Non hai misericordia; Xelís de Toro

Literatura española contemporánea. Século XX. Escritores galegos. Narrativa galega. Novela. Violencia. Programa radiofónico. Biografía. Argumento

  • Enviado por: Wario Hunter
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 2 páginas
publicidad

Xelís de Toro


Xelís de Toro (1962, Santiago de Compostela) É licenciado en Filoloxía Galega. Foi lector de galego nas universidades de Birmingham (1990-93) e Oxford (1993-97). En 1990 fundou Edicións Positivas xunto con Francisco Macías. Publicou os seguintes libros de narrativa: ''Seis cordas e un corazón'', 1989 (co seudónimo de Roque Morteiro, Xerais 1990), novela, Premio Compostela Cultural; ''Non hai misericordia'' (1990, Xerais 2003), relatos, Premio Narrativa Cidade de Lugo; ''Terminal'' (1994); ''Os saltimbanquis no paraíso'' (1999), novela Premio San Clemente en 2000 ; ''The Corunna boats'' (Xerais 2004), novela e ''Riofero'' (Xerais 2009), novela.

NON HAI MISERICORDIA

A obra xira arredor dun programa de radio. Nel lense relatos cun tema común: a violencia.

No programa vanse lendo os contos, e ao remate de cada un son comentados por un sociólogo, un teólogo, un psicólogo, un asistente social e polo autor.

  • O primeiro conto fala dun grupo de amigos, Víctor (un camareiro), Mónica (a súa moza), Gabi e Sócrates. Os amigos adoitan pasar a tarde no bar onde traballa Víctor, até que un día este, farto desa situación laboral, abandona o traballo. Esa mesma tarde deciden ir de festa os catro.

Ao usar a mesma máquina tragaperras, únese ao grupo Lamas, un home que se converte en millonario ao vender un baixo comercial.

Comezan a beber xuntos por bares e pubs, e cando xa Lamas comeza a estar bébedo, amosando un inequívoco interese sexual por Mónica, Víctor decátase e faille saber que se podería chegar a un acordo para se deitaren. Logo de mercar uns gramos cocaína nunha discoteca, marchan en coche cara outra con Víctor levando o vehículo. De sócato para o coche, e comezan a mallar en Lamas.

  • No segundo relato a protagonista é Rosa, unha dependenta duns 40 anos, nai de dúas fillas, que co seu salario mantén tamén ao seu home, desempregado. Pola mañá, antes de ir ao traballo, atopa o corpo de Lamas na beiravía, e avisa ao bar que hai preto. Pola mañá a xornada de traballo é normal, agás pola visita da policía para que lles conte o que saiba do corpo atopado.

Ao mediodía regresa a casa, pero tras unha discusión porque o marido non colabora nas tarefas da casa, este dálle un bofetón. Pola tarde dille a unha clienta que non se dá decidido por uns zapatos que non lle rompa a cabeza, e o xefe dille que quede ao remate para falaren. O xefe, comeza botándolle unha bronca, para acabar abusando sexualmente dela no propio despacho. Ela déixase facer, consciente de que o seu posto de traballo é sumamente importante para alimentar ás súas fillas.

Antes de chegar a casa para nun bar ao que adoitaba ir de nova, coas amigas, pero decátase de que xa nada é o mesmo.

  • O terceiro conto fala dun grupo de rock, Os Gladiadores, que vai dar un concerto importante, pois van ser vistos polo membro dunha compañía discográfica. O concerto sae ben, con moito público. As letras do grupo falan de desencanto coa vida para a xente da súa idade e da falta de esperanza.

Ao remate do concerto o da discográfica fala con eles. Dilles que soan ben, pero que deben modificar varios aspectos (coma as letras) e substituír ao batería.

  • O cuarto relato fala de Carlos, amigo dos membros de Os Gladiadores e camareiro ocasional do pub onde tocaron. Traballa tamén de locutor na emisora de radio pública, e o día seguinte ao concerto ten unha oposición para o seu posto, no que leva traballando dous anos facendo un programa de música. Malia que conta co posto, antes das probas o técnico de son infórmalle de que xa está reservado para unha moza, filla de alguén importante, e que non conte con el.

Ao final hai un epílogo no que se presentan dous relatos do que ai que destacar un: o qe fala de Rosa, a protagonista do segundo conto. Intenta durmir na cama pero non é quen, e acende a radio e escoita a análise dos comentaristas sobre a violencia. Finalmente, colle un encrucillado que deixaran na mesa as súas fillas, e non dá atopado unha palabra: MISERICORDIA.

OPINION PERSONAL

O tema de este libro me pareceu bó pero me aburriron algunas partes e outras me pareceron bastante sádicas. O terceiro e o cuarto conto me pareceron bastante malos en comparación cos outros tres. É un libro que se lee bastante rápido o cal se agradece e me pareceu bastante instructiva a parte, ao final de cada conto cando comentaban os feitos na radio e sobre todo que o autor dé a súa opinion.