Organización política do poder

Liderazgo. Control. Fontes. Formas preestataís. Organización estatal. Estructura económica. Sociedade civil. Coerción. Persuasión. Recompensa. Acéfalas. Segmentarias. Cidades estado. Feudaís. Cacción. Lexitimidade. Territorialidade. Diñeiro

  • Enviado por: Esther Santiago Valiño
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 7 páginas
publicidad

UNIDADE 4: A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO PODER

4.1.- AS FONTES DO PODER NAS SOCIEDADES E A FORMACIÓN DO PODER POLÍTICO

En toda sociedade (dede as primitivas ás modernas)existen relacións de poder (no traballo, en función dos bens e recursos, nos fenómenos da estratificación,etc.). Para comprender que é o Estado ou o poder político é necesario analizar as fontes de poder e como se relacionan entre si nunha sociedade. ¿Que é unha sociedade?. Unha sociedade é un conxunto de persoas nun territorio, cun sistema de autoridade común e que posúen certa conciencia de identidade fronte a outrasb comunidades.

Ademais, os membros dunha sociedade manteñen entre si relacións diversas (económicas, culturais,…), que precisan dun regulamento. A política terá por obxecto o goberno das relacións e situacións sociais, o seu control e ordenación no seo dunha sociedade ( de todas polo que ten un carácter global).

O poder político ten a súa base nas mesmas fontes que o poder social:

-Coerción

-Persuasión

-Recompensa

A capacidade para exercer a coerción constitúe a esencia mesma do poder político. Se non se pode exercer a coacción non se poderá falar de poder político.

O poder persuasivo ten a súa orixe na capacidade de persoas ou grupos para convencer e pde ser de gran axuda para o poder político(introducción de persoas de prestixio mediático nas campañas electorais)

O poder de recompensa ten a súa orixe nas relacións de mutuo interese entre o que

manda e obedece. A expresión máis común dase nas relacións económicas que posibilitan as relacións de dominación ao precisr uns individuos dos bens de outros. Case sempre o poder económico e político adoitan a ir unidos.

Todas as teoría sociolóxicas aceptan a existencia de tres tipos de poder, e todas están de acordo en que o poder coercitivo é o que condiciona inexorablemente calquera comportamento, é o poder decisorio. O control nunha sociedade dependerá do control de coacción. Moitas veces será difícil distinguir o poder coercitivo dos outros.

2.- FORMAS PREESTATAIS DE DOMINACIÓN POLÍTICA

Nas sociedades prehistóricas e primitivas aínda non se pode falar dun poder político, senón máis ben social. As sociedades modernas presentas unha complexa organización política: O Estado. Entre unhas e outras atopamos historicamente diversas formas de organizacións preestatais.

4.2.1.- As sociedades acéfalas

É o tipo de sociedade máis elemental. Imperan as relacións de parentesco.

-A figura do xefe xurde esporadicamente e cun carácter transitorio.

-Non existe unha acumulación de excedentes.

-Autoridade baseada na tradición, carece de aparellos burocráticos e coercitivos.

4.2.2.- As sociedades segmentarias

Son aquelas sociedades nas que as relacións de parentesco xogan un papel importante pero non exclusivo.

-Acumulación de excedentes que traerá consigo unha diferenciación importante de funcións e roles.

-Poder político é máis estable na medida en que está ligado a liñaxes hereditarias.

-Liñaxes compostas por certos segmentos de idade.

-Aparecen certas formas políticas e burocráticas: exército, xudicial... que apuntan a unha incipiente organización política.

4.2.3.- As cidades estado

-Precursoras do Estado moderno

¿Como xorden?: Desenvolvemento económico

Diferenciación social

Consecuencia

É necesario compaxinar no poder

Aparecen criterios de igualdade (idea de cidadanía)

Crece a conciencia de autonomía e liberdade

Todo esto xera conflictos de intereses

Necesidade de organización política que regule

A diferencia das anteriores o equilibrio social é máis fráxil.

