publicidad

O lobo da xente; Vicente Risco

Literatura gallega contemporánea siglo XX. Narrativa. Novela # Autores galegos. Argumento. Estructura. Tempo. Personaxes. Lenda do lobishome



publicidad
opciones del documento


“O lobo da xente” de Vicente Risco

Risco

Naceu en Ourense en 1884. Estudiou dereito por libre na universidade de Santiago, pero non chegou a exerce-la carreira.

En 1911 ingresou na Escola Superior de Maxisterio en Madrid, de onde sairía como profesor de Historia da Escola Normal de Qurense.

En 1917 fundou a revista La Centuria e a finais do mesmo ano, por influencia de Losada Diéguez, incorporouse ás Irmandades de Fala, o nacionalismo das cales definiu el teóricamente.

Dirixiu a revista Nós desde a súa fundación ata 1936, revista que deu nome á xeración que el mesmo liderou.

En 1931, participa na fundación do partido galeguista, partido que abandona pouco despois, xa cada vez máis conservador e relixioso, para fundar Dereita Galeguista. Despois de Xullo do 1936, adheriuse ó novo réxime e abandonou toda actividade literaria en galego, dedicándose á investigación etnográfica. Morreu en Ourense en 1963. 

Resume do argumento

A obra de Vicente Risco titulada O lobo da xente está baseada nunha lenda galega do lobishome, como indica o subtítulo da narración. Esta obra publicouse no 1923, e é unha narración breve, con certos trazos de carácter etnográfico.

O narrador, no comezo da narración, explica quen llo contou: unha persoa que viviu o relatado. Tras dunha pequena introducción sobre a procedencia da lenda, comeza a historia.

Ánxel é un mozo dunha aldea. Namentras está apañando folla nun souto, achégase a el un home do lugar, que lle lembra do perigo do lobo da xente.

O lobo da xente ten atemorizado ó lugar, debido as desaparicións e feitos fóra do común que aconteceran no lugar, e as afirmacións de certas persoas de que viran un lobo, cada un deles describíndoo de diferente forma, pero todos coincidindo na maldade e horror da fera.

Ánxel meteuse no sequeiro ó escurecer, por medo do lobo da xente. Mentres quentábase na lareira, sentíu fora a presencia do lobo da xente, que tentaba entrar no sequeiro. Ánxel agachouse, e o entrar no sequeiro o lobo da xente non se decatou da súa presencia e foi soltando a pelexa ata transformarse nunha fermosa rapaza. Cunha grande arducia, Ánxel botou ó lume a pelexa e quemouna, liberando a rapaza dunha fada que lle botaran.

A rapaza conta porqué tiña esa fada: a súa nai botáralla porque tiveran un problema polo home co que casou a nai tras a morte do pai. A nai botoulle a fada e non lle deixou voltar á casa. A rapaza foi á casa dunha tía dela, pero decatouse que tiña unha cousa estraña dentro do corpo, e unha veciña díxolle que sería pola fada que lle botara a nai. Foise da casa da tía, transformouse en lobo e vagou polo lugar, ata que Ánxel, queimando a pelexa, liberouna da fada.

O final o autor refire que os dous casáronse.

Tempo no que transcurre

O relato comeza na época do propio autor, que nos introduce o conto que vai narrar, para logo trasladarse ó pasado, a época na que se sitúa a lenda.

O tempo do conto, segundo o autor narra xa na primeira páxina: “...non hai tanto tempo que pasou: haberá coma cincuenta ou sesenta anos”. Tendo en conta que a obra e do ano 1923, pódese calcular que o tempo será, aproximadamente, entre os anos 1863 ou 1873, é dicir, na segunda metade do século XIX.

O autor insiste, fala numerosas veces das diferencias dese “otro tempo” no que se sucedeu a historia, da xente, que era ben diferente, que cría no lobo da xente e en tantas outras cousas, como fadas, meigas...

O conto ten o seu principio nunha tarde, cando Ánxel está no souto, e remata a narración da lenda a noite do mesmo día, aínda que termina cunha especie de epílogo dunha línea, facendo alusión ó que lles sucedeu despois ós protagonistas.

Dentro do mesmo conto, cando se nos informa do que lle sucedeu a algunha xente co lobo da xente, vai a un tempo aínda anterior: “Había un tempo,...”.

Tamén volta atrás no tempo para que a moza que resultou ser o lobo da xente fale sobre a historia da súa vida: dentro deste relato da vida da moza diferenciase tamén o tempo. Primeiro fala da súa infancia, de cando foi medrando, do día ca súa nai botoulle a fada e dos tres días seguintes, para rematar o relato da súa vida no día que o relata.

Tempo físico

O autor sitúa o tempo físico: “O tempo era revolto e outonizo, chovía por veces e facía tan escuro, que era noite pouco despios de xantar. Ía in tempo coma de día de defuntos, e a tristura do mes das ánimas espallábase xa empardecendo o ceo por toda a banda”.

Ademais adivinamos o tempo noutros detalles: o comenzo da historia, o protagonista saíu a apañar folla; describindo os soutos di “É un silencio onde se oen caer as follas secas, como hai un mes se oían cae-los ourizos regañados...”; fala de “follas cobrizas e doradas, molladas no chan,...”; fala das castañas;...

Todos estes datos lévannos a conculsión da que o tempo no que sucede a lenda que se narra e no outono. Cando Ánxel está no souto non chove, aínda que hai pouco tempo choveu. Vai frío e ceo está cuberto

Lugar

O autor xa comenza na primeira páxina da historia presentándonos o lugar onde desenrólase a obra, onde sucedeu a lenda que nos narra: “Dixéronme onde foi, que foi preto de Trives;...”. Trives, preto do lugar da acción, é unha zona considerablemente ampla, preto de Manzaneda, na provincia galega de Ourense.

O comenzar a contar o conto sitúano nun castañar, nun souto, preto do río da Cabalar. Estes lugares son terras húmidas, onde abundan os regatos: no texto fala sobre “a flora das terras húmidas”. O autor describe moi ben na obra a paisaxe do lugar.

Aínda aparecen outros lugares nomeados no texto. Sobrado, lugar do que é nativo Ánxel, o protagonista, é unha aldea preto das zonas de Trives e Manzaneda, moi cerquiña doutro pobo chamado Encomenda.

Tamén en “A sona do lobo da xente collía astra Maceda por unha banda, e astra Quiroga e Valdeorras por outra, e aínda chegaba a Viana...” aparecen outros nomes de lugares: Maceda, no oeste de Manzaneda; Valdeorras, ao este da provincia de Ourense e de Trives; Quiroga, pegadiña ao norte de Valdeorras; e Viana, Viana do Bolo, ao sur de Valdeorras.

Cando Ánxel marcha do souto a acción trasládase ó sequeiro, que é un lugar de madeira onde se pon algunha cousa para secar.

Tema

O tema da obra pode ser simplemente unha lenda popular, a lenda do lobishome, o tema das fadas.

O lobo da xente; Vicente Risco

O lobo da xente; Vicente Risco



El Rincón del Vago, en Salamanca desde 1998 - Condiciones de Uso - Contacto