandono do modelo autárquico. España solicita a apertura de negociacións coa Comunidade Económica Europea (CEE).

O segundo momento ten lugar coa firma en Luxemburgo do Acordo preferente coa CEE
(rebaixando aranceis na exportación industrial española dentro da Un. Europea).

O paso decisivo e o máis importante ten lugar nos anos 1985 e 1986 co Tratado de Adhesión, que dá lugar á integración de España. En 1989 a peseta intégrase no Sistema
Monetario Europeo.
·
O último avance deste proceso prodúcese en 1998 co ingreso na Unión Económica e
Monetaria e en 1999, inclúese a España no conxunto dos 11 países comunitarios que adoptan o euro como a moeda única.
·
POLÍTICAS DA UNIÓN EUROPEA
Política Agrícola
A Política Agraria Común (PAC) é unha peza fundamental na construción da unidade económica europea desde o Tratado De Roma. Persegue: aumentar a produción para abastecer a demanda da poboación europea e asegurar un nivel de vida adecuado para a poboación agraria. Para iso, foi establecendo medidas que buscan a modernización das explotacións agrarias, a protección dos agricultores e a corrección de desequilibrios estruturais.
Política social e dereitos cidadáns
Recollen unha serie de medidas sociais para avanzar na dimensión social da UE e para garantir os dereitos cidadáns.
Os dous alicerces básicos da política social son o Fondo Social Europeo (FSE) E A Carta Social, con cuxo impulso político e cuxa achega económica puxéronse en marcha numerosas iniciativas europeas, especialmente para corrixir o elevado e crecente nivel de desemprego en Europa.
Política rexional
Europa é un espazo composto por rexións moi heteroxéneas, o cal tradúcese en: desequilibrios demográficos, diferenzas de renda e graos de desenvolvemento.
A preocupación pola política rexional da UE aparece xa expresada no Tratado de Roma, no cal recóllese o desexo de reducir as diferenzas entre as diversas rexións e o atraso das menos favorecidas.
Para ese fin de creo en Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
As medidas de cohesión prestan especial atención ao emprego e ás rexións menos desenvolvidas.

Política ambiental
O Acta Única Europea establecía que se debía de ter en conta a necesidade de protexer o medio ambiente en todas as áreas de actuación comunitaria (formalizáronse os principios de prevención e preservación).
O aumento da importancia dos problemas ambientais na política comunitaria débese
principalmente a dúas causas: ao interese crecente pola calidade de vida dos europeos, e ao feito de que os problemas ambientais teñen unha incidencia económica que supera os ámbitos locais e estatais.

A UNIÓN ECONÓMICA E MONETARIA (UEM)
O proceso para a construción desta unión afróntase a través de 3 etapas:
(1990-1993) caracterizouse pola adopción de programas de converxencia en cada un dos países comunitarios e por un esforzo de coordinación entre as políticas económicas dos países membros.

(1994) introduciu como medidas máis importantes: a independencia dos bancos centrais con respecto aos seus gobernos e a prohibición de que o sector público financiásese acudindo aos bancos centrais. Creouse o Instituto Monetario Europeo.

(1999) prodúcese: a equivalencia dun euro fixada en 166,386 ptas; o establecemento deste moeda única; a creación do Banco Central Europeo e a adopción dunha política monetaria única.

Conceptos a ter en conta
ECU: Unidade de Conta Europea utilizada ata a implantación do euro e da Unión Económica e Monetaria en 1999.
EUROSTAT: é a oficina estatística da UE. Elaboran e publican regularmente estatísticas con datos demográficos, sociais...
TRATADO DE ROMA: é o tratado constitutivo da CEE, o máis importante por ser o núcleo do proceso de integración europea e recoller os obxectivos principais. No asinouse o EURATOM.
ACTA ÚNICA EUROPEA: entrou en vigor en 1987. o seu obxectivo principal era a plena realización do mercado interior garantindo a libre circulación de persoas, mercancías, capitais e servizos.
TRATADO DE MAASTRICHT: asinouse en 1992 e entrou en vigor en 1993. é o acordo polo que nace a UE e avánzase en dous obxectivos: o camiño cara á unión política e o establecemento da unión económica e monetaria.
TRATADO DE ÁMSTERDAM: aprobado en 1997. consolidou tres alicerces básicos para a UE:

Comunidades europeas, Política exterior e de Seguridade Común, e a cooperación en Xustiza e Asuntos do Interior.
FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE): principal elemento da política social europea para o desenvolvemento dos recursos humanos. O seu obxectivo o solucionar os problemas do emprego.

España no sistema mundo

Hoxe en día vivimos nunha sociedade na que o capitalismo se implantou a escala mundial e supón a globalización do comercio...