4.2.4.- Os imperios burocráticos

Referímonos aos imperios Inca, Azteca, Chino, Romano… (S. I a. C. - S. IV d. C.)

Orixe:

-Necesidade de grandes obras públicas.

-Expansión e conquista doutros pobos.

Características:

-Sometemento dunha gran masa de poboación sen dereitos a unha autoridade central que presenta certo carácter relixioso.

- Dominación mediante un aparello militar e burocrático (Base do poder pero tamén constitúa unha ameaza constante para o propio poder facendo o poder inestable)

-Menor importancia a liñaxe.

-Carácter relixioso do gobernante: lexitimación política e ideolóxica.

-A decadencia é provocada máis por causas economicas que pola organización política

4.2.5. As sociedades feudais

Teñen a súa orixe na descomposición dos imperios burocráticos.(En Europa iníciase no S.VIII)

-Base do poder: economía agraria

-Focalización do poder " centralismo imperial

-Aristocracia nobiliaria: vinculada por lazos de vasalaxe

-Poder hereditario

-Lexitimación relixiosa.

-Dereito e administración descentralizadas

-As obrigas de vasalaxe eran ignoradas si se tiña poder suficiente para desobedecelas

-Ter en conta: o poder das cidades e da Igrexa

-Poliarquía:

-Monarquía débil

-Forte poder nobiliario

-Igrexa

-Cidades

Nas sociedades feudais as relacións de poder fai que sexan inestables o que provocará un fortalecemento do poder do rei (en alianza coas cidades) abrindo o paso para a formación do Estado Moderno

Nas sociedades máis estratificadas e complexas o poder político tende a diferenciase do poder social faise máis estable e ademáis dependerá menos de criterios adscritivos(linaxe). O feudalismo irá evolucionando cara a centralización, institucionalización e territorialización que serán as características básicas dos estados modernos.

4.3.- A ORGANIZACIÓN ESTATAL DO PODER POLÍTICO

O que imos a estudiar neste apartado son os trazos definitorios do estado moderno, que, ainda que ás veces coincidan con formas de organización preestatais, podemos afirmar que son máis específicos desta forma moderna de organización. Comezamos por apuntar unha clara diferencia entre unha e outra forma de organización:

- nas sociedades premodernas o poder político está baseado no control das diversas modalidades de poder (coactivo, económico, ideolóxico). O que detenta o poder político posúe tamén o poder económico e ideolóxico como por exemplo nas sociedades feudais.

- nas sociedades modernas o poder político tende a desvincularse da dominación ideolóxica e económica, restrinxíndose á organización e lexitimación da coacción(da forza para obrigar a cumplir as normas e , se é o caso, castigar as desviacións). Por isto, o primeiro trazo que trataremos é o da coacción e a lexitimación dela.

4.3.1.- Coacción e lexitimidade

O poder político non pode existir sen o control de coacción. Esto non quere dicir que teña que ser usada sistematicamente, nin que a obediencia sexa só por medo á coacción. O control e uso da coacción debe estar lexitimado, é dicir, debe estar xustificado.

Dende o punto de vista sociolóxico a lexitimidade política significa a aceptación por parte dos gobernados da autoridade coactiva. Este recoñecemento fáctico está en correspondencia co sistema de valores e crenzas da comunidade onde se exerce dito poder. Weber distingue tres tipos de lexitimidade:

Un rasgo fundamental de toda organización política é o monopolio ou exclusividade do emprego da coacción : só as autoridades lexitimadas poden facer uso da coacción.

4.3.2.- Territorialidade e soberanía

O monopolio da forza ou coacción do poder político implica a imposibilidade da coexistencia doutro grupo (armado ou político externo) dentro do seu territorio. Esto lévanos a afirmar que o poder exércese dentro dun territorio polo que a delimitación territorial é, xunto co monopolio da forza, outro dos requisitos fundamentais dun Estado. Deste xeito, o grupo ou Estado que teña o monopolio da coacción lexítima sobre un territorio pódese dicir que exerce e a soberanía.

