O Rexurdimento

Literatura española contemporánea del siglo XIX # Poesía galega. Eduardo Pondal. Paisaxe. Celtismo. Ossianismo

  • Enviado por: Shelly
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad
publicidad

O Rexurdimento

Este movemento literario, que tivo especial desenvolvemento no ámbito da poesía, abre simbolicamente a etapa da literatura galega contemporánea , un proceso que aínda hoxe non está pechado.

Vinculado estreitamente cos movementos ideolóxicos do rexionalismo e o federalismo, que progresivamente van acentuando os postulados do provincialismo, a complementariedade, alto valor poético e orixinalidade de cada un dos tres poetas que o representan, Rosalía de castro, Pondal e Curros, contribúen a considerar que o Rexurdimento se debe considerar un paso adiante fundamental na recuperación da conciencia de Galicia.

Para a prosa, este movemento marca o nacemento da novela galega coa publicación en 1880 da primeira obra do xénero. En teatro, aumentou o número de obras e representacións, nas que dominaron os contidos de tipo social-costumbrista e os históricos.

Pondal

Vida

Eduardo Pondal naceu, o mais novo de sete irmáns, na Ponteceso (A Coruña) en 1835. Era fillo de familia fidalga, enriquecida pola emigración a América, o que lle permitiu recibir unha sólida formación humanística. A comarca natal de Pondal, a natureza salvaxe e a terra bergantiñá en xeral, será determinante na súa poética, como amosa nun poema en clave autobiográfica:

Eu nacín en agreste soedade

en nacín cabo dun agreste outeiro

por onde o Anllóns con nobre maxestade

camiña ao seu destino derradeiro.

Eu non nacín en vila nin cidade,

mais lonxe do seu ruído lisonxeiro;

eu nacín cabo do pinal espeso,

eu nacín na pequenas Ponteceso.

Entre 1848 e 1854 desprazarase a miúdo a Santiago, onde seguirá estudios de bacharelato. Logo, ata 1860, estudiará Medicina na mesma cidade, onde participará do ambiente cultural e político, como amosa a lectura dun poema seu no Banquete democrático de Conxo, en 1856, acto de confraternidade entre estudiantes e obreiros.

Máis tarde exercerá moi brevemente como médico militar en Ferrol. Ata a súa morte en 1917, dedicarase enteiramente á creación literaria na súa terra natal e na cidade da Coruña, onde participará en sociedades literarias e en diversas tertulias, sobre todo a da librería Carré, denominada Cova Céltica, na que recibía o nome de O Bardo, personaxe literario que utilizou con moita frecuencia.

Obra

A posición económica e social de Pondal permitiulle dedicarse á literatura por enteiro, pero o seu caracter perfeccionista impediu que a súa obra adquirise unha dimensión maior.

Na súa xuventude só publicou no Álbum de la Caridad, en1862, o poema A campana de Anllóns e parte de Os Eoas, en 1886 sae do prelo Queixume dos pinos, que reelabora un poemario anterior bilingüe, Rumores do pinos, publicado en 1877. Soamente estas obras do autor son publicadas na súa vida, sendo varios textos recollidos posteriormente por diversos estudioso como Pondal: versos iñorados ou esquecidos (1960), Eduardo Pondal: novos poemas (1971) ou o seu poema épico Os Eoas, que non se, publicará ata o ano 1992.

Os Eoas

Constitúe un poemario que o poeta non chegou a publicar en vida debido á súa tendencia a corrixir e reelabora-lo material poético.

De feitura semellante a Os Lusiadas de Camôes, o titulo refírese ós “fillos da Aurora”, o nome que os indíxenas das Antillas déronlle ós españois cando os viron aparecer polo lado da aurora. O argumento pretendía relata-la navegación de Cristovo Colon na descuberta de América, prestando especial atención á participación de galegos nesta empresa.

Queixume dos pinos

Esta obra foi publicada en 1886 e é un libro en que se presenta como o gran “Bardo”, poeta-sacerdote, que lembra o pasado celta glorioso de Galicia e exhorta á loita por recuperar esa grandeza anterior. Dou elementos temáticos estructuran esta obra: a paisaxe e o celtismo.

A paisaxe aparece ó lado deste espacio mítico e antigo como un espacio concreto e contemporáneo: as terras do Xallas e Vimianoz, de Soneira e Dumbría, ás que estaba unido por nacemento e vivencia, que aparecen case sempre como non contaminada pola man do home. A paisaxe destas terras é espacio e asunto poético, e a través dela expresou sentimentos: a soidade, o paso do tempo, a ansia de liberdade, o ánimo amoroso...

En toda a súa obra, a paisaxe aparece sempre como pano de fondo de todo o que acontece nos seus poemas e case sempre caracterizada como agreste, dura..., moi consonte coa paisaxe da súa comarca natal, Bergantiños, como se evidencia coa utilización de moitos topónimos extraídos desa terra: Corcoesto, Anllóns...

No celtismo, Pondal atopou o fondo mítico para a súa poesía. Murguía e os historiadores galegos románticos crían na nosa procedencia celta. Pondal sumouse a esta crenza, e, influído por Murguía, converteuse no poeta do celtismo.

Pondal empregará a figura do bardo na súa obra como unha idealización do propio poeta, personaxe de categoría superior á xente común, incomprendido e afastado dunha sociedade que non entende a súa misión de guieiro do seu pobo, pretendendo guiar ós galegos, que se atopan sumidos na escravitude, cara a liberdade.

Pondal é o bardo que canta as fazañas do pobo celta, no que os galeguistas desta época fundaban as orixes históricas de Galicia,

O mundo poético de Pondal bebe na saudade dos tempos antigos, os tempos das orixes, das lendas e dos mitos celtas, inventando a miúdo heroes que non existiron ou que ocorreron en outros lugares.

Como recurso para consegui-los seus propósitos, válese do helenismo: o home libre, o guerreiro que Pondal retrata nos seus poemas, a morte pola patria, o sentimento heroico, proveñen da cultura helénica, e en concreto do pobo espartano, que subliña os valores virís. Por outro lado, o bardo Pondal augura un futuro de gloria para o pobo galego, ó que convida a liberarse do xugo castelán e unirse nunha confederación de pobos ibéricos con Portugal.

Ossianismo: En 1760, un mestre de escola escocés chamado Macpherson declarou que atopara un libro con poemas que se debían a un tal Ossián, un vello bardo celta. Este poemario causou unha enorme atención no seu tempo -tamén en Pondal- aínda que todo fora un engano, pois o autor destes versos foi o propio Macpherson.

En Pondal advírtese o ossianismo como manifestación artística e literaria do celtismo, do que aproveitou aqueles elementos temáticos e estéticos que lle serviron para a súa montaxe ideolóxica. Así usa a creación dunha orixe mítica celta para lanzar unha profecía de carácter político: conseguir espertar a Galicia e liberala da opresión.