Características do capitalismo:

  • Predomina a propiedade privada

  • A competencia é libre

  • Os prezos regúlanse pola lei de oferta e demanda

  • Crecente división do traballo

  • Crea desigualdades territoriais

Os factores que favorecen o capitalismo global son:

  • A revolución tecnolóxica

  • A mellora dos transportes e o progreso telecomunicativo.

  • A crise dos sistemas comunistas.

  • As medidas liberalizadoras.

A economía funciona dunha maneira cada vez máis global. A producción tende a organizarse a escala mundial, no que as empresas multinacionais xogan un papel fundamental, levando a súa producción fóra do seu país de orixe.

O consumo evoluciona cara unha crecente uniformización das preferenzas. Os intercambios medraron e diversificáronse. Mentres as direccións de todos os fluxos de intercambio son cada vez máis complexas establecéndose entre países moi diferentes...

Mundialización política, social , cultural e ambiental

No apartado xeopolítico trunfa unha nova orde internacional dirixida dende as principais potencias, como son a UE, os EEUU, Xapón...

No terreo social o mercado laboral de traballadores está globalizado

No ámbito cultural hai cambios sobre todo nos grandes centros mundiais de investigación, cambios nos modelos artísticos e musicais...

No terreo ambiental os problemas acadan unha dimensión mundial ( efecto invernadoiro...)

Como consecuencia da mundializacón un acontecemento nun país pode influír nos asuntos locais doutro.Os estados cada vez dependen máis das decisións externas.

A intensificación das desigualdades territoriais

A crecente interdependencia entre os distintos países non trae a igualdade, pódense distinguir dous espazos:

  • Os espazos centrais, os cales concentran a producción de innovacións ( maior número de grandes empresas, mellor tecnoloxía...) e controlan os intercambios internacionais de mercadorías, de capital...

  • Na semiperiferia estarían países moi próximos á países centrais ( Rusia, América do sur...) a influencia é maior ca en países, xa por último, periféricos

  • Periferia; países do terceiro mundo, en vías de desenrolo. A súa actividade económica é de menor rango.

As áreas xeoeconómicas

Clasificación:

  • Países ricos e desenvolvidos

  • Países pobres en vías de desenrolo

Ambos presentan trazos sociais, económicos ... moi diferentes.

Os países ricos presentan un alto nivel económico, un crecemento demográfico baixo, alta urbanización ...

A economía destes países rexistra un movemento expansivo e nela predomina a industria e os servicios tecnolóxicos.

A poboación crece lentamente ou decrece.

A urbanización é intensa.

O benestar social é predominante consolidándose o Estado do benestar.

Existen desequilibrios territoriais resultante da concentración do crecemento económico

Os países desenvoltos manteñen un predominio a escala mundial.

Os países subdesenvolvidos deben o seu atraso ben a situación climática ( deserto, selva...) que presentan grandes obstáculos ou por unha baixa implicación no sistema capitalista.

Estes países defínense polo predominio do sector primario, que aguanta o peso da economía e absorbe máis do 50% da poboación. O crecemento económico é fráxil mentres a poboación faino a un nivel contrario e acelerado. As cidades só concentran un terzo da poboación aínda que esta tendencia está a cambiar.

O nivel de vida e de benestar social é baixo pois as necesidades básicas non están sequera cubertas. Hai grandes desequilibrios territoriais e manteñen unha posición de dependencia mundial.

Axudas ó desenvolvemento:

  • AOD, axudas oficial ó desenvolvemento , é insuficiente e non sempre beneficia ós máis necesitados. Parte da axuda é un préstamo e reverte cara os países desenvolvidos.

  • A ONU, Co organismo PNUD.

  • As axudas non oficiais ( as ONG ), na súa maioría son organizacións sen ánimo de lucro desvinculadas a ningún goberno.

As axudas españolas ó desenvolvemento diminuíron na derradeira época.

Os movementos antiglobalización

A sociedade perdeu o control da globalización, esta beneficio a uns poucos en detrimento de outros, supón a perda da identidade cultural e causa un grave deterioro medioambiental.

Os movementos antiglobalización constitúense por organizacións diversas. Chaman a participación da sociedade civil, á extensión a toda a poboación dos beneficios da globalización, á conservación ambiental e é defensa do dereito cultural.

Os métodos de actuacións son a manifestación...

A posición de España no mundo sitúase como unha potencia intermedia e posúe un desenvolvemento humano alto.Estamos pois, dentro dos países desenrolados.

Formamos parte de organizacións defensivas como a OTAN. Colaboramos con diversas organizacións non gobernamentais.

Pertencemos tamén a OCDE co fin de favorecer a expansión económica e potenciar o comercio mundial.