Soberanía é un termo que aparece a finais do século XVI e que designa á nova organización centralizada do poder fronte á fragmentación medieval. Detentar o poder soberano significa que non existe outro poder por riba del, que o poder non deriva de outro.

A modo de exemplo a soberanía da seguintes organizacións recae :

- No Papa na Igrexa

- Nos nobres nas sociedades feudais

- No monarca nas sociedades das monarquías absolutas

- No pobo español no Estado de dereito español.

Exemplos de expresión onde aparece o termo : “Ninguén pode atentar contra a soberanía do pobo español” “A lei aprobada polo estado francés atenta contra a soberanía territorial do estado alemán”.

Outros trazos da organización política estatal son a creación dun sistema burocrático que organice o poder da forma máis eficaz posible e, por outra banda, a creación dun sistema xuridico común para todo o territorio e todos os súbditos. Este sistema varía en función do tipo de organización así, nas sociedades feudais o sistema estaba pensado para defender os privilexios dos estamentos mentras que nos estados modernos percuran garantizar os principios de liberdade e igualdade.

4.4.- PODER POLÍTICO E ESTRUCTURA ECONÓMICA

As relacións entre o poder político e a estructura ou poder económico pódense atopar ó longo de todas as formacións políticas na historia. Case podemos afirmar que sempre estiveron estreitamente ligados ata o punto de que o que detenta o poder político é porque detenta o económico. Será o filósofo alemán Marx que porá de manifesto a influencia que exerce o poder económico na organización política. Para o filósofo alemán a infraestructura económica é a causa que determina o poder politico e en xeral toda a ideoloxía (dereito,relixión,filosofía...) dunha sociedade Por ser as causas económicas( materiais) as determinantes dunha sociedade a súa filosofía caracteríizase como MATERIALISTA.

Pola contra os idealistas negan a preponderancia dos factores materiais e tenden a afirmar que son as ideas e a súa evolución as que xeran as formas de organización política e económica de aí que se denominen IDEALISTAS

O vencellamento entre o poder político e a estructura económica xa procede da revolución neolítica a aparición de excedentes e con elo a aparición da estratificación. En certa medida esta relación entre economía e poder político prolóngase durante toda a historia humana aínda que, con respecto a este punto, podemos establecer unha diferencia entre as sociedade precapitalistas e as capitalistas.

4.4.1.- As sociedades precapitalistas

As relacións de dominación política forman parte inseparable das relacións de dominación económica e social. Os gobernantes precisan do poder económico para poder manter o poder político: a dependencia económica é indisociable da dominación política. Nestas sociedades a dominación económica, ideolóxica e política son indisociables.

4.4.2.- As sociedades capitalistas

Nas sociedades precapitalistas o proceso productivo está orientado cara a obtención de bens de uso para intercambiar por outros productos que se precicsan e non se producen, mentras que nas sociedades capitalistas o sistema productivo está orientado cara a producción de bens de cambio. Desta forma o sistema promove a acumulación de capital que permita a multiplicación de diñeiro e medios (capital) para producir e acumular incesantemente (XVI).

O capitalismo modificou toda a estructura de organización de poder anteriorna medida en que provoca a eliminación das relacións de dependencia persoal entre o gobernado e o gobernante xa que política e ideoloxicamente das persoas propietarias dos medios de producción.

Pódese manter a dominación económica sen necesidade dunha dominación ideolóxica e política. (Ex: o café producido en Vietnam a metade de prezo “obriga” a mercalo alí e non en Nicaragua, pero non a importar a forma de pensar nin o tipo de sociedade política que alí exista). Cada unha das estructuras de poder terá certa independencia, autonomía aínda que estén interrelacionadas.

