O galego e a súa historia

Lingua galega. Substrato prerromano. Período medieval de decadencia. Séculos Escuros

  • Enviado por: Ramón
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad

O galego e a súa historia: das orixes ao século XVII

Período de formación da lingua galega:

No noroeste da península Ibérica a chamada Gallaecia naceu unha lingua: O galego-portugués, da cal derivan o actual galego e portugués.

A lingua galega provén do latín vulgar, lingua que falaban os soldados e funcionarios.

Este latín, co paso do tempo, foi evolucionando de xeito diferente en distintas zonas xeográficas, o que hoxe coñecemos como linguas romances: Galego, Portugués, Francés, catalán, castelán...

Na formación de linguas distintas exercen unha grande influencia as que xa estaban na zona antes da chegada do latín (linguas de substrato), así como as que chegaron posteriormente (linguas de superestrato).

O latín constitúe o compoñente principal do galego mais non o único.

O substrato prerromano:

Antes de que chegasen os romanos a península estaba dividida en cinco zonas. Na Gallaecia atopamos a civilización castrexa, descoñecedora da cultura urbana e a escrita. Isto provocou que o proceso de latinización fose máis tardío que o resto, así e todo o latín acabou por substituír ás diferentes linguas que se falaban aquí antes da chegada dos romanos.

A romanización:

A provincia romana da Gallaecia ocupaba un territorio bastante máis extenso do que agora e Galiza, xa que ocupaba o norte de Portugal e parte de Asturias e León.

Os romanos consideraban bárbaras todas as linguas diferentes ao latín e non intentaban aprendelas xa que se recorría a interpretes. Isto provocou a desaparición das linguas autóctonas.

O proceso de romanización e latinización divídese en tres fases:

  • Toma de contacto dos indíxenas co latín vulgar (funcionarios e soldados). S.I a. E.

  • Asimilación do latín por parte das elites indíxenas (ata o s. II a. E.)

  • Aceptación total e uso do latín como lingua cotiá (dende o s. III a. E.)

A finais do s. IV e comezos do V, Gallaecia goxa dun alto nivel sociocultural. O proceso de substitución das linguas autóctonas polo latín vulgar estaba case rematado.

Os superestratos xermánico e árabe:

Nos superestratos galego debese distinguir o xermánico e o árabe.

No s. V despois da caída do imperio romano e a invasión dos bárbaros (xermánicos), os suevos estableceron unha monarquía no que antes era a Gallaecia. Logo disto o reino suevo foi anexionado polos visigodos e pasou a depender da monarquía hispano-visigoda, aínda así a Gallaecia seguía mantendo moita autonomía.

Esta autonomía favoreceu a unha evolución distinta da fala que no resto deste reino. Aínda é todo no galego só aparecen palabras de orixe xermánico en antropónimos e topónimos e nalgunha verba común.

A invasión árabe no 711 a. C. supuxo a fin do imperio visigodo. Os árabes comezaron a conquista polo sur establecendo a súa cultura e a súa lingua. Pero no norte, na Gallaecia non chegaron a instalarse, de aí que a maior parte dos arabismos que o galego ten proveñen do portugués ou do castelán.

O esplendor medieval:

A lingua galega, dende o seu nacemento, viuse obrigada a compartir espazos con outras linguas (latín, castelán...)

Na primeira parte de Idade Media o latín era a lingua de prestixio, utilizada na Administración, Igrexa e na escrita. Pola contra na lingua oral todo o mundo falaba xa o galego-portugués. Toda a poboación era galego falante mentres que o latín só o utilizaban unha minoría letrada. Nesta época atopamos un bilingüismo social (latín lingua máis alta- galego máis baixa).

No s. XIII o galego comeza a quitarlle ao latín as funcións nobres utilizándose tamén na escrita. Galicia vive un período de monolingüísmo. Esta é a etapa de máximo esplendor da nosa lingua, aínda quen non faltará moito para a introdución do castelán en Galicia.

No s. IX o descubrimento do suposto sartego do Apóstolo Santiago condiciona a posterior historia de Galiza ao converter Compostela nun dos eixes do cristianismo europeo.

Neste tempo a poboación galega medra notablemente , multiplícanse as vilas, os casares... e expándese a agricultura entre outras cousas. Este esplendor tamén afecta á literatura. A música e a poesía das cantigas medievais marcan unha época de ouro da literatura galega. O predominio político e cultural de Galiza converten o galego nunha das linguas internacionais da lírica trobadoresca.

A división da lingua galego-portuguesa prodúcese neste período.

O período medieval de decadencia (s. XIV e XV):

Nos últimos séculos continúa a progresiva decadencia política de Galiza con consecuencias na lingua e na cultura galegas.

Con Fernando III e Afonso X comezan a enviar xente para ocupar cargos de poder en Galiza descoñecendo o galego. Pero o peor ocorre cando comeza a loita dinástica pola coroa de Castela. Os galegos apoiamos a Pedro I quen foi derrotado por Henrique II de Trastámara, polo que a coroa de Castela envía nobres casteláns para substituír os nobres galegos como castigo.

No s. XV prodúcese unha situación moi semellante. Isabel a Católica sae vitoriosa na súa loita contra Xoana a Beltranexa e de novo os galegos apoiamos, neste caso, á perdedora.

Galicia sufriu unha forte castelanización da man do reinado de Isabel a Católica. O castelán foille disputando ao galego as funcións de prestixio que antes foran arrebatadas ao latín. Comeza unha época en que o galego sufre unha substitución lingüística polo castelán. Aínda así o galego segue a ser a lingua máis falada do pobo e segue séndoo durante moitos anos.

Do século XVI ao XVIII. Os Séculos Escuros:

A partir do s. XVI o galego perde o uso como lingua na escrita. por un período de trescentos anos (Séculos Escuros). Pola contra o portugués e o castelán están nunha das súas épocas de expansión e consolidación. A fronteira política con Portugal provoca o afastamento das linguas irmás.

No s. XVIII co cambio dinástico dos Austrias aos Borbóns, impúxose de novo o castelán. O obxectivo era crear un Estado centralizado cunha única lingua, o castelán. Como consecuencia o castelán convértese na lingua das clases máis altas e favorecidas economicamente. Pero aínda e todo o galego segue a ser a lingua máis falada polo pobo en xeral. Atopamos unha sociedade bilingüe na que as linguas se dividen por clases sociais. Unha situación de bilingüismo social co castelán como dominante pero falado por unha minoría.

No s. XVIII coas ideas ilustradas comeza un desacordo coa situación que vive Galiza e con elas as primeiras voces en defensa do idioma. A defensa máis importante en Galiza foi a de frei Sarmiento. Reivindicou o ensino en galego e do galego, así como a obriga de coñecer e usar esta lingua.

Tamén destacan o padre Sobreira ou o padre Feixoo.

Nesta época foron moi poucas as obras que se escribiron en galego e moito menos as que se imprimiron. O galego utilizouse sobre todo na poesía ou con carácter festivo e popular.