Este novo modo de producción (capitalismo) provocará a aparición do Estado liberal que nunha primeira fase será moi intervancionista(capitalismo mercantil). O poder político mediante aranceis proteccionistas intervén no proceso económico. Posteriormente coa extensión mundial do capitalismo industrial conséguese a non intervención do estado na economía realizando o famoso lema do liberalismo : deixar facer, deixar pasar. Esta separación de economía e política remata nunha profunda crise social que acrecenta as contradiccións do propio sistema: a desigualdade e a miseria reais. Esta situación fará reaccionar ao proletariado que, na percura de mellores condicions de vida, acelerará a transformación do capitalismo salvaxe nun capitalismo con maior atención ao plano social. Esta atención lévase a cabo desde unha intervención estatal que regule a economía co obxectivo de evitar as inxustizas sociais, xurdindo o que hoxe coñecemos como o Estado do benestar.

Capitalismo Liberal

produce

Desaxustes e contradiccións

Necesaria e inevitable reformulación que dá lugar

Ó Estado social do benestar

4.5.- SOCIEDADE CIVIL FRONTE A ESTADO

O que estamos a analizar nsta unidade e na anterior é o poder político institucionalizado, máis a política non se reduce ao ámbito do organizado formalmente. Ademáis do poder que exerce o poder político propiamente dito tamén podemos falar do poder social que exercen axentes sociais como asociacións de veciños, ecoloxistas, feministas, de gremios laborais... Este conxunto de axentes conforman o que se coñece como sociedade civil.

Por sociedade civil enténdese o conxunto das relacións sociais que non están reguladas polo Estado como partidos políticos, sindicatos,organismos gubernamentais: consellerías, ministerios, concellalías...; a sociedade civil aparece como un espacio no que se desenvolven diversos tipos de relacións menos formais e máis libres que nas organizacións políticas. O ámbito da sociedade civil convírtese nun espacio de autonomía do poder político que exerce uincontrol e unha influencia no poder político. Como exemplo pénsese nas manifestacións contra a guerra do Vietnan nos 70 en U.S.A. ou a demanda de indemnizacións e responsabilidades por parte dos ecoloxistas e a cidadanía en xeral ante o desastre da marea negra provocada polo petroleiro Prestige. Agora ben, a interpretación da sociedade civil en relación co poder político varía dunha concepción sociolóxica a outra. Podemos agrupar en dúas as diversas interpretacións da sociedade civil, respostas que poñen de manifesto distintas ideoloxías que se dan no marco das teorías sociolóxicas:

Lazos de linaxe familiar

Novos rangos e status de carácter económicos(ricos), rituais(sacerdotes), ocupacionais(militares)…

Desenvolver institucións e regulamentacións xurídicas que permitan a participación.

Moitas veces enfrontadas por intereses contrapostos

A LEXITIMIDADE

DESDE UNHA PERSPECTIVA FILOSÓFICA:Sinónimo de xustiza ou racionalidade ética.

DESDE UNHA PERSPECTIVA SOCIOLÓXICA:Recoñecemento do dereito a mandar.

Pode interpretarse

TIPOS DE LEXITIMIDADE

TRADICIONAL:

Monarquías

LEGAL-RACIONAL

Estado de Dereito

CARISMÁTICA:

Fascistas

Case nunca se dan puras

SOCIEDADE CIVIL

ENFOQUE IUSNATURALISTA (preestatal):a sociedade sería o anterior ao estado, a orixe deste. Esta interpretación supón unha valoración positiva e necesaria da función do estado.

ENFOQUE MARXISTA e ANARQUISTA (antiestatal) : A sociedade civil é o antiestatal,o único ámbito onde se pode realizar a liberdade individual. A auténtica emancipación do ser humano só pode realizarse coa desaparición do poder coactivo do Estado e o paso a unha sociedade civil emancipada. Consideración negativa do estado.

Trae consigo

Fai que